programaciÓn didÁctica“n... · 1 programaciÓn didÁctica 2º ciclo de educaciÓn infantil...

42
1 PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2019/2020 CEIP EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ

Upload: others

Post on 10-Feb-2020

15 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

1

PROGRAMACIÓN

DIDÁCTICA

2º CICLO DE

EDUCACIÓN INFANTIL

CURSO

2019/2020

CEIP EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ

2

Esta programación foi elaborada segundo as directrices fixadas pola

Comisión de Coordinación Pedagóxica do CEIP Emilio González López e

aplicando a lexislación vixente da LOMCE

DECRETO 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da

educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

3

ÍNDICE

1. INTRODUCCIÓN.......................................................................................................4

2. COMPETENCIAS BÁSICAS.....................................................................................4

3. OBXECTIVOS XERAIS POR IDADES....................................................................8

4. OBXECTIVOS DAS ÁREAS, CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN ..12

5. ACTIVIDADES........................................................................................................27

6. METODOLOXÍA .....................................................................................................29

7. AVALIACIÓN .........................................................................................................32

8. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE ....................................................35

9. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓNS AOS PLANS E PROXECTOS DO

CENTRO ...........................................................................................................36

10.ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES........................39

11. MATERIAIS E RECURSOS..............................................................................40

12.AVALIACIÓN DA PRÁCTICA DOCENTE.......................................................... .40

13.CONCLUSIÓN..........................................................................................................42

4

1. INTRODUCIÓN

Como dicía María Montessori:

“ENSINAR OS DETALLES É APORTAR

CONFUSIÓN

PERO ESTABLECER AS RELACIÓNS ENTRE AS

COUSAS

E APORTAR COÑECEMENTO.”

A nosa visión educativa baséase nos seguintes fundamentos:

Educación Integral.

Educación Emocional.

Currículum de Educación Infantil.

Visión global.

Aprendizaxe dialóxico e significativo onde é fundamental a colaboración e

implicación de toda a comunidade educativa.

Perspectiva constructivista.

Proxectos/ Asemblea/ Investigacións.

Traballo cooperativo: comunidade educativa.

Autocrítica que retroalimenta todo o proceso avaliación.

2. COMPETENCIAS BÁSICAS

A educación integral da infancia (das diversas facetas da personalidade) derivou ao

longo do tempo en distintas propostas que tratan de afondar no seu desenvolvemento

multidimensional. Unha delas, que nos consideramos fundamental, é a Teoría Das

Intelixencias Múltiples de Howard Gardner. O traballo baseado nas intelixencias

múltiples axuda de forma significativa a ser máis competente. Ofrece ao alumnado a

oportunidade de experimentar en campos relacionados con cada intelixencia, abórdanse

teorías de diversa dificultade na intelixencia que aborda cada un, acrecéntanse as que

non se teñen desenvoltas e propóñense experiencias de aprendizaxe baseadas en

problemas da vida real: así poténcianse as súas posibilidades para “saber facer”.

5

Para nós, a competencia é a capacidade de responder a demandas complexas e levar

a cabo tarefas diversas de forma axeitada. Supón unha combinación de habilidades

prácticas, coñecementos, motivacións, valores éticos, actitudes, emocións e outros

compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr

unha acción eficaz. Todo isto resúmese na seguinte cita de Carlos Gallego: “El mundo

de la vida en el aula debe estar orientada al entendimiento, a un proceso de construír

conocimiento”.

Competencia Para Aprender A Aprender

Dende unha perspectiva constructivista e dentro dunha dinámica de proxectos, a

competencia de aprender a aprender é fundamental, onde a asamblea engloba todo o

proceso: ideas previas, investigacións, o que aprendemos, avaliación…

Nesta competencia, a educación emocional é básica, xa que como nos sentimos,

predisponnos positivamente para aprender. Neste sentido entendemos por aprender a

aprender a competencia vinculada á aprendizaxe, a capacidade de emprender e

organizar unha aprendizaxe individual ou en grupos, segundo as necesidades propias do

individuo, así coma a ser conscientes dos métodos e as oportunidades dispoñibles.

Autonomía e Iniciativa Persoal

A educación emocional podería resumirse nos seguintes termos:

Adquirir un mellor coñecemento das propias emocións.

Identificar as emocións dos demais.

Desenvolver a habilidade para regular as propias emocións.

Previr os efectos das emocións negativas.

Desenvolver a habilidade para xerar emocións positivas.

Desenvolver a habilidade de automotivarse.

Adoptar unha actitude positiva ante a vida.

Como dicía Miguel Martínez “Convivir aprendiendo, aprender conviviendo”.

Competencia Social E Cidadá

Os nenos e nenas deberían ter a posibilidade de desenvolver relacións sociais.

Enfrontarse coas súas propias emocións axudaralles a ser máis competentes nas súas

interaccións sociais.

Esta competencia permite vivir en sociedade, comprender a realidade social do

mundo no que se vive e exercer a cidadanía democrática. Incorpora xeitos de

comportamentos individual que capacitan ás persoas para convivir nunha sociedade

cada vez máis plural, relacionarse cos demais, cooperar, comprometerse e enfrontar os

6

conflitos. Adquirir esta competencia supón ser quen de poñerse no lugar do outro,

aceptar as diferenzas, ser tolerante e respectar os valores, as crenzas, as culturas e a

historia persoal e colectiva dos outros..

Competencia Cultural E Artística

Entendemos que a competencia cultural e artística supón comprender e valorar

críticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas, empregalas como fonte de

desfrute e enriquecemento persoal e consideralas como parte do patrimonio cultural dos

pobos.

Tal e como dicía Loris Malaguzzi, “El niño está hecho de cien; el niño tiene cien

lenguajes… cien mundos por descubrir, cien mundos por inventar”.

As diferentes manifestacións artísticas relacionándoas cos proxectos dan forma a

nosa programación, abarcando sempre por trimestres, arte galego, arte nacional e arte no

mundo.

Competencia Lingüística

A competencia lingüística debe de levar a nenos e nenas á práctica de múltiples

linguaxes como canles de comunicación: oralidade, debates, creacións, exposicións…

Unha parte moi importante desta competencia é levar a cabo o desenvolvemento do

Plano Lector,que debe estar incluído nas rutinas diarias e organízase en función dun

centro de interés.

Competencia Matemática

Segundo Dolors Feixas, “Las matemáticas deben plantearse para trabajar problemas

reales”.

As capacidades necesarias no ámbito das matemáticas inclúen:

un bo coñecemento dos números, medidas e estruturas.

operacións básicas.

representacións matemáticas básicas.

comprensión dos termos e conceptos matemáticos.

coñecemento das preguntas as que as matemáticas poden dar resposta.

7

Entendemos esta competencia tal e como Carlos Gallego fala da alfabetización

numérica, que sería: a capacidade para enfrontarse con éxito ás situacións nas que

interveñen os números e as súas relacións, permitindo obter información efectiva

directamente ou a través da comparación, a estimación, e o cálculo mental ou escrito.

Pretendemos que as nenas e nenos actúen con confianza ante os números e as

cantidades para usalos sempre que sexa pertinente e necesario, e identificar as relacións

que se dan entre eles. Por iso as matemáticas son “Os números da nosa vida”, visibles

na aula de matemáticas.

Competencia No Coñecemento E A Interacción Co Mundo Físico

Esta competencia relaciónase co que Gardner chama intelixencia naturalista, e

que define como a capacidade de observar, investigar, realizar unha busca e formular

hipóteses.

Estas habilidades tenden ao achegamento ao que é real e tanxible, e non á

abstracción. Tenta desenvolver a habilidade para interactuar co mundo físico, tanto nos

seus aspectos naturais, coma nos xerados pola acción humana, de xeito que facilite a

comprensión de sucesos, a predición de consecuencias, e as actividades dirixidas á

mellora e preservación das condicións de vida propia, dos demais e do resto dos seres

vivos.

Os proxectos dinamizan todas as actuacións no ámbito escolar: obradoiros,

dinámica de recunchos, festas, celebracións, saídas educativas, exposicións…

Os proxectos xorden tendo en conta os intereses e inquedanzas da comunidade

educativa, contribuíndo deste xeito á motivación, interese por aprender e a

significatividade da aprendizaxe.

Os proxectos son variados e diferentes cada curso, aínda que globalicen as

diferentes áreas (Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal, Coñecemento do

entorno, Linguaxes: comunicación e representación), respondendo aos diferentes

obxectivos.

Os proxectos tamén nos permiten flexibilidade e funcionalidade nas

aprendizaxes, resultando tan motivador para o alumnado como para o profesorado.

Exemplos de proxectos están expostos nos seguintes esquemas.

Tratamento Da Información E Competencia Dixital

A competencia dixital conleva un uso seguro e crítico das tecnoloxías da

sociedade da información, e por tanto, o dominio das tecnoloxías da información e da

comunicación.

8

Segundo o Dr. Pere Marqués “con independencia de los planteamientos

psicopedagógicos de cada docente, un buen uso didáctico de las TIC siempre enriquece

los procesos de enseñanza-aprendizaje”, como fonte de información, canle de

comunicación e avaliación e autoavaliación. “Además la sociedad de la información

exige reducir las prácticas memorístico-repetitivas, a favor de prácticas socio-

constructivas centradas en los alumnos y en el aprendizaje autónomo y colaborativo.

Los nuevos modelos didácticos que integran las TIC facilitan esta renovación”

3. OBXECTIVOS XERAIS POR IDADES

Coñecemento De Si Mesmo E Autonomía Persoal

OBXECTIVOS 3 anos 4 anos 5 anos

1. Identificar a imaxe global do propio corpo. X

2. Identificarse como un mesmo en relación cos outros e co

medio e recoñecerse como autor das propias condutas.

