simulacro dunha pandemia de gripe e ou seu impacto … · Índice compoñentes do grupo de traballo...
TRANSCRIPT
SIMULACRO DUNHA PANDEMIA
DE GRIPE
E OU SEU IMPACTO NO
COMPLEXO HOSPITALARIO DE
PONTEVEDRA
Setembro 2008
1
2
ÍNDICE
Compoñentes do grupo de traballo 5
INTRODUCIÓN 6
MATERIAL E MÉTODOS 8
I. Procedencia dos datos do simulacro e forma de envío 8
II. Características xerais do Complexo Hospitalario de Pontevedra 10
RESULTADOS 11
I. Evolución da epidemia 11
II. Indicadores xerais do simulacro 20
IIa. Desenvolvemento do simulacro 20
IIb. Actividade real do hospital durante o simulacro. 21
III. Medidas xerais de organización interna no hospital ante a pandemia 24
1. Creación do gabinete de crise 25
2. Organización interna e sistemática 27
3. Establecemento dunha reserva de material 28
4. Identificación do persoal de risco 28
5. Plan de uso de vacinas e antivirais 28
6. Comunicación interna e externa: designación dun responsable de comunicación. 30
7. Reforzo do Persoal de seguridade 31
IV. Xestión das urxencias 31
V. Xestión da hospitalización en planta 36
VI. Xestión dos pacientes que precisan coidados críticos 41
CONCLUSIÓNS 45
BIBLIOGRAFÍA 49
ANEXOS
I. Actuación inmediata e notificación de casos de gripe pandémica 51
II. Precaucións que se adoptarán diante dun caso sospeitoso ou confirmado de gripe 53
pandémica no CHOP
III. Clasificación en Urxencias 58
IV. Criterios de sospeita na clasificación de Urxencias 59
V. Criterios de ingreso 60
3
VI. Valoración de necesidades de equipo e material para o establecemento de 61
reservas en hospital
VII. Equipamento e estimación do material necesario para a atención de pacientes 63
con gripe
VII.1. En Urxencias 64
VII.2. En áreas de hospitalización 68
VIII. Precaucións de illamento actualmente en vigor no CHOP 69
4
Grupo de traballo
José María de Lis Muñoz (director médico e coordinador do grupo)
Anselmo Domínguez Baúlo (director de enfermaría)
Odilo García Rivela (director de Recursos Económicos e Recursos
Xerais)
Luis Piñeiro Gómez-Durán (xefe de servizo de Medicina Interna)
Juan Carlos Rodríguez García (FEA Medicina Interna)
Teresa Loureiro Rodríguez (supervisora Medicina Interna)
José Ramón Parada Castellano (xefe do Servizo de Urxencias)
María Luisa Mosteiro Álvarez (FEA Servizo de Urxencias)
Rosa Mosteiro Carro (supervisora de Urxencias)
Gonzalo González Lorenzo (xefe do Servizo de Pediatría).
Antonio Pais Almozara (Unidade de Coidados Intensivos).
Teresa Sánchez de Dios (Unidade de Coidados Intensivos).
Carmen Fernández Camiña (supervisora de Coidados Intensivos).
Ignacio Acosta Crespo (xefe do Servizo de Admisión)
Sabela Lariño Noia (FEA Servizo de Admisión)
Francisco Luis Vázquez Vizoso (xefe de Sección de Medicina
Preventiva).
Javier Paz Esquete (FEA Medicina Preventiva)
5
INTRODUCIÓN
Os primeiros casos de gripe A/H5N1 comunicáronse en Hong Kong en
1997, 18 pacientes, aínda que a OMS nos seus informes de casos confirmados
e mortes os contabiliza unicamente dende o ano 2003. Dende finais dese ano
2003 estanse a producir casos de gripe producidos polo mencionado subtipo
H5N1 en humanos. O 19 de xuño de 2008, son xa 15 os países nos que se
rexistraron individuos afectos desta enfermidade, un total de 385, dos que
faleceron 243. Na actualidade, a OMS considera que, no que se refire á gripe
pandémica, atopámonos en Fase Pandémica 3, o que significa que se están
a producir infeccións humanas con este novo subtipo do virus da
gripe, pero sen transmisión persoa a persoa, ou, como máximo, casos
raros de transmisión a un contacto próximo. Falamos así de FASE DE
ALERTA PANDÉMICA, que implica asegurar a rápida caracterización do novo
subtipo do virus e a detección e notificación temperá de casos adicionais. A
hipoteticamente última fase da pandemia é a denominada Fase 6, na que se
produciría transmisión elevada e sostida deste virus entre seres humanos
dentro da poboación xeral.
O 23 de outubro de 2006 produciuse unha reunión entre membros da
Dirección Xeral de Saúde Pública e profesionais do Complexo Hospitalario de
Pontevedra na que se presentou o presente simulacro, se indicaron as liñas
xerais do seu desenvolvemento e se achegou documentación para a súa
abordaxe. A partir de aí, creouse un grupo de traballo, cuxos membros se
indican ao principio desta memoria, que sería responsable da súa execución e
da elaboración deste documento. Incluíronse os servizos que máis directamente
terían que afrontar a epidemia, tanto dende o punto de vista clínico como
epidemiolóxico e de toma de decisións. Integráronse profesionais de:
- O equipo directivo (Dirección Médica, Dirección de Enfermaría e Recursos
Económicos e Xerais)
- O Servizo de Medicina Interna.
6
- Urxencias.
- A Unidade de Coidados Intensivos.
- O Servizo de Pediatría.
- O Servizo de Admisión.
- O Servizo de Medicina Preventiva.
Que se incluísen estes equipos e servizo no grupo de seguimento antes
mencionado non implica que, en situación real, non se deban integrar no
gabinete de crises profesionais doutros servizos, particularmente Pneumoloxía,
Unidade de Infecciosas, Farmacia, Microbioloxía ou Unidade de Prevención de
Riscos Laborais. De igual forma, de ser necesario, poderían incluírse
representantes das autoridades civís.
No simulacro suponse que nos atopamos en Fase 6, é dicir, en situación
de pandemia, con múltiples casos entre a poboación de referencia do hospital.
O obxectivo que nos formulamos é encarar esa situación empregando
os medios actualmente dispoñibles no noso centro, coa finalidade de
sacar conclusións referentes a como afrontar unha situación similar
no caso de producirse na realidade.
Por motivos prácticos, tanto para planificar o futuro como para os
efectos de utilidade, no desenvolvemento da presente memoria fusiónanse e
mestúranse as decisións tomadas durante o simulacro coas conclusións que
destas se derivan para o manexo dunha situación semellante en condicións
reais.
7
MATERIAL E MÉTODOS
I. Procedencia dos datos do simulacro e forma de envío
Os datos do simulacro fóronlles remitidos diariamente dende a Dirección
Xeral de Saúde Pública aos servizos de Urxencias, Medicina Interna e UCI, por
correo electrónico, en ficheiro adxunto en formato MS Excell. A periodicidade foi
diaria. Remitíase un libro Excell con tres follas:
Unha cos pacientes que pasaban no día en cuestión por Urxencias,
distinguindo cantos eran de idade pediátrica (ata 15 anos), e cantos adultos.
Outro cos ingresos producidos no día na área de hospitalización,
estratificados por grupos de idade e por situación (Planta de Pediatría, Planta
de Hospitalización de Adultos, UCI Pediátrica e UCI de Adultos).
Especificábase tamén cantos dos pacientes de Coidados Intensivos precisaban
respirador.
Finalmente, unha terceira folla coas altas hospitalarias producidas no día,
estratificadas de igual forma que os ingresos.
Dende o Servizo de Urxencias remitíanse copias dos ficheiros recibidos cada
día á Dirección Médica, á Dirección de Enfermaría e ao Servizo de Medicina
Preventiva, como situación do que sería a comunicación de novos casos en
situación de epidemia real.
O simulacro desenvolveuse entre os días 30 de outubro e 24 de
decembro de 2006, un total de 8 semanas. Co fin de simplificar o simulacro,
dábanse por suposto dúas premisas que non se producirán nunha epidemia
real:
- Todos os casos ingresados na planta de hospitalización terían unha
estanza de 7 días.
- Todos os casos ingresados na Unidade de Coidados Intensivos terían
unha estanza de 10 días.
8
Este último punto obrigaba a manter o seguimento virtual ata o 3 de xaneiro
de 2007, día en que se produciría a alta do último caso (paciente ingresado en
UCI o 24 de decembro, isto é, dez días antes). Non se especificaba cantas das
altas eran exitus.
Ademais do anterior, tampouco se consideraron durante o simulacro nin a
posible aparición de casos nosocomiais secundarios nin que se producisen
baixas entre o persoal consecuencia da epidemia. En condicións reais, o
sistema sanitario sufrirá unha redución do persoal dispoñible, pola propia
pandemia e por outras alteracións colaterais posibles. Calcúlase (segundo
modelos desenvolvidos no Reino Unido), que un 25% da poboación laboral
estará de baixa de 5 a 8 días laborables nun período pandémico de tres meses,
se ben as ondas pandémicas adoitan ser de 8 semanas. As estimacións suxiren
que no momento de máximo absentismo laboral, este será un 50% máis alto
do habitual no sector privado e un 66% máis alto do habitual no sector público
(incluída a sanidade).
Ao longo do simulacro realizáronse 16 reunións do grupo, con periodicidade
decrecente. Nas devanditas reunións tomáronse, tras a súa discusión e
consenso, as decisións precisas para situar os pacientes con e sen gripe
pandémica, así como avaliar e distribuír os recursos materiais e humanos
dispoñibles.
9
II. Características xerais do Complexo Hospitalario de
Pontevedra.
- POBOACIÓN DA ÁREA SANITARIA:
[Datos poboación protexida por tarxeta a 31/12/04]
Total Área Norte: 291.460
<15 anos: 37.931
Corresponden ao CHOP: 219.182
<15 anos: 28.033
- NÚMERO DE CAMAS:
- Montecelo: 305
- Provincial: 299
- Total: 604
- CAMAS EN CUARTOS CON PRESIÓN NEGATIVA: 7
- CAMAS DE UCI
- UCI Montecelo: 12
- UCI Provincial: 3
- Outras asimilables a UCI en Montecelo (Reanimación): 10
- MATERIAL RELACIONADO CON COIDADOS CONTINUOS:
76 monitores
28 ventiladores
5 BiPAP
55 Pulsioxímetros.
10
RESULTADOS
I. Evolución da epidemia
Durante o simulacro acoderon a urxencias un total de 1.500 casos de gripe
pandémica, 204 en menores de 15 anos e 1.296 en pacientes en idade adulta.
Deles, precisaron hospitalización 1.005, o 67% do total. No gráfico 1 indícase a
situación da súa hospitalización, segundo a súa idade, se precisaban UCI ou
meramente planta.
Gráfico 1: Distribución dos casos hospitalizados segundo localización
< 15 anos planta; 8; 0,8%
< 15 anos UCI; 41; 4,1%
> 15 anos planta; 777; 77,3%
> 15 anos UCI; 179; 17,8%
Nos gráficos 2 e 3 indícase a evolución (simple e acumulada) de casos
que acoden virtualmente a Urxencias durante o simulacro. Nos gráficos 4 e 5
obsérvase a evolución diaria no número de novos ingresos tanto en adultos
coma en idade pediátrica. Nos gráficos 6 e 7 valórase, tamén por día o número
de pacientes ingresados no complexo. Estes gráficos son especialmente
relevantes en canto a avaliar a capacidade do noso centro para
afrontar os momentos máis difíciles da epidemia en carga de traballo,
dispoñibilidade de camas e necesidade de medios materiais e
11
humanos. O punto máximo alcanzouse o 30/novembro, con 264 ingresados
(251 adultos e 13 nenos).
