salvando libros. maio 2011
DESCRIPTION
DOCUMENTO COLABORATIVO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GASLEGASTRANSCRIPT
Este sálvoo eu
Que me queres, amor? Manuel Rivas
¿Por que?
Porque nel atópase "A lingua das bolboretas"
(E memorizo...)
"Non, o mestre Don Gregorio, non pegaba.Pola contra, case sempre sorría coa súa cara de sapo. Cando dous pelexaban no recreo, el chamábaos " perecedes carneiros", e facía que se deran a man. Logo,sentábaos no mesmo pupitre. Así foi como fixen o meu mellor amigo, Dombodán, grande, bondadoso e torpe."
CEIP "ALEXANDER BÓVEDA"
Redondela
Nós salvamos:
Chamádeme Simbad Francisco Castro
Por que?
Porque achegounos á realidade do alzhéimer, provocou en nós
un montón de sentimentos e propiciou historias fermosísimas.
"Mais o avó si que se esquece das cousas. O avó
repite moitas veces as mesmas cousas porque non se
acorda de que xa as dixo. E nós poñémoslle como
cara de disimulo e como que é a primeira vez que llo
oímos (…) e en ocasións non coñece ao meu pai, e
iso que é o seu fillo e que é fácil saber quen é porque
anda sempre cun móbil pegado á orella…"
.
IES "AS BARXAS"
Moaña
Este sálvoo eu
Nós salvariamos Luz do mediodía
Ramiro Fonte
¿Por que?
Porque nel atopamos o poema “Luces do mediodía”
(E memorizo...)
O mediodía escribe As mellores palabras sobre a noite;
No seu xardín a flor
Amígase coa estrela insubornable.
Nas copas en que, xuntos, afogamos As augas moribundas doutras lúas,
Xa estaba a luz Serena para sempre, presentida.
Aqueles ollos meus
Que nunca se cansaron de mirarte.
IES "CASTELAO"
Vigo
Este sálvoo eu
Eu salvaría A esmorga
Eduardo Blanco Amor
¿Por que?
É un libro cuns personaxes transparentes, unha historia intrigante que nos prende desde o comezo e un final extraordinario
(E memorizo...)
"Boeno, que total xa estabamos metidos no lío e había que tirar para diante. Certamente que ata o desexaba para me ceibar daquilo, pois cando as cousas de fóra de min teñen moita forza poden coas de dentro, entón venme o „pensamento‟..."
LIBRO ESCOLLIDO POLO ALUMNADO
DE
BACHARELATO
IES de ELVIÑA
A Coruña
Nós salvamos
"Cartas de inverno" Agustín Fernández Paz
Por que?
Non puiden parar de ler ata que o rematei
(E memorizamos...)
... Pero cando cheguei ó salón vin que o teléfono estaba desconectado e, sen embargo, seguía soando. Descolgueino, cheo de estrañeza, e puiden escoitar outra vez os ruídos distantes e as voces intanxibles. Só duraron uns segundos, porque pronto sentín o click que sinalaba o final da comunicación. Cando xa colgaba, oprimido polo desconcerto, o ruído do fax indicoume que aínda non remataran as sorpresas. No fax apareceu unha nova folla, pero desta vez no viña co barullo de letras acostumado, coma a que che enviei onte. Desta vez tiña unha mensaxe ben clariña, unha mensaxe que se repetía ata a exasperación. Velaquí cha envío:
¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba!
¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba!
¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba!
¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba!
¡ Socorro, socorro!
¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba!
¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba!
¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba! ¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba!
¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba! ¡socorro, socorro! ¡Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba!
¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba!
¡Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba!
¡ Socorro, socorro! ¡Arriba, arriba!
IES "LEIRAS PULPEIRO"
Lugo
Nós salvamos
IES DE FENE
Este sálvoo eu
Eu salvaría Anagnórise
¿Por que? Pola súa temática, polo escenario onde se desenvolve e
porque é unha obra que nos fai reflexionar.
(E memorizo...) -Rapaz, volve. Agora estabamos a falar de por que se
escribe. Poida que nese mundo dos teus silencios, nese
teu mundo secreto, estea a clave do teu desexo de
escribir. Poida que nese mundo teñas todo o que
precisas para escribir unha boa novela.