X X

3. Explorar e identificar as principais partes do corpo. X X

4. Explorar e identificar as principais articulacións. X X

5. Localizar os distintos órganos dos sentidos e coñecer as

súas funcións.

X X X

6. Coñecer as características dos obxectos utilizando as

posibilidades sensitivas do corpo.

X X X

7. Identificar os propios sentimentos, emocións e

necesidades, comunicárllelos aos demais, así como

identificar e respectar os dos demais.

X X X

8. Descubrir as posibilidades de movemento do propio

corpo e as distintas posturas que este pode adoptar.

X X

9. Descubrir experimentalmente e desenvolver a propia

lateralidade dominante.

X X

10. Adquirir coordinación e control nos movementos

globais e segmentarios.

X X

11. Coñecer as nocións básicas de orientación no espazo e

no tempo.

X X

12. Descubrir e utilizar as propias posibilidades motrices,

sensitivas e expresivas, adecuadas ás diversas actividades

da vida cotiá.

X X X

13. Empregar a coordinación e o control dinámico xeral X X

9

para a execución de tarefas da vida cotiá e de actividades

de xogo.

14. Determinar os tempos de movemento e repouso, a

axitación e a relaxación.

X X

15. Progresar na coordinación viso-manual necesaria para

manexar e explorar obxectos, a fin de realizar cada vez

mellor as actividades da vida cotiá.

X X

16. Realizar autonomamente os hábitos elementais de

hixiene persoal, utilizando adecuadamente os espazos e

materiais axeitados.

X X X

17. Tomar a iniciativa, planificar e secuenciar a propia

acción para resolver tarefas sinxelas ou problemas da vida

cotiá.

X X

18. Adecuar o propio comportamento ás necesidades,

demandas, requirimentos e explicacións doutros nenos e

nenas e adultos.

X X X

19. Coñecer e utilizar con autonomía os espazos máis

familiares do medio (casa, escola…)

X X X

20. Utilizar adecuadamente os instrumentos e instalacións

para previr accidentes e evitar situacións perigosas.

X X X

21. Ter unha imaxe axustada e positiva dun mesmo

valorando as limitacións do propio corpo.

X X

22. Aceptar pequenas frustracións e manifestar unha

actitude tendente a superar as dificultades que se presentan,

buscando nos demais a colaboración.

X X

23. Ter unha actitude de respecto cara ás características e

cualidades doutras persoas e valoralas, sen actitudes de

discriminación en relación co sexo ou calquera outro trazo

diferenciador.

X X

24. Valorar os hábitos e as actitudes relacionadas co

benestar e a seguridade persoal, a hixiene e o

fortalecemento da saúde.

X X

25. Amosar interese por ter un aspecto persoal coidado. X X X

Coñecemento Do Contorno

OBXECTIVOS 3 anos 4 anos 5 anos

1. Coñecer as dependencias, materiais e persoas que

traballan na escola

X X X

2. Recoñecer os distintos tipos de casas en función da súa

paisaxe.

X X

10

3. Identificar aos membros da familia e as funcións que

desempeñan.

X X

4. Explorar o medio inmediato utilizando todos os medios

dispoñibles en cada momento.

X X

5. Identificar distintos tipos de paisaxes e as plantas e

animais que os habitan.

X X X

6. Descubrir por comparación as diferenzas e semellanzas

entre persoas e animais.

X X X

7. Participar progresivamente nalgunhas das formas de

organización da vida en sociedade.

X X X

8. Observar e explorar o medio físico e social, planificando

e ordenando a súa acción en función da información

recibida ou percibida.

X X

9. Descubrir as relacións entre a propia actuación e as

consecuencias que dela se derivan no medio inmediato.

X X

10. Explorar a través dos sentidos e clasificar os obxectos

en función das súas características, utilización e situación

na vida cotiá.

X X

11. Establecer algunhas relacións entre as características

do entorno e as formas de vida que se establecen.

X X

12. Observar os cambios e modificacións a que están

sometidos os elementos do medio polo paso do tempo, o

clima e a intervención humana.

X X X

13. Observar e descubrir os diversos elementos da paisaxe

natural, así como as características e comportamento

dalgúns animais e plantas do medio.

X X X

14. Diferenciar as formas de organización de grupos

sociais, escola, familia…

X X X

15. Valorar a importancia do medio natural e da súa

calidade para a vida humana, manifestando cara a el,

actitudes de respecto e coidado, intervindo na medida das

propias posibilidades.

X X X

16. Identificar profesións das persoas coas que se ten unha

relación directa.

X X X

17. Recoñecer que todas as profesións son importantes

para a sociedade.

X X X

18. Interesarse por coñecer e participar nas festas,

costumes e tradicións do medio.

X X X

19. Tomar en consideración a opinión e sentimento dos

demais.

X X

20. Respectar as normas de convivencia básicas nos

distintos grupos sociais, familia, rúa, escola…

X X X

21. Mostrar interese por comprender acontecementos X

11

relevantes do medio físico e social, formulando preguntas

e dando interpretacións e opinións propias.

22. Descubrir a necesidade de que exista unha relación

equilibrada entre animais, plantas e persoas.

X X

23. Ter unha actitude positiva para compartir os xoguetes e

obxectos propios con outras persoas.

X X X

24. Asumir responsabilidades sobre o coidado e

conservación do medio físico.

X X X

25. Ter interese por participar na vida social, asumindo

pequenas responsabilidades con actitude de afecto,

dispoñibilidade e colaboración.

X X X

26. Explorar diversos obxectos e clasificalos por unha

calidade: cor, forma, tamaño, textura…

X X

27. Explorar diversos obxectos e clasificalos tendo en

conta máis de dúas calidades.

X X

28. Recoñecer algúns números e cuantificadores. X X X

29. Identificar formas xeométricas fundamentais:

triángulo, cadrado, círculo.

X X X

30. Recoñecer posicións elementais con respecto a un

mesmo.

X X X

31. Recoñecer posicións respecto a un referente

determinado.

X X

32. Utilizar algunhas unidades de medida como forma de

coñecer mellor os obxectos.

X

Linguaxes: Comunicación E Representación.

OBXECTIVOS 3 anos 4 anos 5 anos

1. Comprender as mensaxes que comunican outras persoas. X X X

2. Coñecer vocabulario referido a diferentes temas e

situacións.

X X X

3. Coñecer contos, poesías, listaxes, trabalinguas e adiviñas

tanto tradicionais como novas.

X X X

4. Descubrir láminas, carteis, debuxos e fotografías. X X X

5. Seguir a orde cronolóxica na narración dunha historia e

ordenar secuencialmente escenas significativas da mesma.

X X

6. Ordenar tres ou máis escenas de diferentes momentos de

contos ou desenvolvementos de animais, etc.

X X X

7. Reproducir estruturas lingüísticas usadas habitualmente

como medio de lograr unha boa comprensión e expresión.

X X

12

8. Expresar sentimentos, desexos e ideas mediante a

linguaxe oral, axustándose progresivamente aos diferentes

contextos e situacións, de comunicación habituais e aos

diferentes interlocutores.

X X X

9. Ler, interpretar e producir imaxes como unha forma de

comunicación e gozo descubrindo e identificando os

elementos básicos da linguaxe.

X X

10. Ler de forma global imaxes de textos sinxelos. X

11. Ter interese por coñecer a linguaxe escrita e valorala

como instrumento de información e gozo, e como medio

para comunicar desexos, emocións e informacións.

X X

12. Empregar algunhas técnicas plásticas, tanto sinxelas

como combinadas para comunicar sentimentos, desexos…

X X X

13. Apreciar as producións artísticas propias e as dos

demais atribuíndolles progresivamente unha interpretación

persoal.

X X

14. Diferenciar son/silencio, ruídos longos/curtos, sons

graves/agudos.

X X X

15. Explorar as distintas posibilidades sonoras do propio

corpo e dalgúns obxectos cotiás.

X X X

16. Interpretar sinxelos esquemas rítmicos e danzas. X X X

17. Recoñecer as posibilidades expresivas do propio corpo

a través da expresión.

X X X

4. OBXECTIVOS DAS ÁREAS. CONTIDOS. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. OBXECTIVOS DAS ÁREAS

ÁREA DE COÑECEMENTO DE SÍ MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL.

Propiciar a adquisición dunha imaxe positiva de si mesmo e ir

favorecendo a adquisición de estratexias para que poidan relacionarse de

xeito amigable.

Ir coñecendo as propias limitacións, e propiciar a aceptación das

frustracións.

Propiciar a expresión das súas emocións e sentimentos: rabia, medos,

alegría, cousas que lles preocupan, o ton de voz… a través do xogo

simbólico.

Ir coñecendo o seu corpo, valorándoo, coidándoo, etc.

Ir aceptando as normas e responsabilizándose de pequenas tarefas.

13

Descubrir, coñecer e vivir o xogo como medio que favorece a aceptación

propia, o desenvolvemento humano, a manifestación de emocións, o

respecto ás demais persoas, a aceptación de regras, a seguridade persoal

e a aceptación da identidade sexual e cultural.

CONTIDOS

Bloque 1: O corpo e a propia imaxe.

Exploración do propio corpo, recoñecendo progresivamente as súas

características e posibilidades para chegar á toma de conciencia do

propio esquema corporal.

Identificación, manifestación, regulación e control das necesidades

básicas do corpo.

Adquisición de confianza nas capacidades propias.

Control progresivo dos propios sentimentos e emocións.

Potenciación da construción do esquema corporal a partir das sensacións

e das percepcións do propio corpo, en relación e interacción cos datos

que a nena ou o neno recibe das outras persoas, do medio e dos obxectos.

Vivencia do corpo como un todo para pasar progresivamente a sentir as

partes que o integran.

