seleccionados 7ª xuntanza solf (marzo 2014)

7
SELECCIONADOS XUNTANZA DO “SOLF” SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILAS MARZO 2014 Biblioteca Pública Municipal de Narón R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña 981 382 173 [email protected]

Upload: biblioteca-publica-municipal-de-naron

Post on 26-Jun-2015

59 views

Category:

Education


13 download

DESCRIPTION

Libros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre decembro de 2013 e marzo de 2014. Presentados o venres 14 de marzo na 7ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón

TRANSCRIPT

Page 1: Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)

SELECCIONADOS 7ª XUNTANZA DO “SOLF”

SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS

FAMILAS

MARZO 2014

Biblioteca Pública Municipal de Narón

R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña

981 382 173

[email protected]

Page 2: Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)

Seleccionados “SOLF” 7ª Xuntanza, 14 de marzo de 2014

1 Biblioteca Pública Municipal de Narón

SELECCIONADOS: CONTOS E OUTROS DOCUMENTOS PRESENTADOS NA SÉTIMA XUNTANZA DO

“SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILIAS”

VENRES 14 MARZO DE 2014

Sección infantil I1 (de 0 a 6 anos)

Contos clásicos, populares, fábulas:

A galiña roxa, de Pilar Martínez. Neste conto popular adaptado ponse de manifesto a importancia do traballo en equipo e a colaboración nas tarefas. O valor do esforzo ven sempre recompensado. No conto sucédense esceas repetitivas propias dos contos populares que tanto gustan aos máis pequenos/as.

Contos da vida real:

Que tal estás?, de Anthony Browne. Este é un álbum ilustrado para coñecer as nosas emocións a base de palabras a imaxes sinxelas. Hai veces que estamos tristes, outras sorprendidos, noutras temos fame… aprender a identificar e a expresar as nosas emocións axúdanos no proceso de crecemento e socialización.

Un día de neve, de Ezra Jack Keats. Unha historia sinxela dun neno nun día nevado. O máis salientable do conto son as súas ilustracións, feitas con diferentes técnicas que se explican nas cubertas do libro e que poden servir de inspiración para facer en familia.

Cosas de otro planeta, de Antonio Vicente. Un conto acerca do que un pequeno marciano coñece sobre o planeta Terra grazas a un libro que lé todas as noites. Para que os nenos e nenas entendan o valor da lectura como veículo que nos transporta a lugares lonxanos e nos leva a vivir moitas outras vidas.

Page 3: Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)

Seleccionados “SOLF” 7ª Xuntanza, 14 de marzo de 2014

2 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos fantásticos:

La campeona mundial de mantenerse despierta, de Sean Taylor. En contra do que o título poda suxerir, este é un conto ideal para a hora de ir á cama. Stella quere ir durmir, pero os seus bonecos teñen mellores cousas que facer, así que deberá evocar unha viaxe en barco, en tren e en globo para que as súas cabeciñas empecen a imaxinar e teñan doces soños.

Contos de humor:

Cuando el yayo era peque, de Lilli Messina. Un divertidísimo contrapunto entre as “batalliñas” que contan os avós e o que os nenos e nenas entenden. A forza narrativa descansa nas ilustracións, que son as que transmiten a información principal das lembranzas do vello e a imaxinación do neno. BOMBÓN

Contos da animais, da natureza:

Abezoo, de Carlos Reviejo. É un simpático libro en verso que nos serve para coñecer ou repasar as letras do abecedario, pero tamén os nomes de moitos animais domésticos, da granxa ou da selva. Ten un ritmo moi lixeiro e un vocabulario sinxelo que fará que moi posiblemente os nenos e nenas acaben aprendendo de memoria algúns dos poemas. As ilustracións son moi coloridas e cheas de vida.

Contos en inglés:

Serie “Emily and Alex”, de Harriet Ziefert. Dous libros para adquirir vocabulario básico en inglés. O texto está tamén en castelán para facilitar a aprendizaxe, aínda que as ilustracións non deixan lugar a dúbidas. Emily e Alex son dous mellizos moi diferentes e as súas particularidades quedan descritas a base de contrarios.

Poesía:

Verdedades, de Yolanda Castaño. É un libro moi curioso cunhas estupendas ilustracións de Xosé Tomás. A través de estrofas de catro versos podemos coñecer o nome das diferentes árbores e prantas de Galicia. Podemos xogar con algunha delas a modo de adiviñas.

Page 4: Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)

Seleccionados “SOLF” 7ª Xuntanza, 14 de marzo de 2014

3 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Temático:

Bicos de música, de Mamá Cabra. LIBRO + CD+ DVD Karaoke. O coñecido grupo galego Mamá Cabra nos presenta un novo disco con cancións infantís moi pegadizas. O libro recolle a letra das cancións e o DVD nos ofrece a posibilidade de cantalas coa súa música. Fermosa mestura de rock, blues, jazz, valse e música tradicional galega.

Sección infantil I2 (de 6 a 9 anos)

Contos fantásticos:

O estrambótico principiño, de Pinto & Chinto. O popular dúo de autor e ilustrador galegos ofrécenos unha divertida versión do clásico Principiño para espertar nos nenos e nenas a curiosidade pola obra de Saint-Exupéry. Un conto para disfrutar pequenos e grandes, tanto se coñecedes a obra orixinal coma se non.

