revista orxÁs ceip espiÑeira-aldÁn nº. 40

40
ORXÁS Nº 40 Xuño 2008 CEIP Espiñeira- Aldán 1

Upload: xurxobou

Post on 11-Jul-2015

281 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 1

Page 2: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

2 CEIP Espiñeira- Aldán

la a todas e a todos! Que lixeiro chega o final de curso, non? Hai pouco tempo

estabamos na metade, cando saíu o número 39 da nosa revista escolar, e xa se nos achega o remate e con el “ORXÁS” aquí de novo. Xa imos polo corenta, que parece un número moi doado de dicir, pero atrás quedan moitos anos e moitos esforzos por parte de moita xente, non vos parece? Antes de nada, merece unha explicación ese til que aparece enriba do A de “Orxás”. Pois pasou que a nosa revista vai chegando a máis persoas e algunha comunicounos que estaba convencida de que este nome do río que percorre pola nosa parroquia é palabra aguda. Puxémonos en contacto con xente da zona, estudosos da lingua e filólogos que levan tempo investigando na nosa toponimia, e coinciden nesta apreciación. Contáronnos que na maioría de documentos antigos aparece o til, aínda que non era moi común poñer acentos en moitos mapas. “Orxás” vén sendo o plural de “Orxal” que é un terreo dedicado ao cultivo do orxo ou, o que é o mesmo, da cebada. Do mesmo xeito, Trigás sería o plural de Trigal, campo de trigo. Así que xa o aprendemos, e a partir de agora, revista “Orxás” ao igual que o río e que algúns terreos achegados a el, que tamén nalgúns documentos antigos aparecen con este nome.

elebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que neste ano 2008 recoñece o gran labor de Xosé María

Álvarez Blázquez ao servizo de Galicia, defendendo a nosa lingua e a nosa cultura en épocas moi difíciles.Foi mestre, arqueólogo, xornalista, editor, recuperador de libros galegos, ademais de creador literario. Tamén temos que destacar os seus múltiples e valiosos estudos de investigación sobre literatura medieval e dos séculos escuros, poesía popular e etnografía, describindo nestes últimos afinidades culturais da nosa comunidade humana. Tamén foi membro da Real Academia Galega e abriu camiños para que outros escritores e escritoras publicasen a súa obra fundando as editoriais Monterrey e Castrelos. Algunhas persoas desta zona lémbranse del como profesor no Instituto Politécnico Náutico-Pesqueiro de Vigo. Compartimos esta celebración co CEIP ABELENDO nunha xornada de convivencia, na que aprendemos máis sobre a súa familia, a súa vida e a súa obra. Non vos esquezades de visitar e de utilizar moito a nosa páxina web http://centros.edu.xunta.es/ceipdaespineira/ Como sabedes está en continua evolución e podedes atopar fotos, xogos e moi diversos apartados que vos poden axudar a aprender máis e de xeito máis divertido. Comprobade o ben que o podedes pasar nela !!!

O C

Page 3: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 3

Editorial

Educación Infantil con Xosé Mª Álvarez Blázquez

Contacontos

Convivencia co CEIP de ABELENDO

Luces e Sombras no Auditorio: GLUP, GLUP…

Guiáronnos polo ROTEIRO de CASTELAO

Celebramos os MAIOS

XOSE Mª. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ: Vida e obra

“TITIRICIRCUS” por TANXARINA

Contos clásicos no teatro

O noso CROS “ LETRAS GALEGAS 2008”

Educación VIARIA

Guíanos o autor para facer RIMAS DO MAR

Recuperando palabras e expresións

Festival Solidario cunha escola da INDIA

Moitos meses seguidos pescando no MAR

Pasatempos

Excursión do 3º ciclo a Manzaneda

Adeus e Benvida

Biblioteca

XA TEMOS PÁXINA WEB!!!

2

4 a 6

7

8 a 11

12 e 13

14 a 17

18 e 19

20 e 21

22 e 23

24

25

26

27

28

29

30 e 31

32 e 33

34 e 35

36 e 37

38

39

Í N D I C E

Page 4: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

4 CEIP Espiñeira- Aldán

Os máis pequenos coñecemos a Xosé Mª.

Page 5: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 5

Os de 5 anos tamén aprendemos con Álvarez Blázquez

Page 6: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

6 CEIP Espiñeira- Aldán

Xosé María Álvarez Blázquez por Educación Infantil

Page 7: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 7

¿QUERES QUE CHE CONTE UN CONTO? O 24 de abril veu un contacontos da editorial EDEBE e foi inventando un conto poñéndonos de protagonistas a cada un de nós e ás nosas mascotas .Tamén foi facendo as ilustracións no taboleiro. ¡Pasámolo GUAIIII!

BRAIS

0 28 de maio veu outro contacontos. Era da editorial ANAYA e contounos o conto “OS TRES AMIGOS”. Foi unha historia divertidíííííííííííííísima. ¡0 libro está na biblioteca!

ROMINA Alumnado de 2º

Page 8: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

8 CEIP Espiñeira- Aldán

O PRIMEIRO CICLO DOS COLEXIO DE ABELENDO E DE ESPIÑEIRA CELEBRAMOS XUNTOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O venres, día 16 de maio deste ano 2008, viñeron ao noso centro os nenos e nenas de Abelendo para celebrar xuntos as Letras Galegas. Primeiro levámolos ao salón de actos para darlles a benvida e aprender máis sobre a vida, a familia e a obra de Xosé Mª. Álvarez Blázquez. Vimos unha obra de teatro onde entrevistaron ao autor e a súa dona. Tamén presentaron aos seus fillos e fillas. Logo diferentes cursos recitaron poemas del. O noso poema foi:

¿Para que queres es¿Para que queres es¿Para que queres es¿Para que queres ese barcoe barcoe barcoe barco

se temos tantos navíosse temos tantos navíosse temos tantos navíosse temos tantos navíos

no corazón navegando? no corazón navegando? no corazón navegando? no corazón navegando?

Un que vai e outro que vén, Un que vai e outro que vén, Un que vai e outro que vén, Un que vai e outro que vén,

levados dos aires todoslevados dos aires todoslevados dos aires todoslevados dos aires todos

coma os navíos d’ El Rei.coma os navíos d’ El Rei.coma os navíos d’ El Rei.coma os navíos d’ El Rei.