- Pero ese mundo… Mire, vou dicirlle unha cousa a
condición de que a esqueza de contado. Nese mundo
non quero que entre ninguén. Antes deixábaa entrar a
vostede que poñerme a escribir diso. ¿Non se decata
de que ninguén ten dereito a irromper na intimidade
dos demais? Ese mundo gárdoo para min, é de meu, e
non vou abrirlle as portas ó primeiro lacazán que non
atope mellor distracción para o seu aburrimento. Se
ese é o prezo de ser escritor, eu non o serei na vida.
Decátese ben, na vida.
Este sálvoo eu
"Cando petan na porta pola noite" Xabier P. Docampo
Por que? Mestura fantasía e realidade para conseguir unha historia terrorífica. Mentres o lía tiña ganas de parar polo medo que tiña, pero ó mesmo tempo quería seguir para saber o final. Ler este libro é como ver unha película de terror.
(E memorizo...) Mandou un berro que non parecía deste mundo e seguiu a correr. Cando a vella puña un pé no sobrado xa os tres subiran os banzos de dous en dous. Chegaron os catro xuntos e a vella saltou para enriba da cama. A luz do luar axudoulles a se decatar de que quería acubillarse entre a cama e a parede.(...)Daquela comezaron a mallar na vella. O pau baixou nese momento e foi bater no medio e medio da fronte da muller. Sentiuse crebar o cranio, brotou un reguiño de sangue e dixo a vella: “A ti, Teixo, heiche dar que arrepentir para mentres vivas, aínda que morra”
IES "O MOSTEIRÓN"
Sada
Nós salvamos
“Cousas” Castelao
¿Por que?
Porque nel atópase
"Chegou das Américas um home
rico...”
E memorizamos ...
"Nunha rúa da Habana o negro
Panchito tropezou cun home da súa
aldea e confesoulle saloucando:
-Ai, eu non me afago nesta terra de
tanto sol; eu non me afago con esta
xente. ¡Eu morro!
Panchito retornou á aldea. Chegou
probe e endeble; pero trouxo moita
fartura no corazón. Tamén trouxo un
sombreiro de palla e máis un traxe
branco... "
CEIP EDUARDO PONDAL
Vigo
Este sálvoo eu
Eu salvaría Onde o mundo se chama Celanova Celso Emilio Ferreiro
¿Por que?
Porque nel atópase o poema “Moraima”
(E memorizo...)
"Cando quero vivir digo Moraima. Digo Moraima
cando semento a espranza. Digo Moraima
e ponse azul a alba. Cando quero soñar
digo Moraima. Digo Moraima
cando a noite é pechada. Digo Moraima
e ponse a luz en marcha."
IES TERRA CHÁ
Este sálvoo eu
MARTA BOBO Profesora no INFF de A Coruña e ex-ximnasta
olímpica
Eu salvaría O Diccionario da Real Academia Galega
¿Por que?
Porque nel presérvanse todas as verbas das
obras que son e serán na Língua Galega.
Gústame especialmente esta definición:
Porvir s.m.1. O tempo que ha de vir.(…) SIN.
Futuro 2. O estado ou situación futuros da vida
de alguén. Ten un gran porvir na súa profesión.
CIP A PICOTA Mazaricos
Este sálvoo eu
“Queixumes dos pinos” Eduardo Pondal
¿Por que?
Porque contén a letra do noso himno, no que estamos todos os galegos e galegas representados e é
importante salvalo para xeracións futuras.
E memorizo...
“Os tempos son chegados dos bardos das idades,
que as vosas vaguidades cumprido fin terán;
pois, onde quer xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa
nazón de Breogán.”
. CPI "O PROGRESO"
CATOIRA
Este sálvoo eu:
Lu e Go pola muralla Antonio Reigosa
Por que?
Porque é unha interesante aventura na nosa muralla romana
(E memorizo...)
"Ten o pelello branco, fino e moi brillante, o bandullo
avultado permanentemente e o corpo rexo e vigoroso
como un touro en versión pigmea"
IES "NOSA SEÑORA DOS OLLOS
GRANDES" Lugo
@S usuari@s da biblioteca escolar salvan o libro: " Irmán do vento" de M. Lourenzo, “porque nos transmite valentía, tenrura e rexeitamento á guerra”. IES DE BECERREÁ
Este sálvoo eu
O IES “As Telleiras” salva “De catro a catro”
de Manuel Antonio
¿Por que?
