seguridade na internet. #bmc@segura

8
SEGURIDADE EN INTERNET

Upload: bibliotecas-municipais-de-a-coruna

Post on 07-Jul-2015

148 views

Category:

Internet


11 download

DESCRIPTION

Guía de recursos bibliográficos e electrónicos para sacarlle rendemento a internet dun modo seguro.

TRANSCRIPT

Page 1: Seguridade na Internet. #BMC@segura

SEGURIDADE EN INTERNET

Page 2: Seguridade na Internet. #BMC@segura

@ DEINFORMACIÓN@ DEINFORMACIÓN@ DEINFORMACIÓN@ DEINFORMACIÓN

TÉCNICAS DE HACKER PARA PADRES: CÓMO CONTROLAR LO QUE HACE TU HIJO

CON EL ORDENADOR

Mar Monsoriu Flor / Creaciones Copyright, 2007

Cunha linguaxe clara e amena explícase aos pais as medidas que poden

tomar para controlar o uso que os seus fillos fan do ordenador, chegando a medidas

como a vixilancia das conversacións mantidas ou o descubrimento de claves.

LO QUE HACEN TUS HIJOS EN INTERNET: UNA GUÍA PARA PADRES

Leonardo Cervera / Integral, 2009

Leonardo Cervera nos anima a que, como pais, asumamos a

responsabilidade de protexer os nosos fillos dos efectos máis perniciosos da rede.

Debemos ser conscientes tamén do que significa a tecnoloxía para os nosos fillos e

orientalos cara a un uso positivo de internet para que esta ferramenta se converta

nun aliado da súa formación e educación.

ADICCIÓN A LAS REDES SOCIALES Y NUEVAS TECNOLOGÍAS EN NIÑOS Y

ADOLESCENTES

Enrique Echeburúa / Pirámide, 2012

Explícanse de forma práctica os indicadores que alertan do paso dunha afección a

unha adicción e detállanse os principais factores de risco e de protección para os

mozos a nivel psicolóxico, familiar e social. Por último, facilítanse algunhas indicacións

útiles relativas ao uso axeitado das novas tecnoloxías en función da idade e sinálanse

as principais vías de actuación para conseguir unha prevención eficaz.

PROTEJA A SUS HIJOS EN FACEBOOK

Claudio Veloso / Marcombo, 2014

Esta obra considera a preocupación pola inseguridade nas redes sociais,

especificamente en Facebook. Os usuarios máis vulnerables, nenos e adolescentes,

encóntranse expostos en forma constante ante a inmensidade da Web. Vostede

aprenderá a: Configurar unha conta considerando os aspectos de seguridade e

privacidade, editar o perfil de usuario, etc.

HACKERS. APRENDE A ATACAR Y A DEFENDERTE

Julio Gómez López / Ra-Ma, 2014

No libro aprenderá as técnicas que se utilizan para buscar e comprobar as fallas de

seguridade dun sistema informático. A gran cantidade de software vulnerable que

existe no mercado fixo que os hackers sexan capaces de desenvolver exploits

deseñados contra sistemas que aínda non teñen un parche ou actualización

dispoñible de fabricante, capaz de emendar as fallas de vulnerabilidade. O

administrador dun sistema informático debe estar preparado para afrontar calquera

erro de seguridade que poida comprometer a seguridade do sistema.

Page 3: Seguridade na Internet. #BMC@segura

50 COSAS QUE HAY QUE SABER SOBRE MUNDO DIGITAL

Tom Chatfield /Planet , 2012

Este libro introdúcete nos principais conceptos e ideas que vertebran o mundo dixital.

Dende os máis fundamentais e coñecidos como a World Wide Web ou o email, ata os

que condicionarán a economía e a ciencia do futuro, como o Crowdsourcing ou o

Cloud Computing.

IPAD PARA NIÑOS

Sam Costello/ Anaya Multimedia , 2013

Este libro contén instrucións con capturas a toda cor para que poidas aprender as

principais funcións do teu iPad e as súas aplicacións. Se te encontras con problemas

ou limitacións, aquí encontrarás a axuda que necesitas. Saca o máximo partido ao teu

aparato cos consellos e as notas. Aproveita os exercicios paso a paso para utilizar o

teu iPad na casa, no colexio e tamén para divertirte.