O que nos trae a lediciaO que nos trae a lediciaO que nos trae a lediciaO que nos trae a ledicia

e o que nos leva as anguriase o que nos leva as anguriase o que nos leva as anguriase o que nos leva as angurias

para afundilas na ría.para afundilas na ría.para afundilas na ría.para afundilas na ría.

O que vén cheo de floresO que vén cheo de floresO que vén cheo de floresO que vén cheo de flores

e o que vai che o que vai che o que vai che o que vai cheo de soñoseo de soñoseo de soñoseo de soños

----ese si que chega lonxe!ese si que chega lonxe!ese si que chega lonxe!ese si que chega lonxe!----....

Un barco por cada anceio,Un barco por cada anceio,Un barco por cada anceio,Un barco por cada anceio,

un barco que corre e voa un barco que corre e voa un barco que corre e voa un barco que corre e voa

coma un paxariño ledo.coma un paxariño ledo.coma un paxariño ledo.coma un paxariño ledo.

¡Deixa o barco navegar,¡Deixa o barco navegar,¡Deixa o barco navegar,¡Deixa o barco navegar,

que hoxe che vai traerque hoxe che vai traerque hoxe che vai traerque hoxe che vai traer

un peixiño de cristal...un peixiño de cristal...un peixiño de cristal...un peixiño de cristal...

Xosé María Álvarez Blázquez

Page 9: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 9

Despois xogamos cos globos sen estoupalos e fomos á clase para

continuar a convivencia con xogos como o Lince para aprender

máis e de xeito divertido

Logo ensinámoslles as exposicións do noso colexio e tivéronse que ir.

Abel, André e Laura do 1º Curso de Ed. Primaria.

Page 10: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

10 CEIP Espiñeira- Aldán

OS MAIORES TAMÉN CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS CONVIVINDO CO COLEXIO DE ABELENDO O venres, día 16 de maio, viñeron os nenos e nenas de Abelendo. Aproveitamos que era a ̀ `Semana das letras Galegas´´ e dedicámoslle o día a Xosé María Álvarez Blázquez. Ao principio estivemos xuntos todos os ciclos no salón de actos, pero logo separámonos. O primeiro foi a presentación e ofrecémoslles unha obra de teatro onde entrevistamos a el e a súa dona e tamén lles presentamos ás súas fillas e fillos. Logo recitámoslles unhas poesías del no salón de actos. ¿Preguntádesvos que recitamos nós? Imos ao campo, isca da cama que a mañán nova fóra nos chama cos asubíos, dende moi cedo, dos estorniños no abelanedo. Imos ao campo, miña pequena, que a mañanciña xa nos acena coas mans lixeiras dos ameneiros que andan á roda polos regueiros.

Imos ao campo, érguete axiña, que está esperarnos a mañanciña e quer que escoites o seu regalo no bico louro do noso galo. Imos ao campo, que xa é de día... Toda de festas está a campía pra que ti vaias colle-las froles, e os maiordomos dos caracoles, con maino paso de fidalguía, andan poñendo moi amodiño cintas de seda no teu camiño!

Despois disto, o noso ciclo foi a unha clase onde o alumnado, por grupos, intentamos responder ben ás preguntas da Actividade Polideportiva-Cultural do programa de deporte escolar galego da Xunta de Galicia.¡Canto aprendemos preparándonos para este xogo! Logo vimos as exposicións do noso colexio sobre o mar, sobre palabras e expresións curtas recuperadas, sobre Xosé María Álvarez Blázquez… “Á procura dos versos” foi a última actividade. Tivemos que atopar uns versos separados de tres poesías do autor homenaxeado.

Era un airiño suave que se ergueu pola mañán e viña de non se sabe. Era un recendo de rosas da roseira de ningures, que se meteu pola porta. Era unha cantiga leda que nacía non sei onde e petaba na fiestra. Era unha graza sutil que baixaba das estrelas... Eras ti!

O sol polas eiras, o orballo no prado, a graza de Deus nos ares prendida, e ti pequeniña. Nos ares prendida, na auga da fonte, nas follas do souto, nas herbas frolidas, e ti pequeniña. Nas herbas frolidas a graza de Deus, a voz dos paxaros nos ares prendida, e ti pequeniña!

Page 11: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 11

Cada verso estaba escrito en cartolina e plastificado. Algúns profes agachárannos polos campos, entre as herbas, moi escondidiños ao longo e ancho de todo o exterior do colexio, incluído ao redor do pavillón … ¡Resultounos un xogo divertido!

E con este pequeno e sentido homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez, despedimos esta bonita convivencia. Ata a próxima!

Alejandra, Daniel D. e Antón 4º E. P.

Cando atopamos os versos, ordenámolos e puxémolos nun taboleiro de cortiza. Nos días anteriores, para logo poder seguir a orde dos versos, lemos, e algúns aprendemos, as tres poesías. Para rematar fomos recitándoas como estaban no taboleiro, a ver se soaban ben.

Nena, neniña, pequerrechiña, durme, que xa dormen o galo e a galiña. Dúrmete axiña... Se te non dormes, vén a raposa que garda o sono dos nenos na fosa; se te non dormes, vén a martaraña, que todo o sono dos nenos apaña; se te non dormes, vén a donicela, que todo o sono dos nenos arela... Anda , neniña, pequerrechiña, durme, que xa dormen os años na cortiña. Dúrmete axiña... Se te non dormes, vén o morcego manto de crego, vén a curuxa cara de bruxa, vén o vencello pernas de vello, e os tres á unha, nun santiamén, voa..., que voa...,que te voarías, lévanche o sono moi lonxe de aquén. Anda, neniña, que eu rezo, meu ben, pra escorrentalos, tres Avemarías, Amén.

Page 12: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

12 CEIP Espiñeira- Aldán

LUCES e SOMBRAS no auditorio

Asistimos a un espectáculo no Auditorio de Cangas, os de Infantil, 1º , 2º e 3º de E.P. Utilizaban luz de neon!!!

Nun mar profundo estaba o Alevín Miau co seu chupete laranxa . Era un peixe pequeno, verde fosforito e tiña uns olliños saltóns negros . Aínda non aprendera a linguaxe dos peixes e non tiña ningún amigo. Entón foise a súa cova. Logo viñeron tres amigos inseparables: peixe globo, peixe lúa e outro peixe tropical de raias. Fixeron un ritmo moi pegadizo

eeexxxO Alevín, ao escoitalos, volveu e empezou a

miañar . Os tres amigos non o aceptaban e dicíanlle:

- Non, non, si.

