seleccionados solf nº11 (marzo 2015)

6
SELECCIONADOS XANEIRO-MARZO 2015 SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILAS MARZO 2015 (Boletín SOLF número 11) Biblioteca Pública Municipal de Narón R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña 981 382 173 [email protected]

Upload: biblioteca-publica-municipal-de-naron

Post on 27-Jul-2015

59 views

Category:

Services


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Seleccionados SOLF nº11 (Marzo 2015)

SELECCIONADOS XANEIRO-MARZO 2015

SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE

LECTURA ÁS FAMILAS

MARZO 2015 (Boletín SOLF número 11)

Biblioteca Pública Municipal de Narón

R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña

981 382 173

[email protected]

Page 2: Seleccionados SOLF nº11 (Marzo 2015)

Seleccionados “SOLF” XANEIRO-MARZO 2015

1 Biblioteca Pública Municipal de Narón

SELECCIONADOS: CONTOS E OUTROS DOCUMENTOS SELECCIONADOS ENTRE AS ÚLTIMAS INCORPORACIÓNS AO FONDO

INFANTIL-XUVENIL NO TRIMESTRE XANEIRO-FEBREIRO-MARZO DE 2015

“SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILIAS”

Boletín SOLF número 11

Sección infantil I1 (de 0 a 6 anos)

Contos de humor:

Advertencia, ¡no abras este libro!, de Adam Lehrhaupt. Está claro que “prohibir é espertar o desexo”, e con este conto non hai excepción. O título xa pide expresamente que non o abramos, pero é complicado facerlle caso. Unha vez rota a primeira orde é imprescindible a colaboración do neno ou nena para solucionar a desfeita que acontece.

Contos de intriga, de misterio:

San y Leo cavan un hoyo, de Mac Barnett. Os protagonistas deste conto teñen unha importante misión: cavar na terra ata atopar algo espectacular. E, coma moitas veces na vida, o espectacular está moito máis preto do que eles imaxinan aínda que non o podan ver. A través das fermosas ilustracións, nós si que vemos onde está o que eles buscan e así, un inevitable sentemento de inquietude nos invade ata saber se ao final acadan a súa misión ou non.

Page 3: Seleccionados SOLF nº11 (Marzo 2015)

Seleccionados “SOLF” XANEIRO-MARZO 2015

2 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sección infantil I2 (de 6 a 9 anos)

Contos de humor:

¡Despegando!, de Sean Taylor. Unha aventura chea de humor protagonizada polos animais da granxa do Señor García, que fartos de ver como o seu dono non respecta o medio ambiente, idean un disparatado plan para fuxir a un planeta mellor.

Contos da vida real:

El ladrón de tiempo, de Nathalie Minne. Este conto emprega unha linguaxe moi poética para facernos pensar no paso do tempo e aprender a disfrutalo paseniñamente. Da man dos seus protagonistas viviremos unha historia de amor e de amizade onde os intres de espera son tan doces e enriquecedores coma os intres esperados. BOMBÓN

Rojo o por qué el bullying no es divertido, de Jan de Kinder. Para vencer o acoso escolar é importantísimo o papel dos que non son nin vítimas nin acosadores: os nenos/as que cada día son testigo das vexacións por parte duns compañeiros a outros. Esta é unha historia para que os espectadores do acoso escolar se decaten desa gran responsabilidade e dese gran poder que teñen.

El libro valiente, de Moni Port. Un fantástico conto sobre o normal e importante que é que as persoas sintamos medo, como afecta o medo ao noso corpo e como, ás veces, queremos sentir medo por pracer. O libro axuda a establecer un diálogo cos nenos e nenas acerca dos seus medos e de que facer con eles, tratando sempre o tema de maneira natural. BOMBÓN

Page 4: Seleccionados SOLF nº11 (Marzo 2015)

Seleccionados “SOLF” XANEIRO-MARZO 2015

3 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos de aventuras:

Ahab y la ballena blanca, de Manuel Marsol. Fermosísima homenaxe a Moby Dick. Este conto pode servir como achegamento ao clásico de Herman Melville e servir de detonante para espertar a curiosidade sobre esta gran historia de aventuras que nos transmite tantas mensaxes. Na biblioteca atoparedes máis versións infantís, coas que poderedes seguir traballando e investigando en familia sobre este clásico da literatura universal. Premio Internacional de Álbum Ilustrado Edelvives. Un dos cinco mellores álbumes ilustrados de 2014 (Babelia).

