sistema de prescrición electrónica asistida de … · o paciente localizarasea través do...

36
Proxecto: Sistema de prescrición electrónica asistida de pacientes hospitalizados Convocatoria de subvencións: Memoria explicativa do proxecto cofinanciado a través da Resolución do 15 de abril de 2010 (DOG nº80 do xoves, 29 de abril de 2010) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital, no ámbito do Plan Avanza na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo PR519A).

Upload: hoangnguyet

Post on 08-Oct-2018

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

Proxecto:

Sistema de prescrición electrónica asistida de

pacientes hospitalizados

Convocatoria de subvencións:

Memoria explicativa do proxecto cofinanciado a través da

Resolución do 15 de abril de 2010 (DOG nº80 do xoves, 29

de abril de 2010) pola que se establecen as bases

reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia

competitiva, das subvencións aos proxectos de

cooperación empresarial para o fomento da empresa

dixital, no ámbito do Plan Avanza na Comunidade

Autónoma de Galicia para o ano 2010, cofinanciadas polo

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e

se procede á súa convocatoria (procedemento

administrativo PR519A).

Page 2: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

2

Índice

1. ANTECEDENTES DO PROXECTO. ....................................................... 3

2. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN. ............................................... 3

3. DESCRICIÓN DA SITUACIÓN PREVIA AO DESENVOLVEMENTO DO

PROXECTO. ...................................................................................... 4

4. PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO. ................................. 6

5. TECNOLOXÍAS EMPREGADAS. ........................................................ 34

6. OBRIGAS DE PUBLICIDADE. .......................................................... 35

Page 3: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

3

1. ANTECEDENTES DO PROXECTO.

Este proxecto xurdiu por iniciativa do Hospital Povisa. Este centro detectou

a necesidade de contar cun sistema de prescrición asistida e de

administración da medicación aos seus pacientes hospitalizados, co fin de

reducir os erros que se producen neste proceso.

Segundo un informe elaborado polo Committe on Quality of Health of Care

in America do Institute of Medicine (IOM) nos Estados Unidos, To error is

human: Building a safer health system, os erros médicos causan máis de

7.000 mortes anuais nese país.

Reforzando esta tese, o pasado ano 2009, con motivo da presidencia sueca

da Unión Europea, o goberno deste país encargou un informe (eHealth for a

healthier Europe. Opportunities for a better use of healthcare resources) no

que se analizaba a situación en seis estados membros da UE, entre eles

España, chegando a unhas conclusións semellantes.

Entre outras cuestións, o informe concluía que a prescrición electrónica

de medicación e a creación de sistemas de soporte para a decisión

clínica poderían evitar 100.000 casos anuais de erros asistenciais de

medicación no paciente hospitalizado, o que suporía a liberación de

700.000 camas/día ao ano e, por tanto, a redución das listas de

espera e un aforro estimado de 300 millóns de euros.

A solución demandada por esta entidade buscaba dar resposta ao

ciclo completo do proceso de medicación, abarcar a totalidade de

especialidades do centro hospitalario e incluír melloras tecnolóxicas

que optimizasen os resultados dese proceso nos pacientes.

Con estes antecedentes, iniciouse o citado proxecto que daría como

resultado a definición e o desenvolvemento dun sistema, cuxas

características fundamentais se describen a continuación.

2. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN.

Como se ten indicado, o presente proxecto tiña por obxectivo o

desenvolvemento dun sistema de prescrición electrónica asistida da

Page 4: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

4

medicación e de identificación de pacientes hospitalizados para o

hospital Povisa.

O sistema debía abarcar desde o momento da prescrición do medicamento

por parte do médico, que debía contar cunha serie de axudas e alertas que

facilitasen esta tarefa e evitasen posibles erros, incluír a verificación da

prescrición efectuada polo servizo de farmacia, e integrar tamén o momento

da súa administración ao paciente por parte do persoal de enfermería.

