ramón maría aller ulloa, pioneiro da investigación ... · pdf filerevista...

42
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación astronómica en Galicia José Ángel Docobo Durántez 1 Observatorio Astronómico Ramón María Aller, Avda. das Ciencias. Campus Sur. Santiago de Compostela Correspondencia: [email protected] Abstract The Galician Royal Science Academy (RAGC) dedicated the Galician Scientific Day of the Year 2011 to Ramon María Aller Ulloa who was a priest, a Full Professor of Astronomy, and the founder of the Astronomical Observatory of the University of Santiago de Compostela. R.M.Aller was an exceptional person. His human qualities of goodness, modesty, and dedication to the others have been recognized and celebrated. His intelligence and wisdom as a teacher and scientist are reflected in his books, papers, astronomical observations, instrument design, etc. that he produced first in his own private observatory of Lalín and later in Santiago de Compostela. He was the first to study double stars in Spain, creating an important group of researchers on this topic. The present article corresponds to the invited talk entitled: “Ramon Maria Aller Ulloa - a Pioneer of Astronomy in Galicia” that was given in his honor at the Palace of San Roque in Santiago de Compostela on April 26, 2011 by Jose Angel Docobo, the actual Director of the Ramon Maria Aller Astronomical Observatory. Resumo A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) dedicou o Día do Científico Galego do ano 2011 a Ramon María Aller Ulloa que era un sacerdote, un Catedrático de Astronomía, e o fundador do Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago de Compostela. R. M. Aller foi unha excepcional 1 Catedrático de Astronomía e Director do Observatorio Astronómico R. M. Aller. Conferencia pronunciada o 26 de Abril de 2011 no acto oficial do Día do Científico Galego.

Upload: nguyenkhanh

Post on 03-Feb-2018

237 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011)

Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación astronómica en Galicia

José Ángel Docobo Durántez1

Observatorio Astronómico Ramón María Aller, Avda. das Ciencias. Campus Sur.

Santiago de Compostela

Correspondencia: [email protected]

Abstract

The Galician Royal Science Academy (RAGC) dedicated the Galician Scientific

Day of the Year 2011 to Ramon María Aller Ulloa who was a priest, a Full

Professor of Astronomy, and the founder of the Astronomical Observatory of the

University of Santiago de Compostela. R.M.Aller was an exceptional person. His

human qualities of goodness, modesty, and dedication to the others have been

recognized and celebrated. His intelligence and wisdom as a teacher and scientist

are reflected in his books, papers, astronomical observations, instrument design,

etc. that he produced first in his own private observatory of Lalín and later in

Santiago de Compostela. He was the first to study double stars in Spain, creating an

important group of researchers on this topic. The present article corresponds to the

invited talk entitled: “Ramon Maria Aller Ulloa - a Pioneer of Astronomy in

Galicia” that was given in his honor at the Palace of San Roque in Santiago de

Compostela on April 26, 2011 by Jose Angel Docobo, the actual Director of the

Ramon Maria Aller Astronomical Observatory.

Resumo

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) dedicou o Día do Científico Galego

do ano 2011 a Ramon María Aller Ulloa que era un sacerdote, un Catedrático de

Astronomía, e o fundador do Observatorio Astronómico da Universidade de

Santiago de Compostela. R. M. Aller foi unha excepcional

1 Catedrático de Astronomía e Director do Observatorio Astronómico R. M. Aller. Conferencia pronunciada o

26 de Abril de 2011 no acto oficial do Día do Científico Galego.

Page 2: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

persoa. As súas calidades humanas de bondade, modestia e dedicación aos demais,

hai que engadir a súa intelixencia e sabiduría como profesor e científico reflectidas

nos seus libros, artigos, observacións astronómicas, deseño de instrumentos, etc,

primero no seu propio observatorio privado de Lalín e mais tarde en Santiago de

Compostela. Foi o primeiro en estudiar as estrelas dobres en España, creando unha

importante escola de investigadores neste campo. O presente artigo corresponde á

conferencia invitada titulada: “Ramón María Aller Ulloa - Pioneiro da Astronomía

en Galicia” que foi dada na sua honra no Pazo de San Roque, en Santiago de

Compostela o 26 de abril de 2011, por José Ángel Docobo, o actual Director do

Observatorio Astronómico Ramón María Aller.

En primeiro lugar, e en nome dos seus herdeiros científicos, quero agradecer a

Real Academia Galega de Ciencias o terlle dedicado a Ramón María Aller Ulloa o

Día do Científico Galego de 2011.

Cartel anunciador do Día do Científico Galego

Page 3: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

129Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

Esta personalidade polifacética e autodidacta da Ciencia e da Cultura ga-lega sen dúbida o ten ben merecido, incluso nalgún ano podería ser o desig-nado para o Día das Letras Galegas, xa que logo foi un dos precursores do uso da lingua galega na Ciencia e o primeiro en usala en Astronomía nos seus Ensaios publicados na revista Logos entre 1931 e 1934.

Reedición dos ENSAIOS EN GALEGO feita en 2009

Seguramente ó longo de 1911 estaría preparando, co esmero que o carac-terizaba, as observacións do cometa de Joannesburgo 1910a para seren envia-das ó Observatorio de Madrid, no que daría lugar a súa primeira publicación dentro dun artigo do astrónomo Antonio Vela e que veu a luz no Anuario de dito Observatorio correspondente a 1912. Daquela o mozo Aller dispoñía xa dunha pequena ecuatorial e do magnífico teodolito Troughton&Simms, agasallos da súa avoa Dna. Camila e María Lajosa, respectivamente. Antonio Vela remata o seu artigo dicíndo:

“Por último, como una prueba de lo que se puede conseguir con muy escasos recursos materiales y mucha voluntad y constancia, no podemos me-nos de citar las observaciones efectuadas por el presbítero D. Ramón María Aller, en Lalín (Pontevedra), en los escasos días en que fue visible el cometa Joannesburgo 1910a. Aparte de un minucioso registro del brillo del núcleo en días sucesivos y de múltiples dibujos de la cola, indicando la extensión aproximada de la misma, el señor Aller dedujo las coordenadas aparentes

Page 4: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

130 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

del cometa, observando con el teodolito alturas y acimutes. Efectuada la co-rrección por refracción, transformó aquellas coordenadas en ascensiones rectas y declinaciones, llegando a obtener los valores que insertamos a con-tinuación:

En el número 4.392 de Astronomische pudimos encontrar observaciones del mismo cometa efectuadas en los Observatorios de Milán, Prestoe y Ma-drid para cuatro de los días en que observó el Sr. Aller. Una ligera inspección de los números basta para hacer comprender que no son despreciables los resultados obtenidos por dicho señor por método tan sencillo, y que, genera-lizando el procedimiento, pueden todos los aficionados a la ciencia, que dis-pongan de un teodolito, prestar valiosos servicios en trabajos de esta índole, suministrando posiciones que acaso el estado del cielo no haya permitido obtener en Observatorios oficiales. De la bondad de coordenadas siempre se podrá juzgar comparándolas con las series de valores de las mismas, publi-cadas por los principales centros científicos”.

Anteriormente, en 1907 rexistrara o tránsito de Mercurio perante o Sol, e dous anos antes estivera en Narón acompañando a expedición do enxeñeiro xeógrafo Ubaldo Aspiazu que dende o Instituto Xeográfico de Madrid tras-ladárase a Galicia para estudar a eclipse solar do 30 de agosto de 1905. Este dato demostra que Ramón María por aquel entón xa tiña contactos dabondo con estudosos da astronomía e científicos en xeral. O seu nome xa non era descoñecido cando decidiu aceptar a invitación de D. Luis de Ocharan para trasladarse durante os veráns a Castro Urdiales. Alí, coa intención de asesorar

Page 5: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

131Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

ó mecenas, tivo a oportunidade de traballar cun excelente instrumental propio dun observatorio profesional, e precisamente determinando as coordenadas do Observatorio Ocharan ocorreuselle un método orixinal que logo utilizaría na súa tese de doutoramento: os rexistros dos pasos das estrelas por dous ver-ticais perpendiculares.