O Peixe Alevín sentíase mal e marchaba. Unha desas veces que fuxía, atopou cunha estrelamar que ao escoitalo dicir” ”, comprendeuno e para consolalo, tamén ela empezou a dicir “ ”. Despois axustáronse porque apareceu un peixe de cores quentes e fríos

para facer o baile dos tres amigos eeexxx

Máis tarde viron saír algo das profundidades e resultou ser unha lura rosácea, grande e cos ollos laranxas fluorescentes. A Estrelamar e o Peixe Alevín

Page 13: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 13

asustáronse un pouco pero a lura fixo o baile dos tres

amigos eeexxx e eles xa seguiron o ritmo eeexxx e

volveu pasar o mesmo. Antes de rematar o Alevín volveu facer un “ ”. A lura chorou por aquel inoportuno “ ”.

Pasado un tempo, apareceu un rato mariño que parecía un monstro que non paraba de dicir “¡ÑAN; ÑAN!; entón os peixes deduciron que o que quería era ZAMPALOS!

¡Fuxiron a toda mechaaaa! Naquel preciso momento apareceu o peixe Alevín que dicía como sempre:

-¡ , E o rato mariño fuxiu co rabo entre as pernas e dende aquel momento todos aceptaron gustosamente o seu

¡ Fin

Os cabaliños de mar, unha vez máis co seu baile, pecharon o último acto desta obra. Os buzos que manexaban aos peixes, despediron o espectáculo. ¡OS MÁIS PEQUENOS DISFRUTARON COMA CUCOS!

Alumnado de 3ºE.P

Duarte, 2º E.P.

Page 14: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

14 CEIP Espiñeira- Aldán

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo, o 30 de xaneiro de 1886, e morreu en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950. Estudou medicina, debuxo e pintura. Autor polifacético: novelista, debuxante, caricaturista, pintor, teórico da arte e político, sempre reflectiu na súa obra o seu compromiso co galeguismo e coa solidariedade. Escribiu textos para xornais, revistas… e a súa obra teatral máis coñecida é “Os vellos non deben namorarse”. Pasou parte da súa vida en Bos Aires e Pontevedra. Nesta última cidade ten un roteiro do que vou falar. Lugares que visitamos:

1 A Praza da Ferrería 2 A Praza da leña 3 A Fábrica da Luz 4 Praza de Méndez Núñez 5 Praza das Cinco Rúas 6 Praza do Teucro 7 Teatro Principal 8 Monumento a Castelao 9 O Instituto

Page 15: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 15

1.- A PRAZA DA FERRERÍA: Alfonso Daniel R. Castelao chega a Pontevedra en 1916, a tomar posesión da súa praza como funcionario de estatística, e vai ser precisamente nun recanto desta praza onde se asente a súa oficina. Desde esa data, A Ferrería e os monumentos que a rodean serán testemuñas do devalar artístico, persoal e social do artista de Rianxo convertido xa en veciño de Pontevedra. Castelao participará aportando consellos e debuxos na restauración do rosetón da igrexa de San Francisco e na restauración da antiga fonte da Ferrería, para o lugar que actualmente ocupa nos Xardíns de Casto Sampedro. 2.-PRAZA DA LEÑA: Recibe o nome do produto que se vendía nesta

praza. No seu centro atópase un cruceiro do século XV que posiblemente estivo situado na ponte de Burgo. Aquí se encóntranse os edificios centrais do Museo de Pontevedra. Tanto a praza como a rúa de Figueroa son dous lugares significativos de tapas, viños e comidas. Nas noites de verán énchense de mesas nas que xente se dá ao "tapeo". A destacar o

local por excelencia nesa materia da cidade, o Rianxo. 3.- FÁBRICA DA LUZ: Pola rúa Sarmiento achegámonos á antiga Casa do Macelo convertida, dende finais do século XIX, na Fábrica da luz. Nela atoparía Castelao o lugar preciso e amplo onde plasmar as súas ideas escenográficas. Vainas realizar para a coral polifónica de Pontevedra, entidade que funda xunto a Antón Losada Diéguez. Píntaas con destino a diferentes presentacións por distintas cidades galegas. Un traballo no que recrea o mundo medieval, a arte románica a xeito de rosetóns, portadas e claustros, xunto ao esplendor barroco e popular dos soportais das vilas mariñeiras.

Page 16: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

16 CEIP Espiñeira- Aldán

4.- PRAZA DE MÉNDEZ NÚÑEZ: Antigamente coñecíase como a praza das Galiñas, debido ao mercado de aves que alí se celebraba, fronte ao gran caserón dos Cruz e Montenegro, que hoxe está desvirtuado debido as reformas que sufriu. Nesta casa, construída no século XV, viviu o afamado contraalmirante

Casto Méndez Núñez, onde morreu en 1869 pouco despois da batalla de El Callao (Perú) na que participou. A finais do século XIX, este edificio foi centro de importantes e concorridos faladoiros de pensadores e escritores da época como, por exemplo, Valle Inclán. Actualmente na praza eríxese unha estatua en honor ao escritor de Vilanova de Arousa. 5.- PRAZA DAS CINCO RÚAS: A recuperación do patrimonio cultural galego tivo en Castelao un dos seus principais valedores. A súa ampla formación artística, enriquecida pola súa viaxe por Europa no 1921, serviulle de base para se converter no defensor principal da nosa arte popular. Xa estamos ante o cruceiro que hoxe ocupa a praza das Cinco Rúas. Castelao chegou a coñecelo na súa localización orixinal da ribeira de Estrivela. Peza escultórica orgullo dos nosos canteiros pasaría a ocupar un lugar destacado, como tantos outros cruceiros de Pontevedra, na súa obra As cruces de pedra na Galiza. 6.- PRAZA DO TEUCRO: Se todas as rúas e prazas da cidade vella

conservan a pegada de Castelao, a praza do teucro, tamén chamada do pan, foi testemuña da impresión no obradoiro de Celestino Peón, da primeira edición da súa obra teatral “Os vellos non deben de namorarse” en 1953. Foi nesta mesma imprenta onde saíra á luz en 1922 Alborada, revista na que

Castelao introduce a técnica do gravado ao linóleum en Galicia.

