seleccionados 10. solf decembro 2014

5
SELECCIONADOS OUTUBRO-DECEMBRO 2014 SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILAS DECEMBRO 2014 Biblioteca Pública Municipal de Narón R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña 981 382 173 [email protected]

Upload: biblioteca-publica-municipal-de-naron

Post on 14-Jul-2015

26 views

Category:

Services


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Seleccionados 10. SOLF Decembro 2014

SELECCIONADOS OUTUBRO-DECEMBRO 2014

SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE

LECTURA ÁS FAMILAS

DECEMBRO 2014

Biblioteca Pública Municipal de Narón

R/ 25 de Xullo, s/n 15570 Narón, A Coruña

981 382 173

[email protected]

Page 2: Seleccionados 10. SOLF Decembro 2014

Seleccionados “SOLF” OUTUBRO-DECEMBRO 2014

1 Biblioteca Pública Municipal de Narón

SELECCIONADOS: CONTOS E OUTROS DOCUMENTOS SELECCIONADOS ENTRE AS ÚLTIMAS INCORPORACIÓNS AO FONDO

INFANTIL-XUVENIL NO TRIMESTRE OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO DE 2014

“SERVIZO DE ORIENTACIÓN DE LECTURA ÁS FAMILIAS”

Sección infantil I1 (de 0 a 6 anos)

Contos da vida real:

Miércoles, de AnnE Bertier.

Un sinxelísimo conto tanto no seu texto como nas ilustracións. Estas últimas están

feitas unicamente cun cadrado azul e un círculo laranxa sobre un fondo branco. As

dúas figuras, Redondelito e Gran Cuadrado, son amigos e xogan cada mércores

xuntos ata que as súas diferenzas fan que teñan unha gran discusión. A solución

que atopan para arranxala é a gran mensaxe deste libro: a convivencia, a tolerancia,

a xustiza e a igualdade.

Ademáis, o libro ofrece un magnífico xogo de imaxinación no que vemos como entre as dúas figuras poden

dar lugar a moitas outras máis, invitándonos tamén a crear e imaxinar xunto cos nenos e nenas outras

posibles formas.

BOMBÓN

Contos de aventuras:

La visita de los domingos, de Matteo Gubellini. Un conto para desmitificar os temibles monstros que sacan o sono a tantos nenos e nenas e aprender que as apariencias enganan. Ao mesmo tempo amósanos o importante que é o papel da familia no xogo infantil.

Page 3: Seleccionados 10. SOLF Decembro 2014

Seleccionados “SOLF” OUTUBRO-DECEMBRO 2014

2 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos da animais, da natureza:

No hace falta la voz, de Armando Quintero.

Un conto que pon de manifesto a importancia da linguaxe non verbal (os acenos, o contacto físico) como

medio de comunicación esencial entre os seres humanos.

Ademáis permítenos coñecer os nomes dos animais e das súas crías

(do lobo o lobezno, da vaca o becerro), e aprendemos a identificar

os seus sons. A ovella bala, o elefante barrita… pero a xirafa non ten

voz, aínda que veremos que tampouco a precisa para expresar o

seu amor.

Sección infantil I2 (de 6 a 9 anos)

Contos de animais, da natureza:

Unha feliz catástrofe, de Adela Turín. A catástrofe na casa da familia Rato pon todo patas arriba e muda a súa vida monótona e plana nunha nova chea de aventuras onde todos os membros son máis felices. É un alegato contra os estereotipos de xénero e a favor do cambio no reparto dos roles familiares.

Caracol, de Aurelio González Ovies. Conto rimado sobre o amor máis puro, o que nada espera. O noso protagonista caracol está namorado dunha estatua do xardín. Todos os días pasa por riba dela para beberlle as bágoas, para adornar as súas orellas con resplandescentes gotas de rocío, para espantarlle as arañas e os gatos con alegres paxaros, en definitiva, para facela feliz. BOMBÓN

Page 4: Seleccionados 10. SOLF Decembro 2014

Seleccionados “SOLF” OUTUBRO-DECEMBRO 2014

3 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contos de aventuras:

La ladrona de sellos, de Juan Antonio Blasco.

Todos/as coñecemos o conto da Carapuchiña Vermella pero, podemos considerar

que ten un final feliz? A protagonista non o ve do todo así, xa que sente unha gran

culpa polo triste final do lobo e quere pedirlle perdón. Comunicarse con alguén que

xa non está non é doado, pero veremos que Carapuchiña pode conseguilo seguindo

os consellos do seu carteiro.

Un conto para a paz, o perdón e a reconciliación.

Contos clásicos:

Mucho cuento, de Enrique Páez. A Bela adormecida esperta do seu sono de cen anos e atopa o mundo moi diferente do que ela esperaba e do que os contos clásicos nos ensinaron. Os personaxes da literatura popular infantil mestúranse libremente neste conto dando lugar a historias moi diferentes das que coñecemos.

Sección infantil I3 (de 9 a 12 anos)

Temático:

Quiero baliar flamenco, de Azucena Huidobro. Sara acaba de iniciarse no baile flamenco e quere contar a todos os nenos e nenas todos os segredos desta danza. Levantando as solapiñas do libro iremos descubrindo datos sobre a vestimenta e os complementos, pero tamén sobre a música, os compases ou os palos do flamenco. Un libro para espertar a curiosidade por esta e outras danzas.

Page 5: Seleccionados 10. SOLF Decembro 2014

Seleccionados “SOLF” OUTUBRO-DECEMBRO 2014

4 Biblioteca Pública Municipal de Narón

Bajomundo : explora el mundo secreto bajo tus pies, de Jane Price.

Unha obra interesantísima coa que faremos unha viaxe polo mundo subterráneo

para descubrir moitas e moi diversas curiosidades sobre el: como se forman os

volcáns, como é o mundo das covas e das madrigueiras, que animais viven baixo

terra, que diferentes tipos de tumbas subterráneas hai, que recursos podemos

atopar baixo os nosos pés, como é París debaixo das súas rúas…

A obra está tratada dende o rigor pero cunha linguaxe desenfadada. As ilustracións están cheas de

pequenos detalles.

BOMBÓN

Sección Xuvenil (a partir de 12 anos)

Narrativa:

Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Román, un neno de dez anos aspirante a chef, recibe polo seu aniversario un sobre negro coas instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida fai dous séculos. Entre receita e receita (hai doce, unha introducindo cada capítulo) vemos desfilar un feixe de personaxes resucitados que fan da narración un prato combinado de aventura, maxia e moito humor. Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.

O agasallo de Anya, de Sabela Núñez Singala.

Este conto nárranos un ano enteiro da vida de Xiana e Anya, dúas nenas que non se

coñecen entre si pero que están unidas por moitos máis fíos dos que as súas

aparentes diferenzas amosan.

Coñecemos a vida de Xiana mediante as entradas que publica no seu blogue e os

comentarios que lle deixan os seus achegados. Paralelamente, lemos no caderno de

Anya todos os seus sentementos e inquedanzas.

BOMBÓN.