En canto ao uso de respirador, un total de 93 pacientes (89 adultos e 4
nenos) precisáronos ao longo do simulacro, e o momento en que máis casos
simultáneos tivemos foi entre o 29 de novembro e o 2 de decembro, que
resultaron necesarios 28. A evolución diaria indícase no gráfico 8.
12
Gráfico 2: Evolución dos casos con gripe que acoden ao Servizo de Urxencias
0
10
20
30
40
50
60
70
80
Casos gripe acoden a urxencias Pediátricos (15%) Adultos
13
Gráfico 3: Evolución dos casos con gripe que acoden ao Servizo de Urxencias. Casos acumulados.
0
200
400
600
800
1000
1200
1400
1600
Casos gripe acoden a urxencias Pediátricos (15%) Adultos
14
Gráfico 4: Evolución dos casos con gripe que ingresan no complexo. Pacientes maiores de 14 anos
0
5
10
15
20
25
15-64 UCI + 65 UCI PLANTA 15-64 PLANTA?65
15
Gráfico 5: Evolución dos casos con gripe que ingresan no complexo. Pacientes menores de 14 anos
0
1
2
3
4
0-14 UCI 0-14 PLANTA
16
Gráfico 6: Evolución dos casos con gripe de pacientes adultos ingresados no complexo
0
50
100
150
200
250
300
Ingresos UCI adultos Ingresos planta adultos Total adultos ingresados
17
Gráfico 7: Evolución dos casos con gripe de pacientes menores de 14 anos ingresados no complexo
0
2
4
6
8
10
12
14
16
Ingresos UCI-Ped. Ingresos Planta Ped. Total nenos ingresados
18
Gráfico 8: Evolución no uso de respiradores nos pacientes con gripe
0
5
10
15
20
25
30
Ventil. nenos Ventil. adultos Total uso ventiladores
19
II. Indicadores xerais do simulacro:
IIa. Desenvolvemento do simulacro
Indicador Casos/Porcentaxe Número de casos totais 1.500 Casos 0 -14 anos 204 Casos >= 15 anos 1.296 Ingresos 0 -14 anos en planta de hospitalización 41 Ingresos 0 -14 anos en UCI 8 Ingresos >= 15 anos en planta de hospitalización 777 Ingresos >= 15 anos en UCI 179 Ingresos hospitalarios totais por gripe 1.005 Porcentaxe de ingresados sobre o total de casos 67% Pacientes 0-14 anos que precisaron respirador 4 Pacientes >= 15 anos que precisaron respirador 89 Número total de pacientes que precisaron respirador 93 Estanzas totais de pacientes 0 -14 anos en planta de
hospitalización
287
Estanzas totais de pacientes 0 -14 anos en UCI 80 Estanzas totais de pacientes >= 15 en planta de
hospitalización
5.439
Estanzas totais de pacientes >= 15 anos en UCI 1.770 Estanzas totais de pacientes con gripe pandémica 7.576 Número máximo de pacientes 0 -14 anos ingresados
simultaneamente en planta de hospitalización
10
Número máximo de pacientes 0 -14 anos ingresados
simultaneamente en UCI
5
Número máximo de pacientes >= 15 anos ingresados
simultaneamente en planta de hospitalización
195
Número máximo de pacientes >= 15 anos ingresados
simultaneamente en UCI
57
Número máximo total de pacientes ingresados
simultaneamente por gripe pandémica
264
IIb. Actividade real do hospital durante o simulacro
Inclúense os datos entre o 30/10/06 (inicio do simulacro) e o día da alta do
último paciente virtual (3/01/07). Referímonos aos pacientes que, durante o simulacro,
acudiron realmente ao CHOP (isto é, enfermos "reais", sen incluír os casos "virtuais" do
simulacro de pandemia):
20
Día Ingresos Altas Camas ocupadas Ing. cirúrxicos
programados 30/10/2006 79 31/10/2006 56 01/11/2006 56 02/11/2006 76 03/11/2006 50 04/11/2006 27 05/11/2006 55 06/11/2006 83 07/11/2006 77 08/11/2006 83 09/11/2006 73 10/11/2006 45 11/11/2006 31 12/11/2006 50 13/11/2006 91 14/11/2006 72 15/11/2006 84 16/11/2006 71 17/11/2006 45 18/11/2006 32 19/11/2006 51 20/11/2006 79 21/11/2006 73 22/11/2006 85 23/11/2006 85 24/11/2006 40 25/11/2006 42 26/11/2006 48 27/11/2006 94 28/11/2006 68 29/11/2006 88 30/11/2006 91 01/12/2006 59 02/12/2006 31 03/12/2006 48 04/12/2006 84 05/12/2006 59 06/12/2006 48 07/12/2006 55 08/12/2006 36 09/12/2006 37 10/12/2006 51 11/12/2006 71 12/12/2006 67 13/12/2006 83 14/12/2006 82 15/12/2006 59 16/12/2006 32 17/12/2006 42 18/12/2006 70 19/12/2006 57 20/12/2006 61
70 92 35 50 90 27 27 83 66 84 73 92 29 20 83 72 89 75 85 39 19 71 81 83 73 85 36 18 76 68 90 78 95 29 31 69 85 19
105 33 31 20 69 64 89 81 87 40 16 67 70 64
541 27 505 3 526 26 552 29 512 1 512 1 540 26 540 28 551 35 550 36 550 28 503 1 505 535 20 543 34 543 32 538 33 534 33 494 3 487 519 18 527 31 519 36 521 37 533 34 488 1 494 524 17 542 30 542 37 540 39 553 24 517 519 536 20 551 29 525 4 554 15 504 507 513 544 23 546 29 549 33 543 31 544 24 516 1 508 534 10 537 18 524 14 521 15
21
21/12/2006 45 76 490 12 22/12/2006 32 128 394 23/12/2006 38 58 374 24/12/2006 33 46 361 25/12/2006 46 17 390 8 26/12/2006 74 29 435 5 27/12/2006 71 47 459 9 28/12/2006 63 52 470 4 29/12/2006 44 92 422 30/12/2006 42 31 433 31/12/2006 50 37 446 01/01/2007 37 6 477 5 02/01/2007 66 30 513 7 03/01/2007 67 47 533 8
TOTAL 3.920 3.919 33.652 1.024
Os resultados indicados implican que o simulacro suporía un incremento no
número de ingresos dun 25,6% (1.005 adicionais, a sumar aos "3.920" reais), e no
numero de estanzas do 22,51% (7.576 sobre 33.652 "reais").
Engadiuse o número de ingresos de cirurxía programada de lista de espera
porque, como se indica máis adiante, nun determinado momento do simulacro, e para
poder afrontalo coas camas dispoñibles no complexo, decidiuse suspender a dita
cirurxía. Implicou, durante o período, 1.024 ingresos reais (isto é, máis que os 1.005
ingresos do simulacro) e 7.328 estanzas (o que implica o 96,7% das estanzas totais
dos pacientes do simulacro). A consecuencia relevante é que, con esta soa
medida, resultou posible facerlle fronte á práctica totalidade das
hospitalizacións derivadas do simulacro.
O anterior é aplicable ás cifras globais do simulacro. Non obstante, hase
de ter presente que os casos da pandemia non se presentan de xeito constante
ao longo do período de estudo, senón en forma de curva ascendente, ata alcanzar
un pico no momento central do simulacro, para logo descender paulatinamente, por
iso, nas xornadas de máxima incidencia, esta medida resulta insuficiente, e tense, polo
tanto, que recorrer ás que, adicionalmente, se indican na epígrafe V.a da presente
memoria ("Xestión da hospitalización en planta - Situación dos pacientes")
22
23
III. Medidas xerais de organización interna no hospital ante a
pandemia.
A presentación dunha pandemia de gripe pode dar lugar a unha serie de
potenciais problemas no noso centro. De modo non exhaustivo, podemos
destacar:
1. Risco transmisión nosocomial de gripe:
- Pacientes a pacientes.
- Pacientes a visitantes.
- Pacientes a traballadores sanitarios
2. Aumento da demanda asistencial.
3. Carencia de infraestruturas.
4. Aumento nas necesidades de material.
5. Problemas de subministración.
6. Sobrecarga laboral, persoal e emocional nos traballadores sanitarios: máis
traballo, menos persoal (unha porcentaxe dos nosos recursos humanos
probablemente estará enferma durante unha epidemia).
7. Necesidade de recorrer, por carencia, a traballadores sanitarios
insuficientemente cualificados para a atención destes pacientes.
8. Alarma social, con aumento na demanda de información por parte da
poboación.
24
9. Desorganización estrutural e funcional nos nosos centros (cambio de salas de
hospitalización para afrontar a epidemia, medo no persoal etc.).
10. Sobrecarga nos departamentos non sanitarios do hospital (Hostalaría,
Mantemento, Cociña...)
11. Dificultades de coordinación coas autoridades civís externas ao hospital.
Habemos de ser capaces de crear unha organización e unhas estruturas
que nos permitan facerlles fronte a todas estas dificultades, e calquera outra
relacionada coa pandemia.
Como primeiro paso, a declaración dunha epidemia global de gripe
pandémica (Fase 6) implica unha situación de alarma que obriga á creación dun
gabinete de crise, encargado de tomar as medidas necesarias para a xestión da
asistencia hospitalaria derivada tanto da epidemia en si como da sobrecarga
inducida no sistema.
1. Creación do gabinete de crise.
Como mínimo, debería haber, polo menos, un profesional dos seguintes
equipos, preferentemente o máximo responsable:
- O equipo directivo (Dirección Médica, Dirección de Enfermaría e Recursos
Económicos e Xenerais), pois son os que contan coa máxima autoridade
dentro do hospital para tomar decisións.
- O Servizo de Medicina Interna, pois trátase do servizo responsable do
ingreso da maioría dos adultos con gripe.
- Urxencias, pois trátanse do departamento polo que ingresarán a maior
parte dos enfermos.
- A Unidade de Coidados Intensivos, pois alí ingresarán os pacientes que
precisen coidados críticos.
25
- O Servizo de Pediatría, pois é responsable dos pacientes en idade
infantil.
- O Servizo de Admisión e Documentación Clínica, responsable da
situación dos pacientes dentro do centro.
- O Servizo de Medicina Preventiva, responsable do seguimento
epidemiolóxico da epidemia, das medidas de prevención da transmisión
nosocomial e do contacto institucional coas autoridades de Saúde
Pública.
Estamos a falar así dun mínimo de 7 persoas no gabinete, e iso sen ter
en conta que dalgún dos departamentos anteriormente citados pode resultar
conveniente contar con máis dunha persoa (por exemplo, no caso de Urxencias,
o xefe de servizo e a supervisora de Enfermaría). Un número maior de
individuos faría pouco operativas as reunións do gabinete. Non obstante, e de
forma puntual, pode ser conveniente, en determinados momentos da pandemia
(non de forma rutineira), ou para a toma de decisións directamente
relacionadas coas súas competencias, contar con representantes dos seguintes
departamentos:
- Pneumoloxía
- Unidade de Procesos Infecciosos
- Prevención de Riscos Laborais
- Farmacia
- Microbioloxía
- Análises Clínicas
- Radioloxía
De forma complementaria, pode resultar tamén conveniente contar
ocasionalmente nas reunións do gabinete con membros das autoridades civís,
en aspectos relacionados coa loxística do centro e de comunicación coa
poboación.
