seleccionados solf nº 14 (decembro 2015)

6
SELECCIONADOS OUTUBRO-DECEMBRO 2015 SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILAS DECEMBRO 2015 (Boletín SOLF número 14) Biblioteca Pública Municipal de Narón R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña 981 382 173 [email protected]

Upload: biblioteca-publica-municipal-de-naron

Post on 14-Jan-2017

166 views

Category:

Services


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)

SELECCIONADOS OUTUBRO-DECEMBRO 2015

SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE

LECTURA ÁS FAMILAS

DECEMBRO 2015 (Boletín SOLF número 14)

Biblioteca Pública Municipal de Narón

R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña

981 382 173

[email protected]

Page 2: Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)

Seleccionados “SOLF” número 13 OUTUBRO-DECEMBRO 2015

1 Biblioteca Pública Municipal de Narón

SELECCIONADOS: CONTOS E OUTROS DOCUMENTOS SELECCIONADOS ENTRE AS ÚLTIMAS INCORPORACIÓNS AO FONDO

INFANTIL-XUVENIL NO TRIMESTRE OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO DE 2015

“SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILIAS”

Boletín SOLF número 14

Bebeteca (Bebés de 0 a 36 meses)

Non hai berce coma o colo. Libro-disco con aloumiños e cantigas de berce da nosa tradición oral para adormecer aos máis pequeniños/as. Parten dun respecto polo bebés e pola crianza con apego.

Sección infantil I1 (de 3 a 6 anos)

Contos de animais, da natureza:

El huevo del erizo, de Nozomi Takahashi. Un conto sobre a ilusión e a perseveranza e a importancia de loitar con todas as forzas para acadar o que se desexa.

Page 3: Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)

Seleccionados “SOLF” número 13 OUTUBRO-DECEMBRO 2015

2 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos da vida real:

El niño nuevo, de Lauren Child. Este é un conto co que moitos nenos e nenas se sentirán identificados pois describe o remuíño de sensacións contradictorias que supón a chegada dun novo bebé á casa e o proceso de adaptación e aceptación do novo membro da familia por parte dos fillos máis grandes.

Nacido del corazón, de Berta Serrano. Aos 5 ou 6 anos (idade á que se orienta este conto) moitos nenos e nenas xa saben que os bebés non veñen de París nin nacen dun repolo, senón que saen das barriguiñas das mamás. Con este conto entenderán que tamén hai nenos e nenas que nacen dos corazóns a partir dunha semente de ilusión. Para entender o proceso de adopción.

Un libro, de Hervé Tullet. Unha interesante proposta de interactuación. Non é un conto senón un libro-xogo que nos vai dando instruccións para crear, mover ou axitar cores. De cada acción que fagamos veremos a consecuencia na páxina seguinte.

El primer paso, de Bob Graham. O bebé érguese torpe e lentamente, inclínase hacia diante e da o seu primeiro paso. Nese mesmo instante a vida segue transcurrindo ao outro lado da parede, no parque, na praia, nos despachos dos rañaceos, na panadería… e cada páxina deste álbum así a describe. Un conto para decatarnos do pequeniños que somos no universo e tamén para aprender a observar todo o que nos rodea, as cousas das que formamos parte. BOMBÓN.

Page 4: Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)

Seleccionados “SOLF” número 13 OUTUBRO-DECEMBRO 2015

3 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Sección infantil I2 (de 6 a 9 anos)

Contos de medo:

A todos los monstruos les da miedo la oscuridad, de Michaël Escoffier. Para que os nenos e nenos saiban que, se escoitan berrar a un monstro non é porque quera asustalos, senón porque eles tamén choran de medo e teñen pesadelos. O único que hai que facer para calmalos é tratalos con agarimo e contarlles un conto. Un conto “de terror” tratado con moito humor para aprender a dominar os medos do momento de ir á cama.

Contos da vida real:

Letras al carbón, de Irene Vasco. Un conto sobre a alfabetización que amosará aos máis pequenos a maxia que hai na posibilidade de comunicarse mediante a lectura e a escritura. Se o teu pequeno/a aínda non sabe ler, sen dúbida este conto vai espertar a súa curiosidade e interese e, se xa sabe, serviralle para decatarse do importante e especial que é saber facelo.

Todo patas arriba, de Pablo Albo. De como algo tan simple e habitual coma un bico acaba desencadenando unha explosión de acontecementos con centos de personaxes implicados e tamén de cómo todo vai recobrando a calma para volver a quedar coma estaba antes (ou non?).

Contos de humor:

Mi papá, de Coralie Saudo. O papá protagonista deste conto é un chisco rebuldeiro e non quere ir durmir. Que se a luz, que se o conto, que se outro conto… O seu pobre fillo terá que facer mil e unha filigranas para conseguilo. Será quen de mandar ao seu pai para a cama? Un conto para tomarse con humor unha situación que se vive cada noite en moitos fogares.

Page 5: Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)

Seleccionados “SOLF” número 13 OUTUBRO-DECEMBRO 2015

4 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Biografía:

Malala, una niña valiente de Pakistán. Iqbal, un niño valiente de Pakistán. Libro coas nocións máis básicas sobre a vida de Malala Yousafzai e Iqbal Masih, dous referentes na loita dos nenos e nenas do mundo pola defensa dos seus dereitos.

Temático:

El gran libro de las emociones, de Mary Hoffman. Podería decirse que é un catálogo de emocións e sentimentos e das circunstancias que nos levan a experimentar uns e outros. Un manual para aprender a recoñecer e nomear as propias emocións e entender e respectar as alleas. Abre a porta ao diálogo entre pais e fillos.

Sección infantil I3 (de 9 a 12 anos)

Contos fantásticos:

El secreto de Sofía, de Niñocactus. Un ramiño de contos sobre os obxectos que rodean a Sofía e os segredos que garda cada un deles. Pouco a pouco iremos fiando as pistas que cada obxecto nos da e que nos levarán a descubrir o segredo de Sofía ao mesmo tempo que o descobre tamén ela.

Contos de humor:

Un cuento y veinit3 sonrisas, de Aurora Rúa. Todo neste conto é fantástico: un texto que anima a vivir sempre cun sorriso acompañado de imaxes nas que vintedous ilustradores de recoñecida traxectoria fan a súa propia versión dun mesmo cadro, a Gioconda. BOMBÓN

Page 6: Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)

Seleccionados “SOLF” número 13 OUTUBRO-DECEMBRO 2015

5 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos da vida real:

Os dereitos da infancia. Un libro con dez contos, un por cada un dos principios que recolle a Declaración Universal dos Dereitos do Neno aprobada pola ONU en 1959. Para que os nenos/as coñezan e recoñezan os dereitos que lles son propios.

Biografía:

Emilia Pardo Bazán, de María Xosé Queizán. Din que ler unha biografía é coma coñecer a unha nova persoa. Aquí temos unha oportunidade de coñecer a Emilia, a nosa paisana, unha muller forte, culta, inqueda, curiosa e con ansia de saber. Podemos ler este libro coma se de un conto se tratase, coa alegría e a fachenda de saber que a súa protagonista existiu en realidade.

Temático:

Colección Cociña infantil e familiar. Aos seis títulos que xa tiñamos sumámoslles este trimestre os de Pratos do mundo, con vinte receitas moi sinxelas da cociña internacional e Xeados,, con propostas para elaborar distintas versión deste doce.

¡No tires de la cadena!, secretos científicos sobre la caca y el pis, de Mary Richard Platt. A autora deste manual aproveita o interese que a maioría dos nenos e nenas teñen por todo o escatolóxico para introducir interesantísimas nocións científicas sobre os excrementos e os ouriños