Contos de humor:

Un canguro polo Nadal, de James Flora. Catarina recibe por correo un agasallo do seu tío Dingo. O agasallo máis sorprendente que vai cambiar a súa vida por completo; unha canguro á que lle pon de nome Adelaida. O conto está cheo de humor chispeante coas reaccións que provoca a canguro. BOMBÓN

Ser Filiberta, de Mar Pavón. En contra do que os adultos piden (Que me toque a lotería, ser a nova directora do colexio, que os prezos dos produtos do mercado baixen…) María só ten unha teima, ser Filiberta. É que, cada un desexa o que considera importante para ser feliz. Este conto é unha alabanza ás cousas que de verdade son importantes e ao amor pola lectura.

Page 5: Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)

Seleccionados “SOLF” 7ª Xuntanza, 14 de marzo de 2014

4 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos de animais, da natureza:

Tres gallinas y un pavo real, de Lester L. Laminack. Un conto que pon de manifesto a importancia de aceptarnos tal como somos e coñecer as nosas limitacións sen ter que comparar as nosas cualidades coas dos demáis. Ten unhas ilustracións moi coloridas e expresivas.

Poesía:

Dos que se quieren, de Jürg Schubiger. O amor é o protagonista neste libro de poemas escrito e ilustrado por dous gañadores do Premio Hans Christian Andersen. Un conto estupendo para reflexionar sobre este sentimento e os que o acompañan (ledicia, melancolía, afastamento, esperanza…).

Abecé diario, de Raúl Vacas. A partir de cada letra do abecedario, Raúl Vacas idea un poema disparatado que esperta todos os sentidos e a imaxinación das persoas que amamos as palabras. Máis alá da típica rima de todos os poemas, é fascinante a maneira na que xoga coas palabras (cortándoas, inventándoas, modificando o seu xénero… )e nos fai xogar tamén a nós. BOMBÓN

Sección infantil I3 (de 9 a 12 anos)

Contos populares, tradicionais:

Non hai escapatoria e outros contos marabillosos, de Tim Bowley. Unha vez máis, o gran contador inglés Tim Bowley ofrécenos unha recopilación de contos recollidos da tradición oral de Galicia, España e Portugal. Cada un deles é unha pequena xoia que foi transmitida de boca a orella durante anos e anos. Dispoñible en galego e castelán (El rey Oso Blanco y otros cuentos maravillosos).

Page 6: Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)

Seleccionados “SOLF” 7ª Xuntanza, 14 de marzo de 2014

5 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos de aventuras:

Mamá se va a la guerra, de Irene Aparici Martín. Un conto para explicar aos nenos como é a loita contra o cancro de mamá. Presenta esta terrible circunstancia coma unha aventura na que unha raíña (a nai) vai loitar coa axuda dun Xeneral (o doutor) e os seu exército (glóbulos brancos e vermellos) contra uns invasores na zona de conflito (o seu corpo). Aínda que emprega metáforas, o sentido do texto está claro e vese reforzado polas ilustracións.

Contos da vida real:

El autobús de Rosa, de Fabrizio Silei. Un conto para coñecer a figura de Rosa Parks, que con un xesto firme, pacífico e valente foi quen de cambiar a historia social dun país. Ten unhas ilustracións fermosísimas que xogan coas cores e o branco e negro para facer saltos no tempo. BOMBÓN – PARA LER ACOMPAÑADOS

Maniática de la explicación, de Adriana Falcao. Á protagonista deste conto gustaríalle que o mundo fose máis sinxelo e, para iso, tenta buscar unha explicación para cada unha das súas preguntas. As respostas están cheas de inxenio e poesía e as ilustracións do conto veñen a reforzar todavía máis esta maxia. BOMBÓN

Contos fantásticos:

A cociña de Toto Murube, de José A. Ramírez Lozano. Toto soña con ser cociñeiro, con elaborar receitas que alimenten, non os corpos, senón as almas e os corazóns. O ingrediente principal dos seus pratos son as palabras. Un conto moi especial que pon de manifesto a importancia da comunicación e do enriquecemento cultural.

Page 7: Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)

Seleccionados “SOLF” 7ª Xuntanza, 14 de marzo de 2014

6 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos de humor:

Lola se embala y otros cuentos terribles, de Wilfried von Bredow. A gracia destes contos está nas esaxeradísimas consecuencias que sofren os seus protagonistas por mor dos seus comportamentos, moi lonxe do que soe ser habitual nos contos infantís modernos. O texto está escrito con pareados que lle dan moito ritmo e frescura. BOMBÓN

Temático:

Londres, grandes secretos para pequeños viajeros, de Klay Lamprell. Da colección “Mi primera Lonely Planet”, da que xa temos outros títulos (París, Roma, China…) que tanto éxito teñen entre os máis pequenos. Unha maneira divertida de achegarse por primeira vez aos diferentes estilos de vida nas cidades doutros países.

Sección xuvenil:

Narrativa:

El enemigo, de Davide Cali. É un precioso álbum ilustrado sobre os sinsentidos das guerras. Un soldado reflexiona dende o seu agocho sobre os seus sentimentos máis profundos e a idea que ten sobre o seu inimigo, que, ao igual que el, está agochado esperando a fin da guerra. Está claro que o inimigo é un ser monstruoso, el é o culpable da guerra. Pero no fondo, como saber cal dos dous soldados é o inimigo?