Co desenvolvemento dunha solución destas características os médicos

disporían dunha serie de axudas proporcionadas pola aplicación de xeito

automático á hora de efectuar a prescrición da medicación, reducíndose así

as posibilidades de erro que puideran producirse nese momento. Ademais

estableceríanse unha serie de validacións e garantías posteriores que

minimizarían esas posibilidades de erro durante todo o proceso e até o final

do ciclo, cando se produce a administración do medicamento ao paciente.

3. DESCRICIÓN DA SITUACIÓN PREVIA AO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO.

O proxecto arrancou cunha análise da situación anterior e a diagnose das

necesidades existentes.

Até entón, os facultativos realizaban a prescrición da medicación de xeito

manual, o que entrañaba un considerable grao de risco de erros, tanto de

interpretación do escrito do médico á hora de preparar esa medicación,

como de que se producira algunha interacción entre os medicamentos

prescritos a un mesmo paciente, algunha reacción alérxica, unha pauta

inadecuada, etc.

Ante esta situación facíase necesario contar cun sistema que sistematizara

este proceso no centro para facilitar este cometido aos médicos e, ao

mesmo tempo, establecese unha serie de garantías que minimizasen as

posibilidades de erro por estas causas.

Para dotar ao proceso das máximas garantías, o sistema de prescrición

electrónica debía abarcar a totalidade do ciclo da prescrición, desde a

prescrición dun medicamento propiamente dita a un paciente hospitalizado

por parte do médico, pasando pola súa validación polo servizo de farmacia,

Page 5: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

5

que é quen prepara os medicamentos, até a administración dese

medicamento ao paciente polo servizo de enfermería.

Para facilitarlle o seu labor ao médico, o sistema debía proporcionarlle

asistencia no momento da prescrición, é dicir, cando este realiza a

prescrición da medicación a un paciente, debía contar cunha serie

de funcionalidades que lle facilitasen esta tarefa. Entre elas, a

aplicación de xeito automático proporalle cuestións como a vía de

administración adecuada do medicamento seleccionado, a dose

recomendada, as pautas de administración suxeridas, etc.

Debe dispor igualmente de alertas ante posibles situacións de risco

que poidan derivarse da prescrición: incompatibilidade entre principios

activos, posibles alerxias do paciente ou incompatibilidade do medicamento

coa dieta que ten prescrita, entre outras posibilidades.

Ademais da prescrición de medicamentos propiamente dita, a aplicación

integrarase con outros sistemas do hospital, tales como o de

laboratorio, radioloxía, etc. de xeito que o facultativo tamén poida

encargar electronicamente a realización de determinadas probas ao

paciente, tales como analíticas, radiografías, endoscopias, etc.

Igualmente, o médico poderá introducir unha serie de criterios para

que no caso de producirse certas incidencias lle permitan recibir un

aviso de xeito automático, ben a través do busca, de sms, mail… A

título indicativo, podería solicitar aviso no caso de que a febre do paciente

superase un determinado valor, que manifestara algunha reacción trala

administración dun medicamento, etc.

Posteriormente, os usuarios do servizo de farmacia deberán validar as

prescricións de medicación efectuadas, establecéndose así un novo

filtro para evitar un posible erro do médico.

Tanto a prescrición do médico, como a validación de farmacia

quedarán rexistradas mediante a sinatura dixital do profesional

correspondente, o que identificará e responsabilizará inequivocamente ao

persoal involucrado.

Por último, no momento da administración do medicamento ao

paciente hospitalizado, o persoal do centro deberá contar cun

dispositivo de identificación electrónica de pacientes que lles

permita contrastar a medicación prescrita a un determinado usuario

Page 6: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

6

coa identidade do mesmo, evitándose así os erros que poidan producirse

nesta última fase do proceso.