Por ser o primeiro libro vangardista da poesía galega,
o que rompeu de verdade coa poesía localista
e reivindicativa e puxo en contacto a poesía galega
coa poesía europea.
(E memorizo...) DESCOBERTA
¿Quen fechou esta noite
a fenestra azul do Mar?
Este Mar fuxitivo
de tódalas ribeiras
Naúfrago do neboeiro
que desviou o rumbo
dos puntos cardinaes
Ficaron as gavotas
tres singladuras a sotavento
Desourentáronse os arroaces
intrusos e impunes
Hoxe ninguén dá ca relinga
para aferrar os panos do horizonte
E este serán tampouco
engaiolarémo-lo Sol
O Sol era un paxaro triste
que se pousaba no penol.
IES "AS TELLEIRAS"
Este sálvoo eu
"O Misterio das badaladas" Xabier P. Docampo
¿Por que?
Porque poñéndoo nas mans de moitos rapaces e rapazas
conseguín escoitar que disfrutaran lendo en galego.
(E memorizo...)
“Aquela noite, ás doce, o reloxo da igrexa de Eiranova non deu trece badaladas, como viña facendo desde que fora instalado. Pero tampouco deu as doce que lle correspondía dar a aquela hora.
Aquela noite ás doce deu ONCE badaladas”
IES "PEDRA DA AGUIA" A Ponte do Porto
Este sálvoo eu
Eu salvaría Follas novas
¿Por que? Porque nel atópase o poema “Silencio”
(E memorizo...) A man nerviosa e palpitante o seo, as niebras nos meus ollos condensadas, con un mundo de dudas nos sentidos i un mundo de tormentos nas entrañas, sentindo como loitan en sin igual batalla inmortales deseios que atormentan e rencores que matan, mollo na propia sangre a dura pruma rompendo a vena inchada, i escribo…, escribo…., ¿para que? ¡Volvede ó máis fondo da ialma, tempestosas imaxes! ¡Ide a morar cas mortas relembranzas! ¡Que a man tembrosa no papel só escriba palabras, e palabras, e palabras! Da idea a forma inmaculada e pura,
¿donde quedou velada?
IES "RAFAEL DIESTE"
A Coruña
Este sálvoo eu
Os vellos non deben de namorarse Castelao
¿Por que?
Por ser unha das pezas máis populares do teatro galego. Con esta obra o autor quería
amosar a súa identificación co pobo galego. Ademais o título chamame moito a atención
(E memorizo...)
“Estan as nubes chorando por un amor que morreu,
están as rúas molladas de tanto como choveu.
Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro Quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos.
Non me deixes e ten compasión de min
Sen ti non podo, Sen ti non podo vivir.
Dáme alento coas túas palabras, dáme o celme do teu corazón,
dáme lume cas túas miradas dáme a vida co teu doce amor."
IES de SALVATERRA de
MIÑO
Este sálvoo eu
"Cantares galegos" Rosalía de Castro
¿Por que?
Nel está o poema "Adios ríos,... " Aprendino de nena e é
precioso. (E memorizo...)
… Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento,
paxariños piadores, casiña do meu contento,
muíño dos castañares, noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios!
IES "SÁNCHEZ CANTÓN" Pontevedra
Este salvámolo nós
“O soño sulagado” Celso Emilio Ferreiro
¿Por que?
Porque nel atópase
o poema “Eu en ti”
EU EN TI
Eu xa te busquéi cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba.
Eu xa te procuréi
no comenzo dos mares e das chairas. Cando Dios procuraba compañia,
eu xa te procuraba.
Eu xa te chaméi cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas, eu xa te chamaba.
Eu xa te namoréi cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outras cumes, eu xa te namoraba.
Sempre,
dende a neve dos tempos, eu, na túa ialma.
IES PONTEPEDRIÑA
Santiago
Este sálvoo eu
" Contos por palabras " Agustín Fernández Paz
¿Por que?
Porque nel caben moitas historias divertidas, excitantes e
orixinais.
(E memorizo...)
"... Así que agora estou , desde hai un mes, percorrendo as xa escasas fragas que quedan en Galicia, nesta terra invadida de piñeiros e eucaliptos. Ata agora non me acompañou a fortuna e non vin unicornio azul ningún."
