sesion extraordinaria de 01 de decembro de · pdf file7/1985 de 2 de abril, reguladora das...

21
1 SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE 2014 (Acta Número 11) Sr. Presidente: Ilmo. Sr. D. José Ramón Gómez Besteiro Sres. Deputados: D. Antonio Veiga Outeiro Dª. Lara Méndez López Dª. María del Pilar García Porto D. Miguel Angel Sotuela Vega D. Manuel Martínez Núñez Dª. Regina Polín Rodríguez D. Alvaro Santos Ramos D. Mario Outeiro Iglesias Dª. Mª. Elena Candia López D. Fernando Alfredo Pensado Barbeira D. Tomás Rodríguez Arias D. José Manuel Arias López D. José Jesús Novo Martínez Dª. Sonsoles López Izquierdo D. José Fernández Fernández D. Antonio E. Muiña Pena D. José Pardo Lombao D. Jesús Carreira Ferreiro D. José Manuel Mato Díaz D. Manuel Jesús González Capón D. Francisco J. Balado Teijeiro D. Alfredo Llano García D. José Manuel Yanes Ginzo Secretario: D. José Antonio Mourelle Cillero Interventora: Dª. Rosa Abelleira Fernández No Pazo da Excma. Deputación Provincial de Lugo, sendo as vinte horas do día un de decembro de dous mil catorce, baixo a Presidencia do titular do cargo, Ilmo. Sr. D. José Ramón Gómez Besteiro, reúnense os señores Deputados na marxe relacionados, co obxecto de celebrar, en primeira convocatoria, sesión extraordinaria convocada de conformidade co art. 46.2.a) da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude da cuarta parte do número legal de membros da Corporación, e dentro do prazo de convocatoria a que fan referencia ditos preceptos. Actúa de Secretario o titular da Corporación, D. José Antonio Mourelle Cillero, e asiste a Interventora Dª. Rosa Abelleira Fernández.

Upload: vuduong

Post on 07-Feb-2018

225 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

1

SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE 2014

(Acta Número 11)

Sr. Presidente:

Ilmo. Sr. D. José Ramón Gómez Besteiro

Sres. Deputados:

D. Antonio Veiga Outeiro

Dª. Lara Méndez López

Dª. María del Pilar García Porto

D. Miguel Angel Sotuela Vega

D. Manuel Martínez Núñez

Dª. Regina Polín Rodríguez

D. Alvaro Santos Ramos

D. Mario Outeiro Iglesias

Dª. Mª. Elena Candia López

D. Fernando Alfredo Pensado Barbeira

D. Tomás Rodríguez Arias

D. José Manuel Arias López

D. José Jesús Novo Martínez

Dª. Sonsoles López Izquierdo

D. José Fernández Fernández

D. Antonio E. Muiña Pena

D. José Pardo Lombao

D. Jesús Carreira Ferreiro

D. José Manuel Mato Díaz

D. Manuel Jesús González Capón

D. Francisco J. Balado Teijeiro

D. Alfredo Llano García

D. José Manuel Yanes Ginzo

Secretario:

D. José Antonio Mourelle Cillero

Interventora:

Dª. Rosa Abelleira Fernández

No Pazo da Excma. Deputación

Provincial de Lugo, sendo as vinte horas

do día un de decembro de dous mil

catorce, baixo a Presidencia do titular do

cargo, Ilmo. Sr. D. José Ramón Gómez

Besteiro, reúnense os señores Deputados

na marxe relacionados, co obxecto de

celebrar, en primeira convocatoria, sesión

extraordinaria convocada de

conformidade co art. 46.2.a) da Lei

7/1985 de 2 de abril, Reguladora das

Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do

Regulamento Orgánico da Corporación, a

solicitude da cuarta parte do número legal

de membros da Corporación, e dentro do

prazo de convocatoria a que fan

referencia ditos preceptos.

Actúa de Secretario o titular da

Corporación, D. José Antonio Mourelle

Cillero, e asiste a Interventora Dª. Rosa

Abelleira Fernández.

Page 2: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

2

Non asiste a Sra. Deputada Dª. Sonia Méndez García.

Antes de dar comezo ó Pleno intervén o Sr. Presidente, quen se manifesta no

seguinte sentido:

“Antes de iniciar esta sesión extraordinaria, quero facer unha Declaración

Institucional en relación co falecemento dunha policía e a desaparición de dous mariñeiros.

Antes de nada por tanto, e como vostedes saben, os acontecementos luctuosos que afectan

a persoas e familias da nosa provincia mandan sobre a actualidade, por iso é imperativo

precedelos a calquera outra convocatoria que nos ocupe.

A fatalidade quixo que nas últimas horas tivesen lugar dous desgrazados sucesos de

moi diferente natureza, pero cun desenlace tráxico de igual repercusión e envergadura; a

profesional da policía Dª. Vanesa Lage, veciña do municipio de Guitiriz, falecida nun

tiroteo rexistrado en Vigo tras o asalto a un banco foi enterrada nas últimas horas na

parroquia de Sambreixo. Dª. Vanesa Lage, concidadá nosa, foi un exemplo de valentía e

coraxe que quedará no recordo como defensora dos valores da nosa democracia, e á que

desde aquí expresamos a nosa firme convicción de que descanse en paz, facendo extensible

a todos os seus familiares e amigos as nosas máis sinceras condolencias pola súa

desaparición en circunstancias tan lamentables.

