rosalía

10
ROSALÍA DE CASTRO

Upload: carlos-luis-medrano-martinez

Post on 24-May-2015

623 views

Category:

Documents


10 download

TRANSCRIPT

Page 1: Rosalía

ROSALÍA DE CASTRO

Page 2: Rosalía

ROSALÍA DE CASTRO

Poeta e novelista nada en Galicia, considerada como unha das bases do panorama literario do século XIX.

Representa unha das figuras máis emblemáticas do Rexurdimento Galego e ademais é considerada precursora da poesía moderna española.

As súas tres obras máis importantes son: Cantares Gallegos, En las Orillas del Sar e Follas Novas.

Adicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1963.

Page 3: Rosalía

Infancia e mocidade

• Naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago.

• Filla do sacerdote José Martínez Viojo e María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía, unha fidalga

solteira e pobre.

• Foi bautizada figurando como filla de pais descoñecidos polo que se criou coa súa madriña na

vila de Castro de Ortoño situada na provincia da Coruña.

• Cando volveu a Santiago coa súa nai, asistiu a actividades culturais promovidas polo “Liceo de la

Juventud”, ao que tamén asistían intelectuais comprometidos co movemento provincialista, como Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre.

Page 4: Rosalía

Madurez

• En 1856, trasladouse a Madrid, onde publicou un folleto de poesías escrito en lingua castelá, “ La Flor”, e unha novela, “La hija del mar”.

• Nesta cidade coñeceu a Manuel Murguía, o seu futuro marido. Este intelectual convertiuse na primeira persoa que animou a Rosalía na súa carreira literaria, sendo o responsable da publicación de “ Cantares Gallegos”.

•Recibiu, tamén, o apoio da sociedade nunha época na que as mulleres non tiñan recoñecemento.

Manuel Murguía

Page 5: Rosalía

DERRADEIROS ANOS

• Os seus últimos anos transcorreron en Padrón, onde

sufriu numerosas enfermidades e doenzas, ata que o 15 de xullo de 1885 morreu na súa casa, víctima

dun cancro de útero.

•Antes de morrer, encargoulle aos seus fillos que queimasen todos os traballos que deixara sen publicar.

TUMBA DE ROSALÍA NO CONVENTO DE SAN DOMINGOS DE BONAVAL

•A actual fundación Rosalía de Castro ten como finalidade difundir e fomentar o culto a Rosalía, Manuel Murguía e os seus fillos.

Page 6: Rosalía

OBRA

LITERARIA

Page 7: Rosalía

OBRA EN CASTELÁN

EN LAS ORILLAS DEL SAR

Obra publicada en 1884.

Trátase dunha serie de poemas moi innovadores posto que rompen coas formas métricas tradicionais. Neles, Rosalía reflexa as súas emocións persoais, de forma pesimista (produto do choque entre os soños e a realidade). Neste poemario, Galicia case non está presente.

LA FLOR

Obra publicada en 1857.

Esta obra conta coa influencia dos poetas románticos da época: Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Espronceda. Os temas principais desta obra son: o desengano amoroso, o abandono, a morte e o pesimismo.

A MI MADRE

Obra publicada en 1863.

Estrutúrase en sete poemas nos que a autora homenaxea á súa nai. Expresa a súa desolación pola morte dun ser tan querido e o vacío da súa alma. Trátase dun desahogo persoal e sentimental.

Page 8: Rosalía

OBRA EN GALEGO

CANTARES GALLEGOSObra publicada en 1863.

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas como conmemoración da publicación deste libro.

Trátase da súa primeira obra escrita en galego. A súa intención é defender a cultura, a lingua, e as tradicións galegas. Con ela márcase o inicio do Rexurdimento galego. Dedícase a eloxiar a terra galega, as súas paisaxes, a súa xente e os seus costumes. Denuncia o maltrato e a explotación que sofre o pobo galego por parte dos caciques e dos poderosos.

FOLLAS NOVASObra publicada en 1880.

Poemario en lingua galega formado por poemas de carácter social que plantexan problemas como a emigración, a soidade das mulleres en Galicia, a pobreza desta terra, a desigualdade entre ricos e pobres e, de novo, os abusos dos poderosos.

Page 9: Rosalía

O labor que levou a cabo Rosalía para defender a terra galega é recordado hoxe en día.

POEMA A SIR JOHN MOORE, XARDÍN DE SAN CARLOS, A CORUÑA

TEATRO ROSALÍA DE CASTRO, A CORUÑA

MONUMENTO A ROSALÍA EN FERROL

MONUMENTO A ROSALÍA EN LUGO

Page 10: Rosalía

FIN