USABILIDAD EN DISPOSITIVOS MÓVILES

Jakob Nielsen / Anaya Multimedia , 2013

Esta obra axúdanos a comprender como crear aplicacións e sitios web para

dispositivos móbiles, destacando como elemento clave " a usabilidade " e

sen perder de vista as futuras tendencias. Baseado en diferentes estudos

internacionais onde participaron máis de 150 persoas, este libro ofrece unha visión

completa do mundo dos dispositivos móbiles.

IPAD EDICIÓN IOS7

J.D.Biersdorfer / Anaya Multimedia , 2014

Aprenderá a importar, crear e reproducir arquivos multimedia; a comprar on-line sen

cables; a sincronizar contido en varios dispositivos; a estar en contacto por Internet,

mesmo poderá ocuparse dos seus negocios.

INTERNET DE LAS COSAS: LA TECNOLOGÍA REVOLUCIONARIA QUE TODO LO

CONECTA

Adrian McEwen, Hakim Cassimally / Anaya Multimedia , 2014

Internet de las cosas combina o diseño e o hardware, o software e a Web para crear

obxetos divertidos, interactivos e prácticos que poidan sentir e responder a estímulos

online ou a cambios do seu contorno.

APPS HTML5 PARA MÓVILES

Damián De Luca / Marcombo , 2014

Este libro ofrécenos un completo percorrido sobre as posibilidades que brinda hoxe o

desenvolvemento de aplicacións Web para smartphones e tablets. Mediante

conceptos e exemplos, internarémonos no mundo dos móbiles e cun proxecto

práctico como fío condutor aprenderemos a pensar cada etapa.

Page 4: Seguridade na Internet. #BMC@segura

ACCEDA AL MUNDO SIN SALIR DE CASA CON INTERNET

Ana Martos Rubio / Anaya Multimedia , 2009

Este libro axudaralle a entender a informática e a utilizala e, ademais, a gozar dela.

Aquí ten un método sinxelo, unha forma cómoda de achegase ao mundo do

ordenador e de extraer todo o seu contido práctico. Compróbeo. Esta guía levarao da

man paso a paso, cunhas instrucións doadas, claras e precisas, sen complicacións nin

tecnicismos. Todo é visible e todo está claro.Todo está ao seu alcance.

EXPRIME TWITTER

Tim O'Reilly, Sarah Milstein/ Anya Multimedia , 2010

Como guía didáctica e a toda cor, Exprime Twitter contén exemplos que lle serán de

grande axuda, consellos sólidos e explicacións sinxelas que serán a súa garantía para

converterse en todo un experto en Twitter.

FACEBOOK PARA MAYORES

Ana Martos Rubio / Anaya Multimedia , 2014

Se se encontra nesa idade na que, despois de gozar de moitas cousas, non quere

perderse nada do mundo actual, este libro é para vostede. Só necesitará un pouco de

tempo, un pouco de ilusión, e un moito de curiosidade. Con esta obra será capaz de

entrar en Facebook, ver o que lle ofrece e o que pode extraer desta rede social con

facilidade, comodidade e sen complicacións.

FOTOBLOGUEO: TODO SOBRE DISEÑO, CONTENIDOS, REDES SOCIALES,

PROMOCIÓN Y NEGOCIO

Jolie Anne Odell / Océano , 2014

Elixe a plataforma e deseña o teu fotoblog. Sé creativo e impacta aos internautas coas

túas fotografías. Traballa a túa imaxe nas redes sociais. Crea a túa propia comunidade

on-line. Promociona o teu traballo. Rentabiliza a túa actividade.

NUMERATI. LO SABEN TODO DE TI

Stephen Baker / Círculo De Lectores , 2010

«Unha lectura imprescindible sobre a tendencia cultural máis sorprendente de hoxe:

o aumento dunha elite de matemáticos que saben como manipular a nosa

información», Wired Estamos sendo vixiados. Unha chamada co móbil, un pagamento

con tarxeta de crédito, un clic en Internet... e cada un dos nosos pasos queda

rexistrado en monumentais bases de datos.

