ramón maría aller ulloa

5
Ramón María Aller Ulloa (Lalín,1878 - 1966), sacerdote católico, matemático e astrónomo español. Ramón Aller foi un catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. Realizou varios estudos e observacións astronómicas relevantes desenvolvendo instrumentos que foron adoptados por outros centros como o Observatorio de París. Era políglota e chegou a dominar 10 idiomas. Biografía Ramón Aller naceu o o 3 de febreiro de1878 no pazo de Filgueiroa enDonramiro, Lalín provincia de Pontevedra, Galicia (España). Comezou a estudar cos xesuítas enLa Garda e continuounos no seminario de Lugo. Con vinte anos obtivo un doutoramento en teoloxía. Foi ordenado sacerdote con dispensa de dous anos. En 1899comeza, por libre na Universidade de Oviedo, os estudos de Ciencias Exactas que seguiría na Universidade de Madrid alcanzando a licenciatura en 1904 con 26 anos. En 1912 se doutora con premio extraordinario e, neste mesmo ano, constrúe en Lalín o primeiro observatorio astronómico de Galicia. Comezou a súa afección á observación astronómica cun anteojo de 75 mm de apertura que lle regalou a súa avoa Camila Ulloa cando era seminarista. A este primeiro instrumento engadiu un teodolito que lle regalou María Lajosa Sánchez. Estes foron os primeiros instrumentos que montou no observatorio que instalou na galería da súa casa. Con eles, e algún outro instrumento auxiliar como un cronómetro da Mariña, realizou as primeiras observacións sistemáticas de cosmos que chegaron a ser recollidas no Anuario do Observatorio de Madrid. Logo realizou unha serie de observacións xunto con estudos teóricos que foron publicadas na Revista da Sociedade Astronómica de España e América. En 1918 edita o libro de matemáticas “Algoritmia” que é patrocinado polo seu tío Saturnino Aller. Ao morrer este Ramón queda cos seus bens en usufructo e decide aumentar o instrumental de observación adquirindo un refractor de 120 mm e de 1.800 mm de distancia focal. A instalación deste instrumento, que se poría en marcha en 1925, requiriu a modificación do seu observatorio ao cal tivo que engadir unha cúpula. Para a posta en marcha do refractor realiza un minucioso programa a seguir (este programa esta publicado en Arquivo do Seminario de Estudos Galegos de 1932 baixo o título Programa do Observatorio de Lalín). O programa tiña no seu primeiro punto a observación das estrelas dobres. Os resultados destas observacións publicáronse na revista alemá Astronomiche Narichtench a principal revista de astronomía de Europa. Estes estudos foron pioneiros en España e crearon unha importante escola na Universidade de Santiago. Desde 1930 que publica os seus primeiros traballos na revista “Astronomiche Narichtench”.Ata 1939 edita máis de 40 traballos en diferentes medios tanto nacionais como estranxeiros. Completando, ademais, un interesante tratado de astronomía que viña escribindo desde a súa mocidade. Completaba estes traballos de observación, relevantes e extraordinarios se se teñen en conta os escasos medios, coa confección de planos, a docencia e ata a biografía de Rodríguez González, o Matemático Bermés. En 1939, encárgase de explicar xeometría analítica e análise matemática en laUniversidad de Santiago de Compostela. En 1943 constrúese un observatorio na Universidade de Santiago onde trasladan os instrumentos de Lalín e en 1944 créase a Cátedra de Astronomía para só para él. O 30 de xuño de 1943 presenta a súa tese doutoral na Universidade de Madrid co tema Algunhas experiencias que convén realizar nas observacións de pasos por verticais e ese mesmo ano é nomeado Director do Observatorio Astronómico e edita Introdución á Astronomía, obra que viña preparando desde a súa mocidade.

Upload: ceipvirxedorocio

Post on 05-Jul-2015

259 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Ramón maría aller ulloa

Ramón María Aller Ulloa (Lalín,1878 - 1966), sacerdote católico, matemático e

astrónomo español.

Ramón Aller foi un catedrático da Universidade de Santiago de Compostela.

Realizou varios estudos e observacións astronómicas relevantes desenvolvendo

instrumentos que foron adoptados por outros centros como o Observatorio de

París. Era políglota e chegou a dominar 10 idiomas.

Biografía

Ramón Aller naceu o o 3 de febreiro de1878 no pazo de Filgueiroa enDonramiro,

Lalín provincia de Pontevedra, Galicia (España).

Comezou a estudar cos xesuítas enLa Garda e continuounos no seminario de Lugo.

Con vinte anos obtivo un doutoramento en teoloxía. Foi ordenado sacerdote con

dispensa de dous anos. En 1899comeza, por libre na Universidade de Oviedo, os

estudos de Ciencias Exactas que seguiría na Universidade de Madrid alcanzando a

licenciatura en 1904 con 26 anos. En 1912 se doutora con premio extraordinario e,

neste mesmo ano, constrúe en Lalín o primeiro observatorio astronómico de

Galicia.

