resumo das programaciÓn dos distintos ......1. método científico 2. estados da materia 3....

23
Pozo de Pereira Nº 22 15360 - Cariño (A Coruña) 881 96 01 01 [email protected] http://centros.edu.xunta.es/iescaboortegal FONDO SOCIAL EUROPEO O FSE inviste no teu futuro RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS DEPARTAMENTOS CURSO: 2º ESO DEPARTAMENTO: Física e química MATERIA: Física e química PROFESOR/A: Antía Gonçalves 1. QUE TEMAS IMOS VER? (Distribución aproximada dos contidos) TRIMESTRE 1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento TRIMESTRE 7. As forzas na natureza 8. A enerxía 9. Temperatura e calor 2. QUE E COMO IMOS TRABALLAR? (Desenvolvemento dos contidos)) Emprégase o libro dixital como guía de contidos, dispoñible na plataforma E-Dixgal. As explicacións apóianse en diapositivas e fichas con actividades, co fin de resumir os contidos e facilitar a compresión da materia. As diapositivas e fichas entregadas estarán dispoñibles na plataforma E-Dixgal para a súa consulta. Os alumnos contarán con libro de texto que se empregará como material de apoio en determinados momentos do curso. Outros elementos fundamentais son: os repasos diarios ao principio das sesións, nos que retomamos os contidos e resolvemos dúbidas, ademais da realización de esquemas de resumo. O traballo diario do alumnado consiste en: a) realización as actividades propostas; b) revisión dos apuntamentos e das diapositivas para elaborar esquemas; c) elaboración e entrega dos traballos propostos (individuais e en grupo) e informes de laboratorio das posibles prácticas que se realicen no curso.

Upload: others

Post on 13-Nov-2020

4 views

Category:

Documents

0 download

TRANSCRIPT

Page 1: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

Pozo de Pereira Nº 22 15360 - Cariño (A Coruña) ☎ 881 96 01 01 [email protected] http://centros.edu.xunta.es/iescaboortegal

FONDO SOCIAL EUROPEO O FSE inviste no teu futuro

RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS DEPARTAMENTOS

CURSO: 2º ESO DEPARTAMENTO: Física e química

MATERIA: Física e química PROFESOR/A: Antía Gonçalves

1. QUE TEMAS IMOS VER? (Distribución aproximada dos contidos)

TRIMESTRE

1. Método científico

2. Estados da materia

3. Diversidade da materia

TRIMESTRE

4. Os cambios

5. As forzas

6. O movemento

TRIMESTRE

7. As forzas na natureza

8. A enerxía

9. Temperatura e calor

2. QUE E COMO IMOS TRABALLAR? (Desenvolvemento dos contidos))

Emprégase o libro dixital como guía de contidos, dispoñible na plataforma E-Dixgal.

As explicacións apóianse en diapositivas e fichas con actividades, co fin de resumir os contidos e facilitar a

compresión da materia. As diapositivas e fichas entregadas estarán dispoñibles na plataforma E-Dixgal para

a súa consulta.

Os alumnos contarán con libro de texto que se empregará como material de apoio en determinados

momentos do curso.

Outros elementos fundamentais son: os repasos diarios ao principio das sesións, nos que retomamos os

contidos e resolvemos dúbidas, ademais da realización de esquemas de resumo.

O traballo diario do alumnado consiste en: a) realización as actividades propostas; b) revisión dos

apuntamentos e das diapositivas para elaborar esquemas; c) elaboración e entrega dos traballos propostos

(individuais e en grupo) e informes de laboratorio das posibles prácticas que se realicen no curso.

Page 2: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

3. QUE E COMO IMOS AVALIAR (NOTAS DAS AVALIACIÓNS)? (Criterios de

cualificación e procedementos de avaliación)

A nota de avaliación trimestral obtense calculando: - Probas escritas: 70% - Actitude cara a materia: 15 % - Traballos: 15% Se nun trimestre non se propón realizar ningún traballo individual ou en grupo a porcentaxe correspondente aos traballos sumarase á porcentaxe marcada de actitude cara a materia. Os traballos deberán ser entregados na data marcada para poder avalialos. Probas escritas: Faranse como máximo dúas probas escritas en cada avaliación. Para aprobar a avaliación, a nota mínima en todos os exames e traballos terá que ser de 3,5 puntos. Se a nota en calquera deles é inferior, a avaliación estará suspensa aínda que a nota media dos exames ou a nota media de todos os instrumentos de avaliación sexa de 5 ou máis puntos. Actitude, traballo na aula e na casa, caderno e material: Ten en conta a puntualidade, comportamento, respecto ao profesor e compañeiros, interese, participación, realización das actividades propostas para a cumprimento das normas de organización, seguridade e hixiene no laboratorio, etc. Para aprobar a avaliación, a nota mínima terá que ser de 5 puntos. Traballos: A non entrega de traballos na data fixada pode implicar a perda de 0,25 puntos (sobre o 15% correspondente a este apartado) Actividades de recuperación A primeira e a segunda avaliación terán o seu correspondente exame de recuperación para aqueles alumnos que non acadaran a cualificación de aprobado (no caso de que o motivo do suspenso sexan as probas escritas). A nota máxima do exame de recuperación será 5 a efectos de cálculo da nova media. No suposto de ter suspensa a actitude, recupérase coa actitude da seguinte (agás na terceira avaliación, que xa non sería recuperable este instrumento). Neste apartado, contémplase a entrega do caderno corrixido, actualizado e completo, na data que se determine despois da avaliación. Igual que no exame de recuperación, a nota máxima será 5.

Nota da avaliación ordinaria de xuño: Obterase da seguinte maneira tendo en conta as notas de cada avaliación: Aqueles alumnos que teñen as tres avaliacións aprobadas terán aprobada a materia. A

nota da avaliación ordinaria de xuño obterase da media aritmética das notas das tres avaliacións.

Aqueles alumnos que teñan algunha avaliación suspensa terán dereito a un exame en xuño. Considerarase a materia aprobada se a nota do exame é 5 ou maior que 5.