CEIP "CHANO PIÑEIRO" Gondomar
Este sálvoo eu
"Cartas de amor" Fran Alonso
¿Por que?
Porque nel atópase este fragmento ...
(E memorizo...)
“Non me resulta doado contarche todo isto. Sobre todo porque a complexidade do que sentín e todo o inferno que pasei desde o descubrimento da miña orientación sexual até o momento en que decidín escribirche este correo foi un tempo eterno e agonizante, cheo de matices intensamente contradictorios. Aínda hoxe, aceptalo é para min un feito tan difícil, tan connotado, que teño que pedirche por favor, unha e mil veces, que me gardes o segredo e, moi especialmente, que non llo contes a ninguén nin no Instituto, nin no grupo de amigas, sei que serás leal. Se coñecesen isto, eu sería o obxecto de todas as risas, de todas as burlas -dos rapaces, sobre todo-, de todas as olladas… e sentiríame tan mal que nin sequera sería capaz de vivir. Aínda non estou preparada para enfrontarme a unha situación así. En realidade, nin sequera son capaz de dicirllo aos meus país […]. Sei que non llo poderei dicir mentres viva con eles, mentres eu non teña unha vida propia, independente da súa. Aínda que me pareza terrible estar condenada a vivir o meu sexo en absoluto silencio. É coma se tivese que agacharme para vivir dúas vidas: unha pública, falsa, teatral, e a outra, a verdadeira, clandestina, só para a máis estrita intimidade. Así que ti es a partir de agora a única persoa que o sabe e a única que o saberá, polo momento."
IES "RAFAEL DIESTE"
A Coruña
Este salvámolo nós
"Memorias dun neno labrego" X. Neira Vilas
¿Por que?
Porque foi o gañador da votación no noso centro, e foi un dos que mellores recordos
deixou entre alumnos e profesores. Tamén porque a pesar de ser un clásico entre
os nosos clásicos, relata a biografía dun neno que está no interior de todos nós, xa
que todos os nosos antepasados viviron o que
relata Balbino.
(E memorizamos...)
"Debe ser boa cousa chegar a grande. Os grandes son donos de si e do mundo. Fan e desfán, gobernan, arman o merlo con guerras, negocios e canta trangallada hai. Pero, como dí a madriña,”non sempre é ouro o que reluce”. Os grandes teñen as súas tristuras e desacougos. E ás veces inda nos gañan en rapazadas. De non ser así, non se encabuxarían cando lles sinalamos algo que está mal."
IES "LAMAS de CASTELO" Carnota
Este sálvoo eu
"O lapis do carpinteiro" M. Rivas
¿Por que?
Porque fala da liberdade que non quere estar presa.
(E memorizo...)
“Pepe Sánchez…dixo…que non había no mundo ninguén suficientemente bo como para mandar sobre outro sen o seu consentimento. Que a unión entre home e muller tiña que ser libre, sen máis anel nin argola que o amor e a responsabilidade. Que. Que. Que quen rouba a un ladrón ten cen anos e perdón e que parva é a ovella que se confesa co lobo.”
IES de VILALONGA
Sanxenxo
Este sálvoo eu
FFoollllaass nnoovvaass Rosalía de Castro
¿Por que?
Porque nel atópase o poema NNeeggrraa ssoommbbrraa
(E memorizo...)
CCaannddoo ppeennssoo qquuee ttee ffuucchheess,,
nneeggrraa ssoommbbrraa qquuee mmee aassoommbbrraass,,
óó ppéé ddooss mmeeuuss ccaabbeezzaalleess
ttoorrnnaass ffaaccéénnddoommee mmooffaa..
CCaannddoo mmaaxxiinnoo qquuee eess iiddaa,,
nnoo mmeessmmoo ssooll ttee mmee aammoossttrraass,,
ii eerreess aa eessttrreellaa qquuee bbrriillaa,,
ii eerreess oo vveennttoo qquuee zzooaa..
SSii ccaannttaann,, eess ttii qquuee ccaannttaass,,
ssii cchhoorraann,, eess ttii qquuee cchhoorraass,,
ii eess oo mmaarrmmuurriioo ddoo rrííoo
ii eess aa nnooiittee ii eess aa aauurroorraa..