Biografías:

Federico García Lorca para niños, de Ian Gibson. Cunha gran dozura este libro conta aos máis pequenos/as os acontecementos máis importantes da vida de García Lorca e como estes influiron na súa obra. Emprega unha linguaxe moi sinxela para que podan entender todos os conceptos e esperten a súa curiosidade pola figura do poeta. Na mesma colección: Antonio Machado para niñas y niños.

Temático:

¡Qué rico!, de Anke Kuhl e Alexandra Maxeiner. Este divertido libro recolle curiosidades moi interesantes sobre os usos e costumes relacionados coa comida en todo o mundo: como cambiou ao longo da historia a maneira de procurar os alimentos, as diferentes comidas en cada país, os pratos típicos de cada festa, a relación entre a comida e as emocións ou mesmo as diferentes posturas do corpo á hora de comer. BOMBÓN

Bienvenido a la familia, de Mary Hoffman. Un estupendo catálogo de maneiras de chegar a unha familia (por parto natural, adopción, acollemento…) e da gran variedade de familias que existen hoxe en día (monoparental, de proxenitores homosexuais, familias reconstituidas…). Este libro amosa aos máis pequenos as diferentes realidades que se atopan na nosa sociedade, todas igual de valedeiras.

Page 5: Seleccionados SOLF nº11 (Marzo 2015)

Seleccionados “SOLF” XANEIRO-MARZO 2015

4 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sección infantil I3 (de 9 a 12 anos)

Contos clásicos, populares, tradicionais:

Lo que no vio Caperucita Roja, de Mar Ferrero. Con esta nova versión do clásico infantil imos revisar a historia de Carapuchiña Vermella, esta vez contada en primeira persoa por ela mesma, o lobo, a avoíña e os animais do bosque. É un conto moi interesante para decatarnos de que as cousas son sempre segundo o cristal con que se miran.

Contos de humor:

O meu pesadelo favorito, de María Solar. Manuel cae enfermo con febre e, como na aldea non hai médico, o veterinario encárgase de atendelo. Entre xarope de cans, xarope de gatos, sono e alta temperatura, Manuel cae nun estado febril no que non sabe se soña ou delira. Un extraterrestre, un vendedor de olores, zombis e dinosauros vanse pasear pola súa cabeciña durante os días de repouso, facendo deste conto un relato moi fantasioso e divertido.

Temático:

Cociña infantil e familiar. Dous novos volumes desta colección súmanse ao noso fondo; os referentes ás Carnes e aos Chocolates. En cada un deles atopamos 20 receitas sinxelas para facer en familia. Unha proposta para unha actividade creativa e experimental que ao mesmo tempo fomenta o valor da corresponsabilidade nas tarefas domésticas nos nenos e nenas. Na mesma colección: Arroces, Menús para festas, Peixes, Pastas e pizzas.

Page 6: Seleccionados SOLF nº11 (Marzo 2015)

Seleccionados “SOLF” XANEIRO-MARZO 2015

5 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sección Xuvenil (a partir de 12 anos)

Temático:

Y Picasso pinta Guernica, de Alain Serres. Guernica, de Picasso, é unha das obras máis belas, expresivas e relevantes da pintura universal. Nesta obra didáctica Alain Serres explica aos nenos e nenas todas as circunstancias da súa creación, parándose nos aspectos máis significativos da vida de Pablo Picasso e dos acontecementos históricos que o levaron a pintar este cadro. Para moitos nenos/as pode supoñer un primeiro achegamento ao artista, polo que de seguro sentirán unha grande curiosidade logo de ler este libro.