seleccionados solf nº15 (marzo 2016)

4
SELECCIONADOS XANEIRO-MARZO 2016 SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILAS MARZO 2016 (Boletín SOLF número 15) Biblioteca Pública Municipal de Narón R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña 981 382 173 [email protected]

Upload: biblioteca-publica-municipal-de-naron

Post on 14-Jan-2017

93 views

Category:

Services


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Seleccionados SOLF nº15 (marzo 2016)

SELECCIONADOS XANEIRO-MARZO 2016

SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE

LECTURA ÁS FAMILAS

MARZO 2016 (Boletín SOLF número 15)

Biblioteca Pública Municipal de Narón

R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña

981 382 173

[email protected]

Page 2: Seleccionados SOLF nº15 (marzo 2016)

Seleccionados “SOLF” número 15 XANEIRO-MARZO 2016

1 Biblioteca Pública Municipal de Narón

SELECCIONADOS: CONTOS E OUTROS DOCUMENTOS SELECCIONADOS ENTRE AS ÚLTIMAS INCORPORACIÓNS AO FONDO

INFANTIL-XUVENIL NO TRIMESTRE XANEIRO-FEBREIRO-MARZO DE 2016

“SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILIAS”

Boletín SOLF número 15

Sección infantil I1 (de 3 a 6 anos)

Contos de animais, da natureza:

¿De qué tienes miedo, ratoncito?, de Susanna Isern. O ratiño ten medo a unha morea de cousas: á escuridade, á auga, a estar enfermo, a caer da árbore… pero a súa mamá é quen de facelo sentir seguro. A través das cálidas ilustracións de Nora Hilb, tamén nós habémonos sentir máis en calma, capaces de combater os nosos propios medos.

Contos da vida real:

Con ojos de niño, de Jimena Licitra. A historia de como José Luis acaba converténdose en José e Luis, dous nenos diferentes que viven en dúas casas diferentes e de como, pasiño a pasiño e co amor dos seus pais acaba pegando ese neno roto e recompoñéndoo novamente. Conto sobre o divorcio e os sentementos que produce nos fillos e fillas.

El apagón, de John Rocco. John Rocco conta con palabras e, sobre todo con imaxes, o que acontece nun fogar e en todo un barrio a noite na que se vai a luz. Este é un conto estupendo para deternos a pensar canto precisamos algún apagón de cando en vez nas nosas vidas.

Page 3: Seleccionados SOLF nº15 (marzo 2016)

Seleccionados “SOLF” número 15 XANEIRO-MARZO 2016

2 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sección infantil I2 (de 6 a 9 anos)

Contos de animais, da natureza:

El sueño de Chocolate, de Elisabet Blasco. Agora que se aproxima o verán é bo momento para falar do tema que trata este conto: o abandono de animais. Por sorte para o protagonista, este é un conto con final feliz, pero a realidade é ben distinta e é preciso que os nenos e nenas a coñezan e sexan conscientes do gran exercizo de responsabilidade que supón adoptar unha mascota.

Contos da vida real:

Cipariso, de Marta Sanmamed. Un conto sobre o loito e a dor tras a morte. O libro recolle catro historias nas que catro nenos e nenas perden a súa mascota. A experiencia dos catro protagonistas axudaranos a asimilar os sentimentos que nos produce a marcha dos nosos seres queridos.

Poesía:

Versos de niños del mundo, de Carlos Reviejo e Javier Ruiz Taboada. Reviejo e Ruiz Taboada fan un percorrido por moitos países e culturas, fixando a súa atención nos nenos e facéndoos protagonistas dos seus versos: o neno soldado, a nena chinesa, o neno australiano, a nena rusa, o neno mariñeiro… As ilustracións están cheas de cor e entusiasmo aínda que as veces o texto reflexe situacións duras; realidades moi distintas á nosa que os pequenos e pequenas deben comezar a coñecer.

Temático:

A gramola gominola (Libro e CD). Un disco co que os pequenos/as disfrutarán de cancións na nosa lingua a ritmo de rock, blues, country, reggae, pop e mesmo punk.

Page 4: Seleccionados SOLF nº15 (marzo 2016)

Seleccionados “SOLF” número 15 XANEIRO-MARZO 2016

3 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sección infantil I3 (de 9 a 12 anos)

Teatro:

As terapias da doutora Ledicia, de Raquel Castro. Aquí temos un bo exemplo do estimulante e divertida que pode resultar a lectura dunha obra teatral, xénero moi pouco demandado tanto na sección infantil-xuvenil coma na de adultos. Por este libro desfilan unha serie de personaxes moi necesitados dunha terapia para curar a súa tristura. Ledicia, psicóloga e psiquiatra, será a encargada de suministrarlles os remedios que precisan.