A nota da terceira avaliación non será maior cá nota da avaliación ordinaria.

Page 3: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

Nota da avaliación extraordinaria de setembro: O alumno que non supere a materia en xuño ten dereito a unha proba extraordinaria en setembro. É unha proba global e non de avaliacións suspensas. A nota de setembro será independente das notas obtidas previamente e será un número enteiro entre 0 e 10.

4. COMO SE RECUPERA (DE SELO CASO) A MATERIA PENDENTE DO CURSO

ANTERIOR?

A avaliación consistirá en:

1. Proba escrita global (E). (Peso: 80%). Realización de unha proba final con todo o

contido da materia.

2. Traballo individual na casa (T): resolución dunha serie de exercicios. (Peso: 20%). O

alumno recibirá unha tarefa para resolver na casa. O alumnado deberá entregar o seu

traballo antes da data do exame para acceder ó exame parcial.

3. A cualificación que será calculada como P= 0.8 E+0.2T

5. LIBROS

Libro dixital dispoñible na plataforma E-dixgal.

Libro de texto (de apoio): Vidal Fernández, M.; Sánchez Gómez, D. (2016). Física y química 2º ESO. Serie

Incestiga. Proxecto Saber Hacer. Madrid: Santillana Educación.

6. RECOMENDACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL

É imprescindible o traballo diario (tal e como se describe no punto 2), a asistencia, a atención prestada ao

longo das sesións, así como a realización dos exercicios e traballos propostos.

Page 4: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

Pozo de Pereira Nº 22 15360 - Cariño (A Coruña) ☎ 881 96 01 01 [email protected] http://centros.edu.xunta.es/iescaboortegal

FONDO SOCIAL EUROPEO O FSE inviste no teu futuro

RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS DEPARTAMENTOS

CURSO: 3º ESO DEPARTAMENTO: FÍSICA E QUÍMICA

MATERIA: FÍSICA E QUÍMICA PROFESOR/A: Marta L. Fraguela Fernández

1. QUE TEMAS IMOS VER? (Distribución aproximada dos contidos)

TRIMESTRE TEMA 1: O MÉTODO CIENTÍFICO

TEMA 2: ESTRUTURA ATÓMICA DA MATERIA. SISTEMA PERIÓDICO

TRIMESTRE TEMA 3: FORMULACIÓN DE QUÍMICA INORGÁNICA

TEMA 4: REACCIÓN QUÍMICA

TRIMESTRE TEMA 5: ELECTRICIDADE E MAGNETISMO

TEMA 6: CORRENTE ELÉCTRICA

2. QUE E COMO IMOS TRABALLAR? (Desenvolvemento dos contidos))

Emprégase o libro de texto así como apuntes elaborados polo profesor, que serán entregados como

apoio cando o profesor o considere necesario.

Realizaranse exercicios do libro de texto e boletíns de exercicios facilitados polo profesor. Todos os

exercicios propostos serán corrixidos na clase.

O traballo diario do alumnado consiste en: a) realización das actividades propostas; b) revisión dos

apuntamentos; c) elaboración e entrega dos traballos propostos (individuais e en grupo) e informes

de laboratorio das posibles prácticas que se realicen no curso.

3. QUE E COMO IMOS AVALIAR (NOTAS DAS AVALIACIÓNS)? (Criterios de

cualificación e procedementos de avaliación)

A nota de avaliación trimestral obtense calculando a media ponderada dos instrumentos de avaliación seguintes:

• Probas escritas: 90% • Actitude cara a materia: 5 % • Traballos: 5% Se nun trimestre non se propón realizar ningún traballo individual ou en grupo a

porcentaxe correspondente aos traballos sumarase á porcentaxe marcada de actitude cara a materia.

Os traballos deberán ser entregados na data marcada para poder avalialos.

Page 5: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

Probas escritas: En cada trimestre farase un primeiro exame cando haxa contidos suficientes dos que figuran na secuenciación de contidos correspondentes ao trimestre. Pouco antes de rematar o trimestre realizarase un exame global de toda a materia impartida no mesmo.

Dado que a materia do segundo exame é a dada en todo o trimestre, a nota deste contribuirá nunha poporción dobre que o primeiro exame.

Se un alumno non fai o primeiro exame por causa xustificada (o profesor valorará a xustificación), a ponderación desta parte sumarase á do exame global.

Se un alumno non fai o exame global na data marcada por causa xustificada (o profesor valorará a xustificación), fará o exame de recuperación. Se suspendese o exame de recuperación faráselle unha proba de recuperación adicional da avaliación no terceiro trimestre. Se a falta non é xustificada, fará o exame de recuperación correspondente, pero non terá dereito á recuperacón adiconal.

Farase a nota media ponderada das probas escritas, traballos e actitude cara a materia. Se a nota é igual ou superior a 5 considérase o trimestre aprobado.

A primeira e segunda avaliación terán o seu correspondente exame de recuperación para aqueles alumnos que non acadaran a cualificación de aprobado. . As probas escritas incluirán un número variable, segundo a unidade ou unidades didácticas correspondentes, de cuestións sobre aspectos teóricos e prácticos, máis exercicios e problemas similares aos realizados nas clases. Para aprobar a avaliación, a nota mínima no exame global de cada avaliación terá que ser de 4 puntos. Se a nota é inferior, a avaliación estará suspensa aínda que a nota media dos exames ou a nota media de todos os instrumentos de avaliación sexa de 5 ou máis puntos. No caso de copiar nun exame a avaliación estará suspensa e deberán presentarse á recuperación en xuño. Actitude, traballo na aula e na casa, caderno e material: Este instrumento de avaliación ten en conta a puntualidade, comportamento, respecto ao profesor e compañeiros, interese, participación, realización das actividades propostas para a cumprimento das normas de organización, seguridade e hixiene no laboratorio, etc. O caderno poderá ser solicitado sen previo aviso polo profesor tantas veces como o estime oportuno. Para a cualificación do caderno terase en conta fundamentalmente o contido con todos os apuntamentos, actividades e fotocopias. Cómpre indicar que as faltas de asistencia non son motivo para non ter completo o caderno pois é responsabilidade do alumno solicitar ao profesor a entrega das fotocopias correspondentes aos días nos que estivo ausente e pedirlles aos compañeiros as actividades propostas ou xa realizadas. Se o alumno non ten o caderno cando se lle solicite, por calquera razón, terá unha penalización e deberá presentalo o seguinte día de clase. A nota será un número entre 0 e 10 obtido da observación directa de todos estes aspectos que se cualificarán de forma conxunta. Non obstante, algúns dos aspectos a valorar poden implicar a perda de 0,25 puntos a descontar da nota resultante da ponderación (en caso dunha falta leve) ou 0,5 puntos a descontar da nota resultante da ponderación (en caso dunha falta grave.

Page 6: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

Para aprobar a avaliación, a nota mínima terá que ser de 5 puntos. Se a nota é inferior, a avaliación estará suspensa aínda que a nota media de todos os instrumentos de avaliación sexa de 5 ou máis puntos.

Actividades de recuperación

A primeira e a segunda avaliación terá o seu correspondente exame de recuperación (no caso de que a nota das probas escritas sexa o motivo do suspenso) para aqueles alumnos que non acadaran a cualificación de aprobado. A nota máxima do exame de recuperación será 5 a efectos de cálculo da nova media. Estes exames de recuperación realizaranse en sesións ordinarias nas que se prevea algunha actividade cuxa perda, nese momento, non lles supoña un gran prexuízo. No suposto de ter suspensa a actitude, recupérase coa actitude da seguinte (agás na terceira avaliación, que xa non sería recuperable este instrumento). Neste apartado, contémplase a entrega do caderno corrixido, actualizado e completo, na data que se determine despois da avaliación. Igual que no exame de recuperación, a nota máxima será 5. Nota da avaliación ordinaria de xuño: Oberase da seguinte maneira tendo en conta as notas de cada avaliación: Aqueles alumnos que teñen as tres avaliacións aprobadas terán aprobada a materida. A

nota da avaliación ordinaria de xuño obterase da media aritmética das notas das tres avaliacións.

Aqueles alumnos que teñen dúas ou tres avaliacións suspensas terán dereito a un exame en xuño que que se avaliarán de toda a materia do curso. Esta proba incluirá preguntas sobre os contidos mínimos. Considerarase a materia aprobada se a nota do exame é 5 ou maior que 5.

Aqueles alumnos que teñan unha avaliación suspensa terán dereito a un exame en xuño no que poderán elexir entre examinarse de toda a materia do curso do mesmo xeito que o apartado anterior ou examinarse da avaliación suspensa co fin de ter as tres avaliacións aprobadas.

Se algún alumno non asiste ao examen ordinario de xuño na data marcada, non se lle repetirá agás certificación oficial escrita que xustifique a súa ausencia e sempre que non se fixeran as sesións de avaliación.

A nota da terceira avaliación non será maior cá nota da avaliación ordinaria. Nota da avaliación extraordinaria de setembro: O alumno que non supere a materia en xuño ten dereito a unha proba extraordinaria en setembro. Esta proba incluirá preguntas sobre os contidos mínimos e efectuarase nas datas e horas sinaladas pola Xefatura de Estudios. Se algún alumno non asiste nas datas marcadas, non se lle fará o exame, agás certificación oficial escrita que xustifique a súa ausencia e sempre que non se fixeran as sesión de avaliación de setembro. Considerarase a materia aprobada se a nota do exame é 5 ou maior que 5. Tamén, cómpre sinalar que é unha proba global e non de avaliacións suspensas. A nota de setembro será independente das notas obtidas previamente e será un número enteiro entre 0 e 10. As notas das avaliacións trimestrais, ordinaria e extraordinaria son números enteiros obtidos por redondeo ao enteiro superior só se a parte decimal é 75 ou máis. Se a parte decimal é inferior, poderase ter en conta para o cálculo da nota media do curso (avaliación de xuño).

Page 7: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

4. COMO SE RECUPERA (DE SELO CASO) A MATERIA PENDENTE DO CURSO

ANTERIOR?

Se contemplan como instrumentos de avaliación:

1. Proba escrita global (E). (Peso: 80%). Este Departamento considera oportuno a realización

dunha proba final con todo o contido da materia coa data que se estime oportuno.

2. Traballo individual na casa (T): resolución dunha serie de exercicios. (Peso: 20%). O

alumno recibirá unha tarefa para resolver na casa. O alumnado deberá entregar o seu traballo antes

da data do exame para acceder ó exame parcial.

A cualificación que será calculada como P= 0.8 E+0.2T

5. LIBROS

Libro de texto: Vidal Fernández, M y otros. Física y química 3º ESO Serie Experimenta. Santillana

6. RECOMENDACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL

É imprescindible o traballo diario (tal e como se describe no punto 2), a asistencia, a atención

prestada ao longo das sesións, así como a realización dos exercicios e traballos propostos.

Page 8: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

Pozo de Pereira Nº 22 15360 - Cariño (A Coruña) ☎ 881 96 01 01 [email protected] http://centros.edu.xunta.es/iescaboortegal

FONDO SOCIAL EUROPEO O FSE inviste no teu futuro

RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS DEPARTAMENTOS

CURSO: 4º ESO DEPARTAMENTO: FÍSICA E QUÍMICA

MATERIA: FÍSICA E QUÍMICA PROFESOR/A: Marta Luisa Fraguela

Fernández

1. QUE TEMAS IMOS VER? (Distribución aproximada dos contidos)

TRIMESTRE

TEMA 1: A MEDIDA. ERROS.

TEMA2: ESTRUCTURA ATÓMICA DA MATERIA. TABOA PERIÓDICA.

ENLACE. FORMULACIÓN INORGÁNICA.

