sala i unha transformación persoal visible a través dunha serie...

71
1 SALA I A PEREGRINACIÓN. UN CAMIÑO RITUAL DE PURIFICACIÓN E COÑECEMENTO Peregrinar converteuse para nós nunha evocación sentimental dos lugares que marcaron a nosa vida e memoria. Pero esa peregrinación é así denominada por analoxía cun fenómeno que é, por excelencia, relixioso. Practicamente tódalas formas de culto xeraron esta forma de mediación co sagrado. Existen indicios de peregrinacións prehistóricas; aparecen documentadas nas culturas mesopotámica, exipcia e grega. Na Idade Media cristiá e musulmá acadan un auxe que se prolonga ata os nosos días, ao igual que as viaxes ós lugares sagrados da India ou China. A peregrinación é un camiño ritual emprendido individual ou colectivamente coa finalidade de buscar a purificación, a perfección ou a salvación. Nesa experiencia relixiosa establécense unha serie de vínculos: enlaza un lugar profano co mundo superior, a un camiñante individual cunha comunidade, e ó peregrino de carne e óso co que renace purificado polo cumprimento do seu empeño. Estas relacións son as que diferencian á peregrinación de calquera outro percorrido ou viaxe. Para que exista peregrinación son imprescindibles, polo tanto, un lugar, un percorrido que implica sacrificio e esforzo físico, e un obxectivo sagrado. O lugar santo pode adoptar distintas formas: pode ser árbore, fonte, montaña ou calquera cidade ou templo no que se veneren unhas reliquias; un sinal visible de contacto entre o humano e o divino. Pero no camiño, metáfora da vida terreal, iníciase xa unha transformación persoal visible a través dunha serie de ritos que culminan no momento da chegada. Alí, acadada a meta, o peregrino renace converténdose nun home novo. Este mapa é froito dun traballo de investigación continuo iniciado no ano 2003 no Museo das Peregrinacións. Trátase de localizar as distintas peregrinacións que existen no mundo: os seus lugares e obxectos de culto, as súas festas, os seus rituais, a súa historia e todo o que contribúa ó coñecemento de cada peregrinación, así como da cultura que a xerou. Deste xeito, vanse incluír progresivamente no mapa os nomes dos lugares de peregrinación que se vaian documentando. Invitámolos a participar neste proxecto coa aportación de datos sobre peregrinacións que non figuren actualmente neste mapa. Con este fin atoparán uns formularios na saída do museo. Agradecémoslles a súa colaboración.

Upload: duongdang

Post on 17-Nov-2018

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

1

SALA I

A PEREGRINACIÓN. UN CAMIÑO RITUAL DE PURIFICACIÓN E COÑECEMENTO

Peregrinar converteuse para nós nunha evocación sentimental dos lugares que marcaron a nosa vida e memoria. Pero esa peregrinación é así denominada por analoxía cun fenómeno que é, por excelencia, relixioso.

Practicamente tódalas formas de culto xeraron esta forma de mediación co sagrado. Existen indicios de peregrinacións prehistóricas; aparecen documentadas nas culturas mesopotámica, exipcia e grega. Na Idade Media cristiá e musulmá acadan un auxe que se prolonga ata os nosos días, ao igual que as viaxes ós lugares sagrados da India ou China.

A peregrinación é un camiño ritual emprendido individual ou colectivamente coa finalidade de buscar a purificación, a perfección ou a salvación.

Nesa experiencia relixiosa establécense unha serie de vínculos: enlaza un lugar profano co mundo superior, a un camiñante individual cunha comunidade, e ó peregrino de carne e óso co que renace purificado polo cumprimento do seu empeño. Estas relacións son as que diferencian á peregrinación de calquera outro percorrido ou viaxe. Para que exista peregrinación son imprescindibles, polo tanto, un lugar, un percorrido que implica sacrificio e esforzo físico, e un obxectivo sagrado.

O lugar santo pode adoptar distintas formas: pode ser árbore, fonte, montaña ou calquera cidade ou templo no que se veneren unhas reliquias; un sinal visible de contacto entre o humano e o divino. Pero no camiño, metáfora da vida terreal, iníciase xa

unha transformación persoal visible a través dunha serie de ritos que culminan no momento da chegada. Alí, acadada a meta, o peregrino renace converténdose nun home novo.

Este mapa é froito dun traballo de investigación continuo iniciado no

ano 2003 no Museo das Peregrinacións.

Trátase de localizar as distintas peregrinacións que existen no mundo: os seus lugares e obxectos de culto, as súas festas, os seus rituais, a

súa historia e todo o que contribúa ó coñecemento de cada peregrinación, así como da cultura que a xerou.

Deste xeito, vanse incluír progresivamente no mapa os nomes dos lugares de peregrinación que se vaian documentando.

Invitámolos a participar neste proxecto coa aportación de datos sobre peregrinacións que non figuren actualmente neste mapa. Con este fin

atoparán uns formularios na saída do museo.

Agradecémoslles a súa colaboración.

Page 2: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

2

Non son capaz de camiñar: 500 pares de zapatos de vidro en dirección a Nidaros (selección) Borgny Svalastog Noruega, 2006 Vidro soprado a molde Doazón da autora

Os zapatos de vidro simbolizan a meta do Camiño, a través de sete cores empregadas dun xeito simbólico en relación coa Universalidade da Peregrinación. Esta selección formou parte da instalación titulada: Non son capaz de camiñar: 500 pares de zapatos de vidro en dirección a Nidaros, incluída na exposición: 14+1 Estaciones. Experiencias de con:tacto.

Peregrinación en Grabarka. “O monte das 6.000 cruces” Cristina García Rodero

1997–1998 Positivos en B/N sobre

papel Doazón da autora

Grabarka, “o monte das 6.000 cruces”, é na actualidade o centro de peregrinación máis importante da Igrexa Ortodoxa Polaca, aínda que dende fai algúns anos acoden tamén crentes do culto católico.

Na orixe da sacralización deste monte e da fundación do seu santuario conflúen dúas tradicións. A máis antiga remóntase ó s.

XIII, cando as xentes do lugar, aterrorizadas polas invasións tártaras, esconden nel unha icona da Transfiguración de Cristo, que nunca chegou a ser atopado. A outra tradición orixínase en 1710, durante a epidemia de cólera que azoutou a zona. Entón, un aldeán tivo un soño, considerado unha revelación divina, no que levaba unha cruz ó alto do monte para salvarse do andazo. Dende entón, tanto ortodoxos como católicos peregrinan a Grabarka para cravar as súas cruces no bosque e beber auga da fonte milagrosa. O tamaño da cruz dependerá da intensidade da ofrenda e da penitencia.

Como moitos outros lugares de culto e peregrinación, Grabarka é un cerro -lugar de revelación-, vinculado co elemento natural da auga -símbolo da purificación dos pecados- e coa cruz -símbolo cristián da Paixón de Xesús-.

Peregrinos en Ajmer (India) Nacho Castellanos

1995-1997 Positivos en B/N Doazón do autor

Ajmer, cidade no norte da India, na rexión de Rajastán, foi fundada no s. XII. Constitúe un lugar santo para 90 millóns de musulmáns sufistas do subcontinente asiático.

Máis de 150.000 fieis procedentes da India, Bangladesh, Pakistán e Afganistán encamíñanse anualmente cara a Ajmer, constituíndo a maior peregrinación musulmá de dita zona xeográfica.

Page 3: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

3

Conmemoran o Urs, aniversario da morte de Khawaja Mo’inudin Chisti (1139-1236), santo sufí precursor do Islam na India. Á súa chegada, os peregrinos pousan as súas mans, a súa fronte e os seus beizos sobre un dos arcos de entrada ó túmulo. Despois, durante todo o día escoitan a música mística dos Qawwali mentres se distribúen racións de arroz e té entre tódolos asistentes sexa cal sexa a súa relixión. O sufismo é a corrente máis aberta e tolerante do islamismo.

Procesión de saddhus na Kumbh Mella de Allahabad. India Shimon Lev 1989 Positivos a cor Doazón do autor

A festa da Kumbh Mella –Festa do Cántaro– é o acontecemento relixioso máis importante do Hinduísmo e a peregrinación máis multitudinaria do mundo. Todo hindú aspira asistir, polo menos unha vez na súa vida, a unha Kumbh Mella.

As orixes desta celebración pérdense no tempo. Xa se describe en escritos do s. VII. A festa conmemora, segundo unha das tradicións, a mítica batalla que libraron os deuses e os demos polo Cántaro que contiña o Néctar da Inmortalidade. Nesa loita Jayanta, fillo de Indra, Deus do Ceo, conseguiu apoderarse daquel e nunha viaxe cósmica de doce días cara o Paraíso, foron derramándose prezadas gotas do valioso líquido en diversos lugares, un deles Prayag –hoxe Allahabad– onde conflúen os ríos Ganxes e Yamuna; é por isto lugar sagrado por excelencia.

A Kumbh Mella celébrase aproximadamente cada doce anos, nunha data fixada como beneficiosa polos astrólogos. Entón diríxense a ese lugar milleiros de peregrinos que xunto cos saddhus –homes santos– e gurús –homes relixiosos que instrúen aos crentes hinduístas–

esperan o día e a hora propicios para ir en procesión a tomar o baño nas augas sagradas dos ríos buscando a purificación e inmortalidade da súa alma.

Ante a ermida do Qoyllur Rit’i. Perú

Christoph Lingg Maio de 2002 Fotografía en

B/N

A peregrinación ó santuario do Señor do Qoyllur Rit’i no Perú é a festa indíxena máis multitudinaria de América e unha das manifestacións máis profundas da relixiosidade andina. O ritual consiste nunha peregrinación de varios días na que os peregrinos ascenden ata o límite das neves perpetuas para chegar ó corazón do santuario

Unha gran multitude de fieis chega ata o val do Sinakara tres días antes da celebración do Corpus Christi. Os actos litúrxicos sucédense acompañados do repique de campás, fogos artificiais, bombas, danzas e cánticos populares; polas noites co rezo do rosario e polo día coa celebración de misas. No chamado “Día Principal” poden chegar ata 70.000 peregrinos para asistiren ós actos relixioso-festivos que alí acontecen: a procesión, o desfile folclórico e, finalmente, a Bendición e a Despedida.

Page 4: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

4

O Camiño de Kumano.

Xapón 1999

Positivos en cor sobre papel

Doazón do Goberno da Prefectura de Wakayama.

Xapón

Orixinariamente, Kumano era unha terra sagrada na que moraban os deuses xintoístas da orixinaria relixión Shinto. Coa propagación do Budismo, estes deuses foron considerados ó mesmo tempo como a encarnación de Buda. O Camiño de Kumano convértese desta forma nun exemplo de sincretismo relixioso e de convivencia de dúas relixións.

O itinerario do Camiño de Kumano parte da cidade de Kyoto e ten un percorrido de 370 Km. salpicado de pequenos santuarios e grandes templos. Alcanzou o seu apoxeo entre os ss. X e XII, participando nesta peregrinación xentes de tódalas clases sociais, incluída a familia imperial. Dende o s. XVII iniciouse un pequeno declive que se está a compensar na actualidade cunha nova revitalización. A este camiño están asociadas catro festas en diferentes estacións do ano, dúas delas relacionadas co lume como elemento purificador.

As semellanzas e paralelismos en moitas características históricas entre o Camiño de Kumano e o Camiño de Santiago contribuíron a que no ano 1998 se asinara a Declaración Oficial de Amizade entre a Comunidade Autónoma de Galicia e a Prefectura de Wakayama.

Peregrinos nun ghat en Benarés.

India Luís Baylón

2001 Positivos en B/N sobre papel

Doazón do autor

Benarés ou Vanarasi, é unha das cidades de peregrinación máis emblemáticas do mundo. Sendo o hinduísmo a relixión maioritaria na India, a forza da súa vivencia relixiosa faise totalmente patente nesta cidade bañada polo sacrosanto río Ganxes. A sacralizade deste río xorde xa dende o seu nacemento no Himalaya pero é en Benarés onde a súa veneración acada o seu máis profundo significado. Aínda que na India tódolos ríos son sagrados porque se identifican coa divindade e conceden fertilidade física e espiritual –regando os campos e purificando a alma-, o Ganxes sobresae entre eles porque é considerado a súa orixe. É Ganga, deusa da auga, a que agasalla a vida e, tamén, a que recibe as cinzas dos mortos, conducindo a alma do defunto ata Shiva (deus da morte) e posibilitando, ó mesmo tempo, o seu renacemento.

Os relatos sobre a peregrinación a Benarés parecen remontarse ó s. VII. Dende entón, milleiros de hindús peregrinan ata esta cidade para purificarse nas augas do río a través dunhas zonas graduadas chamadas ghats, para realizar as súas ofrendas, escoitar ós guías espirituais, sadhus e gurús e, mesmo, para morrer alí.

Page 5: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

5

Lucernas s. I d. de C.

Arxila modelada Posiblemente orixinarias das catacumbas de San

Sebastián (Roma)

As lucernas tiñan, entre outros usos, a iluminación dos recintos funerarios. Nas catacumbas, a carón dos nichos de enterramento, existían outros pequenos ocos ou repisas onde se colocaban. Compúñanse dun chisqueiro– bico-rostrum – para a mecha – ellychnium – que adoitaba ser de estopa, cánabo ou febras de ricino, papiro ou outros materiais, e un depósito para o combustible, xeralmente aceite.

Cruces relicario. Encolpia ss. XII–XIII

Bronce e prata

O propio nome grego de encolpion (“no peito”) suxírenos a utilización destas cruces. Servían para introducir reliquias que con frecuencia os peregrinos traían dos máis senlleiros centros de peregrinación cristiáns do Mediterráneo Oriental (Siria, Palestina, Exipto...) durante a Idade Media, sendo de uso frecuente dende o s.

IV ata o XIII. Están formadas por dúas pezas artelladas mediante unha bisagra de xeito que no seu interior puidera gardar a reliquia correspondente. Unha argola facilitaba a súa suspensión dunha cadea ou un cordel sobre o peito. Na súa decoración sempre aparecía Cristo crucificado, a Virxe e mesmo os evanxelistas. O encolpion era, ó mesmo tempo, un distintivo do crente cristián e un obxecto devocional. Na actualidade recibe ese nome a cruz que portan os bispos da Igrexa católica.

Muíño de oracións. Khorten Tíbet, s. XIX Madeira, marfil, turquesas e coral

O khorten ou muíño de oracións, é un dos obxectos máis utilizados polos crentes budistas. Hainos de gran tamaño á entrada dos templos, pero os de man son os utilizados de xeito especial polos peregrinos que os levan na súa viaxe. O corpo cilíndrico está gravado con emblemas místicos ou oracións en sánscrito e no seu interior hai, a súa vez, uns papeliños contendo textos ou invocacións sagradas (mantras). O cilindro xira sobre o mango de forma que a persoa que o porta faino xirar, sempre na dirección do sol, mentres camiña ou medita, de forma que cada volta equivale a unha múltiple recitación das oracións que contén. Este movemento continuo produce un suave e compasado son que harmoniza co andar do camiñante.

No budismo son principalmente catro os lugares de peregrinación, asociados todos eles á vida de Buda en Nepal e na India: Lumbini, o seu lugar de nacemento; Samath, onde predicou o seu primeiro sermón; Bodh Gaya, onde alcanzou a Iluminación; e Kushinagara, lugar onde morreu.

Page 6: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

6

[O Libro do peregrino á Meca] ca. 1830 Manuscrito sobre papel de fío encerado

A peregrinación á Meca, hayy, é para todo crente musulmán adulto e san un dos chamados “Cinco piares do Islam”, segundo a surah 3:93 do Corán. Sempre que as condicións económicas non llelo impidan e queden cubertas tódalas demais necesidades, é obrigatoria esta peregrinaxe polo menos unha vez na súa vida. Supón un gran perdón polo que o crente alcanza deste xeito a remisión de tódolos seus pecados anteriores. Unha persoa que fixese a peregrinación pódea volver facer no nome doutra que estea enferma e non a poida realizar.

A Meca (Arabia Saudí) é a primeira das cidades sagradas de peregrinación do Islam. As outras dúas máis importantes son Xerusalén (Israel–Palestina) e Medina (Arabia Saudí), tumba do profeta Mahoma.

Sandalias. Warayi Xapón, 1999 Febra vexetal Doazón de Xosé Isorna, OFM

Sandalias utilizadas comunmente por monxes e mesmo por peregrinos budistas. Neste caso foron unhas das que usaron os monxes Zen, Kakujo Matsubara, de Tokio e Hakuho Hanahoka do

mosteiro de Saitama–Ken para percorrer o Camiño de Santiago durante o Ano Santo de 1999.

A peregrinación foi feita na compaña de dous xaponeses cristiáns, e xuntos desenvolveron esta iniciativa co propósito de potenciar o ecumenismo entre as distintas relixións e a paz entre tódolos seres humanos tal e como consta nun escrito entregado ó Arcebispo de Santiago e ó Prior do Convento de San Francisco.

No Xapón son moi numerosos os lugares de peregrinación, tanto na relixión budista coma na shintoísta, sendo os máis importantes Ise, Nara e Kumano.

Por terras de

Portomarín. Camiño

de Santiago Luísa

Rubines 2002-2004

Papel satinado a

cor Doazón da autora

AS ALEGORÍAS DA PEREGRINACIÓN

O concepto de peregrinación utilízase en tódalas culturas de forma alegórica para expresar a similitude entre a viaxe física do individuo para venerar un lugar sagrado e a viaxe espiritual que este debe seguir na súa vida. A alegoría é unha maneira de comunicación simbólica, na que un feito real, unha imaxe

Page 7: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

7

visual ou escrita é soamente aparente e contén outro significado de carácter diferente e oculto, ás veces comprensible para grupos reducidos de persoas.

A viaxe física do peregrino supón, ó mesmo tempo, unha viaxe interna de carácter espiritual. O feito físico do esforzo e dos avatares para achegarse á meta que supón a peregrinación, é tomado coma metáfora ou exemplo do que debe ser a viaxe espiritual do ser humano na terra. A fin desta viaxe é alcanzar o máis alto grao de Coñecemento, de Sabedoría, a Renovación espiritual, a Gloria, o Paraíso ou a aproximación a Deus.

Deste xeito, a través das obras artísticas, literarias e mesmo lúdicas, atópanse numerosos exemplos da idea alegórica da peregrinación. Na tradición cristiá, xa a viaxe dos apóstolos coa fin de difundir a doutrina de Xesús é comparada coa viaxe dos peregrinos, dos viaxeiros, por terras estrañas; mesmo o nome de Xehová significa “Deus no camiño”. O filósofo chinés Lao–Tzé (c. 570 - c. 490 a.C.) deu orixe ó pensamento e relixión taoístas a través do seu libro Tao Tê–King, referíndose ó Tao coma o camiño cara á Perfección. Buda (c. 563 - c. 486 a.C.) non só viaxou por todo o val do Ganxes para predicar as súas ensinanzas, senón que fixo á vez unha viaxe interior coa fin de acadar o Nirvana ou Iluminación. Na súa doutrina, a vía para lograr a liberación espiritual do individuo do mundo material denominouse a Óctuple Senda ou Camiño das Oito Etapas.

Mesmo a experiencia mística foi descrita metaforicamente coma unha viaxe cara a Deus. Deste xeito, descríbeno os musulmáns da corrente mística sufí ou pensadores árabes do s. XII como Avenpace (O réxime do solitario) ou Ibn Tófail

(Hay ben Yaqdan). De xeito idéntico expresouno o místico cristián alemán do s. XIII Mestre Johannes Eckarht: “O camiño sen camiños, onde se perden os fillos de Deus e, ó mesmo tempo, se atopan”.

Paraphrasis in Novum Testamentum. Peregrinatio... Petri et Pauli Erasmo de Rótterdam Lugduni [Lyon], Sébastien Gryphius, impresor (1542–1544) Papel impreso, letra itálica, xilografías

A partir de 1522, Erasmo embarcouse na difícil tarefa de comentar os textos evanxélicos, concretamente, os Feitos dos Apóstolos, acompañados de notas críticas que trataban de amosar o pouco rigor da versión latina da Biblia Vulgata. A publicación dedicouna a distintos estadistas e monarcas da época, entre eles, a Carlos V, Henrique VIII e Francisco I, co propósito de encomendarlles o goberno do mundo e o cese das loitas que mantiñan entre os seus reinos.