INTERNET: EDICIÓN 2015

Ana Martos Rubio / Anaya Multimedia , 2014

Este libro axudaralle a entender a informática, a utilizala e, ademais, a gozar dela.

Aquí ten un método sinxelo, unha forma cómoda de achegase ao mundo do

ordenador e de extraer todo o seu contido práctico.

Page 5: Seguridade na Internet. #BMC@segura

@ DE@ DE@ DE@ DEFICCIÓNFICCIÓNFICCIÓNFICCIÓN

¡ES UN LIBRO!

Lane Smith / Océano, 2010

O pequeno asno, afeito á tecnoloxía, non coñece o que o seu amigo. O

mono ten entre as súas mans: " Envía mensaxes? Serve como blog?

Ten Wi-Fi? Tweetea? "... " Non! É un libro! " Unha idea sinxela e

contundente que responde a todos aqueles que profetizaron o fin dos

libros imprimidos.

BASE Y EL GENERADOR MISTERIOSO

Jose Antonio Millán / Círculo De Lectores, 2002

Base enfróntase ao seu primeiro día de traballo. Coa vitalidade e o

ímpeto da xuventude, este programa de base de datos sae do CD-

ROM, descomprime os seus ficheiros, saúda aos seus novos

comapañeiros, instala as súas prezadas ferramentas polos directorios

e prepárase para iniciar a súa nova vida. A través das viviencias de

Base, coñeceremos o fascinante universo dos procesos informáticos.

VOUVOS PAPAR

Luz Méndez, Pepe Tobaruela / Xerais, 2008

É a historia de dous nenos que viven unha aventura na Internet cando

os chucha o seu ordenador. Quen é o que os quere papar?. É ben raro

todo isto, non si?. Teredes que entrar no libro para saber que lles pasa

a Tucho e a Mucha.

EL MUNDO SEGÚN LARRY

Janet Tashjian / Ediciones B, 2005

Supoñamos que decidiches crear a túa propia páxina web para

expresar as túas opinións, pero de modo completamente anónimo.

Que explicarías? Cantas inxustizas denunciarías? E agora imaxinemos

que a túa páxina web se fai inmensamente famosa. Xente de todas as

idades, de cada canto do país, búscate na rede para ler os teus

comentarios

SKELETON CREEK: El DIARIO DE RYAN

Patrick Carman / Bruño, 2010

Ryan e Sarah están atrapados no misterio de Skeleton Creek. El segue

anotando os seus descubrimentos no seu diario, e mentres tanto ela

continúa investigando e gravando en vídeo todo o que encontra ao

seu paso. Pouco a pouco, as pezas do puzle comezan a encaixar e a

revelar que os dous amigos están en grave perigo.

Page 6: Seguridade na Internet. #BMC@segura

DIARIO DE SOFÍA: DESDE EL CUARTO DE BAÑO DE CHICAS

Rose Cooper / Alfaguara, 2011

Empezar o instituto pode ser moi duro, sobre todo se non es popular.

Sofía sábeo e púxose a escribir o mellor blog do mundo

mundial.Espiando no cuarto de baño de rapazas, toma notas no seu

diario de todo o que acontece nos cambios de clase. Así consegue que

o seu blog sexa lido por todo o mundo, pero conseguir a popularidade

non é tarefa doada e ás veces terá que tomar decisións que afecten

aos seus seres queridos.

EL ROSTRO DE LA SOMBRA

Alfredo Gómez Cerdá / SM, 2011

Tres mozos regresan á casa de madrugada despois dunha festa,

borrachos. Deciden lanzar unha pedra a unha estrada para provocar

un accidente e gravalo cun teléfono móbil. Nese instante comezará

para eles un auténtico pesadelo, que removerá as súas conciencias ata

límites insospeitados

CANCIONES PARA PAULA

Blue Jeans / Everest, 2010

Amor, desamor, enredos, mentiras, traizóns... e moita música!! Unha

canción para cada momento e unha banda sonora que non poderás

deixar de cantar. BERRA QUE ME QUERES!!