Pero ás veces as desgrazas non veñen soas, e como todos vostedes saben aínda

permanecen desaparecidos en augas do Golfo de Vizcaya os mariñeiros D. Juan José

Pardiño Parapar, veciño de Viveiro, e D. Benigno Vázquez García, residente en Burela,

ambos os dous integrantes da tripulación do pesqueiro Safrán que, con base en Celeiro,

naufragou a iso das once da noite do pasado sábado.

Expresando, considero, o sentir de todos os presentes, queremos testimoniar o noso

mais profundo pesar por ese tráxico accidente, tanto a familiares como a achegados, na

Page 3: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

3

convicción de que as tarefas de recuperación poidan dar pronto os seus froitos, e que estas

duas persoas, expertos homes de mar, que como tantos outros na nosa provincia poñen en

risco as súas vidas todos os días por ofrecernos productos de primeira calidade, poidan

gozar do recoñecemento ó seu gran labor ó que non son alleos os seus pais, esposas, fillos,

e demais familiares, así como de todo o gremio pesqueiro da provincia de Lugo, os seus

compañeiros de faena, veciños de Viveiro e Burela, en definitiva de toda a nosa provincia,

que ó unísono chora e lamenta eses dous tráxicos e desgrazados sucesos”.

Aberta a sesión, adoptouse, en relación co asunto incluído na Orde do Día, o

seguinte acordo:

1.- INSTAR AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE

LUGO, JOSÉ RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO, A DAR RESPOSTA ÁS

PREGUNTAS FORMULADAS POLOS GRUPOS POLÍTICOS DA

CORPORACIÓN PROVINCIAL ENR ELACIÓN COAS INVESTIGACIÓNS

XUDICIAIS QUE SE ESTÁN A DESENVOLVER EN TORNO Á DEPUTACIÓN

DE LUGO E QUE DERON COMO RESULTADO A INTERVENCIÓN E

REXISTRO DAS SÚAS DEPENDENCIAS.

Dáse lectura ao escrito presentado polo Grupo Provincial do Partido Popular, que

textualmente di o seguinte:

“Dª. Elena Candia López, portavoz do Grupo Provincial Popular na Excma.

Deputación Provincial de Lugo, xunto dos deputados abaixo asinantes.

Expoñen:

Primeiro.- O artigo 89 do Regulamento Orgánico da Excma. Deputación de Lugo

establece a posibilidade de solicitar a convocatoria dunha sesión plenaria da corporación

Page 4: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

4

provincial de carácter extraordinario sempre que o solicite a cuarta parte, polo menos, do

número legal dos membros da Corporación.

Segundo.- O citado artigo do Regulamento Orgánico desta institución recolle que

“no caso de solicitude de pleno extraordinario pola cuarta parte dos deputados provinciais,

se o presidente/a non convocase o Pleno extraordinario solicitado, quedará

automáticamente para o décimo día hábil seguinte ao de finalización do prazo sinalado no

artigo anterior, ás doce horas”.

Terceiro.- O presidente provincial da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro,

compareceu no pleno ordinario do 25 de novembro para dar explicacións en relación ás

investigación que se están a dar en torno á Deputación de Lugo; razón que serviu de escusa

para acumular a moción formulada con carácter de urxencia polo Grupo Provincial Popular

e impedir deste xeito que se formulasen preguntas, valoracións ou se puidesen aclarar

dúbidas sobre as explicacións ofrecidas polo presidente.

É polo que solicitan:

Primeiro.- A convocatoria dun Pleno de carácter extraordinario nos termos legais e

regulamentarios expostos con anterioridade.

Segundo.- A inclusión na orde do día desta sesión extraordinaria da proposta do

Grupo Provincial Popular nos termos seguintes:

Punto único.- Instar ao presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón

Gómez Besteiro, a dar resposta ás preguntas formuladas polos grupos políticos da

Corporación Provincial en relación coas investigacións xudiciais que se están a

desenvolver en torno á Deputación de Lugo e que deron como resultado a intervención e

rexistro das súas dependencias”.

Page 5: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

5

Intervén a Sra. Deputada Dª. Elena Candia López, Voceira do Grupo Provincial

Popular, no seguinte sentido:

“Antes de nada dicir que nos unimos por suposto ás condolencias ás familias dos

desaparecidos e da falecida.

O Grupo Popular viuse forzado a pedir hoxe este Pleno para que vostede, Sr.

Presidente, compareza por primeira vez. Como sabe a celebración deste Pleno é unha

obriga e non unha opción, e vostede seguramente hoxe veña obrigado.

Vostede, Sr. Besteiro, non compareceu nunca para dar explicacións sobre uns

feitos que ocurriron nesta Institución, e sobre todo en relación coas dúbidas dun programa

que xestionou moito diñeiro público, dúbidas que están sobre este programa desde antes do

2013.

O Grupo Popular non dá por válida a comparecencia do pasado Pleno, donde este

Grupo non tivo nin uso da palabra nin tampouco foron contestadas as preguntas que tiña

rexistradas. Un feito grave, un rexistro de once horas, que deteriora a imaxe desta

Institución, e que a súa falta de actuación non nos tranquiliza, evitando en todo momento

dar explicacións, e o que é moito máis grave evitando asumir a súa responsabilidade

política como xefe directo das persoas dos departamentos investigados.