Ramón María Aller traballando co círculo meridiano no Observatorio Ocharan

Salvo en 1916, por mor do falecemento do seu pai, trasladouse a terras cántabras todos os estíos dende 1911 ata 1920, e foi neste tempo cando toma a decisión de crear en Lalín o seu propio Observatorio estable. Independen-temente de todo o relacionado coa observación, o presbítero Aller non des-cansaba tampouco de día, e neste senso os poucos de rematar os seus estudos púxose a escribir dúas obras, unha de análise matemática: ALGORITMIA, PRINCIPIOS FUNDAMENTALES DE LA CIENCIA DE LOS NÚME-ROS, publicada en 1918 e dedicada ó seu tio Saturnino, quen patrocinou a obra. O outro texto aínda tardaría tempo en rematalo dada a embergadura deste, un texto completo de Astronomía.

Finalmente, no ano 1917 levantou no xardín da casa de Lalín dúas case-tas de madeira nas que instalou o anteollo e o teodolito. Isto é o que adoita chamarse xa o segundo Observatorio e así, con esta instalación, puido rea-lizar as observacións con máis comodidade. Porén, nestes anos dedicouse preferentemente a realizar estudos teóricos sobre instrumentos e mesmo de

Page 6: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

132 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

matemáticas, que foron publicados tanto na REVISTA DE LA SOCIEDAD ASTRONÓMICA DE ESPAÑA Y AMÉRICA como en IBÉRICA e na REVISTA MATEMÁTICA HISPANO-AMERICANA. Cómpre destacar entre estes traballos o deseño que fixo dun prototipo para poñer en práctica o método estereoscópico proposto polo astrónomo catalán Comas Solá para a determinación de pequenos desprazamentos estelares de grande interese tan-to na determinación de paralaxes como de movementos propios das estrelas, o que xa daba unha idea do inxenio e capacidade de Aller para a construción de aparellos de alta precisión en astronomía.

Detalle do instrumento ideado por Aller para poñer en práctica o método estereoscópico

Ó falecer D. Saturnino Aller, Ramón María dispón dos seus bens en usu-fruto durante uns anos, e co diñeiro que isto lle reportou e mais de novo coa axuda de María Lajosa, decide potenciar os seus medios de observación mer-cando en Alemaña un refractor Steinheil de 120mm. de apertura e 1.800mm. de distancia focal. Para darlle abeiro ó novo telescopio tivo que modificar a estrutura do Observatorio e construir unha cúpula. El mesmo dirixiu as obras que remataron en 1924. O ano seguinte xa estaba operativo coa nova

Page 7: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

133Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

instrumentación o terceiro Observatorio, cuxo programa de traballo seleccio-na coidadosamente e o publica en 1932 en ARQUIVOS DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS: 1º) Medidas de estrelas dobres; 2º) Exame de superficies planetarias e 3º) Observacións ocasionais, onde se poden incluir eclipses, tránsitos, ocultacións, posicións de cometas, choivas de meteoros, auroras, etc. Para comenzar, nos primeiros meses de 1930 observa estes tres cometas: 1929d (Wilk), 1930b (Beyer), e 1930c (Wilk).

Refractor Steinheil

Page 8: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

134 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

O Observatorio de Lalín en 1925

No seu artigo sobre o Planeta 1932 HA, que resultou ter unha órbita moi excéntrica, D. Ramón comenta o parecido de dita órbita coa dun cometa de moi curto periodo e pon en tela de xuízo a clasificación en vigor de planetas (asteroides) e cometas atendendo a súas órbitas. Ó final do traballo deixa a pegada da súa fina prosa: “Cada paso que da el hombre le muestra nuevos horizontes; cada conquista del entendimiento humano enseña más conquis-tas por hacer, y cada problema resuelto plantea innumerables por resolver. Parece que el conocimiento del Universo, ni en todo, ni en parte, puede ser jamás definitivo, ni menos completo; a medida que avanza la Ciencia, nos ve-mos forzados a eliminar las afirmaciones categóricas y a limitarnos a aproxi-maciones sucesivas; el límite se lo ha reservado indudablemente para sí la Suprema Inteligencia”.

Page 9: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

135Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

Co gallo da tormenta das estrelas fugaces “Dracónidas” do 9 de outu-bro de 1933, que tivo enorme trascendencia en toda Europa, o padre Aller non só da excepcional conta do observado nun fermoso traballo publicado en LAS CIENCIAS en 1934, senón que aproveita a ocasión para deleitarnos cun elegante procedemento para calcular a órbita do astro proxenitor na revista IBÉRICA. Anos despois, describe con exquisita meticulosidade a impactante Aurora Boreal observada na noite do 25 ó 26 de xaneiro de 1938 e que estivera asociada ó máximo de actividade solar do ano anterior.

Mapa de frecuencias por minuto durante o máximo das Dracónicas do 09/10/1933 realizado polo padre Aller. Os puntos negros corresponden á frase «imposible contar»

Deste tempo é tamén o deseño dun magnífico Astrógrafo que enviou a Casa Zeiss co carimbo do Observatorio Astronómico de Lalín. Era tal a pro-dución científica no pequeno establecemento lalinense que fóra se pensaba que nese Observatorio traballaba un amplo número de astrónomos. Sen em-bargo, como dicía D.Ramón coa ironía que o caracterizaba, “o persoal redu-cíase á unidade”.

Dado que para obter as medidas de posicións relativas das estrelas dobres precisaba dun accesorio chamado micrómetro e este tardou en chegar, come-zou entrementres a observar sistemáticamente os planetas Marte e Xúpiter. Os rexistros orixinais realizados de cotío das superficies destes planetas xun-to cos comentarios correspondentes están recollidos maioritariamente nunha colección de libretiñas que hoxe en día pertencen ó Instituto Ramón María Aller de Lalín, logo de que foran doadas polo seu sobriño Victorino a dito Centro.

Page 10: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

136 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

Astrógrafo diseñado polo padre Aller

Os resultados científicos dos distintos fenómenos observados co refractor Steinheil, decide darlles máxima difusión elixindo preferentemente para iso a revista alemana ASTRONOMISCHE NACHRICHTEN (en diante, AN), daquela a principal referencia europea de astronomía, onde lle son acepta-dos, e tamén na francesa L’ASTRONOMIE. Sen dúbida os máis salientables son os seus estudos sobre estrelas dobres, pioneiros en España. As medidas micrométricas comezounas a publicar en 1930 en varias series nas AN. Na publicación correspondente a 1932, que aparece na mencionada revista (Band 245, Nr 5869, 222), figuran as medicións dunha estrela dobre de coordenadas: �= 21h 52m7, � = +19º 28’, que ninguén antes tiña observado. Ista foi a primei-ra das catro estrelas dobres por él descubertas. Tres anos despois, tamén en AN (Band 256, Nr 6133, 245-250), atopamos o seu cáculo da órbita da binaria O� 77, sendo a primeira determinada en España.

Page 11: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

137Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

Resumo das observacións das superficies de Marte e Xúpiter

A ista seguíronlle outras máis. Por iso, e por ter logo formado en Santiago unha importante escola de investigadores sobre estrelas dobres, podemos di-cir que, sen dúbida, D. Ramón foi o introdutor desta liña de traballo no estado español.

Foto dunha estrela dobre

Page 12: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

138 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

Órbita calculada por D. Ramón para o sistema O� 77

As estrelas dobres son pares de estrelas asociadas pola súa atracción gra-vitatoria, e como consecuencia diso describen órbitas unha en torno a outra, do mesmo xeito que a Lúa móvese ó redor da Terra, ou os planetas con res-pecto ó Sol. O seu interese en Astronomía é multiple, xa que logo son fon-te de ampla información. Unha vez que se dispón dun número suficiente de observacións, procédese ó cáculo da órbita por métodos ad hoc, e a partir de aí pódesen obter os valores das masas das compoñentes e mesmo a distancia (paralaxe) a cal se atopan de nós. Con estes resultados fundamentais existe unha pléiade de aplicacións na astrofísica, onde utilizando a maiores técni-cas como a espectroscopía e a fotometría, chégase a acadar case que unha información completa das propiedades físicas é dinámicas destes sistemas, relacionadas coa formación e evolución estelar.

Page 13: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

139Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

André Danjon (1890 – 1967)

Órbita aparente da estrela dobre � 1932

É digno de destacar o debate público (xa que logo foi publicado en AN en 1939) que mantivo con André Danjon, daquela director do Observatorio de Estrasburgo e logo do de París, sobre a órbita da estrela dobre � 1932. Deste sistema había unha órbita calculada por Komendantoff, a que se engadiron

Page 14: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

140 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

dúas solucións máis achegadas por Danjon, facendo este último na súa publi-cación o comentario de que “existe probablemente un terceiro corpo no siste-ma”. D. Ramón estuda a fondo esta binaria e recalcula a órbita mellorando as anteriores grazas ós datos de observación que lle facilitou Paul Baize dende París, e na publicación dos seus resultados nas AN, dí: “Aunque en las dife-rencias relativas a la órbita calculada por mí se insinua variación periódica, sin más datos que los que aquí reunidos, sería ilusorio pretender concretar la acción de un tercer cuerpo”.

Ó parecer este último comentario non lle sentou nada ben a Danjon, e cadaquén dos dous deixaron o seu parecer en letra impresa. Agora, unha vez transcorridos máis de setenta anos, as últimas medidas de gran precisión fei-tas coa técnica da interferometría speckle semellan confirmar o punto de vista de D.Ramón.

Aquilino Iglesia AlvariñoVicente Risco

Xosé Filgueira Valverde Ramón Otero Pedrayo

Page 15: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

141Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

Dende anos atrás era usual ver a membros do Seminario de Estudos Gale-gos (SEG) achegarse ó Observatorio como remate de xornadas de intenso tra-ballo polas terras do Deza. Persoeiros como Ramón Otero Pedrayo, Aquilino Iglesia Alvariño, Vicente Risco, Xosé Filgueira Valverde, entre moitos outros, disfrutaban observando o ceo guiados por D.Ramón. Este, ingresou no SEG o 5 de novembro de 1928 e tivo unha clara implicación nesta institución como o demostra non só ter publicados varios artigos nos ARQUIVOS, senón ta-mén, por exemplo, aceptar preparar a biografía do seu paisano Pedro Joseph Rodriguez González, o matemático de Bermés, escribir oito ensaios en galego en LOGOS, como xa comentei anteriormente, e recoller a idea de escribir un libriño de divulgación astronómica en galego. ASTRONOMIA AO OLLO CEIBE aparece anunciado no xornal EL COMPOSTELANO en maio de 1936 pero non se sabe qué pasou con este malogrado proxecto, aínda que semella lóxico pensar que foi o precursor da ASTRONOMÍA A SIMPLE VISTA.

D. Ramón era unha persoa dotada de altas capacidades, tal como quedou reflectido ó longo da súa vida en moitas facetas. Dominaba os idiomas, o debuxo, a reloxería, o deseño de novos aparellos científicos e ensinaba aos pequenos de Lalín en matemáticas, xeografía, lingua, e outras materias. Todo iso aparte das dotes de científico de primeira liña. Os seus libros, publica-cións, os cadernos inéditos con multitude de observacións astronómicas de distinta índole, os seus artigos na prensa dirixidos o gran público, as súas car-tas...., etc. Pero non presumía de nada diso, todo o contrario, era a humildade e modestia personificadas. Tratábase dunha personalidade excepcional.

Detalle dun caderno de D. Ramón

Page 16: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

142 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

Unha vez concluida a guerra civil, é invitado a incorporarse á Universida-de de Santiago de Compostela, pero aquí xogou un papel fundamental o seu discípulo e amigo íntimo, Enrique Vidal Abascal. Vidal non só falou co entón reitor Carlos Ruiz del Castillo sobre a conveniencia de que tanto D.Ramón como o seu Observatorio pasen a formar parte da Alma Mater, senón que convence ó padre Aller para dar este paso. Non hai que esquecer que o pai de Enrique Vidal, D. Enrique Vidal Bobo era lalinense e, aínda que polos seus cargos na Administración viviu longas tempadas fóra, a súa familia sempre estivo moi ligada á capital do Deza. A amizade da familia Vidal con D.Ramón viña de lonxe e xa dende que Vidal Abascal era estudante de Ciencias Exactas en Madrid mantiña abundante correspondencia co matemático e astrónomo lalinense.

Porén, cómpre facer constar que o traslado do Observatorio de Lalín a Compostela era unha vella idea dos novos científicos Luis Iglesias Iglesias e Isidro Parga Pondal cando era reitor Alejandro Rodriguez Cadarso, pero a morte deste último en accidente de circulación en decembro de 1933, dera o traste con tan bó desexo. Tanto esta xestión truncada como a recuperación do frutífero e efímero Seminario Matemático Durán Loriga creado en 1935 polo catedrático Rodriguez Sanz e finiquitado tras o alzamento do 36, eran dúas inquedanzas na mente de novo catedrático de Instituto Enrique Vidal e que finalmente conseguiu velas ambas as dúas sair adiante tras grandes esforzos naquela difícil época.

Permítanme reproducir aquí unha carta do ano 1941 que D.Ramón dirixe a Vidal Abascal. O documento foime facilitado por Enrique, o fillo maior deste último.

“Querido Enrique: Hace algunos dias me enseñó el Sr. Rector una carta tuya relativa a trasladar mi Observatorio a Santiago e incorporarme a la Universidad. No sé como agradecerte la importancia que me das, y quiera Dios que no te equivoques. Resulta ahora, que parecen los demás seguir tus indicaciones, pues el Sr. Rector me dijo haber pasado a tener la cuestión cierto estado de actualidad en la junta de gobierno, y me pide que haga pre-supuesto de lo que importará la instalación en la Universidad.

Al leerme tu carta, parecía como si las dificultades económicas no fuesen de consideración, aunque solo tuviese que soportarlas la Universidad. No sé si tengo juicio exacto sobre todas estas cosas. Cuando termine el curso he de pensar lo mejor que pueda los costes y, claro está, te enteraré de todo.

Si mi actuación y mis instrumentos pueden prestar alguna utilidad mayor que la contribución insignificante que hasta ahora han dado, lo celebraré infinito y quiera Dios iluminarme para ello. Temo, sin embargo, pues me co-nozco lo bastante para no deslumbrarme.

Page 17: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

143Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

Repito que no sé como manifestarte mi agradecimiento....”

En xaneiro de 1940 comeza Ramón María Aller a súa labor docente uni-versitaria impartindo clases de xeometría analítica e análise matemática, e tres anos despois se inaugura co Patrocínio do Consejo Superior de Investi-gaciones Científicas (CSIC) el Observatorio Astronómico na chamada Resi-dencia Universitaria, ó que se traslada o refractor de Lalín, o teodolito e outro instrumental aparte da gran colección de libros e revistas que Aller tiña en Lalín.

D. Ramón xa en Santiago

D. Ramón fíxose doutor en 1943, ós 65 anos de idade, logo de presentar na Universidad de Madrid a Memoria “Algunas experiencias que conviene realizar en observaciones de pasos por verticales”, a cal fora apadriñada polo catedrático D. Esteban Terradas. No traballo póñense de manifiesto moitas das

Page 18: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

144 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

ideas que lle xurdiran dende décadas atrás sobre todo a posibilidade de poder determinar os elementos fundamentais en astronomía de posición medindo intervalos de tempo de pasos de estrelas por verticais privilexiados. Deste xei-to evítanse o uso de graduacións, fuxindo así de causas cuxa influenza ten di-ficultades para precisalas, como as flexións ou mesmo a refracción. Porén non puido poñer en práctica os seus métodos por falla de medios ata que chegado a Santiago en 1943 o anteollo de pasos adquirido polo CSIC, decidira deseñar unha base especial a cal acoplar dito anteollo en dous soportes perpendicula-res para traballar preferentemente no meridiano e no primeiro vertical, ou ben nos verticais de +/- 45º. A Tese foi publicada ó ano seguinte co título: “Nuevos Métodos en Observaciónes de Pasos” na nova serie de PUBLICACIONES DEL OBSERVATORIO DE SANTIAGO co número III.

Portada da primeira edición de INTRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA

Page 19: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

145Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

Ramón María Aller cos seus colaboradores na sala meridiana do Observatorio de Santiago

Ese mesmo ano o CSIC publica o seu principal texto, INTRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA, que foi obra de referencia na universidade española durante moitos anos. Aquí, Enrique Vidal tamén tivo moito que ver xa que logo foi el quen fixera chegar o manuscrito ó secretario do Consejo, José Ma-ría Alvareda e éste ó ver a marabilla que tiña nas súas mans non dubidou en autorizar con urxencia a publicación.

No prólogo da primeira edición, D.Ramón escribe ó seguinte:

“Doy el título de INTRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA a las diversas nociones que deben preceder al estudio particular de las diversas ramas de la Ciencia de los astros y a la práctica de las observaciones. Ramas princi-pales son las denominadas Astronomía esferica, Mecánica celeste, Astrofísi-ca, Astronomía general y descriptiva y Astronomía práctica, con las que se corresponden de un modo aproximado las cinco partes en que va dividida esta obra. Conviene, en efecto, tener una visión del conjunto, tanto para em-prender estudios más completos como para adquirir conocimientos capaces de ser llevados a la práctica.

Al hacer selección de materiales y métodos de exposición, el doble fin apuntado de servir en unos casos como Preliminar y en otros de Manual ori-gina dificultades que, seguramente, no resolverían todos de idéntica manera. Los métodos generales y elegantes que convienen a los alumnos de la Facul-tad de Ciencias no serán siempre los preferidos por los aficionados cuando

Page 20: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

146 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

se puede llegar a un resultado con mayor sencillez y menos conocimientos previos; pormenores que los primeros no necesitan ayudados por el profesor, los agradecen los segundos; aquellos utilizarán o no instrumentos acabados, mientras que éstos se fabricarán accesorios y modificarán aparatos; algunos no tendrán dificultades para consultar obras diversas, pero muchos desearán hallar en su Manual todo lo necesario. Al hojear este libro, acaso lo que más resalte es el afán de ser útil a los que trabajan sin maestro y buscan algo más que una obra de divulgación, procurando también, en lo posible, que no sea menester recurrir a otras obras especiales.

Sería inútil pretender aquí la exposición de métodos propios de los gran-des instrumentos o de trabajos que requieren costosas instalaciones. Tal la-bor corresponde a los afortunados y a los profesionales que disponen de semejantes medios. Con modestos recursos, por ahora, es necesario tener en cuenta la célebre frase de ser la pieza principal del instrumento la que está detrás del ocular, es decir, el ojo del observador. En un porvenir, acaso próximo, quizá pasen a ser elementales y de módicos gastos los métodos en que el investigador se limita a ordenar los elementos registrados y leerlos, borrando en todo o en parte la ecuación personal. Ya no es muy costoso, por ejemplo, un micrómetro impersonal (en realidad casi impersonal ¡¡y movido a mano!!); pero las mediciones fotográficas y las realizadas con células fo-toeléctricas, pongamos por caso, no han caído todavía en el dominio de lo económico.

La escasez de obras semejantes a ésta es quizá el mayor justificante de su publicación. Aún en el extranjero, donde abundan algo más los tratados sobre Astronomía, no es frecuente hallar desarrollos de programas pareci-dos al que he pretendido formar, y no recelé en exponer desde puntos de vista propios cuando me pareció ganar en sencillez, como en las órbitas de las estrellas fugaces, en las observaciones de pasos por un vertical, en la teoría de errores y otros puntos. En tanto los más capacitados no den a la biblio-grafía española obras mejores, de algo podrá servir la presente. Así debió interpretarlo el Consejo Superior de Investigaciones Científicas al sacarla a la luz. No sé como manifestarle mi reconocimiento, sobre todo al Secretario, D. José María Albareda. De un modo especial debo hacer constar mi grati-tud al Catedrático y Académico D. Francisco Navarro Borrás. También es un deber poner de manifiesto que este libro permanecería ignorado, al menos por ahora, si no hubiese dado cuenta de su existencia al Sr. Navarro Borrás el Catedrático D. Enrique Vidal Abascal, y si han podido evitarse muchos defectos en las páginas que siguen, es debido a la valiosa intervención del Catedrático D. Joaquín García Rúa.

Finalmente, gracias a cuantos han animado mi solitaria labor, particu-larmente al Dr. H. Kobold (q.D.h.), y a los que dieron inmerecido relieve al

Page 21: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

147Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

minúsculo Observatorio de Lalín, como los Directores del Observatorio de San Fernando D. León Herrero y D. Wenceslao Benítez. Que Dios premie a todos y nos conceda sea este libro origen de otros de más valor”.

El Dr. H.Kobold, a quen menciona, fora o director das AN, e quen ó abrir-lle as páxinas desta prestixiosa revista alemana para dar a coñecer os seus traballos, resultou ser das persoas que máis contribuíron a darlle merecido recoñecemento ó Observatorio de Lalín.

Dous anos despois o profesor Vidal Abascal, tamén xa doutor e astró-nomo adxunto no Observatorio, crea dentro deste a Sección de Astronomía Teórica e Matemática Durán Loriga, que co tempo sería o xerme da Sección de Matemáticas na Facultade de Ciencias, hoxe facultade de Matemáticas. Antonia Ferrín, antes de marchar a Santander e Madrid, ficou en Santiago un longo tempo, compatibilizando as clases na facultade co traballo no Obser-vatorio e a preparación da súa tese, converténdose na discípula predilecta do fundador. Aller e Ferrín apoiaron o impulso de Vidal Abascal de iniciar os estudos da licenciatura de Matemáticas na USC, e foron os tres os seus pri-meiros profesores alá por 1957.