Comezou a súa afección á observación astronómica cun anteojo de 75 mm de

apertura que lle regalou a súa avoa Camila Ulloa cando era seminarista. A este

primeiro instrumento engadiu un teodolito que lle regalou María Lajosa Sánchez.

Estes foron os primeiros instrumentos que montou no observatorio que instalou na

galería da súa casa. Con eles, e algún outro instrumento auxiliar como un

cronómetro da Mariña, realizou as primeiras observacións sistemáticas de cosmos

que chegaron a ser recollidas no Anuario do Observatorio de Madrid. Logo realizou

unha serie de observacións xunto con estudos teóricos que foron publicadas na

Revista da Sociedade Astronómica de España e América.

En 1918 edita o libro de matemáticas “Algoritmia” que é patrocinado polo seu tío

Saturnino Aller. Ao morrer este Ramón queda cos seus bens en usufructo e decide

aumentar o instrumental de observación adquirindo un refractor de 120 mm e de

1.800 mm de distancia focal. A instalación deste instrumento, que se poría en

marcha en 1925, requiriu a modificación do seu observatorio ao cal tivo que

engadir unha cúpula. Para a posta en marcha do refractor realiza un minucioso

programa a seguir (este programa esta publicado en Arquivo do Seminario de

Estudos Galegos de 1932 baixo o título Programa do Observatorio de Lalín).

O programa tiña no seu primeiro punto a observación das estrelas dobres. Os

resultados destas observacións publicáronse na revista alemá Astronomiche

Narichtench a principal revista de astronomía de Europa. Estes estudos foron

pioneiros en España e crearon unha importante escola na Universidade de

Santiago.

Desde 1930 que publica os seus primeiros traballos na revista “Astronomiche

Narichtench”.Ata 1939 edita máis de 40 traballos en diferentes medios tanto

nacionais como estranxeiros. Completando, ademais, un interesante tratado de

astronomía que viña escribindo desde a súa mocidade. Completaba estes traballos

de observación, relevantes e extraordinarios se se teñen en conta os escasos

medios, coa confección de planos, a docencia e ata a biografía de Rodríguez

González, o Matemático Bermés.

En 1939, encárgase de explicar xeometría analítica e análise matemática en

laUniversidad de Santiago de Compostela. En 1943 constrúese un observatorio na

Universidade de Santiago onde trasladan os instrumentos de Lalín e en 1944 créase

a Cátedra de Astronomía para só para él.

O 30 de xuño de 1943 presenta a súa tese doutoral na Universidade de Madrid co

tema Algunhas experiencias que convén realizar nas observacións de pasos por

verticais e ese mesmo ano é nomeado Director do Observatorio Astronómico e

edita Introdución á Astronomía, obra que viña preparando desde a súa mocidade.

Page 2: Ramón maría aller ulloa

Se ampla o observatorio cun telescopio de pasos que achegue o Consello Superior

de Investigacións Científicas.

En 1945 crea a sección de Astronomía Teórica e Matemáticas Durán Loriga xerme

do que logo sería a Facultade de Matemáticas. Durante os anos 40 e 50 o

observatorio atópase en pleno rendemento publicándose eses traballos

enpublicaciones do observatorio de Santiago. Nese tempo é tamén cando se crea a

cátedra de astronomía que dirixe Aller ata 1949 que é nomeado Catedrático

extraordinario de astronomía. En 1948 é nomeado membro da Comisión 26 de

laUnión Astronómica Internacional de Zúric e publica o libro Astronomía a primeira

ollada. O ano seguinte, en 1949, é nomeado membro da Comisión Nacional de

Astronomía. Entre 1960 e 1963 dirixe tres teses doutorais.

Cae enfermo en 1964 e trasládase ao seu pobo natal onde morre o 28 de marzode

1966, aos 88 anos de idade.

A súa obra ocupa máis de 78 artigos publicados en diferentes medios, 4 libros, 5

teses doutorais dirixidas por el, catro estrelas descubertas e numerosos planos e

deseños de instrumentos de observación e medición así como outros moitos

materiais de diferentes temas.

Ramón María Aller foi membro da Academia das Ciencias Exactas de Madrid, da

Comisión da Astronomía e doutras institucións mundiais. Inventou aparellos de

medición e observación, algúns dos cales foron adoptados polo observatorio de

París. Foi nomeado catedrático e director vitalicio do observatorio de Santiago,

coengo honorario, e fillo adoptivo da cidade de Santiago de Compostela. O inglés

Wilkins puxo o nome de Aller a un cráter da Lúa.

OBSERVATORIO ASTRONOMICO .-"RAMON ALLER"-LALIN.

Page 5: Ramón maría aller ulloa