Recoñecemento das percepcións sensoriais propioceptivas - que

proveñen dos propios músculos e articulacións - e as percepcións

extereoceptivas – relacionadas cos campos visuais, auditivos, olfactivos,

táctiles, gustativos...

Aceptación da propia imaxe corporal e gozo xogando co seu corpo,

desenvolvendo accións e iniciativas individuais e grupais, empregando as

posibilidades expresivas do propio corpo –a través de xestos,

movementos, xogos, danzas...-

Identificación, verbalización e expresión de sentimentos, emocións,

vivencias, preferencias e intereses propios e das demais persoas.

Aceptación e valoración axustada e positiva da súa persoa, confiando nas

súas posibilidades e recoñecendo as limitacións propias.

Recoñecemento dos sentidos como medio de expresión, percepción e

comprensión do mundo que o rodea, e como medio favorecedor do

desenvolvemento cognitivo.

Observación dos cambios físicos nas persoas ao longo do tempo.

Identificación das diferentes etapas da vida valorándoas positivamente.

Valoración positiva e respecto polas diferenzas, aceptación da identidade

e características das demais persoas, evitando actitudes discriminatorias.

Recoñecemento e vivencia das referencias espazo-temporais en relación

co propio corpo, cos obxectos, co contorno e coas demais persoas.

14

Desenvolvemento da identidade sexual e aceptación do corpo sexuado

feminino e masculino. Mantemento dunha actitude crítica ante os

estereotipos ofertados a través da publicidade e outros medios de

comunicación social.

Bloque 2: Xogo e movemento.

Participación nos xogos e na actividade motriz, identificando as súas

capacidades e confiando nas propias posibilidades de acción, amosando

actitudes de iniciativa e constancia.

Gozo co xogo como medio para coñecer a realidade, mantendo unha

actitude de axuda e cooperación con iguais e con persoas adultas.

Aceptación do xogo como medio de desfrute e de relación cos demais.

Adaptación do ton e da postura ás características do obxecto, da outra

persoa, da súa acción e da situación.

Satisfacción polo crecente dominio persoal.

Aceptación de compromisos, establecendo acordos en consideración á

súa persoa, ás outras e ao seu medio, fortalecendo vínculos afectivos -

amizade, cooperación, axuda, solidariedade...-. Comprensión, aceptación

e valoración de regras para xogar.

Potenciación do xogo como elemento común a todas as culturas, partindo

do coñecemento e valoración dos xogos propios da comunidade e

abríndose ao coñecemento e gozo dos das outras.

Coordinación progresiva das súas habilidades psicomotrices finas e

grosas.

Adquisición dun maior dominio das súas capacidades corporais:

desenvolvemento das habilidades motoras, do control de ton, do

equilibrio e da respiración.

Adquisición de nocións básicas de orientación e coordinación de

movementos.

Potenciación das súas capacidades motoras, de coordinación e de

orientación no espazo.

Exploración das posibilidades perceptivas, motrices e expresivas propias

e das demais persoas, amosando iniciativa para aprender habilidades

novas.

Bloque 3. A actividade cotiá.

Regulación do propio comportamento, satisfacción pola realización de

tarefas e conciencia da propia competencia.

15

Interese por participar en actividades da vida cotiá, con iniciativa e

progresiva autonomía na súa realización, regulando o propio

comportamento, para camiñar cara á resolución pacífica de conflitos.

Habilidades para a interacción e colaboración, así como unha actitude

positiva para establecer relacións de afecto coas persoas adultas e iguais,

aceptando a diversidade.

Hábitos elementais de organización, constancia, atención, iniciativa e

esforzo.

Planificación secuenciada da acción para resolver tarefas.

Valoración e gusto polo traballo propio ben feito e polo das demais

persoas, buscando os recursos axeitados que lle permitan concluír os

proxectos que inicia, sendo quen de solicitar e prestar axuda.

Xestión do seu comportamento en función das necesidades das outras

persoas e das normas de funcionamento do grupo, dereitos,

responsabilidades e comportamentos sociais, camiñando progresiva-

mente cara á autorregulación das súas accións.

Recoñecemento progresivo da súa identidade persoal: capacidades,

actitudes e coñecementos, aplicándoos nas súas actividades diarias.

Bloque 4. O coidado persoal e a saúde.

Recoñecemento das necesidades básicas do corpo: hixiene, alimentación,

descanso...

Iniciación na práctica de accións e recoñecemento de situacións que

favorezan a interacción e adquisición de hábitos saudables como a

hixiene corporal e ambiental, a adecuada alimentación, o consumo

responsable e o descanso.

Aceptación das normas de comportamento establecidas durante as

comidas, os desprazamentos, o descanso e a hixiene.

Petición e aceptación de axuda nas situacións que así o requiran.

Valoración da axuda doutras persoas.

Identificación e valoración de hábitos favorecedores ou non dunha boa

saúde.

Valoración da necesidade de desenvolverse en espazos saudables

identificando as condicións que os caracterizan. Colaboración no

mantemento de ambientes limpos e ordenados.

Gusto por un aspecto persoal coidado manifestando as súas preferencias

estéticas -vestimenta, peiteados, adobíos, coloridos...

Emprego responsable e axeitado de instrumentos, ferramentas e

instalacións para previr accidentes e evitar situacións de risco.

Fomento de hábitos de prevención de enfermidades e de accidentes

domésticos, respondendo con actitude de tranquilidade e colaboración.

16

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1) Vai sendo capaz de localizar e nomear as distintas partes do seu corpo.

2) Vai sendo capaz de representar a figura humana con riqueza de detalles:

cabeza, pelo, orellas, ollos (cellas, pestanas, iris), nariz, boca (beizos, color),

tronco, brazos (mans, dedos, uñas…) pernas (pés…)…

3) Vai sendo capaz de recoñecer as características diferenciais dos individuos:

sexo, cor da pel, cor do pelo, altura, peso, cor de ollos, timbre da voz…

4) Vai progresando na súa autonomía e adquisición de hábitos: persoais e

sociais:

a) para vestirse e espirse (roupa, botóns, cremalleiras, zapatos (agás

atalos)…)

b) para comer (merenda)

c) hixiene: control de esfínteres e hixiene persoal.

d) vai amosando interese por ser ordenado e coidadoso coas súas cousas

e cas dos demais.

e) vai sendo capaz de adquirir hábitos de traballo: adaptando o seu

ritmo de traballo ao da clase, rematando as tarefas que empeza, hai

que estar continuamente chamándolle a atención para que remate o

traballo, deixa as tarefas sen acabar…

f) vai coñecendo a escola a as súas dependencias.

g) sabe cal é o seu lugar na aula e onde se atopan os distintos materiais e

cal é a distribución da aula.

h) vai asumindo con gusto pequenas responsabilidades.

i) vai aprendendo a gardar a quenda de palabra.

j) vai aprendendo a gardar a súa quenda cando xogan.

k) vai aceptando o traballo e o xogo en grupo e participa con interese.

5) Vai aprendendo a coñecerse e a tomar conciencia de si mesmo.

6) Vai acadando unha autoimaxe positiva de si mesmo

7) Vai sendo capaz de moverse con soltura e axeita os seus movementos aos

obxectos a os espazo onde se atopa (nocións espaciais: diante/detrás,

dereita/esquerda, entre, xunto… Lateralidade, habilidades motrices: cortar,

rachar, escachar, dobrar…)

8) Vai sendo capaz de tomar decisións por si mesmo.

9) Vai sendo capaz de argumentar as súas opinións (sabe explicar o que fixo e

porque o fixo).

10) Vai sendo quen de organizarse, de realizar un plan de traballo para executar

a tarefa, se se equivoca anticipa de xeito desordenado, omite pasos, verbaliza

segundo actúa…

11) Vai sendo capaz de resolver os seus conflitos pola vía do diálogo.

17

ÁREA DE COÑECEMENTO DO CONTORNO

Propiciar que vaian interesándose por coñecer e seu medio físico e social

e outros.

Fomentar unha actitude crítica e de coidado da natureza.

Propiciar o coñecemento e participación nas festas e tradicións do noso

país.

Fomentar o uso e toma de conciencia das regras de convivencia, das

normas, hábitos, etc… para que se vaian sentindo máis seguros…

Ir aprendendo a orientarse e a actuar con autonomía nos distintos

espazos habituais, e a irse dando conta dos “tempo”, “agora que toca”.

Fomentar a participación e o traballo en grupo, especialmente o de

parella, nos diálogos da clase, respectar a orde de palabra…

Fomentar a adquisición de hábitos encamiñados ao coidado da súa saúde

e hixiene persoal…

Iniciarse na formulación de hipóteses, buscando respostas e explicacións,

para anticipar probables efectos que poderían producirse como

consecuencia de situacións da vida diaria e dalgúns experimentos

realizados.

Proporcionar situacións didácticas nas que se facilite o coñecemento dos

números e da súa utilidade.

Ir recoñecendo as formas dos obxectos e nomealas axeitadamente, así

como as cores.

Ir diferenciando tamaños e practicar para aprender a ordenar.

Ir sendo capaz de orientarse e situarse no espazo.

As medidas do tempo ( o reloxo, o almanaque, días, noites…); obxectos

de medida reais (o metro, a cinta métrica, a báscula…)

Ir comprendendo e empregando os cuantificadores todo/nada,

poucos/moitos, un/varios…

CONTIDOS

Bloque 1. Medio físico: elementos, relacións e medida.

Interese pola exploración dos obxectos e materiais presentes no medio

recoñecendo as súas funcións e usos cotiáns e mais mantendo unha

actitude de respecto e coidado cara a obxectos propios e alleos.

Recoñecemento dalgúns atributos e propiedades de obxectos e de

materiais, examinando con atención as súas características e a súa

aplicación na vida diaria.

Interese pola clasificación de obxectos e de materiais e aproximación á

cuantificación de coleccións.

