romanía

12
romanía situación Situada no sureste de Europa, comparte fronteiras con Ucraína e Moldavia ao norte e leste, con Hungría e Servia ao oeste, con Bulgaria ao sur e limita co Mar Negro ao sureste. Superficie 238.391 quilómetros cadrados Poboación 22.215.421 habitantes (2009).

Upload: chelo-alvarez-veira

Post on 29-Jun-2015

527 views

Category:

Documents


8 download

TRANSCRIPT

romanía

situación Situada no sureste de Europa, comparte fronteiras con Ucraína e Moldavia ao norte e leste, con Hungría e Servia ao oeste, con Bulgaria ao sur e limita co Mar Negro ao sureste.

Superficie 238.391 quilómetros cadrados Poboación 22.215.421 habitantes (2009).

capital Bucarest, con 2.100.000 habitantes (2008). Idiomas Oficial (rumano) e non oficiais (húngaro, alemán e romaní).

Moeda A moeda do país é o leu romanés (lei en plural), dividido en 100 bani. O tipo de cambio é un euro por 3,5 lei. Esperan ter o euro para 2014

Outras cidades importantes Iasi (308.663 hab.). Constanza (301.951 hab.). Timisoara (311.440 hab.). Cluj-Napoca (307.215 hab.). Galati (290.461 hab.). Brasov (277.569 hab.). Craiova (299.579 hab.). Ploiesti (227.981 hab.). Braila (211.161 hab.).

Grupos étnicos Romaneses: 89,5% Maxiares: 6,6% Xitanos: 2,5% Ucranianos : 0,5% Alemáns: 0,06%

Xeografía: O país, fortemente marcado polos

Cárpatos, o Danubio e o mar Negro está armoniosamente distribuído: na parte central, as montañas están dispostas en forma de arco e ocupando o 31% da superficie total; as colinas e as mesetas ocupan o 33% e as chairas do S e do O (onde se cultiva trigo, millo, centeo, remolacha, patacas, froitas), o 36%.

En xeral, as actividades agrícolas utilizan os dous terzos da forza laboral.

Os montes Cárpatos culminan no pico Moldoveanu (2.543m), bordean a meseta de Transilvania e están arrodeados por cadeas de colinas.

No SE, entre o Danubio e o mar Negro encóntramos a meseta de Dobruja, bordeada ao NE polo delta do Danubio. Os ríos romaneses esténdense en forma radial dende os Cárpatos e a maior parte das súas augas é recollida polo Danubio.

División administrativa Romanía está dividida en 40 condados ou distritos (judet) e o municipio de Bucarest

clima Illado do mar polas montañas, gran parte

do territorio romanés ten unha climatoloxía predominantemente continental. O “crivat” e o “austru”, ventos que

sopran respectivamente do nordés e do sureste, contribúen a extremar as temperaturas estivais e invernais. As oscilacións térmicas, xa notables en

zonas montañosas, tenden a aumentar nas chairas periféricas, nas que se pasa incluso de máximas estivais superiores aos 35º a mínimos invernais próximos aos 35º Baixo cero. O réxime de precipitacións é de tipo mediterráneo, cun máximo principal nos meses de maio e xuño e un máximo secundario en outono. Os valores anuais máis elevados corresponden ás colinas subcarpáticas e aos Alpes de Transilvania occidental.

relixión Ortodoxos (86,8 %), protestantes (7,5 %), católicos (4,7 %), outras relixións 0,9% e sen relixión 0,1 %.

Forma de goberno A República de Romanía é unha democracia parlamentaria. A súa actual Constitución foi aprobada en referendo en 1991. O Poder executivo desempéñao o presidente, elixido por voto popular por cinco anos, o primeiro ministro, designado polo presidente e o Consello de Ministro. Ten un parlamento similar ao español, con dúas cámaras, a Cámara de Deputados e o Senado, con parlamentarios elixidos democraticamente, para un mandato de catro anos.

Economía Romanía ingresou na Unión Europea en 2007. Comezou a transición do comunismo ao

capitalismo a fins de 1989. Nesa época contaba cunha industria obsoleta e unha produción insuficiente para as necesidades do país.

Romanía é un dos principias produtores e exportadores de produtos agrícolas de Europa. Os cultivos ocupan o 40% da superficie do país; os recursos forestais son abundantes e a pesca estase expandindo.

Existen xacementos de gas natural e petróleo

que aportan un porcentaxe significativo para o consumo diario, pero para cubrir a totalidade da demanda o país está obrigado a importalos, principalmente de Rusia. Para tratar de reducir a dependencia de factores externos, impulsouse a xeración de plantas de enerxía nuclear e hidroeléctrica, e entre ambas clases proporcionan un 45% da enerxía consumida no país.

O sector industrial representa o 35% do PIB,

pese a que nos últimos tempos, as instalacións existentes quedaron obsoletas e as fábricas tiveron que inverter masivamente en modernizacións.

Os principais sectores son o téxtil, o siderúrxico, a produción de maquinaria e vehículos, de armamento e o procesamento da produción agropecuaria.

Os servizos comprenden o restante 55% do PIB, sendo o turismo o principal. O Mar Negro, o delta do Danubio e os Cárpatos son as atraccións naturais que concentran o turismo, e en Transilvania destaca o seu patrimonio cultural.

Flora Hai 37 especies declaradas “monumento da natureza”. Os bosques, pulmón do país desempeñan un papel decisivo na conservación do equilibrio ecolóxico, cobren o 27% do país. A maioría das plantas, segundo a tradición popular, teñen propiedades curativas, e existen moitos medicamentos naturais. “Trollius europaeus” é unha planta tóxica, que non come nos animais e que adorna as pradeiras montañosa se os claros subalpino sen xuño e xullo. “Cypripedium calceolus” é da familia das orquídeas, moi elegante se di a lenda que representa o zapato perdido por unha princesa. “Nigritela rubra” e “Nigritela nigra” son dúas especies pertencentes á familia das orquídeas orixinarias dos Cárpatos. Florecen de maio a agosto e arrecenden a vainilla. Os nenúfares lila son escasos, testemuña da era terciaria, medran preto de balnearios, pois precisan dunha auga con temperatura constante de 30ºC.

Fauna No Delta do Danubio hai unhas 300 especies de paxaros. A inmensa maioría migran ao Delta e veñen de Asia, África e as rexións polares. O único felino de gran tamaño, o lince, vive nos bosques montañosos. Entre os animais declarados especie protexida, o oso segue en Romanía nun alto porcentaxe grazas á súa adaptación ás zonas menos poboadas dos Montes Cárpatos. Tamén destaca o antílope de montaña, ou cabra negra, sobrevivente do período glaciar. Moi impresionante é o cervo dos Cárpatos, pola súa postura, tamaño e gran cornamenta. Hai pouco tempo atrás había numerosas mandas de bisontes, pero case desapareceu a especie no século XVIII. A partir do ano 1958 empezou a recuperarse, aclimatándoo en reservas.

Entre as aves, o galo de montaña representa un verdadeiro tesouro dos Cárpatos, ten un espectacular plumaxe negro con reflexos verdeazulados no peito, cellas vermellas e unha cola parecida a un abano. O corvo haino tanto nas rexións montañosas coma nas chairas. Ao igual que o galo de montaña, fai o seu niño nas paredes rochosas. É un paxaro monógamo, que pon os seus ovos en febreiro, polo que hai un dito: “vai tanto frío que estoupan os ovos do corvo”. A aguia, chamada tamén aguia real vive ao borde dos bosques, lagos e ríos.