Page 17: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 17

7.- TEATRO PRINCIPAL: Pola rúa Tetuán rodeamos o edificio que acolle o Teatro Principal. O primeiro andar do número 2 desta rúa serviu durante a II República de sede para o Partido Galeguista, a organización na que Castelao chega a ocupar cargos de responsabilidade como dirixente político ao lado de homes como Víctor Casas e Alexandre Bóveda, os seus compañeiros máis entrañables. 8.- MONUMENTO A CASTELAO: Pola rúa dona Tareixa subimos cara o

antigo "lampán dos xudeus". Atopámonos alí co espazo que acolle o monumento erixido, a partir dunha campaña popular pola que os pontevedreses homenaxearon a Castelao, ao pouco da restauración das liberdades democráticas. A peza é un bronce do escultor Buciños erguido a

instancias dos "Amigos da Cultura", asociación cultural impulsora da iniciativa no ano 1983. 9.- O INSTITUTO: Desde 1916 Castelao é mestre auxiliar de debuxo no Instituto de Pontevedra, un centro escolar onde coincide co galeguista Losada Diéguez e profesores e catedráticos como Sobriño Buhigas e Osorio Tafall. Será con eles con quen pon a andar un pequeno museo no Instituto, claro ensaio do que logo será o Museo de Pontevedra. Tamén participa cos mesmos estudosos en traballos de campo para a localización de petroglifos, á vez que se converte en mestre e valedor de mozos como Xosé Sesto, Turas, Castro Arines ou Ramón de Valenzuela.

Miguel Rodríguez Martínez 6º de E. Primaria

Page 18: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

18 CEIP Espiñeira- Aldán

Chegamos pola mañá e xa estaban as xestas preparadas no patio

cuberto

¡ Cantas xestas había! ¿Quen as colgaría?

Logo tamén puxemos as flores que nós trouxemos e empezamos a

facer adornos: coroas, colares......

Xa feitos os adornos vestímonos de maios coa axuda das persoas

maiores do pobo: o Ghaiteiriño, Pepe Peixe.....

Page 19: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 19

Ao estar vestidos comezamos a desfilar polos barrios do pobo

Paramos no barrio do Piñeiro e mais en Gandón para cantar o maio. Estas son algunhas das estrofas:

“Eiquí” ven o Maio vestido de xestas, pra lle dar as grazas á señora Teresa. “Eiquí” ven o Maio vestido de flores pra lle dar as grazas á señora Dolores. “Eiquí” ven o Maio polos muros da eira, “eiquí” ven a Maia do colexio de Espiñeira

Alba Hermelo 6º de Primaria

Page 20: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

20 CEIP Espiñeira- Aldán

Letras galegas 2008

Xosé María Álvarez Blázquez foi un escritor galego que dedicou boa parte da súa vida á defensa da nosa lingua e da nosa cultura, chegando incluso a ser sancionado por iso. Este ano a Real Academia Galega decidiu que fose o escritor homenaxeado o día das Letras Galegas, o 17 de maio.

Para coñecelo un pouco mellor aquí van algúns retallos da súa vida e da súa obra:

Familia Álvarez Blázquez. El, de pé á dereita

Coa súa dona e fill@s

A SÚA VIDA:

• Naceu un Tui, o 4 de febreiro de 1915.

• No ano 1931 ingresa na Escola Normal de Pontevedra e pasa a vivir nesta cidade.

• No 34 finaliza os estudos de maxisterio. Pronuncia o seu primeiro discurso coñecido: ”Berro en lembranza dos Mártires de Carral”.

• No 35 empeza a traballar como mestre na Guarda.

• En 1936 ingresa no Partido Galeguista. Traballa como mestre na escola das Olivas, en Pazo de Reis (Tui).

• Neste mesmo ano asasinan en Pontevedra ao seu amigo e curmán Alexandre Bóveda. Logo fusilan ao seu pai Darío Álvarez Limeses, coñecido como o “médico dos pobres”, o

día 30 de outubro de madrugada, despois dunha farsa xudicial.

• No 37 é sancionado, sen motivos razoables, co traslado da escola de Coia, en Vigo, á de Coreses, en Zamora.

• No 45 comeza a traballar como secretario da Confraría de Pescadores de Vigo.

• A finais do 1946 casa con Mª Luísa Cáccamo Frieben.

• No 62 ingresa na Real Academia Galega, ocupando a vacante de Aquilino Iglesia Alvariño.

• En 1966, marcha coa familia a Asturias, despois de ter seis fillos: Mª Luísa, Xosé Mª, Alfonso, Mª Elena, Celso e Berta. No 67, regresa a Vigo.

• No 83 xubílase como profesor do Instituto Politécnico Náutico Pesqueiro de Vigo.

• Falece o 2 de marzo de 1985, dunha afección cardíaca.

Page 21: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 21

Xosé MªÁlvarez BlázquezXosé MªÁlvarez BlázquezXosé MªÁlvarez BlázquezXosé MªÁlvarez Blázquez

A SÚA OBRA:

• Aos 13 anos escribe os seus primeiros poemas en galego.

• Con 15 anos publica poemas en xornais de Pontevedra e Tui.

• Aos 16 comeza a estudar Maxisterio en Pontevedra, onde fundou a revista “Cristal”, con Xoán Vidal Martínez. Nela publica O merlo poeta.

• Con 18 anos publica o poema Inmensidade, dedicado aos mariñeiros da Moureira.

• Aos 21 imprímese a súa colección de relatos Os ruíns, que non chega a distribuírse por causa da Guerra Civil.

• No ano 1949 publica, en volume conxunto co seu irmán Emilio, Poemas de ti e de min.

• No 50, fundou xunto con Luís Viñas Cortegoso, a Editorial Monterrey e neste ano publicou Roseira do teu mencer, dedicado á súa filla Mª. Luísa, “Colorín”.

• No 52, dirixe as escavacións arqueolóxicas no Castro de Vigo.

• No 53 publica o Cancioeiro de Monfero.

• No 54 gaña o premio Pondal por Canle segredo, unha das súas obras claves, que non se publica ata 1976.

• No 1963 fundou cos seus irmáns unha nova editorial: Edicións Castrelos.

• No 71 publicou A pega Rabilonga e outras historias de tesouros.

• No nadal do 79 acábase de imprentar un monumental volume colectivo sobre a historia de Vigo, coordinado e escrito en boa parte por el. Vende os fondos de Edicións Castrelos á Editorial Galaxia.

