sendeirismo pirata
TRANSCRIPT
E^u][]iòn ^o ]onsumi^or _ p[r[ [ s[ú^_
O]io s[u^[\l_
Un [no ^_ ]ontos
• Im[gin[]iòn. Contos ^_ [v_ntur[s
• S_n^_irismo
• Ori_nt[]iòn
• M[p[- ]roquis
• Lo][liz[]iòn no _sp[zo
• Vi^[ s[
• Cont[]to ]o[ n[tur_z[
“@ BUSC@ DO TESOURO”
Os nenos e nenas de catro anos vivimos umha emocionante aventura: Ata as nosas mans chegou un mapa dun tesouro que o pirata Willi o Pelirrojo (tamén coñecido por Barbarroja ou o torto) deixou enterrado no monte da Fonteentraveso. Deixádenos que vos contemos como foi : parece que Willi estaba navegando no seu galeón pirata pola Costa da Morte , mais levantouse unha forte tempestade no mar e o seu barco naufragou, foi aquí pretiño., na beira de Razo; el conseguiu saír a nado, con dous cofres de tesouros e subiu ao monte ata atopar un lugar seguro onde refuxiarse e esconder o tesouro. Desto fai xa moitos anos , pero por casualidade, un día destes o mapa chegou ás nosas mans e decidimos saír na súa procura. Axudados polo mapa e cun catalexo nas mans , fixémonos co carné de capitáns piratas e fomos ata o chamado monte da Fonteentraveso Vede como nos foi:
- O primeiro foi observar ben o mapa para non tomar o camiño equivocado.
- Decidímonos por un camiño que vimos á esquerda, parecíase moito ao do mapa
Polo camiño vimos unhas árbores grandes e secas , díxonos unha mestra que estaban así por culpa dun incendio .
Seguimos camiñando e atopamos un sendeiro, igualiño ao que estaba no mapa , estabamos no bo camiño , e fomos andando por el.
Que viron os nosos ollos! alí estaba o lugar marcado no mapa , o lugar onde Willi deixara o tesouro
Rapidamente fomos a explorar aquel territorio , tiñamos que dar co tesouro
Atopamos pegadas e buratos xa excavados Tivemos medo de que alguén se nos adiantase e atopara o tesouro antes
Xa andabamos un pouco desilusionados
Mais atopamos novas pistas a seguir : alí había areas movedizas , tiñamos que ter moito coidado 23 24
Onde estará?????
Logo Isabel atopou un anaco da vella chaqueta de Willi, iso animounos moito e seguimos buscando , ata dimos co mapa orixinal que estaba alí agochado
Con novas enerxías retomamos a busca , tiñamos que estar moi preto del.
Vimos algo oculto tras uns arbustos . Que emoción!
Estaba alí , Silvia acababa de sacalo
Pero había outro máis
Agora tiñamos que repartir o botín , contamos e chegaba de sobra para todos : había moedas de ouro , pulseras . reloxos , algún anel ... e tamén obxetos personais de Willi: a pasta dos dentes , o peine , a cafetera , galletas e ata a súa colonia.
Satisfeitos polo que acabamos de atopar fomos a merendar , pois despois de tanto esforzo tiñamos moita fame
As pulseiras eran ben bonitas , non vos parece?
Xa cansos, pero moi contentos , recollemos todo e cargando cos cofres dos tesouros, partimos rumbo á nosa escola
Mais non sabíamos o que nos agardaba , chegamos a un sitio donde había moito lixo tirado , no monte Non haberá contedores para meter todo o lixo? E se non colle no contedor , podemos levala a un sitio chamado punto limpo , pero non está ben tirala no monte.
Bordeamos esta zona de contaminación e chegamos ata unha árbore xigantesca , dunha especie chamada eucalipto , tiña un sinal que dicía alto , non podíamos pasar por alí se antes non adiviñabamos algo (comprobamos que aquela era a árbore das adiviñas da que falaba o noso mapa) , non foi doado , pero entre todos conseguimos acertalas .
Superada esta proba a árbore das adiviñas deunos permiso para cruzar por aquel camiño , e así foi como conseguimos saír do monte da Fonteentraveso , coller o autobús e voltar ao colexio , moi cansos , pero moi ledos
Menuda aventura a que vivimos!, non a esqueceremos tan pronto , porque
“OS PIRATAS E OS NENOS NUNCA DEIXAN
DE SOÑAR”