En abril do ano 2013 este Grupo solicitou a apertura dunha comisión de

investigación, por aquel entón estábanse a investigar presuntos delitos de acoso e

malversación, e vostedes, e os seus socios de goberno, co seu voto en contra impedírono.

Hoxe estamos falando da presunta comisión de tráfico de influencias, exencións fiscais,

malversación, e prevaricación.

Page 6: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

6

Vostede está obrigado a dar explicacións como máxima autoridade desta

Institución, porque baixo a lupa da xustiza están os departamentos de Protocolo, de

Comunicación, Xestión de Fondos Europeos, e tamén Deportes. Tamén terán que facelo os

seus socios de gobernó, pero vostede, Sr. Besteiro, moi en particular, porque moitos

departamentos teñen dependencia directa de vostede, e a omisión tamén converte á xente

en responsable.

Máximo respeto á xustiza e á presunción de inocencia; pero, insisto, hoxe

necesitamos unha resposta pública e a asunción da súa responsabilidade política. Como

mínimo quereriamos saír desta sesión plenaria con varios datos aclarados; cando tivo

vostede constancia dos problemas que existían no departamento que vostede presidía,

concretamente no departamento de Protocolo que xestionaba o Km0?; no momento que

tivo coñecemento destas presuntas irregularidades, que actuacións puxo en marcha para

que estas se resolveran?.

Investígase un presunto delicto de malversación, diso vaise encargar a xustiza, pero

xorden moitas dúbidas respecto ó sistema de pagamentos que empregaban vostedes no

departamento que vostede presidía do Km0; é certo que este departamento facía uso

habitualmente dunha caixa forte?, ese uso estaba autorizado por vostede?. Ademais a

información que se explicou con toda claridade nos medios de comunicación, e insisto

niso, ninguén desta Institución desmentiu, falaba do uso de grandes cantidades de diñeiro

en metálico; autorizou vostede a unha persoa da súa confianza para esa retirada que non

era das Áreas nin de Secretaría nin de Intervención?; póde confirmar vostede a cantas

persoas ten autorizado para realizar disposicións de diñeiro en efectivo en contas

aperturadas a conta desta Institución?.

Nun medio de comunicación incluso se falaba dun percorrido que levaba ese

diñeiro que acababa en sobres que lles dában a quen ían de encargados nas excursións; era

vostede coñecedor disto?; coñecía vostede o percorrido dese diñeiro público de caixa forte

Page 7: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

7

a sobres?; póde confirmarnos que efectivamente había unha correspondencia total e

absoluta, é dicir matemáticamente exacta, entre o facturado e o gasto real efectuado nos

establecementos hostaleiros e de ocio desta provincia?; hai correspondencia real entre o

facturado e o pagado?; ten constancia vostede da existencia de protestas que algún

establecemento ou particular practicou ante esta Institución porque precisamente se

pretendía que o gasto real non se correspondía co facturado?; houbo manobras xurídicas,

entre elas modificacións ad hoc da relación de postos de traballo para que algún traballador

desta Casa poidera ter opción a mellor estabilidade laboral ou mellores condicións

económicas?.

No mesmo rexistro facíase puntualización de que se estendía á Area de

Vicepresidencia, concretamente a Deportes; algún medio de comunicación enunciaba

literalmente que se estaba a investigar a financiación do Breogán. Parécenos especialmente

grave a falta de explicacións neste aspecto, que vostede nin sequera aclarou, nesa especie

de monólogo que utilizou na pasada sesión plenaria. Creo que este equipo de goberno sen

dúbida xa lle causou moitísino dano á imaxe dese Clube, para que aínda por enriba non

sexan capaces de aclarar se efectivamente había algún tipo de investigación aberta sobre a

financiación ou sobre as subvencións que vostedes cursaron a este Clube.

E a última parte, e non por iso menos importante, se cadra sexa a actitude

políticamente mais mediocre, foi como rematou o seu monólogo do pasado Pleno,

pretendía dicir que confiaba plenamente nos funcionarios desta Institución; aparentemente

era iso, unha mostra de confianza, pero probablemente o que vostede pretendera era

trasladarlle esa responsabilidade. E a cidadanía ten que saber que vostede era o que asinaba

os Decretos, asinaba os nomeamentos, asinaba os anticipos de caixa fixa, e asinaba, Sr.

Besteiro, as contratacións e adxudicacións en contratos menores de moitas das empresas

investigadas.

Page 8: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

8

O único obxectivo que busca este Grupo que, como sabe, gañou as eleccións, desta

comparecencia, é que vostede aclare o que sabía, diga as medidas que puxo en marcha para

que non chegaran ás discrepancias nese departamento a ter que solicitar auxilio da xustiza.

Se non foi así, queremos saber se nada fixo para resolvelo. Queremos saber se vostede

respaldou eses medios de pago nun programa que estaba a ser financiado con fondos

europeos, que oxalá non sexan constitutivos de delicto, pero como mínimo é unha

conducta absolutamente pouco transparente e reprochable tendo en conta que estamos a

falar de diñeiro público.

É importante que vostede nos diga se algún traballador da súa confianza, directa ou

indirectamente, se beneficiou dos cambios operados nas Relacións de Postos de Traballo”.

A continuación intervén o Sr. Deputado D. Mario Outeiro Iglesias, Voceiro do

Grupo Provincial do BNG, no seguinte sentido:

“Teño que admitir, despois de darlle voltas durante toda a fin de semana, que sigo

tratando de interpretar o escrito presentado por vostede o venres pasado sobre a petición

deste Pleno extraordinario.

En primeiro lugar hai que agradecer ó Presidente a axilidade coa que deu e segue a

dar información relacionada con esta intervención xudicial coñecida co nome de

“operación Pulpo”. Non coñezo ningunha Institución que despois dun rexistro baixo

segredo de sumario déra tantas explicacións e de xeito voluntario en tan pouco tempo; de

feito houbo xa unha intervención por medio dunha comparecencia voluntaria nun Pleno e

no prazo de dous días hábiles despois do rexistro, e a maiores penso que se responderon as

preguntas formuladas neste caso polo Grupo Popular na moción de urxencia que tamén

vostedes presentaron para o Pleno do martes pasado.

Page 9: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

9

Sen entender moi ben, como lle dixen ó comezo da miña intervención, o escrito do

venres, volveuse tamén a convocar este pleno extraordinario ademáis dun xeito inmediato.

Polo tanto, como primeira conclusión, en aras da transparencia, gustariame que tomasen

exemplo e desen tamén explicacións no Parlamento Galego, no resto das Deputacións

Provinciais galegas, así como en ducias e ducias de concellos gobernados polo Partido

Popular, e que tamén sufriron intervencións xudiciais nos últimos tempos. Semella de novo

que a vara de medir volve ser tamén diferente dependendo da cor política que goberne cada

Institución.

Dicir que nesta fase procesual o Grupo Provincial do BNG non ten mais preguntas

que facer, constatando que a información dada polo Presidente no Pleno do martes pasado

coincidía cos sucesos acontecidos no rexistro xudicial dos que nós temos constancia. Pero

de telas, no futuro, e tendo tamén en conta a evolución do caso, non dubide que o faremos

empregando as canles regulamentarias existentes na Deputación e sen necesidade de que o

PP nos marque nin os candos nin os comos nin os porqués.

De feito dubido moito que haxa Partidos que teñan un código ético tan estrito no

tocante a corrupción como o BNG; demostrouse ó longo de todos estes anos fixando os

límites nas imputacións por corrupción. É doado facelo cando esta lacra toca a outros

Partidos, pero por suposto démos exemplo cando esta palabra sementou dubidas sobre

cargos políticos rexentados pola nosa organización, porque temos claro que as Institucións

públicas teñen que ser administradas por persoas limpas de toda sospeita co fin de non

xerar alarmas sociais. Pero de momento o que aquí temos é unha solicitude de

documentación relacionada aparentemente cun proceso aberto hai meses.

No tocante á Area de Deportes, en ningún momento se está investigando a dita

Area. De feito é mentira que houbera rexistro ou volcado de equipos informáticos na Area

de Deportes como dixo algún medio despois do citado venres, senón que o que só se fixo

foi pedir documentación das subvencións que recibiu un clube deportivo relacionado cunha

Page 10: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

10

das persoas que se investigan, e ademáis dende un momento no que estaba gobernando esta

Institución o Partido Popular; isto é exclusivamente o que hai, e vostedes póden darlle as

voltas que queiran e tildalo cos adxectivos que lles dea a gana.

Pero aínda que non sexa necesario, para que ninguén pense que se trata de ocultar

información, anúnciolle que o Grupo Provincial do BNG vai votar a favor desta proposta”.

A continuación intervén o Sr. Deputado D. Manuel Martínez Núñez, Voceiro do

Grupo Provincial Socialista, no seguinte sentido:

“Como a intervención da Sra. Candia baseouse básica e presuntamente en

información de medios de comunicación, eu voume permitir a licenza de iniciar esta

primeira intervención apuntando textualmente o que un xornalista de Lugo escribía logo do

Pleno do pasado martes: “la oposición no estuvo especialmente lúcida a la hora de

interpretar lo que estaba sucediendo en el Pleno; primero se tragó el sapo; después, quiso

alzar la voz, pero ya era tarde; cuando quiso repartir castañas, el otoño ya había

pasado”. Isto non o digo eu, díxoo un xornalista de Lugo. Saíulles mal o Pleno do martes,

vostedes pretendían unha auténtica carnicería mediática, vostede, que é especialista en

pedir que non se faga sangue cando vostedes cometen erros, equivócanse, ou están á porta

dos Xulgados; resulta que vén aquí hoxe pedindo a sangue que o outro día non puido

conseguir e que encima o Sr. Pensado fastidioulles a celebración que tiñan prevista co

Presidente do Partido Popular en Lugo, ¡mala sorte!. Pero para iso hai que traballar, e ata

nestes casos que lle dan o traballo feito vostede erra e equivócase. Non me estraña que xa

lle estean buscando substituto por aquel anuncio que fixo na prensa de que ía ser a próxima

Presidenta da Deputación, parece ser que non vai ser verdade, porque xa lle teñen

substituto ata no Partido Popular porque por desgraza parece ser que non dá a talla.

Vostede veu bailar, como din en Cuba, á casa do trompo e saíu trompeada; estaban

descolocados, desconcertados e perdidos na súa ignorancia do Regulamento desta

Page 11: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

11

Deputación, por certo Regulamento que vostedes tiñan aprobado. Primeiro, porque se lles

adiantaron, non contaba con que o Presidente solicitase a súa comparecencia voluntaria

para dar conta á Corporación Provincial da actuación xudicial do Xulgado Nº 1, que era o

que vostedes pedían textualmente. Despois parece, como non coñecen o Regulamento, que

se equivocaron, e que non lles gustou.