18

Identificación de formas planas e tridimensionais en elementos do

contorno.

Recoñecemento do uso do número na vida diaria e inicio no rexistro de

cantidades. Emprego dos números para identificar, contar, clasificar,

numerar, informarse e ordenar elementos da realidade sempre en

situacións contextualizadas e significativas.

Observación e toma de conciencia da funcionalidade dos números na

vida cotiá.

Utilización da acción de contar como estratexia para a obtención dun

dato numérico e como verificación do resultado de operacións de cálculo

sinxelas e funcionais.

Proposición e resolución de situacións problemáticas sinxelas da vida

cotiá: localizar un dato numérico, facer unha repartición, realizar unha

estimación...

Utilización de xogos de mesa como actividades lúdicas que unen o

razoamento, a reflexión e o divertimento en grupo.

Investigación do comportamento físico de diferentes materiais e

obxectos, en diferentes situacións e con variadas accións.

Achegamento a algunhas magnitudes físicas -peso, lonxitude,

capacidade, tempo- a través da estimación: comparando, sopesando,

observando...

Recoñecemento e identificación de situacións en que se fai necesario

medir. Interese e curiosidade polos instrumentos de medida

convencionais e non convencionais facendo unha aproximación ao seu

uso.

Adquisición progresiva da noción do paso do tempo mediante as

actividades da vida cotiá.

Orientación temporal en situacións cotiás empregando diferentes nocións

e relacións. Aproximación ao uso do calendario.

Establecemento de relacións de orientación espacial de localización,

dirección, distancia e posición respecto a obxectos, persoas e lugares,

nomeándoos axeitadamente e empregando o vocabulario topolóxico

elemental.

Exploración lúdica das propiedades e características dalgúns corpos

xeométricos elementais.

Vivencia, representación e interpretación do espazo, empregando a

imaxinación en debuxos, planos, fotografías, mapas ou outros.

Bloque 2. Achegamento á natureza.

Identificación e afondamento no estudo dalgunhas características e

funcións vitais dos seres vivos empregando a exploración sensorial.

Diferenzas entre seres vivos e obxectos inertes.

19

Observación dun ser vivo no seu medio natural ou reproducindo o medio

na aula, rexistrando a observación e contrastando os datos entre

compañeiras e compañeiros.

Observación dalgunhas características, comportamentos, funcións e

cambios nos seres vivos.

Identificación dalgunhas características, necesidades e cambios nos

procesos de crecemento e etapas do desenvolvemento das persoas e

outros seres vivos.

Curiosidade, respecto e coidado cara aos elementos do medio natural,

especialmente animais e plantas.

Descubrimento das diferentes formas en que se encontra a auga na

natureza, comprendendo a súa contribución ao desenvolvemento dos

seres vivos e do medio, valorando a necesidade da súa conservación e de

facer un uso responsable dela.

Identificación dos cambios que se producen en canto á luminosidade, á

posición do sol, aos ciclos da lúa... ao longo dun día, dos meses e das

estacións do ano.

Formulación de hipóteses, contrastándoas coas das outras persoas,

buscando respostas e explicacións sobre as causas e consecuencias de

fenómenos do medio natural –calor, choiva, vento, día, noite, erosión,

ciclo vital...- e dos producidos pola acción humana - pontes, encoros,

aeroxeradores, muíños de auga...

Gozo ao realizar actividades individuais e de grupo en contacto coa

natureza. Valoración da súa importancia para a saúde e o benestar,

apreciando o medio natural como un espazo para a recreación, a aventura

e conservación, a realización de actividades ao aire libre e o contacto con

elementos da natureza.

Participación en proxectos e investigacións no medio natural, expresando

as actividades realizadas e os resultados obtidos mediante diferentes

representacións.

Bloque 3. Cultura e vida en sociedade.

Identificación da familia e da escola como primeiros grupos sociais de

pertenza, valorando positivamente as relacións afectivas que neles se

establecen, mantendo unha actitude de colaboración e asumindo

pequenas responsabilidades. Recoñecemento e respecto dos diferentes

tipos de familias.

Valoración das relacións afectivas que se establecen na familia e na

escola.

Interese e disposición favorable para iniciar relacións respectuosas,

afectivas e recíprocas con nenos e nenas doutras culturas.

20

Achegamento ás funcións que cumpren diversas persoas, organizacións e

institucións para cubrir necesidades e achegar servizos presentes na súa

comunidade, evitando estereotipos sexistas.

Colaboración co resto de compañeiros e compañeiras na vida da aula,

amosando disposición para compartir e resolver conflitos. Incorporación

progresiva de pautas adecuadas de comportamento.

Recoñecemento dalgúns signos de identidade cultural galega apreciando

os cambios que se producen no modo de vida co paso do tempo. Sucesos

e persoas relevantes da historia da súa comunidade, do seu país e do

mundo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1) Vai coñecendo, valorando e respectando o seu entorno.

2) Mantén unha actitude de curiosidade diante das actividades relacionadas co

medio físico e social.

3) Vaise dando conta de cómo ten que comportarse nas diferentes situacións

sociais.

4) Vai adoptando unha actitude crítica e de responsabilidades fronte o coidado

da natureza.

5) Identificar e recoñecer as diferentes etapas da vida nas persoas e outros seres

vivos.

6) Identificar e coñecer os grupos sociais máis significativos do contorno do

alumnado e algunhas características da súa organización.

7) Recoñecer, identificar e poñer exemplos sinxelos dalgúns servizos

comunitarios.

8) Recoñecer algunhas manifestacións culturais próximas e doutras realidades,

valorando a súa diversidade e riqueza.

9) Vai sendo capaz de recoñecer e nomear as calidades dos obxectos,

empregándoas para agrupar, clasificar, seriar, comparar…

10) Vai sendo capaz de situar os obxectos no espazo en relación uns cos outros:

arriba/abaixo, enriba de/debaixo de, esquerda/dereita, diante/detrás…

11) Vai sendo capaz de situar os obxectos en relación ao eixo corporal.

12) Vaise decatando da direccionalidade do sistema empregado na escrita.

13) Vai amosando curiosidade polas medidas de lonxitude, capacidade e peso e a

súa utilidade (man, pé, paso…; arbitrarias: cordas, cintas, recipientes…; e

convencionais: o metro, a regra, a báscula…).

14) Vai empregando os cuantificadores e coñece o seu significado.

15) Vaise facendo consciente do paso do tempo (a data, os días da semana, o

calendario, as estacións, o día e a noite, o reloxo, etc.), e da necesidade de

medilo.

16) Vai sendo capaz de reflexionar sobre a utilidade dos números.

17) Vaise decatando da presenza dos números na vida cotiá.

21

18) Vai sendo capaz de recoñecer os números significativos (anos, peso, altura,

número de teléfono, ano, número que calza, o portal da súa casa, matrícula

do coche…)

19) Conta espontaneamente cando se decata da necesidade de facelo, para

resolver algunha situación que se presenta na vida cotiá.

20) Vai sendo capaz de facer estimacións sobre a cantidade de obxectos.

21) Vai sendo capaz de contar ata…

22) Vai sendo capaz de continuar unha serie.

23) Vai sendo capaz de inventar unha serie e continuala verbalizando o criterio.

24) Vai sendo capaz de trazar os números.

25) Vai sendo capaz de asociar grafía-cantidade.

26) Vai sendo capaz de asociar o nome do número coa súa grafía.

27) Vai sendo capaz de recoñecer formas xeométricas planas, de trazalas…

28) Vai sendo capaz de asociar nome coa forma das figuras planas.

29) Vai sendo capaz de diferenciar unha forma xeométrica plana dunha con

volume: esfera, cubo…

30) Vai sendo capaz de agrupar obxectos idénticos e de contalos.

ÁREA DE LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

Utilizar as diversas linguaxes como instrumentos de comunicación, de

expresión de ideas e sentimentos, de representación, de aprendizaxe e de

gozo.

Recoñecer a importancia das manifestacións non verbais (o silencio, a

mirada, a xestualidade, o olfacto e o tacto) como elementos xenuínos da

comunicación humana.

Comprender que as palabras, escrituras indeterminadas, números, notas

musicais, iconas e outros símbolos e signos convencionais poden representar

os pensamentos, experiencias, coñecementos, ideas e intencións das persoas.

Comunicarse oralmente nas dúas linguas oficiais con distintos propósitos -

expresar sentimentos, emocións, desexos, ideas…- con diferentes

interlocutores e/ou interlocutoras e en diversidade de contextos, valorando a

linguaxe como ferramenta de relación cos demais, de regulación da

convivencia e de aprendizaxe.

Comprender a intencionalidade comunicativa doutras nenas e doutros nenos,

así como das persoas adultas, adoptando unha actitude positiva cara ás

linguas.

Iniciarse no uso oral dunha lingua estranxeira para comunicarse en

actividades contextualizadas e mostrar interese e gozo ao participar nestes

intercambios comunicativos.

Propiciar que vaian descubrindo e identificando, polas súas características,

diferentes tipos de textos: literarios (contos, adiviñas, poesías, lendas, tebeos,

refráns, cartas… sendo o obxectivo fundamental o producir emocións, lecer,

22

deleite…), informativos (folletos, periódicos, revistas, avisos ás familias…)

e textos enumerativos (listas dos nenos e nenas da aula, lista de material,

carteis, índices, menús, gráficas…)

.

Facilitar que traian libros á escola.

Organizar espazos físicos e temporais para mirar e ler libros.

Fomentar o hábito de lectura sistemática na escola e, se é posible na casa.

Propiciar o intercambio de libros dende a biblioteca de aula organizando un

servizo de préstamos.

Ir adquirindo hábitos de atención atenta e duradeira perante a lectura ou

conto oral.

Propiciar que vaian adquirindo a direccionalidade do sistema.

Diferenciar letras, números e outros símbolos.

Propiciar que se vaian expresando por escrito de xeito convencional e non

convencional.

Facer uso da biblioteca valorándoa como fonte de información e como fonte

de pracer.

Potenciar a capacidade creativa a través das linguaxes artísticas para

imaxinar, inventar, transformar... desde as súas ideas, sentimentos,

experiencias, coñecementos...

Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas en distintas

linguaxes, comunicándose creativamente a través das diferentes

manifestacións e adquirindo sensibilidade estética.

Desenvolver o sentir de autoconfianza nas producións artísticas persoais,

amosando interese pola súa mellora, respectando e valorando as creacións

propias e as das demais persoas.

Achegarse ao coñecemento, emprego e valoración das TIC -ordenadores, a

internet, encerado dixital interactivo, escáner, vídeo ...- como ferramentas de

busca de información, creación, expresión e comunicación.

CONTIDOS

Bloque 1. Linguaxe verbal.

Escoitar, falar e conversar.

Utilización e valoración progresiva da lingua oral para evocar e relatar feitos;

para adquirir coñecementos; para expresar e comunicar ideas, sentimentos e

emocións; para facer peticións e como mecanismo para regular a propia

conduta e a das demais persoas.

Uso progresivo, acorde coa idade, de léxico variado, aumentando a precisión

na busca dunha maior estruturación das súas frases.

Participación de forma oral en conversas, narracións, anécdotas, chistes,

xogos colectivos e outros, incrementando o vocabulario, empregándoo con

23

crecente precisión, con entoación axeitada, pronuncia clara e usando

estruturas oracionais que enriquezan as propias competencias comunicativas.

Participación en situacións de comunicación con distintos propósitos, en

diferentes contextos e con persoas interlocutoras diversas usando argumentos

nas súas conversas, respectando quendas e escoitando atentamente.

Acomodación progresiva dos seus enunciados aos formatos convencionais.

Emprego axeitado das formas socialmente establecidas para relacionarse

coas demais persoas - saúdos, despedidas, fórmulas de cortesía,

cumprimentos...-.

Interese por participar en interaccións orais en lingua estranxeira, en rutinas

e situacións habituais de comunicación, amosando unha actitude positiva

cara a esta lingua.

Aproximación á lingua escrita.

Achegamento á lingua escrita como medio de comunicación, información e

gozo a través de soportes diferentes.

-Interese e atención na escoita de narracións e instrucións lidas por outras

persoas.

Iniciación no uso da escrita en situacións contextualizadas e reais.

Diferenciación entre as formas escritas e outras formas de expresión gráfica.

Identificación de palabras e frases escritas moi significativas e usuais.

Percepción de diferenzas e semellanzas entre elas atendendo a propiedades

cuantitativas –cantidade de letras, palabras longas e palabras curtas- e

propiedades cualitativas -variedade de grafías-. Iniciación ao coñecemento

do código escrito a través desas palabras e frases empregadas en contextos

significativos e funcionais.

Interese e gusto por producir mensaxes con trazos cada vez máis precisos e

lexibles.

Achegamento á literatura.

Escoita e comprensión da lectura en voz alta, realizada por unha lectora ou

lector competente de contos, relatos, lendas, poesías, rimas, adiviñas,

teatro...; tanto tradicionais como contemporáneas, nas dúas linguas oficiais, e

como fonte de pracer e de aprendizaxe compartida.

Dramatización de textos literarios, desfrute e interese por expresarse con

axuda de recursos non lingüísticos.

Memorización e recitado dalgúns textos de carácter poético, de tradición

cultural ou de autor, gozando das sensacións que o ritmo, a rima e a beleza

das palabras producen.

Participación creativa en xogos lingüísticos –encadeados de palabras,

adiviñas, trabalinguas, onomatopeas...- acompañados de respostas corporais -

xestos, movementos, ritmos...- para divertirse e para aprender na compaña de

iguais e de persoas adultas.

24

Interese por compartir interpretacións, sensacións, emocións e opinións

provocadas polas producións literarias, iniciándose nos faladoiros literarios.

Introdución ao uso das bibliotecas de centro e de aula como un medio máis

de aproximación á literatura e como espazo privilexiado de recursos para a

diversión e o coñecemento.

Bloque 2. Linguaxes artísticas: plástica, musical e corporal.

Exploración sensorial dos elementos presentes no contorno integrando

actividades de tocar, ulir, oír e ver.

Potenciación da imaxinación e fantasía do alumnado para enriquecer a

actividade creativa.

Experimentación e descubrimento dalgúns elementos que configuran a

linguaxe plástica -liña, forma, cor, textura, espazo e volume-.

Gozo coas obras artísticas distinguindo e apreciando elementos básicos

das formas de expresión -cor, forma, liña, movemento, volume, texturas,

ritmos, melodías, timbres, entre outros- que lles permitan ás nenas e aos

nenos desenvolver a súa sensibilidade estética.

Exploración das posibilidades plásticas e creativas de distintos materiais,

útiles e soportes -papeis, cartón, arame, plástico, teas, cortiza, barro,

rasquetas, cepillos, esponxas, pantalla de ordenador, mesa de area,

retroproxector, encerado dixital, fotografías....- e das distintas técnicas -

debuxo, pintura, collaxe, amasado, modelado, escultura e a combinación

de dúas ou máis técnicas...- como recursos e medios de expresión e

comunicación de feitos, sentimentos, emocións, vivencias, fantasías,

experiencias...

Experimentación e coñecemento das posibilidades de transformación dos

diferentes materiais e obxectos.

Descubrimento das posibilidades creativas e plásticas da luz, das sombras

e da cor, empregando recursos como a luz natural, lanternas, lámpadas,

proxector...

Interpretación e valoración de diferentes tipos de obras plásticas

presentes na aula, no contorno, en museos e exposicións reais ou virtuais,

obradoiros de artistas e persoas artesás manifestando e compartindo a

través das diversas linguaxes as sensacións e emocións que producen, así

como indicando o que gusta e o que non.

Planificación do proceso de elaboración dalgunha obra plástica, o seu

desenvolvemento e posterior comunicación, valorando a realización de

bosquexos para a consecución dunha melloría na produción.

Exploración das posibilidades sonoras da voz, do propio corpo, de

obxectos cotiáns e de instrumentos musicais. Utilización dos sons

achados para a interpretación e a creación musical.

Vivencia do son e do silencio.

25

Recoñecemento de sons do contorno natural e social, e discriminación

dos seus trazos distintivos.

Creación de secuencias de movementos e ritmos a partir das sensacións

que lle xera a música.

Audición atenta de obras musicais populares, clásicas e contemporáneas.

Participación activa e gozo na interpretación de cancións, xogos musicais

e danzas colectivas e individuais.

Creación, mediante a música e o baile, dos propios patróns, recreando

situacións, ideas, feitos e sentimentos, mediante o humor, o absurdo e a

fantasía, compartindo con outras persoas as propias creacións.

Vivencia de xestos e movementos como recursos corporais para a

expresión e a comunicación e mais o intercambio afectivo.

Participación en actividades de dramatización, danzas, xogo simbólico e

outros xogos de expresión corporal -mimo, monicreques, teatro de

sombras...- colaborando na elaboración dos elementos necesarios para

unha ambientación axeitada.

Bloque 3. Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e a comunicación.

Identificación da utilidade de diversos instrumentos e tecnoloxías como

fontes de información, de comunicación, de expresión, de estratexias de

exploración e investigación.

Achegamento a producións audiovisuais como películas, series de animación

ou videoxogos.

Adquisición progresiva da conciencia da necesidade dun uso moderado dos

medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e da comunicación.

Coñecemento, coidado e uso, na medida das súas posibilidades, das

ferramentas tecnolóxicas.

Achegamento ao uso do ordenador, á cámara fotográfica… nos procesos

creativos para a elaboración de producións audiovisuais como series de

animación, presentacións, vídeos..., a través de programas de edición de

textos, de gráficos e de sons.

Valoración crítica dos contidos e da estética das producións audiovisuais.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1) Vai sendo capaz de comprender e executar as instrucións que se lle dan.

2) Vai sendo capaz de comprender a idea central dun conto, canción, poesía,

nova…

3) Vai sendo capaz de contar algún conto seguindo a súa estrutura lóxica: “había

unha vez…”, presentación dos personaxes, problemática-solución, desenlace-

conclusión, “colorín, colorado…”

4) Vai expresando con claridade e coherencia os seus desexos, experiencias,

emocións, opinións, etc… (estrutura ben as frases, a entoación é a correcta…).

26

5) Vai pronunciando correctamente os fonemas ou manifesta dificultades

nalgún.

6) Vai sendo capaz de adquirir vocabulario.

7) Vai facendo esforzos para controlar o seu ton de voz.

8) Vai sendo capaz de memorizar contos, cantigas, adiviñas, poesías…

9) Vai sendo capaz de participar nas conversas de todo o grupo centrándose nun

tema concreto, respectando a quenda de palabra.

10) Vai manifestando máis interese nas conversas cos nenos e nenas da mesa, en

pequeno grupo.

11) Vai amosando interese polos textos escritos.

12) Desfruta escoitando unha lectura.

13) Vai sendo capaz de diferenciar un tipo de texto polas súas características, se

lle lemos un conto, unha carta, unha receita, unha poesía, unha adiviña…

14) Vai sendo capaz de formular hipóteses sobre o que pode “dicir” un texto, un

título, o que pode pasar a continuación, etc. Opina sobre problemas que

xorden, aporta solucións, elixir a solución máis idónea…

15) Amosa desexos de dramatizar, facer mimo…

16) Vai adquirindo a direccionalidade do sistema (esquerda-dereita, arriba-

abaixo, pasar as páxinas e non perderse…)

17) Vaise decatando de cal é a portada e a contraportada dun libro.

