rapazas - grupo anaya...campo do ensino, tanto en primaria como en secundaria, destacando o seu...

8
Rapazas Agustín Fernández Paz XERAIS

Upload: others

Post on 19-Jan-2021

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Rapazas - Grupo Anaya...campo do ensino, tanto en primaria como en secundaria, destacando o seu labor ao fron te de movementos de renovación pedagóxica como Avantar e Nova Escola

RapazasAgustín Fernández Paz

XERAIS

Page 2: Rapazas - Grupo Anaya...campo do ensino, tanto en primaria como en secundaria, destacando o seu labor ao fron te de movementos de renovación pedagóxica como Avantar e Nova Escola

O AUTOR

2

Título: RapazasAutora: Agustín Fernández PazEditorial: Edicións Xerais de GaliciaColección: Fóra de XogoNº páxinas: 163ISBN: 84-8302-962-6

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ pode conside-rarse un dos máximos expoñentes da litera-tura infantil e xuvenil galega actual. Contacunha produción ampla e variada, tanto ennarración curta como en novela, e moitosdos seus libros están traducidos a outraslinguas. Acadou premios de grande presti-xio neste campo:

• Merlín 1989 por As flores radiactivas.• Edebé 1994 con Trece anos de Branca.• Lazarillo 1990 por Contos por palabras.• Premio Rañolas 1995 por Cartas de inverno.• Premio Raíña Lupa 1998 por Cos pés no aire.• Premio Barco de Vapor 2003 por O meu nome é Skywalker.• Formou parte da Lista de Honor do IBBY e da Lista de Honor da CCEI en máis dunhaocasión.• Foi finalista do premio Nacional de Literatura Infantil.

Nado na Terra Chá en 1947, traballa na comarca de Ferrol e, posteriormente, en Vigo, nocampo do ensino, tanto en primaria como en secundaria, destacando o seu labor ao fron-te de movementos de renovación pedagóxica como Avantar e Nova Escola Galega.Estudioso da literatura infantil e xuvenil galega, así coma do cómic, influíu na divulga-ción e prestixio destes campos.Tampouco debemos esquecer a súa achega na galeguización educativa.

FICHA TÉCNICA

Page 3: Rapazas - Grupo Anaya...campo do ensino, tanto en primaria como en secundaria, destacando o seu labor ao fron te de movementos de renovación pedagóxica como Avantar e Nova Escola

No apartado «Unhas palabras do autor», ao principio do libro, este preséntanos a ediciónanovada deste feixe de relatos que saíra do prelo, por primeira vez, hai dez anos. Comentaque todos os contos están reescritos buscando «que na lectura o texto flúa sen atrancos,coa claridade e o engado que sempre busco cando escribo».Na presente edición inclúese o novo relato «Querida avoa».Recolle seis historias moi diferentes que teñen o denominador común que lle dá título:estar protagonizadas por rapazas, nesa etapa fronteiriza da adolescencia.

O primeiro dos relatos, «Visitante das estrelas», é un conto de ciencia ficción. Unha extra-terrestre intégrase no corpo dunha rapaza coa misión de recoller información sobre osterrícolas. Este ser acabará quebrantando as leis ao implicarse nesta realidade, interfire nocomportamento da protagonista e decide quedarse esvaecéndose nese corpo mortal.

No segundo, «Unha pedra na area», cóntasenos a historia de Alba en primeira persoa e amodo de diario. O relato céntrase no tempo que vai dende que atopa unha pedra na praiaata que ela mesma a entrega, de novo, á natureza, despois de sentir que lle axudou a resol-ver as dificultades polas que atravesaba. Estas xurdiran a raíz da aparición dunha pintadae da vergoña que Alba sente ao ver os seus sentimentos ao descuberto.

No terceiro, «Un curso con Ana», a través de múltiples voces, imos coñecendo o que supu-xo para varios compañeiros e compañeiras compartir con Ana o curso pasado. Ela é comaun vendaval que remove todo o edificio sexista, poñendo o dedo na chaga de cada com-portamento discriminatorio e buscando no día a día a igualdade de homes e mulleres.

No cuarto, «Querida avoa», nárrase en terceira persoa a intensa relación de Marta coa súaavoa, mamá Sara. Unha muller moi especial para ela, que vive nunha vila e os vén ver envacacións. Xustamente, nesta visita próxima ao Nadal, Marta descubrirá que mamá Sara,aparte da personificación da bondade, alberga ideas racistas porque lle ten medo ao dife-rente, a todo aquilo ao que ela non está afeita; é maior e desexaría que o mundo non cam-biase para poder seguir entendéndoo.