En segundo lugar, non contaban tampouco con que o Presidente, punto por punto, o

acontecido o venres 21 de novembro, fora contestando detalladamente, respondendo deste

xeito ó que vostedes unha vez máis pedían: “comparecencia do Presidente e explicacións”,

unha a unha, incluso máis do que vostedes pedían. É mais, o Presidente, non porque

estivese obrigado, senón nun exercicio de transparencia e claridade, informou sobre outras

actuacións xudiciais.

Como traballa vostede nos seguros, como traballa coa exclusiva da Deputación,

desde logo augúrolle un futuro bastante malo, ten que traballar mais, non sei se nos seguros

o fai pero aquí coa exclusiva que ten desde logo que non. E eu pódo entender o trastorno e

a frustración que isto lle supuxo, porque cando un pensa que vai ser a estrela mediática

resulta que todas e cadaunha das cousas que fixo foron un fiasco.

Descoñecen o que é a transparencia das Administracións, pósto que non están feitos

a que ningún representante do Partido Popular dea explicacións, e non será porque non

acumulan miserias e miserias. Eu comprendoos, non en van teñen unha experiencia

inigualable e contrastada nestes campos; podíamos ir a Naseiro, pasando por Valencia,

Murcia, etc., ata os casos que van mellorando día a día, ano a ano, ata chegar ás guindas, ós

casos Gürtel, Púnica, Zeta; como comprenderá eu enténdoos.

En definitiva, o martes fixérono mal, e agora tratan de emendar a súa torpeza para

conseguir a súa ansiada carnicería mediática, o seu único propósito. Iso que dixo vostede

aquí de “máximo respeto á xustiza”, “presunción de inocencia”, “oxalá non sexan

Page 12: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

12

constitutivas de delicto”; e añado eu “respeto ó segredo sumarial”. Todo iso que dixo

vostede é falso, porque non cre iso que dixo senón que está desexando que todo isto sexa

verdade, porque non respecta vostede nin o segredo de sumario nin respecta á Xustiza, e

está vostede implicando a funcionarios desta Casa, aparte da cabeza do Presidente, vostede

non respeta nada.

O seu único propósito é, baixo as escusas de que o Presidente non deu resposta á

súa petición, e sabe que minte, porque sí que lle deu resposta; vostedes pediron

exclusivamente a súa comparecencia para explicar o acontecido o venres 21 de novembro,

e tiveron esa comparecencia; vostede dixo que iso non lle serve, pero non se trata de que

lle sirva a vostede ou non, o que terá é que axustarse a comparecencia do Presidente desta

Institución e de calquera ó que di o Regulamento, e senón propoña un cambio do

Regulamento e estudarémolo. Por qué non pediu vostede naquel momento a palabra?, ¿por

qué non pediu unha cuestión de orde?.

Eu creo que lle debían facer caso ó Sr. Rajoy, “lo urgente es esperar”, e eu creo que

aquí o urxente era que vostedes esperaran que a xustiza funcionara, que a xustiza

traballara, que a xustiza decida; e aínda estamos esperando, porque xa se lanzaron á

piscina outra vez coa Sra. Lara Méndez, que polo menos teñan a decencia de pedirlle

desculpas públicamente, porque a vituperaron todo o que poideron, e agora seguen e

volven á mesma música”.

Intervén a Sra. Deputada Dª. Elena Candia López, Voceira do Grupo Provincial

Popular, para dicir o seguinte:

“Comprenderá, Sr. Martínez, que vostede hoxe precisamente non é o mais indicado

para dar leccións xurídicas, e menos de Regulamentos; por iso imos centrar o debate,

porque me parece que é especialmente importante.

Page 13: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

13

Este Grupo rexistrou a petición de Pleno extraordinario, e tamén lle anuncio que o

volverá rexistrar se é necesario, así como pedir como pediu no ano 2013 unha comisión de

investigación, e utilizará todas as medidas ó seu alcance para que teñamos absolutamente

total claridade de qué pasou co Km0. Esta Institución neste momento ten varios procesos

penais aperturados; esta Institución neste momento ten denuncias de propios traballadores

por feitos especialmente graves. E vostede, Sr. Presidente, non deu nin a mais mínima

explicación da xestión dos seus departamentos. Hoxe fixémoslle cinco preguntas, que lle

vou reiterar neste segundo turno; pero tamén lle anunciamos que se non as contesta neste

turno e segue utilizando a persoas para dicir o que acaban de dicir, non nos quedará mais

remedio que seguir utilizando todos os medios que hai neste Regulamento, que tan ben

coñecemos, para que se dean contadas explicacións.

Queremos saber qué sabía vostede da xestión do Km0; queremos que confirme ou

desminta se é certo o que os propios traballadores desta Institución anunciaron en datas

pasadas, concretamente o 5 de setembro do ano 2013, que se entrevistaron ata en duas

ocasións con vostede para explicarlle os problemas que estaban pasando no seu

departamento, que vostede dirixía e que vostede, como lle dicía, non só firmaba o

nomeamento dos xefes senón que a maiores autorizaba o funcionamento diario.