En 1542 engadiu a Peregrinatio...Petri et pauli, expresada de forma semellante ás Sagradas Escrituras coma unha alegoría do transcorrer do ser humano ó longo da súa vida, establecendo un paralelismo coa tarefa dos Apóstolos na súa difusión da doutrina de Xesucristo percorrendo tódolos camiños entón coñecidos.

Por outra parte, mentres que Erasmo continuaba avalando esta antiga comparación evanxélica, non apoiaba, ó igual que tantos outros humanistas da época, as prácticas relixiosas do culto ás reliquias e a peregrinación por consideralas como rituais ateigados de trazos de carácter supersticioso.

Page 8: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

8

Mandala Nepal, finais s. XX Pintura sobre lenzo de tea

No budismo tántrico, corrente practicada principalmente no Tíbet, un dos elementos devocionais máis utilizados son os mandalas, representacións personificadas dos distintos aspectos de Buda e da súa doutrina. Un mandala é un esquema ou diagrama estrutural que permite meditar “viaxando” coa mente e co espírito ata o centro, é dicir, ata o Buda ou a representación da iluminación. Por medio das técnicas de meditación, dos xestos rituais para meditar e orar (mûdras) e dos mandalas, o iniciado vai meditando sobre os diversos aspectos de Buda ata achegarse un día á unión con el, é dicir, ao nirvana, ou á máxima sabedoría, a iluminación, pola liberación de tódolos desexos e, en consecuencia, de tódolos sufrimentos.

Xogo da oca Interpretación baseada en orixinais do s. XVII Debuxo de Heliodoro Fernández Vitoria, Pos. Heraclio Fournier, impresor 1960–70 Litografía

O tradicional Xogo da Oca ten, como tantos outros xogos habituais de entretemento, unha orixe antiga cun forte carácter simbólico. Nel séguese un “itinerario” en espiral, de fóra cara o centro, a través dun

percorrido, separado xeralmente en tres treitos por unha especie de parede ou cerca. Atópanse neste camiño toda sorte de situacións adversas (pozo, labirinto, cárcere, e mesmo a morte) e tamén beneficiosas (as pontes, os dados ou as ocas). Hai un inicio e un final, que non é a morte, senón a derradeira casa na que aparece, xeralmente, unha doncela e un cisne.

Fálase dunha orixe grega e atribúese ó rei Palamedes durante a guerra de Troia. Tanto a oca coma o cisne tiñan no mundo clásico unha simboloxía relacionada coa Sabedoría, co adestramento dos que se iniciaban en calquera disciplina e tamén coa seguridade das propiedades pois alertaban da presenza de estraños cos seus escandalosos grallos.

Outros indicios apuntan á súa relación coa orde do Temple e a salvagarda dos camiños de peregrinación cristiáns, coma outras ordes de carácter relixioso–militar. Neste senso, o Xogo da Oca sería unha versión alegórica e reducida do Camiño de Santiago co ser humano como camiñante. As trece ocas serían as casas do Temple, os lugares seguros (“de oca a oca”...) que coincidirían, ademais, coas trece etapas que marcaba o Codex Calixtinus. A morte sería o sepulcro do Apóstolo Santiago na casa 58, e a cidade unha oca (casa 59) pero non a fin do Camiño que sería a casa do Cisne, o verdadeiro final: fisicamente, Fisterra (o Finis Terræ da Antigüidade), simbolicamente, a renovación do espírito, a Gloria, o Coñecemento Supremo e a Resurrección.

A identidade física do resto das casas, baseándose -entre outras probas- en cálculos de simboloxía numérica, poñen en relación, por exemplo, a primeira ponte con Puente la Reina, o pozo con Castrojeriz ou Carrión de los Condes, o labirinto na zona de León e as ocas con Jaca, Pamplona, Estela, Rabanal del Camino ou Triacastela e Santiago, entre outras.

Page 9: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

9

Theatro Moral de la vida humana en cien emblemas; con el Enchiridion de Epicteto Cebes, Epicteto Gentill, Enchiridion Otto Van Veen (Vaenius), Paulus Pontius, gravador Antwerp (Amberes), viúva de Henrico Verdussen 1733 Impresión sobre papel; encadernación en pel do s. XIX

O texto, que contén o diálogo filosófico–moral coñecido como Tabula Cebetis (Táboa de Cebes), débese ao filósofo Cebes que o escribiu no s. I d.C. A filosofía moral que contén deriva do Estoicismo greco–latino, valores que foron aproveitados tamén polo Cristianismo.

O diálogo presenta a vida do ser humano de forma alegórica de xeito que se mostra como unha peregrinación na terra. No período do Humanismo renacentista, o texto do diálogo completouse cunha representación gráfica. Á alegoría dáselle forma dun percorrido por un camiño ascendente, dividido en tres sectores por paredes amuralladas, no que o ser humano enfróntase, dende a súa infancia, a constantes eleccións, goza ou sofre segundo as opcións tomadas e os avatares da súa vida e sempre se atopa coa dor, coa purificación ou o sufrimento. Aqueles que eran quen de percorrer todo o camiño (representados, de feito, como camiñantes co traxe de peregrinos da época), chegan a unha construción en forma de templo que pode simbolizar ó mesmo tempo, a Gloria, a Sabedoría e o Coñecemento.

Outra peculiaridade da representación gráfica da Táboa de Cebes é a súa posible relación co Xogo da Oca, de orixe antiga ou medieval, e tamén de carácter simbólico que podería representar, así mesmo, a alegoría da vida humana como peregrinación, cun inicio, un percorrido amurallado en tres sectores, situacións favorables e desgraciadas, a morte e unha chegada ó Paraíso ou ó Coñecemento.

Page 10: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

10

SALA II

ORIXES DO CULTO XACOBEO. A TRASLACIÓN DO CORPO DE SANTIAGO

A LENDA XACOBEA

A escasa información que sobre Santiago proporcionan os textos canónicos motivou a aparición de numerosas tradicións que desenvolvían aspectos descoñecidos da súa vida. Entre estes relatos figuran a predicación de Santiago en Occidente e as circunstancias do seu martirio. Mandado degolar por Herodes no ano 44 d.C. e privado de sepultura, o seu corpo foi recollido polos seus discípulos e embarcado nuhna nave no porto de Jaffa, iniciando unha milagrosa navegación que, o cabo de sete días, os levou a Iria Flavia.

Tralo desembarco, os discípulos, seus discípulos e embarcado nunha nave no porto de Jaffa, iniciando unha milagrosa navegación que, ó que se atopaban no territorio dunha raíña chamada Lupa, foron cara ó seu pazo do Castro Lupario para pedirlle un lugar onde enterrar a Santiago. Aquela envíaos ó legado romano, que os prende, sendo posteriormente liberados por un anxo. A raíña intenta de novo enganalos enviándoos ó Monte Ilicino na procura de bois -que en realidade eran touros bravos- para trasladar o corpo do Apóstolo. Milagrosamente, estes son amansados e déixanse xunguir, polo que os discípulos consagran o monte denominado, dende entón, Pico Sacro. Lupa convértese ó cristianismo e cédelles o terreo de

Libredón, ó pé dun pequeno castro, como lugar de enterramento.

Hai toda unha serie de factores que relacionan a aparición do corpo de Santiago con este lugar: por un lado, a crenza da predicación de Santiago en Hispania que, aínda que xestada no s. VI, se difunde a partir do VIII, nun momento no que ó emerxente reino asturiano lle interesaba resaltar os lazos de unión coa figura apostólica, apoiada, ademais, pola tradición -ilustrada nos textos de Beato de Liébana-, de que os apóstolos estaban enterrados alí onde predicaran; polo outro, a consideración de Iria nesta centuria -que xa fora un florecente centro comercial na época imperial romana- como unha das sés episcopais máis influentes da monarquía asturiana.

Será, por tanto, na primeira metade do s. IX, e con este contexto político-relixioso, cando se produza o descubrimento do sepulcro apostólico polo ermitán Paio que, alertado por unhas milagrosas luces, dá aviso ó bispo Teodomiro de Iria. Este, de inmediato identifica o lugar como o sepulcro de Santiago e comunica a nova ó rei Afonso II.

O APÓSTOLO SANTIAGO

Santiago o Maior, fillo de Zebedeo e de Salomé e irmán de San Xoán evanxelista, é un dos apóstolos que acompaña a Cristo en momentos importantes da súa misión como na resurrección da filla de Xairo, a curación da sogra de Simón Pedro, a Transfiguración no Monte Tabor ou a oración no Horto das oliveiras en Xetsemaní. Poucas son, pois, as novas que coñecemos acerca da súa vida e predicación a través dos textos bíblicos.

Page 11: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

11

Segundo unha antiga tradición, anos despois da resurrección de Cristo, os apóstolos reúnense para se distribuír o mundo a fin de difundir a mensaxe evanxélica. Santiago recibe a misión de predicar en Hispania, onde organiza un escaso grupo de discípulos, crea algunha comunidade e onde a Virxe se lle aparece en varias ocasións para darlle ánimos.

Unha das primeiras representacións plásticas de Santiago como apóstolo é a do Beato de Girona: viste túnica e manto e leva o libro dos evanxeos como un apóstolo máis e sen distintivos iconográficos propios.

Dende principios do século XIV, Santiago apóstolo tamén se nos mostra sedente, en maxestade ou en cátedra, vestido con túnica e manto, descalzo, co báculo nunha man e un rolo de pergameo na outra, informando da súa misión evanxelizadora: Hic est corpus divi Jacobi apostoli et hispanorum patroni.

Santiago Apóstolo no Beato de Liébana. “Iacobus. Spania” Facsímile do orixinal do arquivo da catedral de Girona Explanatio in Apocalypsin Atribuído a Beato de Liébana Emeterio (esch.); Eude (ilum.) 970 Manuscrito, pergameo

Santiago Apóstolo sedente Baseado nos gravados de Melchor de Prado sobre a escultura do Altar Maior da Catedral de Santiago de Compostela Anónimo Finais s. XVIII Debuxo coreado con acuarela sobre pergameo Doazón familia Blanco-Cicerón

Page 12: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

12

A SANTA PARENTELA. A DESCENDENCIA APOSTÓLICA DE SANTA ANA

O Apóstolo Santiago –Santiago o Maior–, segundo a tradición e os escritos apócrifos, sería neto de Santa Ana. Estes ilustran a lenda dos tres matrimonios de Ana dos que nacerán as tres Marías: a Virxe María, María Cleofás e María Salomé. María Salomé, á súa vez, casará con Zebedeo e terá dous fillos: Santiago o Maior e Xoán Evanxelista.

Este tema xenealóxico da Santa Parentela de Ana dará lugar a representacións iconográficas onde aparece Santa Ana cos seus tres homes e tódolos seus descendentes. Difundirase especialmente a partir do s. XV grazas á propagación do culto a Santa Ana nos Países Baixos e Alemaña. Desaparecerá tralo Concilio de Trento ó ser rexeitada pola autoridade eclesiástica esta tradición do triplo matrimonio da Santa.

Santa Ana é representada neste grupo escultórico como nai da Virxe nun modelo iconográfico estreitamente relacionado coa iconografía da Santa Parentela de Ana, no que aparecen as tres xeracións: Santa Ana, a Virxe e o Neno Xesús.

No relevo da Visitación, a Virxe María abraza a súa curmá Santa Isabel -que está encinta de San Xoán Bautista-, para anunciarlle a boa nova do futuro nacemento de Cristo. A terceira figura feminina representada sería unha das dúas irmás da Virxe: María Cleofás ou María Salomé, esta última nai de Santiago o Maior.

SANTA ANA E OS SEUS TRES MATRIMONIOS Segundo a tradición e lendas apócrifas

SANTA ANA–CLEOFÁS

MARÍA CLEOFÁS–ALFEO

SANTIAGO O MENOR / XOSÉ O XUSTO / SIMÓN / XUDAS

SANTA ANA–JOAQUÍN

VIRXE MARÍA–XOSÉ

XESÚS

SANTA ANA–SALOMAS

MARÍA SALOMÉ–ZEBEDEO

SANTIAGO O MAIOR / XOÁN EVANXELISTA

Page 13: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

13

San Xoan Bautista Ss. XIII-XIV Madeira tallada e policromada Anónimo. Escola catalá (?)

Santa Ana coa Virxe e o Neno Escola flamenga 2ª metade s. XV – 1ª metade s. XVI Madeira policromada e dourada

A Santa Parentela. A familia da Virxe Escola flamenca Ca. 1520 Óleo sobre táboa

O APÓSTOLO SANTIAGO E A SUA PREDICACIÓN EN GALLAECIA

O Breviario dos Apóstolos de finais do século VI define o territorio de predicación de cada un dos apóstolos e o lugar da súa sepultura. É neste texto onde se atribúe por primeira vez a

Santiago o Maior a predicación nas rexións occidentais de Hispania (“Hispaniae occidentalia loca”) e o seu enterramento nun lugar denominado Arca Marmarica.

Santiago y San Xoán Apóstolos Mestre de Ventosilla Primeiro terzo S. XVI Óleo sobre táboa Tierra de Campos, Valladolid

San Andrés e San Pedro Apóstolos Mestre de Ventosilla Primeiro terzo S. XVI Óleo sobre táboa Tierra de Campos, Valladolid

Relevo coa escena da Visitación da Virxe a súa curmá Santa Isabel Anónimo 1ª metade s. XVII Madeira policromada, dourada e estufada Depósito da Catedral de Santiago de Compostela

Page 14: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

14

Esta crenza, baseada tal vez nunha longa tradición oral, comeza así a difundirse plenamente. Verase reforzada, en primeiro lugar, pola monarquía asturiana -que por motivos político-relixiosos establece unha relación de patrocinio e encomendamento entre o apóstolo Santiago e os reinos cristiáns do norte peninsular-. En segundo lugar, pola tradición ilustrada nos Comentarios ó Apocalipse atribuídos a Beato de Liébana e redactados, xa na súa integridade, no ano 786 en territorio astur.

Os manuscritos conservados dos Comentarios de Beato teñen ou tiveron un mapamundi ilustrando os campos de predicación dos apóstolos, con variantes na súa execución, pero cunha mesma coincidencia: a presenza do nome de Gallaecia asociado ó apóstolo Santiago.

Mapamundi coa misión apostólica Facsímile do orixinal do arquivo da catedral de Girona Explanatio in Apocalypsin Atribuído a Beato de Liébana Emeterio (esch.); Eude (ilum.) 970 Manuscrito, pergameo

Mapamundi coa misión apostólica Facsímile do orixinal do arquivo da catedral do Burgo de Osma Explanatio in Apocalypsin Atribuído a Beato de Liébana Emeterio (esch.); Eude (ilum.) 1086 Manuscrito, pergameo

A TRASLACIÓN DO CORPO DO APÓSTOLO NA TRADICIÓN

A identificación de Galicia como lugar de enterramento de Santiago motiva a aparición de numerosas tradicións que satisfacen a devoción popular e que tratan de explicar o traslado do corpo do apóstolo Santiago o Maior dende Xerusalén a Gallaecia.

Mandado degolar por Herodes cara ó ano 44 d.C. e privado de sepultura, o apóstolo Santiago é traído á Gallaecia polos seus discípulos nunha nave. Desde o porto de Jaffa, e despois de sete días de milagrosa navegación, chegan ata a desembocadura dos ríos Ulla e Sar.

A moeda medieval de medio real de vellón coa representación do traslado por mar do apóstolo e o gravado da obra do século XVII de Castellá Ferrer, sintetizan algunhas destas tradicións cargadas de elementos máxicos.

Tralo desembarco, os discípulos diríxense ó pazo da raíña Lupa no Castro Lupario solicitando un lugar para enterrar a Santiago. Lupa envíaos ó legado romano na localidade de Duio que ordena a súa prisión, sendo liberados posteriormente por un anxo. A raíña intenta enganalos de novo enviándoos ó Monte Ilicino na procura de bois para traslada-lo corpo: bois que en realidade son touros bravos pero que se amansan milagrosamente. Alí matan a un dragón e consagran o monte que desde entón se denomina Pico Sacro. A raíña convértese e cédelles un lugar ó pé dun pequeno castro denominado Libredón para o seu enterramento.

Page 15: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

15

Moeda de Fernando II coa traslación do corpo do apóstolo Santiago Medio diñeiro de vellón Ceca compostelá 1157-1188 Escavacións de Adro Vello (San Vicente do Grove)

Mapa cos lugares citados pola tradición na traslación do apóstolo Historia del Apóstol de Iesu Christo Santiago Zebedeo, Patrón y Capitán General de las Españas Mauro Castellá Ferrer Diego de Astor, gravador Madrid, Alonso Martín de Balboa, impresor 1610 Impreso a molde sobre papel

Aparición da Virxe do Pilar ó Apóstolo Fvndación milagrosa de la Capilla Angélica y Apostólica de la madre de Dios del Pilar, y excellencias de la imperial civdad de Çaragoza. Fr. Diego Murillo Barcelona, Sebastián Matevad, impresor 1616 Impresión sobre papel, calcografía Encadernación en pel (s. XIX) con ferraxes dourados

Gravado da Nosa Señora da Barca RELACION VERIDICA Y AVTENTICADA POR AUTORIDAD del Ordinario de la Ciudad, y Arçobispado de Señor Santiago, vnico Patron de España. De las maravillas, prodigios, y Milagros, que Nuestro Señor obra, y ha obrado por medio de la Devotísima Imagen de Nª.Sª.DE LA BARCA, colocada en sv capilla, qve esta à la orilla del Mar, y distante como dos tiros de mosquete de la Iglesia Parroquial de la Villa de Mugìa, en el Reyno de Galicia, Arçobispado de Santiago. La qval da a lvz vn devoto de la misma Reyna de los Angeles, Madre de Dios, y de los hombres, Maria Santíssima, para consuelo de sus devotos, y mayor veneración de esta Soberana Señora Anónimo José dos Santos Maragato, gravador Madrid, Diego Martínez Abad, impresor 1719 Impresión tipográfica sobre papel, xilografía

Defensa da chegada e predicación de Santiago Defensa de la venida, y predicación evangélica, de Santiago en España Diego del Castillo Zaragoza, Lorenzo de Robles, impresor 1608 Impresión sobre papel, gravado a burel, xilografía

Page 16: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

16

Defensa da chegada e predicación de Santiago Historia del glorioso apostol Santiago, Patron de España: de su venida a ella, y de las grandezas de su Iglesia, y Orden militar Hernando Oxea Madrid, Luís Sánchez, impresor 1615 Pergameo, impresión sobre papel, xilografía

María Salomé pide ó Señor un lugar privilexiado no Paraíso para os seus fillos Santiago e Xoán Evanxelista Leopoldo di ser Giovanni 1367-1371 Pistoia. Catedral, altar de Santiago

Decapitación de Santiago e do seu discípulo Xosías Leopoldo di ser Giovanni 1367-1371 Pistoia. Catedral, altar de Santiago

Traslación do corpo de Santiago de Xerusalén a Galicia Leopoldo di ser Giovanni 1367-1371 Pistoia. Catedral, altar de Santiago

OURIVERÍA CASTREXA

O ouro foi un metal moi apreciado dende a Prehistoria no noroeste peninsular para a produción de xoias. A ourivería desta área experimenta un florecemento singular en época prerromana (cultura castrexa), período ó que pertence este conxunto áureo.

Do tesouro do Castro de Recouso recuperáronse 16 arracadas e catro lingotes planoconvexos de aliaxe ouro + prata, pero constaba de máis xoias que, por desgraza, foron repartidas e en boa parte fundidas. O conxunto sería un escondedoiro dun ourive. Do Castro de Bardaos hai memoria do achado de tres torques de ouro dos que só se conservan dous na actualidade, un deles depositado neste museo.

A riqueza aurífera do noroeste constitúe un dos motivos polos que Augusto decide a conquista e anexión destes territorios ó Imperio Romano.

