reuniÓn da comisiÓn non permanente de estudo para a ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas...

33
REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES Día: 28.01.2014 Hora: 10:30

Upload: others

Post on 28-May-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

REUNIÓN DA COMISIÓN NON

PERMANENTE DE ESTUDO PARA A

IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DAS

MULLERES

Día: 28.01.2014 Hora: 10:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de
Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO

PARA A IGUALDADE E PARA OS DEREITOS DASMULLERES

POR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidentaCristina Isabel Romero Fernández P

VicepresidentaMaría Carmen Gallego Calvar S

SecretariaEva Solla Fernández AGE

María Carmen Acuña do Campo SMaría do Carme Adán Villamarín BNGMaría Consuelo Martínez García AGEAna Belén Pontón Mondelo BNGMarta María Rodríguez-Vispo Rodríguez P

Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

Reunión da Comisión non permanente de estudo para a Igualdade e para

os Dereitos das Mulleres

Día: 28.01.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1. Aprobación do Plan de Traballo da comisión.

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

Proposta de plan de traballo elaborada pola Mesa da Comisión non Permanente para a igualdade e para os dereitos das mulleres A Mesa da Comisión non Permanente para a igualdade e para os dereitos das mulleres, reunida o 23 de xaneiro de 2014, elaborou, por maioría, a seguinte proposta de plan de traballo: OBXETO DE ESTUDO: Facer avaliación da aplicación nos distintos ámbitos competencias da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de xullo, de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. 1.- Diagnose da situación actual

2.- Análise e visión prospectiva Análise da aplicación de políticas públicas a nivel local, autonómico, estatal en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. 3.- Comparecentes

A) Administracións públicas

1. Secretaría Xeral de Igualdade. 2. Dirección Xeral de Xustiza. 3. Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. 4. Forzas e Corpos de Seguridade:

- Comisario autonómico. - Representante da Policía Nacional. - Representante da Garda Civil.

5. Consellería de Sanidade. 6. Consellería de Traballo e Benestar, departamento competente en materia de

emprego. 7. Secretaría Xeral de Medios. 8. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 9. Consellería de Traballo e Benestar, departamento competente en materia de

benestar. 10. Delegada do Goberno sobre Violencia de Xénero. 11. Coordinadora Delegación Goberno Galicia Violencia de Xénero. 12. Fiscal Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

13. Presidente Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

B) Persoal técnico experto e entidades

1. Colexio de Avogados. 2. Colexio de Psicoloxía. 3. Directora do Centro de Emergencias para Mujeres Víctimas de Violencia de

Género (CEMVI). 4. Directoras 4 Centros de Información ás mulleres. 5. Asociación Ve-la Luz. 6. Rede de mediadoras contra os malos tratos. 7. Directoras das casas de acollida: A Coruña, Lugo, Ferrol, Culleredo, Ourense. 8. ONGs:

- Oblatas. - Ecos do Sur. - Cruz Vermella. - Cáritas Santiago (Vagalume). - Adoratrices. - Cáritas Ourense. - Médicos del Mundo. - Faraxa. - Accem. - Cáritas Lugo. - Aliad Ultreia.

9. Asociación Clara Campoamor. 4.- Conclusións e recomendacións

Ditame con recomendacións respecto a políticas integrais en materia de de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. Políticas específicas a impulsar tendo en conta os distintos ámbitos competenciais.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2014.

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa da Comisión non permanente de estudo para a igualdade e

para os dereitos das mulleres

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das

súas deputadas Carmen Acuña do Campo e Carmen Gallego Calvar, a

través do seu portavoz, presenta ante esa Mesa a seguinte proposta de plan

de traballo da Comisión non permanente para a igualdade e para os dereitos

das mulleres (09/SCNP-000007, doc. núm. 14535)

Consideracións previas:

A violencia contra as mulleres é unha violación dos dereitos humanos e

unha demostración clara da desigualdade existente entre homes e mulleres.

Dentro desa violencia resulta especialmente cruel a aplicada polo home

sobre a muller coa que ten un lazo afectivo.

Violencia machista froito da relación de poder e dominio que os homes

exercían e exercen sobre as mulleres e que só rematará cando desapareza

esa desigualdade.

E non deberiamos de pensar que a regulación normativa vai poder por si

soa solucionar un problema social que ata agora permanecía escondido no

interior dos fogares.