Queremos que nos confirme ou que nos desminta se a información que saiu

publicada o pasado 15 de novembro do ano 2013, e que sen dúbida dá unha imaxe moi

deplorable do funcionamento desta Institución, se é certo que ía dunha conta corrente a un

sobre pasando por unha caixa forte, este é o departamento que vostede presidía. “Lo que

sacaba en muchos casos acababa en una caja fuerte, pero ese no era su destino final,

acababa en unos sobres que les daban a quienes iban encargadas en las excursiones”, isto

dino os propios traballadores desta Institución.

Queremos tamén que vostede confirme ou desminta se efectivamente había a

correspondencia matemática entre o facturado e o gasto real realizado. E que desminta ou

Page 14: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

14

confirme a información que con moita contundencia e rigor explicaban nun medio de

comunicación o día 21 de novembro do ano 2013: “me contaron que se producía una

especie de malversación”, palabras textuais que dicían os propios traballadores desta Casa

que dependía orgánicamente de vostede.

Esas preguntas que, sen dúbida, e reitérolle o pleno convencemento de que seremos

os primeiros en alegrarnos de que non se confirme a comisión de delictos nesta Institución,

pero tamén lle digo que son conductas ou prácticas moi pouco transparentes e indignas dun

bo xestor político”.

Intervén o Sr. Deputado D. Mario Outeiro Iglesias, Voceiro do Grupo Provincial do

BNG, para dicir o seguinte:

“Dicía na primeira intervención que me parecía subrealista a petición de pleno

extraordinario, e paréceme por dous motivos. En primeiro lugar porque a información, xa

llo dicía na primeira intervención, penso que está dada, e as preguntas están respostadas.

En segundo lugar, a realización de preguntas a calquera dos que temos algunha

responsabilidade no equipo de goberno xa están contempladas, e dicíallo o Sr. Martínez, no

Regulamento Orgánico, un documento aprobado a finais da lexislatura pasada por

unanimidade, un documento no cal participaron absolutamente todos os Grupos Políticos

na súa redacción, por ese motivo tamén foi aprobado por unanimidade. Polo tanto se está

ese Regulamento tampouco hai que facer toda esta parafernalia, este circo mediático, que

desde logo ten un obxectivo claro que é o de embarrar o terreo de xogo previamente a unha

cita electoral, ademáis unha cita electoral que as enquisas non son especialmente alagüeñas

para o Partido Popular; polo que evidentemente tamén estou de acordo co Sr. Martínez en

que a sua etapa de Presidenta na Deputación de Lugo penso que está demasiado lonxe

aínda. Evidentemente a vostede interesalle estirar o chicle un par de días, e se dá para unha

Page 15: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

15

semana moito mellor, pero tamén lle advirto que teña coidado ó estirar o chicle porque lle

póde estoupar nos morros.

E se eu quixese tamén terxiversar a realidade tal e como vostede fixo na súa

primeira intervención, podería darlle un titular tamén para mañá que podería ser “a xuíza

De Lara tamén investiga as subvencións a un Clube deportivo outorgadas polo Partido

Popular cando gobernaba a Deputación de Lugo”; este sería un titular igual có que deu

vostede na súa primeira intervención cando dicía que “a Area de Deportes está a ser

investigada”. Pero insisto en que tal e como lle dicía antes, o meu Grupo vai votar a favor

desa proposta que presentan vostedes o venres”.

Intervén o Sr. Deputado D. Manuel Martínez Núñez, Voceiro do Grupo Provincial

Socialista, para dicir o seguinte:

“Mire, Sra. Candia, ninguén está libre de equivocarse, ou no seu caso de dicir

estupideces, o grave é facelo como o fai vostede, con énfase e mentindo. Porque a nós non

nos deixa de resultar chocante que aqueles que utilizan todo tipo de argucias, tretas, e

artimañas, que non dán explicacións, ou se as dán é en diferido ou en plasma; que non

chaman ás cousas polo seu nome, que negan evidencias claras, que gardan silencio

sepulcral, protexen e toleran con total oportunidade a corrupción no seu Partido, nos veñan

pedir explicacións aquí.

A parte resúltanos curioso que vostede, co calvario xudicial que está pasando o

Partido Popular, e pódolle contar todas e cadaunha das operacións que están a facer, nos

veña falando de que ten dúbidas do sistema de pagamento, e fala de sobres; a verdade é

que hai que ter unha cara dura impresionante.

Esta é a segunda comparecencia deste Presidente en menos dunha semana, sobre un

tema que está baixo segredo de sumario, nun exercicio de transparencia sen precedentes.

Page 16: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

16

Lémbrolles que recentemente, o 22 de setembro, no marco da operación Zeta, houbo

rexistros na Xunta, na Consellería de Traballo e no Instituto Galego de Consumo, así como

na Deputación da Coruña; e soamente, Sra. Candia, cando se levantou o segredo de

sumario, esiximos explicacións públicas, que ningún membro do Partido Popular deu a

pesares da gravidade e mentiras dos feitos. Se a nivel nacional están pasando un calvario, a

nivel de Galicia están pasando un via crucis; aínda hoxe por certo sae nun medio de

comunicación “el PP me pagó en B con billetes de 500 parte de una campaña en

Alicante”.

