serafiÑo, o golfiÑo
DESCRIPTION
SERAFIÑO, O GOLFIÑO. Había unha vez un pobo moi pequeniño e tranquilo que estaba a carón do mar. No pobo vivía Serafiño, un pescador que traía o peixe fresco para toda a xente do pobo. - PowerPoint PPT PresentationTRANSCRIPT
Había unha vez un pobo moi pequeniño e tranquilo que estaba a carón do mar.
No pobo vivía Serafiño, un pescador No pobo vivía Serafiño, un pescador que traía o peixe fresco para toda a que traía o peixe fresco para toda a xente do pobo.xente do pobo.
Serafiño, erguíase todas as mañás moi Serafiño, erguíase todas as mañás moi cedo e almorzaba un vaso de leite cunhas cedo e almorzaba un vaso de leite cunhas galletas moi, pero que moi ricas.galletas moi, pero que moi ricas.
Logo marchaba cara a praia, collía a súa lancha e ía mar adentro para pescar tódolos días.
-Adeus Serafiño, que teñas boa pescadicíanlle os veciños do pobo.
-Adeus, adeus, seguro que traio algo dicía él sempre moi ledo.
Á tardiña voltaba e repartía o peixe que pescara entre a xente do pobo. Así facía tódolos días.
Un día mentres estaba a pescar, Serafín decatouse de que sopraba o vento, primeiro ía aire suave. pero cada vez ía a máis. O vento era máis e máis forte de cada vez.
Serafiño quería voltar ó pobo, pero o aire era tan forte que alonxaba a súa lancha cada vez máis
Pero todo isto era moi estrano, porque con ese vento tan forte o mar estaba moi tranquilo e case non había ondas..
Serafiño estaba moi asustado, cada vez máis e máis porque non sabía qué estaba a pasar.
Así foi un bo anaco ata que o vento parou e a lancha tamén parou no mar. Cando Serafiño viu o que tiña diante, quedou coa boca aberta coa sorpresa que tiña diante.
O que estaba a ver era unha cidade dentro do mar, coas súas casiñas de prantas marinas, nelas vivían peixes de tódolos tamaños: grandes, pequenos e medianos.
Ao mesmo tempo que estaba a mirar escoitou unha voz que dicía:-Hola, hola.-Serafiño mirou cara onde viña a voz e decatouse que era un gran tiburón que lle estaba a falar.
Eu son Xoanón, o gran tiburon. Son o xefe desta cidade. Ti como te chamas? –preguntoulle a Serafiño, que aínda tiña cara de sorpresa.
Eu, eu chamome Serafiño –respostou él, con voz nervosa. O gran tiburón explicoulle que todos os que vivían alí eran persoas e contoulle:
Eu trouxenos e convertinnos en peixes. Eu tamén era unha persoa, eu era o mago Xoanín, o mais malandrín, pero un día bebín un dos meus siropes máxicos e convertinme nun tiburón. Coma non quería estar só trouxen a moitas persoas e convertínas en peixes.
Así que ti chamaste Serafiño?. Pois serás un golfiño.
Nese intre, Serafiño comezou a dar voltas e pouco despois converteuse nun golfiño.
Xoanón ría a grandes gargalladas:
Mentres, no pobo andaban inquedos e preocupados porque Serafiño non voltara aínda. Xa pasaran varios días e todos estaban moi tristes.
A xente do pobo saiu nas suas lanchas a buscar a Serafiño pero non atopaban nada de nada . Serafiño estaba na cidade dos peixes, os atúns, os cabaliños de mar, os peixes espada, os polbos e moitos máis amigos.
Aínda que non podían sair, Serafiño aproveitouse dunha noite na que Xoanón estaba a durmir e roncar e saiu da cidade dos peixes para buscar o seu pobo. Estivo a nadar e a saltar varias horas, ata que viu unhas luces ó lonxe e decatouse que era o seu pobo.
Achegouse á beira da praia e viu a dous nenos do pobo que estaban alí. Os nenos sorprenderonse de ver alí a un golfiño e sorprenderonse aínda máis cando falou e dixo:
- Hola, son Serafiño o golfiño.- Pero ti eres un golfiño e ademáis falas –dixeron os nenos.
Sí, é unha longa historia que xa vos contarei. Agora ide moi rápido a miña casa e traede un bote de mel que veredes enriba da mesa –dixolles Serafín nervoso.
Os nenos foron ó pobo e dixeronllo á xente. Logo foron todos xuntos e sorprendidos a saudar a Serafiño para darlle o bote de mel.
O golfiño Serafiño, sen perder tempo, despediuse deles dirixindose de novo a cidade dos peixes. Cando chegou o tiburón Xoanón seguía a durmir.
Entón explicoulles a todos que tiñan que tomalo mel lambendose moi ben sen quedarlles nada pola boca, así serían outra vez persoas, homes e mulleres. Todos e todas fixeron o que lles dicía Serafiño.
e deronlle tamén mel a Xoanón mentres estaba a durmir.
Nese intre, as casas da cidade dos peixes converteronse en lanchiñas, e os peixes voltaron a ser persoas.
Ata Xoanón que antes era un mago traste converteuse nun mago bo que axudaba e facía rir a toda a xente. Así todos volveron as súas cidades, cantando felices y contentos.
Por iso se axudas coma o golfiño Serafiño a moita xente serás feliz…
E, colorín colorado… conto contado, conto rematado..
FINFIN
ACTIVIDADES SOBRE O CONTO
Serafín vivía en:
Él saía pescar en:
Xoanón era un
Xoanón converteu a Serafiño nun: