programaciÓn actividades - inicio | concello de mesía · con inchables.ese día cada neno poderá...

23
PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES CONCELLO DE MESÍA VERÁN_2014

Upload: dinhdan

Post on 09-Nov-2018

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES

CONCELLO DE MESÍA

VERÁN_2014

Page 2: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

2

ESCOLAS DE VERÁN E CAMPUS INFANTÍS

ESCOLA DE NATACIÓN: APRENDE A NADAR 1 IDADE Nenos/as que non saben nadar, nenos/as que este

curso estiveran en 2º de educación infantil. HORARIO Días: Luns, martes, mércores e xoves.

Horarios: 13:15 h –14:00 h. Do 28 de xullo ao 30 de agosto.

INSTALACIÓN Piscina de Xanceda. PREZO 12 €.

ESCOLA DE NATACIÓN: APRENDE A NADAR 2 IDADE Nenos/as que xa saben aguantarse sen axuda

(manguitos, churros...). Pasarán unha proba. HORARIO Días: Luns, martes, mércores e xoves.

Horarios: 12:30 -13:15 h. Do 28 de xullo ao 30 de agosto.

INSTALACIÓN Piscina de Xanceda. PREZO 12 €.

CAMPUS COCA – COLA DE FÚTBOL

NIVEL Medio. De 5 a 13 anos. Faranse 2 categorías. HORARIO OS MARTES FÚTBOL! Días: 8, 15, 22 e 29 de

xullo e o 5, 12, 19 e 26 de agosto. Horario: 18:00 - 19:30 h.

INSTALACIÓN Campo de fútbol de Xanceda. CARACTERÍSTICAS Faranse 2 categorías. Partidos todos os días.

Aprendizaxe técnico con xogos e circuítos. PREZO 12 €.

Page 3: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

3

CAMPUS COCA – COLA DE PÁDEL NIVEL Iniciación. IDADE De 8 a 14 anos. HORARIO Días: 5, 12, 19 e 26 de agosto.

Horario: 16:00 a 17:30 h. INSTALACIÓN Pistas de pádel de Cabrui. CARACTERÍSTICAS Aprendizaxe técnico con xogos e circuítos.

Competicións de habilidades e partidos. Importante traer roupa adecuada e raqueta de pádel. Mínimo 5 inscritos, máximo 8.

PREZO 6 €.

CAMPUS COCA – COLA DE TENIS NIVEL Nivel básico. Iniciación. IDADE De 8 a 14 anos. HORARIO Días: Os luns 7, 14, 21 e 28 de xullo.

Horario: 11:00 a 12:30 h. INSTALACIÓN Pistas de tenis de Xanceda. CARACTERÍSTICAS Aprendizaxe das técnicas do tenis con xogos.

Traer raquetas de tenis adecuadas á idade. Mínimo 5 inscritos, máximo 10.

PREZO 6 €.

Page 4: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

4

CAMPAMENTO DE VERÁN - XOECON (Xogar e conciliar) IDADE

Dous grupos de idade: 4 a 8 anos e 9 a 14 anos.

DATAS E HORARIO Do 7 ó 24 de xullo, de 10:30 a 14:00 h. INSTALACIÓNS Piscinas, Casa da Cultura, Brañas da Valga e

campo de fútbol. Recoller na Casa da Cultura o primeiro día o plan de actividades.

CARACTERÍSTICAS Talleres culturais, cociña, modelado, probas con ximkanas, actividades predeportivas, rutas, xogos nas piscinas, etc. Saídas ao Aquapark os luns 14 e 21 de xullo (10:45 - 19 h.). ACTIVIDADES NOVAS:

- Xogar en inglés. Imparte Academia English in Motion.

- Obradoiros de animación con plastilina (videocreación). Imparte Illa Bufarda.

- Baile moderno. Imparte María Sanjurjo - Fin de campamento cunha Gran Festa

con Inchables. Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado.

PREZO 30 € (incluídas as dúas saídas ó Aquapark). Descontos para irmáns: dous irmáns 50 €, tres irmáns 70 €.

ORGANIZA E SUBVENCIONA

Page 5: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

5

PROGRAMA RESPIRA MESÍA

IDADE

De 4 a 12 anos. Faranse dous grupos segundo as idades dos/as nenos/as.