• Como editor crea moitas coleccións como as populares “O Moucho” e “Pombal” ou as de poesía “Mogor” e “Pico Sacro”. Axuda a moitos escritores a publicar e destacaremos “O catecismo do labrego”, que chegará a ser o primeiro “superventas” da nosa literatura galega.

• Recibiu numerosos premios e o seu traballo literario foi moi grande, cultivando todos os xéneros: estreou dúas obras de teatro, premio Pondal, premio López Cuevillas da cidade de Lugo, premio da deputación da Coruña polo seu labor como editor e investigador, premio cidade de Vigo, Cronista Oficial desta cidade, premio da Asociación da Prensa de Vigo, premio Galdós, finalista do premio Nadal, fundador da libraría anticuaria Monterrey, das editoriais Monterrey e Castrelos, membro da RAG…

Laura, Sara M. e

Antía 5º E.P.

Page 22: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

22 CEIP Espiñeira- Aldán

F0M0S AO AUDITORIO DE CANGAS O día 13 de maio todo o alumnado do cole fomos ao Auditorio de Cangas para ver un teatro de monicreques, representado polo grupo TANXARINA e titulado :”TITIRICIRCUS”.

Tratábase dun circo ao que lle escaparan todos os artistas. Só quedaba a cobra Xosefina, o levantador de pesas Bigotiño e os presentadores.

ANDRÉS

Page 23: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 23

Pasámolo moi ben coas súas actuacións e coas doutros personaxes que foron aparecendo: o “domador de cobras” que se deitaba nunha cama de pinchos e non se facía dano; un “ciclista” que fixo varios saltos mortais… e ata subiu Romina ao escenario para que saltase sobre ela e lle medise o nariz.

IVÁN

Alumnado de 2º curso

Page 24: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

24 CEIP Espiñeira- Aldán

CONTOS CLÁSICOS NO TEATRO O día nove de Abril, fomos de excursión a Pontevedra, para ver unha obra de teatro. A obra representábana dous señores: un quería contarnos o conto de “Brancaneves” dos irmáns GRIMM, mentres o outro interrompía co conto dos tres porquiños. Ao principio andaban a discutir, porque non se poñían de acordo sobre que conto ían representar. Despois da rifa, decidiron contar o conto que todos e todas coñecemos como “Brancaneves”. No medio da obra de teatro fixéronse unha boa lea, porque mesturaron os dous contos. Ao final fixeron un conto novo a base de xuntar os anteriores, “Brancaneves” e “Os tres porquiños”, no que o príncipe non bicou a Brancaneves, xa que foi papado polo lobo ¡A todos nos gustou moito!

Foi divertido e orixinal, porque uniron contos e o mellor foi que, ao final, contáronnos tres contos. O derradeiro, quizais o máis bonito, é como un novo conto, divertiunos e sorprendeunos.

Con todo isto, non só o pasamos ben, que é importante, senón que ademais ensináronnos que con imaxinación e gusto pola lectura e a escritura, nos tamén o podemos facer e divertirnos ¡Ánimo e a intentalo todos e todas!

Alicia, Ana e Mari Paz 4º E. P.

Page 25: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 25

O NOSO CROS “LETRAS GALEGAS 2008”

O cros do Colexio Público de Espiñeira celebrámolo este ano o xoves, día 15 de maio pois ao día seguinte, venres, visitábannos para ter un día de convivencia en galego connosco os nenos e nenas do Colexio Público de Abelendo.

Este cros resultou interesante,

divertido e sobre todo deportivo, claro. O día non amenceu moi bo para correr porque chovía, pero estivemos atentos pois, como di o refrán “nunca choveu que non escampase”. Aproveitando que se abriu un claro, dixémonos, empezamos e a ver que pasa. E aguantouche sen chover ata que rematamos. Participaron todos os nenos e nenas do centro, e teriamos que felicitalos porque xa sabemos que aquí “o importante é participar” que “para gañar non vale todo” pois “máis importante que gañar é ser amigos e axudar”. Destacaremos especialmente aos nenos e nenas de Educación Infantil, que correron con moito afán. Como este ano a pista estaba moi mollada inaugurou a participación terceiro de

Educación Primaria, que deu tres voltas ao redor de todo o colexio. Os de cuarto deron catro voltas, os de quinto cinco, sexto seis, logo segundo dúas e primeiro unha volta ao redor de todo o centro.

Cando Educación Primaria rematou, xa estaba o circuíto moito máis seco, e os nenos e nenas de infantil comezaron o seu percorrido. Os de cinco anos correron aproximadamente ás tres cuartas partes da volta ao colexio, os de catro anos a metade da volta e os de tres unha cuarta parte, que non está mal, se pensamos que son ben pequenos e que puxeron todo o seu esforzo e empeño en facelo ben.

Case todos nós quedamos moi esgotados e gañámonos un bocadillo, unha botella de auga e un merecido descanso.

Por participar déronnos unhas

medallas, feitas a man, cunha cor verde que para nós significa que o cros ten esperanza para seguir adiante e a cor azul indicaría, pensamos nós, que foi unha carreira limpa.

Jorge e Daniel G. 4º E.P.

Page 26: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

26 CEIP Espiñeira- Aldán

EDUCACIÓN VIARIA

O día 24 de abril fomos ver

ao Auditorio de Cangas unha obra de teatro moi divertida, e ademais de ser divertida, ensinábannos normas de circulación viaria.

O primeiro que aparecía era

un neno chamado, Fran, que estaba durmindo, e vixiando os seus soños para que fosen bos, estaba “Don” que tiña que estar moi atento porque había outro personaxe moi malo, chamado “Graña”, que estaba empeñado en que os soños de Fran fosen pesadelos e canto máis malos mellor. De repente tamén apareceu a profesora de música de Fran, e a ela encantáballe atar zapatos, e cantar e cantar e non paraba de cantar.

A Don custáballe moito

afastar a Graña de xunto de Fran, e a profesora de Música díxolle que lle axudaría para que Graña non puidese aparecer cos seus pesadelos, e a cambio, Fran, deulle un montón de zapatos para que puidese atar todos os cordóns que quixese.