Portada da primeira edición de ASTRONOMÍA A SIMPLE VISTA

En 1948 D.Ramón é nomeado membro da Comisión de Estrelas Dobres da Unión Astronómica Internacional (IAU) na Asamblea Xeral da IAU que tivo

Page 22: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

148 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

lugar en Zurich, e ese mesmo ano publica o libro de divulgación ASTRONO-MIA A SIMPLE VISTA. Na biografía que o profesor Vidal fixo sobre Aller e que foi publicada na serie HOMBRES QUE HICIERON GALICIA, escribe: “O mesmo tempo Don Ramón tiña escrito un libriño sobor os estudos astro-nómicos que se poderían facer con aparatos rudimentarios. Van dirixidos os aficionados que non dispoñen de ningún anteollo, e trata de probar que ainda así, tendo afición tamén poden facerse algunhas observacións e distraerse e ainda poder facer algo de valor. Eu coñecía a existencia do manuscrito e tratei coa Librería Porto da súa publicación. Don Ramón agradeceu a miña xestión e didicoumo con estas verbas, cheas de ironía e bon humor...”:

“Querido Enrique, dando tumbos el manuscrito de esta obrita, vino a caer en tus manos. Si tal fortuna no le hubiera cabido, no aparecería ahora en letras de molde, y sabe Dios si alguna vez sería impresa. Como es de jus-ticia que conste, poniendo en esta página una dedicatoria al estilo corriente, los que no sepan de tus investigaciones matemáticas y de los preciosos méto-dos que has obtenido para el estudio de las órbitas de las estrellas dobles, ni te conozcan persnalmente, podrían tomarte por un Mecenas, y acaso pareci-do al que, cuando costeó uno de los mayores telescopios, preguntaba si con él se vería tan grande como su cabeza no sé que astro... Un libro de divulgación, en efecto, parece mas propio para ser dedicado a un generoso donante, que para llevar una dedicatoria tributo de afecto y de admiración a un investiga-dor. Por eso esta va tan larga.

Si lo que sigue ahora logra contribuir a la difusión de la más bella y menos conocida de las ciencias, a tí y a los editores Porto, S.L., de Santiago, que con tan elevadas miras atendieron tus indicaciones, deberían darse las gracias. Consten las de tu viejo maestro y hoy afectísimo discípulo”.

Page 23: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

149Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

O profesor D. Enrique Vidal Abascal

Aínda que nun principio D.Ramón se incorporara a Universidade para impartir clase de matemáticas, as xestións para crear a cátedra de astronomía deron pronto o froito desexado e a partires de 1944 o padre Aller encargouse dela. En 1949, foi nomeado catedrático extraordinario de astronomía, resol-véndose así o problema que se plantexaba o ter xa a idade de xubilación. Deste xeito puido continuar en activo durante moitos anos máis.

Enrique Vidal Abascal, Ramón María Aller e Rafael Cid Palacios

Page 24: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

150 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

Durante estas décadas foron pasando polo seu equipo varios doutorandos, bolseiros e colaboradores, entre os que se atoparon ademais dos xa nomeados Vidal Abascal e Ferrín Moreiras, Sierra Domínguez, García-Rodeja, Pensado Iglesias, Docobo Fernández, Cid Palacios, Costa Seoane, Zaera de Toledo, etc. Todos eles e outros máis poden ser considerados os seus discípulos direc-tos. O profesor Rafael Cid, nado en Vigo, foi logo catedrático de Astronomía na Universidade de Zaragoza e o meu mestre alí durante oito anos; José Pen-sado chegou ser director do Observatorio de Madrid, Eduardo García-Rodeja foi xunto con Vidal Abascal, astrónomo adxunto no Observatorio, aparte de catedrático de instituto. Outros en cambio atoparon cedo o seu futuro lonxe de Compostela, non foi o caso de Jesús Manuel Costa que estivo ligado ó Observatorio ata a súa xubilación en 1991 como axudante de investigación do CSIC. Non podemos tampouco esquecernos do seu fiel conserxe Venancio Froiz (Armando de Lalín).

Estatua dedicada a D. Ramón en Lalín

Entre 1960 e 1963, a pesares de contar con máis de oitenta anos, aínda di-rixe tres teses máis, ó tempo que escomeza a recibir as primeiras homenaxes, as que, por certo, trataba sempre de evitar. A principal delas foi sen dúbida o

Page 25: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

151Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

que lle tributaron os seus veciños de Lalín o 4 de setembro de 1960 co gallo de terlle sido concedida a Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X o Sabio. Ese mesmo día foi inaugurada a estatua, construida por Asorey, na praza da igrexa en Lalín. Posteriormente rúas de varias cidades, entre elas Santiago, A Coruña, Vigo e Lalín levaron o seu nome.

Antiga placa na rúa dedicada a D. Ramón en Santiago

Anteriormente nos anos cincuenta, o astrónomo inglés Percival Wilkins confeccionando un gran mapa da Lúa, preguntou por astronómos relevantes para dar nome algúns cráteres, e dende España se lle comunicaron os de Ro-mañá, Rodés, Aller,... Desafortunadamente estes nomes non tiveron recoñe-cemento oficial por parte da IAU, probablemente porque non foron apoiados como se merecían. Nembargantes temos retomado o asunto e agardamos que nun próximo futuro esta pequena homenaxe poda finalmente ser firme.

D. Ramón falece o 28 de marzo de 1966, pasando os seus dous últimos anos xa en Lalín coa súa familia. Pero antes deixa escrito en favor da Univer-sidade a doazón dos seus principais instrumentos de observación e o groso da biblioteca, e faino con estas verbas: “Los instrumentos del Observatorio de Santiago, que fueron de mi propiedad y vinieron del Observatorio de Lalín, que ahora son propiedad del Observatorio de Santiago, no deben considerar-se como una donación generosa, sino una compensación por los sueldos de Catedrático que cobré desde que enfermé hasta el 31 de diciembre de 1964, sin ejercer dicho cargo a causa de que no me dejaron presentar la dimisión y cese del cargo (por no tener jubilación mi nombramiento). Téngase pues, dichos instrumentos y los libros de la biblioteca que fueron de Lalín, como compensación por los sueldos de dicho par de años en que “cobré pero no actué”, como catedrático. Lalín, 1 de julio de 1965. Ramón María Aller.”

Page 26: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

152 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

Esta personalidade irrepetible, mestre de mestres, cheo de humildade pero enérxico e rigoroso na Ciencia, na miña opinión non foi recompensado como se merecía, xa que logo non chegou a dispor dos medios necesarios para poder ampliar as súas investigacións. En reiteradas ocasións solicitou no que nun principio se lle prometera, ou sexa, poder contar en Santiago cun refractor de alomenos 30 cms. de apertura, instrumento que consideraba o mínimo imprescindible nun Observatorio universitario. Sen embargo, as súas peticións non chegaron a ser atendidas polos organismos oficiais.

O padre Aller xa nos seus últimos anos en Santiago

Page 27: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

153Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

A súa produción científica, tendo en conta os medios, a época e os lugares onde a desenvolveu, foi excepcional: 78 artigos en revistas especializadas (1 nas ACTAS DEL XIV CONGRESO DE LA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA PARA EL PROGRESO DE LAS CIENCIAS, 1 no ANUARIO DEL OB-SERVATORIO DE MADRID, 4 en ARQUIVOS DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, 16 en ASTRONOMISCHE NACHRICHTEN, 1 no BOLETÍN DE LA UNIVERSIDAD COMPOSTELANA, 4 en IBÉ-RICA, 4 en LAS CIENCIAS, 5 en L’ASTRONOMIE, 4 en PUBLICA-CIONES DEL OBSERVATORIO DE SANTIAGO, 14 na REVISTA DE GEOFÍSICA, 3 NA REVISTA MATEMÁTICA HISPANO-AMERICA-NA, 11 na REVISTA DE LA SOCIEDAD ASTRONÓMICA DE ESPAÑA Y AMÉRICA, e 10 en URANIA), 4 libros, 5 teses de doutoramento dirixidas, 4 estrelas dobres descubertas, autor de numerosos deseños de instrumentos científicos e un sen fin de observacións, cálculos, notas e catálogos estelares que ficaron inéditos. Por todo iso está considerado como un dos astrónomos españois máis salientables do século XX.