TRIMESTRE

TEMA 3: REACCIÓN QUÍMICA.

TEMA 4: FORMULACIÓN ORGÁNICA.

TEMA 5: CINEMÁTICA.

TEMA 6: AS FORZAS. ESTÁTICA E DINÁMICA.

TRIMESTRE

TEMA 7: AS FORZAS GRAVITATORIAS.

TEMA 8: ESTÁTICA DE FLUÍDOS.

TEMA 9: ENERXÍA, TRABALLO. POTENCIA.

TEMA 10: CALOR E TEMPERATURA.

2. QUE E COMO IMOS TRABALLAR? (Desenvolvemento dos contidos))

Emprégase o libro de texto así como apuntamentos elaborados polo profesor, que serán entregados

como apoio cando o profesor o considere necesario.

Realizaranse exercicios do libro de texto e boletíns de exercicios facilitados polo profesor. Todos os

exercicios propostos serán corrixidos na clase.

O traballo diario do alumnado consiste en: a) realización das actividades propostas; b) revisión dos

apuntamentos; c) elaboración e entrega dos traballos propostos (individuais e en grupo) e informes

de laboratorio das posibles prácticas que se realicen no curso.

3. QUE E COMO IMOS AVALIAR (NOTAS DAS AVALIACIÓNS)? (Criterios de

cualificación e procedementos de avaliación)

A nota de avaliación trimestral obtense calculando a media ponderada dos instrumentos de avaliación seguintes:

Page 9: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

• Probas escritas: 90% • Actitude cara a materia: 5 % • Traballos: 5% Se nun trimestre non se propón realizar ningún traballo individual ou en grupo a

porcentaxe correspondente aos traballos sumarase á porcentaxe marcada de actitude cara a materia.

Os traballos deberán ser entregados na data marcada para poder avalialos. Probas escritas:

En cada trimestre farase un primeiro exame cando haxa contidos suficientes dos que figuran na secuenciación de contidos correspondentes ao trimestre. Pouco antes de rematar o trimestre realizarase un exame global de toda a materia impartida no mesmo. Dado que a materia do segundo exame é a dada en todo o trimestre, a nota de este

contribuirá nunha poporción dobre que o primeiro exame. Se un alumno non fai o primeiro exame por causa xustificada (o profesor valorará a

xustificación), a ponderación desta parte sumarase á do exame global. Se un alumno non fai o exame global na data marcada por causa xustificada (o profesor

valorará a xustificación), fará o exame de recuperación. Se suspendese o exame de recuperación faráselle unha proba de recuperación adicional da avaliación no terceiro trimestre. Se a falta non é xusfificada, fará o exame de recuperación correspondente, pero non terá dereito á recuperacón adiconal.

Farase a nota media ponderada das probas escritas, traballos e actitude cara a materia. Se a nota é igual ou superior a 5 considérase o trimestre aprobado.

A primeira e segunda avaliación terán o seu correspondente exame de recuperación para aqueles alumnos que non acadaran a cualificación de aprobado. As probas escritas incluirán un número variable, segundo a unidade ou unidades didácticas correspondentes, de cuestións sobre aspectos teóricos e prácticos, máis exercicios e problemas similares aos realizados nas clases. Para aprobar a avaliación, a nota mínima no exame global de cada avaliación terá que ser de 4 puntos. Se a nota é inferior, a avaliación estará suspensa aínda que a nota media dos exames ou a nota media de todos os instrumentos de avaliación sexa de 5 ou máis puntos. No caso de copiar nun exame a avaliación estará suspensa e deberán presentarse á recuperación en xuño. Actitude, traballo na aula e na casa, caderno e material: Este instrumento de avaliación ten en conta a puntualidade, comportamento, respecto ao profesor e compañeiros, interese, participación, realización das actividades propostas para a cumprimento das normas de organización, seguridade e hixiene no laboratorio, etc. O caderno poderá ser solicitado sen previo aviso polo profesor tantas veces como o estime oportuno. Para a cualificación do caderno terase en conta fundamentalmente o contido con todos os apuntamentos, actividades e fotocopias. Cómpre indicar que as faltas de asistencia non son motivo para non ter completo o caderno pois é responsabilidade do alumno solicitar ao profesor a entrega das fotocopias correspondentes aos días nos que estivo ausente e pedirlles aos compañeiros as actividades propostas ou xa realizadas. Se o

Page 10: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

alumno non ten o caderno cando se lle solicite, por calquera razón, terá unha penalización e deberá presentalo o seguinte día de clase. A nota será un número entre 0 e 10 obtido da observación directa de todos estes aspectos que se cualificarán de forma conxunta. Non obstante, algúns dos aspectos a valorar poden implicar a perda de 0,25 puntos a descontar da nota resultante da ponderación (en caso dunha falta leve) ou 0,5 puntos a descontar da nota resultante da ponderación (en caso dunha falta grave. Para aprobar a avaliación, a nota mínima terá que ser de 5 puntos. Se a nota é inferior, a avaliación estará suspensa aínda que a nota media de todos os instrumentos de avaliación sexa de 5 ou máis puntos.

Actividades de recuperación

A primeira e a segunda avaliación terá o seu correspondente exame de recuperación (no caso de que a nota das probas escritas sexa o motivo do suspenso) para aqueles alumnos que non acadaran a cualificación de aprobado. A nota máxima do exame de recuperación será 5 a efectos de cálculo da nova media. Estes exames de recuperación realizaranse en sesións ordinarias nas que se prevea algunha actividade cuxa perda, nese momento, non lles supoña un gran prexuízo. No suposto de ter suspensa a actitude, recupérase coa actitude da seguinte (agás na terceira avaliación, que xa non sería recuperable este instrumento). Neste apartado, contémplase a entrega do caderno corrixido, actualizado e completo, na data que se determine despois da avaliación. Igual que no exame de recuperación, a nota máxima será 5. Nota da avaliación ordinaria de xuño: Oberase da seguinte maneira tendo en conta as notas de cada avaliación: Aqueles alumnos que teñen as tres avaliacións aprobadas terán aprobada a materida. A

nota da avaliación ordinaria de xuño obterase da media aritmética das notas das tres avaliacións.