Ao mesmo tempo que isto ía

sucedendo, tamén ían cantando cancións que nos daban consellos para os nenos/as cando vamos en coche ou circulamos pola rúa; algúns destes consellos eran: cruzar sempre polo paso de peóns, os máis pequenos deben cruzar collidos da man, esperar que o semáforo teña cor verde para cruzar, poñer o cinto de seguridade...

Como tanto insistiu Graña cos

seus pesadelos conseguiu que Fran tivese algún, coma cando apareceu un verme moi grande que encheu a habitación de mocos que quedaron pegados e non se podían despegar. Ao final déronlle pena e despegounos porque ese día era o seu aniversario. Entón Don quixo facerlle un regalo a Graña, deulle unha capa negra grande moi fermosa e... ¡por fin fixeron as paces Don e Fran! Así, dende aquel día sempre se levaron ben e acabaron os pesadelos de Fran.

¡ Que obra tan divertida e educativa! Cristina Silva 6º de Primaria

Page 27: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 27

O noso autor homenaxeado, Xosé Mª Álvarez Blázquez, guiounos

para facer estas O peixe quedou quinto. O espantallo vai no carballo. O colorete anda no patinete. O preparado anda espantado. O amarelo afogouse cun caramelo. A que pincha tragou unha mincha. O luxo Vai onde o bruxo. O en letargo non parece tan largo. O pistacho saíu do capacho.

A azuliña está na grelliña.

A verdiña caeume na borralliña. Anda amiguiños, deixádeos estar e imos xogar cos do mar.

Alumnado de 3º

O teso non vale nin un peso.

Page 28: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

28 CEIP Espiñeira- Aldán

RECUPERANDO PALABRAS E EXPRESIÓNS Unha das actividades levadas a cabo polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística durante este curso escolar consistiu en recoller palabras ou expresións curtas, propiamente galegas, que non se usasen moito na actualidade para recuperar o seu uso. Dirixímonos a toda a comunidade educativa solicitando a súa colaboración. Durante todo o primeiro trimestre foron chegando a nós verbas e expresións, algunhas curtas e outras non tanto, que fomos recollendo e clasificando. Atopámonos que había bastantes que se repetían, aínda que ás veces con lixeiras variacións dunha ou dúas letras. A idea inicial era escribilas ou gravalas en diferentes soportes para facer unha exposición permanente con elas, pero despois de facer unha elección das que consideramos axeitadas, pareceunos máis conveniente, deixar ese último paso para o próximo curso. E pensamos continuar con este traballo, cavilando ben nos diferentes soportes e o xeito de proceder para levar este labor a bo porto. Durante este curso proseguimos a actividade distribuíndo as palabras por clases, segundo as idades do alumnado, empezando por Educación Infantil e fomos ascendendo en dificultade a medida que pasabamos, ordenadamente, aos diferentes niveis de Educación Primaria. Ao principio, o criterio era respectar o máximo posible as que trouxera cada clase, pero logo

pensamos que sería mellor seguir primeiro o criterio de menor a maior

dificultade, pois os dous criterios raramente se correspondían. Para que toda persoa puidese entender o seu significado, acompañamos a verba, debuxada en cartolina con letras grandes, dun debuxo e/ou unha definición sinxela dese termo. Conforme fomos rematando, colocámolas nun mural no corredor central do colexio, co obxectivo de que estivesen ben accesibles para o alumnado e para quen nos visitase. Seguiremos dándolle publicidade para coñecelas ben e así poder usalas con xeito. Traemos aquí algunhas delas, como axuda a todas as persoas, de calquera idade, que queiran resolver o encrucillado que se inclúe nesta revista: Albarda, badalada, bágoas, balde, coitelo, garabullo, garfo, lentes, maquía, molido, mollo, pendón, sarabia, taleiga, zapateado.

Page 29: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 29

FESTIVAL SOLIDARIO CUNHA ESCOLA DA INDIA

Este ano volvemos participar no festival de solidariedade coa escola “Mª. Soliña” da India. Como todo ía sobre o mar, musicamos e dramatizamos un poema do grande escritor cangués BERNARDINO GRAÑA , que ten por título “Canción para ir ó mar de pesca”. Tamén interpretamos dúas cancións populares desta zona que din así:

Ritmo: Xota

Eu non quero home que vaia ao racú, (especie de boliche) gaña unha peseta, métea no cu métea no cu métea no cu eu non quero home que vaia ao racú. (popular)

Mariñeiro non, que vai e non vén, un carreteiriño que carrete ben que carrete ben que carrete ben mariñeiro non, que vai e non vén. (popular)

Page 30: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

30 CEIP Espiñeira- Aldán

MOITOS MESES SEGUIDOS PESCANDO NO MAR

O Venres 9 de Maio veu un home de mar, de nome Antonio Carballo, que tiña moita experiencia e moitísimas vivencias polo mar adiante, para darnos unha charla sobre a pesca, e sobre todo, da pesca do bacallau.

Cando entramos no salón de actos, chamaron a nosa atención unha morea de fotos bastante grandeiras nas que podiamos ver barcos grandes, peixes, persoas… e en varias delas saían montañas de xeo que se chaman icebergs. Logo aprenderiamos que a parte que se vía enriba do mar era moito máis pequena que a parte que estaba somerxida, entre outras moitas cousas.

Algúns dos sitios onde se soe ir pescar bacallau son: O Labrador, Terranova e Noruega. Todos sitios moi fríos, por iso ás veces os barcos se enchen de neve.

Contounos que cada barco ten vinte e cinco ou vinte e seis mariñeiros. Falounos das diferentes formas de pesca, por exemplo: traballar ao bou,

traballar á parella… Nesta última maneira, en parella, traballan xuntos dous barcos, arrastran entre os dous o aparello e unha vez méteo a bordo un e a seguinte vez méteo o outro barco, para logo elaborar ese peixe.

Os labores que se desenvolven nun barco son variados, polo que se necesita que as persoas estean divididas nas seguintes seccións:

Ponte: o capitán, 1º oficial, temoneiro e patrón.

Cociña: o cociñeiro e o marmitón.

Máquinas: xefe de máquinas, 1º de máquinas, 2º de máquinas e engraxadores. Cuberta: contramestre e mariñeiros, algúns especializados como os redeiros, salgadores... Nun barco no que traballou durante uns anos, tamén tiñan unha mascota chamada Conel, pero díxonos que agora está prohibido levalas a bordo.