Foi no ano 1993 cando na Asemblea Xeral das Nacións Unidas se definiu

por primeira vez a Violencia de Xénero como todo acto de violencia

baseado na pertenza o sexo feminino que teña o poda ter como resultado un

dano o sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para as mulleres, inclusive

as ameazas de tales actos, a coacción ou privación arbitraria da liberdade

tanto si se producen na vida pública como na privada. Consecuentemente

se definiron como formas de violencia a violencia física, a violencia sexual,

a violencia psicolóxica, a económica, a estrutural e a violencia espiritual.

En España, no ano 2004, elaborouse a primeira Lei integral contra a

violencia de xénero que comprende todo acto de violencia física e

psicolóxica, incluídas as agresións á liberdade sexual as ameazas ás

coaccións ou a privación arbitraria da liberdade.

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

A protección que esta lei aplica ás mulleres vítimas pretende ir máis alá do

aspecto penal e procesal pretendendo cubrir as necesidades da muller

maltratada no campo sanitario, social e asistencial, no campo laboral, sen

esquecer as medidas de carácter educativo e informativo que teñen unha

importancia transcendental para a futura solución da violencia de xénero.

En Galicia, no ano 2007, se pon en marcha a Lei galega para a prevención e

tratamento integral da violencia de xénero. Lei que se formula como o

instrumento máis axeitado para prever, tratar e erradicar a violencia na nosa

comunidade e conseguir así unha verdadeira realización do principio de

igualdade.

Esta lei considera tamén como formas de violencia de xénero a violencia

física, a psicolóxica, a económica, a violencia sexual, os abusos sexuais, o

acoso sexual, o tráfico de mulleres e nenas con fins de explotación e

calquera outra forma de violencia recollida nos tratados internacionais que

lesione ou sexa susceptible de lesionar a dignidade, a integridade ou a

liberdade das mulleres.

Por iso nesta comisión téñense que incluír para o seu estudo, debate e

análise todos aqueles puntos que supoñen, dalgún modo, un ataque á muller

ou, dito doutro modo, unha forma de violencia.

E non debería excluír cuestións de tan grande importancia na actualidade

como é a reforma da lei que regula o dereito ao aborto, a aplicación da

reforma laboral na muller, as marcadas diferenzas salariais existentes e ata

a trata e explotación de mulleres.

Proposta plan de traballo:

Nesta comisión formulamos para estudo catro grandes areas temáticas:

1. A violencia contra as mulleres: violencia de xénero, violencia

sexual,acoso laboral, trafico de mulleres, etc.

2. A condición social e xurídica da muller: corresponsabilidade laboral

e familiar, democracia paritaria.

3. Educación en e para a igualdade: prevención da violencia.

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

4. Saúde da muller: sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do

embarazo, atención sanitaria na violencia, etc.

Consideramos moi necesario que dende o Goberno se mostre un

compromiso real coa igualdade para evitar a violencia e, para elo, se debera

incrementar os recursos para a prevención da violencia e para a atención

temperá das vítimas.

Reviste especial importancia a colaboración dos centros escolares e dos

concellos a través dos CIM na loita contra a violencia.

De igual modo é imprescindible que o Goberno realice unha análise serio e

sosegado das disfuncións existentes nas aplicacións das actuais leis. Como

poderían ser:

1. Na lei galega:

Asistencia xurídica e sanitaria: valorar a formación aplicada ás

persoas profesionais implicadas na violencia contra a muller.

Asistencia letrada: taxas, extensión dos dereitos a todas as persoas

afectadas por ese caso de violencia no caso de falecemento da

vítima, protocolos informativos iguais en todo o territorio sobre os

dereitos das vítimas.

Revisar o exercicio da acción popular da Administración autónoma

no proceso xudicial por violencia.

Analizar a necesidade da creación do punto de coordinación das

ordes de protección.

Analizar o funcionamento dos puntos de encontro e das casas de

acollida.

2. Na lei estatal:

Revisar a necesidade da denuncia no xulgado para activar o

protocolo de vítima.

Prostitución e trata, coa regulación actual non existe protección legal

para elas.

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Analizar a situación actual no caso de que se trate de mulleres

inmigrantes.

Mediación como prevención, valorar o interese.

Informes a solicitar á Mesa da Comisión para a elaboración do

Ditame:

Ditame e/ou conclusións da Comisión non permanente para o estudo

da igualdade e dos dereitos das mulleres da VIII lexislatura do

Parlamento de Galicia sobre a situación laboral das mulleres e a

racionalización dos horarios en Galicia.

