santo tome modificado

4
O texto que estamos a analizar é un fragmento de (poñemos o nome do texto que nos dean no exame) de Santo Tomé. Antes de comezar coa análise, para poder entender o pensamento de Sto. Tomé é necesario situalo nun marco contextual, neste caso falamos do S. XIII e do que supuxo o distanciamento entre a relixión e a razón . (* metemos la vida) En canto ( Podemos dicir que o século...) ao século XIII é coñecido como época da “Gran escolástica”, pola relevancia de Tomé de Aquino e do seu mestre Alberto Magno, xa que é un período de asimilación e cristianización da filosofía aristotélica pola orde os dominicos. (Neste período) desenvólvense outras ideas que anticipan a crise da relación da razón e a fe. Máis tarde hai un retorno á filosofía de Agostiño de Hipona, pero destaca o labor que exerceron na Escola de Oxford os franciscanos ,( Roberto G. e Roger Bacón) que xunto as teses mantidas polo agostinismo que profesan , sosteñen un principio máis proximo ao aristotelismo. Por outra banda, a lóxica acepta a lóxica aristotélica, oriéntase nunha nova dirección, é dicir, no estudo das propiedades dos termos fundamentais de todas as ciencias. Para rematar, un grupo de pensadores cristiáns, destacando Siger de Brabante, acepta a versión do aristotelismo da man de Averroes,filósofo musulmán. Esta corrente, chamada averroísmo, rexeita a distinción nos seres da esencia-existencia. O averroísmo latino foi un movemento que tiña teses contrarias ás cristiás, como afirmación da eternidade do mundo ou a negación da inmortalidade. Para salvar a situación introduciu a teoría da dobre verdade, se a filosofía e a relixión conducen a verdades opostas, ambas terán validez no seu campo de aplicación. A resposta da dobre verdade non convenceu a Igrexa, e isto provocou o enfrontamento entre a filosofía aristotélica e a teoloxía platónica cristiá estaba servido . Entremedias, a filosofía de Tomé de Aquino intentará harmonizar os principios e poderes de ámbalas dúas institucións. Este texto pertence a Santo Tomé , o cal da tres argumentos para explicar que a verdade da razón non é contrario a verdade da fe. No primeiro afirma que os principios racionais non poden ser

Upload: anonymous-gokon3

Post on 09-Jul-2016

224 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

filosofia 2 bac

TRANSCRIPT

Page 1: Santo Tome Modificado

O texto que estamos a analizar é un fragmento de (poñemos o nome do texto que nos dean no exame) de Santo Tomé. Antes de comezar coa análise, para poder entender o pensamento de Sto. Tomé é necesario situalo nun marco contextual, neste caso falamos do S. XIII e do que supuxo o distanciamento entre a relixión e a razón . (* metemos la vida)

En canto (Podemos dicir que o século...) ao século XIII é coñecido como época da “Gran escolástica”, pola relevancia de Tomé de Aquino e do seu mestre Alberto Magno, xa que é un período de asimilación e cristianización da filosofía aristotélica pola orde os dominicos. (Neste período) desenvólvense outras ideas que anticipan a crise da relación da razón e a fe. Máis tarde hai un retorno á filosofía de Agostiño de Hipona, pero destaca o labor que exerceron na Escola de Oxford os franciscanos ,( Roberto G. e Roger Bacón) que xunto as teses mantidas polo agostinismo que profesan, sosteñen un principio máis proximo ao aristotelismo. Por outra banda, a lóxica acepta a lóxica aristotélica, oriéntase nunha nova dirección, é dicir, no estudo das propiedades dos termos fundamentais de todas as ciencias.

Para rematar, un grupo de pensadores cristiáns, destacando Siger de Brabante, acepta a versión do aristotelismo da man de Averroes,filósofo musulmán. Esta corrente, chamada averroísmo, rexeita a distinción nos seres da esencia-existencia. O averroísmo latino foi un movemento que tiña teses contrarias ás cristiás, como afirmación da eternidade do mundo ou a negación da inmortalidade. Para salvar a situación introduciu a teoría da dobre verdade, se a filosofía e a relixión conducen a verdades opostas, ambas terán validez no seu campo de aplicación.

A resposta da dobre verdade non convenceu a Igrexa, e isto provocou o enfrontamento entre a filosofía aristotélica e a teoloxía platónica cristiá estaba servido. Entremedias, a filosofía de Tomé de Aquino intentará harmonizar os principios e poderes de ámbalas dúas institucións.

Este texto pertence a Santo Tomé , o cal da tres argumentos para explicar que a verdade da razón non é contrario a verdade da fe. No primeiro afirma que os principios racionais non poden ser contrarios a verdade da fe, porque son innatos na nosa razón, pertencen a nosa natureza.

