recuperaciÓn para alumnado que suspendeu a ......recuperaciÓn para alumnado que suspendeu a 1ª...

22
RECUPERACIÓN PARA ALUMNADO QUE SUSPENDEU A 1ª E/OU 2ª AVALIACIÓN ESTE DOCUMENTO LEVA MATERIAL SÓ DE LITERATURA IMPORTANTE: 1. ESTAS TAREFAS SON OBRIGATORIAS PARA O ALUMNADO QUE TEN ALGUNHA AVALIACIÓN SUSPENSA E QUEIRA RECUPERAR A MATERIA. 2. O RESTO DO ALUMNADO PODE FACELAS COMO REFORZO, ISO SERVIRÁ PARA SUBIR A NOTA MEDIA FINAL 3. PRAZO PARA ENTREGAR: ATÉ MÉRCORES 27 DE MAIO, PODEDES MANDALO ANTES TAMÉN! ( UTILIZADE, SE É POSÍBEL, UN DOCUMENTO EN WORD, ODT OU PDF PARA FACELO EN ORDENADOR. . ANTES DE REENVIARMO, REPASADE EXPRESIÓN ESCRITA E CONSULTADE DÚBIDAS. Propóñovos repasar o que entrou nas dúas primeiras avaliacións de Literatura a partir destes videos elaborados por unha alumna de 2º Bacharelato. Creo que son amenos ademais de didácticos e duran entre 10-13 minutos. https://aulasgalegas.org/repasamos-para-as-abau/ CANLE DE neeumatiko : https://www.youtube.com/channel/UClZ-fWAY2dGzcKXBW5HmlLA/featured Alumna de 2º Bach. (Partide dos esquemas xerais das etapas de literatura que van adxuntos no documento en PDF) LITERATURA DE PREGUERRA (S.XX), VIDEOS: CONTEXTO E Poesía das Irmandades da Fala (Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas) 1916-1936, o resumo . OU: https://www.youtube.com/watch?v=xDcRni6zy7A Poesía de vangarda galega, o resumo (surrealismo, creacionismo, hilozoísmo e neotrobadorismo) OU: https://www.youtube.com/watch?v=9KUJopETAH8 Prosa galega do primeiro terzo do século XX, o resumo (Xeración Nós e Xeración do 25/vangardas) OU: https://www.youtube.com/watch?v=kZKHGO30-LM Teatro do primeiro terzo do século XX, o resumo (Irmandades da Fala, Vangardas, Xeración Nós) OU: https://www.youtube.com/watch?v=4hHfMStT6YE (VOLUNTARIO) TAREFA ESCRITA OBRIGATORIA : REDACTAR UN RESUMO DE CADA VIDEO. Coidade a redacción e ortografía, ademais do contido, se queredes ser avaliados positivamente). VOLUNTARIO : SELECCIONAR ,POLO LIBRO DE TEXTO, ALGÚNS FRAGMENTOS E/ OU POEMAS DOS AUTORES MENCIONADOS E FACER ALGÚN TIPO DE COMENTARIO ( Pode ser de contido, características, estilo, opinión persoal, etc)

Upload: others

Post on 10-Feb-2021

10 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • RECUPERACIÓN PARA ALUMNADO QUE SUSPENDEU A 1ª E/OU 2ª AVALIACIÓNESTE DOCUMENTO LEVA MATERIAL SÓ DE LITERATURA

    IMPORTANTE:

    1. ESTAS TAREFAS SON OBRIGATORIAS PARA O ALUMNADO QUE TEN ALGUNHAAVALIACIÓN SUSPENSA E QUEIRA RECUPERAR A MATERIA.2. O RESTO DO ALUMNADO PODE FACELAS COMO REFORZO, ISO SERVIRÁ PARASUBIR A NOTA MEDIA FINAL

    3. PRAZO PARA ENTREGAR: ATÉ MÉRCORES 27 DE MAIO, PODEDES MANDALOANTES TAMÉN! ( UTILIZADE, SE É POSÍBEL, UN DOCUMENTO EN WORD, ODT OU PDF PARA FACELO ENORDENADOR. . ANTES DE REENVIARMO, REPASADE EXPRESIÓN ESCRITA E CONSULTADE DÚBIDAS.

    Propóñovos repasar o que entrou nas dúas primeiras avaliacións de Literatura apartir destes videos elaborados por unha alumna de 2º Bacharelato. Creo que sonamenos ademais de didácticos e duran entre 10-13 minutos.https://aulasgalegas.org/repasamos-para-as-abau/

    CANLE DE neeumatiko : https://www.youtube.com/channel/UClZ-fWAY2dGzcKXBW5HmlLA/featuredAlumna de 2º Bach.(Partide dos esquemas xerais das etapas de literatura que van adxuntos no documento en PDF)LITERATURA DE PREGUERRA (S.XX), VIDEOS:

    ✔ CONTEXTO E Poesía das Irmandades da Fala (Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas) 1916-1936, o resumo . OU: https://www.youtube.com/watch?v=xDcRni6zy7A

    ✔ Poesía de vangarda galega, o resumo (surrealismo, creacionismo, hilozoísmo e neotrobadorismo) OU: https://www.youtube.com/watch?v=9KUJopETAH8

    ✔ Prosa galega do primeiro terzo do século XX, o resumo (Xeración Nós e Xeración do 25/vangardas) OU: https://www.youtube.com/watch?v=kZKHGO30-LM

    ✔ Teatro do primeiro terzo do século XX, o resumo (Irmandades da Fala, Vangardas, Xeración Nós) OU: https://www.youtube.com/watch?v=4hHfMStT6YE (VOLUNTARIO)

    TAREFA ESCRITA OBRIGATORIA: REDACTAR UN RESUMO DE CADA VIDEO. Coidadea redacción e ortografía, ademais do contido, se queredes ser avaliados positivamente).VOLUNTARIO: SELECCIONAR ,POLO LIBRO DE TEXTO, ALGÚNS FRAGMENTOS E/ OU POEMAS DOS AUTORES MENCIONADOS E FACER ALGÚN TIPO DE COMENTARIO ( Pode ser de contido, características, estilo, opinión persoal, etc)

    https://aulasgalegas.org/repasamos-para-as-abau/https://www.youtube.com/watch?v=4hHfMStT6YEhttps://www.youtube.com/watch?v=4hHfMStT6YEhttps://www.youtube.com/watch?v=4hHfMStT6YEhttps://www.youtube.com/watch?v=kZKHGO30-LMhttps://www.youtube.com/watch?v=kZKHGO30-LMhttps://www.youtube.com/watch?v=kZKHGO30-LMhttps://www.youtube.com/watch?v=9KUJopETAH8https://www.youtube.com/watch?v=9KUJopETAH8https://www.youtube.com/watch?v=9KUJopETAH8https://www.youtube.com/watch?v=xDcRni6zy7Ahttps://www.youtube.com/watch?v=xDcRni6zy7Ahttps://www.youtube.com/watch?v=xDcRni6zy7Ahttps://www.youtube.com/channel/UClZ-fWAY2dGzcKXBW5HmlLA/featured

  • SE PREFERIDES PRESENTACIÓNS EN POWER POINT EN VEZ DE VIDEOS:

    SLIDESHARE:✗ https://es.slideshare.net/lourenzo/1-a-poesa-das-irmandades-da-fala (inclúe contexto)✗ https://www.slideshare.net/lourenzo/vangardas (1)✗ https://www.slideshare.net/lourenzo/22-a-poesa-de-vangarda-as-vangardas-galegas✗ https://www.slideshare.net/lourenzo/3-a-prosa-do-1-terzo-do-sc-xx (inclúe contexto)✗ https://www.slideshare.net/lourenzo/4-o-teatro-do-1-terzo-do-sc-xx (VOLUNTARIO)

    MATERIAL CONSULTA PARA TODO O ALUMNADO

    ARQUIVOS ADXUNTOS: ESQUEMAS DA LITERATURA DE POSGUERRA :✗ Esquema para entender a literatura galega contemporánea (Xeral).✗ Esquemas Amplos da poesía, prosa e teatro de 1950 a 1975.( Con características).

    EXERCICIOS INTERACTIVOS: https://www.daypo.com/repaso-literatura-galega.html)

    ALUMNADO QUE TEN AS DÚAS PRIMEIRAS AVALIACIÓNS APROBADAS E QUERE SUBIR NOTA

    PROPOSTA LITERATURA III: LITERATURA DE POSGUERRA EN GALIZA ( DO 1936-50, MÁIS OBRASDESTES AUTORES QUE PUBLICARON DESPOIS).VAN DÚAS OPCIÓNS PERO: podedes facer unha, as dúas ou combinar actividades das dúas).

    OPCIÓN A ( Partide dos esquemas xerais das etapas de literatura que van adxuntos no documentoen PDF)LITERATURA DE POSGUERRA (S.XX), VIDEOS:

    ✔ Poesía galega 1936-1976, resumo (Xeración do 36, Promoción de enlace e Xeración das Festas Minervais) OU: https://www.youtube.com/watch?v=nQmcC4r6XGM

    ✔ Prosa galega 1936-1976, o resumo (realismo social, máxico, popular e rural) OU: https://www.youtube.com/watch?v=EtbkNj_oyP0

    TAREFA ESCRITA: ELABORAR UN RESUMO DE CADA UN

    SE PREFERIDES PRESENTACIÓNS EN POWER POINT EN VEZ DE VIDEOS: SLIDESHARE:

    ✗ Poesía: https://www.slideshare.net/lourenzo/5-a-poesa-galega-entre-1936-e-1976

    ✗ Prosa: https://www.slideshare.net/lourenzo/6-a-prosa-galega-entre-1936-e-1976-fole-cunqueiro-blanco-amor-e-neira-vilas-7002432

    https://www.slideshare.net/lourenzo/6-a-prosa-galega-entre-1936-e-1976-fole-cunqueiro-blanco-amor-e-neira-vilas-7002432https://www.slideshare.net/lourenzo/6-a-prosa-galega-entre-1936-e-1976-fole-cunqueiro-blanco-amor-e-neira-vilas-7002432https://www.slideshare.net/lourenzo/6-a-prosa-galega-entre-1936-e-1976-fole-cunqueiro-blanco-amor-e-neira-vilas-7002432https://www.slideshare.net/lourenzo/5-a-poesa-galega-entre-1936-e-1976https://www.youtube.com/watch?v=EtbkNj_oyP0https://www.youtube.com/watch?v=EtbkNj_oyP0https://www.youtube.com/watch?v=nQmcC4r6XGMhttps://www.youtube.com/watch?v=nQmcC4r6XGMhttps://www.youtube.com/watch?v=nQmcC4r6XGMhttps://www.daypo.com/repaso-literatura-galega.htmlhttps://www.slideshare.net/lourenzo/4-o-teatro-do-1-terzo-do-sc-xxhttps://www.slideshare.net/lourenzo/3-a-prosa-do-1-terzo-do-sc-xxhttps://www.slideshare.net/lourenzo/22-a-poesa-de-vangarda-as-vangardas-galegashttps://www.slideshare.net/lourenzo/vangardashttps://es.slideshare.net/lourenzo/1-a-poesa-das-irmandades-da-fala

  • OPCIÓN B1. Selección de lecturas e exercicios do libro de texto:

    1. Lectura dos poemas da p. 288 (Textos 2, 3 e 4 ACTIVIDADES 3, 7, 1O e11 DA PÁXINA 289). 2. Lectura dos poemas de Celso Emilio Ferreiro da p. 304-305. ( ACTIVIDADES: 1, 2, 3, 4, 5, 7, 12, 14 E 15 DA PÁXINA 306)

    2. TEXTOS E ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS1. A CONTINUACIÓN TES INFORMACIÓN ACERCA DALGÚNS AUTORES DE POSGUERRA.

    DESPOIS DE LER ESTA INFORMACIÓN E OUTRA QUE POIDAS CONSULTAR NO TEU LIBRO DE TEXTO,ETC., DI QUEN É O AUTOR DE CADA UN DOS TEXTOS QUE SEGUE, XUSTIFICANDO A TÚA LOCALIZACIÓNE EN QUE ETAPA E/OU MOVEMENTO SE INCLÚEN. XUSTIFICA SEMPRE A RESPOSTA. ( FIXÁDEVOS NATEMÁTICA, CARACTERÍSTICAS, ESTILO, OU PERSONAXES/ ESPAZOS QUE APARECEN NO FRAGMENTO, ETC.).

    • EDUARDO BLANCO AMOR (1897-1979)

    Na Preguerra escribiu poesía e na Posguerra, prosa; as primeiras novelas escríbeas en castelán e, en

    Buenos Aires, publica a súa primeira novela en galego, A Esmorga, na que, para dar a coñecer os

    funestos feitos que viven os tres protagonistas nunhas horas de esmorga, emprega a técnica telefónica:

    o único supervivente da esmorga desvela o acontecido nun interrogatorio policial no que só sabemos as

    respostas.

    • ÁNXEL FOLE (1903-1986)

    Comeza escribindo nos anos corenta, en castelán. No 1953 publica a súa primeira obra en galego, Á

    lus do candil, obra na que uns viaxeiros illados pola neve, pasan o tempo contando contos. Esta e as

    seguintes obras deste autor, caracterízanse pola presencia do medo e o misterio, como nos relatos da

    tradición popular galega.

    • ÁLVARO CUNQUEIRO (1911-1981)

    Escritor que xa publicara na Preguerra, cultiva a poesía, a prosa e o teatro. Na poesía está moi ligado ó

    neotrobadorismo; na prosa e no teatro, caracterízase polo humor, a fantasía e pola recreación das

    historias de personaxes da literatura universal, com Simbad, Merlín ou Hamlet.

    • CARLOS CASARES (1941-2002)

    Escritor de relatos curtos e novelas ambientados en diferentes épocas, renova as técnicas narrativas,

    polo que se inclúe entre os autores da Nova Narrativa Galega.

    • DARÍO XOHÁN CABANA (1952)

    Inda que escribe principalmente prosa, pertence á Xeración do 68, na que se inclúen os poetas máis

    novos da Posguerra. Este autor, que segue, como os seus compañeiros de Xeración, os modelos

    poéticos dos seus predecesores, cultiva a poesía intimista, patriótica..., moitas veces en forma de

    soneto.

  • 1. Os lobosMoitas veces ouvín dicir que os lobos non atacan ás persoas. E isto non é certo. O secretario de Caldas foicomido por eles cando voltaba da feira de Viana. Algúns dixeron que o mataran por roubalo, e que despois o comeran os lobos; mais a douscentos metros de onde o comeran foi atopado un lobo morto coa gorxa furada por unha bala. Aqueles días viran os pastores unha manda de dez cunha loba con tres lobecos. Era tempo de neve, e baixaran da serra da Moá. Ó parecer, despois de esgotados os cartuchos, quixo subirse a unha árbore, mais non puido. Alí estaba ó seu carón, o revólver con seis cartuchos baleirosno lombo. Era un bo revólver americano. Ó sentirse feridos algúns lobos, todos se botaron enriba del. Se tivese un bo foco eléctrico quizais se salvase. Ós lobos se non se lles fere de morte é peor. Eu matei un con dous tiros de postas. Foi morrer tres cantos máis aló de onde o asegundara. Atináralle na testa e no fociño, e ía deixando un regueiro de sangue. Arrincaba cos dentes os canotos das xestas. Quizais non se me arrepuxo porque era de día. De noite médralles o corazón e son moi valentes. Non vos riades. Tamén lles pasa iso ós lobicáns. O señor cura de Peites tiña un. De noite ía ó monte e chamaba ós lobos. Viñan con el. Din que abría os tarabelos das cortes coma unha persoa. Unha noite veu un o señor cura. Era un gran cazador. Tiña un rifle de dez tiros que lle trouxera un sobriño de California. Meteulle dous tiros seguidos no entrecello ó galgar un pasadoiro. O crego estaba na xanela da reitoral cun foco, e o lobicán volvía do monte, polas tres da mañá, acompañado dos lobos. Abrírono e esfolárono axiña, e viron que tiñao corazón inchado... ¿Sabedes cando se atreven os lobos cos homes? Cando teñen moita fame, ou cando se decatan de que lles teñen medo. Por iso case que nunca atacan a tres ou máis xuntos. Cando se atopan un home só pola serra, póñense a traballalo. Teñen moito instinto... Xa veredes como o traballan. De primeiro, acompáñano; despois, póñenselle diante; máis tarde, chéganlle a zorrega las pernas cos rabos... Así, pouquiño a pouquiño. Vén un intre en que o home xa non pode máis. O medo alporízalle os cabelos. Parécelle que lle cravaran arames na testa. Váiselle a voz, perde o sentido. Xa está perdido. Bótanse os lobos enriba del e esnaquízano. Cada vinte anos ou menos, dáse por estas terras un caso deses. Desaparece un home. Crese que o mataron ou que fuxiu para as Américas. Ó cabo de dous ou tres anos ninguén fala del. Un cazador atopa nunha xesteira unha caveira. ¿De que sería? Así lle aconteceu ó Pastrán de Vesuña hai moitos anos. Mais se o home non perde a coraxe non se atreven con el. Todos coñecedes coma min ó Emilio, o castrador de Rugando. Atendede ben e xa saberedes que é certo todo canto levo dito sobre os lobos. E vostedes tamén, señoritos... Non habería rapaz coma el se non fose tan xogantín. Xogaba ata a camisa. Unha vez, na cantina da Cruz, xogou a besta con tódoslos arreos, e perdeuna. Tivo que andar a pé castrando ranchos dende Leixazós a Pacios, ou de Bustelo a Vilañán. Era home moi botado para diante, e o primeiro nas liortas. Se non me trabuco, fora pola Santa Lucía cando lleaconteceu o que vos vou contar. Por ise tempo todos sabedes que non traballan os capadores. O bo do home dedicábase á troula. Había pouco que casara cunha moza de casa forte. Xa estaba en tratos cun xateiro da Hermida pra mercar un cabalo. Queríano moito en tódolos sitios onde capaba ranchos, e convidábano sempre á mata. Aquel día xantara en Arnado. Xa se sabe como son eses xantares da mata. Empezan ás doce, poño por caso, e rematan ás cinco. O fígado asado con aceite e pemento, os roxóns e o raxo. Viño, nunca falta. Tempo de fartura. Xantara aquel día en cas do Rulo. Enchéranse de néboa os cavorcos. Non se vía un burro a tres pasos, dispensando... O Rulo díxolle que pasara a noite na súa casa. -Andan os lobos -advertiulle- moi bastos. Con esta néboa tan mesta pódeste esfragar. Non che pase coma o Bieito da Corga cando ía para Ferramolín, que se derrubou polo canto do Mazo e foi dar ó río. Alí quedou defunto cos cadrís partidos por testalán, pois teimou coma ti por saír de Vilarbacú unha noite coma a de hoxe. Mais o capador había pouco que casara, como vos dixen, e non houbo xeito de facelo quedar. Nin tan sequera quixo levar algúns fachucos de palla para o camiño. E alá se foi o Rugando tan sócunha cachaba de freixo e a súa navalla no peto para se defender. Grazas a Deus que coñecía ben o camiño. Xa levo dito que era home valente. El mesmo mo contou en Santa Cubicia de Quiroga, na tasca do Avelino. Polas primeiras horas todo foi ben. Non viu amosas de lobos por ningures. Parouse a acender un pito antes de chegar á lindeira da devesa de Bonxa. Mais de alí a un pouquichiño ouviu patuxar nun trollo. Xa sabedes que é un terreo fondal onde se encora a auga. Unha miguiña dispois ouviu un longo ouveo. E outro lle respondeu da outra banda da valgada. Tamén sentiu unhas carreiriñas polos dous lados do camiño. Os lobos seguían chamándose os uns ós outros. Por sorte para el, había moitos seixos no camiño. Encheu tódolos petos de croios. Non me dixo que empezara a ter medo, mais eu coido que si...

