protocolo aulas abalar

9
PROTOCOLO DE USO DAS AULAS ABALAR DO C.P.I. DR. LÓPEZ SUÁREZ FRIOL (LUGO) A aula Abalar non é só o ultraportátil que ten o alumnado, inclúe tamén un portátil para o uso do profesorado, un encerado dixital, un canón de proxección e un carro de carga. Corresponde ao profesorado e ao alumnado manter este material en perfecto estado, evitando avarías derivadas dun mal uso. O protocolo de uso deberá estar exposto nun lugar visible da aula Os danos neste material serán asumidos, en caso de non atopar ao responsable, pola totalidade do alumnado da Aula Abalar. Para evitar no posible o anterior, seguirase no uso de dita aula os seguintes protocolos: 1

Upload: jose-maria-carricoba

Post on 25-Mar-2016

219 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Protocolo de uso das aulas Abalar no C.P.I. Dr. López Suárez. Friol. Lugo

TRANSCRIPT

Page 1: Protocolo Aulas Abalar

PROTOCOLO DE USO DAS AULAS ABALAR

DO C.P.I. DR. LÓPEZ SUÁREZ

FRIOL (LUGO)

A aula Abalar non é só o ultraportátil que ten o alumnado, inclúe tamén un portátil para o uso do profesorado, un encerado dixital, un canón de proxección e un carro de carga.

Corresponde ao profesorado e ao alumnado manter este material en perfecto estado, evitando avarías derivadas dun mal uso.

O protocolo de uso deberá estar exposto nun lugar visible da aula

Os danos neste material serán asumidos, en caso de non atopar ao responsable, pola totalidade do alumnado da Aula Abalar. Para evitar no posible o anterior, seguirase no uso de dita aula os seguintes protocolos:

1

Page 2: Protocolo Aulas Abalar

I) Consideracións xerais

1. O acceso á Aula Abalar (A.A.): Será o profesor ou profesora con clase na aula a que permitirá o acceso ao alumnado, tendo en conta que: a) En E.Primaria o titor ou titora terá un xogo de chaves da aula e do caixón do carro de carga. Os mestres especialistas farán uso do xogo de chaves colgado no lugar correspondente da Sala de Profesores.b) En E.S.O. cada profesor ou profesora terá o correspondente xogo de chaves ( aula e caixón do carro) que lle será entregado ao principio de curso e será devolto ao finalizar o mesmo.c) A chave de acceso ao armario dos ultraportátiles estará situada no caixón do citado armario de carga.

2. Para acceder ao carro e recoller o seu ultraportátil, os alumnos deberán esperar á orde do profesor ou profesora que determine o uso do mesmo.

3. Antes de coller o ultraportátil o alumnado deixará as súas mesas libres para evitar ter que colocalo en situacións de equilibrio precario.

4. O alumnado recollerá o ultraportátil do carro de un en un, por orde de lista para facilitar a identificación do equipo que lle corresponde. En ningún caso se acudirá ao carro de carga en grupos.

5. Sempre se collerá o ultraportátil polas asas, de xeito que ao levalo se eviten situacións que orixinen caídas e a conseguinte deterioración do equipo.

6. No momento de recoller o ultraportátil, haberá que ter coidado co enganche de conexión á corrente e o lazo do lapis – que pode quedar trabado noutro portátil-.

7. Cada ordenador ultraportátil terá cadansúa etiqueta co número que lle corresponde a cada alumno ou alumna. Sempre se utilizará o equipo que se corresponda co número asignado a cada alumno. No interior do carro e no lugar correspondente colocarase unha etiqueta para indicar o lugar de cada equipo

8. O alumno non acenderá o ultraportátil ata recibir a orde expresa do profesorado.

9. Non se colocarán obxectos de ningunha clase sobre o ultraportátil.10. A pantalla é moi delicada. Non se debe tocar nunca con ningún obxecto

punzante. O uso do lapis óptico farase co tacto que tal ferramenta precisa.

