sobre a cultura e a personalidade

17
Cultura e Personalidade

Upload: dpto-filosofia-ies-otero-pedrayo-ourense

Post on 27-Jun-2015

146 views

Category:

Education


6 download

DESCRIPTION

Sobre a cultura e a personalidade según Alba Soto.

TRANSCRIPT

Page 1: Sobre a cultura e a personalidade

Cultura e Personalidade

Page 2: Sobre a cultura e a personalidade

O ser humano é un produto da súa carga xenética e socio-cultural que a familia, o seu entorno e o seu grupo social lle aportan.

A cultura fainos iguais e á vez distintos.

Page 3: Sobre a cultura e a personalidade

A cultura fainos iguais: Ao impoñer a todo un grupo social unha mesma cultura iguálase a todos os seus membros. Así pois, o individuo non elixe a forma concreta de ser humano entre todas as culturas que existen, senón que é a cultura onde nace a que obriga a formar parte dela.

Page 4: Sobre a cultura e a personalidade

A cultura permítenos ser diferentes: A propia cultura proporciónanos a capacidade de pensar sobre as regras sociais e criticalas. Ao poñer en tea de xuízo a cultura que nos fixo humanos, estamos cuestionando ao mesmo tempo o que nos constitúe e nos fai ser tal como somos.

Page 5: Sobre a cultura e a personalidade

No mundo, hai moitas culturas diferentes e cada unha, ten os seus costumes, os seus hábitos, a súa relixión, gastronomía, a súa política, etc. Cada individuo, de cada sociedade, está acostumado a todas esas costumes, e así foi texendo a súa personalidade.

Page 6: Sobre a cultura e a personalidade

Polo tanto, a cultura está relacionada co lugar onde nacemos e vivimos, pero tamén é a información que obtemos ó longo da nosa vida. A partir da cultura, obtense a personalidade de cada individuo.

Page 7: Sobre a cultura e a personalidade

Na personalidade inflúen outra serie de factores: o carácter, a prudencia, a boa ou a mala bondade, a liberdade de cada individuo, o egocentrismo.. Pero sobre todo, a experiencia e os sentimentos.

Page 8: Sobre a cultura e a personalidade

Nazas onde nazas, os sentimentos, as virtudes e os defectos que che representan, non van cambiar. E as experiencias que vaias vivindo, vanche amosar o camiño que queiras seguir na sociedade, para ir formándote como persoa, sexan bos ou malos.

Page 9: Sobre a cultura e a personalidade

En cada sociedade, os tres axentes máis importantes que intentan intervir na personalidade dun individuo son:

• Os medios de comunicación.• Os gobernos.• A relixión.

Page 10: Sobre a cultura e a personalidade

OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Page 11: Sobre a cultura e a personalidade

Os medios de comunicación, solen intervir na personalidade de distintas formas. Impoñendo modas estéticas,modas musicais, mofas físicas, modas de política, modas de vestimenta.. Tamén soen poñer formas de vida perfectas, para calquera individuo pero ó mesmo tempo, inalcanzables. Esto fai que todos os membros dunha mesma sociedade queiran formar parte de ese “modelo ideal” que transmiten os medios de comunicacións.

Page 12: Sobre a cultura e a personalidade

OS GOBERNOS

Page 13: Sobre a cultura e a personalidade

Según os compoñentes que gobernen a sociedade dun lugar, e a súa ideoloxía, intentan que os membros da sociedade, sigan un plan establecido mediante esa ideoloxía, impoñendo normas e leis. Moitos destes gobernos, limitan a capacidade de liberdade e pensamento ós individuos que compoñen o lugar.

Page 14: Sobre a cultura e a personalidade

A RELIXIÓN

Page 15: Sobre a cultura e a personalidade

Hai moitos tipos de relixións, cada unha de elas ten os seus propios costumes e seguimentos, como tamén ten unha serie de requisitos. Cada un destes requisitos, ten os seus motivos, e está estipulado que si os incumpres, estás fallando a cada relixión. Algunhas, ata o punto, de ser condenado a morte por incumprir a serie de normas.

Page 16: Sobre a cultura e a personalidade

En definitiva, cada membro da sociedade, ten que ter a súa propia personalidade e non seguir idealismos, respetando sempre unha serie de normas que non afecten a súa integridade física e moral. Igualmente, cada membro é necesario que se culturice a base de experiencias e sabedoría, para así enriquecerse de novos coñecementos.

Alba Soto Méndez 1º F

Page 17: Sobre a cultura e a personalidade

Aquí deixo unha canción, que fala das persoas.

http://www.youtube.com/watch?v=1NPCQ8p8jX8

EL CANTO DEL LOCO - PERSONAS