  • Dous lobos grandísimos fórono acompañando. Ían sempre de par del, ás dúas mans. Case que parecían dous cans que foran co seu amo. Se el se paraba, tamén eles se paraban. Algunhas veces púñanselle diante. Entón, o capador guindáballes un coio. E batíalles. Os lobos apartábanse. No máis fondal dunha congostra tivo que pasar un pontigo. Esgotara as pedras que trouxera nos petos. Xa lle quedaban poucos fósforos. Do outro lado do pontigo viu unhas luces coma de vagalumes. Acendeu un fósforo. Non había pedras no camiño. Tivo que coller bulleiro coas mans e tirarllo ós lobos, ó mesmo tempo que berraba moi forte. Ergueuse un e deixouno pasar. Quizais foran seis. A todos lles relucían os ollos. Un deles botoulle os dentes á cachaba e arrincoulla da man. Íanse metendo nel cada vez máis. Ata lle fustrigaban as pernas cos rabos. Acendeu, un tras outro, os tres fósforos que lle quedaban. Grazas a isto puido coller un coio. Atinoulle a un lobo no peito. Regañaban todos os dentes coma cando se van botar sobre as ovellas. Xa sentía que se lle esmorecían os pulsos, que se ia quedando sen forza. Os lobos seguían a chamarse uns ós outros. Tremía coma un vimbio. Xa non os podía escorrentar nin sequera berrar. Íalle estoupar o corazón. Unhas cantas lancañadas máis e xa estaría na casa. ¿Podería dalas? De súpeto, viu tremelar unhas luces nas tebras; ladraban uns cas ó lonxe. Meteu os dedos na boca e asubiou. Chamábano de lonxe. Estourou un tiro de escopeta. -Anda Rabelo, anda Sultán ouviu que dicían. Diante del había tres fachucos de palla ardendo. Seus tres cuñados dábanlle fortes apertas. -Andabámoste buscando -dixo un. Chegaron o Sultán io Rabelo brincando ó seu redor e dando ouveos de ledicia. Entraron na casa. As mulleres estaban na cociña. Na gran lareira había un bo lume. -Traédeme auga –dixo o capador. E caeu estalicado no chan. Todos se alporizaron. Houbo moitos berros e prantos. Máis de dúas horas estivo sen sentido. Levárono ó leito. A forza de fretas volveulle o acordo. -Se non sairades a buscarme tan só se me atoparían os ósos. Xanon podía resistir máis -dixo o bo do home. Para que vexades como traballan os lobos á xente. https://www.youtube.com/watch?v=AGlMx4z5-tQ

    2. Tal e como agora eu vou, vello i anugallado, perdido cos anos o lentor da moza fantasía, pónsemepor veces no maxín que aqués días por min pasados na frol da mocidá, na antiga e longa selva de Esmelle,son soio unha mentira, que por ter sido tan contada e tan matinada na memoria miña, coido eu, omintireiro, que en verdade aqués días pasaron por mín, i aínda me labraron soños e inquedanzas talesxeiras, como unha afiada trincha nas máns dun vago e fantástico carpinteiro. Verdade ou mentira, aquésanos da vida ou da maxinación, foron enchendo cos seus fíos o fuso do meu esprito, i agora podo tecer opano distas historias, novelo a novelo. Cando de obra de nove anos cumpridos por Páscoa, coa pucha namán, acheguéime á porta de mi amo Merlín, quén diría que ma iban a encher, a pucha nova, das máismisteriosas maxias, engados, trasegos, inventos, tendollos e feitizos? Nunca galano coma iste, digo eu, llefoi feito a un rapaz, e, coma dun corno maravilloso, eu tiro fita tras fita, conto tras conto, ecos meuspropios ollos miro pasar toda aquela troupada profana que a Merlín acudía i aos seus sete saberes: enMerlín amecíanse, tal as liñas dun xastre invisibre, tódolos camiños do trasmundo. Il, o mestre, facía o nóque lle pedían. Xa o veredes. (...)Ás vegadas, por facer festa, o señor Merlín saía á eira, e nunha copa de cristal chea de auga, verquía dúasou tres gotas de licor que il chamaba “dos países”, e sorrindo, con aquela aberta sorrisa que lle enchía afranca faciana como enche o sol a mañán, perguntábanos de que coor queríamos velo mundo, e sempreque a min me tocaba responder, eu decía que de azul, i entón don Merlín botaba a iauga, ao áer, e por unsegundo todo, Esmelle todo arredor, as brancas torres de Belvís, as pombas i o can Ney, o roxo pelo deManoeliña, a branca barba de mi amo, o cabalo tordo, as bidueiras de Quintás i o toxo da coroa do Castro,todo era unha longa nuben azul que pouco a pouco se esváia. O señor Merlín sorría namentres secaba acopa con un pano mouro. Esmelle, selva longa i antiga, na memoria lévoa eu de azul pintada, como si unenorme e morno luar apousara, nun repente, na terra.

    3. -Si señor, si; os mesmos. O Juan Fariña e o Eladio Vilarchao, que están eí nos papeis, son o Bocas e o Milhomes polos alcumes, que é como aquí nos coñecemos todos e que non ofenden a ninguén, porqueXan e Aladio poden ser calisquera , pero o Bocas e o Milhomes só poden se-los que son, do mesmo xeito que eu son Cipriano Canedo e me chama Cibrán ou o Castizo; como vostede guste, pois o meu pai tiña uncastizo para servire porcas con licencia.... Anque tamén me chaman o Tiñica e o Puchapodre porque de

    https://www.youtube.com/watch?v=AGlMx4z5-tQ

  • rapaz tiven a tiña, que me durou astra mozo, e andaba coa gorra moi apegada.-- Non, señor,non; só é pra írmonos entendendo, pois xa me vou deprocatando que vostede non é deiquí. -- Non, señor, non; non é que me importe senón para que me entenda, pois xa lle tivemos un capataz, que era das partes dos murcios, que aínda falándolle nas súa fala non nos entendiamos... Pois indo ó asunto, eran Xanciño o Bocas, ou o Alifante ou o Peitodemacho, e mais o Aladio o Milhomes, ou o Papaganduxos, ou o Stesaias, ou o Maricallas, tamén como a vostede lle peete, que eiquí todos temos onde escoller... Conque arrodeáronme ríndo e zapicándome nas encostas, e o Milhomes beliscándome na entreperna, como tiña por fodido costume. Deixaraos na taberna de Narizán facía dous días, que era sábado, nunha daquelas esmorgas que os fixeran famosos...