Page 31: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 31

Máis tarde púxonos un vídeo no que vimos como os barcos subían os aparellos cheos de peixe. Ás veces traían moitas toneladas, ou potes, como lle chaman normalmente entre eles.

No barco tiñan unha especie de lavadora onde chegaba o peixe, despois de que o descabezasen e lle limpasen as vísceras, é dicir, sen a cabeza e sen as tripas, e de alí pasaban as bodegas. Estas eran moi grandes, parecían un campo de fútbol, e había que enchelas todas de peixe!!!

Nas adegas facían como columnas de bacallaus con sal, para evitar que este peixe non se estragase. Na actualidade, os bacallaus tamén se traen conxelados. Cos seus fígados prepárase un aceite que aporta moita enerxía.

Nunha das viaxes tiveron que ir a recargar combustible, auga e víveres a Noruega. Para iso tiveron que entrar nunha especie de ría, pero moi longa,

con moita profundidade e con montañas moi altas a ambos lados, que se chama fiorde. Se alguén caia á auga podía morrer dun infarto ou de hipotermia, incluso antes de afogarse, porque a auga estaba baixo cero.

A continuación explicounos que ao seu arredor andaba un barco patrulleiro cun helicóptero que se encargaba de inspeccionar a pesca e o diario de pesca. Se non tiñan todo correcto podían prendelos e tiñan que pagar unha sanción.

Cando acabou a charla Antía, Laura e Marta foron darlle un agasallo e todos démoslle as grazas. Abriu o obsequio e era un precioso barco de porcelana. E así acabou esta charla sobre a pesca. Aprendemos moitísimo sobre a pesca dos bacallaus, que andan polo fondo do mar e que no medio deles tamén viñan outros peixes como as cabras que son de cor vermella, outros parecidos as sollas…

Marta Freire Baqueiro 5º E.P.

Page 32: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

32 CEIP Espiñeira- Aldán

Atopa sete profesións ou labores que desenvolveu o noso autor homena-xeado este ano nas Letras Galegas: Xosé María Álvarez Blázquez MESTRE - EDITOR – ETNÓGRAFO – POETA – ESCRITOR – CRONISTA – ACADÉMICO - A S E R R F E T N Ó G R A F O M E C A N I M M D V P O E M A L P O E L A T O P R O L T E E X C O B A E T N O G D F U T B O L S T A S S E M E I G H K O O L I L E C R O N I S T A T O P T P O E S I A N T O R E S C R I T U R R I S A C A D E M I C O E S A C A D M I S E E M L A E S C R I T O R F E S R C T U R A D

Atopa 8 palabras da familia de M M A R I Ñ E I R O M A R T T A M E C O A A A R E A L A D T T I M A R E D A M A D Í R R E A P R A I A S D E M A R I T I M O S I E U M A R I S M A U M A R I T O M M O U S A L E A R M A R E I R O M E T U K L O R C A R I T T I M O M A R I Ñ E I P L X C A M A R E M O T O M A R T A L M A R I Ñ A M

estas expresións do co seu significado: • Lobo de mar • Mar aberto • Acabar co mar a paus • Facerse ao mar • Picarse o mar. • Mar como un sebo. • Chover a mares. • Golpe de mar

• Movemento brusco dunha gran onda

• Mar calmo. • Chover moito. • Mariñeiro moi experto . • Mar a moita distancia da

costa • Traballar con preguiza. • Altéranse as augas

mariñas. • Saír o barco do porto

Alumnado de 3º E.P.

Page 33: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 33

B. D.

A. F.

1.- 2.- C. 3.-

4.-

5.- E. 6.- 7.- ) 8.-

9.-

HORIZONTAIS : 1.- Bolsa ou saco de tea forte que se emprega para transportar cousas. 2.- Pode ser tridente. 3.- Recipiente para transportar auga. 4.- Sinónimo de pedraza ou pedrazo. 5.- Porción de gran, fariña ou aceite que lle corresponde ao muiñeiro por moer. 6.- Sinónimo de anteollos. 7.- Pau fino e seco que se emprega para prender o lume. 8.- Especie de acolchado redondo que se pon na cabeza cando se leva carga nela. 9.- Flor do millo. VERTICAIS A. Pingas que nos caen cando choramos. B. Especie de almofada chea de palla que se coloca no alto do lombo das bestas de carga. C. Cada un dos toques da campá. D. Instrumento cortante. E. Feixe de plantas de cereais que se forman para a malla. F. Que está tirado, desordenado, de calquera xeito. Podedes atopar estas verbas noutra páxina desta revista.

Alumnado de 3º E.P.

Page 34: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

34 CEIP Espiñeira- Aldán

EXCURSIÓN A MANZANEDA Todos estabamos impacientes porque chegase o martes día 3 de xuño. Uns días antes xa tiñamos as maletas feitas, tanto os de 5º coma os de 6º. Cando nos iamos marchar, algúns nenos estaban tristes porque non ían ver ás súas familias ata a fin de semana. Polo camiño uns ían debuxando, outros cantando, outros xogando co móbil... Despois de varias horas de camiño por fin chegamos a Manzaneda.

O primeiro que fixemos, despois de comer, foi visitar as habitacións onde iamos durmir os vindeiros días. ¡ Eran perfectas! Puxemos toda a roupa nos armarios e logo leváronnos á piscina,

onde xogamos ao balón e tamén nadamos. Ese día tamén entramos na aula de Natureza, cunha monitora que se chamaba Patri. Explicounos todo o que ocorrera na montaña, e logo practicamos un xogo onde se preguntaba todo o que ela nos contara, para ver se estiveramos atentos. Para rematar a xornada fomos aos bungalós a cambiarnos, porque tocaba ir á “disco”, onde acabamos bailando.

Pola noite case ninguén durmiu polos nervios de estar alí. O segundo día fixemos sendeirismo. Andamos polo monte en busca de pegadas de animais.

No camiño tamén atopamos pequenas ras e tamén rochas con diferentes formas.

Page 35: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 35

En tiro con arco aprendéronnos como se lanzaban e como se colocaban as frechas.

Sabela, outra monitora, impartiunos xogo medio ambiental que consistía en facer a lista da compra para toda unha semana. Cando a liamos ela calculaba os envases que gastabamos. Máis tarde en supervivencia explicáronnos o que había que facer se nos perdiamos nunha fraga. Esa noite fomos de velada, na que practicamos diferentes xogos. O terceiro día tocounos escalada con Juan e Manuela. Tiñamos que escalar por un rocódromo de dezaoito metros.