18) Vai sendo capaz de diferenciar se un escrito é un listado, unha canción, unha

carta, unha receita…

19) Vai sendo capaz de recoñecer e “ler” palabras significativas.

20) Vai sendo capaz de “escribir” palabras significativas.

21) Vai amosando interese pola escritura como medio para comunicar algo.

22) Vaise decatando da utilidade dos textos escritos.

23) Vai amosando interese polo descifrado.

24) Vai sendo capaz de asociar fonema-grafía.

25) Vai sendo capaz de diferenciar distintos tipos de letras.

26) Vai sendo capaz de dividir unha palabra en golpes de voz ou sílabas.

27) Vai sendo capaz de reproducir textos.

28) Vai sendo capaz de copiar.

29) Utiliza a biblioteca con respecto e coidado, valorándoa como recurso

informativo, de entretemento e gozo.

30) Expresase e comunícase utilizando medios, materiais e técnicas propios das

diferentes linguaxes artísticas e audiovisuais.

31) Amosa interese por explorar as súas posibilidades de expresión e

representación, por gozar coas súas producións e por compartir as

experiencias creativas, estéticas e comunicativas.

32) Vai sendo capaz de comunicar os seus sentimentos, experiencias, etc…, a

través da plástica.

33) Vai manifestando interese pola exploración e utilización de materiais e

técnicas para as producións plásticas.

27

34) Vai adquirindo hábitos de limpeza e orde en canto á conservación dos útiles

empregados.

35) Vai sendo capaz de establecer semellanzas e diferenzas entre as cores.

36) Vai sendo capaz de descubrir a obtencións das novas cores a partir das

primarias.

37) Vai sendo capaz de descubrir as distintas tonalidades das cores.

38) Vai sendo capaz de adquirir vocabulario relacionado coa expresión plástica.

39) Vai sendo capaz de familiarizarse con obras artísticas de grandes autores.

40) Amósase creativo nas súas producións plásticas.

41) Amosa curiosidade e respecto polos traballos dos seus compañeiros.

42) Vai sendo capaz de modelar figuriñas, xoguetes… con plastilina, pasta de

modelar…

43) Vai sendo capaz de manexar axeitadamente os útiles plásticos.

44) Emprega, na medida das súas posibilidades, a linguaxe audiovisual e as TIC

como vehículo de expresión e comunicación.

45) Amosa unha actitude positiva cara á aprendizaxe dunha lingua estranxeira,

interesándose por participar en interaccións orais, en rutinas, xogos e

situacións habituais de comunicación.

5. ACTIVIDADES E TEMPORALIZACIÓN

Como xa dixemos traballamos por proxectos. Neste curso serán os seguintes:

4º Educación infantil.

1º Trimestre: A escola, o outono, o nome.

2º Trimestre: As froitas, o inverno,”As mulleres tamén contan” .

3º Trimestre: ”As mulleres tamén contan” .

5º e 6º Educación infantil.

1º Trimestre: O corpo.

2º Trimestre: ”As mulleres tamén contan” .

3º Trimestre: ”As mulleres tamén contan” .

Dentro destes deseñamos actividades seguindo diferentes criterios: a significatividade e

globalidade, respecto polos diferentes ritmos de desenvolvemento, permitir a iniciativa

do alumnado, os recursos dos que dispoñemos… Podemos dicir que nas actividades

28

temos en conta todas as variables á hora de facer unha intervención educativa: espazos,

recursos, agrupamentos… Cada aula deseñará as actividades atendendo ás

características propias do grupo. Atendendo a modalidade de agrupamento podemos

distinguir:

Centro: todas aquelas nas que participe todo o alumnado do centro.

Ciclo: aquelas que realizan conxuntamente os nenos e nenas de educación

infantil.

Grupo clase: asembleas, xogos cooperativos, dramatizacións, murais colectivos,

contos, proxeccións de presentacións …

Pequeno grupo: Por áreas de experiencia, investigación, xogos de mesa,

exposicións, receitas….

Parellas: xogos no ordenador, responsabilidades compartidas, …

Individuais: rutinas do encargado/a ( repartir o material, rexistrar a asistencia,

… ), quebracabezas, actividades de mesa…

Tamén organizaremos actividades tendo en conta criterios psicopedagóxicos :

De presentación: Para acadar a información sobre coñecementos previos, ideas

erróneas, para propiciar a motivación e o interese. Nesta fase consensuaremos o

que se vai facer, asegurándonos de que todos/as o entenden. En definitiva que

sabemos? e que queremos saber?. Tamén é moi importante plantexarlle onde

podemos buscar a información . Son de vital importancia as distintas fontes que

consultemos, deste xeito desenvolveremos a competencia básica de “ aprender a

aprender”

De desenvolvemento: Están dirixidas á adquisición, afianzamento,e elaboración

das aprendizaxes e descubrimentos do alumnado: actividades de aprendizaxe

que teñen como finalidade que aprendan contidos novos; de consolidación para

que xeneralicen estas aprendizaxes; de ampliación para aqueles que superen o

nivel de dificultade establecido inicialmente e actividades de reforzo para os que

o seu nivel de desenvolvemento non lles permita realizalas. Polo tanto, terase en

conta a diversidade. De peche ou finais: con elas evocan o aprendido e recollen

con carácter analítico – reflexivo o proceso percorrido. Sérvenos de avaliación

para comprobar o coñecemento dos contidos traballados e a modificación dos

esquemas cognitivos, sociais e emocionais.

Segundo a súa natureza diferenciamos:

Observación: a través de todos os sentidos e a percepción irán explorando,

experimentando e vivenciando a través do propio corpo, os obxectos do medio

físico e social… adquirindo coñecementos sobre as súas características e

propiedades. A observación pode ser : directa, indirecta, criterial, comparativa…

Utilizarán instrumentos como balanzas, lupas, cintas métricas…

29

Experimentación e asociación: con elas poñemos en relación os novos

coñecementos cos xa adquiridos conectándoos coa realidade e a vida cotiá do

neno/a. Podemos establecer distintas relacións : de utilidade, de semellanza, de

diferencia,… Salientar o papel da manipulación dos obxectos de estudio:

alimentos, plantas, animais…

De expresión: a través de distintas linguaxes ( oral, plástica, corporal..)

manifesta as súas aprendizaxes, ideas, sensacións… sobre diferentes soportes

físicos ou multimedia.

As rutinas fusionaranse coas actividades específicas deseñadas en cada proxecto.

6. METODOLOXÍA

Dende unha perspectiva construtiva e considerando a formación integral como

un obxectivo primordial na educación infantil, traballamos seguindo a metodoloxía de

proxectos.

Un proxecto é a investigación dun tema que atrae o interese do colectivo da

asemblea, de feito baséase nas ideas que xorden da asemblea de nenos e nenas. Eles e

elas elixen o tema e son tamén os máis implicados na busca da información: son os

protagonistas do seu propio traballo.

Na asemblea os nenos e nenas expresan os seus intereses, curiosidades e

inquedanzas; formulan preguntas, respóndenas; buscan entre todos a solución lóxica aos

problemas. É un medio para que nós, as mestras, comprendamos un pouco máis o

mundo do neno, e nela poñémonos á escoita para saber realmente que é o que o neno

sabe, o que quere aprender e o que aprende.

O proxecto implica a toda a comunidade educativa: aos nenos e nenas, aos

mestres e mestras, e ás familias, pois todos axudan a aportar información e datos para a

investigación. Tanto o mestre ou mestra como a familia son recursos indispensables no

desenvolvemento dos proxectos.

Esta metodoloxía implica tódalas areas de expresión, é polo tanto globalizadora.

Cos proxectos os nenos e nenas aprenden a aprender de todo e de todos, dos acertos e

dos erros… E así deixándoos falar é como seleccionamos os temas que imos estudar nas

nosas aulas.

Un proxecto remata cando remata a motivación.

30

Fases do desenvolvemento dun proxecto

A primeira fase do proxecto é pois o establecemento na asemblea do tema a

estudar e a formulación daqueles aspectos concretos que máis nos interesan; a través de

preguntas e intercambio de ideas espontáneas. Aquí xorde a motivación como motor do

proceso de aprendizaxe.

Nesta fase apréndese a:

A falar sen medo, a facer o ridículo, a expresarnos nas distintas áreas.

A escoitar e atender aos demais cando falan e se expresan, como a nós nos

gustaría que nos escoitaran e atenderan.

A dinámica dunha asemblea: falar por quendas, pedir a palabra, gardar e

manterse nunha postura axeitada e gardar silencio cando corresponda.

A respectar as ideas dos demais, aínda que sexan diferentes ás nosas.

A centrarse no tema da asemblea, non falar de calquera cousa.

Ensinar, mostrar... distintos materiais, libros, contos… que aportamos nas

investigacións e a razoar porque está relacionado co noso proxecto e porque me

gustou traelo…

Ser capaces de sintetizar ao remate da asemblea as ideas principais do que

falamos.

Levar unha asemblea, facer de moderador, dar a palabra… normalmente cada

día tócalle a un alumno ou alumna da clase, que é o protagonista do día.

A segunda fase consiste na investigación directa, a través de observacións,

exploracións, recompilacións, discusións… A clase énchese de obxectos singulares,

fotografías, películas, recortes de revistas, libros, debuxos, construcións, modelados… É

nesta fase onde as familias entran no proceso, axudando aos seus fillos e fillas

31

investigar, a debuxar, a escribir, a escoitar… mentres os seus coñecementos afondan e

medran.

Nesta fase apréndese a:

A buscar información encol do proceso que estamos a desenvolver en libros,

revistas, contos, recortes, xoguetes, murais, cancións, xogos…

A expoñer esa información aos demais membros da nosa aula, incluso da

comunidade educativa.