Unha vez lle foi administrada a medicación ao paciente, o servizo de

enfermería rexistra na aplicación a realización deste paso, así como os

resultados ou valores obtidos do exame do paciente (tensión, febre,

posibles reaccións, etc.) e firma dixitalmente esta información. Se os

valores introducidos cumpren a condición de alerta establecida polo médico,

este recibirá de xeito automático un aviso, mediante a canle seleccionada

previamente (busca, sms, mail) notificándolle dita información.

En definitiva, o sistema debe dispor dunha serie de funcionalidades

que minimizan considerablemente as posibilidades de erros que

poidan producirse no proceso de medicación dun paciente. Deste

xeito, mellórase a súa seguridade, a súa satisfacción coa atención

recibida e, en última instancia, a calidade asistencial.

4. PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DO PROXECTO.

Na seguinte imaxe represéntase graficamente todo o proceso comprendido

no novo sistema desenvolvido mediante o presente proxecto. A

continuación, describiranse as principais funcionalidades do mesmo.

O sistema está integrado por unha serie de módulos:

Prescrición da medicación

polo médico

Validación da medicación

por servizo de farmacia

Administración da

medicación por enfermería

Plataforma de prescrición electrónica asistida

Valoración do novo

paciente por enfermería

Page 7: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

7

1. Módulo de prescrición. Os facultativos do centro deben valorar a

medicación domiciliaria que está a tomar o paciente. Poderán

mantela, suprimila ou modificala. Unha vez feito isto poderán facer

unha nova prescrición. Inclúe as funcionalidades que se recollen a

continuación:

DU

LO D

E P

RES

CR

ICIÓ

N

1O paciente localizarase a través do seu número de historia clínica, os seus datos demográficos, a súa cama ouhabitación e planta que ocupe

Valoración da medicación domiciliaria ou consulta da prescrición actual:

Prescrición manual

Comprende:

-Selección do medicamento

- Comprobación de alertas

- Selección de dose, vía e pauta.

-Comprobación de alertas.

- Observación e comentarios a enfermería e farmacia.

- Confirmación da prescrición.

Prescrición por protocolos

Para facilitar o labor de prescrición poderánseleccionarse protocolos que lancen unha prescriciónpor defecto de varios produtos con vía, dose e pauta que poderán ser modificados.

Selección do paciente:

A primeira vez que o médico valora a un paciente debe prounciarse sobre a oportunidade de manter, suprimir ou variar a medicación que este vén tomando no seu domicilio. Ata que non o faga non poderá realizar ningunha outra acción.

Se non se trata da primeira vez que examina a un paciente, a aplicación ofrece información sobre os medicamentos que o paciente ten prescritos nese momento e os que lle foron administrados anteriormente, así como outra información de interese sobre o mesmo, como datos demográficos, alerxias, doenzas graves, etc.

Nova prescrición:

O proceso de prescribir un medicamento ao paciente estará asistido para evitar erros e facilitar o traballo do facultativo. A prescrición poderá ser manual ou baseada en protocolos.

Page 8: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

8

Selección do medicamento

O produto seleccionarase por nome comercial, nemónico, principio activo, grupo terapéutico… Poderase utilizar un buscador avanzado para ampliar os criterios de procura, ademais de mostrar información de axuda e acceso a bases de datos de medicamentos on line.

Observacións e comentarios a enfermería e farmacia

O médico poderá engadir observacións ou comentarios para enfermería ou farmacia.

Prescrición manual

Comprobación de alertas

Tras a selección do medicamento o sistema lanzará as seguintesadvertencias:

• Incompatibilidades: comprobaranse incompatibilidades segundo os principios activos.

• Duplicidade de principios activos• Alerxias do paciente• Recomendación de produto alternativo• Resultados de laboratorio: necesidade de dispoñer de probas,

incompatibilidades con resultados…

Selección de dose, vía, pauta…

Tras a selección do produto amosarase por defecto a vía, dose e pautas recomendadas en función da idade do

paciente, a súa alimentación e resultados de laboratorio (insuficiencia renal ou hepática, embarazo, inmunodeprimido). A dosificación poderá realizarse segundo distintas unidades dependendo do produto: por forma farmacéutica, mg, ml… A pauta poderá seleccionarse

a partir dunha serie de valores predeterminados (cada 8 horas, cada 24 horas, Almorzo e Cea, baixo demanda) ouindicarse directamente as horas de administración, dose e días.