No quinto, «A primeira meta», a través de múltiples voces observamos o que sucede men-tres dura unha carreira de campo a través. Un narrador omnisciente e os monólogos inte-riores dunha das participantes e da súa adestradora irán meténdonos en tema. Os esforzosdunha profesora de educación física por espertar o interese do alumnado e introducilos enalgo diferente ao fútbol, a defensa de que as rapazas tamén poidan e deban facer deporte,o traballo sen medios e sen ninguén que che recoñeza o teu sacrificio… A vontade dunhanena que desexa correr máis que nada no mundo, e chegará de primeira á meta.

«Dúas rosas murchas» é o relato máis longo, distribuído en seis capítulos e narrado en pri-meira persoa. A modo de flashback, a rapaza –na viaxe de volta á casa– cóntanos o suce-dido neste último mes que pasou na aldea. A aldea é a casa dos avós, o lugar ao que ía depequena e onde compartía o tempo co único veciño dunha idade próxima, Pablo. El afo-gara o ano pasado a agora ela terá que enfrontarse a esa estraña ausencia.

O LIBRO

3

Page 4: Rapazas - Grupo Anaya...campo do ensino, tanto en primaria como en secundaria, destacando o seu labor ao fron te de movementos de renovación pedagóxica como Avantar e Nova Escola

4

• Educación para a igualdade de homes e mulleres. Poucos libros son tan axeitados para traba-llar este tema transversal. O feito de que todos eles estean protagonizados por mulleres xanos achega unha certa discriminación positiva que se fai explícita en relatos como «Uncurso con Ana». Neste, pásase revista a unha serie de aspectos que debemos ter en conta:o uso sexista da linguaxe, os prexuízos, as oportunidades duns e doutras, a ocultación dopapel das mulleres na Historia, a situación das mulleres na clase de educación física ou nosdeportes, o papel «decorativo» das mulleres como «animadoras» nos campos deportivos…Outro relato, «A primeira meta», afonda de novo na relación das mulleres co deporte.

• Racismo e xenofobia. No primeiro dos relatos dous rapaces son sometidos a un trato dis-criminatorio por parte dunha panda, ante a indiferencia dos demais; pertencer a unhaetnia diferente (xitana) ou ter unha procedencia distinta (portugueses) é desculpa paraatacar a alguén que é máis débil. A posición do alumnado e de cada un dos profesores eprofesoras ante isto resulta fundamental para que a discriminación continúe. Aparece denovo esta temática no relato «Querida avoa», neste caso centrado no tema da inmigra-ción, relacionándoo coa emigración da poboación galega a outros lugares e, sobre todo,coa dificultade das persoas maiores para aceptar os cambios.

• Ecoloxismo. No primeiro dos relatos, a extraterrestre informa: «o que máis me abraia doshumanos é a relación destructiva que manteñen co seu planeta, da que parecen non per-catarse, aínda que esa inconsciencia non se corresponda coa evolución tecnolóxica aca-dada. Hai unha permanente agresión ao equilibrio biolóxico da Terra, que aparece cadadía máis deteriorado (…) De continuaren así, estariamos ante o primeiro caso dunhacivilización que se autodestrúe, sen atender aos reiterados sinais que o planeta lles envía».

• A diglosia ou utilización xerarquizada dun dos dous idiomas cooficiais. No primeiro relatopodemos recoller do informe: «Laura e os outros individuos da súa comunidade obser-van un curioso e complicado comportamento lingüístico (…) fiquei desconcertada porcompleto, dado que o seu comportamento lingüístico non parecía obedecer a paráme-tros racionais de ningún tipo. Así, por citar só un exemplo, os membros da súa familiafalan galego entre si, pero cando saen fóra da casa exprésanse case sempre noutro idiomachamado castelán, unha lingua con moitos trazos semellantes, pois as dúas procedendoutra desaparecida. E así parecen comportarse unha elevada porcentaxe dos humanosde Pontebranca, tal como se houbese unha lingua para a casa e outra para a rúa.»

• Educación para a saúde. Aparece na forma dun breve apunte no relato «Un ano con Ana».Trátase da opinión dun profesor baseándose nunha cuña publicitaria en relación aocoñac; considerámolo moi interesante porque se trata dunha droga legal e permitida, eporque é unha alumna quen afronta a situación.