Podemos dicir, sen embargo, que o seu mellor legado foi o non cuantifica-do, a humildade, a modestia, a dedicación ós demais da que sempre fixo gala. Recuperando as palabras de Vidal Abascal, podemos dicir que a obra mestra de D. Ramón María Aller foi a súa vida.

Nos últimos anos a Universidade de Santiago de Compostela reeditou toda a súa obra. Así, como consecuencia da organización en 1983 por parte do Observatorio Astronómico (que dende entón leva o nome do seu fundador) da IV Asamblea Nacional de Astronomía y Astrofísica, o profesor Eduardo García-Rodeja propuxo reproducir en edición facsímil o manuscrito da IN-TRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA, cuxo orixinal pertence agora ós herdeiros de Antonia Ferrín Moreiras. Oito anos despois, no 25 aniversario do falecemento do padre Aller, quen subscribe recompilou todos os seus artigos desperdigados nas trece revistas xa mencionadas, nun volume de 716 páxinas titulado LAS PUBLICACIONES CIENTÍFICAS DEL DR. D. RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA e editado tamén pola Universidade de Santiago de Compostela.

Page 28: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

154 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

Obra recopilatoria, publicada en 1991, dos distintos traballos científicos de D. Ramón

En 1992, co gallo do septuaxésimo quinto aniversario de ALGORIT-MIA, García-Rodeja tivo interese en achegar este libro as novas xeracións, aínda que logo a reprodución non se fixo da edición en letra impresa como él quería senón do manuscrito que se atopa no Museo R. M. ALLER de La-lín. Cumpríndose cincuenta anos de ASTRONOMÍA A SIMPLE VISTA, comuniqueilles tanto a USC coma ó Concello de Lalín a conveniencia de facer unha nova edición desta obra de divulgación e, en efecto, ambas as dúas institucións así o fixeron. Finalmente polo que respecta os ENSAIOS EN GALEGO, estes foran reproducidos en 1989 pola Deputación de Pontevedra a instancias de Xosé Filgueira Valverde, quen os prologou. Unha nova edición destes foi presentada en 2009 polo Observatorio Astronómico R. M. Aller da Usc e mais a Delegación en Galicia do CSIC. Nese mesmo ano, Ano Interna-cional da Astronomía, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, entre as moitísimas actividades que organizou, preparou tamén unha cálida homenaxe a D. Ramón, que incluíu un acto académico na Facultade de Matemáticas, unha exposición na Sala Sargadelos de Santiago, e mais o des-cubrimento por parte do Sr. Reitor dunha placa no camposanto de Donramiro onde está soterrado.

Page 29: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

155Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

Placa colocada pola Universidade de Santiago de Compostela no camposanto de Donramiro (Lalín)

En 1943, D. Ramón publicou un artigo titulado LOS OBSERVATO-RIOS DE LALÍN Y SANTIAGO, as dúas instalacións astronómicas por él fundadas.

Portada do artigo LOS OBSERVATORIOS DE LALÍN Y SANTIAGO

Page 30: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

156 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

A primeira ficou valeira de contido logo do traslado a Compostela, e a segunda pasou por momentos extremadamente delicados trala morte do padre Aller.

Orgullosos do esforzo realizado para a súa recuperación, podemos dicir que ámbolos dous observatorios están de novo a pleno rendemento.

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC na actualidade

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago (http://www.usc.es/astro) é a día de hoxe unha referencia mundial no eido das estrelas dobles e múltipes e sede da Presidencia da Comisión 26 da Unión Astronómica Internacional (2009-12), dando así mesmo abeiro a un dos maiores telescopios no ámbito universitario español. O seu Observatorio orixinal de Lalín, anexo ó Museo, vén de ser recuperado para fins didácticos logo dun convenio de colaboración entre o Concello de Lalín e a USC, inau-gurándose as novas instalacións o día 26 de marzo de 2011 cun acto acadé-mico no que estiveron presentes o Conselleiro de Educación da Xunta de Ga-licia, D. Xesús Vázquez, o Reitor da USC, Prof. Juan Casares e o Alcalde de Lalín, D. Xosé Crespo, entre outras moitas persoas, e onde quen suscribe tivo a oportunidade de impartir a conferencia: “O Observatorio de Lalín, berce da astronomía de Galicia, cen anos despois”.

Page 31: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

157Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

O telescopio de 0,51 metros de apertura colocado recentemente no Observatorio de Lalín

Pasado o tempo, a Memoria de Don Ramón, con os bos e xenerosos, se-gue viva entre nós.

O Prof. Docobo durante a súa conferencia na Real Academia Galega de Ciencias

Page 32: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

158 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

ANEXOSPUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS DO DR. D. RAMÓN Mª ALLER

1) Libros

-ALGORITMIA. PRINCIPIOS FUNDAMENTALES DE LA CIENCIA DE LOS NÚMEROS. Ed. Roel. Coruña, 1918.-INTRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA. Consejo Superior de Investigaciones Científicas (C.S.I.C.). Madrid, 1943.-ASTRONOMÍA A SIMPLE VISTA. Editorial Porto. Santiago de Compostela, 1948.-INTRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA. (2ª edición) C.S.I.C. Madrid, 1957.-INTRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA. Edición facsímile do manuscrito orixinal. Universidade de Santiago de Compostela, 1985.-ALGORITMIA. Edición facsímile do manuscrito orixinal no 75º aniversario da Primeira edición. Universidade de Santiago de Compostela, 1993.-ASTRONOMÍA A SIMPLE VISTA. Edición facsímile da primeira edición no seu 50º aniversario. Concello de Lalín e Universidade de Santiago de Compostela, 1998.

Detalle do manuscrito de Ramón María Aller da INTRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA

2) Artigos, nota e comentarios bibliográficos

-Observaciones del cometa Joannesburgo 1910ª. Figuran como apéndice dun traballode D. Antonio Vela. Anuario del Observatorio de Madrid para 1912.-Sobre las observaciones de pasos en el primer vertical. Revista de la Sociedad Astronómica de España y América. Año III, Núm. 27. 1913.-Teoría parabólica de los errores. Revista de la Sociedad Astronómica de España y América. Año IV, Núm. 32. 1914.-Sobre la determinación de la hora con pequeños instrumentos. Revista de la Sociedad Astronómica de España y América. Año IV, Núm. 32. 1914.-Sobre la determinación de la latitud con pequeños instrumentos. Revista de la Sociedad Astronómica de España y América. Año IV, Núm. 34. 1914.

Page 33: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

159Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

-Determinación de la posición aparente de un astro con el teodolito o con el sextante. Revista de la Sociedad Astronómica de España y América. Año VIII, Núm. 62. 1918.-Sobre el método estereoscópico del Sr. Comas Solá. Revista de la Sociedad Astronómica de España y América. Año VIII, Núm. 62. 1918.-Un instrumento para el método estereoscópico del Sr. Comas Solá. Revista de la Sociedad Astronómica de España y América. Año VIII, Núm. 64. 1919.-Conjuntos y números finitos indefinidos y transfinitos (I). Ibérica, Vol. 11, Núm. 269. 1919.-Conjuntos y números finitos indefinidos y transfinitos (II). Ibérica, Vol. 11, Núm. 270. 1919.-Hora y latitud en función de los pasos por el mismo vertical. Revista de la Sociedad Astronómica de España y América. Año X, Núm. 70. 1920.-Sobre algunos principios de la teoría de conjuntos. Revista Matemática Hispano-Americana. Tomo III, Núm. 5. 1921.-Sobre algunos principios de la teoría de conjuntos. Revista Matemática Hispano-Americana. Tomo III, Núm. 6. 1921.-Sobre algunos principios de la teoría de conjuntos. Revista Matemática Hispano-Americana. Tomo III, Núm. 7 y 8. 1921.-Resumen de las observaciones de Marte efectuadas en Lalín en 1926. Revista de la Sociedad Astronómica de España y América. Año XVII, Núm. 111. 1927.-Notes sur la planéte Jupiter. L`Astronomie. Mars, 1929.-Algunas notas sobre Júpiter. Revista de la Sociedad Astronómica de España y América. Año XIX, Núm. 133. 1929.-El Observatorio Astronómico de Lalín y sus coordenadas geográficas. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Vol. III. 1929.-D. José Rodríguez González (O Matemático de Bermés). A biografía segue a traducción da súa única memoria sobre a figura da Terra escrita en ingles. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Vol. III. 1929.-Beobachtungen des Kometen 1929b (Wilk). Astronomische Nachrichten. Band 237, Nr. 5685. 1930.-Doppelsternbeobachtungen. Astronomische Nachrichten. Band 238, Nr. 5693. 1930.