Hai rexistros de pagos en B ó PP a través de fondos públicos; constancia dunha

trama de relacións persoais que implica directamente a altos cargos do goberno de Feijóo;

declaracións públicas do principal imputado da trama e militante do PP, Gerardo Crespo,

nas que afirma que o conseguidor da trama é amigo íntimo de Feijóo. Minten cando dín

que foi a Xunta a primeira que denunciou o caso, foron duas funcionarias. Minte cando di

que non houbo unha remodelación da Consellería, houbo cinco ceses; Feijóo e a

Conselleira mentiron e vostedes volven estar a mentir aquí.

A mín dáme a sensación de que vostedes teñen máis información da que din, e

incluso eu creo que mais có Presidente da Deputación, porque non deixa de ser curioso que

uns días antes, concretamente o 19 de novembro vostedes presenten unhas preguntas aquí

na Deputación Provincial de Lugo sobre unhas empresas, e tres días máis tarde a xuíza

apareza pedindo o mesmo.

Eu queríalles pedir un pouco de coherencia, e vanme deixar que termine citando o

Capítulo VI, versículos 41 e 42 de Lucas que di: “porque miras la paja que hay en el ojo

de tu hermano y no ves la viga que está en el tuyo?; ¿cómo puedes decir a tu hermano:

hermano, deja que te saque la paja de tu ojo, tú que no ves la viga que tienes en el tuyo?,

hipócrita, saca primero la viga de tu ojo y entonces verás claro para sacar la paja del ojo

de tu hermano”.

Page 17: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

17

Por tanto, deixen traballar á xustiza; pidan explicacións unha vez que se levante o

segredo de sumario; e non faga como as bolsas de patacas fritas, que é o que representa

vostede, moito aire e pouca substancia”.

Intervén a Sra. Deputada Dª. Elena Candia López, Voceira do Grupo Provincial

Popular, no seguinte sentido:

“Agardo Presidente que peche vostede e que conteste a algunha das preguntas que

lle presentei. E quero pechar simplemente cunha reflexión, repetina nalguna intervención,

pero creo que hoxe é mais importante; os feitos que aquí enumerei, lonxe de ser ou non

constitutivos de delito, son conductas pouco transparentes e indignas dun bo xestor

político.

Vostede, que ten moitas aspiracións moi loables, creo que non debería pechar esta

sesión plenaria perdendo a ocasión de aclarar todas as dúbidas que lle plantexamos. Se non

o fai tamén lle advirto que continuaremos preguntándolle de forma que se vexa obrigado a

contestalas”.

A continuación intervén o Sr. Presidente, quen se manifesta no seguinte sentido:

“Como debe ser, e por certo dicíndolle que nós imos votar a favor de que se fagan

preguntas ó Presidente e que se contesten, como toca procedimentalmente. Por tanto

ímoslle votar que sí ó que pide vostede nesta sesión plenaria, porque legalmente é o que

temos que facer. Imos votar que si porque non quedou suficientemente xustificada cal ía

ser a súa votación. E despois de que remate a miña intervención se procederá a votación,

pero xa lles digo, polo que me teñen informado os Voceiros dos Grupos, imos votar que si

a esa petición.

Page 18: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

18

O que si está claro é que este Presidente é o único que comparece. Houbo

operacións, xa non digo a operación Zeta que mencionaba o Sr. Martínez hai un pouco,

pero a operación que houbo aquí ben preto desta sede, na Delegación da Xunta de Galicia,

e aí non compareceu ninguén; ninguén é responsable, ninguén explicou ningún tipo de

cuestión sobre rexistros; noutras Deputacións tampouco; iso si, alegaron todos segredo de

sumario. Pero a Sra. Candia pide esa cuestión porque se erixe en xuíza e parte.

Eu non lle vou explicar o procedemento do anticipo de caixa fixa, o que si lle poido

dicir é que eu non o inventei, pero está regulado e controlado pola parte desta Institución

que lle corresponde que é Intervención; e creo que aí, e pódo estar equivocado, pero está

todo ó milímetro.

Pero xa vexo que na segunda intervención non fixo fincapé en quen mercara a caixa

forte, porque eu dubidaba se nós fixeramos algunha compra dirixida a algún departamento

que sexa necesario desa caixa forte; pero vexo que xa no segundo turno non nos pregunta

pola compra da caixa forte, non vaia ser que as outras caixas fortes as compraran vostedes

cando estaban no goberno; eu descoñezoo, pero voume enterar a partir de agora de moitas

cousas, creo que é a nosa obriga.

Pero non lle vou explicar eu aquí, porque sería pouco decoroso para vostede, como

funciona o procedemento de anticipo de caixa fixa, que xa lle dixen que este Presidente

non o inventou, e está sometido ó control que é o que marcan as propias leis.

Vostede establece unha serie de opinións e unha serie de conclusións que quere que

eu lle confirme; mire, hai tres cuestións en todas esas preguntas que creo que se refiren a

tres temas importantes. A xestión da confianza, e eu insisto unha vez máis, como dixen na

anterior comparecencia no último Pleno, teño total confianza en todos os funcionarios e

traballadores desta Casa, ata que alguén me demostre que estou equivocado teñoa

totalmente. Pero dígolle mais, a miña confianza nos funcionarios non interfire no concepto

Page 19: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

19

que teño e na aplicación que ten este Presidente sobre a res pública, sobre a cousa pública,

non enturbia a miña opinión nin os meus comportamentos en relación coa res pública.