Valoración do Consello de Contas e/ou Consello Consultivo da

evolución seguida polos orzamentos que tanto a Administración

autonómica como as deputacións provinciais e os concellos destinan

á igualdade e a loita contra a violencia de xénero dende o ano 2007

ata o ano 2014.

Recopilar toda a información de que dispoña o Consello de Contas, o

Consello Económico e Social e o Consello Consultivo relacionada

coa violencia contra a muller e que poida resultar útil para esta

comisión de estudo.

Análise pola Rede Arnela do impacto que a crise económica está

tendo nas administracións públicas galegas na dotación de recursos

tanto para a igualdade como contra a violencia de xénero en Galicia.

Datos do Instituto Galego de Estatística sobre a evolución das

denuncias das vítimas de violencia, as postas e as retiradas, e os

sobreseimentos dos casos de violencia habidos en Galicia dende a

entrada en vigor da lei estatal e as posibles variacións neses datos

trala aprobación da lei autonómica, así como a repercusión da crise

nos mesmos.

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Informe da Fegamp da evolución no número, dotación,

funcionamento e localización dos CIM en Galicia dende o ano 2005

ata agora.

E como neste ano 2014 cúmprense dez anos da aprobación da Lei

integral contra a violencia de xénero do Estado. Resulta oportuna a

creación dun grupo de traballo, dende a Secretaría para Igualdade,

que analice de forma pormenorizada e mesmo por territorios a

aplicación e desenvolvemento desa lei en Galicia remitindo as

conclusións ao Parlamento.

Solicitude de comparecencias na comisión: persoas expertas e

testemuñas:

Presidente do TSX de Galicia.

Fiscal Xefe de Galicia. Fiscais provinciais:

Ourense: Don Julián F. Pardinas

Pontevedra: Dona Carmen Novo Colldefors

A Coruña: Don Fernando Martínez Quiroga

Xuíz representante dun Xulgado de violencia de xénero de Galicia:

Don Miguel Filgueira

Delegado do Goberno do Estado en Galicia.

Vicepresidente do Goberno galego.

Representante da Fegamp.

Alcalde da cidade de Vigo.

Alcaldesa de Muros.

Alcalde de Piñor de Cea.

Presidente da Deputación de Lugo.

Presidente da Deputación de Pontevedra.

Dona Inmaculada Montalban, última responsable Observatorio

igualdade do CGPJ.

Dona Raquel Castillejo Manzanares, catedrática de Dereito Procesal

Santiago.

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Representantes das forzas de seguridade:

Don Castor Méndez, xefe de Policía xudicial Santiago.

Don José Carlos Noya Muñiz, xefe do Grupo de Violencia de

Xénero.

Persoas expertas Universidade:

Dona Purificación Mayobre Rodríguez (Universidade Vigo).

Dona Marta Lois Rodríguez (Universidade Santiago).

Dona Angela Figueruelo Burrieza (USAL) Catedrático/a de

Psicoloxía experto en violencia contra a muller.

Representante da Asociación Terapia Familiar e Mediación de

Galicia.

Representante da Asociación de familias acolledoras de Galicia.

Representante encargadas Casas de Acollida.

Responsable Plan de Formación Permanente Profesorado.

Representante puntos de encontro de Galicia.

Asociación Galega de Saúde Sexual (AGASEX).

Plataforma galega defensa sanidade Publica. SOS sanidade pública

Sociedade Galega de Sexoloxía.

Federación de Planificación Familiar Estatal.

Representante colexios médicos enfermería psicoloxía e avogados

interesados e interesadas en temas violencia.

Persoas expertas en violencia de xénero dos centros de menores.

Asociacións de mulleres vítimas: Vela-luz, Rede de Mulleres contra

os malos tratos de Vigo, Mulleres luguesas contra a violencia.

FADEMUR

Asociacion Profesional Axentes de Igualdade Galega.

Responsable de Médicos do Mundo Galicia en temas igualdade e

violencia.

Marcha Mundial das Mulleres de Galicia.

Representante da plataforma en defensa do aborto.

Representantes sindicais UGT, CC.OO.,CIG, SATSE e SAE

Representante asociación de mulleres que acollen a mulleres que

deixan a prostitución.

Dona Pilar Cancela, membro da Consellería de Traballo e Benestar

que elaborou a Lei de igualdade no traballo de Galicia.

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Persoas de nomes a determinar directamente afectadas pola violencia

machista para que expoñan na comisión a situación vivida por elas

(mulleres vítimas de violencia, de trata,nais ou fillas de pais

maltratadores, etc).

Pazo do Parlamento, 21 de xaneiro de 2014

Asdo.: Carmen Acuña do Campo

Carmen Gallego Calvar

Deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asdo.: José Luis Méndez Romeu

Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

María Carmen Acuña do Campo na data 21/01/2014 11:10:26 María Carmen Gallego Calvar na data 21/01/2014 11:10:33 José Luís Méndez Romeu na data 21/01/2014 11:10:35

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa da Comisión non Permanente para a igualdade e para os dereitos das mulleres O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposta de plan de traballo da Comisión non Permanente para a igualdade e para os dereitos das mulleres: OBXETO DE ESTUDIO: Facer avaliación da aplicación nos distintos ámbitos competencias da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de xullo, de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. 1.- Diagnose da situación actual

2.- Análise e Visión prospectiva Análise da aplicación de políticas públicas a nivel local, autonómico, estatal en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. 3.- Comparecentes

A) Administraciones públicas

1. Secretaría Xeral de Igualdade 2. Dirección Xeral de Xustiza 3. Dirección Xeral de Emerxencias e Interior 4. Fuerzas y Cuerpos de Seguridad:

- Comisario autonómico - Representante da Policía Nacional - Representante da Garda Civil

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

5. Consellería de Sanidade 6. Consellería de Traballo e Benestar, departamento

competente en materia de emprego 7. Secretaría Xeral de Medios 8. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria 9. Consellería de Traballo e Benestar, departamento

competente en materia de benestar 10. Delegada Gobierno Violencia de Genero 11. Coordinadora Delegación Gobierno Galicia Violencia de

Genero 12. Fiscal Tribunal Superior de Xustiza de Galicia 13. Presidente Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

B) Persoal técnico experto e entidades

1. Colexio de Avogados 2. Colexio de Psicoloxía 3. Directora Centro de Emergencias para Mujeres Víctimas de

Violencia de Género (CEMVI) 4. Directoras 4 Centros de Información ás mulleres 5. Asociación Ve-la Luz 6. Rede de mediadoras contra os malos tratos 7. Directoras das casas de acollida: Coruña., Lugo, Ferrol,

Culleredo, Ourense. 8. ONGs:

- Oblatas - Ecos do Sur - Cruz Roja - Caritas Santiago (Vagalume) - Adoratrices - Caritas Ourense - Medicos del Mundo - Faraxa - Accem - Caritas Lugo

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

- Aliad Ultreia 4.- Conclusións e recomendacións

Ditame con recomendacións respecto a políticas integrais en materia de de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. Políticas específicas a impulsar tendo en conta os distintos ámbitos competenciais.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Asinado dixitalmente por: Pedro Puy Fraga na data 21/01/2014 11:50:22

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

Á MESA DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A IGUALDADE

E PARA OS DEREITOS DAS MULLERES

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda (ESQUERDA UNIDA-

ANOVA), ao traverso das súas deputadas, Eva Solla Fernández e Consuelo Martínez

García, ao abeiro do Regulamento da Cámara e das Normas de Funcionamento da

propia Comisión, presentan o seguinte Proposta de Traballo:

Tendo en conta todo isto, o Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda

presenta a seguinte proposta de traballo:

1.-Apertura de un proceso democrático onde, de maneira ordeada, galegas afectadas

pola violencia machista ou/e profesionais que atenden a estas mulleres poidan

solicitar participar na comisión parlamentar de Políticas relativas á Discapacidade

comparecendo.

2.-Análise e avaliación da situación actual xeral en políticas de igualdade e prevención

da violencia de xénero. Dereitos das mulleres.

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

3.-Análise e avaliación da política de sensibilización, prevención e detección da

violencia de xénero. Traballo efectuado a prol da Igualdade real.

4.-Análise e avaliación das políticas en materia educativa relacionadas coa violencia de

xénero e a súa prevención, así coma da presencia e incidencia de actitudes

discriminatorias ou/e agresións machistas entre o alumnado.

5.- Análise e avaliación das políticas en materia de violencia de xénero e igualdade

relacionadas cos medios de comunicación e a publicidade.

6.- Análise e avaliación das políticas en materia sanitaria. Prevención e asistencia ás

vítimas.

7.-Análise e avaliación do acceso das mulleres vítimas de violencia de xénero á Xustiza

e da súa protección. Información e asistencia. Medidas de protección. Tutela.

8.- Análise e avaliación da situación da protección dos fillos e fillas de mulleres vítimas

de violencia de xénero e das propias mulleres na relación co pai-agresor. Protección

das e dos menores. Custodia. Puntos de Encontro. Medidas de protección.

8.-Análise e avaliación relacionada cos dereitos laborais e económicos das vítimas de

violencia de xénero. Prestacións.

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

9.- Análise e avaliación da situación dos dereitos sociais das mulleres vítimas da

violencia de xénero. Vivenda.

10.-Análise e avaliación da situación da trata de mulleres e nenas con fins de

explotación sexual e da violencia sexual cara as mulleres.

Información e documentación a solicitar

- Evolución 2008-2013 datos oficiais sobre:

Pobreza masculina e feminina

Salarial entre mulleres e homes. Fenda salarial

Situación laboral de mulleres e homes nos servizos públicos: xornada, dereitos,

remuneracións, categorías

Situación laboral de mulleres e homes na empresa privada: xornada, dereitos,

remuneracións, categorías

Evolución denuncias violencia xénero no ámbito laboral

Mulleres-homes membros consello administración e dirección empresa privada

Acceso das mulleres ao mercado laboral

Prestacións sociais de homes e mulleres: pensións, paro, axudas, RISGA

Acceso de mulleres e homes aos distintos niveis de educación, sanidade e

servizos sociais

Acceso de mulleres aos distintos niveis de educación, sanidade e servizos

sociais segundo residan no medio rural ou urbano

Acceso e número de homes e mulleres a cargos públicos ou/e políticos;

Acceso das mulleres aos métodos anticonceptivos normais e de urxencia.

Medio urbano e rural. Mulleres menores 18 anos. Mulleres vítimas de violencia

de xénero e explotación sexual. Comparativa con datos xerais.

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

Acceso dos homes e das mulleres á cultura.

Violacións en Galicia

-Datos oficiais 2008-2013:

Campañas informativas e de sensibilización sobre violencia de xénero,

características e custes

Informe sobre o cumprimento dos DDHH das mulleres en Galicia

Informe do traballo transversal realizado por cada Consellería en materia de

Igualdade.

- Informes:

Informe sobre o contido e número de horas lectivas nos diferentes ciclos

educactivos obrigatorios e postobrigatorios en materia de igualdade e respeto

aos dereitos e liberdades fundamentais.

Informe de impacto da retirada da Asignatura de Educación Para a Cidadanía en

Galicia.

Informe de número de centros educactivos e alumnos/alumnas en Galicia que

segregan por sexo. Número de centros concertados.

Informe sobre casos detectados/ casos denunciados de violencia de xénero no

ámbito educactivo.

Informe sobre os medios para o profesorado e alumnado para detectar e

denunciar violencia de xénero no ámbito educativo.

Número de estudos e investigacións universitarias sobre a violencia de xénero

ou/e a súa prevención.

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

Informe sobre escolarización de menores vítimas de violencia de xénero ou

fillos/fillas de mulleres vítimas. Unidades de apoio á infancia vítima de violencia

de xénero.

Protocolo de tratamento dos casos de violencia de xénero nos médios de

comunicación públicos e privados. Cumprimento do mesmo.

Informe sobre o tratamento da muller nos medios de comunicación públicos e

privados.

Subvencións a medios de comunicación privados, indicando os mesmos, e

contía das mesmas.

Informe sobre o protocolo de atención sanitaria ante violencia de xénero no

SERGAS e o seu cumprimento.

Informe sobre protocolos de atención sanitaria ante violencia de xénero e o seu

cumprimento na sanidade concertada e privada en Galicia.

Informe sobre os medios a disposición dos/as profesionais sanitarios adicados a

detectar e denunciar casos de violencia de xénero

Accións formativas para profesionais sanitarios/as.

Datos de número de abortos voluntarios e involuntarios tanto en xeral coma

nas vítimas de malos tratos e nas de explotación sexual. Comparativa 2008-

2013. Especificar datos en función da situación da muller (prostitución, parella

estable, menor de idade, vítima de violencia). Comparativa medio rural- medio

urbano.