Aqueles alumnos que teñen dúas ou tres avaliacións suspensas terán dereito a un exame en xuño que que se avaliarán de toda a materia do curso. Esta proba incluirá preguntas sobre os contidos mínimos. Considerarase a materia aprobada se a nota do exame é 5 ou maior que 5.

Aqueles alumnos que teñan unha avaliación suspensa terán dereito a un exame en xuño no que poderán elexir entre examinarse de toda a materia do curso do mesmo xeito que o apartado anterior ou examinarse da avaliación suspensa co fin de ter as tres avaliacións aprobadas.

Se algún alumno non asiste ao examen ordinario de xuño na data marcada, non se lle repetirá agás certificación oficial escrita que xustifique a súa ausencia e sempre que non se fixeran as sesións de avaliación.

A nota da terceira avaliación non será maior cá nota da avaliación ordinaria. Nota da avaliación extraordinaria de setembro: O alumno que non supere a materia en xuño ten dereito a unha proba extraordinaria en setembro. Esta proba incluirá preguntas sobre os contidos mínimos e efectuarase nas datas e horas sinaladas pola Xefatura de Estudios. Se algún alumno non asiste nas datas marcadas, non se lle fará o exame, agás certificación oficial escrita que xustifique a súa ausencia e sempre que non se fixeran as sesión de avaliación de setembro. Considerarase a materia aprobada se a nota do exame é 5 ou maior que 5.

Page 11: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

Tamén, cómpre sinalar que é unha proba global e non de avaliacións suspensas. A nota de setembro será independente das notas obtidas previamente e será un número enteiro entre 0 e 10. As notas das avaliacións trimestrais, ordinaria e extraordinaria son números enteiros obtidos por redondeo ao enteiro superior só se a parte decimal é 75 ou máis. Se a parte decimal é inferior, poderase ter en conta para o cálculo da nota media do curso (avaliación de xuño).

4. COMO SE RECUPERA (DE SELO CASO) A MATERIA PENDENTE DO CURSO

ANTERIOR?

Non se contempla o caso.

5. LIBROS

Libro de texto: Física y química 4º ESO Inicia Dual. Oxford

6. RECOMENDACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL

É imprescindible o traballo diario (tal e como se describe no punto 2), a asistencia, a atención

prestada ao longo das sesións, así como a realización dos exercicios e traballos propostos.

Page 12: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

Pozo de Pereira Nº 22 15360 - Cariño (A Coruña) ☎ 881 96 01 01 [email protected] http://centros.edu.xunta.es/iescaboortegal

FONDO SOCIAL EUROPEO O FSE inviste no teu futuro

RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS DEPARTAMENTOS

CURSO: 1º BACHARELATO DEPARTAMENTO: FÍSICA E QUÍMICA

MATERIA: FÍSICA E QUÍMICA PROFESOR/A: Marta L. Fraguela Fernández

1. QUE TEMAS IMOS VER? (Distribución aproximada dos contidos)

TRIMESTRE

TEMA 1: FERRAMENTAS BÁSICAS NA ACTIVIDADE CIENTÍFICA

TEMA 2: CÁLCULOS ELEMENTAIS EN QUÍMICA

TEMA 3: TERMOQUÍMICA

TRIMESTRE

TEMA 4: QUÍMICA DO CARBONO

TEMA 5: CÁLCULO VECTORIAL

TEMA 6: CINEMÁTICA

TRIMESTRE

TEMA 7: DINÁMICA

TEMA 8: ENERXÍA E TRABALLO

TEMA 9: INTERACCIÓNS GRAVITATORIA E ELECTROSTÁTICA

2. QUE E COMO IMOS TRABALLAR? (Desenvolvemento dos contidos))

Emprégase o libro de texto así como apuntes elaborados polo profesor, que serán entregados como

apoio cando o profesor o considere necesario.

Realizaranse exercicios do libro de texto e boletíns de exercicios facilitados polo profesor. Todos os

exercicios propostos serán corrixidos na clase.

O traballo diario do alumnado consiste en: a) realización das actividades propostas; b) revisión dos

apuntamentos; c) elaboración e entrega dos traballos propostos (individuais e en grupo) e informes

de laboratorio das posibles prácticas que se realicen no curso.

3. QUE E COMO IMOS AVALIAR (NOTAS DAS AVALIACIÓNS)? (Criterios de

cualificación e procedementos de avaliación)

Instrumentos:

• Actitude cara a materia e traballos: 5 %

• Probas escritas: 95 %

Ata un 5% da nota final poderase obter pola actitude do alumno, polos traballos

bibliográficos ou de información que se lle encomenden e polas aportacións parciais que

Page 13: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

vaia acumulando o profesor pola súa observación diaria.

Na observación diaria inclúense as seguintes actividades:

As intervencións na clase

A realización dos exercicios

A preparación de resumes

As exposicións orais

A participación na elaboración de traballos en grupo e na posta en común de

resultados

A realización de exercicios numéricos, actividades e cuestións teóricas.

A atención ás intervencións dos compañeiros e o profesor

A actitude positiva cara á materia (interese en aprender, axudar aos compañeiros...)

No caso de que alumno non faga ningunha actividade, a puntuación desde apartado será

cero, e polo tanto o trimestre estará suspenso, e dicir, non se fará media ponderada si neste

apartado a nota é de cero.

O resto da nota virá das probas escritas. Os puntos que seguen, detallan o procedemento

de obtención que lle corresponde ás probas escritas (que representa o 95% da nota final).

Dentro do período de tempo correspondente a cada avaliación realizarase unha ou

máis probas escritas relativas a aspectos parciais da materia (temas, unidades

didácticas) que se teñan desenrolado nese momento. Cada proba puntuarase de

cero a dez e cando se realiza máis dunha proba obterase o valor medio da

puntuación.

