programación de tecnoloxÍas da informaciÓn e da … · as tecnoloxías da información e...
TRANSCRIPT
IES Espiñeira
Espiñeira s/n 15930 Boiro
881 866630 881 866638
www.espinheira.es
Programación de
TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN I
1º BACHARELATO IES ESPIÑEIRA
Curso 2018-2019
PROFESOR: Luis Araújo Rodríguez
A. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN3
B. CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE4
C. OBXECTIVOS9
D. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES11
E. METODOLOXÍA DIDÁCTICA13
Principios de intervención psicopedagóxica13
F. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS14
G. CRITERIOS DE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO15
H. INDICADORES DE LOGRO17
I. AVALIACIÓN DE PENDENTES19
J. PROCEDEMENTOS DE ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PARA CURSAR A MATERIA20
K. AVALIACIÓN INICIAL20
L. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE20
M. ELEMENTOS TRANSVERSAIS21
N. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES21
O. MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DA PROGRAMACIÓN21
ANEXO I. Competencias clave24
ANEXO II. Rúbricas25
A. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN
As Tecnoloxías da Información e Comunicación constitúen unha ferramenta decisiva para axudar ó alumnado a
acceder a grandes recursos de información e coñecemento, a colaborar con outras compañeiras e
compañeiros, consultar a persoas expertas, compartir coñecemento e resolver problemas complexos,
representar e expresar as súas ideas e as súas inquedanzas en diferentes formatos (textual, sonoro, icónico e
audiovisual...) e a través de diferentes dispositivos.
A materia Tecnoloxías da Información e Comunicación é unha materia optativa de obrigada oferta en calquera
das modalidades do Bacharelato e impartida durante os dous cursos que o compoñen. O obxectivo principal é
introducir ó alumnado nas novas tecnoloxías da información e Internet, de xeito que as manexen con fluidez e
responsabilidade, tomando as medidas de seguridade e de protección necesarias en cada caso.
A materia ten unha carga lectiva de 2 horas semanais, establecida no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, no que
se establece o currículo da educación secundario obrigatoria e o bacharelato na Comunidade Autónoma de
Galicia.
Na presente programación establecese o proceso de ensinanza e aprendizaxe a seguir para a adquisición por
parte dos alumnos e alumnas dos coñecementos, competencias e actitudes establecidas en dita orde,
indicando as estratexias que se utilizan para acadalo, os criterios de avaliación e técnicas que se seguirán ó
longo do curso.
Aínda que a programación é un elemento que pretende eliminar a improvisación e establecer polo miúdo
tódolos criterios que se levarán durante o curso, é necesario advertir que o que aquí se presenta é unha parte
dun proceso máis longo (dentro dunha planificación máis ampla do curso escolar), polo que existen relacións
co desenvolvido con anterioridade e o que posteriormente se traballará cos alumnos. Dita programación
podería sufrir modificacións no caso de existir complicacións derivadas da imposibilidade técnica de realizar
certas actividades ou non se estableza o contorno inicialmente planeado.
Temos entón que lembrar que unha programación non é un fin en si mesmo, senón soamente unha
ferramenta, e debemos relativiza-la súa importancia (nunca negala), máis aínda, se temos en conta que no
momento da súa elaboración descoñecemos a que alumnos debemos aplicala (coñecementos previos, grao de
madurez, contexto social,…).
Serán pois as propias circunstancias as que determinen a metodoloxía máis axeitada, o ritmo de traballo e
mesmo a ampliación dos obxectivos, ou pola contra, unha reconsideración dos mesmos recortando aqueles
máis ambiciosos en función da obtención dos que se consideren prioritarios. Non obstante, convén expoñe-los
distintos elementos do currículo nas súas liñas xerais para poder contar cunha primeira orientación do que
queremos desenvolver cos alumnos.
Os alumnos os que vai dirixida a materia son alumnos de 1º ano de Bacharelato e titulados en Educación
Secundaria Obrigatoria. No presente curso son 23 os alumnos/as matriculados na materia, superando
lixeiramente o alumnado do curso anterior, no que había 21 alumnos/as.
B. CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE
O carácter integrador, a amplitude e diversidade dos seus contidos e contornas de traballo fan que a materia
de TIC contribúa ao desenvolvemento e adquisición das seguintes competencias clave:
Competencia en comunicación lingüística
A materia de TIC contribúe á adquisición da competencia en comunicación lingüística empregando a expresión
oral e escrita en múltiples contextos, desenvolvendo habilidades de procura, adquirindo vocabulario técnico
relacionado coas TIC e analizando, recompilando e procesando información para desenvolver posteriormente
críticas construtivas. Permite desenvolver vínculos e relacións cos demais e a súa contorna, incluso traballar
en linguas estranxeiras. A publicación e difusión de contidos, xa sexa a través da web ou dos diferentes
programas tamén contribúen á adquisición desa competencia.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
TIC tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia matemática e competencias básicas en ciencia e
tecnoloxía mediante o tratamento de información numérica en follas de cálculo, xa que o alumno traballará
con porcentaxes, estatísticas e funcións matemáticas, representando os resultados mediante gráficos. A
análise do funcionamento dos dispositivos, instalación e configuración de aplicacións incide notablemente
nesta competencia así como o propio estudo e análise das TIC e a súa evolución, repercusión e impacto na
sociedade actual.
Competencia dixital
A contribución desta materia á competencia dixital está presente ao longo e ancho do proceso de ensino-
aprendizaxe da mesma. A análise do funcionamento dos distintos dispositivos, a utilización e configuración
das diversas ferramentas e aplicacións software para xestionar, tratar, procesar e presentar a información
incidirán notablemente na adquisición desta competencia. Debido á cantidade e variedade de TIC, outra
forma de traballar na adquisición da competencia dixital é a de favorecer o desenvolvemento, por parte do
alumnado, da capacidade de elección da tecnoloxía da información e a comunicación máis axeitada aos seus
propósitos.
Competencia de aprender a aprender
A contribución á adquisición da competencia de aprender a aprender está relacionada co coñecemento para
acceder e interactuar en contornas virtuais, que fomentan a aprendizaxe de forma autónoma, unha vez
finalizada a etapa escolar. A este empeño contribúe decisivamente a capacidade desenvolvida pola materia
para obter información, transformala en coñecemento propio e comunicalo aprendido poñéndoo en común
cos demais, propiciando que os alumnos sexan protagonistas principais do seu propio aprendizaxe.
Competencias sociais e cívicas
O uso das redes sociais e plataformas de traballo colaborativo preparan ás persoas para participar dunha
maneira eficaz e construtiva na vida social e profesional e para resolver conflitos nunha sociedade cada vez
máis globalizada e aprender a discernir a información. O respecto á leis de propiedade intelectual que marca a
LOPD, a posta en práctica de actitudes de igualdade e non discriminación e a creación e o uso dunha
identidade dixital axeitada ao contexto educativo e profesional contribúen á adquisición desta competencia.
Competencia de sentido de iniciativa e espírito emprendedor
A adquisición desta competencia conséguese a través da participación dos alumnos e alumnas no
desenvolvemento de pequenos proxectos nos que teñan que propor ideas e defendelas, xestionar prazos e
recursos e amosar certa capacidade de liderado á hora de tomar decisións en relación co proxecto. Tamén
fomentando a iniciativa e o estudo de diferentes plataformas para impulsar os proxectos e convertelos en
realidade.
Competencia de conciencia e expresións culturais
A materia de TIC favorece o desenvolvemento desta competencia, fomentando a imaxinación, estética e
creatividade nos diferentes proxectos. Tamén á hora de valorar a liberdade de expresión, o interese, aprecio e
respecto polos traballos dos demais. A globalización das TIC permite un intercambio e acceso a coñecementos
de diferentes culturas e sociedades.
- TIC1B1.1.1. Describe as diferenzas entre o que se considera sociedade da información e sociedade
do coñecemento.
Competencia dixital.
Comunicación lingüística.
Competencias sociais e cívicas.
- TIC1B1.1.2. Explicar cales son os novos sectores económicos que apareceron como consecuencia
da xeneralización das tecnoloxías da información e da comunicación.
Competencia dixital.
Sentido da iniciativa e espírito emprendedor.
Competencias sociais e cívicas.
- TIC1B2.1.1. Describe as características dos subsistemas que compoñen un computador,
identificando os seus principais parámetros de funcionamento.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
- TIC1B2.1.2. Realiza esquemas de interconexión dos bloques funcionais dun computador e
describe a contribución de cada un ao funcionamento integral do sistema.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
- TIC1B2.1.3. Describe dispositivos de almacenamento masivo utilizados en sistemas de
computadores, recoñecendo a súa importancia na custodia da información.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
- TIC1B2.1.4. Describe os tipos de memoria utilizados en computadores, analizando os parámetros
que as definen e a súa achega ao rendemento do conxunto.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
- TIC1B2.2.1. Elabora un diagrama de estrutura dun sistema operativo relacionando cada parte da
súa función.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
- TIC1B2.2.2. Instala sistemas operativos e programas de aplicación para a resolución de problemas
en computadores persoais, seguindo instrucións de fábrica.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
- TIC1B3.1.1. Deseña bases de datos sinxelas e/ou extrae información, realizando consultas,
formularios e informes.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Conciencia e expresións culturais.
- TIC1B3.1.2. Elabora informes de texto que integren texto e imaxes, aplicando as posibilidades das
aplicacións e tendo en conta o destinatario.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Competencias sociais e cívicas.
Conciencia e expresións culturais.
- TIC1B3.1.3. Elabora presentacións que integren texto, imaxes e elementos multimedia, adecuando
a mensaxe ao público obxectivo ao que se destina.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Competencias sociais e cívicas.
Conciencia e expresións culturais.
- TIC1B3.1.4. Resolve problemas que requiran a utilización de follas de cálculo, xerando resultados
textuais, numéricos e gráficos.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Conciencia e expresións culturais.
