regulamento do congreso o pereiro de aguiar

6

Click here to load reader

Upload: luis-manuel-vergara-gomez

Post on 23-Mar-2016

223 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Regulamento do congreso o pereiro de aguiar

DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1º

De conformidade cos vixentes Estatutos, o Regulamento Marco de Congresos e segundo acordo da Xunta

Directiva Provincial convócase o Congreso Ordinario do Partido Popular do Pereiro de Aguiar, a celebrar o día 27

de xullo de 2013.

Artigo 2º

Encoméndase á Comisión Organizadora, o impulso, coordinación e dirección de todos os aspectos organizativos

do Congreso. Fixará a hora e lugar de celebración do Congreso.

A Comisión Organizadora do Congreso debaterá e aprobará, se procede, a programación concreta e cantos

outros acordos fosen necesarios para, en desenvolvemento do presente Regulamento, aclarar, concretar e, en

definitiva, asegurar a adecuada preparación e celebración do Congreso.

Os seus acordos deberán ser adoptados por maioría e das súas reunións se levantarán as correspondentes

actas dando traslado das mesmas aos órganos do Partido e se publicarán no espazo habilitado dentro da web do

Partido Popular de Ourense.

A Comisión Organizadora do Congreso terá a súa sede na oficina provincial do Partido Popular de Ourense, na

rúa do Progreso número 64 entrechán da cidade de Ourense.

Artigo 3º

En consecuencia, todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso rexerase polo presente

Regulamento e os acordos da Comisión Organizadora adoptados en desenvolvemento do mesmo.

Durante a celebración do Congreso ditas competencias serán asumidas polo/a Presidente, o/a cal dará conta á

Mesa do Congreso.

TITULO PRIMEIRO

COMPETENCIAS E COMPOSICIÓN DO CONGRESO

Page 2: Regulamento do congreso o pereiro de aguiar

Artigo 4º

De conformidade co establecido nos Estatutos e no Regulamento Marco de Congresos, o Congreso é o órgano

supremo do Partido en Pereiro de Aguiar, define os principios, fixa os programas e estratexias e elixe aos

representantes nos órganos de dirección do Partido.

Artigo 5º

As competencias do Congreso son as que se determinan nos Estatutos do Partido.

Artigo 6º

Para favorecer a participación e a democracia interna do Partido Popular, terán a condición de

compromisarios/as, segundo o artigo 11.1 do Regulamento Marco de Congresos, todos/as os/as afiliados/as ao

Partido no Concello de Pereiro de Aguiar que asistan ao Congreso e que, tiveran a condición plena de militante á

que se refire o artigo 4.5 dos Estatutos do Partido Popular e ao corrente de pagamento das cotas.

Os/as afiliados/as que participen poderán poñerse ao día nas devanditas cotas ata o día 12 de xullo de 2013,

facendo o ingreso da mesma na conta que a tal efecto ten aberta o Partido Popular de Ourense ou efectuando o

pagamento na sede provincial.

TITULO SEGUNDO

FUNCIONAMENTO DO CONGRESO

Artigo 7º

A Comisión Organizadora declarará validamente constituído o Congreso na hora, data e lugar da súa

convocatoria, independentemente do número de compromisarios presentes, seguíndose, a partires dese

momento, o Programa que teña sido aprobado por ese órgano.

Artigo 8º

No acto inaugural do Congreso, a Comisión Organizadora proporá ao Pleno a composición da Mesa, que deberá

ser ratificada por maioría simple. Se non se aceptase a proposta, abriríase un prazo de 30 minutos, durante os

que se poderán presentar candidaturas completas para a Mesa, avaladas por un 15 % dos/as asistentes como

Page 3: Regulamento do congreso o pereiro de aguiar

mínimo, non podendo avalarse por cada asistente mais dunha candidatura. Será elixida a candidatura que

obteña mais votos.

Artigo 9º

A Mesa estará composta por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario e dous vogais, todos eles/as

afiliados/as.

Artigo 10ª

Constituída a Mesa do Congreso, esta deberá anunciar o oportuno acordo de aprobación do Regulamento,

dando lectura ás disposicións que terán que rexer os traballos do mesmo.

Artigo 11º

A Mesa do Congreso dirixirá, impulsará, moderará e ordenará os debates, velando en todo momento pola boa

marcha do Congreso. As decisións da Mesa se adoptarán por maioría simple, tendo o/a Presidente/a, en caso de

empate, voto de calidade.

Corresponde á Mesa cumprir e facer cumprir o Regulamento do Congreso, interpretalo nos casos de dúbida e

suplilos nos de omisión.

Artigo 12º

Corresponde ao/á Presidente/a, en nome da Mesa, abrir, dirixir, suspender e levantar a sesión, autorizar o uso

da palabra e fixar, á vista das peticións de intervencións, o número máximo de intervencións e a duración.

O/A Presidente/a poderá chamar ao orde, e no seu caso, retirar a palabra a quen nas súas intervencións se

alongue excesivamente, se desvíen do tema obxecto de debate, falte ao establecido neste Regulamento, profiran

expresións ofensivas ao decoro do Partido, dos seus membros ou de calquera outra institución, entidade ou

persoa, ou que de calquera outra forma alteren o orde ou obstaculicen a boa marcha do Congreso.

TITULO TERCEIRO

O ÓRGANO DIRECTIVO E A SÚA ELECCIÓN

Page 4: Regulamento do congreso o pereiro de aguiar

Artigo 13º

O Congreso elixirá en lista pechada ao/á Presidente/a e os/as vogais do Comité Executivo Local, en número

máximo de 22, mediante o sistema de voto maioritario, a unha sola volta.

Ningún afiliado poderá figurar en dúas ou mais candidaturas, nin avalar coa súa sinatura mais dunha.

Artigo 14º

A elección do Comité Executivo Local farase mediante lista pechada e votación secreta, empregando listaxes e

urnas facilitadas pola Comisión Organizadora.

Artigo 15º

Os/As que opten á Presidencia terán un prazo de 7 días dende a convocatoria do Congreso para presentar a súa

candidatura diante da Comisión Organizadora do Congreso, que rematará ás 14:00 h do 28 de xuño de 2013.

Poderán optar á Presidencia do Partido popular de Pereiro de Aguiar todos/as os/as afiliados/as do Partido no

Concello de Pereiro de Aguiar que tiveran a condición plena de militante á que se refire o artigo 4.5 dos Estatutos

do Partido Popular na data na que se acordara a convocatoria do mesmo pola Xunta Directiva Provincial, que

non estiveran suspendidos/as de militancia e estiveran ao corrente de pagamento das cotas.

A Comisión Organizadora deberá elaborar e aprobar un modelo de aval, que lle será facilitado a todos/as os/as

candidatos/as que o soliciten. Non se admitirán avais que non figuren no modelo oficial aprobado pola Comisión.

Artigo 16ª

Para ser proclamado/a candidato/a á Presidencia do Partido Popular de Pereiro de Aguiar será necesario

presentar o apoio de polo menos 40 afiliados/as.

No suposto de que se presentasen dúas ou máis candidaturas, a Comisión Organizadora proclamará aos/ás

candidatos/as presentados/as o día 28 de xuño de 2013 na reunión que se celebrará a partires das 18:00 horas

deste día, convocando una campaña electoral interna, que se desenvolverá dende o día 29 de xuño ás 10:00

horas ata o día 7 de xullo ás 24:00 horas.

Page 5: Regulamento do congreso o pereiro de aguiar

Durante a duración da campaña, a Comisión Organizadora garantirá a todos/as os/as candidatos/as a igualdade

de oportunidades, asegurará a neutralidade da organización do Partido e velará pola transparencia de todo o

proceso.

Artigo 17º

O prazo para a presentación de candidaturas á Presidencia do Comité Executivo Local rematará o día 23 de

xullo de 2013 ás 14:00 horas. A Comisión Organizadora recibirá os avais e emitirá un informe, logo de reunirse

ese mesmo día 23 de xullo ás 18:00 horas, que será entregado á Mesa do Congreso para a proclamación das

candidaturas que fosen presentadas en tempo e forma.

As candidaturas gardarán a forma recollida polos Estatutos e estarán avaladas polo menos por un 20% dos/as

compromisarios/as que participen no Congreso.

A Comisión Organizadora deberá elaborar e aprobar un modelo de aval, que lle será facilitado a todos/as os/as

candidatos/as. Non se admitirán avais que non figuren no modelo oficial aprobado pola Comisión.

Artigo 18º

Os/as candidatos/as á presidencia do Comité Executivo Local presentaran a súa candidatura e o seu programa,

durante o tempo fixado pola Mesa do Congreso, que determinará a orde de intervención.

Artigo 19º

Para a votación constituiranse un número suficiente de Mesas Electorais, que estarán formadas por un/unha

Presidente/a e un/unha Secretario/a, nomeados/as pola Comisión Organizadora do Congreso e ás que se

poderán incorporar un/unha interventor/a por cada candidatura proclamada.

Artigo 20ª

Os/As asistentes, no momento de depositar o seu voto, acreditarán a súa identidade mediante DNI, pasaporte ou

carné de conducir orixinal.

Page 6: Regulamento do congreso o pereiro de aguiar

Artigo 21º

Unha vez finalizada a votación, as Mesas Electorais farán os correspondentes escrutinios que serán remitidos á

Mesa do Congreso, a cal anunciará os resultados e proclamará á candidatura que obteña máis votos válidos.

TITULO CUARTO

IMPUGNACIÓNS

Artigo 22º

Para as impugnacións que afecten ao desenvolvemento do Congreso, será competente o Comité de Dereitos e

Garantías de Galicia. Estas impugnacións deberán fundamentarse en infraccións estatutarias ou regulamentarias

e presentarse nun prazo máximo de 48 horas ao remate do Congreso.

Artigo 23º

O procedemento para realizar as impugnacións será o que segue:

As impugnacións daqueles acordos tomados durante a celebración do Congreso serán presentadas polos

compromisarios diante da Mesa que resolverá no mesmo Congreso, incluíndo na acta as motivacións nas que se

fundamente a súa resolución. A resolución da Mesa será apelable diante do Comité de Dereitos e Garantías de

Galicia, no prazo máximo de 48 horas despois da celebración do Congreso.

O Comité Nacional de Dereitos e Garantías resolverá, en segunda instancia, os recursos interpostos contra

resolucións dos Comités Autonómicos de Dereitos e Garantías como consecuencia das impugnacións que se

produzan no Congreso Local do Partido Popular de Pereiro de Aguiar.

DISPOSICIÓN FINAL

Para todo o non previsto neste Regulamento será de aplicación o disposto nos Estatutos do Partido e no

Regulamento Marco de Congresos.