• Provocar cambios. Tal e como aparecía no primeiro dos relatos: «A verdade é que un cambiomínimo provoca modificacións en cadea», de maneira que se poida rachar o muro de silen-cio que entre todos teceran arredor dos discriminados aceptando unha situación inxustacoma se nada tivese que ver con eles. Do mesmo xeito, un curso con Ana, fixo pensar a todose todas as que o compartiron con ela, e puxo a andar unha engrenaxe que é imparable.

TEMAS E VALORES

Page 5: Rapazas - Grupo Anaya...campo do ensino, tanto en primaria como en secundaria, destacando o seu labor ao fron te de movementos de renovación pedagóxica como Avantar e Nova Escola

5

ANTES DA LECTURA:• Pensemos no que pode haber detrás do título do libro, poñémonos na tarefa de adiviñalo.• Podemos facer o mesmo co título de cada un dos relatos, anticipando a historia que pode haber

detrás, falando de se nos recorda algo…• En base ao autor e o coñecemento que teñamos do mesmo, os libros que leramos del… podemos

realizar unha posta en común na que alguén se encargue de buscar os títulos que haxa na biblio-teca para poñelos a disposición dos lectores mediante unha exposición.

DURANTE E DESPOIS DA LECTURA:• Ao tratarse de varios relatos, podemos distribuír a aula en seis grupos e que cada un se centre nun

conto para ir realizando unha serie de actividades como situar as accións no espazo e o tempo; rea-lizar un cadro no que recoller as características dos personaxes: nome, trazos principais, evoluciónao longo do relato…; observar o contido de cada narración, anotando quen é o narrador/a e aqui-lo que máis nos chame a atención; o xénero ao que pertence…

• Unha vez que teñamos feito o cadro cos personaxes de cada conto, podemos xogar a dar datos decada un deles e que os demais adiviñen de quen se trata.

• Describe un grupo ou unha situación humana coa distancia e a obxectividade que o fai a extrate-rrestre no primeiro relato.

• Neste relato aparecen os «graffitis», esas pintadas coas que nos atopamos, de maneira case clandes-tina, en diferentes lugares. ¿Recordas algunha especial? Realiza un cartel coa pintada que quixerasrealizar. Fálase da esvástica; explica o que saibas acerca dese símbolo.

• A extraterrestre recolle, no seu informe, a disociación entre os pensamentos e os actos dos adoles-centes, cando están xuntos os alumnos e as alumnas, e apunta que esta disonancia os fai sufrir. Seríatan doado falar claro… dicir claramente o que se sente… ¿Por que non se fai? Opinade. Observadese esta disociación aparece nalgún outro relato.

• «A verdade é que un cambio mínimo provoca modificacións en cadea». Esta frase deberá servirnospara non sentir nunca impotencia e recoñecer a capacidade que temos de subverter a realidade, detransformala mellorándoa, de non aceptar que isto foi sempre así e non se pode cambiar.Comezade xa. Cada instante é valioso, cada xesto imprescindible. Observemos que situacións nosparecen inxustas, que é mellorable… e actuemos.

• Etnia e racismo. Xitanos e portugueses. Preséntasenos no relato a xenreira a un par de rapaces querepresentan a diferencia, por parte dun grupo, ante a indiferencia de todos os demais, coma se a cousanon fose con eles. Falemos disto, da actuación agresiva da panda de Carlos, pero tamén de comopoden facelo porque a maioría da clase cala. Busquemos quen son os culpables desta situación e teña-mos tamén en conta a opinión do profesor de Física que afirma que cando se lles di portugueses e xita-nos lle están chamando o que son. ¿Que pasa cando non somos belixerantes coa inxustiza? ¿Un pro-fesor pode «mirar para outro lado» porque non é o titor nin o profesor de ética, cando alguén estáatacando valores democráticos como a igualdade e o dereito á non discriminación? ¿Pode quitarlleimportancia por aquilo de que son cousas de nenos? ¿Como nos sentimos ante isto?

• Recollamos todas as referencias literarias que aparecen neste libro e que son moitas: O Señor dosAneis de Tolkien, Moby Dick de Melville, As aventuras de Artur Gordon Pymm de Edgar Allan Poe,As Crónicas marcianas e Fahrenheit 451 de Ray Bradbury, A metamorfose de Franz Kafka, Unhaviaxe ao Polo en automóbil de Emilio Salgari, Catro cuartetos de T. S. Elliot… Logo, podedes repar-tirvos os títulos e preparar a presentación de cada un dos libros e dos autores citados.