Pero, insisto, que lle parece mal, porque vostede parece que non ten confianza en todos os

funcionarios, e debe tela, porque esa é a garantía política e institucional de que as cousas

funcionen ben; iso non ampara a ninguén nin escusa a ninguén de cumprir co seu deber;

pero a confianza de quen preside esta Institución tena en todos os funcionarios e

traballadores, e vouna seguir tendo ata que alguén me demostre o contrario, totalmente. A

vostede parécelle mal, pero a mín paréceme que é o correcto.

En canto á xestión do Km0, esta xestión e pública e notoria. Que vostede non sexa

capaz de seguirlle a pista a esa xestión dí moi pouco de vostede. Pero, tanto na financiación

de fondos europeos como en fondos propios, o que di o Ministerio de Administracións

Públicas é que somos un exemplo de xestión dos fondos europeos; a Deputación de Lugo é

unha das Administracións en todo o país que maior eficacia e eficiencia está a demostrar

na xestión e execución dos proxetos cofinanciados pola Unión Europea, tal e como foi

manifestado en reiteradas ocasións polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

A xestión dos nosos proxectos europeos está sometida, todos e cadaún deles, a rigorosos

controis esixidos, non por vostede nin por mín, senón pola propia Unión Europea.

Deste xeito o programa LugO2, no que se inclúe o Km0, superou con sobresaínte as

dez certificacións e verificacións, así como tres auditorías in situ que se fixeron, e que

conlevou, Sra. Candia, que nos pagaran o 100% da axuda comunitaria recibida. Porque se

esas auditorías non estiveran ben feitas, e eses controis non se levaran a cabo, a Unión

Europea non paga, ou o que fai é reclamar que lle devolvan os fondos europeos. E ademáis

o Ministerio non só nos dixo que o estabamos facendo ben senón que nos premiou

aumentándonos a taxa de cofinanciación, o que era o 70% abonou un 10% mais ata o 80%;

iso implica cal é a posición do Ministerio en relación coa financiación e coa xestión dese

fondo europeo. Por tanto podemos ver as ilusións que vostede queira, pero a realidade é

tozuda.

Page 20: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

20

Eu comparecín voluntariamente aquí o pasado martes, e se chegou vostede tarde

non é o meu problema, nin é o problema do resto de compañeiros do Pleno. Fixo vostede

unhas preguntas aquel mesmo día, cando plantexou unha moción de urxencia donde dicía

que lle deramos explicacións sobre o rexistro e sobre outras cuestións, e non lle gustou,

como non lle gustan as que lle estou dando eu, ¿pero cre vostede que nós somos unhas

persoas inocentes e non sabemos que vostede está ó que está?; pouco lle importa o que

digamos, cantas mais explicacións deamos nunca lle serán suficientes.

Pero dígolle finalmente algo mais, en relación con ese plantexamento que vostedes

fixeron con respecto á comisión de investigación o tres de abril de 2013, que fago miñas as

argumentacións que verteron nesa sesión plenaria, tanto eu, por tanto poderá velo nas acta,

como os voceiros tanto do BNG como do Grupo Socialista. E esas son as cuestións que

hai, as realidades non cambian porque un quere que cambien, hai que facer algo para que

se poidan cambiar.

Insisto, demostre confianza, demostre inspección, fiscalice os expedientes, para iso

está vostede aí, para iso lle pagamos entre todos os cidadáns desta provincia unha

exclusiva, para que faga ese traballo; para que se ten algunha dúbida sobre os anticipos de

caixa fixa acuda donde ten que acudir, porque sempre a atenderon. Pero non verta nin

intente, e isto é unha recomendación, verter situacións turbias que non son reais, porque

debe velar por esta Institución; e iso si, déixen traballar ás instancias do Estado, á xustiza,

como tamén aquí deixen traballar ós funcionarios, e a partir de aí todos estaremos

sometidos a ese xuízo; pero non vai chegar antes porque vostede queira, senón porque a

realidade é tozuda.

Insisto unha vez máis, nós imos votar, e digo tamén o que manifestaron os

Voceiros, a favor de contestar cantas preguntas se formulen, as que lle contestei agora non

lle serán suficientes porque quererá que lle diga o que vostede quere oír, e iso como

Page 21: SESION EXTRAORDINARIA DE 01 DE DECEMBRO DE · PDF file7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e arts. 89 e ss. do Regulamento Orgánico da Corporación, a solicitude

21

comprenderá creo que nese sentido desgrazadamente non se vai producir. Pero vostede

siga, iso si, co Regulamento na man; e por tanto imos proceder á votación, contestaremos a

esa petición de instar ó Presidente, como sempre fixo.

E na anterior sesión plenaria vostede preguntábame sobre unha información dunha

empresa, eu díxenlle que a tiñamos, pero temos que pedir permiso ó Xulgado, non vaia ser

que vulneremos o segredo sumarial, porque despois aínda é capaz de acusarme a mín de

violentar o segredo sumarial, faltaría mais. E enterareime tamén do asunto das caixas fortes

porque agora estou preocupado por ese tema, imos ver se efectivamente as compramos

nós, e tamén informaremos na próxima sesión plenaria deses extremos”.

O Pleno da Corporación por unanimidade acorda prestar aprobación á proposta

presentada.

E non habendo máis asuntos de que tratar, o Presidente levanta a sesión, sendo as

vinte horas e corenta e cinco minutos do día de referencia, de todo o cal eu, Secretario,

certifico.