    4. A rapaza do circo

    Mirou pola fiestra. Víase a carpa do circo que se erguía entre os carballos do feiral.Está castigado. Cando el saia, a sesión da tarde terá rematado. E despois de cear non o deixarán ir.A cousa empezou por culpa dunha aposta. Os de quinto estudiaban na aula II, que tiña acceso directo desde o portal sen pasar polas demais dependencias do colexio. Podían ver a rúa e meterse coas rapazas que pasaban sen que ninguén os vixiase. Cando viron a Anne, avisárono:- Mira a francesiña do circo.El coñeceuna de casualidade. Unha tarde, a eso das seis, estaba sentado nun banco do xardín e advertiu que se achegaba unha rapaciña loira, de melenas longas, vestida cun pantalón corto. Con acento francés preguntoulle onde podería atopar un médico. Acompañouna. Polo camiño ela díxolle que era trapecista docirco e que seu pai, un antigo xendarme, atopábase malo (pouca cousa: talvez unha mala dixestión), e que pedira que lle levasen un médico. El a penas falou. Ao chegaren á clínica indicoulle: «Aquí». Ela deulle as gracias e invitouno a pasar pola taquilla, onde lle facilitaría un par de entradas para a función das oito.Foi. Antes de se subir ao trapecio, a rapaza, vestida de pescadora, cantou. Na metade da canción dirixiuse á butaca que ocupaba el e botoulle o sedal da cana, mentres lle dicía entre os risos de todos: «Pica, pica, pececito».Volvéronse atopar ao día seguinte.Despois víronse tódolos días. Pasaban as tardes no río. Deitábanse na area. Enterrábanse. Nadaban. Ela faláballe de Marsella, da súa infancia. El pechaba os ollos e imaxinaba aquela rúa frente do porto, os barcos que Anne despedía cun pano branco desde o faiado, a tía Françoise, Jules... ¿Como sería aquel Jules que lle dera o primeiro bico no portal?-Era loiro, coma min. E moi apencado.-¿Lémbraste del?El tiña un sombreiro de palla sobre dos ollos para tornar o sol. Volveulle preguntar:-¿Lémbraste del?Sentiu os labios dela que se pousaban nos seus. Foi como un trallazo. Unha ledicia branca nacíalle dentro do corazón.Despois bicáronse. Bicáronse moitas veces. E ela apoiou a súa cabeza no peito del.Pronto correu a noticia de que se vían no río. Na casa rifáronlle. «¡O que me faltaba -dixera seu pai-, un fillo titiriteiro!».Pero seguíanse vendo ás agachadas.Hoxe os compañeiros de quinto desafiárono.-A que non es home de subila para aquí...Non o dubidou. Asomouse á ventá e chamouna:-¡Anne...!Subiu. Recibiuna no vestíbulo e metéronse no laboratorio. Pecharon a porta por dentro e taponaron o buraco da pechadura cun cacho de papel. Os de quinto armaban barullo fóra. El ensinoulle as bolboretas, as pedras, os lagartos e as cobras metidos en formol... Pediulle un alfinete e picouse nun dedo. Amosoulle o sangue a través do microscopio.

  • -¿Sabes unha cousa? -dixo ela.-¿Que?-Que nos imos mañá.Colleuna pola cintura e bicouna.E naquel momento chegou o director.Cando saia, será xa de noite e terase que ir para a casa sen vela, sen lle explicar, sen lle dicir o que ocorreu. E despois de cear dirá: «Quero ir ao circo». E o seu pai responderá: «Non». Entón ira á cama. E pensará: «Os vellos non saben». E os vellos (non tan vellos), na súa habitación nin sequera se lembrarán del e da francesiña Anne. E el ha tardar en durmir, pero durmirá. ¿Durmirá?Mañá, ao se erguer, sentirase triste. Máis triste que ninguén. ¿E que será de Anne? Non a volverá ver. ¿Nunca máis? Nunca.Ergueuse moi cedo. Marchou correndo ao campo da feira. No sitio do circo só quedaba un redondel.5. Se miña señor a alba de Arousa bailar poñereille, belida, un ventiño no mar. ¡A dorna vai e vén que meu amor ten!Poñeireille unha frauta e mais un reiseñor e unha longa soidade coma a do mar maior. ¡A dorna vai e vén que meu amor ten!

    Na illa Cortegada poñereille un galán por pastor das mareas co seu remo na man. ¡A dorna vai e vén que meu amor ten!

    Poñeireille unha gaita no bico da ría e unha abelaneira no medio do day. ¡A dorna vai e vén que meu amor ten!

    6. Soneto pra lembrar a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

    Deixo a miña palabra prá lembranzado profeta Daniel coma sempre lembrado.Naceu preto do pobo, e foi criadono doce amor do mar e da arelanza.

    Deixo a miña palabra sin louvanza.Sóio digo o que foi: home chantadoen si e no seu pobo asoballado,na loita, na verdade, na esperanza...

    Deixo a miña palabra sen máis flores,e digo só que foi home cabal,home bon e cabal sin máis louvores.

    Eu lembro a súa palabra natural,sinxela e popular. E o seu desterro.E a súa morte lonxana e o seu berro.

    (DESPOIS SERÍA LITERATURA A PARTIR DE 1975 QUE DEIXAREMOS PARA O PRÓXIMO CURSO).

  • O Rexurdimento (1863-1916) Época das Irmandades e da Xeración Nós

    (1916-1936)

    1863

    Cantares

    gallegos, de

    Rosalía de Castro

    1920

    Publícase en Ourense o nº 1 da

    revista Nós. Destacan Castelao,

    Risco e Otero Pedrayo.

    1931

    Creación do Partido Galeguista e

    proclamación da II República

    Española

    Aparecen as primeiras

    gramáticas e dicionarios, así

    como publicacións

    periódicas bi e monolingües

    1906

    Fúndase na Habana a

    Real Academia

    Galega

    1936-1939

    Guerra Civil

    Española.

    1880

    Rosalía de Castro: Follas novas

    Curros Enríquez: Aires da miña terra

    Lamas Carvajal: Saudades gallegas

    E. Pondal: Queixumes dos pinos (1886)

    POESÍA: XÉNERO PRIVILEXIADO

    Agrarismo

    Intensa mobilización labrega que

    esixía a abolición dos foros (1923).

    Ligado ás loitas agrarias, Ramón

    Cabanillas foi o autor ponte entre o

    Rexurdimento e o séc. XX.

    1923

    1922

    Créase o Seminario de Estudos

    Galegos co obxecto de

    desenvolver en galego

    investigacións universitarias en

    diferentes campos.

    28-06-1936

    Aprobación do

    Estatuto de

    Autonomía

    Outros xéneros

    Primeiras obras teatrais

    e prosísticas. Estudo da

    literatura popular

    Rexionalismo

    Movemento sociopolítico que defendía a

    personalidade hª diferenciada de Galiza, así

    como a lingua e cultura propias. As súas

    ideas actualizan os principios do

    Provincialismo, iniciado en 1833.

    1916

    As Irmandades da Fala

    Movemento nado na Coruña que se estendeu

    por vilas e cidades e que tiña como obxectivo

    normalizar e prestixiar a lingua en todos os

    ámbitos. Dan o paso ao Nacionalismo.

    Estudo do idioma e

    presenza na prensa

    Esquemas para entender a literatura galega contemporánea

    Manifesto Máis Alá

    A Xeración das Vangardas creou unha literatura

    nova en liña coas estéticas renovadoras que se

    manifestaban en Europa

    Román C. Landín

    Curso 2016-2017

  • Literatura de Posguerra

    (1936-1950)

    Literatura de Posguerra

    (1950-1975)

    O baleiro da posguerra: o exilio interior

    Na inmediata posguerra, dáse unha forte

    represión sobre o galeguismo. Ábrese un longo

    período sen actividade cultural e produción

    literaria por mor do proceso de uniformización

    cultural e lingüística imposto pola Ditadura.

    Comeza a LONGA NOITE DE PEDRA.

    Celso Emilio

    Ferreiro

    Recuperación

    paulatina do discurso

    cultural silenciado.

    Nova Narrativa Galega

    Autores como Ferrín, Manuel

    María, Nononeyra ou Xohana

    Torres renovaron o discurso

    poético entre 1950 e 1975.

    Exilio

    A literatura galega floreceu no exilio americano,

    sobre todo en Arxentina. Os exiliados crearon

    editoriais, publicacións periódicas, fixeron radio

    e teatro. Destacan Luís Seoane, Blanco-Amor

    e Rafael Dieste. Castelao preside o Consello de

    Galiza.

    1947

    Cómaros verdes, de

    A. Iglesia Alvariño.

    Ensaio e

    teatro A finais dos 50 e comezos dos 60

    autores como Ferrín, Mª. X.

    Queizán e Casares renovan a prosa

    de ficción seguindo especialmente

    aos novelistas franceses.

    Créase a Editorial

    Galaxia, que restableceu a

    continuidade cultural

    cortada pola Guerra Civil.

    Álvaro Cunqueiro

    Figura central da literatura galega do séc. XX. Poeta, narrador e ensaísta,

    comeza a súa traxectoria en 1950 coa publicación de Merlín e familia.

    Neste labor de recuperación da narrativa en galego viuse acompañado por

    autores como Ánxel Fole, que fusiona a novela de preguerra coa

    modernidade, ou Xosé Neira Vilas, representante da novela realista.

    1950

    Xeración Poética dos 50 Asociacionismo

    cultural. Anos 60

    A poesía de temática social e de

    compromiso ten continuación no exilio,

    mais é con C.E.F. con quen o social-

    realismo alcanza unha repercusión

    fundamental a partir dos primeiros 60.

    Poesía de Posguerra

    Convivencia de diferentes

    correntes e autores

    continuístas ou renovadores.

    A revista Grial

    (Galaxia) e outras

    coleccións dan cabida

    ao ensaio (hº,

    económico, cultural,

    sociolingüístico…) e

    o teatro renace a

    través do

    asociacionismo.

    Román C. Landín

    Curso 2016-2017

  • A Galiza contemporánea (1975-actualidade)

    Século XXI

    Diversificación

    de xéneros e

    recuperación dos

    clásicos.

    Predomina a

    novela longa.

    Amplíase o

    abano temático,

    xenérico e

    formal. Gaña

    espazo o relato

    curto

    Xeración dos 80

    Extensa nómina de

    autores cunha obra

    de alto rigor formal

    e culturalista: Pilar

    Pallarés, X. Seoane,

    Álvarez Cáccamo,

    Fernán-Vello, Lois

    Pereiro, Forcadela,

    M. Rivas, R. Raña,

    R. Fonte, Baixeras,

    Rábade, Fiz

    Vergara, H. Villar

    1981

    Grupo Abrente

    Do culturalismo dos 80 (Fernán-Vello, Inma A.

    Souto e Xesús Pisón) pásase nos 90 a unha clara

    vontade por escenificar os textos (Candido Pazó,

    Dans, R. Salgueiro, M. A. Murado). Súmanse

    hoxe R. Ruibal, T. Moure, P. Carballeira, etc.

    1985-2000

    1975

    Fin da Ditadura

    franquista.

    Aprobación da

    Constitución

    Española en

    1978.

    Narrativa Galega de 1975 á actualidade

    Chegan con forza

    as narradoras.

    Toma pulo a

    novela negra e da

    Guerra Civil.

    Éxitos comerciais.

    Eclosión de voces novas,

    de colectivos e dos

    recitais. Aparecen

    numerosas voces

    femininas: Ana Romaní,

    Olga Novo, Chus Pato,

    Yolanda Castaño, Mª

    Lado, Enma Couceiro…

    Autores: Fran Alonso,

    Miro Villar, Estevo

    Creus, X. Cordal, etc.

    Século XXI

    Novos e variados

    rexistros e

    tendencias: Lucía

    Novás, Antía Otero,

    Xiana Arias,

    Alberte Momán,

    Daniel Salgado,

    Gonzalo Hermo,

    Ismael Ramos,

    Oriana Méndez,

    Rosalía Fdez. Rial,

    etc.

    1975-1985

    Teatro

    Vinculados á Mostra de Teatro de Ribadavia

    (1973), destacan Manuel Lourenzo, Euloxio

    Ruibal e Vidal Bolaño, innovadores na escena e

    nas temáticas.

    Aprobación do Estatuto de Autonomía e

    creación das institucións autonómicas galegas,

    da CRTVG, etc. A lingua galega é recoñecida

    por primeira vez como lingua oficial mais é a

    Lei de Normalización Lingüística (1983)

    quen desenvolve o estatuto legal do idioma e

    impulsa o proceso de promoción lingüística e

    cultural, que tamén permite a reconstrución

    dun sistema literario galego cada vez máis

    autonómo.

    Sistema literario

    Consolidación dun panorama literario que abrangue todos os

    xéneros e que moderniza o seu discurso estético. Aparecen novas

    editoriais, consolídase a crítica, amplíanse públicos, prolifera a

    tradución, popularizase o teatro, diálogase con outras artes, etc.

    Literatura Infantil

    e Xuvenil

    Poesía Galega de 1975 á actualidade

    Xeración dos 90

    Promocións dos 80, 90 e teatro actual

    Forte impulso e

    consolidación da LIX e

    formación dun amplo

    público lector. Ampla

    nómina de autores,

    títulos e coleccións.

    Román C. Landín

    Curso 2016-2017

  • A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA ESQUEMA PARA IMPRIMIR

    AS IRMANDADES DA FALA

    - Continuidade temática e formal dos autores do Rexurdimento, cun progresivo deterioramento estético: costumis-mo ruralista, historicismo celtista, intimismo sentimental e reivindicación cívica

    - Dúas tendencias xerais na poesía do primeiro terzo do séc. XX: continuísta (Noriega Varela, Crecente Vega) e re-novadora (Ramón Cabanillas)

    - Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Vilar Ponte.- Recollen e potencian as aspiracións galeguistas do Provincialismo e o Rexionalismo- A dignificación e promoción da lingua galega é un dos seus principios fundamentais- Presentan, ademais das reivindicacións culturais, un ideario político ben definido. Supoñen o inicio do nacionalismo- O seu voceiro é a revista A Nosa Terra -Fundan editoriais que permitirán a publicación en galego: Céltiga, Alborada, Libredón, Lar, Nós e crean publicacións

    periódicas en galego: A Nosa Terra, Rexurdimento, Nós, Ronsel…- Publican Algunhas normas pra a unificazón do idioma galego, traballo de carácter normativo, e un dicionario caste-

    lán-galego

    SITUACIÓN DA POESÍA GALEGA NO INICIO DO SÉCULO XX

    - A súa obra poética está recollida nun único volume, Do ermo- Compoñentes da súa poesía:

    ► Costumismo ruralista: enmárcase dentro da corrente do descritivismo paisaxista e de costumes propio da tra- dición decimonónica: métrica popular, temática rural, escenas costumistas

    ► Lirismo da natureza: enfatízanse as cousas humildes da paisaxe, a partir dunha visión franciscanista da nature- za, expresión máis culta e refinada, con influencia dos poetas clásicos latinos e do saudosismo; emprego de es- trofas cultas, como o soneto

    NORIEGA VARELA

  • RAMÓN CABANILLAS

    - OBRAS PRINCIPAIS:

    ► Poesía lírica: No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada, A rosa de cen follas ► Poesía narrativa: Na noite estrelecida► Teatro: O mariscal

    - LIÑAS TEMÁTICAS:► Poesía lírica: Estilo simple e popular; preferencia polos versos de arte menor

    ► Costumista: Paisaxismo, tipos e costumes rurais, ás veces cunha perspectiva crítica ou humorística

    ► Intimista: Temática amorosa, vivencias do pasado, identificación coa natureza: clara herdanza rosaliana

    ► Cívica: A máis representativa: crítica radical da inxustiza social, anticaciquismo, agrarismo, reivindica- ción nacional, nunha poesía de estilo directo e coloquial

    ► Poesía narrativa: Temática mítica, celtismo, reivindicación nacional: Na noite estrelecida- NA NOITE ESTRELECIDA:

    É un dos mellores poemas narrativos da literatura galega Insírese dentro da temática artúrica; ofrece unha versión galeguizada da lenda Componse de tres sagas: “A espada Escalibor”, “O cabaleiro do santo Grial” e “O soño do Rei Artur” Introduce elementos de inspiración modernista É unha obra dunha grande elaboración formal, estilo culto, métrica coidada, onde se combinan os

    alexandrinos cos octosílabos e as sextinas rubenianas

  • A PROSA DA 1º TERZO DO XX ESQUEMA PARA IMPRIMIR

    A XERACIÓN NÓS

    - Nace en 1920 ao redor da revista Nós, que lle deu nome, e foi o principal referente cultural até 1936 - O grupo fundamental é o núcleo de Ourense: Vicente Risco, Otero Pedrayo e López Cuevillas. Con eles colaboran activamente na revista Castelao e Losada Diéguez - Son os creadores da prosa galega contemporánea presentando unha importante renovación temática e formal - Características:

    ► Procedencia social acomodada ► Rigorosa formación intelectual ► Ideoloxía nacionalista ► Inadaptación e rebeldía ► Vocación universalista ► Modernización da cultura galega

    - Posúe unha ampla formación intelectual. O seu interese céntrase tanto na tradición etnográfica galega como nas novidades estéticas do seu tempo e no coñecemento e divulgación das culturas alleas e o esoterismo

    - Na época previa ao ingreso nas Irmandades, dirixe La Centuria e mostra unha actitude cosmopolita e individualis- ta. Despois,convértese nun dos principais teóricos do nacionalismo e desenvolve un intenso labor literario e político

    -A novela O porco de pé é a obra máis importante da súa narrativa. Narra a historia do inexplicábel ascenso de don Celidonio, personaxe materialista e vulgar, até a alcaldía da cidade. Supón unha crítica feroz da degradación da so- ciedade burguesa da época

    VICENTE RISCO

    - De familia fidalga, culta e liberal, toma conciencia da problemática do país e ingresa nas filas do galeguismo. É membro das Irmandades, no SEG e no PG. Posteriormente participará na fundación da editorial Galaxia

    - É un dos autores máis prolíficos da literatura galega: cultiva todos os xéneros e destaca polo seu saber enciclopé- dico e a súa oratoria privilexiada. É especialmente importante a súa obra narrativa,con títulos como Os camiños da vida e Arredor de si.