A realizar distintos tipos de actividades: recortar, picar, pintar, pegar, escribir,

ler…

A dar importancia á escritura e á lectura.

A pedir a axuda doutras persoas nas busca de información.

A colaborar cos demais e traballar en equipo.

A respectar as exposicións que poida haber na aula e colaborar na súa

preparación…

A terceira fase á a posta en común de todo o traballado, exposicións de traballo,

murais, poemas, contos, libriños… para extraer conclusións e sintetizar e reelaborar a

información. Avalíase o aprendido e compárase co que sabíamos sobre o tema ao

comezar o proxecto. Pensamos se foron respondidos todos los interrogantes formulados.

Se así foi e o interese dos nenos e nenas comeza a dispersarse cara a outros temas

damos por rematado o proxecto.

Nesta fase aprendese a:

A observar ao noso arredor e seleccionar os aspectos relacionados co noso

proxecto.

A aprender de todo e de todos, aspecto moi importante nas distintas técnicas de

estudo.

A motivarnos nas distintas áreas de expresión e coa axuda dos distintos materiais

que imos aportando.

A respectar e respectarnos, tanto a nós mesmos como aos demais, aos

materiais…

A manter a atención, porque tratamos aspectos que nos interesan e que nós

mesmos imos investigando.

A concentrarnos nas distintas actividades porque son lúdicas e todos

participamos e logo expoñemos.

A ser creativos, porque non hai un resultado final imposto.

A participar no noso propio ensino.

A ter unha disciplina de método (un xeito de actuar) que logo seremos capaces

de extrapolar fóra da escola.

En resumo: a ser democráticos porque os proxectos xorden por maioría.

32

O valor da asemblea é tal, que sen ela non existiría a metodoloxía por proxectos. É

onde participamos, expoñemos as ideas, e aprendemos. Ten a característica de

enriquecer ou empobrecer un tema. É máis importante que os materiais. Se a asemblea

non funciona o proxecto fracasa.

7. AVALIACIÓN

Partindo do concepto de “avaliación como proceso”, e non como resultado,

consideramos tres momentos en dito proceso avaliativo.

Avaliación inicial: parte da información facilitada pola familia, do informe do

centro de procedencia, se o houbera, e complétase cunha observación do neno ou

nena nos primeiros días de escola.

Avaliación formativa: mediante a observación directa do neno ou nena para

valorar e axustar os seus procesos, os seus avances e a axuda que necesita. Os

progresos na aprendizaxe vanse concretando mediante os obxectivos didácticos.

Esta observación sistemática é rexistrada con anotacións xerando dous tipos de

información:

Un informe de avaliación continua que se entrega ás familias unha

vez ao trimestre.

Un informe individual que resume a avaliación continua realizada no

curso escolar figurando o grao de consecución dos obxectivos

33

didácticos nos diferentes ámbitos de aprendizaxe e aspectos máis

relevantes ou significativos de cada alumno ou alumna.

Avaliación final: pola que se constatan os resultados obtidos por cada neno e

nena ao rematar a súa escolarización neste período educativo (3 a 6 anos), en

función dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación dentro da dinámica

dos proxectos. A avaliación final queda plasmada nun informe que baseado nos

anteriores, recolle as observacións máis destacadas sobre os logros de cada neno

e nena, nos diversos tipos de capacidades que reflicten os obxectivos xerais.

Máis concretamente a avaliación dos proxectos segue este esquema:

34

A avaliación na Educación Infantil pretende sinalar o grao no que se van alcanzando as

diferentes capacidades en consonancia coas 8 competencias básicas do currículo, así

como orientar as medidas de reforzo ou adaptacións curriculares significativas precisas.

A avaliación ten nesta etapa unha evidente función formativa..

INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Como xa se sinalou, a observación diaria é a que nos vai axudar aos docentes a saber os

progresos e dificultades dos nosos alumnos/as, pois o contacto directo e diario con

eles/as é o que nos dá a información básica do proceso de ensinanza- aprendizaxe . Así,

observaranse, entre outros, os seguintes aspectos:

- A súa actitude diaria na clase, normas, relación cos compañeiros/as, mestres/as,

….

- A participación en traballos e actividades individuais e grupais.

- A presentación destes traballos.

- A súa propia reflexión sobre os feitos.

- Os seus traballos de expresión plástica, dramática , musical, oral, escrita…

- A pesares de que a observación directa será o principal instrumento de

avaliación, empregaranse estes ouros instrumentos para facela máis obxectiva e

sistemática.

A entrevista: considérase indispensable e fundamental; levarase a cabo, xunto

cun cuestionario, a principio de curso ou cando a ocasión o requira.

Cuestionarios: empregaranse para recoller datos máis concretos e precisos.

Rexistros de observación: ao finalizar cada proxecto ou secuencia didáctica,

realizarase un pequeno rexistro de avaliación para constatar o avance dos

nenos/as.

Coloquios e diálogos: ás veces sinxelas preguntas ou coloquios serven para

identificar as destrezas e os coñecementos acadados polos nenos/as.

O diario de aula: será un pequeno caderno no que se anotarán aqueles aspectos

que poidan ser interesantes, pequenas anécdotas, actitudes dos nenos/as,

comportamentos, reflexións.

Outro aspecto a avaliar será a nosa práctica educativa, polo que terán en conta aspectos

tales como:

A organización da aula.

O aproveitamento dos recursos do centro.

A relación entre profesor/a e alumnos/as.

A relación familia-centro.

A relación entre mestres/as.

A convivencia entre alumnos/a

35

Finalmente sinalar que, segundo a Orde de 25 de xuño de 2009 pola que se

regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación da educación infantil

na comunidade autónoma de Galicia, no ciclo da educación infantil cubriranse

os seguintes documentos de avaliación:

- Informe de avaliación inicial.

- O informe anual de avaliación individualizado.

- O informe individualizado de final de ciclo.

8. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

O Plan de Atención á diversidade foi elaborado durante o curso 2013-14.

Tendo en conta a formación integral de cada alumno e alumna, a atención

individualizada está garantida.

Así mesmo, se houbera algún problema contamos co asesoramento do Departamento de

Orientación, co que se tomarían as medidas necesarias axeitadas a cada caso.

O centro conta cun protocolo de adaptación ao medio escolar para o alumnado que se

incorpora por primeira vez ao mesmo, co obxectivo de favorecer a integración no grupo

e diminuír a ansiedade que se produce ao deixar o entorno familiar e entrar na escola.

Afecta fundamentalmente aos nenos e nenas de 4º de E.I.

A concepción da escola como grupo humano implica a aceptación da diversidade do

alumnado que enriquece o labor educativo. Esta aceptación supón por parte dos

educadores e educadoras, unha análise e reflexión sobre o seu grupo de alumnos e

alumnas e así como aceptar que cada un deles ten os seus propios intereses, as súas

capacidades, necesidades, motivacións e estilos de aprendizaxe.

Co fin de garantir a equidade, a nova Lei de educación aborda os grupos de alumnos e

alumnas que requiren unha atención educativa diferente á ordinaria por presentar

algunha necesidade específica de apoio educativo e, así mesmo, establece os recursos

precisos para acometer esta tarefa co obxectivo de lograr a súa plena inclusión e

integración.

A etapa de Educación Infantil ten un marcado carácter preventivo e compensador. Dada

a grande importancia da atención temperá é preciso unha máxima atención e unha

actuación coordinada, especialmente en relación aos nenos e nenas con necesidades

educativas especiais. Por este motivo e sempre que haxa dispoñibilidade horaria, a

profesora de Audición e Linguaxe levará a acabo un programa de estimulación da

linguaxe oral e se fose preciso con atención individual.

36

A resposta á diversidade dos nenos /as incluirá as axudas pedagóxicas que poidan

precisar ao longo desta etapa e, sempre que sexa posible dentro do marco escolar

ordinario.

Podemos clasificar as mediadas de resposta educativa en medidas ordinarias e

extraordinarias. Dentro das primeiras falamos en primeiro lugar do Reforzo Educativo,

estas medidas non necesitan autorización para ser levadas a cabo. Serán elaboradas polo

profesor/a co coñecemento do equipo directivo e a familia. Como medidas de resposta

educativa extraordinaria están as Adaptacións Curriculares Individuais. Son

modificacións dun ou máis elementos prescriptivos do currículo: obxectivos, contidos e

criterios de avaliación. Faranse sempre partindo dos obxectivos do ciclo, que poderán

pertencer ao ciclo que cursa ou a un distinto. Necesitan a autorización da inspección

educativa. Serán elementos susceptibles de modificación, que poderán ser reaxustados,

reducidos, suprimidos, complementados . Os contidos e os criterios de avaliación

poderán sufrir as mesmas modificacións.

Non obstante, cabe destacar que esta última medida levarase a cabo só en casos moi

específicos no que as características específicas do alumnado lles impida realizar a

maioría das actividades.

9. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓNS AOS PLANS E PROXECTOS DO

CENTRO

ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO AO PLAN DAS TECNOLOXÍAS DA

INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

Para nós as TIC son moi importantes en todo o proceso de ensino-aprendizaxe

como:

o Fonte de información, onde as diferentes persoas que integran a comunidade

educativa participan aportando a información relacionada cos proxectos que

estamos levando a cabo.

o Canle de comunicación da comunidade educativa, con outros colexios, con

diferentes entidades e organismos socioculturais.

o Avaliación e autoavaliación: cando visionamos os nosos traballos, as nosas

dramatizacións, actuacións, exposicións… gozamos e reflexionamos sobre o

que temos que mellorar.

37

ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO AO PLAN DE CONVIVENCIA.

O plan de convivencias foi aprobado no curso 2013/14. As liñas xerais deste plan prevé

como obxectivos a conseguir na comunidade educativa os seguintes:

- Favorecer a convivencia entre todos os membros e estamentos da comunidade

educativa.

- Promover a relación de igualdade entre mulleres e homes.

- Previr comportamentos disruptivos e de acoso entre iguais.

- Atender á diversidade.

- Implicar aos distintos sectores da comunidade educativa.

- Desenvolver estratexias de prevención e resolución pacífica e dialogada de conflitos.

O Equipo de Infantil colaborará con todas as actividades que se propoñan dende o

Equipo de Convivencia.

Traballaremos aspectos como o Plan de Acollida que se desenvolve a comezos de curso

para os nenos e nenas de 3 anos e ao alumnado que se incorpora ao centro, as normas

de aula, asembleas para solucionar conflitos e traballaremos a intelixencia emocional.

Faremos reunións coas familias proporcionando información básica sobre o

funcionamento da clase, recollida de información do alumnado, fomentaremos a

colaboración das familias nas actividades do centro e difundiremos o Plan de

Convivencia.

ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO AO PROXECTO LECTOR

No presente curso 2019/20, o plan lector xira en torno ao valor matemático dos contos.

Innegablemente a narración dun conto provoca a atención de rapaces e maiores. A súa

atracción radica tanto na súa estrucutura como na súa capacidade para conectar cos

sentimentos do oínte. Neste plan lector pretendemos utilizar os contos como ferramenta

didáctica nas aulas de Infantil co fin de ensinar os conceptos matemáticos e así facilitar

aos nenos e ás nenas a comprensión e asimilación das mesmas. O conto é un elemento

aglutinador de contidos de diversas áreas y en concreto, respecto aos tópicos

matemáticos que debemos traballar, a utilización do conto ten unhas claras vantaxes:

Presentar os aspectos matemáticos en contexto .

Permítenos facer as conexións matemáticas.

Axudar a desenvolver as competencias básicas.

Provocan unha alta motivación ás aprendizaxes.

Estas vantaxes facilitan a comprensión dos aspectos matemáticos propios da súa idade.

38

O comezo da súa rede matemática intelectual.

O gusto e unha actitude positiva cara a materia.

A utilización de procedementos básicos: clasificar, ordear, organizar, interpretar.

A xénese de conceptos primarios a partir da manipulación, reflexión, e

abstracción.

O desenvolvemento das competencias básicas:

- Pensar e razoar.

- Comunicar.

- Modelar.

- Plantexar e resolver problemas.

Utilizar a linguaxe formal e técnica das operacións.

Obxectivos que o conto utilizado como “ ferramenta de aprendizaxe” nos

permíte alcanzar. En principio, casi todos os contos son adecuados para traballar

os conceptos matemáticos, pero tan importante como qué contos é cómo

traballar con eles nas aulas de infantil. Por iso, a nosa metodoloxía de traballo

está fundamentada en:

- Aprendizaxe sen contexto, xa que os contidos matemáticos aparecen na propia

narración cunha razón de ser, polo que presentamos ao alumno unha visión

amplia e integrada das matemáticas, facilitando que éste perciba a vitalidade,

riqueza e utilidade das mismas.

- O diálogo interactivo entre mestre e alumnado, o que permite o análise dos

conceptos matemáticos emerxentes no conto e o razoamento e comunicación

matemáticos.

- A realización de actividades en pequeno e gran grupo, o que posibilita

unhaaprendizaxe cooperativa e colaborativa.

Traballaremos estos contos ou outros que vaian xurdindo:

CARAPUCHIÑA VERMELLA KALANDRAKA

CAPERUCITA DE COLORES BRUÑO

CONFUNDIENDO HISTORIAS KALANDRAKA

A QUE SABE A LÚA? KALANDRAKA

PAPÁ, POR FAVOR,CONSÍGUEME LA

LUNA

KOKINOS

ONCE DAMAS ATREVIDAS KALANDRAKA

MAJO EL RINOCERONTE LÓGUEZ

39

DIEZ PATITOS DE GOMA KÓKINOS

SER QUINTO LÓGUEZ

Como en anos anteriores, informamos ás familias ao inicio do curso, da dinámica do

Plan Lector e dos procesos e actitudes que animan a ler.

Para motivar ao alumnado á lectura, os libros deben reunir os seguintes requisitos:

- ser obxectos cotiás da aula; para iso é imprescindible dispoñer de contos

tradicionais e actuais, libros de poesía, teatro infantil…

- estar adaptados aos intereses das nenas e nenos.

ACCIÓNS PREVISTAS DE ACORDO AO PROXECTO LINGÜÍSTICO

O equipo de Infantil vai colaborar en todas as actividades que se propoñan dende o

equipo de Dinamización e Normalización lingüística e tamén dende o Equipo de

Biblioteca. Intentamos que os libros que escollemos para o Plan Lector estén escritos

en lingua galega. Os proxectos faranse tanto en galego como en castelán, de xeito que

os nosos nenos e nenas vaian sendo competentes nos dous idiomas.

10. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

A organización deste tipo de actividades estará en función dos diferentes proxectos de

aula co fin de complementar as diferentes aprendizaxes, e para iso contaremos co apoio,

colaboración e asesoramento de toda a comunidade educativa. Previamente as familias

serán informadas mediante circulares e reunións.

No curso 2019-2020 as actividades complementarias serán as seguintes:

Fundación María José Jove.

Museo Belas Artes.

Concerto.

Granxa escola “ Aldea Nova”.

As actividades extraescolares realizaranse fora do horario lectivo, terán carácter

voluntario para os alumnos e alumnas do centro e, en ningún caso, formarán parte do

proceso de avaliación polo que pasa o alumnado para a superación das distintas áreas ou

materiais curriculares que integran os plans de estudio.

40

11. MATERIAIS E RECURSOS

Serán variados dependendo do proxecto que se está levando a cabo. Toda a comunidade

educativa estará implicado neste apartado:

Con exposicións e visitas das familias como “expertos” en…

Con saídas educativas e extraescolares a distintos organismos oficiais:

museos, exposicións, granxas…

Con visitas de diferentes organismos: contacontos, teatro, exposicións,

danzas…

Con visitas aos maiores.

Utilizando diferentes fontes de información que todos podemos aportar:

notas de prensa, revistas, libros, contos, cousas da casa, información de

Internet, xogos, vídeos, música, CD, DVD.

12. AVALIACIÓN DA PRÁCTICA DOCENTE

A avaliación da práctica docente sempre debe ser un instrumento de mellora que

permita introducir cambios na Programación Didáctica para adaptala mellor ás

necesidades dos nenos/as. Teremos en conta os Indicadores de Logro que son unha

serie de preguntas que nos servirán para reflexionar sobre a nosa programación e a nosa

actuación cos alumnos/as. Teremos en conta aspectos coma:

- Materiais: se permiten a manipulación, se son accesibles para os rapaces/as,

atractivos, suficientes...

- Se a planificación das actividades foi axeitada: en número e duración das

mesmas, nivel de dificultade, interese para os alumnos/as , significatividade para

o proceso de aprendizaxe, baseadas nos intereses dos alumnos/as, propostas de

aprendizaxe colaborativo...

- A motivación, se conseguimos espertar a súa curiosidade, se participan

activamente, se conseguiron o seu nivel máximo de desenvolvemento...

- Se tivemos en conta a participación das familias, as medidas de atención a

diversidade, o uso axeitado das TIC.

Para establecer a avaliación utilizaremos Instrumentos de Recollida de Datos:

- Follas de rexistro.

- Diario de aula.

- Cuestionarios ou enquisas.

41

ACTIVIDADES

1 Os nenos/as traballan da seguinte forma 1 2 3 4

De forma individual

Por parellas

En grupos reducidos

En grandes grupos

2 As actividades son de tipo.

Pechadas e dirixidas

Abertas

Facilitan o traballo cooperativo

3 Metodoloxía

Emprego as TIC

Propoño actividades que facilitan a aprendizaxe autónoma

Teño en conta as características dos meus alumnos/as

4 Desenvolvemento da clase

Conseguindo silencio

Fomentando a participación e as preguntas

Observando

Traballando de forma individual ou pequeno grupo

AVALIACIÓN

1 Emprego distintos tipos de probas 1 2 3 4

Teño en conta o traballo individual

Teño en conta o traballo en equipo

Levo a cabo una observación diaria

2 Unha vez rematado o Proxecto Didáctico avalío a idoneidade dos recursos e das actividades empregadas no proceso de ensinanza- aprendizaxe

Non

De maneira individual

En grupo ( no ciclo )

42

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

1 Que fago para coñecer a composición da clase? 1 2 3 4

Busco información das familias

Observación da clase

Informes de cursos anteriores

2 Teño en conta a diversidade á hora de organizar a clase

3 A programación ten en conta a diversidade

4 Dou a cada neno/a a axuda que precisa

13. CONCLUSIÓNS

Resumindo, educar para unha cidadanía global implica fomentar o respecto e a

valoración da diversidade como fonte de enriquecemento humano, defendendo o medio

ambiente e o consumo responsable, respectando os dereitos humanos individuais e

sociais, a igualdade de xénero, o valor do diálogo como ferramenta para a resolución

pacífica de conflitos e a participación democrática, a corresponsabilidade e o

compromiso na construción dunha sociedade xusta, equitativa e solidaria.

Para nós o significado da educación e do proceso de ensino-aprendizaxe pódese

reducir ao dito por Carmen Díaz Navarro: “Ver a los más pequeños jugar, preguntar,

mirar, aprender. Los veo imitarse, hasta que se atreven a ser como son, (…). Los veo

descubrir la vida poquito a poquito, (…) los veo entrenarse en reconocer lo que sienten

e ir aceptando lo que sienten los demás. Los veo, en fin, empezar a recorrer su propio

camino. Y me gusta ese espectáculo.”