26
Para os efectos do presente simulacro, considerouse "comité de crise" os
membros do grupo de traballo salientado ao principio do presente documento.
Comprende este así os que, de modo regular, acudiron ás reunións nas que se
manexou a crise virtual.
2. Organización interna e sistemática
- ¿Quen debe dirixilo?
Idealmente, ha de ser un membro do equipo directivo, ao contar con
autoridade xerárquica para a toma de decisións. Como alternativa, podería ser
outro profesional, por delegación do equipo directivo. En tal caso, hase de
delegar tanto a dirección do gabinete como a autoridade para a toma
de resolucións executivas, pois non é operativo encomendar a
responsabilidade da dirección do comité de crise sen capacidade de impoñer as
decisións que tal gabinete adopte.
Durante o presente simulacro, a dirección das reunións do comité
correspondeu ao director médico
- ¿Que implica dirixir o grupo?
Dirixir o grupo implica decidir os compoñentes do grupo, convocar as
reunións, establecer a orde do día (se procede), dar e quitar a palabra e tomar
a decisión final naquelas cuestións nas que non existe consenso entre os
compoñentes do grupo.
- ¿Cando se debe activar?
Proponse activalo no momento en que a OMS declare a Fase 6 da
epidemia, aínda no caso de que esta non chegara aínda a Europa. O motivo é
empezar a preparar o centro para a pandemia canto antes. Entre outras
cousas, é conveniente dar ordes de compra de material para contar cunhas
existencias deste con antelación, pois unha vez empece a epidemia na área é
previsible que haxa problemas de subministración.
27
- ¿Con que periodicidade ha de reunirse?
Mentres a epidemia non chegue á área non se pode establecer unha
periodicidade fixa. Unha vez chegue, recoméndase periodicidade diaria e
preferentemente a primeira hora.
Durante o desenvolvemento do simulacro, e por motivos prácticos e
operativos de funcionamento dos servizos, procedeuse a manter reunións a
última hora da mañá (13:30 ou 14:00), con periodicidade diaria ao principio, e
espazándose posteriormente, unha vez que se obxectivou a non necesidade de
tomar decisións día a día, en concreto a partir do 17 de novembro.
3. Establecemento dunha reserva de material.
Debemos desenvolver unha reserva institucional de fármacos, de
produtos sanitarios e outro material inventariable previa á chegada da
pandemia á nosa área, en previsión dunha posible escaseza de subministracións
e/ou capacidade de transporte destes unha vez que esta estea en curso. Por
iso, unha das primeiras medidas que debe adoptar o gabinete de crise é a
solicitude e compra dunhas existencias de material (máis adiante concrétase,
ver anexos VI e VII) para lle facer fronte á epidemia.
4. Identificación do persoal de risco.
De acordo coa Unidade de Prevención de Riscos Laborais, hanse de
identificar no prazo máis breve posible os traballadores sanitarios con alto risco
de presentar complicacións de gripe (p. ex.: mulleres embarazadas,
traballadores inmunodeprimidos...), co fin de excluílos, na medida do posible,
do coidado destes pacientes.
5. Plan de uso de vacinas e antivirais.
28
Moi en relación coa epígrafe anterior, para o uso de vacinas e
medicamentos antivirais seguirase a priorización indicada polo Ministerio de
Sanidade.
De modo xenérico, co obxectivo de optimizar a efectividade de tales
fármacos e, de forma especial se a súa dispoñibilidade é reducida nalgún
momento da evolución da pandemia, o ministerio establece unha relación de
grupos prioritarios para a súa administración, que se presentan en orde
descendente de prioridade:
1. Tratamento curativo precoz:
a) Dos enfermos incluídos nos grupos de maior risco de presentar
complicacións de gripe: nenos/as (maiores de 12 meses) e adultos:
Con enfermidades crónicas cardiovasculares ou pulmonares, incluídas:
displasia bronco-pulmonar, fibrose quística e asma.
Con enfermidades metabólicas crónicas, incluídas: diabetes mellitus;
insuficiencia renal; hemoglobinopatías e anemias; asplenia; enfermidade
hepática crónica; enfermidades neuromusculares graves ou inmunosupresión,
incluída a orixinada pola infección de VIH ou por fármacos ou nos receptores
de transplantes. Neste grupo farase unha especial énfase naquelas persoas
que precisen seguimento médico periódico ou que fosen hospitalizadas no ano
precedente.
b) Dos enfermos que debutan con formas graves (cando a persoa é
hospitalizada antes das 48 horas do inicio de síntomas).
c) Dos enfermos pertencentes ao colectivo de profesionais da saúde e de
emerxencia así como dos servizos esenciais.
NESTE GRUPO ESTARÍA INCLUÍDO O PERSOAL DO CHOP QUE,
EVENTUALMENTE, ENFERMASE DURANTE A PANDEMIA.
2. Profilaxe dos profesionais da saúde, de emerxencia e servizos esenciais.
29
NESTE GRUPO ESTARÍA INCLUÍDO O PERSOAL DO CHOP QUE,
DURANTE A PANDEMIA, ESTIVESE DIRECTAMENTE EXPOSTO AOS
ENFERMOS.
3. Profilaxe das persoas que teñen un alto risco de presentar complicacións.
4. Tratamento curativo precoz de todos os enfermos de gripe.
5. Profilaxe para o control de brotes en institucións nas que existen persoas con
alto risco de presentar complicacións de gripe.
Durante o simulacro, asúmese que estamos en Fase 6 da pandemia.
Nesta fase, os antivirais úsanse para reducir a morbilidade e a mortalidade e
minimizar a alteración social mediante a protección dos traballadores de
servizos esenciais. Polo tanto, utilizaranse tendo en conta os grupos prioritarios
definidos anteriormente. En todo caso, e dado que a distribución dos antivirais,
tanto para tratamento coma para profilaxe, se fará a nivel autonómico,
realizarase segundo protocolo que no seu momento deseñe a DXSP.
6. Comunicación interna e externa: designación dun responsable de
comunicación.
Dende o gabinete de crise, ha de identificarse perfectamente unha
persoa ou persoas responsables da comunicación interna e externa con:
- O público
- Os traballadores sanitarios
- Os voluntarios que, eventualmente, colaboren co centro
- Os responsables de Atención Primaria.
- Os responsables do 061
- Outros hospitais
30
A nivel externo, a comunicación dos aspectos xerais da pandemia enténdese
máis apropiada dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, salvo para cuestións
locais moi concretas. En todos os demais aspectos, desígnase a Dirección
Médica, ou profesional en quen delegue para aspectos puntuais, como
responsable de comunicación coas instancias mencionadas.
7. Reforzo do persoal de seguridade.
Unha vez declarada a pandemia, e en previsión dun aumento na
necesidade de persoal de seguridade no centro, en especial nas áreas de
clasificación e de illamento, ademais de para garantir o tránsito e a entrada e
saída de ambulancias, ha de ser reforzado en número o dito persoal,
circunstancia que debe ser prevista na próxima contrata coa empresa de
seguridade. De igual forma, en caso de que os recursos desta non sexan
suficientes, e para aqueles aspectos que excedan as súas competencias,
contactarase, a través da dirección médica, cos responsables locais de:
- A policía local
- A policía nacional
- A Garda Civil
Eventualmente, en caso extremo, e de ser necesario, tamén se contactará
coas forzas armadas, a través da autoridade civil correspondente. Este aspecto
excede as competencias do noso centro.
IV. Xestión das urxencias.
No simulacro asúmense que todos os casos ingresan por Urxencias. Para
os efectos de simplificación do modelo, non se ten en conta a eventualidade de
posibles casos diagnosticados en Consultas Externas, nin a posibilidade de
casos nosocomiais.
31
Como se indicaba nos gráficos 2 e 3, durante o período do simulacro (8
semanas/56 días) acoden ao Servizo de Urxencias un total de 1.296 casos de
gripe en adultos, cunha media diaria de 26,79 ±15,16 casos, e uns picos
mínimo e máximo de 4 e 71 casos respectivamente, o que representa unha
sobrecarga adicional de traballo en media do 16,8%, tendo en conta que a
media de urxencias diaria é de 158,1.
a) Clasificación e distribución dos pacientes. Circuíto en Urxencias
En situación de rutina, as urxencias de pacientes adultos non obstétricos no
CHOP aténdense no Hospital "Montecelo", e as mulleres con urxencias
obstétricas e os pacientes pediátricos acudirán á área de Urxencias do Hospital
Provincial.
En situación de pandemia, decídese trasladar no momento do seu inicio,
a área de Urxencias Pediátricas dende o Hospital Provincial ao Hospital
Montecelo. Só se manterán no Hospital Provincial as urxencias xinecolóxicas e
obstétricas, que serán atendidas por 1 enfermeira por quenda e o xinecólogo
de garda. O resto do persoal de Urxencias trasladarase igualmente ao Hospital
Montecelo. Deste feito relevante informarase oportunamente a poboación da
área a través dos medios de comunicación.
Durante o desenvolvemento do simulacro, discutiuse a posibilidade de
dedicar ao illamento de nenos a área onde actualmente está a Unidade de
Tuberculose (UTB), a Unidade de Prevención de Riscos Laborais (UPRL) e o
comedor de gardas do Provincial. Ten as vantaxes de estar ao lado de
Urxencias Pediátricas e, no caso dos despachos da UTB, de contar con presión
negativa. Non obstante, descartouse ao considerarse unha vantaxe menor que
a derivada de centralizar todos os casos nun único centro.
Circuíto e circulación:
32
Á súa chegada ao hospital, o paciente será atendido nun posto de
clasificación avanzada fóra da área hospitalaria (Anexo III), a xeito
de caseta e situado no actual aparcadoiro localizado en fronte da
entrada de Urxencias, onde será recibido por unha enfermeira quen
aplicando o protocolo (Anexo II) decidirá se é ou non suxestivo de
gripe pandémica.
O anterior establécese sen prexuízo da posible clasificación que o
061 estableza para os pacientes que cheguen ao hospital
procedentes do dito dispositivo.
Os que non sexan sospeitosos de padecer gripe pandémica serán
situados e atendidos en áreas separadas e seguiranse os protocolos
habituais segundo a súa patoloxía. Para acurtar o tempo de estanza
destes pacientes estableceranse consultas rápidas.
Identificaranse con adhesivos os sospeitosos de gripe e tomarán as
medidas de control da infección (Anexos I e II), serán trasladados
por un celador ás zonas previstas de confinamento (estarán
identificadas para evitar o paso de enfermos e familiares doutras
áreas), separando os enfermos adultos (Anexo III) dos pediátricos
(Distinta porta de entrada e distintas áreas de confinamento).
Daranse datos no Servizo de Admisión.
O pacientes en padiola e críticos pasarán directamente aos boxes de
exploración.
Tras a situación do paciente na súa área específica, realizarase unha
segunda clasificación para avaliar criterios de gravidade e priorizar a
atención dos enfermos máis graves.
En caso de necesitar proba de imaxe que precise traslado ao Servizo
de Radioloxía, farase diminuíndo no posible o tempo de espera no
dito servizo e sempre coas medidas máis estritas de illamento.