DATAS E HORARIO Do 4 ó 14 de agosto, de 10:30 a 14:00 h. INSTALACIÓNS Piscina municipal e Brañas de Valga.

Recoller na piscina o primeiro día o plan de como se realizaran as actividades cada día.

CARACTERÍSTICAS Talleres culturais e de medio ambiente, obradoiros de reciclaxe, baile, anelamento de aves, etc. Deportes e xogos exteriores. Saída ás Pontes de García Rodríguez, visita a lugares de interese da zona e ó gran lago onde podemos bañarnos. Data venres 8 de agosto, horario de saída e regreso pendente de concretar. Informádevos na Casa da Cultura.

PREZO

20 € (incluída a saída ás Pontes). Podédesvos anotar só a unha semana, entón o prezo será de 10 €. Terán preferencia os empadroados.

NOTA Os rapaces que participen en Aprender a Nadar 1 e 2 serán acompañados á piscina por un monitor do campamento no horario correspondente, para que poidan combinar as dúas actividades. E ademais terán un desconto do 50% na actividade de natación.

ORGANIZA E SUBVENCIONA

Page 6: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

6

ACTIVIDADES E ESCOLAS PARA ADULTOS

TENIS NIVEL Básico e medio. A partir de 15 anos. HORARIO Martes e xoves. Do 8 de xullo ó 28 de agosto.

OS MARTES: 19:30 - 21:00 h (clase dirixida) OS XOVES: 20:00 - 21:00 h (práctica - partidos).

INSTALACIÓN Pistas de tenis de Xanceda. PREZO 12 €.

INICIACIÓN AO PÁDEL NIVEL

Básico - Iniciación. A partir de 15 anos.

HORARIO De 16:00 a 17:30 os días 8, 15, 22 e 29 de xullo. INSTALACIÓN Pista de pádel de Cabrui. PREZO 6 €.

AQUAGYM - Ximnasia na auga NIVEL

Básico – medio. De 16 anos en adiante.

HORARIO Os martes. De 14:00 h a 14:45 h. Comeza o 8 de xullo.

CARACTERÍSTICAS Exercicios físicos na piscina que proporcionan beneficios coma favorecer a corrección postural e a circulación, mellorar as cualidades físicas e favorecer a relaxación.

INSTALACIÓN Piscina municipal de Xanceda. PREZO 6 €.

Page 7: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

7

INICIACIÓN Á NATACIÓN

NIVEL

Básico. Aprender a nadar para maiores de idade.

HORARIO Luns e mércores, de 14:00 a 14:45 h. Comeza o 7 de xullo.

INSTALACIÓN Piscina municipal de Xanceda. PREZO 12 €.

AERÓBIC - ZUMBA NIVEL Básico – medio. De 16 anos en adiante. HORARIO Xoves de 21:00 a 22:00 h. Comeza o 10 de xullo. CARACTERÍSTICAS Actividade física de baile ao ritmo da música, con

pasos e coreografías dirixidas. INSTALACIÓN Pavillón de Xanceda. PREZO 12 €

Page 8: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

8

XIMNASIA DE MANTEMENTO IDADE De 16 anos en adiante. HORARIO Martes, de 21:30 a 22:30 h. CARACTERÍSTICAS Actividade que mellora a nosa saúde física

dunha forma divertida: con xogos, exercicios de tonificación, flexibilidade e con deportes adaptados ao grupo. RECOMENDAMOS facer esta actividade e ademais ANDAR MÍNIMO 1 hora DIARIA para notar os beneficios que nos dá o exercicio físico.

INSTALACIÓN Pavillón de Xanceda. PREZO 12 €.

PILATES IDADE De 16 anos en adiante. HORARIO Xoves, de 22:00 a 23:00 h. CARACTERÍSTICAS Actividade física de tonificación.

INSTALACIÓN Pavillón de Xanceda. PREZO 12 €

CACHIBOL DE VERÁN IDADE A partir de 50 anos. HORARIO Os martes de 10:30 a 12:00 h.

Comeza o 8 de xullo. INSTALACIÓN Pavillón de Olas. CARACTERÍSTICAS O deporte para todos/as. Anímate a xogar!!!

Imprescindible cubrir a folla de inscrición na Casa da Cultura para anotarse (polo seguro).

PREZO Actividade gratuíta.