EEnn ttooddoo eessttááss ee ttii eess ttooddoo,,
pprraa mmiinn ii eenn mmiinn mmeessmmaa mmoorraass,,
nniinn mmee aabbaannddoonnaarrááss nnuunnccaa,,
ssoommbbrraa qquuee sseemmpprree mmee aassoommbbrraass.
IES “A XUNQUEIRA II”
Pontevedra
Este sálvoo eu
Eu salvaría Na noite estrelecida Ramón Cabanillas
¿Por que?
Por como representa aos cabaleiros
mediante cisnes negros
(E memorizo...)
“De soave, fino veludo a barca chega enloitada; no medio da vela moura
reloce unha cruz de prata. Longas cadeas de rosas
creban o espello das ágoas e negros cisnes lanzales en arredor lle dan garda.
Os cisnes esguíos portan sobre o peito penduradas
pulidas follas de ouro nas que labrados resaltan
sellos de craros linaxes, altivos blasóns de armas.
Un a un, na vaguedade das ondas e da luz, pasan
diante do Rei que ve neles, aceso en viva lembranza,
os cuarteles e divisas da nobre, antiga compaña
de barudos loitadores en cen heroicas xornadas,
dos que da Táboa Redonda leiales á fe xurada
caíron cheos de honra do Sant Grial na demanda…”
IES “PEDRO FLORIANI”
Redondela
Nós salvamos
A Praia dos afogados Domingo Villar
¿Por que?
Gústanos porque desenvolve temas de actualidade,
porque, a pesar da dureza dalgúns deles, non perde o
sentido do humor e porque gozamos moito facendo o roteiro
e seguindo as pegadas dos seus personaxes.
(E memorizamos...)
“Leo Caldas recordou Capitáns intrépidos, as flores que ao final da
película o neno lanzaba ao mar coa esperanza de que chegasen á tumba de
Manuel o Portugués. - Non sei se sabes que á praia á que foi parar o corpo do Rubio, á Madorra, teñen chegado moitos
afogados...”
IES David Buján
Cambre (A Coruña)
IES “DAVID BUJÁN
Cambre
Este sálvoo eu
Eu salvaría Os dous de sempre Castelao
¿Por que?
Polo exemplo de superación de Rañolas
(E memorizo...)
“¿Entendes agora? Eu quero andar de pé, como os demáis
homes, pñorque son tan home coma calquera. ti xa vés o que
me está pasando: se viñese mal traxeado tomaríanme por
mendicante, pero como veño ben vestido fago rir á xente.
¡Canallas!”
IES “PEDRO FLORIANI”
Redondela
Nós queremos salvar
Herba Moura Teresa Moure
¿Por que?
“Herba moura” converteuse para min nun deses libros de cabeceira que gardas com agarimo por
deixaren em ti unha profunda pegada. É unha novela suxerente, filosófica, sensitiva,
máxica e fóra do común, onde podemos apreciar o devir das mulleres na historia e os seus
saberes da vida tan pouco valorados ao longo desta. Isto unido ao seu bo argumento que
engancha de principio a fin fan del unha lectura completamente recomendábel.
E memorizo:
“A herba moura tem um aquel de misterio xa que, como as boas historias,
atesoura o máxico poder de calmar a dor e, como todas as mulleres, tem
unha mala fama que en absoluto se corresponde coas súas obras.”
IES “CHANO PIÑEIRO”
Forcarei
Este sálvoo eu :
Tristes armas Marina Mayoral
¿Por que? É sen dúbida unha historia que amosa o verdadeiro amor: o que existe entre dúas irmás que sofren pola guerra, o que enche o corazón dunha nai polas súas fillas, o que pervive entre dous amigos enfrentados pola guerra e, o máis fermoso de todos: o que xorde entre un rapaz triste e reservado e unha rapaza seria que nunca chora, unidos por un mesmo destino. Un libro así non pode desaparecer, se non, o auténtico significado e sentido que debe ter o amor morrerá con el.
“Explicoulles que o seu avó morrera anos atrás e que, pouco antes de morrer, lle fixera entrega dunha carta que chegara á vila dende Rusia, dirixida a don Miguel (...) Dito isto, sacou do peto un sobre marelo de bordes dobrados e entregoullo a Harmonía, que o recibiu con mans trementes. As dúas irmáns olláronse un intre e non dubidaron de que aquela era a primeira carta que elas escribiran dende Rusia, a que levaba as súas explicacións de por que non saíran cando a súa nai as chamara, e na que Rosa mandaba unha galiña vermella rodeada de pitiños.”