Número e accións das campañas prevención enfermidades de transmisión

sexual e anticoncepción da Administración 2008-2013. Segregar datos por

tramos idade: menores 18 anos-maiores 18 anos.

Número e accións das campañas prevención enfermidades de transmisión

sexual e anticoncepción da Administración 2008-2013 específica para vitimas

de malos tratos explotación sexual.

Informe expedido pola FEGAMP relativo ao número de CIM e casas de acollida

existentes en Galicia, así como as memorias de ditos centros.

Memoria Xudicial de Galicia, da Fiscalía Superior de Galicia e Memoria da

Policía Nacional en Galicia relativa á violencia de xénero.

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

Memoria Xudicial de Galicia, da Fiscalía Superior de Galicia e Memoria da

Policía Nacional en Galicia relativa aos puntos de encontro familiar de Galicia.

Memoria Xudicial de Galicia, da Fiscalía Superior de Galicia e Memoria da

Policía Nacional en Galicia relativa trata de mulleres e nenas con fins de

explotación sexual e da explotación sexual en si mesma.

Informe de acceso das mulleres á xustiza.

Informe do estado, actividade e xestión dos puntos de encontro familiar en

Galicia, así como da protección nos mesmos das mulleres e dos e das menores.

Comparecencias

- Asociacións Feministas: Colectivo Violeta e Asociación de Mulleres Dorna

- Marcha Mundial das Mulleres.

- Asociación Ve-La Luz.

- Asociacións de viúvas

- Asociacións de mulleres divorciadas

- Asociación Faraxa

- Federación Veciñal de Galicia

- Plataforma Galega polo dereito ao aborto

- FADEMUR

- Colectivos de Iniciativa Social contra a Marxinación Infantil

- Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

- Fiscal Xeral de Galicia

- Decanos/as dos colexios da avogacía ou das vilas máis representativas

- Decanos dos colexios de Procuradores/as de Galicia, ou das vilas máis representativas

- Colexio de Psicólogos/as de Galicia

- Colexio de Traballadores/as Socias de Galicia

- Secretaria Xeral de Igualdade

- SOS Sanidade Pública

- Sindicatos máis representativos

- Representate do SERGAS para avaliar as situacións de violencia física e psiquica e

protocolos

- Policía nacional, servicio de atención ás mulleres. Observatorio da muller da policía

nacional

- Decano de Xornalistas acerca do tratamento da violencia de xénero nos medios de

comunicación

- ONG Implicadas polo desenvolvemento

- Representantes colectivos LGTB

- FEGAMP

- Dirección CIM

- Dirección casas de acollida

- Dirección Puntos de Encontro

- IMELGA

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

Compostela, 21 de xaneiro do 2013.

Asdo. Eva Solla Fernández

Asdo. María Consuelo Martínez García

Asinado dixitalmente por:

Eva Solla Fernández na data 21/01/2014 11:52:19

María Consuelo Martínez García na data 21/01/2014 11:52:36

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa da Comisión non permanente de estudo para a igualdade e para os

Dereitos das Mulleres

María do Carme Adán Villamarín e Ana Belén Pontón Mondelo, deputadas

pertencentes ao Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), diante

desa Mesa, presentan a seguinte Proposta:

PLANO DE TRABALLO

1.- Ámbitos de Traballo.

2.- Fases.

3.- Relación de documentación que se solicita.

4.- Relación de comparecentes.

1.- ÁMBITOS DE TRABALLO

A violencia contra as mulleres, en termos históricos podemos dicir que moi

recentemente, deixou de ser un problema privado de parella para pasar a ser considerado

un problema público e social, cada vez máis visíbel, que se dá en todas as franxas de

idade, en todos os grupos sociais, económicos e culturais e que precisa da erradicación

dos valores e actitudes machistas para poder combatela.

Previr e tratar son os dous conceptos básicos para comprender a dimensión da

violencia as mulleres. O primeiro ámbito, o da prevención, require dunha

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

transformación social profunda que corrixa a asimetría de xénero que existe en todos os

ámbitos da vida entre as mulleres e os homes. Este reparto asimétrico de tempos,

espazos e representación configura a orixe do fenómeno que esta Comisión somete a

estudio. Polo tanto, a escola, a familia, os medios de comunicación e lecer, o traballo, a

saúde sexual e reprodutiva das mulleres son espazos de necesaria análise e estudo para

camiñar na prevención da violencia contra as mulleres.