Realizaranse as probas protocolizadas (epígrafe d) e manterase o
paciente nas áreas de confinamento ata a confirmación ou descarte
de gripe pandémica.
33
Os pacientes con diagnóstico de gripe pandémica serán ingresados
nas plantas previamente establecidas.
b) Situación dos pacientes
A área de atención dos pacientes pediátricos sospeitosos de gripe
pandémica situarase na planta 1, na zona de Hospital de Día, consultas de
Neurofisioloxía, Pneumoloxía e Cardioloxía. Aqueles que requiran ingreso
trasladaranse á planta destinada a hospitalización pediátrica (ver máis
adiante, na epígrafe correspondente) en Montecelo, onde serán avaliados e
atendidos por un pediatra. Os pacientes pediátricos non sospeitosos de gripe
pandémica que requiran ingreso trasladaranse ao H. Provincial.
Os pacientes con gripe pandémica situaríanse preferentemente en:
- Primeiro, no Servizo de Espera de Resultados (SER), que supón unha
capacidade de 12 pacientes. Neste espazo, crearase unha área específica,
pechada e illada do resto do Servizo de Urxencias.
- Segundo, se se supera esa cifra, os pacientes con sospeita de gripe
pandémica situaranse na sala de espera de pacientes, que se pecharía e onde
se poderían situar 12 pacientes máis.
- Terceiro, se o número de pacientes presentes en Urxencias supera o número
de 24 (12 na SER, e 12 na sala de espera de pacientes), pecharíase a área
contigua á SER (Boxes 8-9-10-11), e aumentaría a capacidade ata un máximo
de 15-16 pacientes adicionais, o que faría un total de ata 40 enfermos con
gripe confinados en Urxencias en espera de resultados de xeito simultáneo.
c) Xestión do persoal.
- Persoal médico: 2-3 reforzos/quenda.
- Persoal de enfermaría: 3 reforzos/quenda.
- Auxiliares de enfermaría: 2 reforzos/quenda
- Celadores: dous máis por quenda.
34
- Persoal de limpeza: a partir das 13:30 só hai dúas limpadoras en todo o
hospital. Sería recomendable que, na próxima contrata, se engadise
unha cláusula que obrigase a empresa adxudicataria a reforzar o seu
equipo en caso de gripe pandémica ou outro tipo de epidemia ou
catástrofe.
d) Probas protocolizadas en Urxencias
1- Clasificación:
a- Historia clínica
b- Exploración física:
Temperatura (valores menores de 35º ou maiores de 38º)
FC (maior de 100 ppm ou arritmia descoñecida)
FR (maior de 24 rpm)
TA (TS menor de 100)
Cor pel e mucosas (cianose)
Signos e síntomas torácicos
Estado mental/estado confusional de recente comezo
2- Segunda valoración:
Hemograma
Bioquímica urxente (glicosa, urea, creatinina, electrólitos)
Enzimas cardíacos (segundo criterio clínico)
Gasometría arterial ou Sat O2 (segundo criterio clínico)
Radioloxía de tórax
EKG (segundo criterio clínico)
Se o paciente cumpre os criterios de ingreso recollidos no anexo V, pasaría a
hospitalización.
35
V. Xestión da hospitalización en planta.
a) Situación dos pacientes
O CHOP dispón de 604 camas funcionando, das que 299 corresponden ao
Hospital Provincial e 305 ao Hospital Montecelo. Unha das decisións máis
relevantes adoptadas polo grupo de traballo foi dirixir todas as hospitalizacións
por gripe ao Hospital Montecelo, considerando o Hospital Provincial como
centro "libre" de gripe pandémica. Así, tanto adultos como nenos
hospitalizaríanse en Montecelo, e estes últimos situaríanse preferentemente na
mesma Unidade de Enfermaría.
Co fin de contar con máis cuartos dispoñibles para situar os pacientes, a
partir do 6º día de epidemia tómase a decisión de suspender a cirurxía
programada de lista de espera. Asumindo unha media de 20 pacientes/día
novos de cirurxía programada, cunha estanza media aproximada de 6 días, esta
decisión implica que, a partir do 11º día de epidemia estarían dispoñibles 120
camas.
O anterior foi unha estimación que se aproximou bastante á realidade.
Durante o período do simulacro, os datos reais de cirurxía programada de lista
de espera foron os seguintes:
Servizo Ingresos Estanzas totais Estanza mediaCirurxía Vascular 8 71 8,9 Cirurxía Xeral 262 2077 7,9 Dermatoloxía 36 191 5,3 Estomatoloxía 6 12 2,0 Xinecoloxía 194 1031 5,3 Oftalmoloxía 32 46 1,4 Otorinolaringoloxía 124 544 4,4 Traumatoloxía "A" 149 1294 8,7 Traumatoloxía "B" 92 830 9,0 Uroloxía 121 1232 10,2 TOTAL 1.024 7.328 7,2
36
Outras medidas propostas para aumentar as camas dispoñibles:
Axilizaríanse no posible as altas.
Trasladaríanse pacientes ao Hospital Provincial: alí disporíase
aproximadamente de 70 camas cirúrxicas, 5 de Dermatoloxía, 20 de
Paliativos e 10 da Unidade Penitenciaria. Total: 105 adicionais.
Trasladaríanse pacientes non gripe pandémica a centros
concertados.
Para a programación cirúrxica, manteríanse activos 4 quirófanos en horario
de mañá (2 para cirurxía programada e 2 para Urxencias), 2 pola tarde
(Urxencias) e 1 pola noite (Urxencias). No Hospital Provincial, a distribución
sería, respectivamente, 2 - 1 -1.
A orde preferente de situación considerada máis apropiado foi a seguinte:
- Os sete primeiros pacientes con gripe pandémica que requiran
hospitalización situaríanse nos sete cuartos dotados de medidas de
illamento aéreo (presión negativa, filtros HEPA) da sétima planta "impar"
de Medicina Interna.
- Dado que a dirección de circulación do aire polo sistema de climatización
é de arriba abaixo e común para as dúas ás de hospitalización do
Hospital Montecelo, decídese que a partir do paciente número 8 (2º día
do simulacro), os casos situaríanse nas áreas de hospitalización da á sur
(cuartos pares), empezando por abaixo, dende a 3ª planta de
Traumatoloxía "B" e subindo progresivamente ata a 7ª planta. Os
motivos da elección da dita á son que comprenden as unidades de
hospitalización con máis camas e para evitar, mentres sexa posible,
ocupar a á de Hematoloxía, onde se sitúan habitualmente pacientes
inmunodeprimidos.
- Cando se dedique unha unidade de enfermaría a hospitalización de
pacientes con gripe pandémica, trasladaranse todos os demais enfermos
37
doutras patoloxías. EN NINGÚN CASO COMPARTIRÁN UNIDADE
PACIENTES CON E SEN GRIPE PANDÉMICA.
- Unha vez saturada a á sur, empezaríase a á norte, tamén a partir da 3ª
planta de dixestivo.
- Excepción: se a situación obriga a dedicar a 4ª planta norte (Cardio-
Coronarias) a pacientes críticos con gripe pandémica (ver máis adiante,
en xestión de pacientes críticos); nese caso e momento, pola dirección
de circulación do aire (arriba-abaixo), ocuparíase antes a 3ª planta
"norte" de dixestivo con pacientes con gripe pandémica.
É de destacar que a decisión de ir situando os pacientes na orde antedita
non se tomou ata o día 11 do simulacro (9 de novembro), ao non se
contemplar previamente a dirección e o fluxo de aire. Ata esa data, resolvérase
situar os pacientes primeiro na sétima planta (Medicina Interna, onde, ademais,
están os cuartos de illamento aéreo), e dende alí ir baixando. A partir de aí,
reconstruíuse a secuencia de situación dos pacientes nas unidades conforme
estes esquemas (isto é, empezando pola á sur e de abaixo a arriba).
Cando o número de casos empece a diminuír, as unidades de hospitalización
iranse liberando en orde inversa ao anterior, coa mesma excepción
mencionada: mentres haxa que dedicar a 4ª planta "par" Cardioloxía-
Coronarias a hospitalización de pacientes críticos, non se poderá ocupar a 3ª de
dixestivo con outro tipo de pacientes (circulación de aire arriba-abaixo). Por
conseguinte, liberaranse antes as unidades da á sur, empezando pola 7ª e
baixando, antes da 3ª norte, mentres teñamos pacientes críticos con gripe
pandémica na 4ª par.
En gráfico adxunto indícase a situación por unidade de hospitalización dos
pacientes no momento do punto álxido do simulacro (30 de novembro), coa
excepción daqueles que precisaban coidados críticos situados na segunda
planta.
-
38
respirador
DATA: 30/11/06.
Á NORTE Á SUR
7ª PAR MI 7ª IMPAR MI 31 camas teóricas 21 camas teóricas
31 adultos con gripe pandémica
6ª PAR o MEU-ORL 6ª IMPAR Hemato-ACV 31 camas teóricas 26 camas teóricas
31 adultos con gripe pandémica
5ª PAR CGD 5ª IMPAR CGD 31 camas teóricas 28 camas teóricas
31 adultos con gripe pandémica 20 adultos con gripe pandémica
4ª PAR "TRAUMA B" 4ª IMPAR Cardio-Coronarias 32 camas teóricas 24 camas teóricas
32 adultos con gripe pandémica 18 críticos con gripe pandémica
3ª PAR "TRAUMA A" 3ª IMPAR Dixestivo 31 camas teóricas 28 camas teóricas
9 nenos con gripe pandémica 28 adultos con gripe pandémica 22 adultos con gripe pandémica
O material considerado necesario para a atención a estes pacientes
detállase no anexo VII.
No anexo VIII inclúense as táboas explicativas das precaucións de
illamento que actualmente se manexan no centro.
b) Xestión do persoal
- Persoal médico: a razón de 15 pacientes/facultativo, estímase que farían falta,
polo menos, 13 facultativos, con 3 de garda, con quendas de 12 horas, para lle
facer fronte ao simulacro virtual. No momento presente, sumando persoal de
Medicina Interna, Pneumoloxía e Endócrino, disponse de 19 facultativos. O
equipo podería reforzarse con profesionais que actualmente contan con
contratos de garda, con persoal do Hospital Provincial e, de ser necesario, con
voluntarios, estudantes e xubilados, aos que se adestraría na axuda ao coidado
e manexo destes pacientes. Non obstante, non se estimou preciso durante o
39
desenvolvemento do simulacro virtual, ao entenderse suficiente o equipo do
centro para asumilo.
- A decisión de suspender a cirurxía programada de lista de espera leva consigo
dispoñer, como xa se indicou, cun persoal adicional de 17 auxiliares de
enfermaría e 24 enfermeiras, que se poderían redistribuír, como reforzo, entre
as unidades con pacientes en illamento. Esta decisión tómase o 6º día do
simulacro (5 de novembro).
PERSOAL DE HOSPITALIZACIÓN PEDIÁTRICA:
- Enfermaría: subiría a Montecelo 1 enfermeira/quenda. Implica 5 enfermeiras
(1 x 3 quendas, máis 1 que libra, máis o día libre semanal).
- Auxiliares: asúmese que non é preciso auxiliares de enfermaría específicas
para pacientes de idade pediátrica.