IES” VALLE-INCLÁN”
Pontevedra
Este sálvoo eu
ANTÓN RIVEIRO COELLO Escritor e profesor
Arianos X. L. Méndez Ferrín
¿Por que?
Porque por vez primeira o ALENTO dos meus devanceiros, habitantes dese país pequeniño chamado Couto Mixto, alucaba no fondo da memoria con resonancias épicas.
Como diría o protagonista de Lobosandaus:
“Hai que vivir eiquí un INVERNO...para coñecer
o peso sombrizo do misterio e a PRESENZA
case física, de cousas e acontecidos”
Este sálvoo eu
FRAN CORTEGOSO Poeta
Eu salvaría Heloísa Chus Pato
¿Por que?
Pola súa forza, a reivindicación feminista, as súas imaxes, e o fío temporal da muller trazado con palabras que crea. E os versos a citar son inescusábeis polo forza da idea e voz que neles se realiza cando os lemos e memorizamos uns versos
tan curtos como estes:
Como entón, o meu propio nome? Como?
IES “LUÍS SEOANE”
Pontevedra
Eu salvo
CARLOS IGLESIAS MARTÍNEZ Presidente do Museo do Pobo Galego
Eu salvaríaos todos
¿Por que?
Porque hai que concienciar á xente da perda que estamos a sufrir na lectura da literatura galega. Espero que se decaten e coincidan comigo en que "Libro da literatura galega que salvarías dunha queima" non é unha frase moi afortunada, ou é que pretenden queimar os que non se salven?.
E memorizo...
“Memorizaría toda.” . .
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ Mazaricos
Eu salvo
DIEGO AMEIXEIRAS Xornalista, guionista e dialoguista
Eu salvaría Miss Ourense
Bieito Iglesias
¿Por que? Porque me parecen uns relatos detectivescos magníficos,
escritos co estilo inconfundible do autor. Para min, o detective Gumersindo Nespereira é un dos grandes
personaxes da nosa literatura.
(E memorizo...) O parágrafo pertence ao primeiro relato, "Luanda" "Á noite asomámonos á xanela e vimos, de lonxe, o folión na Ponte. A lucería remontábase por riba dos edificios máis altos, e os estalos dos cubos e bombas de palenque ecoaban nos montes que rodean a cidade. Despois, Tina puxo a radio mentres fritía uns ovos. Cantaban Os Tamara: "A Santiago voy, como un peregrino por el camino de la ilusión". Ó escurecer sempre me volvo melancólico, con máis razón nunha casa que estrañaba".
CEIP "VÍCTOR SÁENZ " Mazaricos
Este sálvoo eu
RAFA RODRÍGUEZ. Arqueólogo
Eu salvaría Ilustríma Carlos Casares
¿Por que?
Simplemente, impresionoume cando o lin pola súa sinxeleza.
(E memorizo...)
Non é para escoller un parágrafo pero o final …
“Unha dor punzante como un coitelo afiado atravesáballe o peito de parte a parte. Chamou pedindo axuda varias veces, pero a súa voz bateu contra as parede do salón, baixou retumbando polas escaleiras e perdeuse entre os cantos da rúa. De súpeto o mundo empezou a ser só ruído, unha descomunal caracola adormecéndolle o cerebro.”
.
IES “LUÍS SEOANE”
Pontevedra
Este sálvoo eu
FRANCISCO RODRÍGUEZ, escritor,
crítico literario, político
Eu salvaría FOLLAS NOVAS
ROSALÍA DE CASTRO
Por que?
Porque é coma contar cun mundo enteiro, con toda a súa complexidade e matices, dende unha
perspectiva galega, feito por unha muller extraodinaria, comprensiva e enérxica, á que
debemos en grande maneira a nosa existencia.
Iste vaise e aquel vaise e todos, todos se van;
Galicia sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tés, en cambio, orfos e orfas, tés campos de soedade.
Tés mais que non teñen fillos, e fillos que non teñen pai.
E tés corazóns que sofren longas ausencias mortais, viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará. .
CEIP "OS CASAIS" Fene