EL SILENCIO SE MUEVE

Fernando Marías/ SM, 2010

Juan Pertierra aprendeu do seu pai a escoitar o silencio, ou polo

menos iso di na súa páxina web www.elsilenciosemueve.com, e ás

veces a xente acode a el en busca de axuda para resolver misterios. Iso

é precisamente o que fai Liza, unha muller preocupada polo mutismo

que invade a súa filla e que parece transportala a outro mundo.

POMELO Y LIMÓN

Begoña Oro / SM, 2011

Jorge e María son dous adolescentes como tantos outros: saen cos

seus amigos, comunícanse con eles nas redes sociais, namóranse...

Todo isto sería normal se as nais de María e Jorge non fosen tan

famosas.

Os dous rapaces vense envoltos nunha espiral de rumores da que só

saen recordando que as palabras que eliximos para contar a nosa

historia son as que realmente dan forma ao noso mundo.

Page 7: Seguridade na Internet. #BMC@segura

SPAM

Francisco Castro/ Libros de pizarra, 2013

Spam é unha novela sobre unha empresa na que os empregados viven

baixo o control absoluto e obsesivo do Xefe de Recursos Humanos. Un

individuo cuxas paixóns secretas e enfermizas se alimentan a través da

Rede, e que ocultan a súa incapacidade para relacionarse cos demais.

CROQUETAS Y WASAPS

Begoña Oro / SM, 2013

Preguntácheste algunha vez que quedará de ti cando xa non esteas?

Clara si. Xusto cando está ao bordo da piscina. E ten dúas opcións:

tirarse de cabeza cando todo o seu corpo berra para que o faga, ou

quedarse quieta tapándose as orellas coas mans.

WHA(TS)APPA PIROPOEMAS PARA MENSAJES DE MÓVIL

José María Paz Gago / Pigmalión, 2013

A medio camiño entre o piropo e a carta de amor encóntranse os

piropoemas, termo acuñado polo poeta e catedrático galego José

María Paz Gago. Está claro que os tempos cambian e que o tempo da

carta está a quedar en desuso e con el outro dos xéneros literarios

que máis páxinas utilizaron. O xénero da correspondencia. Este xénero

está abocado a utilizar o móbil se quere subsistir.

ODIO EL ROSA: HISTORIA DE SARA

Ana Alonso, Javier Pelegrín / Oxford : University, 2014

Nun futuro onde a imaxe é o máis valioso, Sara teno todo. É unha

estrela da moda e a música. Pero detrás da súa máscara, séntese

atrapada e está decidida a buscar un espazo onde poder mostrarse

como realmente é.

Odio o Rosa, a nova saga de literatura xuvenil que combina a lectura

en formato tradicional coa lectura a través de medios dixitais: a

aventura transmedia.

ODIO EL ROSA: HISTORIA DE DANI

Ana Alonso, Javier Pelegrín / Oxford : University, 2014

Dani Arenas é un prometedor futbolista que xoga no primeiro equipo

de Kine, unha poderosa franquía deportiva. Dani Dark, un bloguero

afeccionado á literatura fantástica que publica as súas historias na

rede clandestina. O que ninguén sabe é que Dani Arenas e Dani Dark

son a mesma persoa... e é de vital importancia que o seu segredo non

chegue a descubrirse.

Page 8: Seguridade na Internet. #BMC@segura

Estudio sobre a utilización da web 2.0 por parte dos menores

Está ben sabelo: una guía para manterse seguro e protexido na internet

Adicción a internet

Ciberbullying

Guías del Blog Identidad digital e redes sociais con menores

Decálogo de consellos contra o grooming

Protéxeos 2012

X1RED+SEGURA: informando e educando v1.0

http://www.protegeles.com/

http://www.google.es/safetycenter/

http://www.lineasdeayuda.es/

www.portaldelmenor.es

http://kidsandteensonline.com/

@ DE@ DE@ DE@ DEWEBWEBWEBWEB