- Facultativos: necesario reforzo de tres pediatras, que poderían proceder de
Atención Primaria ou do Salnés, se é que este centro se exclúe da atención a
nenos con gripe pandémica e se centraliza a súa atención no CHOP.
OBSERVACIÓN: sempre que sexa posible, o persoal asignado ao coidado dos
pacientes con gripe, ou que traballe nas áreas que fosen segregadas para estes
pacientes, non deberá de ocuparse tamén noutros pacientes nin traballar nas
áreas "libres de gripe".
En relación co anterior, os traballadores sanitarios que pasasen a gripe e
se repuxesen, ou que estivesen correctamente vacinados fronte a esta, e en
consecuencia se consideren en menor risco de padecela ou transmitila, serán os
que preferentemente se dediquen ao coidado destes pacientes. Estes
traballadores tamén poden ser situados en unidades onde a introdución da
gripe tería consecuencias máis graves para os pacientes (p. ex. Hematoloxía-
Unidade de Transplantes, Neonatoloxía, UCI...).
Os traballadores sanitarios con alto risco de presentar complicacións de
gripe (p. ex.: mulleres embarazadas, traballadores inmunodeprimidos...)
40
situaranse con preferencia en unidades "libres de gripe pandémica", lonxe do
coidado directo destes pacientes, mentres dure o período pandémico, ou ata
que eles sexan vacinados (de existir vacina eficaz para a cepa pandémica), se é
clinicamente posible e apropiado para eles.
c) Xestión das visitas:
Co fin de diminuír o risco de transmisión e de aforrar equipos de protección:
- Pacientes adultos: prohíbense, salvo indicación facultativa.
- Nenos: permítese un, en principio a nai. Outros só baixo indicación facultativa.
d) Información e comunicación:
- Disporase de teléfono en todos os cuartos.
- Habilitaranse boxes para informar os familiares. Estarán situados na aula
docente e dotados de ordenadores con acceso a IANUS. A información
transmitirana facultativos libres de actividade asistencial (p. ex.: cirurxiáns
libres pola suspensión da cirurxía programada de lista de espera, médicos de
admisión e documentación...).
VI. Xestión dos pacientes que precisan coidados críticos.
a) Situación dos pacientes
En ningún caso compartirán localización pacientes críticos con e sen
gripe pandémica.
Os pacientes con gripe pandémica situásense do seguinte xeito:
1. Pacientes UCI en idade pediátrica: situaranse na actual Unidade da Dor, que
ten unha capacidade de ata 6 pacientes.
2. Pacientes UCI adultos: os pacientes con gripe pandémica que precisen
coidados críticos iranse situando na seguinte orde:
41
- Primeiro, na propia UCI (10 camas).
- A continuación, nos locais da Cirurxía Maior Ambulatoria (12 camas).
- Posteriormente, na Unidade de Diálise (4 camas). [Isto implica o traslado de
toda a actividade de diálise ambulatoria ao Hospital Provincial].
- De ser necesario, ocuparíase tamén a Unidade de Reanimación (12 camas).
No momento en que se superase a cifra de 36 casos, habería que
dedicar a 4ª planta de Cardioloxía-Coronarias, á norte, para hospitalización de
críticos. Este servizo trasladaríase ao Hospital Provincial. DADO QUE A
CIRCULACIÓN DO AIRE PARA UNHA MESMA Á É DE ARRIBA ABAIXO, ESTA
DECISIÓN OBRIGARÍA A, OU BEN DEIXAR BALEIRA A TERCEIRA PLANTA
"IMPAR" (SERVIZO DE APARATO DIXESTIVO), OU BEN SITUAR NA DITA
UNIDADE PACIENTES CON GRIPE PANDÉMICA.
Os pacientes que precisen respirador situaranse con preferencia na
propia UCI, en Diálise e en Espertar, co fin de minimizar o uso de respiradores
portátiles.
Durante o desenvolvemento do simulacro, os respiradores dispoñibles no
centro foron suficientes para asumir as necesidades derivadas da pandemia
virtual.
A continuación indícase a situación virtual dos pacientes no momento do
simulacro no que máis pacientes críticos adultos estiveron ingresados de forma
simultánea, un total de 57 (4 de decembro):
42
DATA: 4/12/06.
4ª IMPAR Cardio-Coronarias24 camas teóricas
19 críticos con gripe pandémica senrespirador
UCI10 camas teóricas
10 adultos con gripe pandémica conrespirador
CMA12 camas teóricas
12 adultos con gripe pandémica senrespirador
DIÁLISE4 camas teóricas
4 adultos con gripe pandémica conrespirador
REANIMACIÓN12 camas teóricas
12 adultos con gripe pandémica conrespirador
UNIDADE DA DOR6 camas teóricas
2 nenos con gripe pandémica conrespirador
3. En canto ao uso de respirador, seguíronse os seguintes criterios:
Os pacientes con gripe que precisaban os respiradores situáronse con
preferencia nas unidades que contan con respiradores fixos. (UCI e
Reanimación).
No momento do pico de necesidades ditadas polo simulacro, 28
pacientes virtuais con gripe necesitábanos (entre o 30 de novembro e o
4 de decembro), a sumar os 6 pacientes "reais" con outras patoloxías
que tamén os necesitaban; en Montecelo dispoñemos de 28 respiradores
fixos, a sumar os 8 portátiles e as 5 BiPAP que, segundo a situación
clínica do enfermo, en determinadas circunstancias poden substituír
estes.
O anterior implica que, durante o desenvolvemento do simulacro, os
respiradores dispoñibles no centro foron suficientes, mais xustos, para
asumir as necesidades derivadas da pandemia virtual.
4. Os pacientes críticos sen gripe pandémica situaranse:
43
- Primeiro, nos locais non ocupados polos afectos de gripe.
- Se todos os locais estivesen ocupados, poderían:
Trasladarse ao Hospital Provincial.
Utilizar os quirófanos de Montecelo para hospitalización de pacientes
críticos, empezando polo quirófano 11, a razón de dous pacientes por
quirófano. En todo caso, deixaranse libres sempre polo menos catro dos
quirófanos.
b) Xestión do persoal
Necesidades de persoal para a UCI pediátrica en Montecelo:
- Pediatras: reforzo de 1 pediatra/12 h (2 pediatras/día), rotatorio.
- 1 enfermeira/8 horas (5 en total).
- Para o soporte ventilatorio disporíase apoio do persoal de UCI e anestesia
44
CONCLUSIÓNS DO SIMULACRO
1. Unha pandemia de gripe que afectase á área do noso centro implicaría unha
modificación cuantitativa (aumento das necesidades e demanda) e cualitativa
(modificación do perfil de pacientes) na asistencia que debemos prestar,
implicando por iso a toda a actividade e a todos os profesionais do CHOP.
2. En resumo, os problemas potenciais aos que nos haberemos de enfrontar
son:
a) Risco transmisión nosocomial de gripe:
- Pacientes a pacientes.
- Pacientes a visitantes.
- Pacientes a traballadores sanitarios
b) Aumento da demanda asistencial.
c) Posible carencia de infraestruturas.
d) Aumento nas necesidades de material.
e) Problemas de subministración.
f) Sobrecarga laboral, persoal e emocional nos traballadores sanitarios:
máis traballo, menos persoal (unha porcentaxe dos nosos recursos
humanos probablemente estará enferma durante unha epidemia).
g) Necesidade de recorrer, por carencia, a traballadores sanitarios
insuficientemente cualificados para a atención destes pacientes.
h) Alarma social, con aumento na demanda de información por parte da
poboación.
i) Desorganización estrutural e funcional nos nosos centros (cambio de
salas de hospitalización para afrontar a epidemia, medo no persoal etc.).
j) Sobrecarga tamén nos departamentos non sanitarios do hospital
(Hostalaría, Mantemento, Cociña...)
k) Dificultades de coordinación coas autoridades civís externas ao hospital.
45
3. Para afrontar os problemas será necesario, como primeiro paso, a creación
dun gabinete de crise, multidisciplinar, con autoridade para a toma de
decisións.
4. Será preciso reforzar o persoal de seguridade.
5. Será conveniente, tanto para facer máis efectiva a atención como para
diminuír o risco de transmisión intrahospitalaria, e se o volume de pacientes
afectos de gripe o permite, centralizar nun único centro do complexo, en
concreto en Montecelo, a atención dos ditos enfermos.
6. Constátase a conveniencia de establecer un sistema de clasificación
específica de pacientes en Urxencias, previa ao seu posible paso a
hospitalización.
7. As unidades de hospitalización han de ser tamén específicas para pacientes
con gripe, e non se deberán mesturar nunha mesma unidade enfermos con e
sen gripe.
8. Na secuencia de ocupación de unidades con pacientes afectos de gripe a
medida que evolucione a pandemia, hase de ter en conta a dirección do fluxo
de aire do sistema de climatización, empezando sempre polas unidades máis
distais a este. Este factor pasou desapercibido ao principio do presente
simulacro.
9. Afrontar a pandemia implicará, para os efectos de xestión do persoal:
a) A reasignación de tarefas e horarios en todas as categorías, aspecto no que,
entendemos, contaremos coa colaboración do persoal, pero sen obviar que esta
carga adicional en condicións horarias, de traballo e quendas pode ser difícil de
manter se a situación de pandemia se prolonga no tempo, pola repercusión que
tal sobrecarga terá na vida persoal e profesional dos sanitarios. Ademais, hase
46
de contar con que unha parte do equipo pode contraer a gripe, a pesar de
recibir vacinas e profilaxe.
b) Esta sobrecarga afectaralle non só ao persoal sanitario, senón tamén ao non
sanitario (limpeza, lavandaría, cociña...).
C) Probablemente, será necesario contratar persoal de reforzo. Non hai
garantías de poder cumprir esta última necesidade durante a pandemia.
10. De ser necesario para cubrir as necesidades asistenciais da área, pode ser
preciso e obrigado derivar pacientes afectos de patoloxías distintas á gripe a
centros concertados.
11. No noso caso, a soa medida de suspender a cirurxía programada de lista de
espera permitiu asumir a sobrecarga derivada do simulacro en canto a
ocupación de camas.
12. Ao igual que se indicaba nas conclusións do simulacro do CHOU, unha
pandemia de gripe obrigaría a enormes esforzos de coordinación e
comunicación, tanto intrahospitalaria, como extrahospitalaria.
13. A diferenza do acontecido noutros centros, os respiradores dispoñibles no
centro foron suficientes para asumir as necesidades derivadas da pandemia
virtual, aínda que case ao límite.
14. Constátase a necesidade de formar e educar a todas as categorías en
medidas de prevención da transmisión da gripe e no manexo destes pacientes.
15. A carga asistencial habitual dificultou para moitos servizos o seguimento do
simulacro. Implica un volume de traballo importante, a sumar unha actividade
diaria excesiva no caso de moitos profesionais.
Valorándose en todo caso a experiencia como positiva, de cara a futuros
simulacros, tanto de gripe pandémica coma doutro tipo de crise, convén ter en
47
conta que os equipos están xa moi axustados para lle facer fronte á actividade
asistencial cotiá, o que complica e dificulta calquera actividade adicional. Por
iso, consideramos conveniente tanto unha boa política de incentivos como un
reforzamento dos ditos equipos. Resulta evidente que esta afirmación vai máis
alá do que compete a este simulacro e á presente memoria, pero trátase dun
sentimento xeneralizado e manifestado por varios profesionais, polo que
consideramos conveniente incluílo.