Ao final do período de tempo correspondente a cada avaliación realizarase un

exame que versará sobre toda a materia desenrolada nese tempo. Este exame

puntuarase de 0 a 10 e para poder aprobar a avaliación a nota terá que superar o 4.

A nota correspondente á avaliación respectiva obterase da media ponderada da

puntuación obtida nos puntos anteriores adxudicando valor dobre á nota do punto

anterior.

Para que unha avaliación se considere aprobada a nota obtida no apartado anterior

terá que ser igual ou superior a 5.

As probas escritas constarán en xeral de exercicios e cuestións (tanto teóricas como

referidas a actividades prácticas) das unidades didácticas do programa, tomando como

nivel de referencia o que marcan criterios de avaliación.

Page 14: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

Valoración dos exames de avaliación.

Será valorado positivamente:

• Inclusión de diagramas, debuxos, esquemas,... todo o que axude a clarificar a exposición.

• Planificación, explicación, resolución de problemas e análise dos resultados dos mesmos.

• Claridade na aplicación e na explicación de conceptos físicos e químicos.

• Os significados físicos e químicos das ecuacións matemáticas utilizadas.

• Facilidade de cálculo.

• Resultado exacto das magnitudes pedidas.

• Presentación (redacción, orde, limpeza,…)

Penalizacións:

• Problemas sen explicar e sen argumentar utilizando correctamente o linguaxe científico:

ata un 25%.

• Resultados sen unidades: -25% máximo.

• Erros operativos: -25% máximo.

• As cuestións teóricas sen o razoamento debido no se puntuarán.

Actividades de recuperación

Se a nota resultante nalgunha das avaliacións é inferior a cinco, se tomarán medidas de reforzo

(boletíns de exercicios), en caso de que se considere necesario, co obxecto de paliar a deficiencia

na aprendizaxe. O éxito de tal medida será cuantificado por unha proba escrita de recuperación con

contidos correspondentes a dita avaliación. A data da proba de dita recuperación será consensuada

entre o profesor e o grupo. Esta proba será voluntaria para os alumnos e terá carácter de

recuperación para os que non acadaron a nota suficiente na avaliación. Considérase que superaron a

avaliación se a nota da proba é igual ou superior a 5.

Ao final de curso, no caso de que,unha vez rematada a recuperación da terceira avaliación, algún

alumno/a teña suspensa unha, ou como máximo dúas avaliacións o profesor poderá realizarlle outra

recuperación dos contidos desas partes, sempre e cando o alumno/a amosara ao longo do curso

académico interese, realizara as tarefas propostas, tanto en casa como na clase, e a nota das partes a

recuperar sexa un suspenso alto.

A nota da avaliación ordinaria de xuño será o valor medio das notas obtidas nas tres

avaliacións, sempre e cando estas superen o “4”. Para aqueles alumnos que tivesen que recuperar

unha ou máis avaliacións, a media farase igualmente pero facendo previamente a media entre a nota

da avaliación e a da recuperación correspondente polo que, aínda que acadasen notas altas nos

Page 15: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

exames de recuperación, podería ocorrer que a súa nota non superase a calificación de 5 (pero non

podería ser inferior)

PROBA DE SETEMBRO

Os alumnos que non superasen a materia en xuño, poderán realizar a proba de setembro. A proba de

setembro incluirá preguntas que recollan o máis traballado ao longo do curso.

4. LIBROS

Libro de texto: Física y Química 1º BACHILLERATO. INICIA DUAL. OXFORD.

5. RECOMENDACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL

É imprescindible o traballo diario (tal e como se describe no punto 2), a asistencia, a atención

prestada ao longo das sesións, así como a realización dos exercicios e traballos propostos.

Page 16: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

Pozo de Pereira Nº 22 15360 - Cariño (A Coruña) ☎ 881 96 01 01 [email protected] http://centros.edu.xunta.es/iescaboortegal

FONDO SOCIAL EUROPEO O FSE inviste no teu futuro

RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS DEPARTAMENTOS

CURSO: 2º BACHARELATO DEPARTAMENTO: FÍSICA E QUÍMICA

MATERIA: FÍSICA PROFESOR/A: Marta L. Fraguela Fernández

1. QUE TEMAS IMOS VER? (Distribución aproximada dos contidos)

TRIMESTRE

TEMA 1: MOVEMENTO ONDULATORIO

TEMA 2: A LUZ E AS ONDAS ELECTROMAGNÉTICAS

TEMA 3: ÓPTICA XEOMÉTRICA

TRIMESTRE

TEMA 4: FÍSICA NUCLEAR

TEMA 5: CAMPO GRAVITATORIO

TEMA 6: CAMPO ELÉCTRICO

TRIMESTRE

TEMA 7: CAMPO MAGNÉTICO

TEMA 8: INDUCCIÓN ELECTROMAGNÉTICA

TEMA 9: FÍSICA RELATIVISTA

2. QUE E COMO IMOS TRABALLAR? (Desenvolvemento dos contidos))

Emprégase apuntamentos elaborados polo profesor e poderá ser aconsellado algún libro de texto

que estará dispoñible na Biblioteca ou no propio departamento.

Realizaranse boletíns de exercicios facilitados polo profesor. Todos os exercicios propostos serán

corrixidos na clase.

O traballo diario do alumnado consiste en: a) realización das actividades propostas; b) revisión dos

apuntamentos; c) elaboración e entrega dos traballos propostos (individuais e en grupo) e informes

de laboratorio das posibles prácticas que se realicen no curso.

3. QUE E COMO IMOS AVALIAR (NOTAS DAS AVALIACIÓNS)? (Criterios de

cualificación e procedementos de avaliación)

Instrumentos:

• Actitude cara a materia e traballos: 5 %

• Probas escritas: 95 %

Ata un 5% da nota final poderase obter pola actitude do alumno, polos traballos bibliográficos ou de

información que se lle encomenden e polas aportacións parciais que vaia acumulando o profesor

Page 17: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

pola súa observación diaria.