Page 9: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

9

PATCHWORK IDADE

Maiores de 15 anos. Máx. 15 persoas por grupo.

HORARIO Mércores de 16.00 a 18.00 h. Comezo o 9 de xullo. NSTALACIÓN Casa da Cultura de Xanceda ou na parroquia onde

se anote máis xente. CARACTERÍSTICAS Técnica que consiste en unir telas ou retallos de

diferentes cores e tamaños utilizando diferentes técnicas para formar colchas, manteis, coxíns, cadros, caixas, etc.).

PREZO 30 € os dous meses. NOTA Mínimo de 12 persoas e máximo de 18.

ECO-BAÚL: OBRADOIRO DE PRODUTOS DE LIMPEZA

IDADE Maiores de 16 anos. DATA E HORARIO Mes de setembro. Data e horario por concretar. LUGAR Casa da Cultura de Xanceda. CARACTERÍSTICAS Neste taller aprenderemos a elaborar produtos de

limpeza para o fogar dun xeito natural, sen químicos e moi económico. Faremos: limpadores, deterxentes, produtos para mobles, ambientadores etc.

PREZO 8 € . NOTA Mínimo 15 persoas e máximo 20. Informádevos da

data na Casa da Cultura.

Page 10: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

10

XUVENTUDE

OBRADOIRO DE FIMO IDADE

De 14 a 30 anos.

DATA E HORARIO O 1 de xullo, de 11.30 a 13.30 h. LUGAR Casa da Cultura de Xanceda. CARACTERÍSTICAS Faremos diferentes pezas e figuras con fimo: xoias,

chaveiros, adornos... PREZO 10 € (inclúe o material e as ferramentas). NOTA Mínimo 12 persoas e máximo 20. Anotarse antes

do 27 de xuño.

INICIACIÓN Á COCIÑA PARA MOZOS/AS IDADE

De 14 a 30 anos.

DATA E HORARIO 29 e 30 de xullo, de 11:30 a 13:30 h. LUGAR Casa da Cultura de Xanceda. CARACTERÍSTICAS Consiste nun obradoiro de cociña para principiantes.

Trátase de aprender a facer pratos sinxelos e básicos. Sobre todo vai destinado a mozos e mozas con pouca experiencia na cociña.

PREZO 12 €.

SAÍDA DE MULTIAVENTURA MINI IDADE

A partir de 12 anos.

DATA Venres, 29 de agosto. CARACTERÍSTICAS Viaxe en autobús á Coruña. Mañá de multiaventura:

PAINTBALL e, á tarde, CINE no centro comercial. PREZO 15 €.

Page 11: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

11

SAÍDA DE MULTIAVENTURA MAXI IDADE A partir de 12 anos. DATA Xoves 28 e venres 29 de agosto. CARACTERÍSTICAS Xoves 28: Viaxe en tren desde Curtis ata Oleiros.

Aloxamento e manutención no albergue de Santa Cruz. Actividades de multiaventura como canoa, Bici BTT e ximkana nocturna. Venres 29: Viaxe en autobús ata A Coruña para facer MULTIAVENTURA MINI.

PREZO 50 €. NOTA As actividades estarán debidamente organizadas e controladas

por monitores especializados para que os/as rapaces/as non corran perigo.

OBSERVACIÓN : Non te esquezas tamén doutras actividades da programación como carreira, torneos, cursos de verán, campus, saídas ao Aquapark, á praia, ás Pontes... PARTICIPA!!

VOLUNTARIADO XUVENIL DATA O vindeiro 2015 CARACTERÍSTICAS O Concello de Mesía está inscrito no Rexistro de

Acción Voluntaria de Galicia polo que realiza proxectos nos que podedes participar como voluntarios.

REQUISITOS Ter entre 16 e 30 anos. Inscribirse como voluntario no concello.

OBSERVACIÓN Neste ano as prazas de voluntarios xa están cubertas pero podedes anotarvos para a vindeira edición. Aos voluntarios pagaránselle dietas – 6,00 €/día – que terán que xustificar con gastos de desprazamento e manutención. Máis información no Concello de Mesía ou na páxina web do concello.

Page 12: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

12

EVENTOS DEPORTIVOS : ¡¡ PARA TOD@S !!

VIII TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESÍA PATROCINADO POR COCA-COLA

NIVEL Non profesional. Categorías masculina, feminina e dobres (mixta ou non).

