resumo proxecto voz natura

5
Como todos os anos, a nosa escola participa dentro do programa medioambiental de “Voz Natura”. Este ano na súa 14ª edición adícase á “AUGA” en todas as súas vertentes. Dende a escola tratamos de explicarlle aos nenos a importancia da auga como medio de vida para os ecosistemas fluviais e mariños, así como fonte indispensable para a vida humana, e inculcarlle a importan- cia dun uso correcto da mesma no cole e nas súas casas , para evitar que este ben se esgote. No cole os nenos de 5 anos crearon una mascota en forma de gota de auga que se chama “ GOTÍN ”, e vai ser a encargada de ensinarlle aos nenos a importancia da auga e nos acompañará en todos os proxec- tos que levemos a cabo ao longo de todo o curso. O noso amigo GOTÏN vainos contar outras cousas importantes que facemos na nosa escola. Temos un invernadoiro que cultivamos todos os nenos (cada aula ten a súa parceliña), e que debemos coidar para que a nosa colleita me- dre ben, regandoa cada semana, quitándolle as herbas malas, etc.

Upload: eei-vagalume

Post on 08-Mar-2016

230 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Resumo Proxecto Voz Natura

TRANSCRIPT

Page 1: Resumo Proxecto Voz Natura

Como todos os anos, a nosa escola participa dentro do programa medioambiental de “Voz Natura”. Este ano na súa 14ª edición adícase á “AUGA” en todas as súas vertentes. Dende a escola tratamos de explicarlle aos nenos a importancia da auga como medio de vida para os ecosistemas fluviais e mariños, así como fonte indispensable para a vida humana, e inculcarlle a importan-cia dun uso correcto da mesma no cole e nas súas casas , para evitar que este ben se esgote. No cole os nenos de 5 anos crearon una mascota en forma de gota de auga que se chama “ GOTÍN ”, e vai ser a encargada de ensinarlle aos nenos a importancia da auga e nos acompañará en todos os proxec-tos que levemos a cabo ao longo de todo o curso. O noso amigo GOTÏN vainos contar outras cousas importantes que facemos na nosa escola. Temos un invernadoiro que cultivamos todos os nenos (cada aula ten a súa parceliña), e que debemos coidar para que a nosa colleita me-dre ben, regandoa cada semana, quitándolle as herbas malas, etc.

Page 2: Resumo Proxecto Voz Natura

Limpamos a parcela Seleccionamos as sementes

Plantamos as nosas sementes Regamos semanalmente

Este ano fixemos una charca coa colaboración do Concello, para que os nenos poidan poñer en práctica todo o aprendido sobre o me-dio fluvial e a importancia que ten o bo coidado da auga, para vida dos nosos animais. Esta charca vanna coidar principalmente os nenos de 5 anos, por seren os maoires e os que están traballando máis en profundidade o tema da auga nos distintos ecosistemas. Ao redor da charca preparamos o terreo plantando unas fermosas plantas arómaticas.

O NOSO INVERNADOIRO

Page 3: Resumo Proxecto Voz Natura

A creación da nosa charca pasou por distinto momentos: Limpeza da zona Plantación de céspede

Presentámoslla a Gotín E finalmente botámolle os peixiños e demóslle de comer

Page 4: Resumo Proxecto Voz Natura

Ademáis da charca, os nenos de 3 anos temos na nosa clase unas no-vas mascotas, que son os nosas tartarugas “Patricio e Bob esponja” e os peixiños “ Pinocho, Nemo e Gari”.

Con estes animaliños trataremos de coñecer un pouco máis o seu medio de vida, a súa alimentación, a importancia dos coidados axei-tados para que vivan ben, e despois de aprender tanto sobre eles , cando remate o curso botarémolos na nosa charca da escola, para que vivan ali todos xuntiños, e seguirémolos coidando nos vindeiros cursos. Este ano as nosas excursións tamén van estar encamiñadas a co-ñecer un pouco máis o tema da auga , como ecosistema fluvial ou mariño. Os nenos de 4 anos xa realizaron unha excursión no mes de no-vembro a unha “ DEPURADORA”, co obxecto de coñecer as clases de moluscos que alí teñen, os coidados que precisan, como se alimen-tan, a importancia da depuración da auga para o consumo humano, etc.

Page 5: Resumo Proxecto Voz Natura

VISITA Á DEPURADORA

Acabaron a visita, indo a praia que está ao carón da depuradora , e alí estivemos vendo a cantidade de lixo que contamina as nosas praias , e recollendo cunchas.

Vimos os pilóns da depuradora Observamos os moluscos

Manipulamos os memos Os mexilóns nas piscinas