No segundo argumento,confirma o anterior ao afirma que foi Deus quen nos outorgou ou iluminounos, con estes principios racionais, ao crearnos, polo tanto estes están dentro da Sabiduría Divina e non poden ser contrarios ao coñecemento natural.

E por último, no terceiro argumento, afirma que Deus non nos infunde coñecementos contrarios entre si, porque el quere que coñezamos a verdade.

Vemos que a preocupación básica de Sto. Tomé, coincide co problema permanente en toda a filosofía da Idade Media, a relación entre fe e razón. É, a diferenza de S.Agustín, para Sto. Tomé de Aquino, a razón e a fe son dúas fontes distintas de coñecemento pero non son diverxentes,é dicir, non poder haber contradición entre elas, como explica neste texto, xa que a verdade é so unha, que é a realidade cristiá, e os primeiros principios (básicos) da razón natural estan na mente divina e só despois (de pasar por ela poden ser asumidos polanosa mente) están na nosa mente, porque Deus déunolos. É dicir, a filosofía, baseada na razón, ten

Page 2: Santo Tome Modificado

o seu método (“de abaixo arriba” partindo dos sentidos) como facía Platón, percibimos primeiro o que vemos polos sentidos e a partir de aí imos ascendendo na análise.

Sto. Tomé oponse a quenes; xunto con Averroes, admiten a existencia dunha dobre verdade, xa que Deus, autor e orixe da verdade natural e sobrenatural, non se contradí ( argumento terceiro). Así o home chega por dos camiños distintos, razón e fe, ao mesmo punto final: Deus, hacia o cal o home está orientado como co seu fin.

Polo tanto, razón e fe axúdanse mutuamente. A fe adiantase á razón para asegurar a posesión de verdades necesarias para orientar a nosa vida ( liberdade, inmortalidade e orde moral), xa que de non ser pola fe, moitos homes non coñecerían a verdade porque non todos posúen os mesmos capacidades; e por outro lado; a fe serve de norma e de criterio extrínseco de verdade, por lo tanto se a razón contradín á fe, esta invítao a rectificar. Ao mesmo tempo a razón demostra verdades básicas para a fe, como que Deus existe; e tamén proporciona datos científicos, ferramentas dialécticas argumentación, método de sistematización e moitos más mecanismos para refutar as afirmacións (yo lo quitaria aunque no esta mal, no se entiende muy bien)contrarias a fe.

Partindo desta base, Sto. Tomé describe un triplo ámbito de verdades: As científicas, aquelas cas que se poden acceder só pola razón natural e non inciden no ámbito da salvación, como por exemplo aqueles as verdades matemáticas; Os preámbulos do fe, aqueles as que tamén se poden acceder pola razón, porque son importantes para a salvación e polo tanto requiren da intervención da fe, como por exemplo a existencia de Deus; e os artículos de fe, que só alcánzanse a través da fe, xa que exceden os posibilidades naturais da razón humana, como poden ser os misterios da Trinidade.

Para finalizar, dicir que Sto. Tomé naceu en Nápoles, á idade de cinco anos ingresou no mosteiro de Montecassino. Foi discípulo de Alberto Magno e pouco despois comezou a dar clases na Universidade de París. Nese período hai que destacar a redacción da “Suma contra os xentís”. Nos anos seguintes peregrinou por diversas universidades europeas. Mais tarde foi chamado de novo a París para combater aos averroístas e os antiaristoteléticos.

Este filosóficos tivo gran importancia polos seus pensamentos, sobretodo si nos referimos a unha época da Idade Media.Por estudos de historiadores se supón que Sto. Tomé recibiu un boa educación xa que foi monxe da Orde dos Predicadores e logo máis tarde foi alumno de Alberto Magno. A súa principal influencia foi Aristóteles, xa que Sto. Tomé colleu as súas teorías principais debido a que Alberto Magno introduxo ao coñecemento de Aristóteles. ( forma y materia, acto y potencia, substancia y accidentes y Deus como fundamento último de los movementos da realidade). (Esto lo metemos en el contexto, al principio del todo, donde te puse un asterisco)

En conclusión, a postura de Sto. Tomé con respecto as relación entre a razón e a fe, vemos que son (vemos que Santo Tomé defende a relación entre fe e razón como unha) relación de autonomía e de mutua colaboración, xa que ambas se armonizan e se complementan. Tamén, podemos dicir que a ningunha filosofía, nin tan sequera á de Aristóteles, élle permitido cambiar ou contradicir verdades teolóxicas. Logo, o que haberá que cambiar é a filosofía de Aristóteles para adaptala á teoloxía cristiá. Dito doutro modo, realizar a síntese entre ambas

Page 3: Santo Tome Modificado

implicaba interpretar a filosofía de Aristóteles, de modo tal, que ésta se subordinara á teoloxía cristiá.