2

Page 3: Protocolo Aulas Abalar

11. Cando o profesor ou profesora teña que dar unha explicación, baixaranse as tapas dos ultraportátiles sen chegar a pechalos, de xeito que estes non entren en estado de suspensión.

12.O alumnado será responsable do correcto mantemento do escritorio, carpetas e arquivos da súa conta e, de apagar correctamente o ultraportátil ao finalizar a clase.

13.O alumnado devolverá o ultraportátil ao lugar correspondente no carro, asegurándose de que queda conectado ao cargador. Irán pola mesma orde que utilizaron para recollelo, evitando aglomeracións. O profesor ou profesora, previamente ao inicio da recollida dos equipos, controlará que o carro de carga estea acendido coa fin de acreditar que os ultraportátiles queden perfectamente conectados e cargando. (O carro de carga está programado para iniciar a carga ás 16h.15m. cando teñamos sesións partidas. No caso de sesión única o inicio quedará programado para as 14.40h - o ruído do mesmo pode servir de aviso para a recollida dos equipos)

14.No caso de que se esgote a batería por non cumprir a anterior norma, o alumno ou alumna que se lle ten asignado o ultraportátil deberá de continuar a clase sen el.

15. Como norma xeral, estes equipos non poderán saír da Aula Abalar. (Isto non implica que como medida excepcional si se poidan desprazar no caso de desdobramentos, ou reforzos ou calquera outra necesidade puntual )

16.Os ultraportátiles son propiedade da Consellería de Educación. O feito de non aceptar estas normas ou de non as respectar trae consigo a restrición ou perda dos privilexios de acceso ao mesmo.

17.Cando o alumno ou alumna teña que ausentarse temporalmente da aula, baixará totalmente a tapa do portátil para evitar posible golpes e aforrar batería.

18.Cando se produza unha incidencia no manexo do portátil e o alumno ou alumna precise axuda do profesor ou profesora, procurará non interromper o traballo nin as explicacións que nese momento se estean a desenvolver na aula de clase.

19.Para gardar o seu traballo e poder levalo a casa ou a outro ordenador, cada alumno e alumna debe dispor dun lapis de memoria que funcionará a xeito de mochila electrónica.

3

Page 4: Protocolo Aulas Abalar

II) Responsabilidades derivadas do uso do ultraportátil

O alumnado é totalmente responsable do que faga co seu ultraportátil. Terán consideración de faltas graves ou moi graves, en función das circunstancias nas que se produzan os feitos e das súas consecuencias, as seguintes:

1) Os ultraportátiles veñen configurados para impedir o cambio na configuración, a instalación de programas ou o cambio no sistema operativo. Calquera intento de facer algo disto será considerada unha falta moi grave.

2) Calquera intento de danar equipos, materiais, datos ou programas, será sancionado polo Regulamento de Réxime Interior do Centro. O vandalismo implicará á cancelación dos privilexios de uso do ultraportátil e a obriga de reposición dos custes orixinados pola reparación do hardware, software ou sistema.

3) Están prohibidos os intentos de ver, copiar, modificar ou interferir o correo electrónico ou os ficheiros doutros usuarios ou usuarias. O incumprimento desta norma será obxecto das sanción disciplinarias que se contemplan no Regulamento de Réxime Interior da centro para faltas moi graves.

4) Deberase empregar unha linguaxe apropiada; as palabras malsoantes, os insultos xenófobos ou degradantes atendendo á raza, sexo, relixión ou calquera outra condición están prohibidos e serán obxecto das correccións disciplinarias establecidas ao respecto no Regulamento de Réxime Interior.

5) Transmitir ou ver imaxes obscenas, degradantes ou discriminatorias atentando a calquera condición, ou difundir material ilegal.

6) Revelar información persoal.7) Os intentos de degradar ou interferir o sistema, serán contemplados coma

unha violación das directrices e/ou coma unha actividade criminal suxeita a lexislación vixente.