Na observación diaria inclúense as seguintes actividades:

• As intervencións na clase

• A realización dos exercicios

• A preparación de resumes

• As exposicións orais

• A participación na elaboración de traballos en grupo e na posta en común de resultados

• A realización de exercicios numéricos, actividades e cuestións teóricas.

• A atención ás intervencións dos compañeiros e o profesor

• A actitude positiva cara á materia (interese en aprender, axudar aos compañeiros...)

No caso de que alumno non faga ningunha actividade, a puntuación desde apartado será cero, e

polo tanto o trimestre estará suspenso, e dicir, non se fará media ponderada si neste apartado a nota

e de cero.

O resto da nota virá das probas escritas. Os puntos que seguen, detallan o procedemento de

obtención que lle corresponde ás probas escritas (que representa o 95% da nota final).

Dentro do período de tempo correspondente a cada avaliación realizarase unha ou máis

probas escritas relativas a aspectos parciais da materia (temas, unidades didácticas) que se

teñan desenrolado nese momento. Cada proba puntuarase de cero a dez e cando se realiza

máis dunha proba obterase o valor medio da puntuación.

Ao final do período de tempo correspondente a cada avaliación realizarase un exame que

versará sobre toda a materia desenrolada nese tempo. Este exame puntuarase de 0 a 10 e

para poder aprobar a avaliación a nota terá que superar o 4.

A nota correspondente á avaliación respectiva obterase da media ponderada da puntuación

obtida nos puntos anteriores adxudicando valor dobre á nota do punto anterior.

Para que unha avaliación se considere aprobada a nota obtida no apartado anterior terá que

ser igual ou superior a 5.

As probas escritas constarán en xeral de exercicios e cuestións (tanto teóricas como referidas a

actividades prácticas) das unidades didácticas do programa, tomando como nivel de referencia o

que marcan criterios de avaliación.

Valoración dos exames de avaliación.

Será valorado positivamente:

• Inclusión de diagramas, debuxos, esquemas,... todo o que axude a clarificar a exposición.

• Planificación, explicación, resolución de problemas e análise dos resultados dos mesmos.

• Claridade na aplicación e na explicación de conceptos físicos e químicos.

Page 18: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

• Os significados físicos e químicos das ecuacións matemáticas utilizadas.

• Facilidade de cálculo.

• Resultado exacto das magnitudes pedidas.

• Presentación (redacción, orde, limpeza,…)

Penalizacións:

• Problemas sen explicar e sen argumentar utilizando correctamente o linguaxe científico: ata

un 25%.

• Resultados sen unidades: -25% máximo.

• Erros operativos: -25% máximo.

• As cuestións teóricas sen o razoamento debido no se puntuarán.

Actividades de recuperación

Se a nota resultante nalgunha das avaliacións é inferior a cinco, se tomarán medidas de reforzo

(boletíns de exercicios), en caso de que se considere necesario, co obxecto de paliar a deficiencia

na aprendizaxe. O éxito de tal medida será cuantificado por unha proba escrita de recuperación con

contidos correspondentes a dita avaliación. A data da proba de dita recuperación será consensuada

entre o profesor e o grupo. Esta proba será voluntaria para os alumnos e terá carácter de

recuperación para os que non acadaron a nota suficiente na avaliación. Considérase que superaron a

avaliación se a nota da proba é igual ou superior a 5.

Ao final de curso, no caso de que,unha vez rematada a recuperación da terceira avaliación, algún

alumno/a teña suspensa unha, ou como máximo dúas avaliacións o profesor poderá realizarlle outra

recuperación dos contidos desas partes, sempre e cando o alumno/a amosara ao longo do curso

académico interese, realizara as tarefas propostas, tanto en casa como na clase, e a nota das partes a

recuperar sexa un suspenso alto.

A nota da avaliación ordinaria será o valor medio das notas obtidas nas tres avaliacións,

sempre e cando estas superen o “4”. Para aqueles alumnos que tivesen que recuperar unha ou máis

avaliacións, a media farase igualmente pero facendo previamente a media entre a nota da avaliación

e a da recuperación correspondente polo que, aínda que acadasen notas altas nos exames de

recuperación, podería ocorrer que a súa nota non superase a calificación de 5 (pero non podería ser

inferior)

PROBA EXTRAORDINARIA

Os alumnos que non superasen a materia na avaliación ordinaria, poderán realizar a proba

extraordinaria. A proba extraordinaria incluirá preguntas que recollan o máis traballado ao longo do

curso.

Page 19: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

4. COMO SE RECUPERA (DE SELO CASO) A MATERIA PENDENTE DO CURSO

ANTERIOR?

Non se contempla o caso.

5. LIBROS

Non se esixirá mercar ningún libro de texto.

6. RECOMENDACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL

É imprescindible o traballo diario (tal e como se describe no punto 2), a asistencia, a atención

prestada ao longo das sesións, así como a realización dos exercicios e traballos propostos.

Page 20: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

Pozo de Pereira Nº 22 15360 - Cariño (A Coruña) ☎ 881 96 01 01 [email protected] http://centros.edu.xunta.es/iescaboortegal

FONDO SOCIAL EUROPEO O FSE inviste no teu futuro

RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS DEPARTAMENTOS

CURSO: 2º BACHARELATO DEPARTAMENTO: FÍSICA E QUÍMICA

MATERIA: QUÍMICA PROFESOR/A: Marta L. Fraguela Fernández

1. QUE TEMAS IMOS VER? (Distribución aproximada dos contidos)

TRIMESTRE TEMA 1: CINÉTICA QUÍMICA

TEMA 2: EQUILIBRIO QUÍMICO

TRIMESTRE

TEMA 3: ÁCIDOS E BASES

TEMA 4: ELECTROQUÍMICA

TEMA 5: ESTRUTURA ATÓMICA DA MATERIA

TRIMESTRE TEMA 6: ENLACE QUÍMICO

TEMA 7: QUÍMICA DO CARBONO

2. QUE E COMO IMOS TRABALLAR? (Desenvolvemento dos contidos))

Emprégase apuntamentos elaborados polo profesor e poderá ser aconsellado algún libro de texto

que estará dispoñible na Biblioteca ou no propio departamento.