12. Finalmente, o noso complexo está nun proceso de cambio, no que nun
prazo previsto de catro anos pasaremos a ser un hospital único, con estrutura e
funcionalidade distinta á actual. Iso obrigará a reformular moito do formulado.
48
BIBLIOGRAFÍA
Davoli E. “A practical tool for the preparation of a hospital crise preparedness
plan, with special focus on pandemic influenza”. Programme of Emergency
Medical Services Country Policies, Systems and Services. Country Health
Systems Division. WHO 2006.
Pandemic Influenza Preparedness and Response Guidance for Healthcare
Workers and Healthcare Employers. OSHA. 2007.
Simulacro dunha pandemia de gripe e o seu impacto na área do Hospital
Xeral-Calde de Lugo. Servizo Galego de Saúde. 2005.
Departamento de Saúde do Reino Unido: Plan de pandemia. [Citado 23 Jul
2007]. Dispoñible en:
http://www.dh.gov.uk/PolicyAndGuidance/EmergencyPlanning/PandemicFlu/
fs/en
Trilla A. Editorial: A preparación sanitaria ante unha posible pandemia de
gripe. Rev. Esp. Anestesiol. Reanim. 2006; 53: 335-336.
Plan nacional de preparación e resposta ante unha pandemia de gripe.
Actualizado: 10 Mar 2007. Dispoñible en.
http://www.msc.es/ciudadanos/enflesiones/enfTransmisibles/gripeAviar/plan
es.html
DXSP. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia. Plan galego de preparación
e resposta á pandemia de gripe. Maio 2007. Dispoñible en:
http://www.sergas.es/gal/documentacionTecnica/docs/SaudePublica/gripe/P
GPRPG07.pdf
Department of Health, UK. Pandemic Influenza: Guidance for infection control
in hospitals and primary care settings. Nov 2007.
Organización Mundial da Saúde (OMS). Preparación e resposta ante unha
pandemia de gripe. EB115/4; 2005. Dispoñible en:
http://www.who.int/gb/ebwha/pdf_files/EB115/B115_44-sp.pdf
49
ANEXOS
50
Anexo I
ACTUACIÓN INMEDIATA E NOTIFICACIÓN DOS
PRIMEIROS CASOS
ACTUACIÓN INMEDIATA:
1. Os profesionais que atendan o paciente, e/ou traballen na
mesma sala na que está situado o paciente, deben poñerse
un equipo de protección individual respiratoria (EPI-R) do
tipo FFP2 ou máis axiña posible (hai existencias deste tipo de
máscaras protectoras, a cargo das respectivas supervisoras, nos
servizos de Urxencias dos dous hospitais do CHOP, e no Servizo de
Medicina Interna de Montecelo). Esta norma poderá ser modificada
segundo a evolución da pandemia e ás dispoñibilidades de material.
2. Poñerlle axiña unha máscara cirúrxica ao paciente.
3. Aplicar co paciente as precaucións de illamento respiratorio,
así como as de contacto e gotiñas.
4. Trasladar canto antes o paciente á un cuarto con presión
negativa do 7.º andar de Medicina Interna de Montecelo, ou
localizacións alternativas establecidas polo gabinete de crise.
5. Notificárllelo urxentemente a Medicina Preventiva ou ao
SAEG.
APLICAR ÁS MEDIDAS INDICADAS NO DOCUMENTO: "PRECAUCIÓNS
QUE SE ADOPTARÁN DIANTE DUN CASO SOSPEITOSO OU
CONFIRMADO DE GRIPE PANDÉMICA NO CHOP: MANEXO DO CASO
SOSPEITOSO"
51
NOTIFICACIÓN DOS CASOS
No horario laboral (8 a 15 horas): comunicaráselle inmediatamente ao Servizo
de Medicina Preventiva (extensión 288128), así como ao xefe de servizo
correspondente.
Fóra do horario laboral: comunicarase inmediatamente o Sistema de Alerta
Epidemiolóxica de Galicia (SAEG), no teléfono 649 829 090.
O anterior será aplicable ao principio da epidemia. Unha vez establecida esta,
perde sentido a comunicación individualizada dos casos. Xa declarada esta Fase 6,
será a DXSP a que estableza os procedementos de notificación, a unhas horas
determinadas e mediante un sistema informático.
Tras o inicio da pandemia na comunidade, en pouco tempo o virus estará
amplamente difundido entre a poboación; e por isto, xunto ao emprego profiláctico
de antivirais polo persoal sanitario, perde parte do sentido a recomendación de uso
de equipos FFP2. Nesta situación, e tendo en conta a previsible escaseza destes
equipos, a recomendación pasará a ser o uso de máscaras cirúrxicas.
52
Anexo II
PRECAUCIÓNS QUE SE ADOPTARÁN DIANTE UN CASO SOSPEITOSO OU CONFIRMADO DE GRIPE PANDÉMICA NO CHOP
- Adaptación das medidas para a fase 6 -
O obxectivo deste protocolo é evitar a transmisión da enfermidade a partir
do caso sospeitoso ou confirmado no Complexo Hospitalario de Pontevedra
1.- MEDIDAS DE ILLAMENTO: No manexo destes pacientes deben respectarse
escrupulosamente as precaucións estándar para a prevención das infeccións
hospitalarias e, ademais, os pacientes deben ser sometidos ás precaucións de
illamento en enfermidades de transmisión por contacto e aérea e por gotiñas, e deben
estar situados nun cuarto con presión negativa e dotada de filtro HEPA no circuíto de
saída do aire.
Por iso, SERÁN TRASLADADOS O MÁIS AXIÑA POSIBLE AOS CUARTOS DO
CHOP QUE CUMPLEN ESTAS CARACTERÍSTICAS, situados NO 7º ANDAR DO
HOSPITAL MONTECELO. No caso de que esas cuartos non estean dispoñibles e non
sexa posible o seu traslado a outro centro, os pacientes situaranse no centro segundo
o indique o Gabinete de Crise. De xeito xeral, situaranse en cuartos individuáis, en
Unidades de Hospitalización nas que só se situarán este tipo de pacientes.
2.- UBICACIÓN DO PACIENTE E OUTRAS MEDIDAS NO MOMENTO DO
DIAGNÓSTICO: Unha vez establecida a sospeita diagnóstica, e ata que sexa posible
o traslado aos cuartos de illamento aéreo da 7ª planta ou a outra localización, segundo
consta nos apartados de distribución de pacientes descritos ao longo desta memoria,
seguiranse as seguintes medidas:
a) Se o paciente está en Urxencias: situarase nas áreas que o Servicio de
Urxencias estableza como restrinxidas para pacientes con diagnóstico ou
53
sospeita de gripe pandémica. O paciente deberá utilizar máscara cirúrxica, se
o seu estado o permite, e manterase de tal xeito que non estea en contacto
con persoas que non sexan indispensables para o seu coidado.
b) Se o paciente está nunha planta de hospitalización: ata que veñan
buscalo, permanecerá no cuarto onde estaba ingresado coa porta pechada e
coas follas de medidas de illamento ben visibles nesta. O paciente non poderá
saír do cuarto, e deberá utilizar máscara cirúrxica, e manterase de tal xeito
que non estean en contacto con persoas que non sexan indispensables para o
seu coidado.
c) Se o paciente está en Consultas Externas: trasladarase axiña con
máscara cirúrxica a un área afastada dos pacientes que están no resto das
consultas ou nas súas salas de espera. Para elo, trasladaráselle á denominada
“sala de curas – abscesos” de Urxencias, se é no Hospital Montecelo, ou a unha
cuarto individual de Urxencias, no Hospital Provincial, o tempo mínimo
imprescindible mentres se tramita o seu traslado a planta ou a outro hospital 1.
O paciente, en todos os casos, debe de ser advertido para que leve, mentres non
este no seu cuarto, unha máscara cirúrxica. Indicaráselle tamén que, se ten que
tusir, esbirrar ou asoarse, empregue un pano de papel que, a continuación, se
introducirá nunha bolsa de plástico que finalmente se pechará e se eliminará como
residuo biolóxico especial (RBE – colector negro), que se ten que solicitar ó
Servizo de Limpeza.
A cuarto, box ou consulta onde estivo o paciente antes do seu traslado será
sometida a limpeza e desinfección terminal antes de volver a ser utilizada,
segundo a Guía de Limpeza do CHOP.
3.- EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL: O persoal sanitario debe seguir
estrictamente as normas de control da infección e utilizar:
• Máscaras cirúrxicas.
• Ademais, tanto o persoal como os acompañantes, utilizarán:
No momento actual, o CHOP non conta con boxes en Urxencias dotados de sistemas de presión negativa e filtro HEPA no circuíto de saída do aire. É desexable que, o máis axiña posible, podamos contar no centro con este tipo de boxes en Urxencias
54
1
Bata e gorro desbotables.
Protector facial
Lavado de mans antes e despois do contacto co paciente. O lavado de
despois realizarase con xabón antiséptico.
Luvas dun só uso (que non substitúen á hixiene de mans).
A dispoñibilidade de material de illamento debe ser revisado en cada quenda.
Os responsables de realizar as peticións do material salientado son os/as
Supervisores/as de enfermaría.
4.- MANEXO DO MATERIAL USADO NO COIDADO DO PACIENTE: o material
empregado no coidado do paciente será, sempre que sexa posible, dun só uso. O
material reutilizable será esterilizado ou sometido a desinfección, segundo as normas
do fabricante. O material clínico non estéril (termómetros, manguitos de tensión,
fonendos, tesoiras…) será exclusivo, nunca compartido, para un paciente sospeitoso ou
confirmado de gripe pandémica, e gardarse dentro do cuarto.
5.- RESIDUOS: deben colocarse contedores para residuos biolóxicos especiais (RBE –
contedor negro), que se ten que solicitar ao Servizo de Limpeza para desbotar o
material de un só uso.
6.- PRECAUCIÓNS DIANTE DE INSTRUMENTACIÓNS ESPECIAIS: prestáraselle
particular atención ao cumprimento das medidas de precaución cando se vaian realizar
terapias/intervencións que poidan causar aerosolización (que aumentan o risco de
transmisión de Gripe). Inclúense: administración de medicación en aerosol, técnicas de
indución de esputo, broncoscopia, aspiración da vía aérea, intubación endotraqueal,
BiPAP, CPAP. Nestes casos, ademais do indicado de xeito xeral:
Os Equipos de Protección Respiratoria serán FPP3.
Limitaranse estas técnicas so a aquelas situacións nas que sexan
imprescindibles.
Sedación apropiada durante intubacións ou broncoscopias, co fin de minimizar
a resistencia e a tose durante o procedemento
Limitar o número de persoas presentes na cuarto durante o procedemento ao
mínimo necesario.
55
7.- DESCONTAMINACIÓN Á SAÍDA DO CUARTO DO PACIENTE. O persoal que
atende ao paciente deberá
Quitar a bata, a continuación as luvas e o resto do material de illamento e
tiralos á bolsa de lixo (nota: evitar tocar a parte dianteira do protector
respiratorio)
Hixienizar as mans cunha solución de base alcohólica, ou lavalas cun xabón
antiséptico (HibiscrubR, …)
Cerrar billa cunha toalla de papel, tirala na bolsa de lixo e non tocar nada mais.
9.- LIMPEZA DO PACIENTE: a limpeza do paciente será sempre pola súa propia
man ou por parte do persoal (nunca pola súa familia), se el/ela non se pode valer.