DATA Agosto. Horario a acordar entre os/as rivais. INSTALACIÓN Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

de uso das instalacións para este torneo. CARACTERÍSTICAS Sistemas de competición: por eliminación

automática ao mellor de 2 sets. Horarios dos partidos: Cada partido ten unha semana de prazo para xogarse contra quen corresponda por sorteo. Darémosvos o contacto do rival que vos toque (importante atención ó teléfono). Autoarbitraxe nas rondas e semis.

PREMIOS Trofeos ós/ás gañadores/as. Bebidas COCA-COLA en todos os partidos.

INSCRICIÓNS DATAS DE INTERESE

Enviando cadro por email a [email protected] 1 agosto: límite de inscricións e sorteo de cadro de competición. 4 agosto: publicación do cadro de competición. 5 -12 agosto: 1ª ronda, comezo do Torneo. 13 - 19 agosto: 2ª ronda. 20 - 27 de agosto: semifinais. 30 de agosto: finais con árbitro.

Page 13: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

13

FESTA DA AUGA E

DA ESCUMA IDADE:

Todas as idades. Non é necesario saber nadar. Nenos acompañados de adultos.

DATA :

23 de agosto, a partir das 16:30 h.

INSTALACIÓN:

Complexo deportivo de Mata, Xanceda.

CARACTERÍSTICAS: Farase unha ximkana de xogos no campo con probas de auga por equipos e tamén haberá unha zona con escuma. Para os que saiban nadar haberá tamén elementos inchables na piscina grande e moitas sorpresas...

PREZO: Actividade gratuíta. NOTA: Imprescindible anotarse no 981 687 241 para

avisar se hai inclemencias meteorolóxicas e se suspende a actividade.

Page 14: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

14

IV CARREIRA CONCELLO DE MESÍA MINICARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESIA

DATA Sábado 13 de setembro. Saída: campo de fútbol de Visantoña.

HORARIOS: 18:00 h : IV CARREIRA CONCELLO DE MESÍA ( 12 Km) 18:10 h : MINICARREIRA POPULAR CONCELLO DE

MESÍA ( 6km) 19:15 h : CARREIRAS DE BASE (resto de categorías):

comezando polos cadetes e acabando polos pitufos.

CARACTERÍSTICAS: Alternancia no circuíto de terra e asfalto. Avituallamento. Haberá algo para picar ao rematar o evento. Poderanse recoller os dorsais dende as 17.00 h da tarde e ata media hora antes da saída da primeira carreira (12 ou 6 km).

INSCRICIÓNS: Inscricións gratuítas no correo electrónico [email protected] facilitando datos persoais, DNI, data de nacemento completa, a que club pertence ou lugar de onde se ven. (Non esquecer que carreira se elixe). Os menores de idade precisan autorización. Teléfono dúbidas: Mª José 630078506. Data límite de inscricións: venres 12 de setembro ás 12:00 horas. Non se admitirán inscricións o día 13 de setembro.

PREMIOS: Haberá trofeos aos tres primeiros de cada categoría e carreira e tamén ao corredor de maior idade, independentemente sexa feminino ou masculino.

CATEGORÍAS E DISTANCIAS: CATEGORÍAS INFERIORES Pitufos-as: 0 a 5 anos200 m.; Benxamíns: 6 a 9 anos800 m. Alevíns: 10 a 13 anos1600 m.; Cadetes: 14 a 17anos3000 m.

IV CARREIRA CONCELLO DE MESIA: 12 KMS Senior: 18 a 34 anos Veteranos-as A: 35 a 44 anos Veteranos-as B: 45 a 54 anos Veteranos-as C: 55 a 64 anos Veteranos-as D: 65 en adiante

MINICARREIRA POPULAR: 6 KMS. Senior: 17 a 34 anos Veteranos-as A: 35 a 49 anos Veteranos-as B: 50 en adiante

COLABORADORES: Coca-cola, Club de atletismo de Ordes, Froitas Hermanos León, Casa Grande de Xanceda, Argal, Panadería Visantoña, Panadería Boga, Casa Zapateiro, Pascual, A Tenda dos Queixos, Panadería A Tilleira, “A Fonte” de Mesón do Vento, Restaurante Manteiga, Cooperativa de Frades, Pinturas Tocho Betanzos, Celega, Eurofruit, Progando, Atlética a Silva, Carpintería Ramón García.