    - Os camiños da vida narra, cunha certa visión nostálxica, a decadencia da fidalguía rural do século XIX fronte á nacente burguesía urbana. Arredor de si constitúe o retrato do proceso de concienciación galeguista experimenta- do por el mesmo e polos seus compañeiros de xeración

    OTERO PEDRAYO

  • CASTELAO

    - POLÍTICO: é fundamental na organización do nacionalismo galego ao redor do Partido Galeguista, polo que é elixi- do deputado. Redacta e promove o Estatuto de Autonomía para Galiza e defende desde o exilio a causa republicana

    - ARTISTA: figura principal da arte galega, como pintor e caricaturista: Álbum Nós, Cousas da vida, Galicia mártir

    - OBRA NARRATIVA: Un ollo de vidro, Cousas, Os dous de sempre, Retrincos

    ► Cousas: relatos breves acompañadas dun debuxo, narrados con estilo sintético, humor, lirismo e voación de compromiso. Temática variada: emigración, miseria do campesiñado, crenzas populares, traxedias humanas...

    ► Os dous de sempre: Novela estruturada ao redor de dous personaxes antitéticos: Pedro (movido unicamente por instintos primarios, materialista, conformista, falto de talento) e Rañolas (eivado e de orixe miserábel, é xeneroso e idealista e loita desesperadamente por mellorar como ser humano)

    O ENSAIO

    - É de contido eminentemente político e cultural; defende as teses do nacionalismo galego e procura a divulgación e análise dos distintos sectores da cultura galega, así como das novidades da cultura europea

    - Teoría do nacionalismo galego (Risco), Ensaio histórico sobre a cultura galega (Otero), Sempre en Galiza (Cas- telao). Esta última obra supón o fundamento teórico principal do nacionalismo galego. Realiza unha defensa radical da identidade nacional de Galiza, baseada na súa realidade histórica, xeográfica, económica, lingüística, cultural...

    O XORNALISMO

    - Publicacións de orientación política, como A nosa terra (voceiro das Irmandades) ou cultural, como Nós (a máis destacada deste período, que moderniza o discurso cultural galego) e revistas de perfil vangardista

    RAFAEL DIESTE

    - Escribe un importante libro de relatos breves, Dos arquivos do trasno: combina o popular (argumentos ás veces próximos ás lendas, emprego de recursos propios da narrativa oral) co culto (artificios técnicos de ruptura do dis- curso narrativo) e o cotián (temáticas da realidade próxima) co fantástico (gusto polo misterio)

  • - Movemento estético que produce, no inicio do século XX, unha profunda renovación nos distintos campos artísticos. Preséntase de xeito fragmentario, en diferentes movementos: futurismo, cubismo, surrealismo, creacionismo...

    AS VANGARDAS

    - CRONOLOXÍA: Entre 1909, data de creación do FUTURISMO, e finais da década de 1920.

    - LOCALIZACIÓN: Distintos países e cidades de Europa occidental, especialmente en París

    - VIXENCIA: A pesar de ser un movemento relativamente efémero, deixou unha fonda pegada nas distintas mani- festacións artísticas desde entón até a actualidade

    - OBXECTIVO: A diferenza da concepción artística tradicional, que intenta reproducir fielmente a realidade, as van- gardas pretenden transformala, reinterpretala, a partir da visión persoal do artista

    - CARACTERÍSTICAS XERAIS:- Ruptura radical coa tradición - Renovación da temática- A arte ten sentido en si mesma - Arte cerebral, antisentimental, antirromántica- Expresión hermética - Elaboración de manifestos programáticos radicais

    FUTURISMO (PRINCIPAIS AUTORES: F. T. Marinetti, Álvaro de Campos, Almada Negreiros,V. Maiakovski)

    ► Destrución absoluta da sintaxe► Emprego do verbo en infinitivo► Abolición do adxectivo e do adverbio e emprego de substantivos duplos (“multitude-resaca”)► Substitución dos signos de puntuación por símbolos matemáticos (+ — < > = ...)► Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e tamaños de letras, uso de chaves, espazos en branco..► Abundante léxico de tipo técnico

    - CARACTERÍSTICAS DOS PRINCIPAIS MOVEMENTOS:

    ESQUEMA PARA IMPRIMIR

  • CUBISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Guillaume Apollinaire, Max Jacob, Joan Salvat Papasseit)► Antisentimentalismo radical; predominio da realidade intelectual sobre a sensorial ► Fragmentación da realidade, ruptura da liña narrativa, simultaneidade► Mestura de linguas e material heteroxéneo► Sentido humorístico e lúdico da expresión artística► Xogo coa disposición tipográfica, creación de imaxes visuais: os caligramas

    DADAÍSMO (PRINCIPAIS AUTORES: Tristan Tzara, Francis Picabia) ► Rebeldía contra todo tipo de convencionalismo ► Desprezo radical de toda manifestación artística anterior► Reivindicación absoluta do absurdo, do carente de sentido► Profundo negativismo; máis que propor unha nova estética, destrúen toda estética imperante► Humorismo, gusto polo ridículo

    SURREALISMO (PRINCIPAIS AUTORES: André Breton, Louis Aragon, Paul Éluard, Álvaro Cunqueiro)

    ► Negación do mundo real como materia para a arte;antirrealismo ► A creación ten como punto de partida o mundo onírico► A imaxinación rebélase contra o reinado da lóxica► A escrita automática como expresión da liberación da razón► Expresión hermética e multisignificativa

    CREACIONISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Vicente Huidobro, Pierre Réverdy, Manuel Antonio)

    ► Creado polo poeta chileno Vicente Huidobro► Semellante ao Ultraísmo, supón, como este, unha síntese de características variadas doutros movementos► Procura a expresión poética baseada en imaxes, liberadas dos seus significados habituais► O poeta é un ser elixido, capaz de captar a esencia da realidade e reinterpretala desde a súa propia óptica

    OUTROS MOVEMENTOS DE VANGARDA: Imaxinismo, Ultraísmo, Expresionismo, Fauvismo...

  • - Movemento estético que produce, no inicio do século XX, unha profunda renovación nos distintos campos artísticos. Preséntase de xeito fragmentario, en diferentes movementos: futurismo, cubismo, surrealismo, creacionismo...

    AS VANGARDAS

    - CRONOLOXÍA: Entre 1909, data de creación do FUTURISMO, e finais da década de 1920.

    - LOCALIZACIÓN: Distintos países e cidades de Europa occidental, especialmente en París

    - VIXENCIA: A pesar de ser un movemento relativamente efémero, deixou unha fonda pegada nas distintas mani- festacións artísticas desde entón até a actualidade

    - OBXECTIVO: A diferenza da concepción artística tradicional, que intenta reproducir fielmente a realidade, as van- gardas pretenden transformala, reinterpretala, a partir da visión persoal do artista

    - CARACTERÍSTICAS XERAIS:- Ruptura radical coa tradición - Renovación da temática- A arte ten sentido en si mesma - Arte cerebral, antisentimental, antirromántica- Expresión hermética - Elaboración de manifestos programáticos radicais

    FUTURISMO (PRINCIPAIS AUTORES: F. T. Marinetti, Álvaro de Campos, Almada Negreiros,V. Maiakovski)

    ► Destrución absoluta da sintaxe► Emprego do verbo en infinitivo► Abolición do adxectivo e do adverbio e emprego de substantivos duplos (“multitude-resaca”)► Substitución dos signos de puntuación por símbolos matemáticos (+ — < > = ...)► Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e tamaños de letras, uso de chaves, espazos en branco..► Abundante léxico de tipo técnico

    - CARACTERÍSTICAS DOS PRINCIPAIS MOVEMENTOS:

    ESQUEMA PARA IMPRIMIR

  • CUBISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Guillaume Apollinaire, Max Jacob, Joan Salvat Papasseit)► Antisentimentalismo radical; predominio da realidade intelectual sobre a sensorial ► Fragmentación da realidade, ruptura da liña narrativa, simultaneidade► Mestura de linguas e material heteroxéneo► Sentido humorístico e lúdico da expresión artística► Xogo coa disposición tipográfica, creación de imaxes visuais: os caligramas

    DADAÍSMO (PRINCIPAIS AUTORES: Tristan Tzara, Francis Picabia) ► Rebeldía contra todo tipo de convencionalismo ► Desprezo radical de toda manifestación artística anterior► Reivindicación absoluta do absurdo, do carente de sentido► Profundo negativismo; máis que propor unha nova estética, destrúen toda estética imperante► Humorismo, gusto polo ridículo

    SURREALISMO (PRINCIPAIS AUTORES: André Breton, Louis Aragon, Paul Éluard, Álvaro Cunqueiro)

    ► Negación do mundo real como materia para a arte;antirrealismo ► A creación ten como punto de partida o mundo onírico► A imaxinación rebélase contra o reinado da lóxica► A escrita automática como expresión da liberación da razón► Expresión hermética e multisignificativa

    CREACIONISMO (PRINCIPAIS AUTORES: Vicente Huidobro, Pierre Réverdy, Manuel Antonio)

    ► Creado polo poeta chileno Vicente Huidobro► Semellante ao Ultraísmo, supón, como este, unha síntese de características variadas doutros movementos► Procura a expresión poética baseada en imaxes, liberadas dos seus significados habituais► O poeta é un ser elixido, capaz de captar a esencia da realidade e reinterpretala desde a súa propia óptica

    OUTROS MOVEMENTOS DE VANGARDA: Imaxinismo, Ultraísmo, Expresionismo, Fauvismo...