10.- LIMPEZA DO CUARTO: O virus da gripe é altamente susceptible a axentes
externos. Por iso, recomendarase a limpeza de superficies e materiais cun deterxente
neutro, seguida por unha desinfección con axentes habituais, como son os derivados
do cloro, p.e. hipoclorito sódico diluído en auga ao 1% a partir dunha solución de cloro
activo ao 5%, ou 7 g/litro de lixivia en po, en ambos casos para materiais
contaminados con sangue ou secrecións corporais, superficies horizontais ou verticais.
Alternativa: Alcohol etílico ou isopropílico ao 70% para superficies metálicas, de
madeira ou delicadas, para ás que a lexía non resulta aplicable.
MATERIAL DE LIMPEZA
Ao final de cada quenda debe ser desinfectado
Á alta do paciente este material debe ser desinfectado antes de
empregarse noutro lugar.
11.- TRASLADOS
Serán rextrinxidos ao imprescindible
Se se trata dun traslado para unha exploración ou técnica terapéutica, procurar
programar o paciente para que sexa o último da xornada e evitar que
permaneza fora do seu cuarto máis tempo do estritamente necesario. Ao
rematar o procedemento, limpar como se describe na epígrafe 10
Avisar ao Servizo de destino.
Seguir as precaucións de traslado de pacientes en illamento aéreo.
56
12.- RADIOLOXÍA DE TÓRAX: Si se tivese que facer unha radioloxía de tórax,
farase cun equipo portátil específico sempre que sexa posible. Posteriormente, e antes
de ser empregado con outro enfermo, será desinfectado.
• APARATOS MÓBILES DE RADIOLOXÍA: Colocar unha saba entre o chasis e o
paciente ao facer a placa. Limpar posteriormente todo o aparato e o chasis
segundo a epígrafe 10
13.- MOSTRAS MICROBIOLÓXICAS: as mostras serán manexadas co máximo
coidado, seguindo o Procedemento que determine o Servizo de Microbioloxía do CHOP.
Ao principio da pandemia, faránselle probas a todos os pacientes, pero é previsible
que, durante o desenvolvemento desta, non se lle tomen mostras microbiolóxicas a
todos eles, senón só aos que evolucionen mal e/ou para detectar a posibilidade de
desenvolvemento de resistencias..
14.- LENCERÍA: a roupa dos pacientes debe ser retirada do cuarto polo persoal
auxiliar de enfermaría, como no resto dos cuartos. Debe levar equipos de protección
apropiados (ver punto 3). A auxiliar introducirá a roupa na bolsa tendo coidado de non
manter contacto coa superficie externa desta. A continuación, quitar o equipos de
protección e hixienizar as mans segundo o punto 7. Finalmente, e xa coas mans limpas
e secas procederá a pechar a bolsa.
O procedemento de lavado da roupa débese facer sen manipulación. Contactar
co Servizo de Medicina Preventiva.
15.- AUTOPSIA: se algún paciente con gripe pandémica morrese e se lle vai facer a
autopsia, esta non poderá realizarse no CHOP, ao non reunir a sala de autopsias os
requisitos mínimos de seguridade para previr a transmisión da gripe pandémica. A
decisión sobre o lugar onde debe ser trasladado o cadáver será tomada pola Dirección
Xeral de Saúde Pública.
57
Anexo III
CLASIFICACIÓN EN URXENCIAS
Dada a situación de pandemia decídese a creación dunha clasificación avanzada
fóra da área de Urxencias e será común para pacientes adultos e pediátricos.
Estrutura física: cubículo de Protección Civil ou en alugamento, de tamaño
abondo para a realización da clasificación e para a espera.
Situación: zona previa a Urxencias e próxima á cafetaría.
Mobiliario: mesa, cadeiras, padiolas e cadeiras de rodas.
Material: pulsioxímetro, balas de osíxeno, termómetros, máscaras e illamento,
adhesivos identificativos.
Persoal: enfermeira, celador e persoal de seguridade.
58
Anexo IV
CRITERIOS DE SOSPEITA NA CLASIFICACIÓN DE
URXENCIAS
Definición de caso clínico
A definición de caso será a que a OMS estableza ao inicio da pandemia.
Cando o virus da gripe está a circular na comunidade, a presenza de tose e
febre de presentación aguda son bos predictores de gripe. O valor predictivo
positivo dos síntomas aumenta cando a febre é maior de 38.º.
Outros síntomas:
• Sistémicos: febre, calafríos, dor de cabeza, dor muscular e de articulacións,
rixidez, debilidade.
• Respiratorios: tose, dor de garganta, rouquén, rinorrea, dispnea, dor
torácica.
• Dixestivos: vómitos, diarrea, dor abdominal.
• Neurolóxicos: confusión, estupor, convulsións, meninxismo.
Definición de comorbilidade
• Maiores de 65 anos.
• Embarazo.
• Criterios de EPOC.
• Insuficiencia cardíaca conxestiva.
• Fallo renal.
• Pacientes inmunocomprometidos.
• Anormalidades hematolóxicas.
• Hepatopatías.
• Casos sociais.
59
Anexo V
CRITERIOS DE INGRESO
A- Alteración dos seguintes parámetros:
1. Alteracións do nivel de conciencia.
2. Alteracións hemodinámicas: INCRE <90 ou TAD <60 mmHg.
3. FR >30 ou Sa O2<93% sen patoloxía previa ou obesidade
significativa.
4. Achado radiolóxico de pneumonía (para valorar severidade, pódese
aplicar a CAP Guidelines 2004).
5. Hipertransaminemia significativa.
6. Alteración da función renal e/ou diarrea importante.
7. Alteracións ECG como arritmias ou miopericardite.
B- Descompensación da súa enfermidade de base: EPOC, asma, ICC, I. renal,
hepática, diabetes mellitus. En pacientes con EPOC, seguirase a normativa
SEPAR ou NICE Guidelines COPD.
Estes criterios poden variar segundo a evolución da pandemia.
60
Anexo VI
Valoración de necesidades de equipo e material para
o establecemento de reservas en hospital.
Exemplos de bens consumibles e necesidades de subministracións
[Reproducido e modificado de "Pandemic Influenza Preparedness and Response
Guidance for Healthcare Workers and Healthcare Employers. OSHA. 2007"]
Consumibles/Desbotables:
Produtos para hixiene de mans (xabón antimicrobiano e produtos de hixiene
de base de alcohólica).
Máscaras FFP2 e FFP3.
Máscaras cirúrxicas.
Equipos de protección facial.
Batas desbotables.
Luvas.
Vías centrais.
Vías periféricas.
Bombonas de osíxeno.
Equipos de succión.
Xiringas e agullas para a administración de vacinas.
Recursos duradeiros
Respirador.
Equipos de terapia respiratoria.
Bombas de infusión intravenosa.
Camas.
Monitores.
Termómetros.
61
Medicacións: considerar existencias para asegurar a subministración 8 semanas,
en especial dos de maior uso:
AINE.
Antibióticos (en especial ciprofloxacina, levofloxacina, vancomicina,
piperacilina/tazobactam, ceftriaxona, carbapenemes).
Vacinas (de gripe pandémica, se existise, e estacional, pneumocócica).
Vasopresores.
Benzodiacepinas, propofol.
Inhibidores da bomba de protóns.
Broncodilatadores.
etc.
62
Anexo VII
EQUIPAMENTO E ESTIMACIÓN DO MATERIAL
NECESARIO PARA A ATENCIÓN DE PACIENTES CON
GRIPE
63
VII.1. EN URXENCIAS
Todos os boxes de críticos de urxencias (3 boxes) están equipados para recibir a
calquera tipo de enfermo crítico. Contan con:
Monitor con: T.A, pulsiosimetría E.K.G.
Desfibrilador, con pas pediátricas.
Respirador, de transporte.
Bomba de perfusión.
Estantes con medicación para situacións de parada cardiorrespiratoria etc.
Outros materiais de funxibles.
No Servizo de Urxencias, en total, disponse de:
14 monitores.
4 respiradores.
4 desfibriladores.
10 pulxiosímetros.
3 Bipap.
1 Vision (Bipap).
6 Biombos.
10 Bombas de infusión.
14 0toscopios (un en cada box de exploración).
14 0ftalmoscopios (un en cada box de exploración).
Caudalímetros en todos os boxes, sala de espera de resultados e sala de espera de
familiares.
Vacuómetros en todos os boxes, na sala de espera de resultados e na sala de espera
de familiares.
MATERIAL INDIVIDUAL QUE SERÍA PRECISO PARA CADA ENFERMO
Termómetro un por cada enfermo.
Máscara cirúrxica por paciente.
Máscara de osíxeno varias concentracións.
Máscara de osíxeno con reservorio.
Lentes nasais de osíxeno.
64
Máscaras de nebulización.
Máscaras da bipap talle grande, mediano e máscara nasal.
Tubuladura da bipap.
Filtro da bipap.
Balas de osíxeno.
Gasas.
Xiringas de 2 c.c.
Xiringas de 5 c.c.
Xiringas de 10 c.c.
Xiringas de 20 c.c. Xiringas de 50 c.c.
Xiringas de gasometría.
Agullas i.v.
Agullas i.m.
Agullas de cargar.
Agullas insulina.
Catéter n.º 22.
Catéter n.º 20.
Catéter n.º 18.
Catéter n.º 16.
Tubos analíticas:
o Hemograma
o Bioquímica
o Coagulación
o Probas especiais
o Hemocultivos
Botes de ouriños.
Hisopos.
Pleurovac.
Tubos endotraqueais de todas as numeracións.
Cánulas de guedel de todas as numeracións.
Lenzaría:
o Sabas normais e desbotables
o Mantas
o Colchas
65
o Camisóns
o Almofadas
Papelaría:
o Follas peticións:
R.X.
Analíticas
Interconsultas
Ingresos
Peticións especiais
o Papel para E.K.G.
o Folios
Sondas de aspiración controlada. Espéculos.
Solución antiséptica (sterillium).
Xabón antiséptico.
Panos desbotables.
Dedís desbotables para o pulsiosímetro.
Adhesivos para o electrocardiógrafo.
Cueiros.
Salva camas.
Sondas vesicais ou uretrais varias numeracións.
Bolsas de ouriños.
Lubricantes.
Vaixela desbotable.
Palliñas.
Cubertos desbotables.
Cubos negros para o material desbotable.
Lentes desbotables para protección ocular.
MEDICACION BÁSICA:
Corticoides.
Antibióticos.
Antitérmicos.
Broncodilatadores.
Fármacos antivirais.
66
Vacinas.
Soros:
o Fisiolóxico
o Glicosado
o Glicosalino
MATERIAL BÁSICO PARA PROTECCIÓN DO PERSOAL
Máscaras de protección de alto nivel FFP 1, FFP2, FFP3.
Máscaras cirúrxicas.
Luvas estériles todas as numeracións.
Luvas desbotables todas as numeracións.
Batas desbotables.
Gorros desbotables.
Calzas desbotables.
Xabón neutro para a limpeza dos chans e paredes.
Cubos negros para poñer na entrada dos boxes para a recollida do
material desbotable.
Solucións alcohólicas e Xabón antiséptica para a hixiene de mans.
67
VII.2. EN ÁREAS DE HOSPITALIZACIÓN
ESTIMACIÓN DO MATERIAL NECESARIO PARA A ATENCIÓN DE PACIENTES CON GRIPE
NUNHA PLANTA DE HOSPITALIZACIÓN
(Segundo o tipo de material, especifícanse cifras en paciente/día ou por paciente)
CANTIDADE MATERIAL PACIENTE/DÍA PACIENTE
Respirador FP II 2
Respirador FP III 0,33
Humidificador c/ auga 2
Máscara osíxeno 1
Lentes nasais 0,5
Máscara nebulización 1
Máscara con reservorio 0,33
Protector ocular 2
Batas desbotables 3
Luvas desbotables 6/7 2 caixas
Luvas desbotables 7/8 2 caixas
Luvas desbotables 8/9 1/2 caixa
Gorros desbotables 3
Bolsas transporte de mostras 5
Bolsas impermeables p/exitus 0,25
Equipos de infusión de soro 8
Gasas estériles paquete 2
Tapóns estériles 6
Apósitos vías 2
Xiringas de 2 cc 5
Xiringas de 5 cc 6
Agullas 40x1,2 10
BIPAP 0,25
Adaptador de osixeno p/BIPAP 0,25
Tubo BIPAP 0,25
Arnés p/ BIPAP 0,25
Máscara nasal p/ BIPAP 0,25
Máscara nasobucal p/BIPAP 0,25
Material para analíticas
Xiringas gases 5
Tubo hematoloxía 5
Tubo bioquímica 5
Tubo coagulación 3
Adaptador para venojet 5
Agullas/flocos 5 Observación: cando na táboa se indican cifras con decimais, refírese a que o material se pode utilizar para máis dun paciente
68
Anexo VIII
Precaucións de illamento actualmente en vigor no
CHOP
69
Servizo de Medicina Preventiva. Folla para situar en lugar ben visible no control de enfermaría, e para uso de profesionais sanitarios
COMPLEXO HOSPITALARIO DE PONTEVEDRA
PRECAUCIÓNS ESTÁNDAR para a prevención da infección hospitalaria, (deben aplicarse CON TODOS OS PACIENTES)
HIXIENIZAR (DECONTAMINAR) AS MANS Fregado de mans cun produto de base alcohólica. É o procedemento rutineiro de hixienización de mans:o ANTES de tocar a calquera paciente (ou ao seu medio inanimado) ou de poñer luvas estériles cando se vai realizar un procedemento invasivo
(inserir un catéter intravascular Centra, inserir un catéter urinario transuretral, inserir un catéter vascular periférico...). o DESPOIS do contacto coa pel sa do paciente (p. ex.: para tomar ou pulso ou a presión arterial, levantar o paciente...); despois do contacto con
membranas mucosas, pel non intacta, apósitos de feridas, fluídos corporais ou excrementos; despois de manipular unha zona contaminada dun paciente (p. ex.: unha cura), e antes de tocar unha nova zona do corpo do paciente; despois do contacto con obxectos inanimados (incluído ou equipo médico) situados nas proximidades dun paciente; e despois de tirar as luvas.
o Como alternativa ao fregado de mans con solución alcohólica pode utilizarse o lavado de mans con auga e xabón (de arrastre ou antiséptico), non obstante a súa eficacia antiséptica do lavado é menor que a das solucións alcohólicas, e reseca máis as mans.
• Lavado de mans. Lavar as mans con auga e xabón (de arrastre ou antiséptico) é obrigatorio nas seguintes circunstancias: cando as mans estean visiblemente sucias ou contaminadas con sangue ou fluídos orgánicos, despois de ir ao WC, antes de comer, e despois da atención a un paciente con diarrea ou contaminado con Clostridium difficile. Nestas 4 situacións non se pode usar o fregado de mans con solucións alcohólicas e o lavado con auga e xabón é obrigatorio.
UTILIZAR LUVAS limpas, non estériles Cando se manipule sangue, fluídos corporais, secrecións (agás ou suor), excrecións, membranas mucosas, pel non intacta ou material contaminado. Tirar as luvas despois de usalas en cada paciente e antes de tocar material limpo ou atender a outro enfermo. Cambiar as luvas durante o coidado dun paciente cando pase dun lugar contaminado a tocar un lugar limpo do corpo do paciente. Hixienizar as mans (fregado con solución alcohólica ou lavado con auga e xabón) inmediatamente despois de tirar as luvas.USAR MÁSCARA E PROTECCIÓN OCULAR Cando se realicen técnicas ou manobras nas que exista risco de salpicadura de sangue, fluídos corporais, secrecións ou excrecións, co fin de protexer
ás mucosas dous ollos, nariz e boca. USAR BATA limpa, non estéril Para protexer a pel e ou uniforme cando exista risco de salpicadura. Cambiala o antes posible se está manchada.
NUNCA REENCAPUCHAR AS AGULLAS Utilizar contedores ríxidos para a súa eliminación.
MANIPULACIÓN DO EQUIPO OU MATERIAL O material utilizado cun paciente que estea manchado con sangue, fluídos corporais, secrecións ou excrecións, debe ser manipulado de xeito que non
contamine a pel, as mucosas, a roupa, o ambiente. Asegurarse de que non volva a ser utilizado ate que sexa correctamente limpado e procesado ou, non seu caso, desbotado como residuo.
70
Servizo de Medicina Preventiva. Folla para situar na porta do cuarto do paciente
COMPLEXO HOSPITALARIO DE PONTEVEDRA
PRECAUCIÓNS DE ILLAMENTO EN ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN POR CONTACTO
CUARTO INDIVIDUAL sempre que sexa posible.
• Se non é posible, só poderá compartir cuarto con outro enfermo que
presente infección polo mesmo microorganismo.
POÑER LUVAS LIMPAS ao entrar no cuarto. • Cambiar as luvas despois de tocar material que poida estar contaminado
(drenaxe, feces...). Sacar as luvas antes de saír do cuarto.
DECONTAMINAR AS MANS, ao entrar no cuarto e antes de tocar o paciente, e inmediatamente despois de tirar as luvas: fregar as mans cun Produto de Base Alcohólica (como alternativa poden lavarse con auga e un xabón antiséptico).
• Asegurarse de non tocar material nin obxectos do ámbito do enfermo, que poidan estar contaminados, despois de hixienizar ás mans após de tirar as luvas.
POÑER BATA LIMPA ao entrar na cuarto sempre que exista risco de contacto con material contaminado, ben pola actividade que se teña pensado realizar ou pola situación clínica do enfermo (diarrea, colostomía, incontinencia, drenaxe da ferida...). Sacar a bata antes de saír do cuarto.
TRASLADOS • Os desprazamentos do enfermo serán os mínimos posibles. • Ver "Normas para o Traslado de Pacientes en Illamento de Contacto".
MATERIAL EXCLUSIVO • O estetoscopio, esfingomanómetro, termómetro... serán de uso
exclusivo do enfermo. • Se o anterior non é posible, haberá que limpalo e desinfectalo (ou
esterilizalo) correctamente sempre que entre en contacto co paciente. VISITAS • Prohibidas as visitas doutros enfermos ingresados.
• Restrinxidas as visitas dos familiares.
• Antes de entrar no cuarto, deben contactar co persoal de enfermaría, quen lles explicará as precaucións que hai que ter en conta.
Ademais das medidas anteriores é fundamental aplicar tamén as "PRECAUCIÓNS ESTÁNDAR para a Prevención da Infección Hospitalaria"
71
Servizo de Medicina Preventiva. Folla para situar na porta do cuarto do paciente
COMPLEXO HOSPITALARIO DE PONTEVEDRA
PRECAUCIÓNS DE ILLAMENTO EN ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN POR GOTIÑAS
GOTIÑAS: partículas grandes de núcleo hídrico xeradas polo enfermo principalmente durante a tose,
espirros, ou falar e ou executar determinados procedementos (succións, broncoscopias...). CUARTO INDIVIDUAL sempre que sexa posible.
• En principio só podería compartir cuarto con outro enfermo que
presente infección polo mesmo microorganismo.
• De compartir cuarto, manter cando menos unha separación de 1 metro
respecto ao outro enfermo.
• Non son necesarias medidas especiais de ventilación nin tampouco
manter a porta permanentemente pechada. PROTECCIÓN RESPIRATORIA • Quen se achegue a menos de 1 metro do paciente (incluído ou persoal
do hospital) debe utilizar máscara cirúrxica. - Para evitar que as gotiñas emitidas polo paciente (ao falar, tusir...) poidan
chegar a impresionar na mucosa da boca/nariz o indicado é a máscara cirúrxica, e non se deben usar os EPI-R.
TRASLADOS • Os desprazamentos do enfermo fora do cuarto serán os mínimos
posibles.
• Durante o traslado tanto o paciente como o persoal que realice o
traslado deben levar posta unha máscara cirúrxica. - Non deben usar EPI-R, nin o paciente nin o persoal que realiza o
traslado.
• Ver "Normas para ou Traslado de Pacientes en Illamento por Gotiñas".
VISITAS • Prohibidas as visitas doutros enfermos ingresados
• Restrinxidas as visitas dos familiares.
• Antes de entrar no cuarto, deben contactar co persoal de enfermaría, quen lles explicará as precaucións que hai que ter en
conta.
Ademais das medidas anteriores é fundamental aplicar tamén as "PRECAUCIÓNS ESTÁNDAR para a Prevención da Infección Hospitalaria"
72
Servizo de Medicina Preventiva. Folla para situar na porta do cuarto do paciente
COMPLEXO HOSPITALARIO DE PONTEVEDRA
PRECAUCIÓNS DE ILLAMENTO EN ENFERMIDADES DE TRANSMISIÓN POR AIRE
CUARTO INDIVIDUAL:
• O cuarto estará correctamente ventilado.
• Se non é posible o cuarto individual, só poderá compartir cuarto con outro enfermo que
presente infección polo mesmo microorganismo.
• O enfermo deberá permanecer dentro do cuarto e coa porta pechada.
PROTECCIÓN RESPIRATORIA CON EPI-R
• O persoal que entre no cuarto dun paciente con tuberculose (TB) pulmonar ou larínxea,
debe usar un EQUIPO DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL RESPIRATORIA (EPI-R,
tamén chamados respiradores), pois as máscaras cirúrxicas tradicionais non protexen
axeitadamente contra a TB.
• O persoal que entre no cuarto dun paciente con varicela ou xarampón idoneamente debe
estar inmunizado (por ter pasado a enfermidade ou estar vacinado) e, neste caso, non
precisa protección respiratoria. As persoas susceptibles á varíola, debe usar EPI-R.
• O tipo de EPI-R que se vai utilizar debe ser consultado na táboa correspondente.
DESPRAZAMENTOS DO ENFERMO
• Os traslados do paciente serán os mínimos posibles.
• Durante o transporte:
- O paciente deberá levar posta unha máscara cirúrxica.
- O persoal deberá levar un respirador (EPI-R)
• VER: "Normas para o Traslado de Pacientes en Illamento Aéreo"
VISITAS
• Prohibidas as visitas doutros enfermos ingresados
• Restrinxidas as visitas dos familiares.
• Antes de entrar no cuarto, deben contactar co persoal de enfermaría, quen lles
explicará as precaucións que hai que ter en conta
• Ademais das medidas anteriores é fundamental aplicar tamén as "PRECAUCIÓNS ESTÁNDAR
para a Prevención da Infección Hospitalaria
Ademais das medidas anteriores é fundamental aplicar tamén as "PRECAUCIÓNS ESTÁNDAR para a Prevención da Infección Hospitalaria
73