Page 15: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

15

TORNEO INTERPARROQUIAL DO CONCELLO DE MESÍA PATROCINADO POR COCA-COLA. BEGANO S.A.

DATA E LUGAR: 31 de agosto. Campo de herba artificial de Visantoña. HORARIOS:

• 10:00 h CATEGORÍA BASE: 11 – 15 anos (presentar DNI ou documento acreditativo).

COMPETICIÓN FÚTBOL 8

• 12:00 h CATEGORÍA MINI: 5 - 10 anos.

COMPETICIÓN FÚTBOL 5

• 15:00 h CATEGORÍA ADULTOS: a partir de 16 anos (presentar DNI ou documento acreditativo).

COMPETICIÓN FÚTBOL 11

CARACTERÍSTICAS: Inscrición ata o 27 de agosto por email dos Equipos por parroquias dun máximo de 15 persoas. Máximo 3 comunitarios (xente que non sexa da parroquia). Enviar completado o cadro colgado na web a

• Campión ADULTOS - Trofeo

[email protected]. PREMIOS:

• Campión FÚTBOL 8 - Medallas • Campión FÚTBOL 5 - Medallas • Todos: Bebidas COCA - COLA en todos os partidos.

SORTEO: Sorteo do cadro de competición o xoves 28 de agosto, ás 08:30 no Concello. Publicación do cadro de competición na páxina web e no facebook DEPORTE CONCELLO DE MESÍA o 10 de xullo.

Page 16: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

16

SAÍDAS PARA O VERÁN

SAÍDAS AO AQUAPARK IDADE: Sen límite. Máximo 50 persoas, por orde de inscrición. Terán preferencia as persoas empadroadas. DATAS: 14 e 21 de xullo. CARACTERISTICAS Saída ás 10:45 h e volta ás 19:00 h na Casa da Cultura. Comeremos no campo. Levar comida da casa así coma crema protectora e viseira/gorro. Os nenos menores de 10 anos, terán que levar acompañante. PREZO: De 0 – 4 anos: gratuíta. De 5 – 17 anos e acompañante de nenos: 3 €. Adultos: 5 €. NOTA : O Concello de Mesía subvenciona o transporte e unha parte da entrada.

SAÍDA AO LAGO DAS PONTES

IDADE: Sen límite de idade. Máximo 50 persoas, por orde de inscrición. Terán preferencia as persoas empadroadas. DATA E CARACTERÍSTICAS: Venres 8 de agosto. Horarios por concretar. Visita a distintos lugares de interese do concello de As Pontes, comida nunha área recreativa e pola tarde visita ó gran lago onde nos poderemos bañar. Levar comida da casa así coma crema protectora e viseira/gorro. Os nenos menores de 10 anos, terán que levar acompañante. PREZO: 5 € INSCRICIÓNS: Anotarse na Casa da Cultura antes do 5 de agosto.

Page 17: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

17

SAÍDA Á CARREIRA DA MULLER - CONTRA O CANCRO -

CARACTERÍSTICAS: O Concello de Mesía quere achegarvos a correr/andar 5 km contra o cancro na popular CARRERA DE LA MUJER DE A CORUÑA. Ver información da carreira en: http://www.carreradelamujer.com/a-coruna/. IDADE: De 13 anos en adiante. Máximo 50 persoas por orde de inscrición. Terán preferencia as persoas empadroadas. DATA: Domingo 21 de setembro. PREZO E INSCRICIÓN: Prezo da inscrición na Carreira 10.60 €. Se xuntamos o grupo mínimo de 30, ACUDIREMOS EN BUS poñendo 5 € máis, senón quedaremos xa na Coruña para ir xuntas andando/correndo (cada unha ó seu ritmo!). O RECADADO VAI A FAVOR DA LOITA CONTRA O CANCRO!!

Page 18: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

18

IMOS Á PRAIA IDADE: todas as idades. Os menores de idade con autorización asinada polos pais e os menores de 14 anos deben ir acompañados dun adulto. DATA: todos os xoves de xullo e agosto (3, 10, 17, 24, e 31 de xullo e 7, 14, 21, e 28 de agosto). PREZO: 5 € por persoa e día. Os nenos menores de 12 teñen desconto. CARACTERÍSTICAS: pasar un día relaxado ao lado do mar, gozando da auga e do sol. Sairá un autobús ás 11:00 h e voltaremos para Mesía ás 19:30 h. O bus fará un percorrido con paradas en Cumbraos, Lanzá, Xanceda, Mesía, Visantoña e Olas. INSCRICIÓNS: Anotarse en Servizos Sociais (teléf. 981 687 238).