- TIC1B3.1.5. Deseña elementos gráficos en 2D e 3D para comunicar ideas.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Competencias sociais e cívicas.
Conciencia e expresións culturais.
- TIC1B3.1.6. Realiza pequenas películas integrando son, vídeo e imaxes, utilizando programas de
edición de ficheiros multimedia.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Competencias sociais e cívicas.
- TIC1B4.1.1. Debuxa esquemas de configuración de pequenas redes locais, seleccionando as
tecnoloxías en función do espazo físico dispoñible.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
- TIC1B4.2.1. Realiza unha análise comparativa entre os tipos de cables utilizados en redes de datos.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
- TIC1B4.2.2. Realiza unha análise comparativa entre tecnoloxía con fíos e sen eles, e indica posibles
vantaxes e inconvenientes.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
- TIC1B4.2.3. Explica a funcionalidade dos elementos que permiten configurar redes de datos,
indicando as súas vantaxes e os seus inconvenientes principais.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
- TIC1B4.3.1. Elabora un esquema de como se realiza a comunicación entre os niveis OSI de dous
equipamentos remotos.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
- TIC1B5.1.1. Desenvolve algoritmos que permitan resolver problemas aritméticos sinxelos,
elaborando os correspondentes diagramas de fluxo.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
- TIC1B5.2.1. Escribe programas que inclúan bucles de programación para solucionar problemas
que impliquen a división dun conxunto en partes máis pequenas.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
- TIC1B5.3.1. Obtén o resultado de seguir un pequeno programa escrito nun código determinado,
partindo de determinadas condicións.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
- TIC1B5.4.1. Define o que se entende por sintaxe dunha linguaxe de programación e propón
exemplos concretos dunha linguaxe determinada.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
- TIC1B5.5.1. Realiza programas de aplicación sinxelos nunha linguaxe determinada que solucionen
problemas de vida real.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Competencias sociais e cívicas.
Conciencia e expresións culturais.
C. OBXECTIVOS
a) Coñecer e valorar a realidade tecnolóxica na que se desenvolve, identificando os cambios que os
avances das TIC producen en tódolos ámbitos da vida cotiá.
b) Buscar e analizar a información como elemento esencial da súa formación.
c) Mellorar as habilidades creativas, comunicativas e colaborativas, valorando o papel que
desempeñan estas tecnoloxías no ámbito persoal do alumnado e nos procesos produtivos,
industriais e científicos cas súas repercusións económicas e sociais.
d) Coñecer os principais compoñentes de hardware e software, e familiarizarse coa interface "home-
máquina".
e) Coñecer as diferentes formas de conexión entre ordenadores remotos e as vantaxes e
inconvenientes de diferentes sistemas operativos.
f) Administrar con seguridade e eficacia sistemas operativos de uso común, tanto baixo licenza
como de libre distribución.
g) Coñecer as diferencias entre o software libre e o software propietario.
h) Coñecer os fundamentos físicos e lóxicos dos sistemas ligados a estas tecnoloxías.
i) Adoptar as conductas de seguridade activa e pasiva que posibiliten a protección dos datos e do
propio individuo nas súas interaccións en Internet e na xestión de recursos e aplicacións locais.
j) Manexar programas específicos de deseño gráfico, para producir con eles documentos sinxelos e
poder, así, ampliar as súas posibilidades de expresión e comunicación.
k) Utilizar periféricos para capturar e dixitalizar imaxes, textos e sons, e manexar as funcionalidades
principais dos programas de tratamento dixital da imaxe fixa, o son e a imaxe en movemento e a
súa integración para crear pequenas producións multimedia con finalidade expresiva,
comunicativa ou ilustrativa.
l) Coñecer e empregar as ferramentas necesarias para integrarse en redes sociais, aportando as súas
competencias ao crecemento das mesmas e adoptar as actitudes de respecto, participación,
esforzo e colaboración que posibiliten a creación de producións colectivas.
m) Coñecer, usar e valorar as estratexias e ferramentas de colaboración a través da rede,
especialmente as relacionadas coas redes sociais, como instrumento de traballo cooperativo e
colaborativo para realizar proxectos en común.
n) Utilizar os servizos telemáticos axeitados para responder a necesidades relacionadas, entre outros
aspectos, coa formación, o lecer, a inserción laboral, a administración, a saúde ou o comercio;
valorar en que medida cobren ditas necesidades e se o fan de xeito axeitado.
o) Buscar e seleccionar recursos dispoñibles na rede para incorporalos ás súas propias producións,
valorar a importancia do respecto á autoría dos mesmos e a conveniencia de recorrer a fontes que
autoricen expresamente a súa utilización.
p) Integrar a información textual, numérica e gráfica obtida de calquera fonte para elaborar contidos
propios e publicalos na web, empregando medios que posibiliten a interacción (formularios,
incidencias, bitácoras, etc.) e formatos que faciliten a inclusión de elementos multimedia e
permitan decidir a forma na que se poñen a disposición do resto de usuarios.
q) Coñecer os distintos programas de uso xeral e manexalos axeitadamente, co fin de producir con
eles materiais útiles, coas características necesarias e como instrumentos de resolución de
problemas específicos.
r) Empregar as ferramentas informáticas axeitadas para editar e maquetar textos.
s) Empregar ferramentas propias das Tecnoloxías da Información para presentar información de
xeito claro e sinxelo.
t) Resolver problemas de cálculo, e analizar a información numérica, construír e interpretar gráficos
mediante follas de cálculo.
u) Xestionar unha base de datos extraendo dela todo tipo de consultas e informes.
v) Manexar axeitadamente programas de cálculo simbólico e programas interactivos en xeometría e
funcións.
w) Coñecer linguaxes de programación estruturada e orientada a obxectos.
x) Crear aplicacións sinxelas de software estruturado empregando unha contorna de
desenvolvemento integrada.
D. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES
Estándar de aprendizaxe
Temporalización (sesións)
Grao mínimo de
consecución
Procedementos e instrumentos de avaliación
TIC1B1.1.1 1 50% 1.1. Comparativa entre os conceptos de información e coñecemento, baseándose nas opinións de Fritz Machlup e Peter F. Drucker.
TIC1B1.1.2 1 50% 1.2.Completar o glosario da clase con vocabulario e personaxes asociados á sociedade da información: SEO, TIC, Community manager, nube, I+D, brecha dixital, e-bussiness, teletraballo, e-learning, App, Babbage, Ada Lovelace, Aiken, Alan Turing, Bill Gates, Steve Jobs, Stephen Wozniak, MArk Zuckerberg...
1.3. Por parellas o alumnado preparará unha presentación sobre unha das novas profesións que xurdiron pola aparición das TICs: community manager, responsable de SEO, responsable de SEM, desenvolvedor de contidos móbiles, xestor de contidos dixitais, programador web, experto en usabilidade...
TIC1B2.1.1 1 50% 2.1. Completar o glosario da clase con vocabulario e personaxes asociados á arquitectura de ordenadores: John von Neumann, Hardware, CPU, periférico, microprocesador, BIOS, RAM, placa base, zócalo, portos, fonte de alimentación, megahercio, overclocking, bus, jumper, chipset, disco duro, DVD, CD, pen drive... 2.2. Dada a imaxe das partes dun SI identificar cada unha delas. 2.3. Dada a imaxe dunha placa nai, identificar cada unha das partes sinaladas na mesma.
TIC1B2.1.2 1 50% 2.4. Dado o vídeo Montar un ordenador desde cero.mp4, encher unha táboa na que se indicará por orde o nome do compoñente que se engade, onde e o momento no que ocorre no vídeo (mm:ss) 2.5. Dada unha listaxe de periféricos identificar cales son de E, de S ou de E/S.
TIC1B2.1.3 1 50% 2.6. Realización dun traballo por parellas procurando na Internet información sobre a evolución dos dispositivos de almacenamento masivo nos últimos 20 anos.
TIC1B2.1.4 1 50% 2.7. Realización dun traballo por parellas procurando na Internet información sobre a evolución da memoria RAM dos PCs nos últimos 20 anos.
TIC1B2.2.1 1 50% 2.8. Completar o glosario da clase con vocabulario e personaxes asociados aos sistemas operativos: software, IDE, GPL, software libre, creative commons,Richard Satllman, Linus Torvalds, Bill Gates, Steve Jobs, SO, Linux, Android, driver...
TIC1B2.2.2 1 50% 2.9. Instalación e posterior actualización en Virtual Box da última versión de Windows e da última de Ubuntu. Nas mesmas máquinas o alumnado terá que instalar suites ofimáticas, antivirus, navegadores de internet e todas as aplicacións que se van empregar na clase como SW de edición de vídeo e son, GIMP, Inkscape...
TIC1B3.1.1 10 50% 3.1. Completar o glosario da clase con vocabulario e personaxes asociados ao SW para sistemas informáticos: suite ofimática, query/consulta, SQL, BD, táboa, clave, formulario, informe, fonte, aliñamento, diapositiva, fontwork, transición, folla de estilo, notación funcional, celda, rasterizar, imaxe vectorial, polgada, resolución, gif animado, DivX, Xvid, sistema PAL, dereitos de autor, redes P2P... 3.3. Proxecto guiado de creación das táboas dunha BD das localidades galegas (ALDEA-PARROQUIA-CONCELLO-PROVINCIA) con LibreOffice BASE. 3.4. Facer consultas, formularios e informes sinxelos nunha BD dada de LibreOffice BASE.
TIC1B3.1.2 4 50% 3.5. Realización de prácticas guiadas de procesado de textos con LibreOffice Writer. 3.6. Realización dunha portada dun xornal partindo dunha proposta polo/a docente.
TIC1B3.1.3 2 50% 3.7. Realización dunha práctica guiada para a creación dunha presentación en LibreOffice Impress con diapositivas con diferentes estilos, deseños, transicións, textos, imaxes, cadros de textos con distintos sombreados (con e sen animacións), ligazóns, sons e vídeos.. 3.8. Dada unha presentación de Impress incompleta, completar e modificar seguindo unha serie de indicacións.
TIC1B3.1.4 10 50% 3.9. Realización de prácticas guiadas con LibreOffice Calc. 3.10. Dada unha folla de cálculo incompleta, completar e modificar seguindo unha serie de indicacións.
TIC1B3.1.5 8 50% 3.11. Realización de prácticas guiadas con GIMP. 3.12. Realización de prácticas guiadas con Sweet Home 3D.
TIC1B3.1.6 8 50% 3.13. Realización de prácticas guiadas con Audacity. 3.14. Realización de prácticas guiadas con Windows Movie Maker e/ou Openshot Video Editor.
TIC1B4.1.1 4 50% 4.1. Completar o glosario da clase con vocabulario e personaxes das redes de ordenadores e servizos de internet: modelo OSI, TCP/IP, dirección IP, ancho de banda, wireless, topoloxía, Ethernet, ISP, ADSL, Wi-Fi, hub, switch, router
TIC1B4.2.1 1 50% 4.2. Dadas unha serie de imaxes o alumnado terá que identificar os diferentes tipos de cables de rede, conectores, tarxetas de rede e dispositivos de interconexión.
TIC1B4.2.2 1 50% 4.3. Dada unha listaxe de vantaxes e inconvenientes, o alumnado terá que asociar cales se poden asociar ás redes sen fíos e cales ás redes con fíos.
TIC1B4.2.3 1 50% 4.4. Na aula de informática o alumnado terá que identificar o HW de rede, facendo un diagrama en Impress que indique como están conectados os equipos.
TIC1B4.3.1 1 50% 4.5. Completar un diagrama dunha presentación en Impress da comunicación entre niveis OSI de dous equipos remotos.
TIC1B5.1.1 3 50% 5.1. Dados diferentes símbolos empregados nos diagramas de fluxo, asocialos co seu significado. 5.2. Realización de pequenos diagramas de fluxo que resolven problemas sinxelos empregando o software DFD. 5.3. Realización de diagramas de fluxo que resolven problemas sinxelos con sentencias condicionais empregando o software DFD. 5.4. Realización de diagramas de fluxo que resolven problemas sinxelos con bucles empregando o software DFD.
TIC1B5.2.1 2 50% 5.5. Dado un problema complexo o alumando terá que dividilo en bloques de entrada, procesamento e saída. No bloque de procesamento deberán indicar a existencia de bucles e sentenzas condicionais.
TIC1B5.3.1 1 50% 5.6. Dado o código de pequenos programas escritos na linguaxe de programación C, Python ou similar, o alumnado terá que indicar cal é o resultado correcto.
TIC1B5.4.1 1 50% 5.7. Completar o glosario da clase con vocabulario e personaxes da historia da programación: operador, bucle, ADA, variable, constante, compilador, tipo de dato, función...
TIC1B5.5.1 2 50% 5.8. Dados diagramas de fluxo que resolven pequenos problemas da vida diaria, o alumnado terá que implementalos, compilalos e executalos na linguaxe de programación C, Python ou similar.
E. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
Principios de intervención psicopedagóxica
Os principios psicopedagóxicos que marcarán a liña metodolóxica a seguir, implican unha concepción
construtivista do aprendizaxe e da intervención pedagóxica, sendo os eixes clave os seguintes:
1) Terase en conta a necesidade de partir do nivel de desenvolvemento actual do alumno. Ter en conta o
nivel do alumno ou alumna na elaboración e desenvolvemento do currículo, esixe atender
simultaneamente a dúas compoñentes: o nivel de competencia cognitiva (o nivel de desenvolvemento
do alumno ou alumna) e, ademais, os coñecementos que teña construídos anteriormente (a “zona de
desenvolvemento próximo”). Para acadar, na medida do posible este obxectivo, xogará un papel
principal a avaliación inicial.
2) Outro principio refírese a necesidade de asegura-la construción de aprendizaxes significativos: buscara
se, daquela, centrala atención en acadar aprendizaxes significativos fronte os aprendizaxes
simplemente repetitivos.
3) Tamén prioritario é o principio de posibilitar ca alumna ou alumno realice aprendizaxes significativos
por si mesmo: aprender a aprender, empregando unha memorización comprensiva, a partires da cal
se poidan realizar novos aprendizaxes.
4) Aprender significativamente supón modifica-los esquemas de coñecemento que a alumna ten (e ,
porque non, algún que outro esquema de comportamento ou actitude, pois toda formación supón un
cambio de comportamento).
5) Aprendizaxe significativo suporá unha intensa actividade pola parte do alumno ou alumna e que
supoña unha profunda reflexión: esta actividade consiste en establecer relacións ricas entre os novos
contidos e os esquemas de coñecemento xa existentes.
A metodoloxía a empregar para acadar os obxectivos devanditos tendo en conta os principios de intervención
psicopedagóxicos anteriores será a seguinte:
1) Aplicar unha avaliación inicial, unha avaliación procesual e unha avaliación sumativa, no traballo con
cada unidade didáctica, sen prexuízo de outras avaliacións que se podan desenvolver. Motivar e
potenciar as calidades fundamentais que caracterizan a natural capacidade humana para aprender.
Educando ós alumnos a aprender a: estudar, analizar, sintetizar, facer; en termos positivos e
normativos, sempre desde unha concepción construtivista do coñecemento.
2) Potenciar a dinámica de traballo en equipo en búsquea da eficiencia, tendo en conta os valores de
tolerancia e solidariedade.
3) Partir dos conceptos e fundamentos básicos para ir introducindo os mais complexos, insistindo na
secuenciación lóxica dos temas e mostrando o fío condutor que os une nunha unidade global.
4) Dar unha visión unitaria de cada unidade didáctica, sen menoscabo do anterior, para que o alumno
saiba integrar loxicamente os distintos conceptos estudados; sinalando, ó principio, os obxectivos
xerais referentes ó seu contido.
5) Presentar os conceptos coa máxima claridade posible, e acompañados de actividades formativas,
explicando e motivando a súa función.
6) Describir e expoñer exemplos teórico-prácticos que amosen e faciliten a capacidade asociativa dentro
dun coñecemento integrador.
7) Propor múltiples exercicios para asimilar os coñecementos adquiridos ou para descubrir posibles erros
de interpretación.
8) Facer comprender ó alumno da rapidez con que se actualiza nos coñecementos das novas tecnoloxías
da información e comunicación, sendo necesario establecer mecanismos e ferramentas didácticas que
eviten quedar desfasados.
F. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
Non se establecerá ningún libro obrigatorio para seguir a materia. O profesor entregará a modo de apuntes
todo o material necesario para a superación e cumprimento dos obxectivos amosados na presente
programación.
Para seguira materia teremos á nosa disposición unha aula de informática cun ordenador por alumno con
todo o software necesario.
Tamén dispoñemos dun curso moodle na aula virtual do centro.
Como material de consulta e apoio:
Tecnologías de la Información y Comunicación. Ali Gago, Ismail; Ferro Sánchez, Piedad; García Núñez,
Pablo(ANAYA EDUCACIÓN)
Tecnologías de la Información Martínez Arcos, Enrique; Montón Marques , José A.; Mejía Sanmiguel,
Julio; Del Verbo Menchero, Jesús & López Mateos, José A.(Editorial McGraw-Hill)
INFORMÁTICA PASO A PASO. APRENDE TRABAJANDO CON ORDENADOR. WINDOWS XP PARA TODOS.
José María, Arias Ed. Casals.
INFORMÁTICA BÁSICA XP. José María Arias, Oscar Arias, Sonia Arias, Ismael Ree . Ed. Casals.
WINDOWS XP FACIL e RAPIDO, de Bernaus Perez, Albert e Blanco, Jaime Infor Books, 2002
GUIA DE CAMPO: MICROSOFT WINDOWS XP (SP2) VERSIONES PROFESSIONAL e HOME EDITION, de
Pérez, Cesar. Ra-Ma, 2005
IMPLANTACIÓN e MANTENIMIENTO DE APLICACIONES OFIMÁTICAS e CORPORATIVAS (EN OPEN
OFFICE). Miguel Angel de Miguel, Joan García. Ed Altamar.
PRIMEROS PASOS CON OpenOffice. Marzo 2006 Mollá, R. Ed. Ra/Ma
OPENOFFICE 2.0 (GUIA PRACTICA PARA USUARIOS), de Delgado Cabrera, Jose Maria e Paz González,
Francisco Anaya Multimedia-Anaya Interactiva, 2006
MANUAL DE REFERENCIA: OpenOffice, de Acero, Fernando Edit-Lin, S.L., 2002
OpenOfficeCalc, de VV.AA. Editorial Almuzara, 2005
OpenOfficeWriter de VV.AA. Editorial Almuzara, 2005
LA BIBLIA DE HTML , de Charte Ojeda, Francisco Anaya Multimedia-Anaya Interactiva, 2004
HTML CREACIÓN DE PÁGINAS WEB. Alonso Álvarez García. Editorial: Anaya Multimedia.
DOMINE HTML e DHTML , de Lopez Quijado, Jose Ra-Ma, 2003
G. CRITERIOS DE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO
ALUMNADO
É importante indicar que non se realizará avaliación continua, así, o alumnado deberá superar todas as
avaliacións de xeito independente para poder superar a materia.
Avaliación inicial
Ó inicio do curso realizarase unha proba tipo coa única finalidade de coñecer os coñecementos previos do
alumnado, coñecer ós alumnos que dispoñen de ordenador na casa con conexión a Internet para poder
realizar os traballos que se lles poidan mandar, etc.
Dita avaliación inicial ten unha finalidade informativa e non se terá en conta para avaliar ó alumnado, só para
ver a evolución ó longo do proceso de ensino-aprendizaxe.
Avaliación formativa
Ó longo do curso informarase ó alumno dos distintos resultados das probas escritas e orais, dos traballos e da
súa participación na aula.
A aula virtual do IES Espiñeira empregarase como ferramenta de corrección, información e comunicación
das notas dos traballos que alí se presenten, que conterá tanto prácticas de entrega obrigatoria como
traballo diario na aula. Tamén se entregarán outros traballos por correo electrónico ou presencialmente na
aula.
Eses traballos diarios, probas escritas prácticas e teóricas, serán os que se teñan en conta na avaliación do/a
estudante. Tamén se reflectirán nas fichas do profesor aquelas actitudes e traballos de especial interese para
o proceso de avaliación.
Faranse recuperacións das partes que o alumnado non teña superado, tanto na avaliación final como na
extraordinaria.
Procedementos para a avaliación
A principal técnica de avaliación (de maior peso no cálculo da nota) serán as probas individuais escritas ou en
ordenador, no caso de que se traten contidos eminentemente prácticos (na maioría dos casos). Na maioría
dos casos haberá unha proba teórica (tipo test e con pequenas cuestións) e unha parte práctica en presenza
do computador.
Os principais procedementos de avaliación serán, neste orde:
Probas individuais, escritas ou diante do computador.
Traballos individuais obrigatorios
Traballos en grupo obrigatorios
Comportamento e actitude debidamente cotexada no caderno do profesor.
Instrumentos de avaliación
Unha vez empregados procedementos de avaliación especificados no apartado anterior, empregaranse como
instrumentos de avaliación tódalas probas e traballos entregados polo alumnado e as anotacións sobre
comportamento e actitude reflectidas nas fichas dos alumnos.
De acordo con estes elementos de avaliación, estableceranse os criterios para determinar as cualificacións
parciais (avaliacións) e finais de acordo co seguinte apartado.
Criterios de cualificación
a) Cálculo da nota final: a nota final do curso establecerase como unha media das notas das tres
avaliacións, redondeando ó enteiro máis próximo.
Nota final = (nota 1º aval.+nota 2ª aval.+nota 3ª aval.)/3
É necesario que o alumno ou alumna teña superadas as tres avaliacións para superar o curso.
Aprobarase cunha nota igual ou superior a un 5.
b) Cálculo da cualificación parcial (trimestral) de cada avaliación: para o cálculo da nota da avaliación
teranse en conta os exames (escritos ou prácticos no computador), as prácticas obrigatorias, os
traballos diarios a entregar na aula virtual e o comportamento e actitude (sempre que veñan
reflectidos no caderno do profesor). A ponderación da nota segue a seguinte porcentaxe:
Probas e controis, escritos ou prácticos: 80%
Traballos de entrega obrigatoria: 10%
Actitude e comportamento, sempre que veña reflectido nas fichas do alumnado:
10%. No caso de non ter en conta este punto esta porcentaxe pasará a formar parte
do de traballos diarios.
Nota avaliación: Probas*0,8 + Traballos*0,1 + actitude*0,1
Para facer media sempre será necesario ter unha nota mínima de 5 en cada unha das probas escritas.
Tamén é necesario ter entregadas as prácticas finais obrigatorias (se existen)
Se, excepcionalmente, non se planean traballos de entrega obrigatoria, as probas e controis terán un
peso do 90%, fronte ó 10 % de actitude e comportamento.
c) Para a avaliación das prácticas terase en conta o grado de complexidade, a presentación, o traballo
desenvolvido e o axuste ás especificacións en cada caso.
Cualificación da avaliación
De acordo coa normativa vixente, as nota da avaliación faranse de xeito numérico con valores entre 1 e 10.
Como as notas da avaliación presentarán valores decimais, axustarase ó valor enteiro máis próximo.
Promoción do alumnado
O cálculo da nota final farase facendo media sobre as tres avaliacións e non realizando avaliación continua,
polo que será necesario ter superadas as tres avaliacións para superar a materia e que a media aritmética
das tres avaliacións sexa igual ou superior a 5.
Probas de recuperación
Para aqueles/las alumnos/as que non teñan superada a avaliación realizaranse probas dos contidos non
superados. As probas faranse coa maior brevidade posible, a ser posible dentro dos primeiros quince días da
seguinte avaliación.
De non ter feito entrega das prácticas, estas consideraranse non superadas, polo que será necesario sexan
entregadas nos prazos estipulados para a recuperación.
A nota de cualificación substituirá á nota anterior sempre que esa sexa superior á non superada con
anterioridade.
H. INDICADORES DE LOGRO
Para realizar a avaliación da función docente do profesor empregaranse os seguintes instrumentos:
a) Enquisas ó alumnado.
b) Autoavaliación da propia función docente.
c) Recollida das impresións e comentarios do resto do equipo docente.
O resultado de dita avaliación se axuntará a Memoria desta materia.
Dimensións Indicadores 1 2 3 4 5
Planificación
Programa a materia tendo en conta os estándares de aprendizaxe
Programa a materia tendo en conta os plans e proxectos educativos do centro
Programa a materia tendo en conta o tempo dispoñible para o desenvolvemento desta
Formula os obxectivos didácticos de forma que expresen as competencias a acadar polo alumnado
Programa actividades e estratexias en función dos estándares de aprendizaxe e das necesidades do alumnado
Planifica as clases de modo flexible, preparando actividades e recursos axustados á programación da aula e ás necesidades e intereses do alumnado
Establece, de xeito explícito, os criterios, procedementos e instrumentos de avaliación
Coordínase co resto do profesorado do departamento e do centro que poidan ter contidos afíns
Desenvolvemento
Organiza os contidos dando unha visión xeral de cada tema (índices, esquemas, etc.)
Relaciona os conceptos novos cos xa coñecidos
Amosa predisposición para aclarar dúbidas e ofrecer asesorías dentro e fóra das clases
Promove o traballo colaborativo e mantén unha comunicación fluída co alumnado
Desenvolve os contidos dunha forma ordenada e comprensible para os alumnos e as alumnas
Elabora actividades que permitan a adquisición dos estándares de aprendizaxe
Presenta actividades de grupo e individuais
Facilita estratexias de aprendizaxe (como buscar información, resolver problemas, etc.)
Seguimento e
avaliación
Realiza a avaliación inicial ao principio do curso para axustar a programación ao nivel do alumnado
Detecta os coñecementos previos a cada tarefa de aprendizaxe
Revisa os traballos propostos na aula e fóra dela
Proporciona a información necesaria sobre a resolución das tarefas e como pode melloralas
Corrixe e explica de forma habitual os traballos e as actividades do alumnado e dá pautas para a mellora das súas aprendizaxes
Utiliza procedementos e instrumentos variados de recollida de información
Utiliza suficientes criterios de avaliación que atendan de xeito equilibrado á avaliación dos diferentes contidos e das competencias clave
Favorece os procesos de autoavaliación e coavaliación
Propón novas actividades que faciliten a adquisición de obxectivos cando estes non foron acadados suficientemente
Propón novas actividades de maior nivel cando os obxectivos foron acadados con suficiencia
Motivación do
alumnado
Proporciona un plan de traballo ao principio de cada tarefa
Emprega distintos recursos para introducir a unidade
Relaciona as aprendizaxe con aplicacións reais e coa súa funcionalidade
Informa sobre os progresos acadados e as dificultades atopadas
Relaciona os contidos e actividades cos intereses do alumnado
Estimula a participación activa dos estudantes na clase
Promove a reflexión sobre os temas tratados
Os indicadores de logro mediranse do 1 ao 5 do seguinte xeito:
Nunca (1)
Poucas veces (2)
A miúdo (3)
Case sempre (4)
Sempre (5)
I. AVALIACIÓN DE PENDENTES
Non existen alumnos pendentes con esta materia polo que non se contemplan.
J. PROCEDEMENTOS DE ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PARA
CURSAR A MATERIA
Non corresponde.
K. AVALIACIÓN INICIAL
Ó inicio do curso realizarase unha proba tipo coa única finalidade de coñecer os coñecementos previos do
alumnado, coñecer ós alumnos que dispoñen de ordenador na casa con conexión a Internet para poder
realizar os traballos que se lles poidan mandar, etc.
Dita avaliación inicial ten unha finalidade informativa e non se terá en conta para avaliar ó alumnado, só para
ver a evolución ó longo do proceso de ensino-aprendizaxe.
Tan pronto como se detecte que unha alumna ou alumno non pode seguir o normal desenvolvemento do
ritmo do curso a pesar de que se observa un esforzo axeitado por parte del ou dela, se lle proporán
actividades de reforzo especialmente deseñadas para a súa problemática e diversidade concreta. Ditas
actividades se manterán ata que se observe que pode seguir correctamente o ritmo medio do avance normal
do desenvolvemento do curso. En xeral, ditas actividades poderán consistir:
a) División en partes elementais, das actividades normais, posiblemente con explicacións adicionais
personalizadas.
b) Xogos de tests, preguntas, etcétera especialmente deseñados para o alumno/alumna concretos.
L. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Todo o profesorado, con ou sen un mínimo de experiencia, son conscientes das diferenzas que existen entre
os seus alumnos; as características persoais de cada un deles, a súa forma de motivarse para optimiza-lo seu
proceso de ensino-aprendizaxe, a súas capacidades intelectuais ademais do seu entorno familiar son factores
que poden contribuír ó éxito ou fracaso en moitos casos.
Estes factores teñen que ser tidos en conta garantindo, na medida das nosas posibilidades, que tódalas
alumnas e alumnos acaden uns contidos comúns mediante a realización de distintas actividades, o emprego
doutros materiais didácticos e o apoio individual durante o desenvolvemento das mesmas, naqueles casos
necesarios.