Comprobación de alertas

Tras a selección do medicamento o sistema lanzará as seguintesadvertencias:

• Dose máxima por toma (dependendo de idade ou superficie corporal)

• Dose máxima por día (dependendo de idade ou superficie corporal)• Fracción de dose non adecuada• Duración máxima de tratamento• Incompatibilidades de principios activos segundo a pauta • Vías excluíntes• Incompatibilidades coa dieta

Confirmación da prescrición

Unha vez realizada a prescrición o médico confirmaraa, emitíndose un pdf que será asinado electronicamente.

Para facilitar o labor de prescrición poderán seleccionarse protocolos que lancen unha prescrición por defecto de varios produtos con vía, dose e pauta que poderán ser modificados.

Prescrición por protocolos

DU

LO D

E P

RES

CR

ICIÓ

N

Unha prescrición poderá ser modificada. O sistema dará a antiga prescrición de baixa e dará unha nova de alta aínda que o usuario só necesitará modificar os valores que considere oportunos.Tras realizar a modificación confirmarase a nova prescrición e asinarase electronicamente.

Solicitude de probas:

Modificación dunha prescrición activa:

Definición de avisos:

Ademais da prescrición propiamente dita, a aplicación permitiralle ao médico solicitar probas para un paciente, como analíticas, electros, radiografías, endoscopias, etc.

O médico poderá solicitar que se lle envíen avisos mediante e-mail, busca ou sms no caso de que no momento da administración do medicamento por enfermería o paciente experimente algunha reacción, ou se lle detecten uns determinados valores de febre, tensión, etc. O médico deberá definir os parámetros que

deben darse para recibir o aviso.

Page 9: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

9

2. Módulo de validación. O persoal de farmacia validará as

prescricións realizadas polos facultativos.

3. Módulo de administración da medicación. O persoal de

enfermería volcará a información xerada a partir da administración da

medicación ao paciente e o seu exame e o sistema xerará os avisos

oportunos ao médico.

4. Módulo de valoración e identificación de pacientes. Valoración

previa que este servizo realiza ao paciente no momento do seu

ingreso no hospital e administración da medicación.

DU

LO D

E V

ALI

DA

CIÓ

N

Os usuarios de farmacia serán os encargados de validar as prescricións. Ao loguearse no sistema o usuario de farmacia verá un listado con todos os pacientes con prescrición pendente de validar.Unha vez seleccionado un paciente distinguiranse os produtos que necesitan validación e que poderán ser aceptados ou rexeitados permitindo o envío de mensaxes entre médico e farmacia.Algúns produtos validaranse automaticamente polo que non necesitarán a acción directa do farmacéutico. Cando unha prescrición sexa modificada o usuario de farmacia poderá acceder directamente ao cambio realizado, sen ter que validar as partes xa validadas.Todas as prescricións que necesitan ser validadas por farmacia deben ter a conformidade deste servizo. De non existir esta conformidade, o proceso interrómpese até que o médico varíe a prescrición ou se produzaalgún acordo entre médico e farmacéutico.

2

DU

LO D

E A

DM

INIS

TRA

CIÓ

N D

A

MED

ICA

CIÓ

N

Cada membro do persoal de enfermería ten unha serie de pacientes asignados, para cada un deles o sistemamostra os medicamentos que lle foron prescritos e os coidados que hai que subministrarlle (medición dafiebre, cambios posturales, curas, etc. ).