Como unha das consecuencias da romanización empezarán a formarse en Gallaecia os primeiros núcleos cristianizados. A tradición atribúe ó apóstolo Santiago o Maior a predicación na Península. De calquera xeito, é o inicio dunha lenta cristianización que parte do sincretismo de cultos indíxenas e dos diversos credos aportados polos romanos.

Tesouro do castro de Recouso s. IV-I a.C.

Ouro e aliaxe de ouro e prata Castro de Recouso (San Martiño de Marzoa, Oroso, A Coruña)

Achado casual en 1921 realizando labores agrícolas

Page 17: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

17

Depósito de Felipe R. Cordero Carrete

Torques do castro de Bardaos s. IV-I a. C. Ouro fundido, soldadura, incisión Castro de Bardaos (Tordoia, A Coruña) Achado casual en 2004

CASTRO LUPARIO

Algúns dos lugares citados pola tradición xacobea identifícanse con puntos xeográficos concretos mentres que outros presentan unha localización máis confusa. Este é o caso de Castro Lupario, sobre o que as fontes tradicionais -dende o s. XVI, no que aparecen as primeiras referencias ó tema- sosteñen que se corresponde co Castro de Francos (Rois e Brión, A Coruña). Alí atopáronse restos dunha muralla e numerosos vestixios arqueolóxicos que van dende a Idade do Ferro ata a Idade Media.

Sen embargo, teorías máis actuais sinalan a posibilidade de que este poida corresponderse, por asimilación toponímica, coa fortaleza do Castro de Lobeira, na ría de Arousa, documentado polo menos dende o s. X.

Cabeza masculina castrexa Época galaico-romana ss. I-II d.C. Granito Escavacións no Castro Lupario/de Francos/do Faramello (Rois e Brión, A Coruña)

IRIA FLAVIA

Iria Flavia, un importante centro de comercio marítimo e nó de varias vías terrestres, acadou en época romana unha singular importancia. Dela dan fe tanto o seu propio nome –que nos remite a súa fundación na época dun emperador flavio, probablemente, Vespasiano- coma os abundantes restos arqueolóxicos atopados: moedas dende época republicana ó Baixo Imperio, terra sigillata, sartegos paleocristiáns e restos de pavimento de mosaicos.

Esta importancia reafírmase coa cristianización e a súa erección como bispado. Dende o s. VI coñécense os nomes dos bispos desta sé que, con posterioridade á invasión musulmá, será unha das máis importantes do reino asturiano. A partires do s. IX, tralo achado do sepulcro de Santiago en Compostela, en época do bispo Teodomiro, os bispos de Iria engaden ó seu título o de Rexentes ou Gardiáns da Sé Apostólica, comezando así unha progresiva perda de importancia da sé iriense que culminará cando a fins do s. XI o bispo Dalmacio asine xa como bispo de Santiago.

RESTOS DE LAS EXCAVACIONES EN LA IGLESIA Y ENTORNO DE SANTA MARÍA DE IRIA FLAVIA (PADRÓN, A CORUÑA).

Page 18: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

18

Fusaiola con decoración incisa Época romana Bronce

Fusaiola Época romana Vidro

Fragmento Terra sigillata Época romana

Fragmento con decoración figurada Terra sigillata Época romana

Pesa de tear Época romana Granito Contas de vidro Época romana Vidrio

Touriño de Iria Flavia Nivel tardorromano S. IV-V Bronce fundido

Moeda Segunda metade do S.III Bronce Moeda de época de Marco Aurelio Sestercio Roma, 177-178 d.C. Bronce

Chifre Época romana Barro cocido

PEDRÓN

Baixo o altar da igrexa de Santiago, en Padrón, consérvase unha pedra cunha inscrición que polo seu transcendente uso deu nome a esta vila. A inscrición, incompleta, foi interpretada coma unha ara dedicada a Neptuno. Sobre a inscrición romana gravouse, posteriormente, o anagrama de Cristo -IHS-.

Dúas tradicións que se refiren a dous momentos da estancia de Santiago en Hispania, dannos versións diferentes da orixe do “pedrón”. Nunha aparece identificado coa pedra que Santiago

Page 19: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

19

empregou na súa misión evanxélica para desprazarse, sentado sobre ela, desde Palestina ata España. Segundo a outra, trataríase do pedestal que serviu para amarrar a barca coa que se trasladaron os restos do Apóstolo ata Galicia.

PICO SACRO

A devoción que os montes espertaban na poboación da Galicia antiga e da que se fan eco numerosas lendas populares, explica que o Sacro fose recoñecido pola tradición xacobea coma o Monte Ilicino (Monte das Aciñeiras) ó que, enganosamente, a raíña Lupa enviou ós discípulos do Apóstolo na procura de bois.

A asimilación destas tradicións pola igrexa compostelá motivou que, no comezo do s. IX, o bispo Sisnando I edificase na faldra NE un mosteiro baixo a advocación de San Sebastián, do que só se conserva unha ermida reedificada nos ss. XI-XII. Da outra ermida dedicada a Santiago construída no cumio no s. XI, non se conserva nada ó ser demolida conxuntamente cunha torre que alí se erguera no s. XV -desta pódense ver os seus alicerces e o alxibe-.

Tampouco faltan indicios dunha actividade anterior no monte, confirmada pola existencia de anacos de ladrillos e cerámicas de construcións romanas, así como minas de explotación de metais que dende aquí e polo río Ulla se levaban ó porto exterior de Iria. Ademais, neste lugar, coma en Castro Lupario, unha vía romana pasaba polas proximidades, acreditada polo achado dun miliario do ano 40 d.C. en Aixón-Sergude (Boqueixón, A Coruña).

DESEMBOCADURA DO ULLA.

Porto Fluvial Romano

Durante a época romana, a intensificación do tráfico marítimo propiciou o desenvolvemento das vías de comunicación naturais. Na desembocadura do Ulla, un dos principais accesos á Galicia interior, xorden asentamentos para atender as funcións portuarias e de intercambio de mercadorías, e dos cales quedan aínda vestixios arqueolóxicos.

Con esta actividade portuaria están directamente relacionados dous xacementos: as Torres de Oeste (Catoira, Pontevedra), onde se localizan muros de modestas edificacións e fragmentos de ánforas romanas, e outro nos arredores de Porto-Pontecesures, na confluencia do Sar e o Ulla. Quizais algún deles sexa o enclave das Turris Augusti que citan os clásicos.

O fluxo que xeran estes enclaves, favorecido polo paso nas súas inmediacións das vías que unen Bracara, Brigantium e Lucus, propiciaría o desenvolvemento doutros asentamentos na zona.

Page 20: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

20

SALA III

SANTIAGO: CATEDRAL E CIDADE. O SEPULCRO DO APÓSTOLO COMO XERADOR DA URBE COMPOSTELÁ

LOCUS SANCTI IACOBI (EN TORNO ÓS ANOS 830– 880)

Diversos restos arqueolóxicos confirman a existencia dun castro no lugar onde apareceu o sepulcro de Santiago. A este castro, radicado no eixo dunha rede viaria, pertencería a necrópole onde apareceu o sepulcro apostólico, e nel documéntase un poboamento dende época prerromana ata a Alta Idade Media. Sen embargo, no s. IX, momento do descubrimento do corpo do Apóstolo, o asentamento estaba abandonado.

O bispo de Iria Teodomiro e o rei asturiano Afonso II dotan ó lugar dunha estrutura xurídica e desenvolven unha actividade construtiva que conformará o locus Sancti Iacobi. Este recinto, dunhas tres hectáreas, íllase física e espiritualmente do mundo exterior mediante unha cerca defensiva. No seu interior distínguense dous conxuntos de edificios: o complexo episcopal e o monacal.

O primeiro comprendería a igrexa de Santiago, probablemente, dunha soa nave, pegada á edícula sepulcral que actuaba como

ábsida e cun único altar, o de Santiago. No seu entorno existía un cemiterio en uso ata o s. XI. Debemos imaxinar esta igrexa como unha obra de albanelería rudimentaria pola mención que dela se fai na acta de consagración da posterior basílica de Afonso III, que a describe como ex petra et luto opere parvo. Ó norte desta edificación e preto dela erguíase un baptisterio dedicado a San Xoán Bautista.

Na zona suroeste do locus constrúese unha residencia para os bispos da sé iriense que, a partir do descubrimento do mausoleo, trasládanse a Compostela.

Os responsables do culto apostólico eran os monxes de Antealtares. O complexo monacal erguíase cara o nacente, practicamente lindando coa igrexa de Santiago e separado, quizais, por unha cerca. Pola súa posición respecto ás igrexas de Santiago e San Xoán o mosteiro foi denominado de Antealtares. Este conxunto constaba dunha igrexa dedicada ó Salvador -posiblemente, con tres altares consagrados ó Salvador, san Pedro e san Xoán- e dunhas oficinas monásticas.

O SEPULCRO APOSTÓLICO

Cando en 1879 se redescubriron os restos da edícula sepulcral, oculta dende o s. XVI, atopouse un recinto composto por dous compartimentos comunicados entre si. Os escasos datos que se poden extraer desta estrutura -alicerces dun mausoleo con perpiaños romanos ou de tradición romana- deron lugar a diferentes hipóteses sobre o seu aspecto orixinal. Os estudos máis recentes consideran a edícula primitiva coma unha arquitectura modesta, dunha soa cámara en altura, cun altar

Page 21: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

21

sobre a tumba do apóstolo e con acceso oeste-leste. É posible que o seu interior estivese abovedado e decorado con mármores, facilitando a asimilación do mausoleo cos topónimos arce Marmarica e arca marmarica cos que se menciona, nos textos máis antigos, o lugar onde xacía o corpo de Santiago.

Lauda sepulcral do bispo Teodomiro de Iria. (+847) Santiago de Compostela, catedral

Afonso II O Casto Tumbo A da catedral de Santiago 1129 á 1255 Santiago de Compostela, Arquivo da catedral

Mausoleo do Apóstolo. Reconstrución Juan M. Muñoz Gambero 1976 Madeira e xeso

VILLA SANCTI IACOBI (ENTORNO ÓS ANOS 900-1040)

O principal factor que explica a transformación urbana do pequeno locus nunha vila burguensis é a súa función como centro eclesiástico.

Así, en época do rei Afonso III e do bispo Sisnando I, efectuouse unha remodelación nos edificios do locus, tratando de potenciar a súa sacralizade e categoría apostólica. Por isto

construíuse unha nova igrexa de Santiago, consagrada no ano 899, na que se empregaron mármores traídos de Al-Andalus, ó tempo que se renovaron as igrexas de Antealtares e san Xoán. Tamén se crea unha nova comunidade de monxes para a que se constrúe, nun reducido espazo, a igrexa de Santa María da Corticela e diversas dependencias.

A constitución da vila foi a resposta a unha expansión fóra da cerca do primitivo recinto. Con anterioridade ó ano 915 comezan a instalarse vivendas privadas extramuros como consecuencia da saturación do espazo interior. Seguindo os eixes de acceso ó antigo castro, xorden varios suburbios que condicionan o crecemento da vila medieval: Pinario, ampliación necesaria ó pequeno espazo intramuros da Corticela, Lovio, onde se instala o primeiro hospital para peregrinos, Vilar, Preconitorium, Forum e quizais o Vicus Francorum; topónimos que chegaron ata nós.

O segundo fito nesta evolución do marco urbano lévanos á década do 960. Ante as ameazas dun ataque normando, Sisnando II reconstrúe con maior solidez polo seu antigo trazado a primitiva cerca, e constrúe un segundo anel de protección para toda a poboación suburbial, formado por cercado e foxo exterior. Máis tarde, e debido ás consecuencias desastrosas da expedición militar de Almanzor no ano 997 -que deberon frear momentaneamente o desenvolvemento da cidade-, o bispo Cresconio reconstrúe a muralla de Sisnando II e constrúe outra nova para reforzar o foxo exterior.

Page 22: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

22

Afonso III o Magno Tumbo A da catedral de Santiago 1129 á 1255 Santiago de Compostela, Arquivo da catedral

Revestimento mural do conxunto construtivo do mausoleo apostólico. Fragmentos 2ª metade s. IV (?) Pórfiro verde Intervención ó sur do mausoleo do apóstolo Santiago de Compostela, catedral

Materiais procedentes de construcións romanas importados, probablemente, de Alexandría, e que formarían parte do conxunto de materiais romanos traídos para a súa reutilización na Basílica Compostelá construída polo monarca Afonso III.

Basílica prerrománica de Afonso III. Reconstrución Escala E 1:50 A Coruña, 27 - xuño-1997 Alabastro

CIVITAS SANCTI IACOBI (ca. 1150)

A partir do ano 1000, os efectos da afluencia masiva de peregrinos reflíctense en dous ámbitos. Un deles será a

construción da gran basílica románica; o outro, estreitamente ligado ó anterior, será o desenvolvemento dunha organización urbana de Santiago.

A forma e dimensións da nova igrexa, comezada no ano 1075, foron xa avaliados polo bispo Diego Peláez, que debía instalar unha basílica nos solares doutros edificios: Corticela, Antealtares –onde se urbanizou o contorno coa construción da vía Sacra—, pazo episcopal, cemiterio e murallas do locus. O proxecto da nova Catedral comprendía catro bloques relativamente independentes: cabeceira, transepto, nave e pórtico occidental.

Cando o bispo Diego Xelmírez se fai cargo das obras, proxectará, ademais, a construción dunha canónica e un claustro, ó tempo que derriba a basílica prerrománica para agrandar a cabeceira e a nave da Catedral.

As destrucións causadas pola revolta de 1117, obrigaron a Xelmírez a construír un novo pazo episcopal onde remataba o Camiño Francés, ó tempo que se urbanizaba o contorno coa construción dunha praza, o Paraíso, na actual Acibechería. Nos seus laterais instaláronse os comerciantes e cambiadores e no centro había unha gran fonte, mostra da canalización de augas na cidade. Dende alí accedíase tamén ó Hospital e á Casa da Moeda.

Dende o s. IX ata comezos do XIII a cidade multiplicou case por seis a súa superficie, e especialmente na primeira metade do s. XII acelerouse este proceso debido a unha

Page 23: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

23

serie de privilexios e exencións de tipo económico, social e xurídico que atraeron á poboación do seu contorno rural.

A rede viaria da cidade articulábase a través de dúas rúas; unha na zona nordeste, a rúa Francíxena, e a outra na zona sur, a do Vilar, ámbalas dúas eran zonas de localización preferente das actividades comerciais e artesanais. O marco plenamente urbano de 30 hectáreas amuralladas, veuse desbordado dende fins do s. XI cunha serie de suburbios como San Pedro de Fóra, Santa Susana e Sar.

Moeda de Fernando II Diñeiro de vellón Ceca de Santiago de Compostela 1157-1188 Anverso: busto do Apóstolo Santiago coa leyenda “IACOBI” Reverso: “REX”

Non faltan símbolos distintivos como a vieira na variada produción numismática saída da ceca compostelá. Esta cuñaba, dende época de Afonso VI, monetario real no que se empregaban os mesmos tipos ca no resto do territorio leonés aínda que particularizados por motivos decorativos puramente xacobeos para a produción reservada á catedral, dado que constituían un elemento propagandístico de primeiro orde para difundir a importancia do culto ó Apóstolo e da propia cidade como meta de peregrinación.

Moeda de Fernando II Diñeiro de vellón Ceca de Santiago de Compostela 1157-1188 Anverso: “REX LEO” Reverso: “FERNANDUS”

Trátase dunha moeda rarísima que presenta no anverso o busto do monarca Fernando II asentado sobre un estraño motivo lonxitudinal que algúns investigadores queren interpretar como a representación esquemática do Camiño de Santiago. Deste xeito, coa figuración da “civitas Sancti Iacobi” como meta do camiño representada debaixo do busto rexio, estaríase exhibindo a Fernando II como “señor do Camiño Xacobeo”, o que non deixa de ser unha interesante hipótese de traballo. A vinculación de Fernando II tanto co Camiño como coa cidade compostelá foi moi estreita e a produción numismática da ceca de Santiago, que empezara a producir a partes iguais moeda real e eclesiástica arredor de 1100, foi moi interesante baixo o seu mandato.

Moeda. Diñeiro de vellón tornés Ceca da abadía de San Martiño de Tours s. XII Escavación arqueolóxica na Rúa do Vilar (Santiago de Compostela)

A moeda tornesa (cuñada en Tours) aparece citada con frecuencia na documentación medieval de Santiago de Compostela, cidade á que chega a través do Camiño de Santiago como consecuencia da peregrinación xacobea, utilizándose como un medio de pago moi frecuente nas transaccións comerciais realizadas, sobre todo, entre os ss. XII e XIV. A abundancia de moeda estranxeira en Compostela nestes momentos da Idade Media é un indicio claro

Page 24: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

24

da importancia que as relacións co exterior adquiren nun centro de peregrinación ó que acode xente de tódalas partes do mundo coñecido, movidas tanto por cuestións exclusivamente relixiosas como tamén por asuntos de índole comercial.

Copa de farmacia Probablemente realizada en Talavera de la Reina (Toledo) Finais s. XVIII - principios s. XIX Louza policromada e esmaltada; moldeado a torno

O escudo arcebispal do mosteiro de san Martiño Pinario mostra un piñeiro central flanqueado por dúas vieiras cimado, á súa vez, por un capelo correspondente a unha dignidade bispal ou abacial. A orixe do mosteiro data do s. X cando o bispo Sisnando constrúe a capeliña de san Martiño preto dun lugar chamado Pignario. Unha nova igrexa edificouse no seguinte século para máis tarde, no s. XVI, levantar a construción actual. Distintas tradicións relacionan o seu nome coa antiga existencia dun gran piñeiro nese lugar, ó que algúns engaden un milagre de san Martiño no que o santo defende a fe de Deus diante desta árbore dedicada ó demo. Tamén se relaciona o topónimo coa existencia dun penedo na zona derivando de aí, entón, a denominación de Pignario.

Bote de farmacia Finais s. XVII Louza policromada e esmaltada; moldeada a torno Talavera de la Reina (Toledo)

O escudo en azul cobalto composto de dobre armelado circular coa cruz potenzada no centro e cimado no seu exterior por un capelo correspondente á dignidade arcebispal, determina a pertenza desta peza ó botame do Hospital Real de Santiago. Esta nova institución hospitalaria en Santiago foi fundada en 1492 polos Reis Católicos, en agradecemento pola axuda prestada por Santiago, como Santo Patrón das Españas, na conquista de Granada. O obxectivo principal da súa creación foi mellorar as atencións ós peregrinos, enfermos, pobres e mendigos que se xuntaban na cidade, centralizando os esforzos de acollida e saúde que se outorgaban noutros hospitais xa existentes nesta.

Sartego co escudo dos Moscoso. Fragmentos Mediados s. XV Granito policromado Santiago de Compostela, igrexa de Santa María do Camiño (?)

CATEDRAL E CIDADE DENDE A BAIXA IDADE MEDIA

Catedral e cidade tiveron un crecemento paralelo entre os ss. XIII e XVI. A edificación de capelas nas naves e na cabeceira, así como de diversas construcións de carácter defensivo, modificou substancialmente o aspecto da basílica

Page 25: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

25

románica. No s. XVI edificouse un novo claustro sobre o anterior.

Na cidade, fóra do recinto amurallado ó que se accedía por sete portas, van xurdindo distintas construcións: os conventos mendicantes de san Domingos de Bonaval e san Francisco e os núcleos de poboación das rúas de san Pedro e das Hortas.

Do aspecto que presentaba a Catedral antes de 1658, infórmannos os debuxos de Vega y Verdugo. Nun deles aparece o Obradoiro, coa primitiva fachada -contemporánea do Pórtico da Gloria-, as novas escalinatas, a fachada clasicista do claustro e a fachada do pazo de Xelmírez. A vista dende a Quintana amosa o aspecto irregular que a adición de capelas dera á cabeceira.

Sen embargo, é entre os ss. XVII e XVIII cando a Catedral e a cidade adquiren o seu aspecto definitivo. Factores determinantes desta radical transformación son o incremento das rendas da igrexa compostelá e das grandes institucións monásticas, as continuas ofrendas e o rexurdimento da devoción ó Apóstolo. As grandes reformas acometidas dende mediados do XVII -Torre do Reloxo, baldaquino do altar maior, fachada do Obradoiro- deron á Catedral un aspecto barroco que enmascara, case por completo, a estrutura románica.

A cidade, co seu trazado tipicamente medieval, está organizada por dous grandes eixes. Por un lado, a rúa que dende a Porta do Camiño atravesa a praza do Campo -hoxe de Cervantes- e paralela á Catedral chega ó Obradoiro. Por outro, a rúa que dende a Porta da Mámoa sube por Preguntoiro, crúzase coa anterior na praza do Campo e termina en San Roque. Este esquema foi utilizado polos arquitectos barrocos

que, xogando coa estreiteza das rúas, crearon espazos máis ou menos amplos ante os principais edificios, dando lugar a espectaculares efectos teatrais típicos do urbanismo barroco.

Nos ss. XVIII e XIX leváronse a cabo reformas que destruíron abundantes elementos medievais, coma os soportais, ó mesmo tempo que se levantaron unha serie de edificios -Casa do Concello, Universidade, Mercado- que conforman o aspecto actual da cidade.

Plano de Santiago 1595 Arquivo Xeral de Simancas (Valladolid)

Debuxo da fachada oeste da catedral José Vega y Verdugo ca. 1658 Santiago de Compostela, Arquivo da catedral

Debuxo da fachada leste da catedral José Vega y Verdugo Ca. 1658 Santiago de Compostela, Arquivo da catedral

Vista de Santiago Relazione uffíciale Lorenzo Megalotti Pier Maria Baldi 1669 Florencia, Biblioteca Laurenziana

Page 26: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

26

Vista de Santiago Ramón Gil Rey 1832 Santiago de Compostela, Museo Municipal

Plano de Santiago Enrique Mayer 1886 Santiago de Compostela, Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento

PANEL: ASÍ SE CONSTRUIU A CATEDRAL

� Vista xeral da comarca de Compostela. � Descubrimento do mausoleo romano por Teodomiro. � Basílica de Afonso II. � Consagración da Basílica de Afonso III. � Destrucción da Basílica de Afonso III por Almanzor no ano

997. � Basílica de Afonso III seccionada con vistas do interior. � Basílica de Afonso III reconstruida e primeira fase da

catedral románica � Segunda fase na construcción da catedral románica. � Visita ás obras do bispo Diego Xelmírez. � Terceira fase constructiva da catedral románica. � Proporcións entre a sección das naves, o pórtico e o

rosetón. � Catedral románica rematada.

CORO PÉTREO

Este coro, datado cara 1200, é unha das obras máis significativas do obradoiro do Mestre Mateo. Os avatares do destino fixeron que en 1604 fose desmontado para construír outro en madeira máis en consonancia coa época. Algunhas das pezas deste primitivo coro foron reutilizadas en diversos lugares da Catedral, ben coma elementos decorativos -as figuras de apóstolos, evanxelistas e profetas da Porta Santa- ou coma elementos construtivos, entre outros destinos.

Foron varios os intentos de reconstrución do coro, sendo catro as hipóteses existentes ata o momento:

1.- 1953- José Manuel Pita Andrade 2.- 1961- Manuel Chamoso Lamas 3.- 1970- Manuel Chamoso Lamas e José Manuel Pita Andrade 4.- 1985- Ramón Otero Túñez e Ramón Yzquierdo Perrín

Fragmento do coro pétreo do Mestre Mateo s. XII Granito Catedral de Santiago de Compostela

Fragmento do coro pétreo do Mestre Mateo s. XII Granito Catedral de Santiago de Compostela

Page 27: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

27

Maqueta da cabeceira da catedral na súa primeira fase de construción Juan Manuel Muñoz Gambero, Afonso Moreno Mora 1976-1981 Xeso e madeira

Maqueta coa sección da nave maior da catedral Juan Manuel Muñoz Gambero, Afonso Moreno Mora 1976-1981 Xeso e madeira

Maqueta da cabeceira e transepto da catedral Juan Manuel Muñoz Gambero, Afonso Moreno Mora 1976-1981 Xeso e madeira

CABECEIRA GÓTICA

A mediados do s. XIII, baixo o arcebispado de Xoán Arias, proxectouse unha ampliación da cabeceira da Catedral que harmonizaría plenamente coa obra románica existente.

Esta ambiciosa obra iniciouse no ano 1258 seguindo as tendencias arquitectónicas que estaban a desenvolverse no Norte de Francia, aínda que a catedral de León semella ter sido a referencia máis directa. Sen embargo, este proxecto abandonouse trala morte do seu promotor, acaecida no ano 1266, coincidindo cun deterioro das relacións entre o rei Afonso X O Sabio e o señorío eclesiástico compostelán.

Canzorro con decoración vexetal Ca. 1200 Granito Santiago de Compostela, catedral (?)

Canzorro de rolos Comezos s. XII Granito Santiago de Compostela, catedral (?)

Capitel de esquina Obradoiro do Mestre Mateo 1ª metade s. XIII Granito Santiago de Compostela, primitivo claustro da catedral

Capiteis con decoración vexetal 3º cuarto s. XIII Granito Santiago de Compostela, cabeceira gótica inconclusa da catedral

Cimacio. Fragmento Obradoiro do Mestre Mateo 1º cuarto s. XIII Granito Santiago de Compostela, primitivo claustro de la catedral

Page 28: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

28

Capitel figurado 1º cuarto s. XIII. Granito Santiago de Compostela, capela (?) do primitivo claustro de la catedral

Capitel con decoración vexetal e de entrelazos 1º terzo s. XII Granito Santiago de Compostela, catedral

Tampa de sartego. Fragmento Principios s. XII Granito Excavacións das prazas de Praterías e Quintana (Santiago de Compostela)

“Roda da fortuna”. Fragmento s. XIII Granito Escavacións na rúa da Acibechería Santiago de Compostela, catedral (?)

Arco. Reconstrución 1ª metade s. XIII Granito con restos de policromía Santiago de Compostela, primitivo claustro da catedral

Capitel xeminado s. XIV (?) Granito Procedente dunha casa-torre ou casa grande da zona da Algalia (Santiago de Compostela)

Función de una piedra clave de bóveda La clave es la pieza central y más elevada en la que convergen los empujes laterales de la bóveda. En la arquitectura medieval se utilizaba, además, como elemento decorativo.

Clave con decoración vexetal e figurada 1ª metade s. XIII Granito Santiago de Compostela, primitivo claustro da catedral

Page 29: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

29

Clave con decoración figurada 1ª metade s. XIII Granito Santiago de Compostela, primitivo claustro da catedral

Clave con decoración vexetal e figurada 1ª metade s. XIII Granito Santiago de Compostela, primitivo claustro da catedral

Page 30: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

30

SALA IV

PEREGRINOS A SANTIAGO. CAMIÑOS E RITOS

Camiños de Santiago en Europa Baseado no mapa do Consello de Europa

Unha vieira de peregrino do século XII e un mapa de Europa cos distintos camiños que conducen a Compostela introdúcenos no complexo universo da peregrinación xacobea, eixo temático substancial que vertebra esta sala. A vieira é o atributo xacobeo por excelencia, documento que testemuña a peregrinación realizada que se recibía ao chegar a Santiago: coma un certificado de ter feito o Camiño e unha garantía para obter axudas e privilexios.

Cando o peregrino a Compostela regresaba a súa terra de orixe procuraba colgar do seu pescozo ou prender nas súas roupas unha cuncha de vieira mercada na Praza do Paraíso de Santiago, ás portas da Catedral (non só cunchas mariñas senón tamén cunchas realizadas noutros metais –chumbo, estano, e para os mais ricos en metais nobres-).

Así, paulatinamente foi desenvolvéndose todo un mercado de obxectos de diversa índole que o peregrino podía adquirir na cidade, que se poderían denominar recordos piadosos, nos cales a vieira constituíuse como principal emblema iconográfico. A vieira convertarase así nun símbolo universal e

será tamén utilizada en outras peregrinacións (insignias, ampolas para levar augas sagradas...).

Sagrarios, arcóns, elementos de cerámica como cantimploras e azulexos ou utensilios de cocina como os almireces son exemplos de esta produción de obxectos ligada á tradición xacobea.

A frecha amarela José Antonio Robés 2001 B/N e cor. Leica M6 Película Ilford 100 e 400 Doazón do autor

Peregrinos chegando á praza do Obradoiro Jacobo Remuñán

2003 Color. Nikon S90X. 35-70 mm.

F2’8 Película: Fuji Superia 100

Doazón do autor

Vieira de peregrino (Pectem maximus) Antes de 1120 Cuncha natural Santiago de Compostela

Page 31: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

31

Arca de tapa convexa con decoración de vieiras Finais S. XV- principios S. XVI Madeira de piñeiro, veludo e ferro forxado Talla, repuxado Obradoiro castelán

Sagrario 2º terzo s. XVI Madeira tallada e policromada Triacastela (Lugo)

Azulexos S. XVI (?)

Cerámica vidrada Alfares de Triana

(Sevilla)

Morteiro con vieiras S.XVI Escola compostelá Bronce fundido

Tirador de arca con vieira Ca. S. XVII Ferro forxado Santiago de Compostela

Ampola de peregrino Chumbo Fundición a molde S. XV

Cantimplora de peregrino en forma de vieira Ss. XVII-XVIII Cerámica de Alcora ? Louza esmaltada

Daga de misericordia S. XVI Aceiro Taller español

Page 32: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

32

O CAMIÑO E AS INFRAESTRUCTURAS A raíz do inicio da peregrinación a Compostela comeza a fixarse a ruta da viaxe. Esta irá variando a causa de distintos motivos como circunstancias políticas, aparición de novos núcleos de poboación, construción de pontes e calzadas, establecemento de hospitais e hospedarías, de xeito que chega a fixarse un trazado clásico que se manterá por espazo de séculos. Este é o trazado que no s. XII nos relata o Liber Sancti Iacobi no seu Libro V, máis coñecido como “A guía do peregrino”, documento de inestimable valor para coñecer a viaxe dos peregrinos que, partindo de Tours, Vezelay e Le Puy, entraban na Península Ibérica por Roncesvalles, e o que, saíndo de Saint Gilles, chegaba ó porto de Somport, xuntándose todos en Puente la Reina para continuar, xa nunha soa ruta, ata Compostela.

-----

Divide o Liber a viaxe en trece xornadas desiguais e desmesuradas algunhas delas, incluso para percorrer a cabalo. Fala tamén dos nomes das vilas, dos grandes hospitais, das terras, das xentes e dos seus costumes. É, en resume, unha guía descritiva e práctica, chea de consellos útiles para axudar ó peregrino e facilitar a súa viaxe.

Os dous camiños pirenaicos discorren separadamente ata chegar á zona de Óbanos-Puente la Reina onde conflúen, saíndo desa localidade pola ruta que marca a ponte románica sobre o río Arga.

Puente la Reina, Ponte Regina na documentación medieval, é unha das poboacións creadas por decisión real para apoiar a

peregrinación xacobea, cun desenvolvemento urbanístico tipicamente lineal marcado por unha rúa central, a Rúa Maior ou dos Romeiros.

Ponte de Puente la Reina (Navarra)

-----

Un dos capítulos deste Libro V trata dos nomes das terras e das calidades das xentes que se atopan no Camiño de Santiago. Tras falar duramente de vascos e navarros, pasa a describir as terras de Castela e Galicia:

“…unha vez pasados os Montes de Oca, cara a Burgos, segue a terra dos españois, a saber Castela e Campos. Esta terra está chea de tesouros, abunda en ouro e prata, teas e fortísimos cabalos, e é fértil en pan, viño, carne, peixes, leite e mel. Sen embargo carece de árbores… Despois, pasada a terra de León e os portos do monte Irago e monte Cebreiro atópase a terra dos galegos. Abunda en bosques, é agradable polos seus ríos, os seus prados e riquísimos pomares, as súas boas froitas e as súas clarísimas fontes, é rara en cidades, vilas e sementados. Escasea en trigo e viño, abonda en centeo e sidra, en gandos e cabalerías, en leite e mel e en grandísimos e pequenos peixes de mar, é rica en ouro e prata, e en tecidos e peles silvestres e noutras riquezas, sobre todo en tesouros sarracenos”.

A entrada do camiño en Galicia dende o Cebreiro

-----

Fala xa o Códice Calixtino das dúas posibles entradas na Península Ibérica a través dos Pirineos: Portus Cisere ou Port de Cize que comunica co Roncesvalles navarro e o

Page 33: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

33

Summo Portu, o Somport aragonés. En cada un destes lugares, dous importantes hospitais, o de Santa María e o de Santa Cristina, acollían ós peregrinos, ofrecéndolles o necesario descanso e coidado trala dura etapa da viaxe que supoñía cruzar os Pirineos. Hoxe, o hospital de Santa Cristina desapareceu por completo, pero o de Roncesvalles segue a prestar axuda ós viaxeiros coa mesma dedicación que en tempos pasados.

Porto de Somport no Pirineo (Huesca)

-----

A bebida era unha das necesidades primordiais dos peregrinos. Era fundamental porque as condicións de hixiene facían moi perigoso o consumo indiscriminado de calquera auga. Esta lóxica importancia vémola confirmada no Códice Calixtino que dedica un capítulo a enumerar os bos e os malos ríos que se atopan no camiño de Santiago. Entre outras correntes malsás, fala do río Salado, en Navarra, do que di “alí gárdate de beber nin ti nin o teu cabalo, pois o río é mortífero”. Entre outras correntes potables cita os ríos Pisuerga, Carrión, Esla, Valcarce, Sil, Miño e Sar.

Ponte sobre o Río Salado nas proximidades de Lorca (Navarra)

-----

Remata esta guía do peregrino cunha detallada descrición da calidade da cidade e basílica de Santiago, Apóstolo de Galicia, onde se citan as portas da cidade e as súas igrexas, e descríbese con gran detalle a Catedral coas súas medidas, o número de fiestras, os pórticos, as torres, o altar e as

lámpadas, e apórtanse datos sobre os canteiros que interviñeron na súa fábrica, así como as datas de inicio e remate da obra. É este texto dunha importancia extraordinaria para o coñecemento da Catedral e do seu entorno, de aspectos que co tempo variaron ou desapareceron.

Porta de Mazarelos (Santiago de Compostela)

-----

Bula do Papa Gregorio XIII pola que se lles concede indulxencia plenaria in articulo mortis ós enfermos, peregrinos e demais membros do Hospital do Rei de Burgos fundado por Alfonso VIII Roma, 1574, febreiro, 13 Orixinal con selo de chumbo pendente Pergameo, manuscrito

O propio camiño fixo xurdir ó longo do seu trazado núcleos de poboación cunha disposición lineal característica. A Rúa Real ou a Rúa Maior de tantos pobos e vilas, non é máis có vello Camiño ó longo do cal foi crecendo a poboación. Pero fronte a estes núcleos de nacemento e desenvolvemento, máis ou menos espontáneos, houbo poboacións de nova creación, favorecidas por decisións reais pola súa directa relación co Camiño Xacobeo. Como pode observarse nos mapas, a ruta da peregrinación tivo unha ampla resonancia na toponimia.

As pontes adquiren unha importancia extraordinaria a partir do s. XI como elementos indispensables na infraestrutura do Camiño. Os peregrinos estaban exentos de pagar o dereito de pontádego, aínda que en moitas ocasións a avaricia e a astucia convertían en teoría este privilexio. Na historia da peregrinación figuran con nome propio “ponteadores” como

Page 34: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

34

Petrus Peregrini, san Domingos, san Xoán de Ortega e incluso o Mestre Mateo.

Castrillo de los Polvazares (León)

Ponte Romana de Leboreiro (A Coruña)

-----

As cruces e cruceiros son elementos integrantes do Camiño que, en madeira ou pedra, xorden como instrumentos de piedade, cumprimento dun voto ou imploración de grazas. Co avance da peregrinación convértense en fitos que marcan a ruta e, á vez, en puntos de descanso.

Os milladoiros son montóns de pequenas pedras formados a partir do antigo rito, posteriormente cristianizado, de invocar ás divindades protectoras dos camiñantes tirando unha pedra en certos lugares. Hoxe subsisten moi poucos relacionados co Camiño: o de Foncebadón, restos cubertos pola vexetación no Monte do Gozo, e a pegada toponímica do que houbo no lugar de Milladoiro, nas inmediacións de Santiago.

Cruceiro de Lameiros (Lugo)

-----

Formando parte do Camiño, como un servizo máis de axuda ó peregrino, a arquitectura relixiosa foi a parcela máis coidada e privilexiada. Ó final da xornada, o camiñante necesitaba dun lugar onde descansar, e ó mesmo tempo acrecentar a motivación espiritual que lle fixera emprender a marcha. Este feito explica tamén que con frecuencia se desviaran das rutas principais para visitar outros lugares onde se veneraban reliquias ou se celebraban acontecementos relixiosos.

Ligado a isto están as advocacións dos centros xurdidos ó amparo da peregrinación, non só os lugares de culto dedicados a Santiago, senón tamén á Virxe do Camiño ou da Rúa, á Virxe Peregrina, san Roque, san Miguel, e a Virxe de Rocamador, culto este moi difundido polos peregrinos franceses.

Igrexa de San Miguel. Corullón (León)

-----

As orixes do culto a Santiago en Portugal remóntanse a unha época anterior á propia formación da nación en 1143. Dende datas moi temperás xerouse un fluxo de peregrinos cara a Compostela. A rede viaria utilizada constaba de, polo menos, sete vías, cunha densa trama de camiños intermedios que en sentido sur-norte conducían ata a fronteira galega. Os peregrinos concentrábanse sobre todo na rexión de Entre-Douro e Minho, con Ponte da Lima como principal nó de comunicación, e nas cidades portuarias de Viana e Porto por mor da importancia que tamén tiña a vía marítima que se iniciaba en Lisboa.

Da importancia desta vía dá fe o milagre no que se narra como, cando se festexaba en Bouças o casamento dun novo señor da zona, pasaba ó longo da costa de Portucale o barco que levaba a Galicia o corpo do Apóstolo. De xeito inesperado un cabalo desbocado entrou no mar co seu xinete e cando todos desesperaban xa de que saíse con vida, o cabaleiro e a súa montura saíron da auga co corpo cuberto de vieiras, que dende entón se converteron no símbolo de Santiago.

Page 35: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

35

Debuxo de P. M. Baldi, da viaxe de Cosme de Médici, Coimbra

Debuxo de P. M. Baldi, da viaxe de Cosme de Médici, Lisboa e Porto

-----

Varios factores condicionan a elección dun camiño: xeográficos, cando para evitar un porto de montaña ou o paso dun río se elixe unha ruta máis fácil, aínda que haxa que dar un rodeo; políticos, como problemas internos ou enfrontamentos entre países, que cortan o fluír de peregrinos por certas zonas; relixiosos, como a visita en tránsito a unha igrexa. A densidade de centros hospitalarios e a protección xurídica e física que se ofrecía ó viaxeiro tamén acrecentaba a importancia de certas rutas. Aínda así, o camiño por excelencia é o chamado "Camiño Francés". A súa tradición nunca se perdeu, como vemos nas viaxes de data máis tardía, nas que se manteñen as mesmas etapas que por vez primeira marcou o Liber Sancti Iacobi.

-----

Os establecementos de albergue e axuda ó peregrino constitúen a infraestrutura fundamental do Camiño. Dende o comezo, o exercicio da hospitalidade foi asumido polos mosteiros, pero á vez creáronse hospitais ó cargo doutras institucións eclesiásticas, laicas ou particulares.

Os primeiros hospitais fundáronse nos lugares de paso moi difícil, como os portos de montaña: Somport, Roncesvalles e O Cebreiro. Despois, a ruta xacobea foi ampliando e mellorando os seus establecementos de albergue, de forma que unha

tupida rede de hospitais, pousadas e mesóns acollían ós peregrinos.

Outro aspecto importante foi a defensa e protección do peregrino. Ademais do volume de medidas xurídicas encamiñadas a este fin, tivo un gran valor a defensa física que ofrecían os castelos, torres e fortalezas ó longo do Camiño. Esta foi tamén a finalidade principal que tiveron as Ordes Militares.

Hospital da Raíña, Villafranca de Montes de Oca (Burgos)

Porta do Patio dos Romeiros. Hospital do Rei (Burgos)

-----

RUTAS MARÍTIMAS

Tan frecuente coma as terrestres foron as rutas marítimas para os peregrinos que dende a Europa nórdica, os Países Baixos e as Illas Británicas viaxaban a Compostela. As peregrinacións inglesas por mar son as mellor documentadas e por elas sabemos detalles e circunstancias da viaxe. Coñecemos a organización, os permisos de frete, as naves e o salvoconduto colectivo que se estendía a nome do armador do buque, os nomes e condición social dos peregrinos que embarcaban e tamén os nomes dalgunhas naves que fixeron a viaxe nos ss. XIV e XV: Gracedieu de Brístol, Trinitate de Falmouth. Coñecemos tamén os portos principais de embarque e desembarque.

Os peregrinos ingleses podían facer a viaxe na travesía directa aproveitando a proximidade do porto da Coruña e doutras vilas mariñeiras de Galicia e do Cantábrico, ou

Page 36: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

36

cruzando a Canal da Mancha ata Burdeos. Esta última debeu ser a ruta máis frecuente ata finais do s. XIV, no que os avatares políticos impediron o paso por Francia.

Carraca portando peregrinos do norte de Europa.

(Hans Burkmair. 1511)

VIAXEIROS E AS SUAS CRÓNICAS

NOPAR, SEÑOR DE CAUMONT Nopar, Señor de Caumont, realiza a súa peregrinación a Compostela en 1417. O seu relato non é máis que un itinerario no que só se detén na narración do Milagre do Aforcado, localizado en san Domingos da Calzada.

Saíndo da terra do seu señorío, segue ó detalle a Guía do Liber Sancti Iacobi, citando numerosas localidades e a distancia en leguas entre elas. Ten o interese de contarnos a súa viaxe a Fisterra enumerando algúns dos lugares polos que vai. Confírmanos así a importancia que esta visita tiña para os peregrinos, que continuaban a viaxe para coñecer tamén aqueles lugares que as lendas fixeron famosos pola súa relación co Apóstolo Santiago.

Vista do cabo Fisterra (A Coruña)

Lauda gremial con vieira e tesoira.

Cemiterio de Santa María de Noia (A Coruña)

Camiño e igrexa de Santa María (León)

Muralla de Mansilla de las Mulas (León)

HERMAN KÜNIG VON VACH Herman Künig von Vach, monxe da zona de Estrasburgo, redactou a finais do s. XV unha guía en verso para os peregrinos alemáns, que debeu ter un gran éxito a xulgar polas numerosas edicións que dela se fixeron.

Na súa viaxe segue camiños diferentes á ida e á volta. A de ida, a Obere Strasse, comeza no santuario suízo de Einseindeln, cruza os Alpes e, a través da "vía tolosana", entra na Península por Roncesvalles. A partir de aquí, segue as etapas da guía do Liber Sancti Iacobi, citando poucos lugares e con algunhas variantes como é o dar un rodeo por Lugo para evitar a dura subida ó Cebreiro ou achegarse a Ponferrada polo Porto do Manzanal, evitando o difícil paso do alto de Foncebadón. En León indica tamén o camiño que leva a san Salvador de Oviedo.

A viaxe de volta, a Nieder Strasse, faina igual ata Burgos, pero alí cambia de ruta e desvíase ata Irún, percorre o oeste de Francia e os Países Baixos ata chegar a Aquisgrán, onde remata o seu relato, aínda que sinala tamén neste tramo varias desviacións.

O sentido práctico desta guía nótase no afán por citar as distancias, as diferentes moedas, os hospitais, os albergues e demais necesidades do viaxeiro, sen deterse en descricións nin recrearse en narracións.

Capela de Santiago, Roncesvalles (Navarra)

Vista xeral dende a subida á Laguna de Castilla, La Faba (León)

Page 37: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

37

COSME III DE MÉDICI Co fin da Idade Media, as transformacións dos modos de vida e pensamento reflíctense nun cambio do sentido da peregrinación. O maior afán de coñecemento provoca a chamada "peregrinación cabaleiresca", na que o principal obxectivo non é a meta final senón unha etapa máis dunha ampla viaxe á que ben podemos denominar "ruta turístico-relixiosa". Nestes casos, o itinerario non é o tradicional.

Cosme III de Médici, movido por cuestións persoais e tamén por unha grande relixiosidade, emprende a finais de 1668 unha longa viaxe na que, partindo de Florencia e percorrendo gran parte da Península Ibérica, pasará por Santiago para embarcar na Coruña cara as Illas Británicas. Acompáñao unha pequena corte dunhas 40 persoas, entre as que se atopa Lorenzo Megalotti, que será o encargado de realizar o relato oficial, e Pier Maria Baldi, que o ilustrará con acuarelas.

Con esta viaxe podemos reconstruír os costumes, a cultura e a arte da España do século XVII, baixo a dura crítica do cronista oficial, que fai unha detallada descrición da cidade de Santiago, deixándonos testemuña escrita da intensa chuvia compostelá.

Debuxo de P. M. Baldi, da viaxe de Cosme de Médici. Pontevedra. Padrón

Debuxo de P. M. Baldi, da viaxe de Cosme de Médici.

Porto da Coruña

DOMENICO LAFFI Aínda que contemporáneo de Cosme III de Médici, Domenico Laffi, crego de Bolonia, realizou a viaxe a Compostela con fins

e medios moi diferentes. A pé, vestido de peregrino e co devoto fin de visitar a tumba do Apóstolo, parte en 1670 da súa cidade natal seguindo a ruta dos peregrinos italianos e percorrendo o Camiño Francés tradicional. Continúa ata Fisterra, citando certos topónimos de difícil identificación.

Polo seu relato sabemos que nestas datas as dificultades e os perigos que acosaban ós peregrinos seguían a ser os mesmos que na Idade Media: o aloxamento, a comida, os bandidos, as enfermidades e o paso dos ríos. Pero tamén se fai evidente a decadencia da peregrinación cando conta que os peregrinos eran escasos e mirados con admiración.

Ponte sobre o Tambre (A Coruña)

GUILLERMO MANIER No s. XVII aparecen medidas favorecedoras do auténtico peregrino pero, á vez, dificultan a viaxe e provocarán a decadencia da peregrinación. Nesa época, os peregrinos eran, fundamentalmente, artesáns e labradores e, en ocasións, a piedade mesturábase coa ansia de aventura, como sucede co xastre francés Guillermo Manier, veciño de Carlepont, que viaxa a Compostela en 1726. Curioso, relata o que considera interesante, describindo as terras que atravesa, as comidas, a beleza das mulleres e a súa maneira de vestir.

Acompañado de tres amigos, entra por Irún e segue logo o Camiño Francés dende Santo Domingo de la Calzada. É o primeiro en ver a catedral dende San Marcos polo que o nomean “Rei” os seus compañeiros. Describe con detalle a cidade de Santiago e, sobre todo, o menú con que cada

Page 38: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

38

convento obsequiaba ós peregrinos. Merca recordos e percorre as tascas. Na viaxe de volta segue outra ruta para poder visitar San Salvador de Oviedo.

Ponte sobre o Hormazuela (Hornillos del Camino, Burgos)

Cruz de madeira de Foncebadón (León)

NICOLA ALBANI O relato deixado por Nicola Albani da súa viaxe dende Nápoles ata Compostela a mediados de 1743 e a súa estancia en Lisboa ata 1745 é unha proba da transformación que sufriu a peregrinación co paso do tempo, en franca decadencia a mediados do s. XVIII. A miúdo, o aventureiro e o pícaro se mesturan no camiño co verdadeiro peregrino.

Nicola Albani, logo da súa estadía na cidade apostólica, trasládase a Lisboa onde traballa cun comerciante de viños, voltando de novo a Compostela para o Ano Santo de 1745 e retornar posteriormente á súa cidade natal de Melfi.

Nos dous tomos, que constitúen a súa curiosa narración (Verídica Historia ó sia Viaggio da Napoli a San Giacomo …), deixa recollida unha visión moi animada dos seus profundos convencementos persoais e das súas aventuras entre as que destaca a liorta cun bandido sostida preto de Ponte de Limia. O manuscrito conservado ilústrase cunha importante documentación gráfica onde se aprecian vistas de grandes cidades, santuarios marianos e acuarelas relativas as súas aventuras máis sobranceiras.

Nicola Albani en Nápoles

Aventura de Nicola Albani preto de Ponte de Limia

RITUAIS DE PEREGRINACIÓN A partir do s. XV, os peregrinos que chegaban a Santiago recibían como certificado da súa peregrinación a "Compostela". Este documento confirmaba a peregrinación ó sepulcro do Apóstolo, ó tempo que servía de xustificante para recibir as axudas necesarias durante a viaxe e, deste xeito, evitar que foran disfrutadas por falsos peregrinos.

Os peregrinos que chegaban a Santiago ó longo do ano no que a festa do Apóstolo coincidía en domingo obtiñan o "xubileo", é dicir, unha indulxencia plenaria para tódolos pecados.

Os peregrinos, ademais de visitar o corpo de Santiago, podían venerar as reliquias doutros santos. Coa idea de reunir estas reliquias e facilitar a súa exposición, encargouse a construción dun retablo con gran número de nichos. Bernardo Cabrera, como ensamblador, e Gregorio Español, como escultor, realizárono entre os anos 1625 e 1630 habilitando o Panteón Real como Capela das Reliquias. Desafortunadamente, este retablo foi destruído por un incendio a comezos do s. XX.

O gravado coa procesión de peregrinos en Compostela, é unha das excepcionais ilustracións sobre os rituais de peregrinación na propia cidade de Santiago. Aínda que se lle dá o título de Procesión de Peregrinos, trátase, máis ben, dunha das celebracións litúrxicas máis importantes do ano, posiblemente a festa de Santiago.

Page 39: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

39

“Compostela” Santiago de Compostela, Melchor de Prado 1820 Papel, gravado a burel Tirada de taco orixinal de 1949

Iubileo Plenísimo en la Santa y Apostólica iglesia de Santiago de Galicia 1666 Tirada de taco orixinal

Relación de las Sagradas Reliquias que se veneran en su Capilla de la Santa Apostólica Metropolitana Basílica Mayor de Santiago de Compostela. Santiago, J. Soto 1898 Litografía

Procesión de peregrinos en Compostela Les delices de l’Espagne et du Portugal, I Juan Álvarez de Colmenar Leiden, Pieter Boudewyn van der Aa, gravador e editor 1707 Impreso

RECORDOS DA PEREGRINACIÓN Á parte dos beneficios espirituais que comportaba a peregrinación, os peregrinos podían levar como recordo da mesma unha serie de souvenirs que servirían para lembrar a súa estadía en Compostela.

Entre estes obxectos, os máis característicos foron os traballados en acibeche, aínda que tamén se facían noutros materiais non tan custosos. En canto á súa procedencia, non sempre foi Compostela, xa que moitas destas pezas con iconografía xacobea realizábanse noutros lugares.

Os motivos máis frecuentes eran diversas iconografías de Santiago, a vieira e a representación de peregrinos. Os obxectos eran tamén variados: medallas, insignias, cabazas, campaíñas, etc.

Fonte con vista de Santiago Pickman e Cía. 2ª metade s. XIX Louza estampada

Prato con vista de Santiago Real Fábrica de Sargadelos 1845-1862

Santiago Peregrino s. XX Acibeche

Page 40: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

40

Medallón coa imaxe de Santiago Matamouros Realizado en Filipinas ou Terra Santa Finais s. XVIII-principios s. XIX Nácara

Campaíña con Santiago Matamouros s. XX Bronce

Santiago s. XIX Dente de cachalote

Medallas conmemorativas de anos santos s. XIX y XX Prata e bronce

LIBROS DE VIAXE O Códice Calixtino conservado no arquivo da Catedral de Santiago constitúe o primeiro exemplar do Liber Sancti Iacobi, gran compilación anónima que recolle en cinco libros diversos textos referentes ao Apóstolo: textos litúrxicos, Miragres, as fazañas de Carlomagno en España, composicións musicais e, no quinto libro, a Guía do Peregrino. A compilación, atribuída ao papa Calixto II, está dedicada a Xelmírez e ao patriarca de Xerusalén, unindo, deste modo simbólico, os tres grandes centros de peregrinación. Como dato curioso destaca o feito de que nun texto intercalado no Códice no s. XV, faise a primeira mención do botafumeiro.

A copia do Códice da Universidade de Salamanca é probablemente derivación dun xemelgo do exemplar compostelán. Consta, igualmente, de cinco libros aínda que carece da escritura musical e apéndices do orixinal, ademais doutras diferenzas.

O libro Die Walfart und Strass zu Sant Jacob de Hermann Künig von Vach é a única guía de peregrinación en sentido estrito, xa que as demais obras alemás, máis ou menos contemporáneas, son relatos da viaxe. As sucesivas reedicións da obra teñen pequenas variantes segundo o lugar de impresión xa que, ao ter un uso eminentemente práctico, os intereses dos peregrinos era, loxicamente, distintos. Por outra parte, a súa inspiración en obras de carácter popular confírmase por o feito de que algúns pasaxes atópanse no cantar de peregrinos Wer das elend bauwen Hill, así como por o estilo dos seus gravados.

Page 41: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

41

Códice Calixtino Facsímile do orixinal do arquivo da catedral de Santiago Scriptorium compostelá ca. 1160 Manuscrito miniado, pergameo

O Códice Calixtino reúne en cinco libros un conxunto singular de textos sobre o apóstolo (textos litúrxicos, milagres, translatio, fazañas de Carlomagno, música…). O libro V, coñecido como “Guía do Peregrino” atribúese a Aymerico Picaud de Parthenay e recolle a primeira descrición do Camiño de Santiago. É de interese a información sobre lugares, as xentes, os costumes e a tradición das paraxes polas que descorre dende Francia.

“El Camino de Santiago en España realizado en los años 1983-1984. 1986” Ikeda Munehiro Papel xaponés, tinta, acuarela 1983-1986

O artista xaponés Munehiro Ikeda plasma, atendendo á súa concepción oriental, unha curiosa visión do percorrido do Camiño de Santiago no seu tramo español elaborando unha sorprendente e exhaustiva “Guía do Peregrino”. Representa unha das últimas testemuñas do xénero iniciado no século XII co Liber Sancti Iacobi (Códice Calixtino).

CARTELA pantalla “EL CAMINO DE SANTIAGO EN ESPAÑA”. 1983-1986 IKEDA MUNEHIRO Instrucións de uso Pode buscar localidades ou referencias, igrexas, mosteiros, conventos, escultura, cruceiros, fontes… do Camiño de Santiago 1.- Prema a letra inicial da localidade ou referencia desexada no panel de busca 2.- Seleccione un termo e mostrarase a páxina do libro que o contén 3.- Poderá le-las traducións dos textos en xaponés premendo sobre eles 4.- Se desexa regresar á páxina principal prema sobre “volver” Se nun minuto non se toca o monitor, comezarán a pasa-las páxinas Para volver ás buscas prema sobre “volver”

INDUMENTARIA DO PEREGRINO A indumentaria dos peregrinos consistía en sombreiro de aba ancha, capa, caxato ou báculo, zurrón e unha cabaza para gardar a bebida. Esta indumentaria, unha vez rematada a peregrinación, era reutilizada polos peregrinos en procesións ou era doada a algún mosteiro. Algúns peregrinos facíanse enterrar con ela simbolizando o seu acceso á outra vida.

Cando os peregrinos chegaban a Santiago, recibían unha vieira que levaban de volta ó seu lugar de orixe. Ata o s. XIV fixábanas case sempre nos seus zurróns, máis tarde no chapeo ou no abrigo. Serviría como certificado da peregrinación rematada e garantía de axudas e privilexios. Na Idade Media tardía a vieira converteuse nun atributo xenérico do peregrino, manténdose como distintivo do peregrino a Santiago.

Page 42: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

42

INDULXENCIAS Á CONFRARÍA DO HOSPITAL REAL DE SANTIAGO As grazas espirituais concedidas polos Sumos Pontífices ás institucións que realizan obras asistenciais están consignadas en bulas.

No ano 1499, o papa Alexandre VI promulga unha bula pola que se concede licenza ós Reis Católicos para a construción dun hospital que acolla ós peregrinos e á institución da Confraría do Apóstolo Santiago.

O conxunto de indulxencias e grazas espirituais outorgadas ó Hospital Real de Santiago, adminístranse a través da súa Confraría. Estas grazas dábanse a coñecer ós fieis mediante a súa predicación, e publicábase un sumario dos seus beneficios espirituais.

Indulgencia et Cofradía del Hospital de Señor Santiago Valladolid, 1504 Xilografía Tirada do taco orixinal

Sumario y Recopilación de las Gracias, e Indulgencias concedidas por diferentes Sumos Pontífices a la Casa y Real Hospital de Santiago de Galicia, y a los Cofrades de la Cofradía, teniendo la Bula de la Santa Cruzada, de la Publicación y Predicación de cada año. Escola compostelá 1755, setembro, 1 Tirada do taco orixinal

DOCUMENTOS E LIBROS RELATIVOS Á ORDE DE SANTIAGO

Regla y constituciones de las Comendadoras de Santiago 1615 Pergameo e papel

Unha das máis importantes obras recompilatorias sobre a Orde de Santiago, destinada a recoller a historia, a regra e os establecementos santiaguistas. Elaborouse por orde de Felipe II coa intención de compilar nela tódolos establecementos espirituais non incluídos en libros anteriores, é dicir, tódalas normas relixiosas antigas e novas que afectaban ós seus freires e cabaleiros. Outro dato de interese desta obra é que, como moitas outras desta época sobre a Orde de Santiago, está escrita en castelán e xa non en latín co fin de que o seu contido fose amplamente comprendido por tódolos santiaguistas e a sociedade letrada en xeral.

Testimonio de cómo se armó Cavallero de la Orden de Santiago y se dio el avito ynsignias della a Don Luís Montilla y Mendoza Madrid 1657 Papel, manuscrito, selo de cuarto de 10 maravedíes

Page 43: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

43

Documento manuscrito no que se describe polo miúdo o ritual empregado para armar a un cabaleiro da Orde de Santiago coa entrega das correspondentes insignias. Nel enuméranse tamén ás persoas presentes nese acto.

Apología por el hábito del Santo Domingo en la Orden de Santiago, y Alegación a favor de la Orden de Santiago, por su Santo Domingo de Guzmán, patriarcha, fundador de la de Predicadores José López Agurleta Alcalá de Henares, Manuel de Moya, impresor 1725 Impresión tipográfica en papel, pergameo

Obra que trata da relación entre a Orde de Santiago e a Orde relixiosa de Predicadores fundada por San Domingos de Guzmán. Este santo parece que entrou a formar parte da Orde de Santiago, segundo a historia, a partires dos catorce ou quince anos xa que gardaba certo parentesco co Primeiro Mestre desta.

Laurea legalis decana salmantina de jure quatuor ordinum militarum Divi Jacobi, Calatravae, Alcantarae et Montesae Bernardino Antonio Francos Valdés Salamanca, Antonio Villarroel y Torres, impresor 1740-1744 Impreso, gravado a burel III vols.

Obra magna acerca dos dereitos, privilexios, exencións, xurisdición espiritual e goberno temporal das ordes militares de Santiago, Calatrava, Alcántara e Montesa. Preséntase a obra como utilísima para discernir os privilexios destas e conducir con acerto as súas causas xudiciais. Deste xeito, nos seus diversos capítulos trátanse temas como a fundación e organización interna de ordes relixiosas de carácter militar, a potestade dos mestres e os deberes e os

dereitos dos diferentes membros; a xurisdición eclesiástica das ordes nos seus pobos e igrexas e os exercicios correspondentes ós frades, cregos e ás monxas de Santiago e Calatrava.

SANTOS PEREGRINOS Dentro do capítulo dos santos peregrinos, san Roque, invocado, sobre todo, contra a peste, gozou dun gran predicamento en Galicia e de xeito particular en Santiago. Así, en Compostela, a raíz da terrible peste de 1517 e por decisión do Concello e do Cabido, quedou instituída a Confraría de san Roque, debendo gardarse dende ese momento na cidade o seu día como festivo.

O culto á Virxe Peregrina xorde nas súas orixes como advocación á Virxe do Camiño. Aparecen exemplos dispersos en Alemaña e Francia, e arraiga en focos illados de La Rioja e León. En Galicia, venérase, sobre todo, en Pontevedra, onde é Patroa da cidade.

A dobre acepción que a palabra peregrino tivo antigamente —estranxeiro e camiñante— levou na Idade Media a representar a Cristo e a Virxe como peregrinos. Unha das imaxes máis temperás desta interpretación témola no Claustro de Silos, onde se representa no episodio de Emaús a Cristo e seus discípulos coa vestimenta de peregrino.

San Alexo Primeiro terzo S. XVII Madeira tallada e policromada

Page 44: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

44

Santa Isabel de Portugal 1º terzo s. XVIII (?) Madeira policromada e dourada Inscrición: “Sta YSABEL Ra DE PORTUGAL ARAGONESA”

Tobías e o arcanxo San Rafael Primeira metade S. XVIII Escola española Óleo sobre lenzo

La Divina Peregrina, Nuestra Señora del Refugio que se venera en su capilla extramuros de la villa Pontevedra, cuya congregación la dedica con humilde sentimiento a su amabilísimo prelado, el Exmo. Señor D. Fr. Sebastián Malvar y Pinto, Caballero prelado, Gran Cruz de la Real distinguida Orden de Carlos III. Arzobispo y Señor de Santiago &.ª Santiago de Compostela, Luís Fernández Piedra Antonio Rodríguez, debuxante 1778 Tirada da prancha orixinal de 1949

Frontal de altar con esceas da vida de San Martiño Escola leridana Último cuarto s. XIII Pintura ó temple sobre táboa Lérida, santa María de Palau de Rialb

Apoteose xesuítica S. XVIII Óleo sobre lenzo

Crucifixión con Gloria, santos e anxos Francisco Antonio Vallejo 1778 Óleo sobre lenzo

San Xulián o Hospitalario 1ª metade s. XVIII Pintura á auga sobre cristal

San Roque 2ª metade s. XVI Madeira con restos de policromía orixinal e repintes Depósito Familia Varela Villamor

Page 45: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

45

San Roque 1º terzo s. XVIII Madeira tallada Depósito J. Varela Villamor

Retrato de Cosme III de Médici (1642-1723) Escola florentina. Anónimo 1º decenio s. XVIII Óleo sobre lenzo Doazón de Alberto Bruschi (Anticuario de Florencia)

Nos días posteriores ó nacemento en Florencia do gran duque de Toscana, Cosme III de Médici, represéntase na cámara da súa nai Vittoria Della Róvere unha obra músico-teatral que se repetirá en cada aniversario da feliz data, e que se titularía Il Pellegrino. No futuro, esta casualidade levaría a Cosme III a ser non só o Médici que máis viaxou, senón a actuar como un verdadeiro peregrino que visitou ducias de centros de peregrinación, entre eles, Compostela. No seu goberno tivo unha vontade reformadora esforzándose por mellorar a igrexa local e os sistemas xudicial e financeiro. Tamén continuou fiel á tradición familiar de fomento da creatividade, coleccionismo e mecenado das artes do estado florentino. Este retrato, probablemente destinado a unhas das moitas oficinas ducais dispersas pola Toscana, é unha variante dun lenzo atribuído ó afamado pintor Giuseppe Maria Crespi. Nel, Cosme III, home pouco agraciado pero de gran dignidade e consideración social, é retratado

nun ambiente de efectos tenebrosos, cunha vestimenta negra de estilo indefinido sobre a que resalta a cruz vermella da Orde dos Cabaleiros de santo Estevo.

Page 46: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

46

SALA VI

GREMIOS E TRADICIÓNS ARTESÁNS EN COMPOSTELA

OS GREMIOS COMPOSTELÁNS

O auxe da peregrinación a Compostela ó longo dos séculos provocou a aparición progresiva de numerosos e variados oficios dedicados a cubrir as diferentes e numerosas necesidades dos peregrinos e tamén das institucións vencelladas tanto co culto como coa atención daqueles.

Deste xeito, dende o s. XII, numerosas persoas traballan como albergueiros ou taberneiros e tamén como cambiadores, dedicados ó necesario cambio da moeda dos chegados de lugares dispares de Europa. Outros entregábanse ós labores de carácter máis artesanal, como os zapateiros, encargados dunha tarefa tan necesaria como a realización e arranxo de calzado, ou os “cintureiros”, facedores daqueles obxectos tan imprescindibles tamén para os peregrinos como os cintos, os zurróns ou bolsos.

Os concheiros xurdiron para atender a crecente petición das insignias ou “reallia” que, co motivo da concha, se converteu no símbolo que confirmaba a visita ó santuario compostelán. Tamén demandábanse obxectos de recordo da peregrinación como figuras do Apóstolo, de santos ou rosarios e outros de carácter suntuario que os peregrinos de marcada posición social

ofrendaban á basílica. Ademais, eran necesarios diversos útiles litúrxicos para o desenvolvemento do culto nas numerosas igrexas compostelás: cálices, cruces, custodias,... Un bo número destes obxectos elaborábase, fundamentalmente, en acibeche e en prata e os seus artífices agrupábanse nos gremios dos acibecheiros e dos prateiros.

Así mesmo, a difusión e promoción da peregrinación por parte do cabido compostelán fixo que aumentase a produción de distintos documentos relativos á mesma -indulxencias, “compostelás”, imaxes devocionais…-, o que provocou a importancia do traballo dos gravadores na cidade.

Loxicamente, estes obxectos tiveron unha ampla difusión en todo o territorio europeo, dada a variada procedencia dos peregrinos, atopándose moitos deles nos países escandinavos, Inglaterra, Italia, Alemaña ou Francia.

Os artesáns e artífices agrúpanse en Santiago en gremios e confrarías dende o s. XIII e a actividade destes traballadores desenvólvese ó longo do tempo en centos de obradoiros que xorden pola cidade quedando, aínda na actualidade, como notable testemuño disto, a configuración das tendas ó redor da catedral, precisamente, na praza de Praterías e na da Acibechería e nos nomes de rúas, como a dos Concheiros, situada á entrada do Camiño Francés.

Aínda que no transcurso do tempo algúns destes oficios desapareceron ou debilitaron a súa presenza, outros perviven hoxe en día atendendo á mesma orixe e ás mesmas necesidades.

Page 47: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

47

Colares de acibeche

Os colares formaban parte dos adornos tradicionais das mulleres e constitúen unha parte moi importante da xoiería tradicional galega. Frecuentemente na Idade Moderna este tipo de pezas non só tiñan una función de estética ou de adorno, sino que tamén contaban cun carácter profiláctico ou apotropaico de aí que frecuentemente se acompañen de amuletos como as figas ou medallóns con elementos relixiosos ou crucifixos

Conxunto de medallóns de acibeche

Os medallóns de acibeche foron, entre os séculos XVII e XVIII, un dos elementos que máis abundaron deste material derivado do feito que seu uso creceu enormemente nesta época, engadido ao seus carácter profiláctico o de protección derivada da imaxe representada, nun momento no que as incertezas relixiosas derivadas das convulsións do período da Contrarreforma fixeron aumentar os perigos e as ameazas heréticas. Por esta razón estes medallóns levábanse suxeitos á roupa ou colgando de brazaletes ou colares

xunto con diferentes amuletos. Constitúen unha tipoloxía moi importante da xoiería tradicional galega.

Esculturas de Santiago peregrino e portapaz

Este grupo de pezas resulta de especial interese por o seu valor histórico; responden a un tipo de produción moi importante nos talleres composteláns entre os séculos XV-XVI e supoñen unha boa mostra da produción artesanal que se desenvolveu na cidade arredor da peregrinación; trátase de pequenas esculturas coa imaxe do apóstolo Santiago ou portapaces de acibeche que eran feitos coa finalidade de seren vendidos aos peregrinos.

Martirio de San Sebastián Obradoiro do sur de Alemaña (?) 1º cuarto s. XVIII Talla en marfil e pedra, posiblemente, xaspe

San Sebastián foi nomeado patrón dos acibecheiros en 1410, data de creación da súa confraría en Compostela. Dende a Idade Media, foi un santo recoñecido como intercesor ante os andazos de peste porque, a pesares das numerosas feridas causadas polas frechas recibidas no seu martirio, e das dores enviadas por Deus, non morreu. Sen embargo, como protector da peste, foi substituído en épocas posteriores por outros santos como san Adrián, santo Antón e san Roque. Precisamente, a confraría dos acibecheiros foi fundada co gallo da propagación dunha das

Page 48: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

48

numerosas pragas de peste que estragaban as poboacións europeas nesas épocas e que en Galicia produciron fortes episodios de morbilidade e mortalidade. As celebracións da confraría en honor ó santo tiveron lugar, case sempre, na Capela do Espírito Santo da catedral compostelá.

Anel Ss. XVI-XVIII Torneado, pulido Taller compostelán Procedente das escavacións na rúa Acibechería

Paternoster de San Olav Finais do S. XV - principios S. XVI Acibeche

Copenhague, Nationalmuseet

Rosario de acibeche composto por cincuenta doas labradas en forma de vieira. No peche hai tres estatuíñas do Apóstolo Santiago, unha de corpo enteiro e as outras dúas de busto. Este rosario –que fora adquirido en España por un peregrino noruegués- era coñecido ata fai pouco en Dinamarca como o “Paternoster de San Olav”, porque pertencía á mesma colección que un relicario e outros obxectos relacionados con este santo noruegués. Trátase dunha peza única que reúne as producións típicas desde a Baixa Idade Media da acibechería compostelá, como as vieiras ou as representacións do apóstolo. Este rosario, ademais, é fiel reflexo da importancia que por eses momentos adquiriran as peregrinacións a Santiago no ámbito nórdico.

Doas de rosario

Conxunto de doas de rosario de acibeche talladas e con perforacións nos laterais para ser colgadas que, pola súa composición gardan un parecido ao Rosario de San Olav do Museo Nacional de Copenhague; tres representan á figura de Santiago, na súa condición de peregrino e apóstolo, mentres que a outra, está tallada en forma de vieira.

Cruz de altar S. XVII Acibeche Taller compostelán

Cruz da Inquisición S. XVII Acibeche e prata Talla, fundido, engastado, esmaltado

RECORDOS DA PEREGRINACIÓN. Paneis 1 e 2, pezas 15 e 16.

Dende o s. XIV foi abundante a elaboración de pequenas esculturas devocionais que os peregrinos levaban de volta á súa casa como recordo da peregrinación. O máis demandado en tódalas épocas son sempre as imaxes de Santiago nas súas variedades iconográficas: apóstolo, peregrino, “Matamouros”… [panel 1]. Tamén se facían toda clase de imaxes sagradas e obxectos relixiosos para satisfacer as devocións dos que visitaban a cidade.

Page 49: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

49

Eran frecuentes as cruces [9], as imaxes da Inmaculada [10], a Quinta Angustia [15] e diferentes santos, sendo un dos máis solicitados santo Antón [8].

Así mesmo, o rosario foi un obxecto moi demandado, especialmente, os chamados “de peto” [1], máis curtos, de doas sinxelas e apenas sen tallas. Temáticamente, o tipo de produción segue atendendo hoxe en día as mesmas demandas.

OBXECTOS DE USO ECLESIÁSTICO E LITÚRXICO. Panel 4, pezas 17 e 18.

Fixéronse obxectos destinados ós ámbitos eclesiásticos, ben de carácter ritual, litúrxico ou emblemático. Como exemplos, a pía de auga bendita [17] ornada con vieiras é un exemplar dos poucos que se conservan deste tipo, e o portapaz [18], utensilio que se daba a bicar ós fieis na celebración da Misa, e que neste caso representa á Virxe do Pilar entre anxos, tema de tradición xacobea. Por outra parte, a realización de colares foi abundante entre os ss. XVII e XVIII. Os colares chamados “de abadesa” [19 e 20] eran de uso restrinxido ó ámbito conventual feminino, utilizándose como signo de distinción do rango. Colares semellantes foron empregados así mesmo polas viúvas e polas aldeás acomodadas do Noroeste de España [quizais o 20]. O emprego do acibeche en obxectos sobrepostos ós adobíos incrementouse notablemente no s. XVI, cando puido aumentar a crenza sobre o seu carácter protector.

“MANS DE ACIBECHE” OU FIGAS. Panel 3.

Chámase “figa” en España a partires do s. XVI, a un obxecto en forma de man pechada co dedo polgar entre o índice e o medio, considerado xesto de menosprezo, mais tamén amuleto de carácter curativo e protector contra as murmuracións e os maleficios.

Talismáns semellantes xa aparecen no Antigo Exipto e Fenicia, e foron moi utilizados no mundo romano. Posteriormente, os árabes da Península empregan, dende o s. XI, amuletos colgantes de acibeche de diferentes formas, incluíndo a man, relacionados coa crenza no mal de ollo, moi arraigada nas tradicións árabes. O hábito de levar amuletos de acibeche esténdese polos territorios cristiáns durante toda a Idade Media. A forma da man ou “figa” aparece de forma máis frecuente no s. XVI [21]. A partir do s. XVII, as figas ornaméntanse con moitos elementos simbólicos e talismánicos, como corazóns e lúas, e adoptan unha forma tan esquemática que as fai, ás veces, irrecoñecibles, seguramente, como consecuencia da prohibición do seu uso pola Inquisición en 1526 [23 e 24]. Ata o s. XIX non se volven a representar de xeito naturalista [25] aínda que o seu uso xa está entón en retroceso.

As figas, xunto con outros amuletos, protexían especialmente ós cativos, por considerárense os máis débiles fronte ó mal de ollo. Estes levábanas penduradas de cintos e colares.

Mesmo no ámbito cortesán dos ss. XVI e XVII, este costume era frecuente, tal e como se pode ver en moitos retratos da época, como os da infanta Ana, de Pantoja de la Cruz ou no retrato de Felipe Próspero, de Velázquez.

1.- Rosario Obradoiro compostelán Finais s. XIX – principios s. XX Acibeche e gornicións en filigrana de prata

Page 50: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

50

2.- Posible doa de rosario de peregrino ou de colar de abadesa con Santiago peregrino Taller compostelán (?) ss. XVII-XVIII

3.- Medallón con representación de Santiago na batalla de Clavixo Taller compostelán (?) Finais s. XVII – principios s. XVIII Gornición de prata con anagrama da Virxe María no reverso

4.- Santiago peregrino Ramón Requeixo Rebón Decenio de 1960 Santiago de Compostela

5.- Santiago sedente Manuel Moratalla 1960-1970 Santiago de Compostela

6.- Santiago sedente do Pórtico da Gloria Pena s. XX

7.- Busto de Santiago peregrino Ramón Requeixo Rebón 1960-1968 Santiago de Compostela

8.- Remate de figa con representación de San Antonio de Padua ss. XVI-XVII

9.- Cruz dobre s. XIII Escavacións na zona da Rúa de Acibechería

10.- Posible Avemaría de rosario Ss. XVII-XVIII

11.- Cristo Crucificado Manuel Moratalla Arredor 1968 Santiago de Compostela

Page 51: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

51

12.- Relevo da Santa Face Isidro Nieto S. XX Salamanca

13.- Cristo Crucificado Arturo Brea Pasín s. XX

14.- Cabeza masculina s. XX

15.- Piedade Manuel Moratalla 1960-1970 Santiago de Compostela

16.- Descendemento Ramón Requeixo Rebón Arredor 1970 Santiago de Compostela

17.- Pila de auga bendita s. XVII Santiago de Compostela

18.- Portapaz coa Aparición da Virxe do Pilar Taller compostelán Principios S. XVI Prata sobredourada e acibeche

19.- Colar de abadesa Ss. XVII-XVIII Contas, pasadores e “libriños”

Page 52: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

52

20.- Colar. Posiblemente, de abadesa Escola compostelá ss. XVII – XVIII

21.- Figas de man esquerda Taller compostelán Finais s. XVI - Principios s. XVII

22.- Figa de man esquerda con corazón gravado Último terzo s. XVII Santiago de Compostela

23.- Figa de man esquerda con decoración xeométrico-simbólica e corazón na palma Acibeche e prata Último terzo S. XVII Santiago de Compostela

24.- Figa de mano esquerda con decoracións simbólicas de corazón na palma e de lúa no “puño de manga” Último terzo S. XVII Santiago de Compostela

25.- Figa de mano esquerda Taller compostelán Probablemente, s. XIX Acibeche e prata

A ACIBECHERÍA

O acibeche é unha substancia fósil, un carbono purificado que pola súa constitución e textura se considera unha variedade do lignito, de grande dureza pero extrema fraxilidade. O termo co que se coñece hoxe en día deriva do empregado polos árabes: az—zabach. A crenza nas virtudes máxicas e curativas do acibeche remóntase a tempos prehistóricos e continúa a través de diversas culturas (Exipto, India, Asia Menor, Roma ou Grecia) como o demostran, entre outros, os textos de Aristóteles, Plinio ou san Isidoro. Na Idade Media, a produción de obxectos feitos neste material floreceu en relación cunha moda imposta polos peregrinos a Santiago de Compostela. A demanda destas pezas medrou ó se mesturar o carácter devocional co supersticioso que xa tiña por tradición e que o consideraba como eficaz preventivo do mal de ollo.

Os primeiros traballos en acibeche realizados en Santiago dátanse no s. XIII e o material empregado viña de Asturias por carecer Galicia de depósitos. Os obradoiros acibecheiros composteláns creáronse a partir do gremio dos concheiros que tiñan en exclusiva a venda das conchas naturais ou “vieiras”, insignia simbólica da peregrinación e que máis tarde se elaboraron en materiais como o acibeche ou o chumbo. No s. XIV, os acibecheiros forman gremio aparte do dos concheiros e a partir do s. XV constitúense como unha das confrarías máis importantes e influentes da cidade, baixo a protección de san Sebastián. Ata o s. XVII, o traballo dos acibecheiros foi o de maior actividade, deixando na toponimia da cidade de Compostela

Page 53: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

53

claros testemuños. No s. XVIII comeza un período de decadencia sen chegar, por iso, a desaparecer o oficio, gozando de novo hoxe en día dun gran prestixio e notable demanda.

Na produción de obxectos en acibeche pódense distinguir, en xeral, tres tipos de usos :

A/ Os obxectos que eran demandados como recordos da peregrinación, de pequeno tamaño, fundamentalmente, de carácter relixioso e cunha factura, en ocasións, pouco coidada: cunchas, imaxes de Santiago, da Virxe, de santos, rosarios…

B/ Obxectos de carácter litúrxico e devocional feitos para o ámbito eclesiástico, froito dun traballo máis elaborado: portapaces, cruces ou colares de abadesa.

C/ Obxectos de uso profano e persoal: figas, colares, medallóns, abelorios, enfeites para os toucados femininos, etc.

Santiago Peregrino Castor Lata Montoiro ca. 1960 Acibeche Inscrición: “CASTOR LATA” Santiago de Compostela

Santiago Peregrino Castor Lata Montoiro ca. 1960 Acibeche Inscrición: “C. LATA” Santiago de Compostela

San Eloi R. Rivas Mejuto, S. Mayer Garea, Julio Lado Martínez, J. Eloy Gesto Ferreiro, R. Rivas Casal, E. Fink Fernández, Artesanía Pampín, L. Gesto Beiroa y M. Vilas Novas 2000 Prata, marfil, madeira de castiñeiro, acibeche, ouro, ametistas, circonitas Inscrición:“ESTE SAN ELOI FOI REALIZADO/BAIXO OS AUSPICIOS DA/ASOCIACIÓN DE ORFEBRES DE SANTIAGO/NO ANO 2000 SENDO PRESIDENTE/D. ELOY GESTO FERREIRO/SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 DE DECEMBRO DE 2000” Depositado pola “Asociación del Gremio de Joyería, Orfebrería y Azabachería de Santiago”

Esta imaxe de San Eloi é un bo exemplo da continuidade dos gremios dedicados á realización de obras en prata, ouro e marfil en Santiago dende o s. XI.

San Eloi está representado cos atributos que caracterizaron o seu padroado sobre o gremio dos ourives, prateiros e ferreiros, fundamentalmente, a zafra e o martelo.

Nado en Francia, na zona de Limousin, cara o ano 558, desde xove foi aprendiz dun ourive de Limoges para pasar máis tarde a París a ocupar o cargo de tesoureiro do rei Clotario II. Anos máis tarde fíxose crego e chegou ó final da súa vida a ser nomeado bispo. Utilizou os seus bens para axudar ós pobres e no rescate de cativos e foi un incansable predicador, especialmente, pola zona de Flandes. Morreu o 1 de decembro de 660, polo que se fixou esta data como a da súa festividade.

Page 54: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

54

O GREMIO DOS PRATEIROS

A grande importancia que foi adquirindo a peregrinación xacobea dende a Idade Media converteu a Santiago de Compostela nun dos centros relixiosos máis importantes do orbe cristián. En consecuencia, a construción e renovación de mosteiros, igrexas e capelas incrementouse non só na área compostelá senón en toda Galicia e en correspondencia, a demanda de obxectos de prata foi cada vez maior, tanto para o culto litúrxico como para as ofrendas e doazóns, por parte de particulares, peregrinos, confrarías e outras institucións.

Deste xeito, foron aparecendo co tempo numerosos obradoiros de prateiros ou ourives documentándose, xa no s. XI, o seu traballo na catedral. Os prateiros, xunto co potente gremio dos cambiadores, encargábanse, así mesmo, en Compostela da fixación do valor da moeda e do intenso comercio dos obxectos feitos en metais preciosos. A influencia da que gozaban fíxoos acredores duns privilexios entre os que pode nomear a exención do servizo militar -mesmo en tempos de guerra- ou a prohibición para o rei, o arcebispo e os funcionarios de entrar nas súas casas.

As tendas dos prateiros situáronse sempre moi preto da catedral, dende os muros da Praza da Quintana ata a porta sur que, aínda hoxe, conserva o nome de Praterías.

A notoriedade do traballo dos obradoiros de prata composteláns dende a Idade Media fixo que estes recibisen encargos doutras partes de Europa. Tamén se achegaron á

cidade, ó longo dos séculos, prateiros procedentes doutros territorios da Península e aínda doutros países. Por outra parte, moitas das ofrendas e doazóns feitas por peregrinos ou institucións fan que haxa un grande número de obxectos procedentes de obradoiros doutros lugares. Xuntamente con estas obras, chegaban as novas modas artísticas e as innovacións técnicas xurdidas neste eido.

No s. XVII comeza outro período de esplendor da pratería compostelá que segue desenvolvéndose ó longo do s. XVIII, época na que florece tamén o gravado, de xeito que algunhas das familias máis salientables de gravadores -os Piedra, os Romay ou Melchor de Prado-, exercen ó tempo as dúas profesións. Increméntase, de igual modo, a elaboración de pezas de carácter civil, aínda que segue primando a demanda da produción relixiosa.

O s. XIX iníciase coa Guerra da Independencia e o consecuente espolio dunha boa parte do patrimonio artístico e a perda de moitas obras de ourivería pola fundición das mesmas para a obtención de moeda. Sen embargo, o traballo dos prateiros seguiu sendo un dos oficios máis relevantes da cidade pervivindo, aínda hoxe en día, con puxanza e desenvolvendo formas tradicionais xunto con creacións de deseño.

OS OBXECTOS LITÚRXICOS NA PRATERÍA COMPOSTELÁ

Ó abeiro do impulso da peregrinación, os obradoiros artesanais xorden por toda Galicia para responder á incesante demanda de enxoval litúrxico das igrexas e mosteiros, especialmente,

Page 55: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

55

daqueles máis relacionados cos camiños xacobeos. Os tipos de obxectos necesarios eran numerosos. Na vitrina poden verse algúns deles como os cálices, entre os que cómpre sinalar o cáliz esmoleiro (4) como exemplo de encargo para doazón por parte dun arcebispo a unha parroquia co fin de incrementar os seus bens. A cruz procesional (6) e os portapaces (5) son exemplo dos encargos dos mosteiros, neste caso, do importante de San Domingos de Bonaval nesta mesma cidade. As cruces son importantes non só no ámbito litúrxico e devocional senón tamén social, porque representan á parroquia, comunidade tan importante no ámbito galego. A cruz de guión (7) procede, con seguridade, dunha parroquia preto de Santiago, ben baixo a advocación do Apóstolo ou situada no Camiño de Santiago. A proliferación e a diversidade das formas que os relicarios (8) presentaron a partires do s. XVI, foi consecuencia do reforzamento por parte da Igrexa católica do papel dos santos fronte ó rexeitamento da Igrexa protestante. A posesión de reliquias converteuse nunha obriga de igrexas e mosteiros. Esta mesma causa fixo tamén aumentar a demanda de esculturas (10) representando ós diversos personaxes santificados.

A CONFRARÍA DOS PRATEIROS E A MARCAXE DA PRATA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Parece que no s. XI os ourives xa formaban parte do Colexio que agrupaba a todos aqueles artífices de distintas profesións que traballaban na construción da catedral. As primeiras ordenanzas que regulan a actividade en Santiago foron aprobadas para os prateiros en 1431 e non son reformadas ata 1786. A confraría que os agrupaba creouse a mediados do s. XVI. Os actos relixiosos do gremio celebrábanos na Capela da Branca da catedral e tiñan dereito a seren soterrados na Quintana de Mortos.

As primeiras marcas para garantir a prata aparecen en Santiago no s. XIV. No s. XVI a marca de localidade representa a Santiago como peregrino. No s. XVIII é a Arca Apostólica pero cara finais do mesmo século e, en relación co cambio do escudo da cidade, aparece a marca do Cáliz coa Sagrada Forma e unha cruz inscrita (1). Agora tamén aparecerá, como noutras rexións, a marcaxe triple (punzón do artífice ou prateiro, o do ensaiador ou contraste e o de localidade).

A NUMEROSA PRESENZA DE OBXECTOS NON COMPOSTELÁNS

Os ss. XVII e XVIII son os do maior apoxeo da pratería compostelá, como o demostra o aumento do número de prateiros con obradoiro propio na cidade, pasando dun século ó outro de 57 a 137. A estes engádense aqueles prateiros doutras rexións de España e procedentes do estranxeiro (Italia, Francia, Portugal…) que traballan temporalmente en Compostela para a realización de pezas concretas, atraídos pola euforia reformista e artística que se desenvolve na cidade e na catedral. Algúns instálanse definitivamente en Santiago como é o caso do francés Claudio Pecul. O seu fillo, Jacobo Pecul, chegou a ser uns dos prateiros composteláns máis sobranceiros do s. XVIII. Exemplo do seu traballo é a cruz procesional exposta na vitrina (6). Por outra parte, os obxectos doados polo alto clero e a nobreza ás igrexas e mosteiros son encargados, en moitas ocasións, a prateiros doutras cidades (2-3-4-9) como os cálices esmoleiros feitos polo prateiro madrileño Lucas de Toro na primeira metade do s. XIX (4).

Page 56: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

56

Imaxe dun santo Ss. XVIII-XIX Prata e prata sobredourada Madrid

Copón 1ª metade S. XIX (?) Prata sobredourada Barcelona

Cruz procesional coa Representación do Crucificado e a entrega do Santo Rosario a Santo Domingo Jacobo Pecul Montenegro Crespo, prateiro Sánchez, marcador Santiago de Compostela, 1794. Prata sobredourada Procede do convento de Santo Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela)

Cáliz esmoleiro Lucas de Toro, prateiro 1820 Prata e prata sobredourada Madrid

Relicario Finais s. XVIII Prata fundida e repuxada Madrid

Cáliz con escenas da vida de Xesucristo José Casas, prateiro 1ª metade s. XIX Prata e prata sobredourada Barcelona

Cáliz Ricardo Martínez Costoya, Platero M. Aller, ensayador Santiago de Compostela, finais s. XIX – principios s. XX Prata sobredourada, repuxada y gravada

Page 57: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

57

Cáliz con símbolos da Paixón de Xesucristo Narcís Rosell (?), platea o ensaiador 1ª mitade s. XIX Prata sobredourada Barcelona

Cáliz Bermúdez (prateiro?) M. Aller (ensaiador) Finais s. XVIII - mediados s. XIX Prata e prata sobredourada Fundido, labrado y repuxado Santiago de Compostela

Cruz de guión con la representación de la Inmaculada Concepción y de Santiago peregrino Juan Montes, prateiro Santiago de Compostela (?), 1671 Prata fundida e repuxada Marca: MON/TES

Cruz de altar Taller galleto Último terzo s. XVI (cruz); 1738 (pé) Prata fundida, cicelada, gravada e relevada

Portapaces coa representación de San Domingos recibindo o Santo Rosario da Virxe

J. Seijo, prateiro Último tercio S. XVIII

Prata e prata sobredourada, fundida, cicelada, gravada e relevada Marca: “J/SEIJO” Procede do convento de San Domingos de Bonaval

(Santiago de Compostela)

Page 58: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

58

Acetre Ricardo Martínez Costoya Finais S.XIX Cicelado, burilado, repuxado Santiago de Compostela

Placa con Santiago Matamouros Primera metade S. XIX Prata, prata sobredourada, madeira e veludo Cicelado, repuxado, gravada Escola compostelaá

Medallón devocional Finais S. XVIII- comezos S. XIX Prata, pel seda Fundido, cicelado, curtido, repuxado Escola madrileña (¿)

Escribanía Antonio García Candal Segunda metade S. XIX Prata Fundido, cicelado, calado, burilado Santiago de Compostela

O GRAVADO

O maior florecemento do gravado en Galicia ten lugar en Santiago de Compostela no s. XVIII en relación coa tradición da peregrinación á tumba do Apóstolo, por ser precisa a difusión do culto e a conseguinte utilización de temas xacobeos para ilustrar o gran número de documentos que se necesitaban, tales como as Compostelás, ou certificados que acreditaban o cumprimento da peregrinación, os Sumarios de Indulxencias polos que os Papas concedían determinados privilexios ós que contribuían con entidades de carácter benéfico-relixioso, as relacións de reliquias, os itinerarios de camiños e as estampas devocionais.

Constitúen, precisamente, as estampas devocionais, dotadas dun importante valor propagandístico, un dos tipos máis abundantes. Mediante elas contribuíase ó fomento do culto nos ámbitos máis populares. Por mor do seu baixo prezo, eran mercadas frecuentemente por peregrinos e levadas ós seus países de procedencia. Ademais das diversas tipoloxías iconográficas de Santiago (apóstolo, peregrino, cabaleiro...), reproducíanse outras imaxes

Page 59: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

59

relacionadas coa temática xacobea como San Roque, a Virxe peregrina, a Virxe do Pilar e un amplo elenco escollido do santoral.

O gravado aparece vencellado a autores que pertencen ó gremio dos prateiros, como é o caso da familia Piedra, e mesmo a arquitectos e escultores como Melchor de Prado e Miguel de Romay, o que proporciona diversidade e perfección no deseño de motivos ornamentais (orlas, iniciais, viñetas e colofóns) que decoran moitos impresos.

Precisamente, atribuída a Jacobo de la Piedra aparece, arredor de 1730 en Santiago, unha importante innovación técnica: o “buxo de pé” tamén coñecido como “gravado en testa”, polo que, usando o taco de madeira a contrafebra, acádase unha gran nitidez e unha meirande produción. É empregada, preferentemente, na realización dos elementos decorativos.

O desenvolvemento dos traballo dos gravados en Compostela vai unido á produción do libro e repercutiu na proliferación doutros documentos non relixiosos. A Universidade, o Santo Tribunal da Inquisición e outras institucións solicitan follas de grao, temas heráldicos, retratos de ilustres persoeiros... Realizábanse tamén láminas de temática científico-técnica, así como naipes, de gran consumo na vida cotiá e gravados con vistas da cidade e dos seus monumentos. Este último aspecto atrae tamén a moitos artistas foráneos.

Instrumentos de gravador (lima e burís) Primeira metade S. XIX Acero fundido e modelado

Prancha calcográfica Luís Antonio Piedra Crespo (1776-1825) Primeiro cuarto S. XIX Cobre Santiago de Compostela

Clichés de imprenta do “El Eco Franciscano” Último cuarto S. XIX- Primer carto S. XX Madeira de buxo, cobre, bronce Talla a contrafibra ou “bujo de pé” Valeirado á cera perdida

“SANTIAGO APOSTOL, PATRON DE ESPAÑA./ El Quadro original / existe en el Real Palacio de Madrid” Juan Antonio Salvador Carmona, gravador Arredor de 1770 Gravado a burel

Page 60: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

60

Iubileo Pleníssimo de la Santa Apostólica Metropolitana Iglesia del Señor Santiago de Galicia, Vnico, y Singular Patrón, Tutelar, y Protector de España, por todo el año presente de 1717 Santiago de Compostela, Antonio de Aldemunde, impresor 1717 Gravado, calcografía

Nosa Señora da Peregrina Enrique Mayer, gravador Santiago de Compostela, finais s. XIX Xilografía

San Roque 2º terzo s. XIX Gravado Santiago de Compostela

Igrexa de Pontedeume Santiago de Compostela, Ángel Piedra, gravador 2ª metade s. XVIII Inscrición: “Al gran Santiago, que como Tutelar de la ilustre Villa de Pontedeume se venera en su principal Iglesia, que para su mayor culto y gloria reedificó, dotó y consagró su Illmo. Prelado el Sr. don Bartholomé de Rajoy y Lossada, Arzobispo y Sr. de Santiago en memoria de haber sido bautizado en ella. Año de 1768”.

Escudo do Vizconde de Pegullal Diego de Romay Junqueras, gravador (+1694) Gravado sobre prancha de cobre

Orlas ornamentais Atribuídas a Jacobo de la Piedra, gravador Entre 1750 e 1788

Escudo de D. Jorge Cisneros ou da familia dos Condes de Ximonde Atribuído a Melchor de Prado y Mariño Arredor de 1799

“Plano de la ciudad de Santiago, primera de las siete que componen el Reyno de Galicia” Manuel Salvador Carmona, gravador Plano do arquitecto Juan López Freire o Menor 1796 Gravado a burel

Selección de naipes dunha baralla 1818 Xilografía Inscrición no ás de Ouros: “Fábrica/de Compostela”

Page 61: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

61

SALA VII

ICONOGRAFÍA DE SANTIAGO: A IMAXE DE SANTIAGO NA HISTORIA

A representación do Apóstolo Santiago o Maior foi dende a Idade Media unha das máis diversas da iconografía cristiá. A ampla extensión do seu culto por toda a xeografía europea e, dende o s. XVI, americana, deu lugar ó longo dos séculos a que a súa imaxe non só adoptase diferentes actitudes segundo as necesidades devocionais e políticas de cada momento (mesturando os aspectos de apóstolo, cabaleiro, peregrino…) senón tamén a que fose reflectindo a diversidade de usos e modas na roupaxe segundo as épocas e as zonas xeográficas onde as imaxes se elaborasen.

Santiago é o único dos apóstolos que mostra esta variedade iconográfica. Nas primeiras e máis antigas imaxes represéntaselle cos atributos comúns a tódolos demais apóstolos: túnica e manto, o libro sagrado, os pés descalzos e un filacterio ou rótulo onde se facían constar os nomes de cada un deles ou frases alusivas a textos sagrados. Así aparece nas primeiras esculturas destacables na mesma Catedral de Santiago, o coñecido como «Santiago entre cipreses» na Portada de Praterías (cara a 1111-1116) e a escultura do parteluz do Pórtico da Gloria, obra do Mestre Mateo, realizada cara a 1188. Como Apóstolo que bendí aparece entre 1135 e 1140 no Capítulo I do Liber Sancti Iacobi do Códice Calixtino.

Santiago é, así mesmo, Peregrino, porque enviado por Xesús, emprendeu unha longa viaxe para evanxelizar Hispania e por iso, nalgunhas destas primeiras representacións, porta tamén o bordón ou caxato. A difusión do seu culto e, en consecuencia, a influencia da peregrinación á súa tumba dá lugar á peculiar identificación deste con aqueles ferventes devotos que emprendían a viaxe. O Santiago sedente ou en maxestade potencia aínda máis a misión evanxelizadora e o Santiago como Soldado de Cristo ou cabaleiro utilizarase frecuentemente como símbolo da defensa da Fe Cristiá. A diversidade nas representacións irase enriquecendo paulatinamente co papel de Santiago como intercesor, tendo á Virxe María como principal mediadora.

SANTIAGO EN MAXESTADE

A imaxe de Santiago sedente, en maxestade ou in cathedra, aparece por vez primeira na catedral compostelá na escultura creada polo Mestre Mateo para o parteluz do Pórtico da Gloria (cara 1188). Sen embargo, este tipo iconográfico non será moi frecuente. Santiago preséntase como apóstolo (túnica e manto, pés espidos e filacterio ou libro sagrado) pero sentado nunha suntuosa cadeira ou trono. No filacterio aparece, xeralmente, un texto alusivo a súa misión evanxelizadora, así na imaxe do Pórtico da Gloria a frase Misit me Dominus (“Envioume o Señor”). O báculo co puño en “Tau” que sostén nunha das súas mans era a forma tradicional dos báculos cerimoniais que portaban os arcebispos e lembraba o caxato do que se valían os apóstolos no seu camiñar para difundir as ensinanzas de

Page 62: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

62

Cristo. Así, o báculo potenciaba a idea da misión apostólica encargada directamente por Xesús a Santiago e, ó mesmo tempo, servía para intensificar a importancia de Compostela como sé episcopal.

Anos máis tarde, en 1211, realízase a escultura de Santiago sedente para o Altar Maior da Catedral que, aínda que moi modificada no s. XVII, pode verse hoxe en día. No seu filacterio aparece o texto Hic est Corpus Divi Iacobi Apostoli et Hispanorum Patroni (“Aquí se atopa o Corpo do Divino Apóstolo Santiago Patrón dos Reinos Hispanos”). Con posterioridade, cara a 1250 e para unha capela da mesma catedral, lábrase outra escultura en pedra coa mesma imaxe, pero esta vez coroada, simbolizando ó Apóstolo que reina. Neste modelo iconográfico dótase a Santiago con algúns dos elementos identificadores dos peregrinos: o macuto, a cabaza, a esclavina ou o sombreiro.

As representacións de Santiago sedente non se estenden máis alá do s. XV. Fóra da zona de influencia galaica atópanse escasos exemplos en Francia, fundamentalmente, na zona de Bretaña, quizais pola intensidade das peregrinacións marítimas dende esa rexión. No s. XVIII vólvese utilizar con frecuencia a imaxe estampada do Santiago sedente do Altar Maior da catedral para decorar documentos relativos á peregrinación e pezas de oración que destacan o aspecto de Santiago como Patrón de España.

Cruz Procesional Aplique no cadrón

central con Santiago en Maxestade

Obradoiro hispano 2º terzo s. XVI Estilo prateresco

Prata; sobredourado, calado, cicelado, picado de lustre e

relevado

SANTIAGO PEREGRINO

No s. XII, a peregrinación ó santuario compostelán é un rito moi estendido polo occidente europeo. Ó mesmo tempo, a Igrexa compostelá posúe todo o apoio do papado como un dos centros máis importantes da Cristiandade. O culto ó Apóstolo medra intensamente e son numerosas as igrexas que se lle dedican en tódolos reinos cristiáns. A partir deste momento, comeza a desenvolverse unha variada imaxinería artística na representación do Apóstolo Santiago.

A característica de peregrino sublíñase dende o primeiro momento na mesma basílica compostelá, cando se lles outorga ás imaxes do Apóstolo o báculo. Pronto aparecerá, tamén, provisto do zurrón. Ámbolos dous accesorios son elementos fundamentais de tódolos camiñantes. O bordón ou o caxato serve como defensa contra os animais e contra outros perigos que poidan axexar e o bornal ou zurrón é un bolso de pel para gardar os alimentos. Pero para a Igrexa e para os peregrinos teñen tamén un matiz simbólico porque

Page 63: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

63

significan o longo camiño da penitencia. O bordón representa a defensa da Fe contra as tentacións e o zurrón a mortificación do corpo e a xenerosidade das esmolas. Deste xeito e, polo menos, dende o s. IX, a Igrexa tiña establecida unha cerimonia de bendición para aqueles que emprendían unha viaxe peregrinatoria outorgándolles simbolicamente estes dous elementos.

Outros accesorios útiles para o viaxeiro eran a cabaza, para transportar a bebida e o sombreiro que, segundo as estacións do ano ou os países, facíanse duns ou doutros materiais ou formas diferentes de xeito que tamén variaban segundo as modas de cada época. A esclavina é un pequeno mantelo, xeralmente de coiro, para cubrir os ombreiros, gorecendo o tórax do frío e a chuvia. Xeralmente, decorábase con pequenas cunchas e bordóns feitos de materiais diversos.

A partir do s. XI, a utilización da vieira como símbolo da peregrinación xacobea é cada vez máis frecuente. No sermón Veneranda Dies do Liber Sancti Iacobi (1135—1140) téntase xustificar simbolicamente como emblema da caridade comparando as súas costelas cos dedos dunha man. Ó principio, as cunchas, naturais ou feitas en metal ou acibeche, mercábanse nos arredores da catedral para levar na viaxe de volta como insignia que certificaba o cumprimento da peregrinación.

Todos estes elementos aparecen indistintamente nas imaxes de Santiago en maior ou menor número. A indumentaria e os accesorios das imaxes do Apóstolo reflicten, case sempre, a moda de cada época ou de cada país. O libro aparece sempre,

pechado ou aberto, lembrando a misión apostólica. As primeiras representacións de Santiago cos aditamentos dos viaxeiros parecen xurdir no s. XII ó longo da ruta principal do Camiño.

AS TRANSFORMACIÓNS DA INDUMENTARIA E O SEU REFLEXO NA

ICONOGRAFÍA DO APÓSTOLO SANTIAGO

A través das imaxes que representan ó Apóstolo Santiago pódese observar a transformación constante da indumentaria en cada época, non só a dos aditamentos propios dos peregrinos ou viaxeiros en xeral, senón a de todos aqueles complementos que se utilizaban no vestiario de uso común. Ademais, as roupas diferían segundo a climatoloxía propia de cada lugar -por exemplo, o abrigado sombreiro de pel de marta con que se toca o Santiago Peregrino de Juan de Flandes era máis propio de Centroeuropa-. Aínda que predomina a túnica e o manto como vestiario do Apóstolo, estas prendas van adaptándose ás innovacións de cada momento e, deste xeito, van aparecendo puños voltos, colos, casacas, cintos, broches e distintos tipos de calzado, e toda unha diversidade de elementos procedentes tanto da indumentaria suntuaria coma da máis popular. Sen dúbida algunha, a maior variación ofrécena os sombreiros dos que se pode ver a evolución dende os de tipo bonete do medievo ata os característicos de abas dobradas do s. XVIII.

Unha mostra singular desta adaptación da indumentaria das imaxes do Apóstolo á moda do momento, ofrécena as dúas esculturas de madeira datadas ó redor do s. XV. Ámbalas dúas presentan roupaxes semellantes, un xibón ou túnica longa que descende ata os pés e unha prenda superior denominada roupiña, túnica máis curta de mangas así mesmo curtas e escotadas. A utilización combinada

Page 64: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

64

destas dúas prendas foi a moda que xurdiu no s. XIV entre os burgueses de París e que axiña se estendeu polo centro e norte de Europa, difundíndose as imaxes de Santiago así vestidas mesmo por Escandinavia, Inglaterra e España. Sen embargo, difiren estas esculturas no modelo de sombreiro; o de tipo bonete de aba pregada era de uso máis popular e moi utilizado por toda Europa mentres que o de abas laterais dobradas e rematado en pico era de orixe inglés.

Santiago peregrino Obradoiro castelán. Estilo hispano-flamengo Finais s. XV – principios s. XVI Madeira tallada, policromada e dourada Depósito de J. Varela Villamor

Santiago peregrino Juan de Flandes (Ca. 1465-1519) 1505-1519 Óleo sobre táboa Probablemente realizado para o retablo da Capela Universitaria da Universidade de Salamanca Depósito do Museo do Prado

Santiago peregrino Escola hispano-flamenga Finais s. XV – principios s. XVI Madeira tallada e policromada

Santiago peregrino Obradoiro castelán (?) 2ª metade s. XV Madeira de piñeiro castelán

Santiago peregrino Posiblemente, obradoiro galego Último cuarto s. XIV – principios s. XV Madeira de castiñeiro policromada

Page 65: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

65

Santiago peregrino Obradoiro galego ss. XIV-XV Granito policromado

Santiago peregrino Obradoiro burgalés ca. 1500 Madeira de carballo policromada e con restos de dourado

Santiago peregrino Escola española. Estilo hispano-borgoñón 2º terzo s. XV Alabastro tallado, dourado e policromado

Santiago peregrino Juan de Juanes (principios s. XVI – 1579) 1560-1570 Óleo sobre táboa Realizado para a igrexa do Convento da Coroa de Xesús dos Relixiosos de san Francisco de Valencia

Santiago peregrino 1601-1625 Madeira de nogueira tallada Obradoiro aragonés

Santiago peregrino Obradoiro castelá. Estilo romanista 2º terzo s. XVI Madeira dourada e policromada Depósito de J. Varela Villamor

Santiago peregrino s. XVI Madeira tallada

Santiago peregrino Probablemente, obradoiro portugués Último terzo s. XVI Alabastro tallado

Page 66: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

66

Santiago peregrino 2º terzo s. XVI Madeira con restos de dourado Depósito de J. Varela Villamor

Santiago peregrino Finais s. XVII – principios s. XVIII Madeira tallada, dourada e estufada

Altorrelevo de Santiago peregrino Obradoiro galego s. XVI Granito tallado e policromado Procede do entorno de Padrón

Santiago peregrino Bernardo Lorente Germán 1ª metade s. XVIII Óleo sobre lenzo

A representación deste Santiago peregrino de medio corpo responde ás características estilísticas e técnicas da pintura relixiosa de carácter devocional de finais do s. XVII e principios do s. XVIII en España. A estes criterios, entre outros, responden a composición en escorzo coa mirada cara ó espectador que evoluciona dende un tipo iconográfico que se utiliza progresivamente entre os séculos XVI e XVIII, especialmente, nas series de apostolados. Pero as características máis propias desta época son o naturalismo das representacións e a profusión dos fondos e os tons máis escuros da paleta pictórica que proporcionan ás obras un aire de recollemento devocional especialmente propiciado pola Igrexa na plenitude da controversia contrarreformista.

Bernardo Lorente Germán (1680-1759) foi un pintor sevillano que se formou baixo a influencia do máis sobresaínte pintor da mesma cidade, Bartolomé Esteban Murillo, aínda que a pintura de Lorente ten máis forza expresiva. Pola calidade das súas obras, estivo moi vinculado ós pintores que traballaron para o rei Felipe V durante a súa estancia en Sevilla, para quen fixo un retrato do Infante Felipe. Proposto para o cargo de Pintor do Rei, rexeitouno polo seu carácter reservado e polo apego á súa terra. Non obstante, non declinou en 1756 o nomeamento de membro da Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid.

Page 67: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

67

Santiago peregrino s. XVIII Madeira tallada e policromada

Santiago peregrino Obradoiro galego 2º terzo s. XIX Madeira policromada Depósito de J. Varela Villamor

SANTIAGO CABALEIRO

A primeira mención explícita ó Apóstolo Santiago como cabaleiro intercedendo polas tropas cristiás fronte ós musulmáns, aparece en dous textos da primeira metade do s. XII. A Historia Silense e o Liber Sancti Iacobi do Códice Calixtino narran a conquista milagrosa da cidade de Coimbra en 1064 por Fernando I grazas á axuda do Apóstolo. Aparece a función guerreira de Santiago como Soldado de Cristo —miles Christi—. Segundo a tradición, Santiago xa tería colaborado cos cristiáns no ano 895 na conquista da mesma cidade. Máis tarde, en 1125, redáctase o Privilexio dos Votos, falso documento no que se relata a intervención do Apóstolo en favor de Ramiro I na batalla contra os musulmáns, supostamente librada en Clavixo no 859. O obxectivo que se pretende é a implantación do Voto de Santiago ou doazón obrigatoria de cereais e viño á Igrexa de Compostela por parte dos campesiños en pagamento pola axuda recibida.

A xustificación de Santiago como cabaleiro de Deus maniféstase xa no s. VIII nun himno litúrxico do Comentario á Apocalipse do monxe Beato de Liébana. Nel noméase a Santiago como protector do reino hispánico fronte ás calamidades e ós infieis conquistadores. Dende o s. X, os monarcas fomentan o Padroado de Santiago sobre os reinos hispánicos. Este padroado, de carácter político e tradición milagrosa, promóvese como beneficioso para o conxunto da sociedade que está, así, protexida polo Apóstolo. Os monarcas invocaban a súa axuda non só para favorecer as loitas contra os musulmáns senón contra toda clase de inimigos, incluídos os existentes no mesmo reino. A propia Orde de Santiago foi fundada en 1170 por Fernando II como institución emblemática da confrontación contra os exércitos mahometanos.

A que se considera primeira representación escultórica de Santiago como cabaleiro (cara a 1220) aparece nun tímpano da catedral compostelá. Cómpre ter en conta que o cabaleiro é un rango social que adquire gran importancia na Idade Media, época de conflitos territoriais e relixiosos, polo que é unha figura habitual e cotiá. A asociación de santos coa condición de cabaleiros ou soldados de Cristo (san Demetrio, san Xurxo, san Millán…) era un feito común dende os primeiros tempos do cristianismo, formando -como xa expresa Beato de Liébana- os Exércitos do Ceo. Os cabalos sempre son brancos, simbolizando a pureza, o corpo de Cristo; o xinete é o Señor en Maxestade. Loitan para liberar a Humanidade da maldade, función que xa se atopa na mitoloxía da Antigüidade Clásica. Idéntico papel adxudícaselle a Mahoma entre os musulmáns.

Page 68: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

68

A imaxe guerreira de Santiago vaise transformando co paso do tempo segundo van mudando as causas a defender. Nos primeiros momentos, agás nalgúns documentos, a representación de Santiago como Soldado de Cristo é pouco frecuente. A partir do s. XIV, esténdese a imaxe do Santiago Matamouros, identificando claramente ós soldados musulmáns baixo o cabalo. Aínda que a Reconquista rematou en España, a presión dos turcos contra os territorios europeos será intensa nos séculos seguintes, polo que esta representación adquire novo senso. Dende o reinado de Carlos V, a iconografía de Santiago Matamouros incorpórase ós programas de exaltación bélica e triunfal da monarquía española no momento de máximo poder do imperio e tamén será potenciada pola Igrexa compostelá como emblema da defensa dos seus privilexios. Consolídase así, definitivamente, a asociación do poder político e do relixioso nuns momentos, ademais, de forte controversia cos protestantes. A imaxe de Santiago, Patrón de España, será emblema da lexitimación do poder mesmo ata o s. XX.

Santiago na batalla de Clavixo Anónimo ss. XVII-XVIII Óleo sobre táboa

Relicario Medallón central con Santiago na batalla de Clavixo s. XVIII Madeira de piñeiro castelán, policromada e dourada, e cobre esmaltado

Santiago na batalla de Clavixo Anónimo ss. XVII-XVIII Óleo sobre lenzo

Santiago na batalla de Clavixo Escola madrileña 2ª metade s. XVII Óleo sobre lenzo Inscrición no escudo de Álava do reverso do lenzo: “JUSTICIA CONTRA MALHECHORES”

Page 69: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

69

Aparición da Virxe do Pilar a Santiago Andrés de Riola, gravador (+1744) Debuxo de Domingo de Andrade, arquitecto (1639-1712) Tirada de prancha orixinal sobre cobre de 1949 Inscrición: " El Yllmo Sr. Dn Joseph de Yermo Arbpo y Sr de Sto côcede 80 dias de Yndulga a quien rezare una Ave Mª delte de esta Sª Ymagen de NS del Pilar". (El Ilustrísimo Señor D. José de Yermo Arzobispo y Señor de Santiago concede 80 días de Indulgencia a quien rezare una Ave María delante de esta Santa Imagen de Nuestra Señora del Pilar).

A asociación de Santiago coa Virxe é mais estreita e temperá cá doutros apóstolos. Así, no mesmo tempo da evanxelización de Santiago en Hispania aparecéuselle a Virxe co ánimo de o confortar na súa difícil misión. Abondan outras tradicións marianas que ningún outro apóstolo tivo no Occidente (aparicións en Muxía e en Iria Flavia). A tradición mariana estivo sempre presente no mundo xacobeo e así foron recollidas por Gonzalo de Berceo (1198?-1264?) en Os Milagros da Nosa Señora, por Afonso X o Sabio (1252—1284) nas Cantigas, e no Libro II do Códice Calixtino. Eran tamén frecuentes, nos camiños a Compostela, as igrexas dedicadas ás distintas advocacións marianas: Rocamador, Virxe do Camiño, Pastoriza, Peregrina, etc.

Divídese esta escena en dous rexistros: o inferior representa o ámbito terreal onde aparece Santiago cos seus discípulos coa indumentaria de peregrinos prostrándose ante a Virxe; ó fondo unha

cidade, supostamente, Zaragoza. O rexistro superior é o ámbito celestial. Nel aparece a Virxe no ceo entre anxos que sosteñen a columna na que, segundo a tradición, a Virxe colocaría unha imaxe dela no lugar no que debería levantarse un templo na súa honra.

A representación iconográfica da Virxe do Pilar é frecuente en España. No s. XVIII, o tema adquire un carácter aínda máis apoteósico seguindo a descrición de Sor María de Ágreda na súa Mystica Ciudad de Dios de 1701 que se fixo moi popular. Esta estampa é exemplo singular deste novo tratamento do tema no ámbito compostelán.

Santiago como protector e intercesor ante a Virxe Escola española s. XVII Óleo sobre lenzo

A composición deste cadro divídese en tres rexistros horizontais. O inferior representa o espazo terreal, no centro do cal aparece un moribundo ó que asisten un sacerdote e un sacristán. Interrelacionándose co ámbito do mundo están, así mesmo, os representantes do ámbito infernal: os demos, e os protectores do ámbito celestial, San Miguel e Santiago, indicándose para este nunha inscrición a súa función: “PROTECTOR”. No rexistro intermedio aparece a Virxe na Gloria do Ceo flanqueada de anxos e de santos entre os que sobresaen San Pedro, San Paulo, San Xerome, San Pedro Mártir e Santo Estevo. No rexistro superior

Page 70: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

70

ocupa o centro Deus Pai,á súa dereita preséntase Cristo e á súa esquerda o Espírito Santo, formando a Trinidade.

É unha escena de antiga tradición nas representacións de carácter funerario onde o moribundo ha de “render contas” ante os deuses. Por iso, as patas do leito onde repousa representan as virtudes cardinais e as almofadas as teologais, xunto ás boas obras, pensamentos e pecados. É unha representación de carácter moralista e didáctica, feita para ensinar, de aí as numerosas inscricións e rótulos. Actúa como unha sorte de recordatorio sobre a vida e o devir da morte quizais encargada por algún devoto de Santiago.

A función de Santiago como intercesor ante a Virxe aparece aquí de forma singular seguindo ende ben unha tradición que pervive dende os primeiros momentos do seu culto e que xa aparece nalgúns milagres do Códice Calixtino (s. XII). Sempre foi un intercesor excepcional porque non recibía súplicas sobre males concretos como os outros santos senón sobre todo, e especialmente, para prever a morte e a condenación eterna arrincando ó crente das gadoupas do demo.

Santiago entre cipreses Respaldo de cadeirado de coro Anónimo Cara a 1500 Madeira, baixo relevo

A representación de Santiago flanqueado por dúas árbores aparece xa na Portada de Praterías da catedral compostelá (cara a 1111—1116). No Liber Sancti Iacobi esas árbores aparecen identificadas como cipreses, aínda que lembren máis ás palmeiras. Hoxe illado do seu primitivo contexto, este baixorrelevo formaba parte na súa orixe dunha representación xeral da Transfiguración de Cristo. Alí, no monte Tabor, Xesús convoca novamente a San Pedro, San Xoán e Santiago e o Pai confirma ó seu Fillo como o Mesías e afirma que morrerá polos homes e logo resucitará de entre os mortos. A miúdo, moitas representacións da Transfiguración de Cristo desenvólvense en paisaxes de palmeiras e cipreses aludindo ás terras palestinas.

A diferenza da imaxe de Praterías, aparece Santiago nesta obra con tódolos elementos propios dun peregrino: a cabaza, o zurrón, o sombreiro e o bordón. E coma sempre, suxeita o libro sagrado. A ámbolos dous lados aparecen senllas árbores con froitos, de difícil identificación.

Na tradición da imaxinería e literatura medievais, os cipreses e as palmeiras eran árbores con significado sagrado. Nun sermón contido no propio Codex Calixtinus compárase a Santiago coa palmeira. Esta planta tivo un carácter simbólico dende a antigüidade, lembrando as ricas e fecundas terras de Mesopotamia. As palmeiras significaban, no mundo pagán, a vida, a fertilidade, a inmortalidade e a vitoria, simboloxía que foi asimilada pola relixión cristiá como representación do triunfo do mártir sobre a morte, a resurrección de Cristo, a inmortalidade da alma, a salvación e, sobre todo, como símbolo do Paraíso Celestial. Por outro lado, o ciprés, árbore tamén emblemática da inmortalidade dende épocas clásicas, por mor do constante verdor que presenta e pola incorruptibilidade da súa madeira, foi

Page 71: SALA I unha transformación persoal visible a través dunha serie …museoperegrinacions.xunta.gal/sites/default/files/pdf/completo... · os seus lugares e obxectos de culto, as súas

71

adaptado (¿ou asociado?) na iconografía cristiá á resurrección e ó paraíso.

Santiago “Mataespañois” Obradoiros de Cuzco (Perú) 2º terzo s. XIX Prata cicelada e gravada

No s. XVI, inmediatamente despois de rematada a confrontación dos reinos cristiáns contra os musulmáns na chamada Reconquista, os españois inician o descubrimento e colonización do Novo Mundo. O apóstolo Santiago, advocación superior e emblemática para os exércitos españois, é invocado agora tamén como auxiliador na loita contra os indíxenas americanos. De feito, orixínanse lendas de aparicións do Santiago Cabaleiro en algunhas batallas, sobre todo, nos primeiros momentos da conquista e colonización. Pero en América produciuse unha transformación iconográfica complexa sobre o tipo do Santiago Cabaleiro como consecuencia da mestura da relixión cristiá coas crenzas das poboacións autóctonas.

Para os españois, o “Santiago Matamouros” converteuse en “Santiago Mataindios” pero, ó mesmo tempo, os pobos indios dominados polos grandes imperios, como os aztecas e os incas, asimilaron a Santiago Cabaleiro os seus deuses guerreiros. Por exemplo, na rexión andina co deus Illapa, o Raio, establecendo a identificación con Santiago como o Fillo do Trono dos textos sagrados. A difusión da figura de Santiago foi deste xeito aínda máis vertixinosa entre a poboación indíxena, o que deu como resultado a

existencia de numerosas igrexas dedicadas ó Apóstolo e de poboacións que levan o seu nome —Santiago de Querétaro, Santiago de Chile, Santiago de Cuba, Santiago de Guayaquil…

A partir do s. XVII, unha vez asentadas as posesións americanas, o “Santiago Mataindios” volveuse a transformar en “Matamouros” coa intención de fuxir dunha iconografía aldraxante para os poboadores autóctonos. Con posterioridade, no momento das aspiracións independentistas das colonias no s. XIX, o arraigo popular de Santiago é tan intenso que é convertido en “Santiago Mataespañois” ou “Illapa Libertador”, considerándose un auténtico protector dos indios e xurdindo agora, outra vez, lendas de aparicións auxiliadoras, nesta ocasión, a favor dos conquistados fronte ós conquistadores.