  • Lo

    ur

    en

    zo

    Álv

    ar

    ez

    O TEATRO ENTRE 1936 E 1976 ESQUEMA PARA IMPRIMIR

    LIÑAS DO TEATRO DOS ANOS 50

    ► TEATRO REXIONALISTA: continuadora do teatro costumista e a comedia urbana das Irmandades: Carré Alva-rellos e Ramón Cabanillas

    ► TENDENCIA RENOVADORA que continúa a modernización do teatro de preguerra: Otero Pedrayo, Ánxel Fole,Jenaro Marinhas

    ► TEATRO DE INSPIRACIÓN EXISTENCIALISTA, ligado á Escola da Tebra: Franco Grande, Manuel María, Car-valho Calero, Díaz Pardo

    O GRUPO DE ENLACE

    ► Grupo heteroxéneo de autores que serven de conexión entre a dramaturxia de preguerra e a renovación do tea-tro independente

    ► AUTORES:

    - Otero Pedrayo: O desengano do prioiro, Noite compostelá, O fidalgo e a noite

    - Blanco Amor: farsas e autos: Farsas para títeres,Teatro pra a xente

    - Álvaro Cunqueiro: O incerto señor Don Hamlet (orixinal versión da obra shakespeareana), A noite vai coma unrío, Palabras de víspera

    - Jenaro Marinhas: teatro de intención pedagóxica: A revolta e outras farsas, Acurrados, Ramo cativo

    - Carvalho Calero: A farsa das zocas, O auto do prisioneiro, Os xefes

    A XERACIÓN DOS 50

    ► Conxunto de escritores (fundamentalmente poetas) nacidos arredor de 1930 que irrompen na década dos 50 ásombra do grupo Galaxia cunha decidida vocación renovadora. Cunha vivencia indirecta da Guerra Civil, perten-cen maioritariamente a unha pequena burguesía liberal e republicana que se achega á realidade cultural galegaa través da Universidade e do maxisterio de Otero Pedrayo

    ► AUTORES:

    - Danirel Cortezón: revisión dramática da historia de Galiza: Prisciliano, Os irmandiños, Xelmírez ou a groria deCompostela

    - Manuel María: teatro como instrumento reivindicativo: Auto do labrego, Barriga verde, Farsa de Bululú

    - Xohana Torres: teatro realista de denuncia social: A outra banda do Iberr, Un hotel de primeira sobre o río

    - Bernardino Graña: visión crítica sobre o poder do diñeiro e a vida alienada do ser humano no mundo moderno:20 mil pesos crime, Sinfarainín contra Don Perfeuto, Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán)

    O TEATRO INDEPENDENTE E A MOSTRA DE RIBADAVIA

    ► En 1973 a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia convoca a I Mostra de Teatro Galego e o I Certame Abren-te. Con esta iniciativa, Ribadavia convértese no principal punto de encontro do mundo do teatro galego. Ao tempoque se fomentan e popularizan as representacións teatrais, estímulase, co premio Abrente, a creación de textosdramáticos

    ► OBXECTIVOS DO TEATRO INDEPENDENTE:

    - Rescatar o teatro das salas convencionais para achegalo ao público en todo tipo de locais

    - Romper co concepto de compañía estábel e apostar pola itinerancia e a creación colectiva

    - Pescudar novos métodos para a creación e a representación cun afán experimental

    - Crear unha rede teatral que permita o desenvolvemento dunha dramaturxia galega moderna e comprometida

    ► O GRUPO ABRENTE: Está formado por autores que tiveron unha destacada participación nas mostras e certa-mes de Ribadavia: Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal, Francisco Taxes, R. Vidal Bolaño

  • Lo

    ur

    en

    zo

    Álv

    ar

    ez

    A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 ESQUEMA PARA IMPRIMIR

    PROMOCIÓNS DE POETAS

    - Con Luís Pimentel (Sombra de aire na herba) como autor de enlace coa xeración de preguerra, os poetas destaetapa poden dividirse, seguindo un criterio cronolóxico en:

    XERACIÓN DO 36 (nacidos entre 1909 e 1920): Participan na Guerra Civil, que está moi presente na súa obra.Cultivan tendencias de preguerra e desenvolven as temáticas social-realista, intimista e clasicista

    Autores: Iglesia Alvariño (Cómaros verdes), Díaz Castro (Nimbos), Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)

    PROMOCIÓN DE ENLACE (1920-1930): Inícianse baixo a influencia da poesía española. De formación autodi-dacta, móvense entre o intimismo e a angustia existencial da “Escola da tebra”

    Autores: Antón Tovar (Calados esconxuros), Luz Pozo Garza (O paxaro na boca), M. Cuña Novás (Fabulario novo)

    PROMOCIÓN DE ENLACE (1930-1940): De formación universitaria e influídos polas correntes literarias euro-peas, cultivan unha poesía comprometida onde se mesturan social-realismo e existencialismoAutores: Uxío Novoneyra (Os eidos), Xosé Luís Méndez Ferrín (Con pólvora e magnolias), Manuel María (Muiñei-ro de brétemas), Bernardino Graña (Se o noso amor e os peixes...)

    - É o autor máis importante desta xeración e o principal representante da poesía social. A súa poesía comprometidafoi un referente básico na resistencia antifranquista. As temáticas reivindicativas (solidariedade cos oprimidos,defensa do idioma, denuncia dos males da sociedade: fascismo, guerra, inxustiza, emigración) compleméntanse conoutras liñas intimista e satírica

    - Principais obras: O soño sulagado, Viaxe ao país dos ananos, Longa noite de pedra. Esta última, de gran populari-dade, converteuse nunha obra de culto da loita contra a ditadura. O título é unha metáfora da situación que sevive durante o réxime (sinxeleza expresiva, rexistro ás veces coloquial; importancia da mensaxe: a poesía é unhaarma de concienciación social que debe ser accesíbel a calquera lector)

    CELSO EMILIO FERREIRO

    XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS

    UXÍO NOVONEYRA: O máis salientábel da súa lírica é a temática paisaxista, presentada como un diálogo comedio natural desde unha perspectiva transcendente, ás veces mística e panteísta. A natureza convértese nuninstrumento para reflexionar sobre a natureza humana. Tamén presenta unha vertente social, comprometidacon Galiza e coa loita antiimpreialista e antibelicista.

    Obras: Os eidos, Elexías do Caurel, Os eidos 2, Poemas caligráficos

    MÉNDEZ FERRÍN Iníciase na poesía seguindo a corrente estética da “Escola da Tebra”,manifestando sempreunha predileción pola poesía comprometida. O seu libro Con pólvora e magnolias supón un auténtico revulsivo napoesía galega da década dos 70. Renova a poesía de reivindicación social, dándolle un enfoque menos tópico e“panfletario” e introducindo elementos estéticos novidosos e abundantes referencias culturais. O poemariocombina dúas vetas: a da proclama política (a pólvora) e a da introspección persoal e intimista (as magnolias).

    Obras: Voce na néboa , Con pólvora e magnolias, Poesía enteira de Heriberto Bens, O fin dun canto

    MANUEL MARÍA: Comeza a súa obra poética desde os presupostos intimistas e existencialistas da “Escolada Tebra”. Posteriormente, decántase cara ao descritivismo paisaxista e a poesía de compromiso social: defen-sa das clases populares, reivindicación nacional de Galiza e crítica da tiranía e do imperialismo. A sinxeleza daexpresión e a temática popular contribúen á súa grande aceptación social.

    Obras: Muiñeiro de brétemas , Morrendo a cada intre, Terra chá, Documentos personaes, Os soños na gaiola

    BERNARDINO GRAÑA: Presenta unha traxectoria común á maioría dos membros da súa xeración: inicio naórbita da “Escola da Tebra” e posterior achegamento á poesía social e a outras temáticas máis intimistas. A súapoesía, de marcado ton vitalista, trata de maneira singular o tema do mar; nas últimas obras adquire maior pesoa vivencia amorosa e o sentimento de alienación do ser humano nunha sociedade mercantilizada en exceso.

    Obras: Profecía do mar, Non vexo Vigo nin Cangas, Se o noso amor e os peixes...

  • Lo

    ur

    en

    zo

    Álv

    ar

    ez

    A PROSA ENTRE 1936 E 1976 ESQUEMA PARA IMPRIMIR

    ÁNXEL FOLE

    ► ASPECTOS TEMÁTICOS:

    VARIEDADE DE FONTES: céntrase no conto popular; gran parte dos relatos están tirados da tradición oral

    TEMÁTICAS:baseadas na realidade galega,mesturan unha realidade material (O Courel e as súas xentes) e unharealidade inmaterial que recrea as crenzas sobrenaturais e supersticións da tradición rural galega

    ► ASPECTOS FORMAIS:

    EMPREGO DE RECURSOS PROPIOS DA NARRACIÓN ORAL: recorre a fórmulas da oralidade: apelacións direc-tas ao receptor, presenza do narrador como protagonista supostamente real da historia...

    REALISMO NARRATIVO: Os elementos fantásticos teñen case sempre unha xustificación realista

    NATURALISMO LINGÜÍSTICO: Adopta un modelo de lingua oral, que reproduce a súa diversidade dialectal,introducindo mesmo formas vulgares e arcaizantes

    Obras: Terra brava , Á lus do candil: relatos de tipo oral onde predomina a temática sobrenatural tratada ás ve-ces cun sentido de distanciamento humorístico, relacionados coa comarca do Courel e do Incio

    ► Presenta características renovadoras que posteriormente desenvolverán os autores da Nova Narrativa Galega:espazos urbanos, personaxes marxinais, temática realista, expresión coloquial... As súas obras están ambienta-das en Auria (Ourense) e nelas predomina o narrador en 1ª persoa. Algúns dos seus temas recorrentes son omundo da infancia e da adolescencia, as relacións familiares, a violencia, a marxinación, a represión política e lin-güística, o afastamento da política das necesidades da xente...

    Obras: A esmorga, Os biosbardos, Xente ao lonxe. A esmorga é unha das novelas máis importantes e influentesda literatura galega. Conta a historia de tres homes que, durante un día de esmorga, viven unha serie de tráxi-cas peripecias que os conducen inexorabelmente á morte. É unha novela de vocación sociolóxica que presenta im-portantes innovacións técnicas, temáticas e expresivas

    BLANCO AMOR

    ÁLVARO CUNQUEIRO

    ► CARACTERÍSTICAS DA SÚA NARRATIVA:

    - Creación dun universo literario singular, froito da combinación do mito, a tradición, o popularismo e a experien-cia do cotián, e desbotando a temática social; atracción polo exotismo e as temáticas universais

    - Gusto polo relato breve - Presenza do humor e da ironía, sempre de maneira sutil e amábel- Lirismo e poeticidade - Mestura do real co fantástico

    - Predominancia da oralidade do estilo - Intertextualidade: referencias a outros textos literarios

    Obras: Novelas:

    - Merlín e familia: Merlín recibe no seu pazo a visita de viaxeiros que lle presentan o seu caso e solicitan o seuconsello - As crónicas do sochantre: un eclesiástico é recollido por unha carruaxe na que varios defun-tos lle relatan as súas historias - Si o vello Sinbad volvese ás illas: un Sinbad vello conta historias pasa-das, mentres agarda en van conseguir unha nova nave que lle permita regresar ás aventuras do mar

    Narrativa breve: as semblanzas:

    - Escola de menciñeiros , Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes : están integradas por relatos moibreves, centrados nun personaxe peculiar ou insólito. Supoñen unha excelente mostra do realismo fantástico

    NEIRA VILAS

    ► CARACTERÍSTICAS DA SÚA NARRATIVA:

    - De carácter máis tradicional que os seus coetáneos, mostra cun tratamento cruamente realista a vida da Gali-za rural e da emigración. Os conflitos dos personaxes xorden do enfrontamento co medio, da loita cotiá polasobrevivencia. En Memorias dun neno labrego, a súa novela máis importante, narra, desde a óptica crítica dunneno (Balbino), a vida de miseria e opresión dunha aldea galega da posguerra

    ► CLASIFICACIÓN TEMÁTICA:

    - Vivencia infantil no mundo da aldea: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo...

    - Mundo rural observado desde un punto de vista do adulto: Xente no rodicio, Querido Tomás...

    - Emigración: Camiño bretemoso, Remuíño de sombras...- Estampas líricas e semblanzas: Lar, Nai...

  • Lo

    ur

    en

    zo

    Álv

    ar

    ez

    A NOVA NARRATIVA GALEGA ESQUEMA PARA IMPRIMIR

    CARACTERÍSTICAS XERAIS

    ► CRONOLOXÍA: O movemento iníciase en 1954, coa publicación de Nasce unha árbore de R. Mourullo.A partir de1968 e até 1980 (ano de publicación de Cara a Times Square de Camilo Gonsar) estes autores van abandonandoprogresivamente a experimentación formal

    ► INFLUENCIAS

    - JAMES JOYCE e a “corrente da conciencia” (monólogo interior) que pretende mostrar os pensamentos dospersonaxes “en bruto”, sen ningún tipo de elaboración racional; ruptura da orde cronolóxica lineal

    - Os autores do “NOUVEAU ROMAN” francés, denominación na que se inspira este movemento (Robbe-Grillet,Nathalie Sarraute, Michel Butor...), que experimentaron cunha narración obxectalista na que, cun desenvolve-mento mínimo de acción, se describe con minuciosidade o entorno físico

    - FRANZ KAFKA, na caracterización de personaxes atormentados e incapaces de gobernar o seu propio destinoe na plasmación dunha realidade absurda que se vive como un pesadelo

    - JOHN DOS PASSOS e W. FAULKNER, no emprego do pluriperspectivismo e a “narración cinematográfica”

    ► CARACTERÍSTICAS TEMÁTICAS E FORMAIS

    - TEMÁTICA: Expresión do absurdo da existencia, pesimismo, desesperanza; asasinatos, suicidios, fracasospersoais, amor insatisfeito, soidade, illamento, episodios patolóxicos...

    - PERSONAXES: Perdidos, desnorteados, movidos polas circunstancias, sen control do seu destino, violentos,agresivos, solitarios, desequilibrados, autodestrutivos... antiheroes

    - TEMPO: Gusto pola ruptura da orde cronolóxica (analepeses, prolepses, ucronía), redución radical do tempo- ESPAZOS: Maioritariamente urbanos ou suburbiais. Fuxida consciente do ruralismo. Ambientes claustrofóbi-cos, sórdidos. Cosmopolitismo, localizacións estranxeiras

    - NARRADOR: Preferencia pola primeira persoa protagonista e as perspectivas obxectivistas, que mostran ahistoria sen explicala, multiperspectivismo, monólogo interior

    - ESTILO: Simple, oracións curtas, marcada tendencia ao coloquialismo, fuxida da retórica; descricións de natu-reza obxectalista; gusto pola mestura de xéneros, pola narrativa “collage”

    AUTORES

    ► RODRÍGUEZ MOURULLO: Memorias de Tains está composto por oito cartas que conteñen historias entrelaza-das,radicadas nunha cidade imaxinaria xa desaparecida, que presentan unha atmosfera de angustia, de pesadelo

    ► CAMILO GONZÁLEZ SUÁREZ-LLANOS (CAMILO GONSAR) publica algunhas das novelas máis representati-vas do grupo: técnica obxectalista, temática sobre a violencia e o absurdo humano, ambientacións afastadas da

    realidade galega (Madrid, Nova York)... Cara a Times Square

    ► MARÍA XOSÉ QUEIZÁN: A orella no buraco enmárcase de cheo na estética da NNG. Narra a biografía dunemigrante fracasado, desde a atemporalidade e a partir de sucesivos monólogos. Nótase unha grande influenciado nouveau roman na descrición obxectalista

    ► X. L. MÉNDEZ FERRÍN: As súas tres primeiras obras encádranse claramente dentro das características daNNG: personaxes problemáticos (violentos, incomunicados, con diversas patoloxías...), espazos urbanos, estilomenos elaborado.... A partir de Retorno a Tagen Ata (1971), o experimentalismo vaise reducindo, ao tempo que arealidade social e politica galega vai cobrando máis peso

    - Constante relación entre realidade e fantasía- Reconstrución e interpretación dun pasado mítico que remite á cultura celta ou á materia artúrica- Profusión de topónimos e antropónimos de aparencia céltica, oriental ou nórdica: Ulm, Nmógadah, Grieih...- Creación de espazos literarios propios cargados de simbolismo: Tagen Ata, Terra Ancha, Grande Fraga...- Grande presenza de intertextualidade: personaxes, espazos, situacións, que se van repetindo en obras dife-rentes e incorporación de elementos literarios doutros autores

    Obras: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas , Arrabaldo do norte, Retorno a TagenAta, Bretaña, Esmeraldina, No ventre do silencio

    ► CARLOS CASARES:

    - Etapa de renovación formal, ligada á nova estética da NNG: abrangue Vento ferido, Cambio en tres e Xo-guetes pra un tempo prohibido : realidade desacougante e opresiva, monólogo interior, obxectivismo, empregoda 2ª persoa, presenza de elementos autobiográficos, ambientes predominantemente urbanos...

    - Etapa de madurez (Os escuros soños de Clío, Ilustrísima, O sol do verán): novelas máis realistas, centra-das en situacións históricas de distintos períodos do século XX, sen renunciar ao elemento fantástico. Cons-tante aparición do Mal, orixinado pola mentira, a calumnia, o engano... como motor dos conflitos sociais. Gustopolo humor, a ironía, a parodia

    MAIO-RECUP. E REFORZO-LITESQUEMAS DE LITERATURA1-Esquemadaliteraturagalegacontempornea-ESQUEMA POESÍA IRMANDADESEsquema PROSA 1º TERZO S. XXEsquema. A poesía de Vangardas1Diapositiva 1Diapositiva 2

    Esquema. A poesía de Vangardas-2Diapositiva 1Diapositiva 2

    2-ESQUEMAS Lª DO -36-76-