Sobre o tratamento da violencia contra as mulleres os últimos anos significaron a

posta en marcha de medidas fundamentalmente de corte social, económico e xudicial

que deben ser sometidas a análise e valoración coa finalidade de melloralas ou superalas

de ser o caso. Recursos de acollemento e recuperación ou recursos económicos para

rachar a convivencia co agresor son algunhas das novidades que os marcos lexislativos

actuais determinaron e que a súa revisión e mellora implica unha análise detallada. Do

mesmo xeito, o funcionamento e as posíbeis carencias das Ordes de protección e de

todos os recursos xudiciais establecidos nas leis vixentes deben ser obxecto de estudio

por parte desta Comisión.

A protección as vítima é un aspecto fundamental do tratamento da violencia de

xénero. Evitar a dobre vitimización ou establecer os mecanismos idóneos para un

correcto funcionamento das Forzas e corpos de seguridade en materia de xénero son

dous aspectos básicos para incrementar a seguridade das mulleres lonxe de visións

titorizantes ou paternalistas das mesmas.

1.1. Analizar e avaliar o desenvolvemento e cumprimento da Lei galega 11/2007

para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

1.2. Analizar e avaliar o desenvolvemento e cumprimento da Lei orgánica 1/2004

de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.

1.3. Análise do impacto das medidas regresivas no campo da Igualdade e dos

dereitos das mulleres, adoptadas polos gobernos do PP nos últimos anos, sobre a

violencia contra as mulleres.

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1.4. Análise e avaliación do impacto da crise económica na violencia contra as

mulleres, nomeadamente, no número de denuncias e de mulleres que rachan a

convivencia co agresor.

1.5. Análise e avaliación das políticas de recorte de servizos públicos no

desenvolvemento da Lei orgánica 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a

Violencia de Xénero e da Lei galega 11/2007 para a prevención e tratamento integral da

violencia de xénero.

1.6. Análise e avaliación do impacto que a reforma da Lei do aborto pode ter sobre

a autonomía das mulleres e os dereitos das mesmas.

1.7. Análise e avaliación do impacto na vida das mulleres e nos seus dereitos das

reformas realizadas do mercado laboral.

1.8. Análise e avaliación da violencia que sofren as mulleres con discapacidade e

as medidas específicas adoptadas para o seu tratamento.

1.9.- Análise e avaliación do impacto da violencia de xénero sobre as mozas.

2.- FASES

2.1.- Selección do ámbito a tratar.

2.2.- Solicitude e análise da documentación que a seguir se relaciona.

2.3.- Comparecencias perante a Comisión das persoas que a seguir se relacionan.

2.4.- Constitución da ponencia e elaboración polo mesmo da proposta de ditame.

2.5.- Debate e, de ser o caso, aprobación en Pleno.

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3.- RELACIÓN DE DOCUMENTACIÓN QUE SE SOLICITA

3.1.- Informe do Goberno galego con datos estatísticos e características socio-

económicas e laborais das mulleres que sufriron violencia de xénero desde o ano 2004.

3.2.- Informe do Punto de Coordinación das Ordes de Protección da evolución

das Ordes de Protección desde a súa creación.

3.3.- Informe da Fiscalía Superior da evolución nos casos de violencia de xénero

desde a creación dos xulgados especial de violencia sobre as mulleres, así como

avaliación do funcionamento da Sección contra a Violencia sobre a Muller.

3.4.- Informe avaliación do programa de Atención psicolóxica a mulleres e

menores.

3.5.- Informe e avaliación do programa “Abramos o círculo”

3.6.- Informe e avaliación das axudas económicas, perfís das mulleres que

recibiron o “Salario da liberdade” desde a súa creación.

3.7- Informe sobre a contratación e inserción laboral das mulleres que sofren

violencia.

3.8- Informe sobre a incidencia da violencia de xénero nas mulleres con

discapacidade. Recursos e medios.

3.9.- Informe sobre a incidencia da violencia de xénero nas mulleres que exercen a

prostitución ou que sofren tráfico de persoas.

3.10.- Informe do IGE sobre a recollida de datos e a elaboración de estatísticas

sobre a violencia contra as mulleres.

3.11.- Informe e avaliación da Consellaría de Sanidade dos protocolos sanitarios

vixentes na actualidade.