FORMACIÓN

LUGAR: Casa da Cultura PREZO: 25 € ao mes. DATA E HORARIO: Luns, martes e mércores de 20:30 a 22:30.h en Mesía, e xoves e venres en Frades. Os lugares poden variar. O curso xa comezou a finais de xuño, pero aínda vos podedes anotar para asistir. CARACTERISTICAS: Persoas maiores de 18 anos que queiran presentarse ás probas para acadar o graduado en ESO, as próximas probas son en setembro. INSCRICIÓN E INFORMACIÓN: Casa da Cultura, Tel. 981 68 72 41. NOTA: Grupo mínimo de 15 persoas.

CURSO DE OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO

Imparte o curso: Centro EUMAXIN

CARACTERÍSTICAS: Curso de formación continua obrigatoria dirixido a condutores que obtiveran o permiso de conducir C1, C, C+E, C1+E (camión e tráiler) antes do 11 de setembro do 2009, e o permiso D1, D, D1+E, D+E (autobús) antes do 11 de setembro de 2008. O curso ten unha validez de 5 anos e é obrigatorio para o transporte de mercadorías ou viaxeiros. Máis información na Casa da Cultura. NOTA: Imparte Autoescola COPACO. DURACIÓN: 35 h. PREZO: 200 € + taxas (21,40 €). DATAS E HORARIO: 30 e 31 de agosto e 6 e 7 de setembro. INSCRICIÓNS: Casa da Cultura 981 68 72 41

CURSO C.A.P. PARA TRANSPORTISTAS ATENCIÓN!

Page 19: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

19

AVISOS

HORARIO DE PISCINA DE XANCEDA

ATENCIÓN: A piscina de nen@s abrirá de luns a venres de 15:00 a 21:00 h e durante a fin de semana no horario habitual: 12:00 - 21:00 h. A piscina grande abrirá todos os días de 12:00 a 21:00 h.

HORARIO DE VERÁN – CASA DA CULTURA A Casa da Cultura en xullo estará aberta de 10:30 a 14:00 h de luns a venres. Os sábados estará pechada agás aqueles nos que haxa algunha actividade programada. No mes de agosto estará pechada (só abrirá para realizar as actividades programadas para este mes).

NOVOS LIBROS DA BIBLIOTECA Temos novidades, vide botarlle un ollo! Recordade que debido a que a Casa da Cultura estará pechada en agosto, a biblioteca tamén, polo que todos aqueles que queirades coller libros facédeo antes de agosto.

EXPEDICIÓN E RENOVACIÓN DO D.N.I. A unidade móbil do DNI desprazarase ao concello de Ordes nas seguintes datas: 17, 18 e 21 de xullo. Aqueles interesados en acudir para renovar ou expedir o seu documento nacional de identidade poden solicitar cita previa no Concello de Ordes. Teléfono: 981 68 00 02.

Page 20: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

20

INSCRICIÓNS ENTREGAR A FOLLA DE INSCRICIÓN NA CASA DA CULTURA DE XANCEDA (TELÉF. 981 687 241). PARA TODAS AS ESCOLAS/ACTIVIDADES DE VERÁN (INCLUÍNDO AS GRATUÍTAS), EXCURSIÓNS E EVENTOS DEPORTIVOS. Facer efectivo o importe da actividade nunha entidade bancaria e levar o xustificante de pago á Casa da Cultura. Non se admiten inscricións telefónicas para as escolas de verán. PRAZO: ata o 30 de xuño para as escolas de verán. PREZO: cada actividade ten anotado o seu prezo. Os únicos descontos que se aplican son ós irmáns que participan no campamento. E un desconto do 50% no prezo das Escolas Aprender a Nadar 1 e 2 para os nenos que combinen esta actividade co Programa Respira Mesía. Os empadroados no Concello de Mesía terán preferencia en todas as actividades sobre aqueles non empadroados. O concello resérvase o dereito de modificar a programación en caso de non haber un número mínimo de participantes nas distintas actividades. Avisarase a cada persoa en caso de tomar algunha decisión que afecte á actividade na que estea anotada.