Ramón María Aller observando co teodolito, un dos seus instrumentos máis queridos

Page 34: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

160 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

-Beobachtungen des Kometen 1930d (Beyer). Astronomische Nachrichten. Band 238, Nr. 5707. 1930.-Notes sur trois cométes. L`Astronomie. Juin, 1930.-Sobre la observación de las estrellas dobles. Revista de la Sociedad Astronómica de España y América. Año XXI, Núm. 151. 1931.-Programa del Observatorio de Lalín. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Vol. IV. 1932.-Constantes de un instrumento paraláctico. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Vol. IV. 1932.-Doppelsternbeobachtungen. Astronomische Nachrichten. Band 245, Nr. 5869. 1932.-Beobachtungen des Kometen 1932k (Peltier-Whipple). Astronomische Nachrichten. Band 247, Nr. 5905. 1932.-Beobachtungen des Mondfinsternis 1932 Sep. 14. Astronomische Nachrichten. Band 247, Nr. 5905. 1932.-El planeta 1932 HA. Ibérica. Vol. 38. 1932.-Die Sternschnuppenfall von 9 Oktober 1933. Astronomische Nachrichten. Band 250, Nr. 5986. 1933.-Sur la pluie d`etoiles filantes du 9 Octobre 1933. L`Astronomie. Janvier, 1934.-Doppelsternbeobachtungen. Astronomische Nachrichten. Band 251, Nr. 6018. 1934.-Determinación de órbitas en el caso de las estrellas fugaces. Ibérica. Vol. 41. 1934.-Las Dracónicas de 9 de Octubre de 1933. Las Ciencias.Año I.4. 1934.-Beobachtungen des Kometen 1935a (Johnson). Astronomische Nachrichten. Band 255, Nr. 6106. 1935.-Órbita de la estrella doble OΣ 77. Astronomische Nachrichten. Band 255, Nr. 6133. 1935.-Nota sobre la observación de las estrellas dobles. Volúmen del Congreso de Santiago de la Asociación Española para el Progreso de las Ciencias. 1935.-Doppelsternbeobachtungen. Astronomische Nachrichten. Band 259, Nr. 6201. 1936.-Nordlichts von 25 Januar 1938. Astronomische Nachrichten. Band 265, Nr. 6345. 1938.-Note sur l`aurere boréale des 25-26 Janvier 1938. L`Astronomie. Mars, 1938.-Observaciones del eclipse total de Luna de 7 y 8 de Nov. 1938. Astronomische Nachrichten. Band 268, Nr. 6409. 1939.-Observations de l`eclipse de Lune de 7-8 Nov. 1938. L`Astronomie. Décembre, 1938.-Órbita de la estrella doble S 1932 (ADS 9578, β 7214). Astronomische Nachrichten. Band 268, Nr. 6410. 1939.-Sur l`orbite S 1932. Astronomische Nachrichten. Band 268, Nr. 6418. 1939.-Sonnenfinsternis 1939 Apr. 18. BEOBACHTUNG-SZIRKULAR DER AN. 21 Jahrgang, Nr. 18. 1939.-Sobre la órbita del sistema S 1932. Las Ciencias. Año V. Núm. 1. 1941.-Observaciones de estrellas dobles. Las Ciencias. Año VI. Núm. 2. 1941.-A propósito de una diferencia de declinación. Revista de Geofísica. Año III. Núm. 10. 1944.-Observatorio de Santiago. Revista de Geofísica. Año III. Núm. 11. 1944.-Los Observatorios de Lalín y Santiago. Publicaciones del Observatorio de Santiago, I. 1944.-Nuevos métodos de observaciones de pasos. Publicaciones del Observatorio de Santiago, III. 1944. Esta Memoria foi presentada por D. Ramón María Aller como Tése de Doutoramento baixo o título de “Algunas experiencias que conviene realizar en observaciones de pasos por verticales” e lida o 30 de xuño de 1943 na Universidade de Madrid.-Actividad del Observatorio de Santiago durante el año 1944. Revista de Geofísica. Año IV, Núm. 14. 1945.-Latitud y declinación en función de intervalos. Revista de Geofísica. Año IV, Núm. 16. 1945.-Ensayos de pasos por dos verticales. Publicaciones del Observatorio de Santiago, IV. 1946.

Page 35: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

161Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

O telescopio Ritchey-Chretién de 0,62 metros de apertura do OARMA

-Nuevo reloj sidéreo para el Observatorio de Santiago. Revista de Geofísica. Año V, Núm. 20. 1946.-Bibliografía. Revista de Geofísica. Año VI, Núm. 21. 1947.-Bibliografía. Revista de Geofísica. Año VI, Núm. 22. 1947.-Observaciones del cometa Cosik-Peltier (1939a). Revista de Geofísica. Año VI, Núm. 23. 1947.-Medidas de estrellas dobles. Revista de Geofísica.Año VI, Núm.24. 1947.-Las estrellas dobles visuales. Investigaciones en el Observatorio de la Universidad de Santiago de Compostela. Urania. Núm. 219. 1948.-Bibliografía. Revista de Geofísica. Año VII, Núm. 25. 1948.-Bibliografía. Revista de Geofísica. Año VII, Núm. 26. 1948.-Bibliografía. Revista de Geofísica. Año VII, Núm. 27. 1948.-Bibliografía. Revista de Geofísica. Año VII, Núm. 28. 1948.-Sobre observaciones de pasos por dos verticales. Publicaciones del Observatorio de Santiago, VI. 1949.-Bibliografía. Revista de Geofísica. Año VIII, Núm. 32. 1949.-Interesante fotografía del cometa 1948 L. Urania. Núm. 220. 1949.-Coordenadas del Observatorio de la Universidad de Santiago. Urania. Núm. 221-222.1951.-Sobre la órbita de la estrella doble S 1639 - ADS 8359. Urania. Núm. 225. 1951.-Medidas de estrellas dobles visiales. Urania. Núm. 229. 1952.-Las señales horarias como reloj en las observaciones. Urania. Núm. 234. 1953.

Page 36: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

162 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

-Observatorio Astronómico de la Universidad de Santiago: Actividades - Programa - Proyectos. Urania. Núm. 237. 1954.-Observaciones del paso de Mercurio por delante del disco solar efectuadas el 14 de Noviembre de 1953 desde Santiago, Lalín y La Estrada. Figuran incluidas nun artigo de J.M. Torroja. Urania. Núm. 237. 1954.-Sobre medidas de ángulos de posición en las estrellas dobles. Las Ciencias. Año XX. Núm. 4. 1955.-Medidas de estrellas dobles visuales. Urania. Núm. 252. 1960.-Ocultaciones de estrellas por la Luna observadas en Santiago de Compostela en 1959. Urania. Núm. 252. 1960.-Valores inadmisibles para una media aritmética. Boletín de la Universidad Compostelana. Núm. 73. 1965.