Por outra banda, tamén teñen que ser atendidas as características que permiten co alumno ou alumna resalte
polas súas capacidades e habilidades superiores á media, fomentando igualmente o seu interese e
favorecendo unha ampliación dos conceptos e habilidades en todos os que teñan superado o nivel de
coñecementos comúns ou medios establecidos.
Considérase un obxectivo fundamental ca alumna e alumno efectúe os procedementos xerais e acade as
capacidades necesarias para amplialos e ser sustento doutros de maior complexidade ou singularidade. A
consecución deste obxectivo é facilmente alcanzable por medio do esquema de traballo das exemplificacións
das unidades de traballo cas que traballará o alumno ou alumna, realizándose a adquisición de conceptos
básicos mediante a exposición do profesor, promovendo durante a mesma a participación das alumnas e
alumnos propoñendo cuestións e preguntas que vaian creando a necesidade de describi-la cadea de
conceptos integrantes dun bloque de contidos. A súa asimilación, síntese e avaliación se realizará de maneira
participativa empregando as actividades propostas sen esquecer as diferenzas devanditas.
É importante insistir no uso dun guión escrito para a realización das actividades, xa que unha mínimas
modificacións do que se denomina “condicións iniciais “ permitirán, por unha banda, propor actividades de
reforzo para aqueles alumnos e alumnas cas necesiten, podendo ser desenvolvidas a nivel individual, e pola
outra, amplia-lo proceso de aprendizaxe mediante modificacións mais complexas para os mais avantaxados.
Igualmente, a entrega da resolución da actividade permitirá avaliar, de xeito individual, mesmo no caso de
que as actividades se teñan feito a nivel de grupo, xa que o alumno ou alumna poderá reflectir e incluír
tódalas referencias e particularidades que estime oportuno. Compre que este documento sexa producido
antes do debate co obxectivo de constatar o nivel acadado por cada alumno nunha fase inicial.
Posteriormente, o profesor atenderá as particularidades das alumnas e alumnos de xeito que considere mais
adecuado.
M. ELEMENTOS TRANSVERSAIS
Os temas transversais que se atopan en todas as unidades didácticas serán:
1) Coñecemento e respecto pola normativa TIC legal vixente; en especial:
a. Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD)
b. ALSSICE
2) Aprendizaxe permanente ó longo da vida.
N. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
1) Actividades Extraescolares: estas actividades figuran no Proxecto Curricular de Centro.
O. MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DA
PROGRAMACIÓN
Avaliación da programación didáctica
Para realizar a avaliación da programación e material didácticos empregaranse os seguintes instrumentos:
a) Enquisas ó alumnado. Para realizar a avaliación da programación e material didácticos empregaranse
os seguintes instrumentos:
Estudo comparativo dos obxectivos versus resultados acadados.
Recollida das impresións e comentarios do resto do equipo docente.
O resultado de dita avaliación xuntarase á Memoria desta materia.
A presente programación poderá sufrir pequenos cambios ó longo do curso. No caso de existir ditos cambios,
estes serán reflectidos na memoria final de curso, xunto co grado de cumprimento dos obxectivos xerais e
específicos. Estes datos irán acompañados dos resultados estatísticos da avaliación do alumnado.
Se por motivos de dedicación a repaso de conceptos que cubran os obxectivos básicos, non se puidese cubrir
toda a programación por falta de tempo, o tempo dedicado a reforzar os conceptos básicos será a costa de
non cubrir total ou parcialmente o bloque de contidos Iniciación á programación.
ANEXOS
ANEXO I. Competencias clave
a) Comunicación lingüística (CCL).
b) Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT).
c) Competencia dixital (CD).
d) Aprender a aprender (CAA).
e) Competencias sociais e cívicas (CSC).
f) Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
g) Conciencia e expresións culturais (CCEC).
ANEXO II. Rúbricas
RÚBRICA PARA A AVALIACIÓN DUN EXAME
EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO
PRECISIÓN NAS
RESPUESTAS
Tódalas respostas desenvolven o
tema con claridade, precisión e
concisión.
Case tódalas respostas
desenvolven o tema con
claridade, precisión e concisión.
A maioría das respuotas
desenvolven o tema con
claridade, precisión e concisión.
Poucas respostas desenvolven o
tema con claridade, precisión e
concisión.
A maioría das respostas non
desenvolven o tema con
claridade, precisión nin
concisión.
PRESENTACIÓN
Tódalas respostas están
presentadas con limpeza e
pulcritude.
Case tódalas respostas están
presentadas con limpeza e
pulcritude.
A maioría das respostas están
presentadas con limpeza e
pulcritude.
Poucas respostas están
presentadas con limpeza e
pulcritude.
A maioría respostas non están
presentadas con limpeza nin
pulcritude.
NÚMERO DE PREGUNTAS
RESPONDIDAS
Tódalas preguntas están
respondidas.
Respondeu polo menos o 90%
das preguntas.
Respondeu polo menos o 80%
das preguntas.
Respondeu polo menos o 70%
das preguntas.
Respondeu un porcentaxe
menor do 70% das preguntas.
GRAMÁTICA
E ORTOGRAFÍA
Non hai erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación e
o texto lese con fluidez.
Case non hai erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación e
o texto lese con fluidez.
Existen dous erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación, e
o texto ten algunha dificultade
para entenderse.
Existen tres erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación, e
o texto enténdese con
dificultade.
Existen máis de tres erros
gramaticais, ortográficos ou de
puntuación, e o texto non se
entende.
RÚBRICA PARA AVALIAR MAPAS CONCEPTUAIS

EXPOSICIÓN DOS
ASPECTOS IMPORTANTES
Contén tódolos aspectos
importantes do tema ou temas,
expostos de forma clara e
ordenada.
Contén un 80% dos aspectos
importantes do tema ou temas,
expostos de forma clara e
ordenada.
Contén un 75% dos aspectos
importantes do tema ou temas,
pero non se encontran expostos
de forma clara e ordenada.
Contén un 50% dos aspectos
importantes do tema ou temas,
pero non se encontran expostos
de forma clara e ordenada.
Contén menos dun
50% dos aspectos importantes
do tema ou temas, pero non se
encontran expostos de forma
clara nin ordenada.
PRESENTA XERARQUÍAS
Presenta tódolos aspectos
importantes dos contidos en
xerarquías, polo menos ata un
terceiro ou cuarto nivel.
Presenta un 80% dos aspectos
importantes dos contidos en
xerarquías, polo menos ata un
terceiro ou cuarto nivel.
Só contén un 50% dos aspectos
importantes dos contidos en
xerarquías, polo menos ata un
terceiro ou cuarto nivel.
Non contén xerarquías de
terceiro nivel.
Contén xerarquías de primeiro
nivel e algunhas de segundo
nivel.
EXEMPLOS
Propón exemplos claros
relacionados co tema e
mencionados durante a
explicación deste, e aporta
algúns novos.
Propón exemplos claros
relacionados co tema e
mencionados durante a
explicación deste, pero non
aporta novos.
Propón exemplos pero non todos
están relacionados co tema.
Propón exemplos non
relacionados co tema.
Non propón exemplos.
TIPOS
DE UNIÓNS
E ENLACES
Tódolos conceptos que o
requiren teñen unións cruzadas.
Un 80 % dos conceptos que o
requiren teñen unións cruzadas.
Só un 60 % dos conceptos que o
requiren teñen unións cruzadas.
Menos do 50 % dos conceptos
que o requiren teñen unións
cruzadas.
Non hai unións cruzadas.
PROPOSICIÓNS
As ideas principais levan
proposicións.
O 80 % das ideas principais levan
proposicións.
Só o 60 % das ideas principais
levan proposicións.
Menos do 50 % das ideas
principais levan proposicións.
Ningunha idea principal leva
proposicións.
CONEXIÓN
DE CONCEPTOS
Tódolos conceptos presentan as
conexións adecuadas cos
seguintes.
Un 80 % dos conceptos
presentan unha conexión
adecuada cos seguintes.
Só o 60 % dos conceptos
presentan unha conexión
adecuada cos seguintes.
Menos do 50 % dos conceptos
presentan unha conexión
adecuada cos seguintes.
Non hai conexións adecuadas.
RÚBRICA PARA AVALIAR A REDACCIÓN E A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS ESCRITOS

REDACCIÓN
O traballo está ben estruturado
e cumpre na súa totalidade coa
estrutura de introdución,
desenvolvemento e conclusión.
O traballo encóntrase ben
estruturado nun 80% e cumpre na
súa totalidade coa estrutura de
introdución, desenvolvemento e
conclusión.
O traballo encóntrase ben
estruturado nun 50% e cumpre
na súa totalidade coa estrutura
de introdución, desenvolvemento
e conclusión.
O traballo encóntrase ben
estruturado nun 50% pero non
cumpre na súa totalidade coa
estrutura de introdución,
desenvolvemento e conclusión.
O traballo non está estruturado
e non ten introdución,
desenvolvemento e conclusión.
ORTOGRAFÍA
O texto non presenta erros
ortográficos (puntuación,
acentuación e gramática).
O texto ten menos de 3 erros
ortográficos (puntuación,
acentuación e gramática).
O texto ten entre 4 e 6 erros
ortográficos (puntuación,
acentuación e gramática).
O texto ten entre 6 e 10 erros
ortográficos (puntuación,
acentuación e gramática).
O texto ten máis de 10 erros
ortográficos.
EXTENSIÓN
O exercicio escrito adáptase á
extensión esixida (2, 3 ou 4
páxinas).
O exercicio escrito presenta media
páxina máis da extensión esixida.
O exercicio escrito presenta unha
páxina máis da extensión esixida.
O exercicio escrito presenta dúas
páxinas máis da extensión
esixida.
O exercicio escrito presenta
máis de dúas páxinas da
extensión esixida.
CONTIDO
Abórdase o contido que se
pediu.
Nalgúns parágrafos non se aborda
nada do contido que se pediu.
Un 60% do texto non ten relación
co contido que se pediu.
Algúns parágrafos fan alusión ao
tema pedido.
Só se menciona o tema pedido,
pero non se aborda.
ARGUMENTACIÓN DE
IDEAS
Presenta ideas ben
argumentadas e sen erros.
Presenta ideas ben argumentadas
pero algún erro.
Presenta ideas que argumenta
con debilidade.
Presenta ideas sen argumentar. Non presenta ideas e as que
presenta non están
argumentadas.
PRESENTACIÓN
E LIMPIEZA
O traballo está presentado con
pulcritude e limpeza.
O traballo está presentado con
pulcritude pero ten algún borrón.
O traballo está presentado con
pulcritude pero ten dous ou tres
borróns.
O traballo ten dobreces e máis
de tres borróns.
O traballo está presentado cun
gran número de dobreces e
borróns.
TEMPO DE ENTREGA
A entrega realízase na data
indicada.
A entrega realízase cun día de
retraso.
A entrega realízase con dous días
de retraso.
A entrega realízase con tres días
de retraso.
A entrega realízase pasados máis
de tres días da data indicada.
RÚBRICA PARA AVALIAR A EXPOSICIÓN ORAL DE TRABALLOS

O estudante preséntase de xeito
formal e da a coñecer o tema da
presentación e o obxectivo que
pretende.
O estudante preséntase de xeito
rápido e da a coñecer o tema da
presentación ou o obxectivo que
pretende.
O estudante preséntase de xeito
rápido e comeza a súa exposición sen
mencionar o tema do que trata.
O estudante preséntase sen dicir o seu
nome e menciona o tema de xeito moi
xeral.
O estudante empeza a
súa exposición sen facer
unha presentación
inicial.
EXPRESIÓN ORAL
Utiliza un vocabulario adecuado e
a exposición é coherente.
O vocabulario é adecuado e a
exposición é clara.
Fáltalle vocabulario e ten algún
problema para expresar
correctamente as súas ideas.
Manexa un vocabulario moi básico e ten
problemas para transmitir con claridade as
súas ideas.
Ten un vocabulario moi
básico e non logra
transmitir con claridade
as súas ideas.
VOLUME DE VOZ
O seu volume de voz é adecuado,
suficientemente alto como para
ser escoitado dende todas as
partes da aula, sen ter que gritar.
O seu volume de voz é adecuado e
alto para ser escoitado por todos,
aínda que, a veces, cando dubida,
baixa o volume.
Non é escoitado por toda a aula
cando fala en voz alta, excepto se se
sinte moi seguro e aumenta o seu
volume de voz por uns segundos.
O seu volume de voz é medio e ten
dificultades para ser escoitado por todos na
aula.
O seu volume de voz é
moi baixo como para ser
escoitado por todos na
aula.
EXPRESIVIDADE
As súas expresións faciais e a súa
linguaxe corporal xeran un forte
interese e entusiasmo sobre o
tema nos outros.
Expresións faciais e linguaxe
corporal que xeran en moitas
ocasións interese e entusiasmo,
aínda que algunhas veces pérdese e
non presenta toda a información.
Expresións faciais e linguaxe corporal
que xeran en algunhas ocasións
interese e entusiasmo, aínda que
moitas veces pérdese e non presenta
toda a información.
As súa expresións faciais e a súa linguaxe
corporal mostran unha actitude pasiva e
non xeran moito interese, pero algunhas
veces, cando fala de algo que lle gusta
moito, é capaz de mostrar algo de
entusiasmo.
Moi pouco uso de
expresións faciais ou
linguaxe corporal. Non
xera interese na forma
de falar.
INCLUSIÓN
DOS ASPECTOS
RELEVANTES
Expón claramente o traballo e
aporta referencias aos
coñecementos traballados.
Expón claramente o traballo, pero
non relaciona toda a exposición cos
coñecementos traballados.
Expón claramente o traballo, pero
non o relaciona cos coñecementos
traballados.
Ten dificultade para expoñer o traballo
porque non entende os coñecementos
traballados.
Non expón o traballo nin
coñece os conceptos
traballados necesarios
para a súa realización.
EXPLICACIÓN
DO PLAN
DE TRABALLO
Explica cada paso con detalle, con
lóxica e cronoloxicamente na orde
en que o realizou.
Explica tódolos pasos claramente,
pero liouse un pouco ca orde.
Explica tódolos pasos claramente,
pero liouse na orde e foi necesario
reorganizarlle a través de preguntas.
Presenta dificultade á hora de diferenciar os
pasos que deu e necesita axuda para
explicarllos con claridade.
Non identifica os pasos
que deu nin é capaz de
reconducir o discurso de
forma guiada.
RECURSOS
DIDÁCTICOS
A exposición acompáñase con
soportes audiovisuais en diversos
formatos, especialmente
atractivos e de moita calidade.
Soporte visual adecuado e
interesante na súa xusta medida.
Soporte visual adecuado. Soporte visual non adecuado. Sen soporte visual.
TEMPO
O alumno utilizou o tempo
adecuado e cerrou correctamente
a súa presentación.
O alumno utilizou un tempo
axustado ao previsto, pero con un
final precipitado ou excesivamente
longo por falta de control de tempo.
O alumno utilizou o tempo adecuado,
pero faltoulle pechar a súa
presentación; ou ben non utilizou o
tempo adecuado, pero incluíu todos
os puntos da súa presentación.
Excesivamente longo ou insuficiente para
poder desenvolver o tema correctamente.
O alumno esqueceu por
completo o tempo que
tiña e saíuse do tema.
RÚBRICA PARA AVALIAR O RESUMO DUNHA LECTURA CRÍTICA

CLARIDADE
DE EXPOSICIÓN DAS
IDEAS
As ideas están ben estruturadas
en parágrafos claramente
definidos e acordes coas ideas
máis importantes do texto.
A estrutura dos parágrafos está
acorde coas ideas do texto.
A estrutura dos parágrafos é
sinxela, pero correcta, acorde
coas ideas do texto.
A estrutura está pouco definida. O texto non ten estrutura lóxica
nos seus parágrafos ou
simplemente non se fai
separación de ideas mediante
parágrafos; é un só parágrafo
sen estrutura.
CRÍTICA
Analiza todas as ideas que expón
o autor, establece comparacións
con outros autores e textos, e
proporciona a súa opinión
acerca do tema, fundamentada
no coñecemento deste e
documentada con outras
lecturas.
Analiza todas as ideas que expón
o autor, establece comparacións
con outros autores e textos, e
proporciona a súa opinión acerca
do tema, pero non está ben
fundamentada no coñecemento
deste nin documentada con
outras lecturas.
Identifica as ideas do autor,
analízaas e desenvólveas pero sen
comentarios.
Identifica as ideas do autor, pero
non as analiza e non as
comprende con claridade.
Non identifica as ideas do autor
e mostra confusión de ideas.
FONTE
A fonte está citada
correctamente.
A fonte está citada, pero falta un
dato.
A fonte está citada, pero faltan
algúns datos.
A fonte está citada, pero de xeito
incorrecta: inclúe datos que non
corresponden e omite outros que
si son importantes segundo o
establecen as metodoloxías.
A fonte non está citada ou está
mal citada, de tal forma que é
imposible acceder a ela coa
información proporcionada.
GRAMÁTICA
E ORTOGRAFÍA
Non hai erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación.
Case non hai erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación.
Existen dous erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación.
Existen tres erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación.
Existen máis de tres erros
gramaticais, ortográficos ou de
puntuación.
EXTENSIÓN
A extensión do texto é a
adecuada, pois presenta a
totalidade de ideas importantes
do contido lido, ademais dunha
reflexión do alumno ou da
alumna.
A extensión do texto é adecuada,
pois presenta case a totalidade
de ideas importantes do contido.
A extensión do texto é pouco
adecuada, pois é lixeiramente
curto ou lixeiramente extenso.
A extensión do texto é
inadecuada, pois non trata a
totalidade das ideas do contido
ou ben é máis extenso do
conveniente.
A extensión do texto é
completamente inadecuada: é
demasiado breve ou demasiado
extenso.
RÚBRICA PARA AVALIAR UN DEBATE

DEFENSA
DA SÚA POSTURA
Mantén a defensa da súa
postura ao longo de todo o
debate.
Mantén a defensa da súa
postura nun 80% do tempo de
debate.
Mantén a defensa da súa postura
nun 60% do tempo de debate.
Mantén a defensa da súa postura
menos do 60% do tempo de
debate.
Non mantén a defensa da súa
postura durante o debate.
CAPACIDADE DE
ESCOITAR A SEUS
COMPAÑEIROS E
COMPAÑEIRAS
Escoita aos seus compañeiros e
compañeiras atentamente e
analiza os seus argumentos.
Escoita aos seus compañeiros e
compañeiras e analiza os seus
argumentos.
Escoita aos seus compañeiros e
compañeiras, pero distráese en
ocasións e non analiza os seus
argumentos.
Escoita aos seus compañeiros e
compañeiras, pero distráese a
metade do tempo e non analiza
os seus argumentos.
Non escoita aos seus
compañeiros e compañeiras e
non analiza os seus argumentos.
RESPECTO DO USO DA
PALABRA E DAS IDEAS
DOS DEMÁIS
Sempre espera a súa quenda
para facer uso da palabra o
solicítao con respecto e con
orde. Respecta as opinións dos
demais.
Sempre espera a súa quenda
para facer uso da palabra o
solicítao con respecto pero non
con orde. Respecta as opinións
dos demais.
En máis de tres ocasións non
espera a súa quenda para facer
uso da palabra e, cando o solicita,
faino con respecto pero non con
orde. Respecta as opinións dos
demais.
En máis de tres ocasións non
espera a súa quenda para facer
uso da palabra e, cando o
solicita, non o fai con respecto
nin con orde. Non respecta as
opinións dos demais.
Sempre interrompe para facer
uso da palabra e non respecta as
opinións dos demais.
VOCABULARIO
Utiliza un vocabulario adecuado
e a exposición é coherente coas
ideas expostas.
O vocabulario é adecuado e a
exposición é clara na
presentación das ideas expostas.
Fáltalle vocabulario e ten algún
problema para expresar
correctamente as súas ideas.
Ten un vocabulario moi básico e
problemas para transmitir con
claridade as súas ideas.
Ten un vocabulario moi básico e
non logra transmitir con
claridade as súas ideas.
ARGUMENTACIÓN
Tódalas ideas expostas están
ben argumentadas.
Unha das ideas non está ben
argumentada.
Dúas das ideas non están ben
argumentadas.
Máis de tres ideas non están ben
argumentadas.
Ningunha idea está ben
argumentada.
DOMINIO
DO TEMA
Mostra coñecemento profundo
e dominio total do tema.
Mostra coñecementos e dominio
do tema.
O coñecemento e dominio do
tema é regular.
O coñecemento e dominio do
tema e malo.
Non mostra coñecemento nin
dominio do tema.
REFERENCIAS
A AUTORES
Cita máis de tres referencias
relevantes durante a súa
participación.
Cita tres referencias relevantes
durante a súa participación.
Cita dúas referencias durante a
súa participación e só unha foi
relevante.
Cita só unha referencia durante a
súa participación e non foi
relevante.
Non cita referencias durante a
súa participación.
VOLUME
DO TON DE VOZ
O seu volume de voz é
adecuado, suficientemente alto
como para ser escoitado dende
todas as partes da aula, sen ter
que gritar.
O seu volume de voz é adecuado
e alto para ser escoitado por
todos, aínda que, a veces, cando
dubida, baixa o volume.
Non é escoitado por todo a aula
cando fala en voz alta, excepto se
se sinte moi seguro e aumenta o
seu volume de voz por uns
segundos.
O seu volume de voz é medio e
ten dificultades para ser
escoitado por todos na aula.
O seu volume de voz é moi baixo
como para ser escoitado por
todos na aula.
Programación de
TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN II
2º BACHARELATO
IES ESPIÑEIRA
Curso 2018-2019
PROFESOR: Luis Araújo Rodríguez
A.INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN .............................................................................................................. 3
B.CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE ............................................................. 4
C.OBXECTIVOS ........................................................................................................................................................ 8
D.ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES ...................................................................................................... 9
E.METODOLOXÍA DIDÁCTICA ................................................................................................................................ 10
Principios de intervención psicopedagóxica ........................................................................................................ 10
F.MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS................................................................................................................ 11
G.CRITERIOS DE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO ................................................ 12
H.INDICADORES DE LOGRO .................................................................................................................................. 14
I.AVALIACIÓN DE PENDENTES .............................................................................................................................. 17
J.PROCEDEMENTOS DE ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PARA CURSAR A MATERIA .................................. 17
K.AVALIACIÓN INICIAL .......................................................................................................................................... 17
L.MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE ........................................................................................................... 17
M.ELEMENTOS TRANSVERSAIS ............................................................................................................................. 18
N.ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES .................................................................................. 18
O.MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DA PROGRAMACIÓN ........................................ 18
ANEXO I. Competencias clave............................................................................................................................... 21
ANEXO II. Rúbricas ................................................................................................................................................ 22
A. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN
As Tecnoloxías da Información e Comunicación constitúen unha ferramenta decisiva para axudar ó alumnado a
acceder a grandes recursos de información e coñecemento, a colaborar con outras compañeiras e
compañeiros, consultar a persoas expertas, compartir coñecemento e resolver problemas complexos,
representar e expresar as súas ideas e as súas inquedanzas en diferentes formatos (textual, sonoro, icónico e
audiovisual...) e a través de diferentes dispositivos.
A materia Tecnoloxías da Información e Comunicación é unha materia optativa de obrigada oferta en calquera
das modalidades do Bacharelato e impartida durante os dous cursos que o compoñen. O obxectivo principal é
introducir ó alumnado nas novas tecnoloxías da información e Internet, de xeito que as manexen con fluidez e
responsabilidade, tomando as medidas de seguridade e de protección necesarias en cada caso.
A materia ten unha carga lectiva de 3 horas semanais, establecida no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, no que
se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e o bacharelato na Comunidade Autónoma de
Galicia.
Na presente programación establecese o proceso de ensinanza e aprendizaxe a seguir para a adquisición por
parte dos alumnos e alumnas dos coñecementos, competencias e actitudes establecidas en dita orde,
indicando as estratexias que se utilizan para acadalo, os criterios de avaliación e técnicas que se seguirán ó
longo do curso.
Aínda que a programación é un elemento que pretende eliminar a improvisación e establecer polo miúdo
tódolos criterios que se levarán durante o curso, é necesario advertir que o que aquí se presenta é unha parte
dun proceso máis longo (dentro dunha planificación máis ampla do curso escolar), polo que existen relacións
co desenvolvido con anterioridade e o que posteriormente se traballará cos alumnos. Dita programación
podería sufrir modificacións no caso de existir complicacións derivadas da imposibilidade técnica de realizar
certas actividades ou non se estableza o contorno inicialmente planeado.
Temos entón que lembrar que unha programación non é un fin en si mesmo, senón soamente unha
ferramenta, e debemos relativiza-la súa importancia (nunca negala), máis aínda, se temos en conta que no
momento da súa elaboración descoñecemos a que alumnos debemos aplicala (coñecementos previos, grao de
madurez, contexto social,…).
Serán pois as propias circunstancias as que determinen a metodoloxía máis axeitada, o ritmo de traballo e
mesmo a ampliación dos obxectivos, ou pola contra, unha reconsideración dos mesmos recortando aqueles
máis ambiciosos en función da obtención dos que se consideren prioritarios. Non obstante, convén expoñe-los
distintos elementos do currículo nas súas liñas xerais para poder contar cunha primeira orientación do que
queremos desenvolver cos alumnos.
Os alumnos os que vai dirixida a materia son alumnos de 2º ano de Bacharelato. No presente curso son oito os
alumnos/as matriculados na materia.
B. CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE
O carácter integrador, a amplitude e diversidade dos seus contidos e contornas de traballo fan que a materia
de TIC contribúa ao desenvolvemento e adquisición das seguintes competencias clave:
Competencia en comunicación lingüística
A materia de TIC contribúe á adquisición da competencia en comunicación lingüística empregando a expresión
oral e escrita en múltiples contextos, desenvolvendo habilidades de procura, adquirindo vocabulario técnico
relacionado coas TIC e analizando, recompilando e procesando información para desenvolver posteriormente
críticas construtivas. Permite desenvolver vínculos e relacións cos demais e a súa contorna, incluso traballar
en linguas estranxeiras. A publicación e difusión de contidos, xa sexa a través da web ou dos diferentes
programas tamén contribúen á adquisición desa competencia.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
TIC tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia matemática e competencias básicas en ciencia e
tecnoloxía mediante o tratamento de información numérica en follas de cálculo, xa que o alumno traballará
con porcentaxes, estatísticas e funcións matemáticas, representando os resultados mediante gráficos. A
análise do funcionamento dos dispositivos, instalación e configuración de aplicacións incide notablemente
nesta competencia así como o propio estudo e análise das TIC e a súa evolución, repercusión e impacto na
sociedade actual.
Competencia dixital
A contribución desta materia á competencia dixital está presente ao longo e ancho do proceso de ensino-
aprendizaxe da mesma. A análise do funcionamento dos distintos dispositivos, a utilización e configuración
das diversas ferramentas e aplicacións software para xestionar, tratar, procesar e presentar a información
incidirán notablemente na adquisición desta competencia. Debido á cantidade e variedade de TIC, outra
forma de traballar na adquisición da competencia dixital é a de favorecer o desenvolvemento, por parte do
alumnado, da capacidade de elección da tecnoloxía da información e a comunicación máis axeitada aos seus
propósitos.
Competencia de aprender a aprender
A contribución á adquisición da competencia de aprender a aprender está relacionada co coñecemento para
acceder e interactuar en contornas virtuais, que fomentan a aprendizaxe de forma autónoma, unha vez
finalizada a etapa escolar. A este empeño contribúe decisivamente a capacidade desenvolvida pola materia
para obter información, transformala en coñecemento propio e comunicalo aprendido poñéndoo en común
cos demais, propiciando que os alumnos sexan protagonistas principais do seu propio aprendizaxe.
Competencias sociais e cívicas
O uso das redes sociais e plataformas de traballo colaborativo preparan ás persoas para participar dunha
maneira eficaz e construtiva na vida social e profesional e para resolver conflitos nunha sociedade cada vez
máis globalizada e aprender a discernir a información. O respecto á leis de propiedade intelectual que marca a
LOPD, a posta en práctica de actitudes de igualdade e non discriminación e a creación e o uso dunha
identidade dixital axeitada ao contexto educativo e profesional contribúen á adquisición desta competencia.
Competencia de sentido de iniciativa e espírito emprendedor
A adquisición desta competencia conséguese a través da participación dos alumnos e alumnas no
desenvolvemento de pequenos proxectos nos que teñan que propor ideas e defendelas, xestionar prazos e
recursos e amosar certa capacidade de liderado á hora de tomar decisións en relación co proxecto. Tamén
fomentando a iniciativa e o estudo de diferentes plataformas para impulsar os proxectos e convertelos en
realidade.
Competencia de conciencia e expresións culturais
A materia de TIC favorece o desenvolvemento desta competencia, fomentando a imaxinación, estética e
creatividade nos diferentes proxectos. Tamén á hora de valorar a liberdade de expresión, o interese, aprecio e
respecto polos traballos dos demais. A globalización das TIC permite un intercambio e acceso a coñecementos
de diferentes culturas e sociedades.