8) O uso incorrecto do ultraportátil, non respectando as normas establecidas9) Baixo ningún concepto, o sistema/rede poderá ser utilizado con propósitos

ilegais

4

Page 5: Protocolo Aulas Abalar

III) Avarías do ultraportátil

1) Cando o ultraportátil estea avariado, deberá de seguirse a clase con outro compañeiro/a

2) Se a avaría fose de índole menor, o alumno/a esperará e estará presente mentres se solucione o problema, na procura de establecer unha cadea de formación que permita a calquera alumno/a arranxar de xeito autónomo as avarías máis sinxelas. En caso de ser máis grave, deixará o equipo en depósito ata ser avisado, unha vez resolto o problema, a través do medio que se estableza. En calquera caso unicamente o alumnado propietario ou o profesorado Abalar, pode recuperar o portátil en cuestión. E só a el lle será entregado.

3) Cando se detecte que a avaría do portátil ten a súa orixe nun uso indebido do mesmo, o ultraportátil non se lle devolverá ao alumno. Neste caso arbitraranse as medidas correctoras a que houbese lugar e recollidas nesta normativa o no R.R.I do Centro

4) Cando se detecte que un alumno ou alumna está a ter avarías graves debidas ao uso indebido ou ao coidado pouco esmerado, procederase a retirarlle o equipo polo tempo que se considere oportuno. En casos moi graves poderá ser suspendido definitivamente da participación na aula Abalar.

5) As avarías provocadas non están cubertas pola garantía, polo que se o servizo técnico comproba que a avaría non foi fortuíta, será o alumnado o que terá que pagar o custe da mesma.

6) O uso dos ultraportátiles e da rede do centro realizarase baixo o principio das boas prácticas que se establezan no seu momento e as reguladas pola lexislación vixente

IV) Directrices e procedementos administrativosO usuario/a que viole as directrices e os procedementos administrativos, estará suxeito/a á suspensión temporal ou definitiva dos seus dereitos de utilización do ultraportátil e do sistema, e estará suxeito/a ás correspondentes sancións disciplinarias, recollidas no Regulamento de Réxime Interior ou nos procedementos legais oportunos.

5

Page 6: Protocolo Aulas Abalar

1. O ultraportátil é un instrumento de traballo escolar ó que se ten acceso polo feito de participar no proxecto ABALAR.

2. O alumnado e os seus pais/nais ou titores legais admiten dende un principio as normas establecidas para o seu uso e, que o incumprimento das mesmas, pode ser obxecto dunha sanción.

3. As sancións que se poderán contemplar, en función da gravidade do incumprimento son:

➔ A retirada de privilexios temporais de utilización do portátil.

➔ Interromper temporalmente a participación do alumno no proxecto.

➔ Unha sanción económica que se determinará en cada caso tendo en conta a natureza e gravidade do dano causado.

➔ Calquera outra aprobada polo Consello Escolar e que se inclúa no Regulamento de Réxime Interior do C.P.I.

V) Protocolo para o profesorado

1. Só poderán utilizar os ultraportátiles e o portátil da Aula Abalar, o profesorado Abalar, que disporán dun xogo de chaves a tal efecto.

2. O portátil do profesorado, non poderá saír baixo ningún concepto da aula.3. O profesorado poderá substituír o portátil da aula polo seu propio, realizando

as modificacións oportunas para poder acceder ao sistema WiFi da aula. Se aconsella que utilice o mesmo sistema operativo que teñen os ultraportátiles do alumnado.

4. O profesorado é o responsable de deixar perfectamente gardados os ultraportátiles e portátil unha vez rematada a súa clase.

5. Como norma xeral, cinco minutos antes de rematar a sesión o profesor ou profesora indicará aos alumnos que pechen os seus ordenadores e vaian coa orde establecida a colocalos no carro de carga, vixiando a súa correcta recollida

6. Non obstante:a) En E.Primaria: Ao rematar unha sesión e incorporarse un mestre especialista, o titor ou titora coordinará o uso dos equipos tendo en conta que:--Se o profesor que entra na clase vai facer uso dos ordenadores, quedan os

6

Page 7: Protocolo Aulas Abalar

equipos na mesa. -- Se non vai dar clase na aula, a clase permanecerá pechada ata a seguinte sesión quedando os ultraportátiles en estado de suspensión –pechados-.b) En E.S.O. Prevalece a norma anterior (V-5), agás que os profesores (entrante e saínte) se poñan de acordo previamente coa fin de que, baixo ningún concepto, os alumnos estean sós na aula cos ordenadores fóra do carro de carga. c) En calquera dos dous casos os ordenadores quedarán en estado de suspensión.

7. Se o grupo da AA, deixa a súa clase de referencia para ter docencia noutra aula, o profesor que remata a clase pechará a mesma. Para acceder novamente á aula haberá que esperar a chegada do profesor ou profesora que imparta docencia na seguinte sesión.

8. Nas sesións anteriores aos períodos de lecer, ao rematar a xornada de mañá e ao rematar á xornada de tarde, o profesor indicará, de ser o caso, a colocación dos ultraportátiles no carro de carga, e será o encargado de pechar o carro e a clase, sendo o último en abandonar a aula

9. Cando na sesión anterior ao recreo ou ao comedor coincidan sesións en aulas distintas da propia Abalar, e o alumnado precise acceder posteriormente á súa aula, o profesor que impartiu a clase deberá acompañar os alumnos e alumnas para abrirlles a porta e posteriormente deixar pechada a aula.

10.Dada a limitación das baterías, é aconsellable nos períodos de garda (por ausencia dun profesor), a non utilización dos ultraportátiles, agás que o profesor de garda sexa profesor Abalar e teña traballo pendente cos alumnos.

11. O profesorado Abalar deixará pechada a clase no período de lecer ou cando a hora seguinte á súa non teña lugar en dita aula clase de ningún tipo.

12.As avarías nos equipos comunicaranse inmediatamente ao coordinador Abalar.13.O portátil do profesor deberá ser recollido ao final da xornada e gardado no

caixón habilitado a tal efecto no carro de carga

VI) Uso do Encerado Dixital Interactivo (EDI)

1. O responsable de activar o EDI será o profesor ou profesora. 2. O EDI será empregado polo alumno ou alumna co control do profesor ou

7

Page 8: Protocolo Aulas Abalar

profesora.3. O alumno ou alumna que faga uso do EDI terá que respectar as normas de uso seguintes:a) Non se poden empregar elementos punzantes para interactuar na pantalla.b) As mans deberán estar limpas para evitar deixar pegadas na superficie da pantalla.c) Deberá respectar as indicacións dos profesores.4. Calquera dano que sufra a pantalla por mal uso manifesto, deberá ser costeado polo responsable do mesmo. No caso de non identificar ao culpable será o grupo de alumnos solidariamente os que se farán cargo do amaño ou reposición do mesmo.5. O mando do canón proxector e o punteiro empregado no encerado dixital deberán quedar gardados no caixón do carro de carga.

VII) Uso do canón proxector

1. Só o profesor ou profesora será o encargado de acender e apagar o canón.2. O mando a distancia do canón deberá estar sempre no seu lugar correspondente – caixón do carro de carga--3. Será o profesor o encargado de que o citado mando quede colocado no seu lugar ao finalizar a sesión

VIII) O carro de carga

1. O carro será aberto e pechado polo profesor ou profesora segundo as indicacións establecidas neste protocolo 2. O profesor ou profesora estará pendente da retirada dos equipos para evitar posibles danos nas conexións ou nos ultraportátiles.

IX) As FamiliasDaqueles aspectos do protocolo que se considere necesario dar

información ás familias, --todo o referente ao uso da aula por parte dos alumnos e alumnas-- farase unha recensión para enviárllelo e asinen a recepción do mesmo.

8

Page 9: Protocolo Aulas Abalar

Proposta de Protocolo de uso das Aulas Abalar do C.P.I. Dr. López

Suárez. Friol, aprobada na sesión do Obradoiro Abalar celebrada o

día 23 de novembro de 2010

9