As publicacións científicas de D. Ramón foron recollidas no volúme:

-LAS PUBLICACIONES CIENTÍFICAS DEL DR. RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA. Edición preparada por J. A. Docobo, con motivo da homenaxe a D. Ramón no seu XXV cabodano. Universidade de Santiago de Compostela. 1991.

3) Ensaios en lingua galega publicados na revista “Logos”(*)

-Unha falla de honradez científica. Núm. 4, abril. 1931.-Perigros das extrapolacións. Núm. 11, novembro. 1931.-A testemuña de autoridade. Núm. 14, febreiro. 1932.-As cefeidas. Núm. 17, maio. 1932.-A función da felicidade. Núm. 26, febreiro. 1933.-O Universo é... un número. Núm. 30, xuño. 1933.-O fin do mundo. Núm. 37, xaneiro. 1934.-Algo sobre imaxes do Universo. Núm. 38, febreiro. 1934.

(*) Estes escritos foron recopilados na publicación: “OS ENSAIOS EN GALEGO DO DR. RAMÓN ALLER ULLOA” con prólogo de X. Filgueira Valverde. Publicacións da Deputación Provincial de Pontevedra, 1989. D. Ramón tamén escribiu gran cantidade de artigos de divulgación en revistas deste caracter, así como en xornais, case sempre a petición destas publicacións con motivo de algún fenómeno astronómico, anuncios de descubrimentos, etc.

Teses de doutoramento dirixidas

-“El problema de la órbita aparente en las esstrellas dobles visuales”, de D. Enrique Vidal Abascal. Madrid, 1944.-“Contribución al estudio de estrellas dobles visuales”, de D. Rafael Cid Palacios. Madrid, 1950.-“Über die Anwendung des Theodolits in der Geodätischen Introducción”, de D. Francisco Múgica Buhigas. Munich, 1960.-“Sobre la determinación de órbitas de estrellas dobles visuales. Examen de varios métodos. Aplicación a los sistemas: ADS 1833, ADS 7704, ADS 13156, ADS 12469, ADS 13169, ADS 16836 Y ADS 6871”, de D. Juan Antonio Zaera de Toledo. Zaragoza, 1962.-“Observación de pasos por dos verticales”, de Dña. Antonia Ferrín Moreiras. Santiago, 1963.

Page 37: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

163Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

D. Ramón con Antonia Ferrín

Monografías sobre D. Ramón Mª Aller

-Ferrín Moreiras, A.: 1996, “D. Ramón María Aller”. Urania, 264, p.1-9.-Docobo Durántez, J.A.: 1991, “La Obra Científica de Aller Ulloa”. Fundación Alfredo Brañas. Serie Conferencias nº 5.-Docobo Durántez, J.A.: 2000, “Astronomía a simple vista, 50 años después”. Descubrindo. Anuario de Estudios e Investigación de Deza. N0 2, 351.-Vidal Abascal, E.: 1979, “Ramón María Aller Ulloa. Unha vida apaixoada pola ciencia e chea de bondade”. Serie “HOMBRES QUE HICIERON GALICIA”. Ed. Banco del Noroeste

Estrelas dobres descubertas

Nome: Aller 1Coordenadas (época 2000.0): 21 55.9 + 19 47Magnitudes: 9.3 - 9.5Referencia: Astronomische Nachrichten. Band 245, Nr. 5869, p.222 (1932)Nome: Aller 2Coordenadas (época 2000.0): 00 34.5 -04 33 Compoñente AB – DMagnitudes: 6.8 - 8.8Referencia: Astronomische Nachrichten. Band 251, Nr. 6018, p.273 (1934)Nome: Aller 3Coordenadas (época 2000.0): 18 59.3 +03 31 Compoñente ABMagnitudes: 8.9 - 9.1Referencia: Astronomische Nachrichten. Band 251, Nr. 6018, p.282 (1934)Nome: Aller 4Coordenadas (época 2000.0): 17 57.8 +27 50Magnitudes: 8.9 - 9.9Referencia: Astronomische Nachrichten. Band 259, Nr. 6201, p.139 (1936)

Page 38: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

164 Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

NOMEAMENTOS DE D. RAMÓN Mª ALLER

CIENTÍFICOS:

-Membro do Seminario de Estudos Galegos (1928).-Membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (1939).-Profesor de Análise Matemática e Xeometría Analítica da Universidade de Santiago de Compostela (1940).-Membro numerario da Real Academia Galega (1942).-Conselleiro dos Padroados “Alfonso X el Sabio” e “Juan de la Cierva” do C.S.I.C. (1943).-Director do Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago (1943).-Vocal da Delegación en Galicia do C.S.I.C (1943).-Conselleiro de Honra do C.S.IC. (1944).-Profesor encargado da Cátedra de Astronomía da Universidade de Santiago (1944).-Membro da Comisión 26 (Estrelas Dobres) da Unión Astronómica Internacional (1948).-Catedrático Extraordinario de Astronomía da Universidade de Santiago (1949).-Membro da Comisión Nacional de Astronomía (1949).-Día do Científico Galego (2011).

O Prof. Docobo explicándolle as prestacións do novo telescopio de Lalín o día da inauguración, ó Reitor da USC, Prof. Casares, ó Conselleiro de Educación, D. Xesús Vázquez, e mais ó Alcalde de

Lalín, D. Xosé Crespo

Foi tamén membro das Sociedades:

-Sociedade Astronómica de España e América.-Sociedade Matemática Española.-Sociedade Astronómica de Francia.-Sociedade Belga de Astronomía e Ciencias afíns.

Page 39: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

165Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX

Mesa presidencial do acto inaugural da recuperación do Observatorio de Lalín o día 26 de marzo de 2011

HONORÍFICOS:

-Gran Cruz da “Orden Civil de Alfonso X el Sabio”.-Coengo de honra da Catedral de Santiago de Compostela.-Fillo Predilecto da vila de Lalín.-Fillo Adoptivo da cidade de Santiago con medalla de ouro.

Bibliografía

Aller Ulloa RM (1985) Introducción a la Astronomía. Edición facsímil do manuscrito / ISBN: 84-7191-348-8. Universidade de Santiago de Compostela.

Aller Ulloa RM (1989) Os Ensaios en Galego (“LOGOS”, 1931-1934) do Dr. Ramón Aller Ulloa. Edición preparada por Xosé Filgueira Valverde. Deputación de Pontevedra.

Aller Ulloa RM (1991) Las Publicaciones Científicas del Dr. D. Ramón María Aller Ulloa. Edición preparada por José Ángel Docobo Durántez. / ISBN: 84-7191-86/7. Universidade de Santiago de Compostela.

Docobo Durántez JA (1991) La Obra Científica de Aller Ulloa. Pub. Fundación Alfredo Brañas. Serie Conferencias nº 5.

Docobo Durántez JA (2000) Astronomía a simple vista, 50 años después. Descubrindo. Anuario de Estudios e Investigación de Deza. N0 2, 351.

Ferrín Moreiras A (1966) Don Ramón María Aller. Urania. Num. 264, p.1-9.Vidal Abascal E (1979) Ramón María Aller Ulloa. Unha vida apaixoada pola ciencia e chea de bondade.

Serie “HOMBRES QUE HICIERON GALICIA”. Edición Banco del Noroeste.

Page 40: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da
Page 41: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da

VIDA DA

REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS

Page 42: Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación ... · PDF fileRevista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011) Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da