ESCOLAS DE VERÁN: do 7 xullo ao 30 de agosto do actual.

HORARIO ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - Verán 2014

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES

11:00 CAMPUS TENIS

10:30 CACHIBOL

12:30 NADAR 2 NADAR 2 NADAR 2 NADAR 2

13:15 NADAR 1 NADAR 1 NADAR 1 NADAR 1

14:00 NATACIÓN ADULTOS

AQUAGYM NATACIÓN ADULTOS

16:00 CAMPUS PADEL

18:00 CAMPUS FÚTBOL

19:30 TENIS ADULTOS 20:00 TENIS AD.

21:00 21:30 XIMNASIA

MANTEMENTO

AERÓBIC -

ZUMBA

22:00 PILATES

Page 21: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

21

CALENDARIO ACTIVIDADES MUNICIPAIS

XUÑO 21 Apertura da piscina municipal 30 Data límite INSCRICIÓNS ESCOLAS DE VERÁN XULLO 1 Obradoiro de Fimo Semana do 7 Comezo das Actividades Municipais de verán. 3, 10, 17, 24, 31 Saídas á praia Do 7 ao 24 Campamento verán Xoecon 14 e 21 Saídas ao Aquapark 28 Comezo das Escolas de Natación: Aprende a Nadar 1, 2. 29 e 30 Obradoiro de cociña AGOSTO 1 Límite inscricións VII Torneo Tenis Concello de Mesía Do 4 ao 14 Campamento Respira Mesía 8 Saída ás Pontes de García Rodríguez. 7, 14, 21, 28 Saídas á praia 23 Festa da auga 28 - 29 Saída xuventude multiaventura 30 Finais do VII Torneo de Tenis Concello de Mesía 30, 31 Curso CAP para transportistas. 31 Torneo Interparroquial de fútbol SETEMBRO 6 e 7 Curso CAP para transportistas. 13 IV Carreira CONCELLO DE MESÍA e Minicarreira popular 21 Saída a CARREIRA da muller (A Coruña) Sen concretar data ECO-BAÚL: obradoiro de produtos de limpeza.

Page 22: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

22

FOLLA DE INSCRICIÓN ACTIVIDADES MUNICIPAIS

VERÁN 2014 Nome _________________________________________________________ DNI __________________________________________________________ Data de nacemento _____________________________________________

Teléfonos (poñer 2 números): ______________________________________ Correo electrónico: ________________________________________________ Enderezo ______________________________________________________ Pai/nai/titor _____________________________________________________ DNI (pai/nai/titor) ________________________________________________ Teléfono/s _____________________________________________________ ACTIVIDADE/S: _________________________________________________ ______________________________________________________________ PREZO: _______________________________________________________ OBSERVACIÓNS: _______________________________________________ ______________________________________________________________________

SI NON Estou empadroado/a no Concello de Mesía. Non teño ningunha enfermidade que me impida facer con normalidade a actividade física á que me anoto. O usuario declara ter sido informado das condicións sobre protección de datos persoais, e fotografías aceptando e consentindo o tratamento automatizado dos mesmos por parte de Concello de Mesía, na forma e para as finalidades indicadas na Política de Protección de Datos Persoais a efectos do previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro. Tamén poderá exercitar o dereito de acceso, rectificación, cancelación, e, no seu caso, oposición, dacordo ao establecido na citada LOPD. Con DNI _______________________ DECLARO que todos os datos aquí escritos son certos. (Cubrir o pai/nai/titor en caso de menores de idade).

Mesía, _____de_________________de 2014 Sinatura:

Page 23: PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES - Inicio | Concello de Mesía · con Inchables.Ese día cada neno poderá traer un amigo de invitado. ... Pistas de tenis de Mata – Xanceda. Preferencia

VERÁN 2014 CONCELLO DE MESÍA

23

INFORMACIÓN:

Casa da Cultura..................... 981 687 241 Servizos Sociais..................... 981 687 238 Casa do concello.................... 981 687 001 Fax Casa do Concello ........... 981 687 069 www.concellodemesia.es

: deporte concello mesia : xuventude concello de mesia

COLABORAN: