real filharmonÍa de abono de galicia · despois de estudar con gedalge e nadia boulanger, ibert...

12
AUDITORIO DE GALICIA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 2017 → 2018 VENRES 05 XANEIRO 2018 21.30 h Auditorio de Galicia DIEGO MASSON Director XABI CASAL Saxofón ISABEL PÉREZ DOBARRO Piano CONCERTOS DE ABONO

Upload: ngonga

Post on 24-Feb-2019

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

AUDITORIO DE GALICIA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA2017 → 2018

VENRES 05 XANEIRO 201821.30 hAuditorio de Galicia

DIEGO MASSON DirectorXABI CASAL SaxofónISABEL PÉREZ DOBARRO Piano

CONCERTOSDE ABONO

3

PROGRAMA

Duración aproximada do concerto: 1 hora (sen pausa)

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc

JACQUES IBERT (1890-1962)Concertino da camera para saxofón alto e orquestra

Allegro con moto Larghetto -- Animato Molto

Xabi Casal, saxofón

CÉSAR FRANCK (1822-1890)Variacións sinfónicas

Poco allegroAllegretto quasi andanteAllegro non troppo

Isabel Pérez Dobarro, piano

GEORGES BIZET (1838-1875)Sinfonía núm. 1 en Do maior

Allegro vivo Adagio Scherzo: Minuetto Finale: Allegro vivace

4

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Director artístico titularPaul Daniel

Principal director invitadoJonathan Webb

Director asociadoMaximino Zumalave

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecelle ao público propostas sorprendentes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestionada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

VIOLÍNS I Teimuraz Janikashvili (concertino)Adriana Winkler (axuda de concertino)Anca Smeu **Yulia PetrushevskayaVictoria JurovAnna AlexandrovaClaudio GuridiIldikó Oltai Michal RyczelIlya Fisher

VIOLÍNS IIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **Elina ViksneEnrique RocaSamira AjkicKiyoko OhashiGyula VadasziIrina Gruia

VIOLASNatalia Madison *Timur Sadykov **Oxana BakulinaIonela CiobotaruAnne SchlossmacherIriana Fernández

VIOLONCELLOSPlamen Velev *Barbara Switalska **Carlos GarcíaThomas PielMillán Abeledo

CONTRABAIXOSCarlos Méndez *Alfonso Morán **Oriol Xicart

FRAUTASLaurent Blaiteau *Luis Soto **

ÓBOESEsther Viúdez *Avelino Ferreira (R)

CLARINETESBeatriz López *Vicente López **

FAGOTESJuan Carlos Otero *Manuel Veiga **

TROMPASJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **Pablo Fernández (R)

TROMPETASJavier Simó *Ramón Llátser **

TIMBALJosé Vicente Faus *

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

5

DIEGO MASSON Director

Tras alcanzar un grande éxito como director musical da Ópera de Marsella na década dos 70, iniciou unha carreira internacional de dirección que o levou aos principais centros musicais de Europa, Escandinavia e as antípodas. É visitante asiduo do Reino Unido, onde ten participado coa Orquestra Sinfónica da BBC, Orquestra Filharmónica da BBC, Sinfónica da BBC Escocesa, Northern Sinfonia, London Sinfonietta, Hallé, Orquestra de Cámara Escocesa, English Northern Philharmonic, Nash Ensemble, Opera Factory e Opera North, coa que estreou a ópera Caritas de Robert Saxton. Coa Ópera Escocesa dirixiu a estrea mundial da ópera prima de Sally Beamish Monster. Dirixe con frecuencia a Philharmonia Orchestra e as principais formacións contemporáneas do mundo.

Na súa axenda en Europa inclúense actuacións coa Sinfónica de Berlín, Orquestra de Cámara de Stuttgart, Orquestra Filharmónica de Radio Francia, Orquestra da Suíza de fala francesa, Sinfónica de Stavanger (Noruega), Orquestra de Cámara Avanti de Helsinki, Orquestra do Festival de Budapest, Filharmónica de Bergen, Filharmónica da Radio dos Países Baixos, Filharmónica de Helsinki, Residentie Orchestra, BIT20 Ensemble Norway e Barcelona Ensemble 216. Traballa con asiduidade en Asia e Australia, onde ten dirixido ás Orquestras Sinfónicas de Melbourne e Sidney. Tamén se puxo á fronte da Sinfónica de Nova Zelandia.

Entre as súas actuacións máis destacadas en Londres inclúense Greek de Mark Anthony Turnage, Gurrelieder de Schoenberg e a estrea británica de Prometeo de Luigi Nono. Ao longo da súa carreira ten actuado no Aldeburgh Festival, Bath International Music Festival, BBC Proms e Wien Modern. Mantén un estreito vínculo con diversas orquestras novas e ten impartido clases de dirección orquestal na Darlington International Summer School.

6

XABI CASAL Saxofón

Natural de Santiago de Compostela, comeza a súa educación musical con José Tubío e Pablo Coello. Realiza os seus estudos superiores con Andrés Gomis no Conservatorio Superior de Música de Castilla y León e posteriormente trasládase a Burdeos, onde se especializa con Marie-Bernadette Charrier. Unha bolsa da Fundación Alexander von Humboldt permitiulle realizar un Máster na Universidade de Música de Colonia con David Smeyers e Daniel Gauthier. Así mesmo, fórmase en piano e en dirección de orquestra. Gañou primeiros premios en concursos como o VIII Certamen Nacional de Interpretación "Intercentros Melómano", III Concurso Ramón Guzmán e o terceiro premio na Haverhill Sinfonia Soloist Competition.

Conta cunha longa traxectoria de concertos en España, Francia, Italia, Suíza, Austria, Alemaña, Reino Unido e China. Tocou como solista coa Orquesta Sinfónica de RTVE, Orquesta Sinfónica de Castilla y León e a Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid. Gravou para RTVE, CRTVG, Resonance FM (Reino Unido) Deutschlandfunk e WDR (Alemaña). É membro do cuarteto de saxofóns Fukio Ensemble.

Ten estreado obras de Eduardo Soutullo, Jesús González ou Diego Ramos; e traballado con compositores como George Aperghis, Fabien Lévy, François Rossé, Thierry Alla, Christophe Havel, Eckart Beinke ou Agustín Charles. Colabora como saxofonista convidado no Oh ton-ensemble de Oldenburg (Alemaña), a Orchester Düsseldorfer Altstadt Herbst e forma parte do proxecto a dúo "[In]stabiles" co saxofonista Adrián Pais. Na actualidade reside en Maastricht (Holanda), onde compaxina a súa actividade concertística con estudos de ampliación en música de cámara e co seu labor como profesor de saxofón no UWC-Maastricht.

7

ISABEL PÉREZ DOBARRO Piano

Desenvolve a súa carreira artística nos Estados Unidos, España, Rusia, Bélxica, Italia e Portugal. Ten actuado en salas tan prestixiosas como o Carnegie Hall de Nova York ou o Conservatorio Chaikovski de Moscova. Recibiu numerosos premios en certames internacionais como o American Protégé International Piano Competition ou o Grand Prize International Virtuoso Competition. Foi xurado no Weschester Musicians Guild Young Artists Concert Auditions e impartiu clases maxistrais no New York University Undergraduate Collegium; e conferencias no Nobel Peace Prize Forum, na Asemblea Xeral das Nacións Unidas, no Parlamento Europeo dentro do European Arts Forum; nas Universidades de Michigan, Vechta (Alemaña) e Columbia; ademais de no Carnegie Hall e no Vaticano.

Dirixe a iniciativa de United Nations Sustainable Development Solutions Network, na súa sección de Youth Arts Twenty Thirty, que combina as artes e a sostibilidade mediante a organización de eventos en todo o mundo e a promoción da arte. En 2016 gañou, xunto á mezzosoprano Anna Tonna, o premio New York Women Composers Seed Grant para a realización do proxecto “Mulleres en Música”, iniciativa que promociona a música composta por mulleres tanto en Estados Unidos como en España.

Aos seus 25 anos está a realizar o seu doutoramento na Universidade de Nova York, onde ten impartido clases dende os 19 anos como Instrutora Adxunta. Previamente estudou na Escola de Música de Manhattan con Solomón Mikowsky e o Grao Superior de Piano no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde recibiu o Premio de Fin de Carreira con tan só 18 anos.

8

Jaques Ibert (París, 1890 – 1962)Concertino da cámara para saxofón alto

Despois de estudar con Gedalge e Nadia Boulanger, Ibert gañou o Premio de Roma e residiu na Vila Medici, época na que compón Escales para orquestra e Histories para piano, obras que lle deron recoñecemento mundial. A súa apertura cara ás diversas formas da modernidade reflíctese no seu catálogo de obras orquestrais, de cámara, ballet, ópera, voz, filmes e pezas teatrais no que se perciben claras influencias de Debussy ou Ravel. Unha das súas obras para solista máis sobresaíntes é o Concertino de cámara para saxofón alto e once instrumentos concebido dentro da corrente neoclásica próxima ao Grupo dos Seis. A peza caracterízase pola súa riqueza musical acreditada na melancolía, harmonía, estrutura e o uso de elementos de jazz. Foi estreada parcialmente, con gran éxito, coa intención de Ibert de escribir un Allegro con moto, en 1935 por encargo do saxofonista Sigurd Raschèr. Iso levouno a un segundo movemento e a tratalo como unha obra para solista con ensemble de once músicos, como se fose unha banda de jazz. O salientable da obra é o complexo tratamento do ritmo no referente á organización de impulsos e á articulación que confiren á peza dinamismo e frescura, rasgos nos que converxe coa música de jazz e con outras máis populares, sen esquecer a influencia d’A consagración da primavera de Stravinski. No primeiro movemento aparecen claras as influencias do jazz: síncopas, cromatismos, escalas artificiais, acordes alterados etc, e dintínguese pola mestura entre o fraseo rítmico do jazz e o fraseo rítmico clásico. O Larghetto-Animato molto é modal, melancólico, melódico e íntimo no que o larghetto contrasta co final do movemento no que volven aparecer motivos e elementos máis rítmicos e virtuosísticos.

9

Cesar Franck (Liexa, 1822 – París, 1890)Variacións sinfónicas para piano e orquestra

As precoces dotes musicais de Franck levárono ao Conservatorio de Liexa con oito anos e a unha xira de concertos con composicións propias con once para satisfacción do seu pai. Despois chegaron estudos de composición en París con Antonín Reicha, disciplina pianística con Pierre-Joseph-Guillaume Zimmermann e máis tarde de órgano con François Benoist. Foi profesor e organista en París ata ser nomeado titular do órgano de Sainte-Clotilde, onde acadou a súa reputación como intérprete dese instrumento e chegou catedrático do Conservatorio. En 1874, unha audición de Tristán e Isolda levao a compoñer gozando dun limitado éxito a pesar de atraer a un importante conxunto de estudiantes, entre eles D’Indy, Duparc ou Chausson. Na década de 1890, escribe unha serie de obras que forman parte do repertorio de concerto habitual como a Sonata para violín, a única Sinfonía e as Variacións Sinfónicas, rematadas en 1885 e estreadas en 1886 polo dedicatario da peza, Louis Diémer. A obra comeza coa presentación do solista e a orquestra de motivos contrastantes, seguida da proposta do tema, que se oe por primeira vez en forma completa ao piano. As variacións van encadeadas sen interrupción, a primeira marcada pola reaparición da orquestra e a segunda por violas e violonchelos trazando a melodía. A terceira variación é máis lixeira e precede a outra na que a primeira figura rítmica da obra se convirte en parte do tema, unha sección que se confunde imperceptiblemente coa quinta variación. A última, permite que os violonchelos interpreten unha importante forma do tema, con delicados arpexios de acompañamento do piano. Na sección final aparece un segundo tema, cun interludio para o solista e un regreso manera sinfónico de material anterior. Pianista e orquestra poñen punto final cunha estreita imitación mutua.

10

Georges Bizet (París, 1838 - Bougival, 1875)Sinfonía en Do maior

Georges Bizet era alumno de Charles Gounod no Conservatorio de París, tiña só dezasete anos, cando escribiu a Sinfonía en Do maior como un traballo de estudiante. Quizais por iso, esqueceuna sen ser interpertada nin publicada aínda que utilizou algún material en traballos posteriores. O manucrito foi encontrado na biblioteca do conservatorio en 1933 por Jean Chantavoine e pouco despois Douglas Charles Parker, biógrafo do compositor, mostroullo a Felix von Weingartner, quen estreou a peza en 1935. A sinfonía foi aclamada como unha obra mestra adolescente, comparable á abertura Soño dunha noite de San Xoán de Mendelssohn. A pesar da raíz clásica, en desenvolvemento e estrutura, das sinfonías de Haydn, Mozart e Beethoven con certos aires da música de Schubert, coa influencia das liñas melódicas e harmónicas de Mendelssohn e Schumann e un chisco de Rossini no seu destaque musical, a obra ten un espírito moi francés e os seus temas só poderían ser galos pero, creativamente é moi persoal. Proba de que Bizet sabía moi ben que e como quería compoñer é o maxistral segundo movemento, un dos máis admirables adagios de toda a música, no que aparece unha extensa melodía de sabor oriental que arranca cun fermoso solo de óboe que pasa logo a toda a orquestra. O Allegro vivace éun scherzo de carácter bucólico e non exento de humor, mentres que o Finale comeza cun tema a modo de ‘movemento perpetuo’, ao que se opón unha idea rítmica e marcial. Toda a última parte parece derivar, tanto da inxenuidade do Schubert clásico, como do expresivo brillo rossiniano.

AUDITORIO DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n15705 Santiago de Compostela

DESPACHO DE BILLETEST 981 571 026 | T 981 573 979 (Auditorio)T 981 542 349 (Teatro Principal)

OFICINAST 981 552 290 | T 981 574 152

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura

Xoves 11 xaneiro20.30 hREAL FILHARMONÍA DE GALICIA Manuel Hernández-Silva, directorPacho Flores, trompetaLeo Rondón, cuatro venezolano

J. B. G. Neruda, Concerto para corno da caccia e cordasH. Villalobos, Bachiana brasileira núm. 5: AriaP. Flores, Cantos y Revueltas para trompeta y orquesta (estrea absoluta)S. Revueltas, Redes suite (arr. E. Kleiber)A. Ginastera, Danzas ballet Estancia

Xoves 18 xaneiro20.30 hREAL FILHARMONÍA DE GALICIALars Vogt, director e piano

L.v. Beethoven, Concerto para piano núm. 2 en si bemol maior op. 19S. Prokofiev, Sinfonía clásica, op. 25I. Stravinski, Concerto en reL. v. Beethoven, Concerto para piano núm. 3 en do menor op. 37

A cafetería permanecerá aberta ao remate do concerto. 

Cómpre retirar os vehículos do garaxe trala fin do espectáculo.