Ademais, este persoal estará dotado de dispositivos de man nos que accederá á información sobre aprescrición efectuada a cada paciente. Eses dispositivos disporán dun lector de código, de tal xeito que nomomento de proceder a dar a medicación prescrita a un determinado paciente, o persoal contrastaráprimeiro a identidade do paciente achegando o seu lector á pulseira do doente.Posteriormente, anotará como realizada a administración do medicamento no sistema e incorporará aomesmo a información relevante do exame do paciente: temperatura, tensión, reaccións producidas… Se estesvalores se atopan entre os indicados polo médico para recibir un aviso, o sistema enviará un aviso a través dacanle seleccionada (sms, busca ou e-mail).

3

Page 10: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

10

5. Módulo de xestión do sistema.

Amósanse, a continuación, algunhas das pantallas mais relevantes no

funcionamento do sistema:

DU

LO D

E V

ALO

RA

CIÓ

N E

ID

ENTI

FIC

AC

IÓN

DE

PAC

IEN

TES

Durante as primeiras horas de ingreso dun paciente no hospital, debe realizárselle unha valoración por partede enfermería. Segundo o perfil do paciente (sexo, idade, peso, etc.), a aplicación lanza un cuestionariobaseado en modelos estándar existentes no ámbito sanitario internacional para valorar cuestións como:

- Estado físico xeral.- Estado mental.- Autonomía e capacidade para realizar actividades da vida diaria.- Mobilidade, risco de caídas ou de padecer úlceras por decúbito.- Posibilidade de incontinencia.- Risco de exclusión social, etc.

Tamén se lle pregunta ao paciente pola medicación domiciliaria que está tomando. No momento daprescrición da medicación hospitalaria por parte do médico, este debe decidir se manter, suprimir oumodificar esta medicación. Mentres non se pronuncie ao respecto, non poderá realizar outras accións.En función dos resultados obtidos no test de valoración, a aplicación propón unha serie de coidados quedeberá recibir ese paciente e que complementarán a medicación que se lle prescriba.Así mesmo, os pacientes son identificados cunhas pulseiras dotadas de códigos nos que se almacenainformación sobre a súa identidade, habitación, cama , alerxias, medicación prescrita, etc.A lectura dos códigos dos pacientes lévase a cabo polo persoal de enfermería no momento de subministrarllea correspondente medicación a través de dispositivos de man como PDAs ou Tablet PCs provistos de lectores.Deste xeito, a información almacenada sobre o paciente na pulseira contrástase coa prescrición que lle foiefectuada e valídase novamente nesta fase, introducindo unha garantía adicional que confirma que ademaisde terse efectuado unha prescrición correcta, esta realízaselle á persoa indicada.

4

DU

LO D

E XE

STIÓ

N Este módulo permite o mantemento do sistema:• Mantemento dos medicamentos existentes na guía do hospital• Configuración de alertas e incompatibilidades• Xestión de usuarios

5

Page 11: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

11

CONTROL DE ACCESO

Páxina de inicio Prescrición (Médicos e Farmacia)

Page 12: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

12

Páxina de inicio Enfermería

O acceso realízase a través desta páxina mediante a identificación por

usuario e contrasinal.

Tipos de usuarios:

- Médicos: son os encargados de prescribir os medicamentos.

- Farmacia: responsables de validar os medicamentos prescritos polos

médicos.

- Administrador: responsables do mantemento do sistema.

- Enfermería: encargados de valorar aos pacientes tras o seu ingreso e

de subministrarlle a medicación.

Page 13: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

13

FUNCIONALIDADES DO SISTEMA:

VALORACIÓN DO PACIENTE POR ENFERMERÍA

Durante as primeiras horas de ingreso dun paciente no hospital, debe

realizárselle unha valoración por parte de enfermería. Segundo o perfil do

paciente (sexo, idade, peso, etc.), a aplicación lanza un cuestionario

baseado en modelos estándar existentes no ámbito sanitario internacional

para valorar cuestións como:

- Estado físico xeral.

- Estado mental.

- Autonomía e capacidade para realizar actividades da vida diaria.

- Mobilidade, risco de caídas ou de padecer úlceras por decúbito.