ACTIVIDADES

Page 6: Rapazas - Grupo Anaya...campo do ensino, tanto en primaria como en secundaria, destacando o seu labor ao fron te de movementos de renovación pedagóxica como Avantar e Nova Escola

6

• O primeiro texto ten un final esperanzador: «Poderemos ser a canle para que se produza o salto evo-lutivo que precisan. Necesitamos toda a enerxía que agora nos asolaga por dentro. Porque nestavida nosa aínda temos moitas cousas por facer». Continúa esa historia na que agora ambas sonunha e serán capaces de todo o que se propoñan.

• Nalgún dos relatos debemos deternos no xénero. Por exemplo, o primeiro é un relato de ciencia-ficción. Partindo del podemos compartir información sobre o xénero, libros que leramos e nos gus-taran, características que adoitan ter, outros libros deste autor que poidamos incluír no mesmo…Busquemos no texto aqueles termos propios do xénero.

• O último é un relato de misterio, cunha boa dose de inexplicable, de cousas ocultas que se perci-ben, de atmosfera enigmática… Un chisco á tradición en canto ao mundo dos defuntos e a nosarelacións con eles. O misterio parece ser un dos xéneros aos que o autor é afeccionado, como pode-mos ver noutros relatos coma «As sombras do faro», recollido no volume Historias para calqueralugar, e nas novelas Cartas de inverno, Aire negro, Noite de voraces sombras… Se vos gustou estetexto, será un bo momento para ler os citados.

• Hai un tema fundamental no texto: o inxusto que é o racismo e a xenofobia, a discriminación dosdiferentes. Debemos aproveitar para facer un debate acerca deste tema e, sempre que sexa posible,centrándoo no noso medio; así, podemos comezar analizando que grupos hai entre nós, que inmi-grantes nas nosas aulas, como son as relacións con eles, se algunha vez pasou algo parecido ao quese conta no relato; que outros tipos de discriminación podemos atopar (a pobreza, a menor capa-cidade intelectual, os máis pequenos ou tímidos…) e como reaccionamos ante ela. Debullar esassituacións, ver quen son os agresivos e como reaccionan os demais, que pasa con esa maioría silen-ciosa que fai como que non vai con ela…

• Outro tema é a ecoloxía: o extraterrestre acúsanos de destruír o planeta e sorpréndese de que sexa-mos tan inconscientes. Noutros libros de ciencia-ficción aparece tamén esta acusación aos huma-nos actuais, coma na serie de Said e Sheila de Ramón Caride Ogando. Vexamos eses libros e deba-tamos acerca da defensa do planeta.

• E outro tema é a diglosia, a relación coa lingua propia de Galicia… Sobre calquera deles podemosdebater e sempre será interesante facelo.

• Arredor do segundo relato podemos falar dos diarios, ese tipo de texto que nos obriga a reflexionarsobre os nosos sentimentos e as situacións polas que pasamos. Esta é tamén unha maneira de des-cargar as tensións sobre o papel. ¿Animádesvos a facelo? Veredes como gozades.

• A protagonista do segundo relato colecciona obxectos. ¿Que coleccionas ti? ¿Por que o fas? Pódeserealizar unha exposición de coleccións na que cada alumno/a traia algunha colección para com-partila cos demais. Mesmo poderiamos axudarlles a que preparen un tríptico explicándoa, un car-tel anunciándoa…

• ¿Tes ou tivestes algunha vez un amuleto? Escribe esa historia. Podemos contala e aproveitar paraamosalos, facendo coma unha especie de presentación na que contemos a súa historia: como che-gou a nós, a razón pola que o conservamos…

• A protagonista do segundo relato di: «Gústame pensar que eu tamén irei onde a pedra vaia, porquealgo meu houbo quedar nela». ¿É así? ¿Non vai algo teu nas cousas que che pertenceron, naquiloque regalas…? Falemos diso, sobre todo dos regalos que facemos e como normalmente os eliximosporque son do noso gusto seguramente máis que do da persoa a quen llo entregamos.

• No terceiro relato dise que utilizamos a lingua de forma sexista cando, de xeito xenérico, dirixín-donos a un colectivo no que haxa xente dos dous sexos, empregamos sempre o masculino. «Podeser correcto pero non é xusto nin recomendable», di Ana. ¿Cal é a alternativa? Hai un documentoeditado polo Instituto da Muller que se chama Nombra no que se dan solucións para non ocultara un dos sexos, senón facelo visible na linguaxe; ou «Comunica igualdade», editado polo ServizoGalego de Igualdade.

Page 7: Rapazas - Grupo Anaya...campo do ensino, tanto en primaria como en secundaria, destacando o seu labor ao fron te de movementos de renovación pedagóxica como Avantar e Nova Escola

7

• «As matemáticas son coma o coñac, cousa de homes.» (…) «Os estudios máis rigorosos e fiablesindican que as rapazas están máis dotadas para as ciencias humanas e as da linguaxe, polo seu carác-ter concreto, tan ligado á realidade. Pero que, para as ciencias abstractas, o cerebro masculino estáinfinitamente mellor dotado. De aí que todos os grandes matemáticos da historia fosen homes».Sen embargo, as mellores notas –na actualidade– son as das alumnas. Comentemos estes datos.Pensade noutros momentos nos que tamén sexa o alumnado quen ensina e, sobre todo, pensadenas cuñas publicitarias que levan implícitas mensaxes sexistas.

• Nas eleccións ao Consello Escolar, Ana propón unha candidatura só de mulleres. As outras candida-turas son todas de homes e a ninguén lle chama a atención, pero esta crea todo un conflicto no cen-tro, porque ao facer visible a diferencia resulta agresiva. Comentemos isto e vexamos como é a situa-ción no noso centro escolar: ¿Quen ocupa os postos de representación? ¿Por que é así? ¿Que sucedea nivel xeral: nos gobernos, concellos, autonomías, na Real Academia, nas grandes empresas…?

• Cítase o ignorado que está o papel das mulleres na historia. Pensemos nisto: cantas mulleres famo-sas coñeces, cal é a causa do seu recoñecemento… Compáraas cos homes.

• Na clase de educación física aparecen exercicios diferentes para homes e mulleres, de xeito que a elesse lles forma para competir e a elas para divertirse, ou divertilos a eles. ¿Que pensas ti ao respecto?¿Algunha vez notastes algún tipo de discriminación en relación aos rapaces ou ás rapazas? ¿Por quetemos que copiar todo o «americano»? ¿En que outro relato aparece a relación das mulleres codeporte?

• Créase unha certa violencia cando Ana intervén, pero hai unha violencia xorda anterior, unha vio-lencia que vai por debaixo e resulta case invisible: a violencia de esquecer á metade da humanida-de, de facer invisibles ás mulleres. Falemos tamén desas violencias que moitas veces non percibi-mos aqueles que non as sufrimos, e incluso as que as sufrimos.

• Marta, a protagonista do cuarto relato, pensaba que só eran racistas os fachas, os skinheads, pero nóssabemos que non. Os prexuízos, é dicir, aquilo que está antes do xuízo, son moi abundantes e émoi difícil desfacernos deles. Moitas veces descubrirás, en ti e nos demais, comportamentos queresponden a eles aínda que a nivel teórico teñas claro que todos somos iguais. A mellor maneira detraballalos é falando, reflexionando en voz alta, entre todos, pero de maneira sincera e cooperati-va, tratando de axudarnos a ver claro, non tratando de vencer ao outro coas túas argumentacións.Poñámolo en práctica por medio dun barómetro de valores.

• Ir facéndose grande implica ir aprendendo certas leccións como a que se achega neste relato oucoma outras que ti seguro descubriches. Verbalízaas.

• Escribe un monólogo interior.• Mariña ten problemas con súa nai, ata que Xiana vai falar con ela. ¿Algunha vez che pasou algo

parecido?• Se preguntas ás persoas maiores que coñeces é posible que poidan contarche algunha experiencia

misteriosa. Tamén podes probar coas máis novas. Logo escribirémolas. Faremos un apartado espe-cial con aquelas que estean relacionadas cos mortos.

• ¿Que preguntas che xorden unha vez que rematas a lectura do último relato? Se as expoñemos envoz alta podemos ir contestándonos e intercambiando opinións.

• Rematada a lectura, ¿cres que lle poderías poñer un título mellor?• Pablo traduce ao galego un poema que lle gusta. Iso mesmo podes facer ti con algún outro polo que

sintas unha especial predilección. Para comezar, tamén poderías pasar este poema que aparece napáxina 152 ao castelán –outro idioma que ti dominas á perfección– axudándote do orixinal eninglés e a versión galega.

• Faremos unha ilustración que podería servir de portada a cada un dos relatos.• Hai determinados nomes de lugares que se repiten na obra dun autor. No caso de Fernández Paz,

podemos atopar en varios relatos a vila Pontebranca ou a praia Arealonga. Vexamos en cales.

Page 8: Rapazas - Grupo Anaya...campo do ensino, tanto en primaria como en secundaria, destacando o seu labor ao fron te de movementos de renovación pedagóxica como Avantar e Nova Escola

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro Martínez, 2004© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2004Depósito legal: VG. 282-2004

8