3.12.- Informe e avaliación do impacto das campañas para a prevención da

violencia contra as mulleres.

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3.13.- Informe e avaliación da Dirección xeral de Xustiza dos protocolos no

ámbito xurídico e de protección das vítima de violencia de xénero vixentes na

actualidade.

3.14.- Informe e avaliación da Consellaría de Educación das medidas curriculares

e os Plans de accións titorial desenvolvidas para a eliminación dos valores sexistas e a

prevención da violencia contra as mulleres.

3.15.- Informe da Dirección xeral de Xuventude sobre a repercusión nas mozas da

violencia de xénero na actualidade.

4.- RELACIÓN DE COMPARECENTES

- Mª Xosé Agra Romero, en calidade de experta en feminismo e Investigadora en

filosofía moral e política da USC, catedrática de Filosofía Política.

- Miguel Llorente, médico e experto en violencia de xénero, ex-delegado do

Goberno para a Violencia de xénero.

- Isabel Castillo, avogada especialista en Familia e violencia de xénero.

- Mercedes Oliveira Malvar, experta en educación sentimental e violencia de

xénero nas aulas.

- Mercedes Espinosa Arevalo, médica de familia e experta en violencia de xénero

no ámbito sanitario.

- Belén Martín-Lucas, experta en violencia simbólica contra as mulleres e

profesora da Universidade de Vigo.

- Belén Puñal, xornalista e experta en violencia de xénero e medios de

comucación.

- Luísa Gózalle Rodríguez, Directora e Asesora xurídica do CIM de Ribadeo.

- Marcha Mundial das Mulleres.

- Plataforma galega polo dereito ao aborto.

Page 31: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

- Apaioga, Asociación profesional de axentes de igualdade de oportunidade

galega.

- Asociación Ve-la luz.

- Asociación Mirabal de mulleres vítimas de violencia de xénero.

- Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo.

- Mulleres Nacionalistas Galegas (MNG).

- Feministas Independentes Galegas (FIGA).

- ANDAINA.

- Implicadas no Desenvolvemento.

- Observatorio da Mariña pola Igualdade.

- FEMURO.

- FEGAMUR.

- Fiadeiras. Colexio de Educación Social de Galicia.

- Colexio de Psicoloxía de Galicia.

- Colexio de Traballo Social de Galicia.

- Colexio de Xornalistas de Galiza.

- SOS Sanidade Pública.

- Xuíces titulares dos Xulgados especiais de Violencia sobre a Muller de Galiza.

- Directoras das casas de Acollida.

- Directora do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de

Xénero de Vigo.

- Directora do Centro de Recuperación Integral de Santiago.

- Responsábel do IMELGA.

- Responsábel do PCOP.

- Responsábel de coordinación na Policía autonómica da violencia contra as

mulleres.

- Stop Desafiuzamentos Coruña.

- Carlos Varela Garcia, Fiscal Superior de Galiza.

Page 32: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

- Responsábel da Sección contra la Violencia sobre la Mujer da Fiscalía da CCAA

de Galiza.

- Javier Rey, Fiscal Xefe de A Coruña, coñecedor en profundidade das Leis de

violencia de xénero.

- Secretarias da Muller dos Sindicatos.

- CERMI-Galiza.

- ALCALDES/SAS: un por grupo parlamentar.

- Responsábel do Observatorio Galego da Violencia de Xénero.

- Presidenta do Observatorio contra la Violencia Doméstica y de Género do CPPJ.

- Responsábel do Observatorio da Publicidade.

- Director da CRTVG.

- Director xeral de Xustiza.

- Consellaría de Facenda.

- Consellaría de Educación.

- Consellaría de Sanidade.

- Consellaría de Traballo e Benestar.

- Secretaría xeral de Igualdade.

- Presidente da Xunta de Galiza.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014

Asdo.: María do Carme Adán Villamarín

Deputada e Viceportavoz do G.P. do BNG

Ana Belén Pontón Mondelo

Deputada e Viceportavoz do G.P. do BNG

Page 33: REUNIÓN DA COMISIÓN NON PERMANENTE DE ESTUDO PARA A ... · 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra la violencia de xénero e da Lei 11/2007, do 27 de

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Asinado dixitalmente por:

María do Carme Adán Villamarín na data 21/01/2014 11:55:44

Ana Belén Pontón Mondelo na data 21/01/2014 11:55:49