- Posibilidade de incontinencia.

- Risco de exclusión social, etc.

Page 14: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

14

Page 15: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

15

En función dos resultados obtidos no test de valoración, a aplicación propón

unha serie de coidados que deberá recibir ese paciente e que

complementarán a medicación que se lle prescriba. Enfermería debe anotar

no sistema os resultados deses coidados unha vez efectuados.

MEDICACIÓN DOMICILIARIA

No momento do ingreso dun paciente no centro pregúntaselle tamén pola

medicación domiciliaria que está tomando. No momento da prescrición da

medicación hospitalaria por parte do médico, este debe decidir se mantén,

suprime ou modifica esta medicación. Mentres non se pronuncie ao

respecto, non poderá realizar outras accións.

Page 16: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

16

PRESCRICIÓN MÉDICA

A prescrición realízase a través de varios pasos reflectidos en distintas

pantallas con funcionalidades específicas.

SELECCION DE PACIENTE

Page 17: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

17

Esta pantalla permite a selección do paciente a prescribir:

Dun xeito sinxelo e rápido a través dos parámetros máis habituais de

busca: nº de historia clínica, nome e apelidos, planta, habitación e cama…

Para buscas máis refinadas, a través dun buscador avanzado

INFORMACIÓN E ACCESO Á PRESCRICIÓN

Unha vez seleccionado o paciente, accederase a unha nova pantalla con

toda a información relevante e múltiples funcionalidades:

Datos xerais do paciente (nome e apelidos, habitación, cama, data de

ingreso, número de historia clínica, médico responsable, especialidade…),

así como información relevante para a prescrición: alerxias e observacións.

Page 18: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

18

Información do tratamento que se lle está a aplicar (Prescrición activa):

especialidade, vía, unidades, frecuencia e período.

Sobre cada medicamento pode accederse a información complementaria

como:

Composición do medicamento

Posibles erros na prescrición

Información de interaccións cos principios activos

Page 19: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

19

Información relevante do produto

Para facilitar a localización da información inclúense despregables que fan

filtros sobre os rexistros

Ademais de prescribir, a pantalla da acceso á seguinte información a

través dunha serie de pestanas existentes:

Historia clínica

Episodios de ingreso

Laboratorio

Alerxias

Observacións

En relación á operativa permite:

Engadir novo medicamento

Eliminar medicamentos prescritos

Suspender dispensación

Comentar

Firmar para finalizar o proceso de prescrición

Frecuencia e doses

Aínda que na base de datos se garde a prescrición dun produto a nivel de

hora e día, para facilitar a visualización da información nas situacións máis

comúns, as doses amosaranse repartidas entre almorzo, comida, merenda e

cea.

Page 20: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

20

Frecuencia e doses

Nos casos nos que a pauta prescrita non se axuste ao esquema anterior,

amosarase unha icona que abrirá un tooltip onde se desglosen días, horas e

doses.

Frecuencia e doses

Perfusións

No caso das perfusións, todos os produtos incluídos deben de aparecer na

mesma liña da táboa. Validaranse, rexeitaranse ou suspenderanse xuntos.

Page 21: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

21

Alerxias

A plataforma dispón dun sistema específico para xestionar as alerxias dos

pacientes, por tratarse dun aspecto fundamental a ter en conta á hora de

realizar unha prescrición.

Para o seu desenvolvemento tívose en conta que existen tres tipos de

alerxias: medicamentosa, alimentaria e tópica.

As alerxias relaciónanse con principios activos (un paciente é alérxico a un

principio activo) e/ou a grupos terapéuticos (un paciente é alérxico a todos

os principios activos dun grupo terapéutico).

Cando se vincule unha alerxia a un paciente pódese escoller unha do

maestro de alerxias ou engadir unha nova. Neste caso envíase unha alerta

a farmacia que validará a nova alerxia ou a modificará.

Interaccións

Existen certos principios activos que non poden ser tomados de forma

conxunta porque interaccionan; por tanto, un paciente non debe telos

prescritos á vez.

Cando o usuario selecciona un Principio Activo, a aplicación comproba que

non existan interaccións con ningún dos principios activos que teña xa

prescritos, é dicir, con ningún principio activo prescrito con data e hora de

inicio menor que a actual, data de fin e suspensión maior que a actual ou

baleira e estado prescrito.

No caso de que exista interacción amosarase a información sobre a

interacción (principio activo co que interacciona, sentido da interacción,

natureza e medidas).

Page 22: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

22

Alertas

As alertas constitúen sistemas de aviso ao usuario.

Teremos os seguintes tipos de alertas:

- Mensaxe: Móstrase na pantalla unha icona para indicar que hai

alertas. A cona lanza unha pantalla coa lista de alertas do paciente

para o perfil do usuario.

- Mensaxe con bloqueo: Móstrase unha alerta sobre a pantalla de

forma que o usuario se vexa obrigado a aceptala.

- Mensaxe con bloque e comentario: ademais de aceptala o usuario

debe escribir unha explicación.

Page 23: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

23

Cada alerta terá unha orixe (o motivo polo que se lanza):

- Alerxia: o paciente é alérxico a un dos principios activos que se

prescriben.

- Interacción: o paciente ten prescrito dous principios activos que

interaccionan.

As alertas terán diferentes destinatarios (perfís de usuarios):

- Médicos

- Enfermeiras

- Farmacia

- Médicos e enfermeiras

- Todos

As alertas vincúlanse ao episodio do paciente. Cando un usuario acceda ao

paciente verá as alertas que lle correspondan segundo o seu perfil.

Ante unha alerta o usuario poderá:

Page 24: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

24

- Pechala: cambia o seu estado para que non se vexa máis.

- Ignorala: pecharase a alerta pero volverá a verse cando volva a

entrar na pantalla.

- Non vela máis: o usuario non volverá a ver esa alerta pero o resto de

usuarios si.

NOVA PRESCRICIÓN

Se o facultativo desexa realizar unha nova prescrición, ademais de contar

con toda a información sobre a prescrición existente nese momento, disporá

da posibilidade de seleccionar a dose, a vía, a pauta para a súa

administración e as datas nas que deberá subministrárselle ao paciente,

como se pode ver nesta pantalla.

Page 25: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

25

Pantalla de nova prescrición completa

A continuación pasamos a describir as diferentes funcionalidades desta

sección, centrándonos en cada un dos seus apartados.

En primeiro lugar e como se ten indicado, a través desta pantalla os

usuarios de perfil médico poderán engadir novas entradas á prescrición.

Page 26: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

26

Na parte superior da pantalla amosarase a información xeral do paciente,

como no caso anterior.

O seguinte bloque será o de selección de especialidade. O usuario terá

varias opcións para seleccionar o medicamento:

Selección por principio activo. O usuario introducirá o principio activo

nunha caixa con texto predictivo, ou ben abrirá unha pop-up cun buscador

máis completo (por enfermidade, actividade farmacolóxica…).

Unha vez seleccionado o principio activo, amosarase a información

vinculada e o listado de especialidades que conteñan ese principio activo

nunha caixa de texto predictivo.

Page 27: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

27

Ao seleccionar a especialidade, amosaranse posibles alertas ou información

complementaria e se amosará a pauta por defecto do medicamento

permitindo a súa modificación.

Trala selección do produto indícase a dose e a pauta a seguir.

Page 28: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

28

A dose indicarase nas unidades que marque a forma farmacéutica. No caso

de que se poida utilizar máis dunha unidade, amosarase un despregable

coas diferentes opcións e a posibilidade de calcular a dose nas unidades

dispoñibles.

Se o medicamento pode administrarse por máis dunha vía, o usuario deberá

indicar a adecuada.

As horas de administración poderán marcarse unha a unha ou seleccionar

un dos códigos dispoñibles (cada 8 horas, cada 12 horas…). A

administración tamén pode ser “a demanda”.

Para os días de administración poderán indicarse as datas de inicio ou fin,

ou marcar os días nun calendario (ou ben cargalos desde un combo coas

opcións cada 2 días, cada 3 días…).

Ao gardar a pauta amosarase deixando o formulario aberto para indicar

outras pautas.

Page 29: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

29

Selección por especialidade: É similar ao caso anterior, pero

seleccionado directamente o produto.

Casos especiais:

PERFUSIÓNS:

Pola propia dificultade que entraña a preparación dos sueros, o sistema

inclúe unha serie de funcionalidades que facilitan esta tarefa. Así, ao

introducir unha serie de parámetros sobre o suero, a aplicación indica

diferentes aspectos para axudar á súa preparación: volume, composto no

que se disolve, velocidade de disolución, etc.

Page 30: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

30

Así, no caso de que o tipo de vía sexa Perfusión o usuario deberá introducir

a seguinte información:

Nº de perfusións: o mesmo paciente poderá ter máis de unha

perfusión, polo que se lle asignará a cada unha un número

consecutivo para poder distinguila. Mostraranse nun despregable

as perfusión que teña o el paciente dando a opción de engadir

unha nova.

Page 31: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

31

Volume da perfusión

Velocidade de perfusión

Tempo de administración

Suero

Perfusións UCI:

Suero

Volume

Doses

Velocidade

Cantidade

TRATAMENTO DE NON CONFORMIDADES

Page 32: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

32

Como se indicou na descrición funcional do sistema, o proceso inclúe a

validación por parte de farmacia da prescrición realizada polo médico. No

caso de non dar a conformidade, a aplicación alertará ao médico desta

problemática que poderá resolver mediante o cambio ou non da prescrición

anterior.

A aplicación informará mediante iconas e códigos de cor a excepción

comentada

ONCOLOXIA

A casuística de oncoloxía e totalmente distinta, tamén as funcionalidades do

interface

Dado o volume de información, inclúese un buscador cos parámetros máis

relevantes

Page 33: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

33

A información que se achega é específica e adaptada á especialidade

Neste caso a operativa é:

Engadir e/ou eliminar

Firmar para formalizar a prescrición

VALIDACIÓN DE PRESCRICIÓN

Como se ten adiantado, unha das funcións da Farmacia é a validación dos

medicamentos prescritos polo médico.

A pantalla representada corresponde ao proceso de validación da

prescrición. A vista é equivalente á do médico con dúas salvedades

Page 34: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

34

Información sobre estado de validación das prescricións

Operativa específica:

Validar / Rexeitar

Achegar comentarios

MEDICACIÓN Á ALTA

Incluíuse tamén no sistema a prescrición da medicación que se lle efectúa

ao paciente ao que se lle da a alta hospitalaria.

5. TECNOLOXÍAS EMPREGADAS.

O sistema PEA trátase dunha aplicación web en JAVA (J2EE).

Page 35: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

35

Linguaxe de programación: JAVA (J2EE)

Servidor de aplicacións: Tomcat, que non require a compra de

licencias de uso.

Base de datos: DB2 sobre AS400 coas que contaba xa o Hospital.

6. OBRIGAS DE PUBLICIDADE.

Este proxecto contou, para o seu desenvolvemento, cunha subvención

concedida ao abeiro da Resolución do 15 de abril de 2010 (DOG nº80 do

xoves, 29 de abril de 2010) pola que se establecen as bases reguladoras

para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións

aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa

dixital, no ámbito do Plan Avanza na Comunidade Autónoma de Galicia para

o ano 2010, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento

Rexional (FEDER) e se procede á súa convocatoria (procedemento

administrativo PR519A).

Page 36: Sistema de prescrición electrónica asistida de … · O paciente localizarasea través do seunúmero de historia clínica, os seusdatos demográficos, a súacama ou habitación

36

Proxecto cofinanciado