Realizaranse boletíns de exercicios facilitados polo profesor. Todos os exercicios propostos serán

corrixidos na clase.

O traballo diario do alumnado consiste en: a) realización das actividades propostas; b) revisión dos

apuntamentos; c) elaboración e entrega dos traballos propostos (individuais e en grupo) e informes

de laboratorio das posibles prácticas que se realicen no curso.

3. QUE E COMO IMOS AVALIAR (NOTAS DAS AVALIACIÓNS)? (Criterios de

cualificación e procedementos de avaliación)

Instrumentos:

• Actitude cara a materia e traballos: 5 %

• Probas escritas: 95 %

Ata un 5% da nota final poderase obter pola actitude do alumno, polos traballos bibliográficos ou de

información que se lle encomenden e polas aportacións parciais que vaia acumulando o profesor

pola súa observación diaria.

Na observación diaria inclúense as seguintes actividades:

Page 21: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

• As intervencións na clase

• A realización dos exercicios

• A preparación de resumes

• As exposicións orais

• A participación na elaboración de traballos en grupo e na posta en común de resultados

• A realización de exercicios numéricos, actividades e cuestións teóricas.

• A atención ás intervencións dos compañeiros e o profesor

• A actitude positiva cara á materia (interese en aprender, axudar aos compañeiros...)

No caso de que alumno non faga ningunha actividade, a puntuación desde apartado será cero, e

polo tanto o trimestre estará suspenso, e dicir, non se fará media ponderada si neste apartado se a

nota é de cero.

O resto da nota virá das probas escritas. Os puntos que seguen, detallan o procedemento de

obtención que lle corresponde ás probas escritas (que representa o 95% da nota final).

Dentro do período de tempo correspondente a cada avaliación realizarase unha ou máis

probas escritas relativas a aspectos parciais da materia (temas, unidades didácticas) que se

teñan desenrolado nese momento. Cada proba puntuarase de cero a dez e cando se realiza

máis dunha proba obterase o valor medio da puntuación.

Ao final do período de tempo correspondente a cada avaliación realizarase un exame que

versará sobre toda a materia desenrolada nese tempo. Este exame puntuarase de 0 a 10 e

para poder aprobar a avaliación a nota terá que superar o 4.

A nota correspondente á avaliación respectiva obterase da media ponderada da puntuación

obtida nos puntos anteriores adxudicando valor dobre á nota do punto anterior.

Para que unha avaliación se considere aprobada a nota obtida no apartado anterior terá que

ser igual ou superior a 5.

As probas escritas constarán en xeral de exercicios e cuestións (tanto teóricas como referidas a

actividades prácticas) das unidades didácticas do programa, tomando como nivel de referencia o

que marcan criterios de avaliación.

Valoración dos exames de avaliación.

Será valorado positivamente:

• Inclusión de diagramas, debuxos, esquemas,... todo o que axude a clarificar a exposición.

• Planificación, explicación, resolución de problemas e análise dos resultados dos mesmos.

• Claridade na aplicación e na explicación de conceptos físicos e químicos.

• Os significados físicos e químicos das ecuacións matemáticas utilizadas.

• Facilidade de cálculo.

Page 22: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE

• Resultado exacto das magnitudes pedidas.

• Presentación (redacción, orde, limpeza,…)

Penalizacións:

• Problemas sen explicar e sen argumentar utilizando correctamente o linguaxe científico: ata

un 25%.

• Resultados sen unidades: -25% máximo.

• Erros operativos: -25% máximo.

• As cuestións teóricas sen o razoamento debido no se puntuarán.

Actividades de recuperación

Se a nota resultante nalgunha das avaliacións é inferior a cinco, se tomarán medidas de reforzo

(boletíns de exercicios), en caso de que se considere necesario, co obxecto de paliar a deficiencia

na aprendizaxe. O éxito de tal medida será cuantificado por unha proba escrita de recuperación con

contidos correspondentes a dita avaliación. A data da proba de dita recuperación será consensuada

entre o profesor e o grupo. Esta proba será voluntaria para os alumnos e terá carácter de

recuperación para os que non acadaron a nota suficiente na avaliación. Considérase que superaron a

avaliación se a nota da proba é igual ou superior a 5.

Ao final de curso, no caso de que,unha vez rematada a recuperación da terceira avaliación, algún

alumno/a teña suspensa unha, ou como máximo dúas avaliacións o profesor poderá realizarlle outra

recuperación dos contidos desas partes, sempre e cando o alumno/a amosara ao longo do curso

académico interese, realizara as tarefas propostas, tanto en casa como na clase, e a nota das partes a

recuperar sexa un suspenso alto.

A nota da avaliación ordinaria de será o valor medio das notas obtidas nas tres

avaliacións, sempre e cando estas superen o “4”. Para aqueles alumnos que tivesen que recuperar

unha ou máis avaliacións, a media farase igualmente pero facendo previamente a media entre a nota

da avaliación e a da recuperación correspondente polo que, aínda que acadasen notas altas nos

exames de recuperación, podería ocorrer que a súa nota non superase a calificación de 5 (pero non

podería ser inferior)

PROBA EXTRAORDINARIA

Os alumnos que non superasen a materia na avaliación ordinaria, poderán realizar a proba

extraordinaria. A proba extraordinaria incluirá preguntas que recollan o máis traballado ao longo do

curso.

4. COMO SE RECUPERA (DE SELO CASO) A MATERIA PENDENTE DO CURSO

ANTERIOR?

Non se contempla o caso.

Page 23: RESUMO DAS PROGRAMACIÓN DOS DISTINTOS ......1. Método científico 2. Estados da materia 3. Diversidade da materia 2º TRIMESTRE 4. Os cambios 5. As forzas 6. O movemento 3º TRIMESTRE