De seguido fomos a equitación, onde Alberto nos explicou como montar a cabalo, e despois fixemos que os cabalos foran polo seu percorrido. Logo conducimos os karts, onde había que guiar ben o kart polo circuíto.

Pola tarde fixemos deportes que consistiron en xogar a fútbol sala, baloncesto e tamén ao ping–pong. Despois nadamos na piscina. Ao rematar fomos para o bungaló onde nos preparamos para ir á “disco”. Alí puxeron moitas cancións. O último día pola mañá dedicámolo a facer compras. Mercamos todo tipo de regalos para os familiares. Cando nos marchamos de Manzaneda estabamos tristes porque nos iamos, pero tamén contentos porque volviamos á nosa casa. Ao regresar xa estaban as nais e pais esperándonos no cole. Todos alegráronse moito de vernos.

Alumnado de 5º E.P

Page 36: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

36 CEIP Espiñeira- Aldán

¡Cantos anos levamos no cole e que rápido se nos pasaron! Cando estabamos en infantil eramos tan pequeniños e pensabamos que iamos tardar moito en chegar a sexto; pero non foi así, porque o pasamos tan ben, tan ben, tan ben, que sen decatarnos témonos que marchar do cole. Ao longo de toda esta etapa traballamos pero tamén fixemos festas, excursións, convivencias, etc. Como sería moi longo contar todo o que vivimos, cada un de nós vai contar o que máis lle gustou:

Os anos que pasei neste colexio paseino fenomenal e aprendín moitísimas cousas e tamén o pasei moi ben xogando.

Iván Bermúdez Molares O que máis me gustou deste cole foron o montón de saídas que tivemos e os moitos espazos para xogar no recreo. Fernando Guimeráns Ferradás Gustáronme moito as convivencias que fixemos co colexio de Abelendo e gustaríame que no cole houbese E.S.O. para poder seguir máis tempo ¡Que ben o pasei estes anos! Alba Hermelo Otero

Levo un bo recordo do profesorado pola boa relación con eles, todos os cursos paseinos ben. Alba Nerga Del Río

Gustáronme moito estes 9 anos que pasei no cole , os divertidos recreos, as interesantes clases ... e o mellor para min foi a excursión de final de etapa a Manzaneda. Sofia Rial Alfaya O que máis me gustou foi a boa relación entre todos os alumnos e alumnas do cole. Espero que no instituto todo sexa igual que aquí. ¡Vouvos estrañar moito! Miguel Rodríguez Martínez

A min gústame moito este cole aínda que só puiden gozar de estar nel o curso de 6º. A pesar de ser só un curso nunca me esquecerei do meu paso por el. Gústame que os nenos/as non se enfaden e se leven ben con todos.

Cristina Silva Martínez O que máis me gustou do cole foron os festivais que fixemos o profesorado e alumnado. ¡Sempre me lembrarei de vós!. ¡ Vouvos botar de menos, pero volverei para visitarvos!

Laura Vidal Paz

Page 37: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 37

Benvida

Educación Infantil 3 anos

David López Novo Laura Martínez Besada Kiara Piñeiro Rguez.

Salvador Santos Piñeiro Mario Cordero Glez. Roi Mera Rivas

Para o próximo curso 2008-2009 tamén ingresarán no noso colexio outros cinco novos alumnos. Aínda que non temos fotos, porque virán desde o centro onde cursan estudos actualmente, xunto coa súa documentación, queremos facerlles chegar igualmente a nosa máis calorosa benvida a: Noelia Pereira García, que vén para 5º curso de Educación Primaria. Diego Pereira Ferreira, para 4º curso de Educación Primaria. Sheila Pereira Ferreira, para 3º curso de Educación Primaria. Ainhoa Pereira García, para 3º curso de Educación Primaria. Tamara Pereira Ferreira, para o curso de 5 anos de Educación Infantil.

Page 38: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

38 CEIP Espiñeira- Aldán

Como ben podedes observar na foto, xa temos andeis novos!!! E utilizaremos o novo programa informático MEIGA.

Agora queda volver a colocar todos os nosos fondos: libros, dicionarios, revistas, CDs, DVDs, CDrom… Pero a gran novidade está en que os imos colocar segundo a CDU.

¿Que é a CDU? A Clasificación Decimal Universal, un sistema de clasificación do coñecemento, que nace da necesidade de ordenar e catalogar as obras nas bibliotecas . Esta clasificación intenta dividir todo o coñecemento en dez grandes apartados. Cada un está constituído por un só número:

• 0 Xeneralidades .Documentación. Enciclopedias, Dicionarios

• 1 Filosofía. Psicoloxía • 2 Relixión. Teoloxía • 3 Ciencias sociais.

Estatística. Política.Folclore

• 4 (Baleiro) Resérvase para futuras reestructuracións

• 5 Matemáticas. Ciencias Naturais

• 6 Ciencias aplicadas. Medicina. Tecnoloxía

• 7 Belas artes. Xogos. Espectáculos. Deportes

• 8 Linguaxe. Lingüística. Literatura ¡Vai ser a máis nutrida!

• 9 Xeografía. Biografías. Historia .

Page 39: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

ORXÁS Nº 40 Xuño 2008

CEIP Espiñeira- Aldán 39

XA TEMOS PÁXINA WEB!!! http://centros.edu.xunta.es/ceipdaespineira/

Este ano, como ben sabedes, abrimos a nosa porta ao mundo virtual e das novas tecnoloxías. Xa somos internacionais!!! Podedes vernos dende calquera punto do mundo… Que vos sirva de fonte de información, aprendizaxe, xogo, consulta… Que a aproveitedes moito!!!

O Centro Aquí información sobre a situación e organización do centro.

Profesorado Información interna para o profesorado.

Galerías Fotos de todos os eventos.

Eventos Pica e averigua que sucede nos días marcados.

UDIs Unidades Didácticas Interactivas

Pais/Nais Todo o relativo á ANPA.

Departamentos Pica, entérate e aprende moitas curiosidades.

Actividades Traballos máis salientables.

Biblioteca Sabes usarme?, últimas adquisicións…

Revista escolar Orxás, últimos números.

Xoga na rede Unha morea de xogos na rede.

Page 40: Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40

Xuño 2008 ORXÁS Nº 40

40 CEIP Espiñeira- Aldán