- TIC2B1.1.1. Explica as estruturas de almacenamento para diferentes aplicacións tendo en conta as
súas características
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
- TIC2B1.2.1. Elabora diagramas de fluxo de mediana complexidade usando elementos gráficos e
relacionándoos entre si para dar resposta a problemas concretos.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
- TIC2B1.3.1. Elabora programas de mediana complexidade definindo o fluxograma correspondente
e escribindo o código correspondente.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
-
- TIC2B1.3.2. Descompón problemas de certa complexidade en problemas máis pequenos
susceptibles de seren programados como partes separadas.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
- TIC2B1.4.1. Obtén o resultado de seguir un programa escrito nun código determinado, partindo
de determinadas condicións.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
- TIC2B1.4.2. Optimiza o código dun programa dado aplicando procedementos de depuración.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
- TIC2B1.5.1. Selecciona elementos de protección de software para internet relacionándoos cos
posibles ataques.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Competencia social e cívica.
- TIC2B1.5.2. Elabora un esquema de bloques cos elementos de protección física fronte a ataques
externos para unha pequena rede, considerando os elementos de hardware de protección.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Competencia social e cívica.
- TIC2B1.5.3. Clasifica o código malicioso pola súa capacidade de propagación e describe as
características de cada un, indicando sobre que elementos actúan.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Competencia social e cívica.
- TIC2B2.1.1. Deseña páxinas web e blogs con ferramentas específicas analizando as características
fundamentais relacionadas coa súa accesibilidade e a súa usabilidade, tendo en conta a función á
que está destinada.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Conciencia e expresións culturais.
- TIC2B2.2.1. Elabora traballos utilizando as posibilidades de colaboración que permiten as
tecnoloxías baseadas na web 2.0.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Competencia lingüística.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Competencias sociais e cívicas.
Conciencia e expresións culturais.
- TIC2B2.3.1. Explica as características relevantes da web 2.0 e os principios en que esta se basea.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Competencias sociais e cívicas.
Conciencia e expresións culturais.
- TIC2B3.1.1. Elabora un esquema de bloques cos elementos de protección física fronte a ataques
externos para unha pequena rede, considerando tanto os elementos de hardware de protección
como as ferramentas de software que permiten protexer a información.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Competencias sociais e cívicas.
Conciencia e expresións culturais.
- TIC2B3.2.1. Elabora programas de mediana complexidade utilizando contornos de programación.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
A. OBXECTIVOS
a) Coñecer e valorar a realidade tecnolóxica na que se desenvolve, identificando os cambios que
os avances das TIC producen en tódolos ámbitos da vida cotiá.
b) Buscar e analizar a información como elemento esencial da súa formación.
c) Mellorar as habilidades creativas, comunicativas e colaborativas, valorando o papel que
desempeñan estas tecnoloxías no ámbito persoal do alumnado e nos procesos produtivos, industriais
e científicos cas súas repercusións económicas e sociais.
d) Coñecer os principais compoñentes de hardware e software, e familiarizarse coa interface
"home-máquina".
e) Coñecer as diferentes formas de conexión entre ordenadores remotos e as vantaxes e
inconvenientes de diferentes sistemas operativos.
f) Administrar con seguridade e eficacia sistemas operativos de uso común, tanto baixo licenza
como de libre distribución.
g) Coñecer as diferencias entre o software libre e o software propietario.
h) Coñecer os fundamentos físicos e lóxicos dos sistemas ligados a estas tecnoloxías.
i) Adoptar as conductas de seguridade activa e pasiva que posibiliten a protección dos datos e
do propio individuo nas súas interaccións en Internet e na xestión de recursos e aplicacións locais.
j) Manexar programas específicos de deseño gráfico, para producir con eles documentos
sinxelos e poder, así, ampliar as súas posibilidades de expresión e comunicación.
k) Utilizar periféricos para capturar e dixitalizar imaxes, textos e sons, e manexar as
funcionalidades principais dos programas de tratamento dixital da imaxe fixa, o son e a imaxe en
movemento e a súa integración para crear pequenas producións multimedia con finalidade expresiva,
comunicativa ou ilustrativa.
l) Coñecer e empregar as ferramentas necesarias para integrarse en redes sociais, aportando as
súas competencias ao crecemento das mesmas e adoptar as actitudes de respecto, participación,
esforzo e colaboración que posibiliten a creación de producións colectivas.
m) Coñecer, usar e valorar as estratexias e ferramentas de colaboración a través da rede,
especialmente as relacionadas coas redes sociais, como instrumento de traballo cooperativo e
colaborativo para realizar proxectos en común.
n) Utilizar os servizos telemáticos axeitados para responder a necesidades relacionadas, entre
outros aspectos, coa formación, o lecer, a inserción laboral, a administración, a saúde ou o comercio;
valorar en que medida cobren ditas necesidades e se o fan de xeito axeitado.
o) Buscar e seleccionar recursos dispoñibles na rede para incorporalos ás súas propias
producións, valorar a importancia do respecto á autoría dos mesmos e a conveniencia de recorrer a
fontes que autoricen expresamente a súa utilización.
p) Integrar a información textual, numérica e gráfica obtida de calquera fonte para elaborar
contidos propios e publicalos na web, empregando medios que posibiliten a interacción (formularios,
incidencias, bitácoras, etc.) e formatos que faciliten a inclusión de elementos multimedia e permitan
decidir a forma na que se poñen a disposición do resto de usuarios.
q) Coñecer os distintos programas de uso xeral e manexalos axeitadamente, co fin de producir
con eles materiais útiles, coas características necesarias e como instrumentos de resolución de
problemas específicos.
r) Empregar as ferramentas informáticas axeitadas para editar e maquetar textos.
s) Empregar ferramentas propias das Tecnoloxías da Información para presentar información de
xeito claro e sinxelo.
t) Resolver problemas de cálculo, e analizar a información numérica, construír e interpretar
gráficos mediante follas de cálculo.
u) Xestionar unha base de datos extraendo dela todo tipo de consultas e informes.
v) Manexar axeitadamente programas de cálculo simbólico e programas interactivos en
xeometría e funcións.
w) Coñecer linguaxes de programación estruturada e orientada a obxectos.
x) Crear aplicacións sinxelas de software estruturado empregando unha contorna de
desenvolvemento integrada.
A. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES
Estándar de aprendizaxe
Temporalización (sesións)
Grao mínimo de consecución
Procedementos e instrumentos de avaliación
TIC2B1.1.1 14 50% 1.1. Dado un programa, identificación dos distintos tipos de datos e estruturas. 1.2. Realización programas sinxelos con distintos tipos de datos e estruturas.
TIC2B1.2.1 10 50% 1.3. Dados diferentes símbolos dos diagramas de fluxo, asocialos co seu significado. 1.4. Realización de pequenos diagramas de fluxo que resolven problemas sinxelos empregando o software DFD. 1.5. Realización de diagramas de fluxo que resolven problemas sinxelos con sentencias condicionais empregando o software DFD.
1.6. Realización de diagramas de fluxo que resolven problemas sinxelos con bucles empregando o software DFD.
TIC2B1.3.1 5 50% 1.7. Dados diagramas de fluxo que resolven pequenos problemas da vida diaria, o alumnado terá que implementalos empregando pseucódigo. 1.8. Dados diagramas de fluxo que resolven pequenos problemas da vida diaria, o alumnado terá que implementalos, compilalos e executalos na linguaxe de programación C, Python ou similar.
TIC2B1.3.2 5 50% 1.9. Realización de programas sinxelos que impliquen a programación modular.
TIC2B1.4.1 4 50% 1.10. Realización de diagramas de casos de uso. 1.11. Realización de diagramas de clases. 1.12. Realización de probas de camiño básico. 1.13. Realización de probas de bucles. 1.14. Realización de probas de partición equivalente.
TIC2B1.4.2 2 50% 1.15. Dado un código, realizala súa optimización e documentación.
TIC2B1.5.1 2 50% 1.16. Dados unha serie de exemplos de ataques informáticos, clasificalos segundo o tipo de ameaza. 1.17. Realización de copias de respaldo.
TIC2B1.5.2 6 50% 1.18. Instalación de antivirus. 1.19. Realización de escaneos de rede.
TIC2B1.5.3 2 50% 1.20. Dados unha serie de casos reais sobre código malicioso, clasificalo en virus, troiano, porta traseira ou malware publicitario.
TIC2B2.1.1 20 50% 2.1. Creación de páxinas web sinxelas empregando linguaxes de marcaxe. 2.2. Identificación de motores de busca e posición web.
TIC2B2.2.1 18 50% 2.3. Creación de páxinas web medianamente complexas empregando ferramentas de xestión de contidos.
TIC2B2.3.1 6 50% 2.4. Identificación das características da web 2.0.
2.5. Identificación dos protocolos máis empregados na web.
TIC2B3.1.1 4 50% 3.1. Identificación das distintas medidas de seguridade informática, sobre todo en Internet.
TIC2B3.2.1 4 50% 3.2. Realización dos exercicios de programación nunha contorna de desenvolvemento.
B. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
Principios de intervención psicopedagóxica
Os principios psicopedagóxicos que marcarán a liña metodolóxica a seguir, implican unha concepción
construtivista do aprendizaxe e da intervención pedagóxica, sendo os eixes clave os seguintes:
1) Terase en conta a necesidade de partir do nivel de desenvolvemento actual do alumno. Ter en
conta o nivel do alumno ou alumna na elaboración e desenvolvemento do currículo, esixe atender
simultaneamente a dúas compoñentes: o nivel de competencia cognitiva (o nivel de desenvolvemento
do alumno ou alumna) e, ademais, os coñecementos que teña construídos anteriormente (a “zona de
desenvolvemento próximo”). Para acadar, na medida do posible este obxectivo, xogará un papel
principal a avaliación inicial.
2) Outro principio refírese a necesidade de asegura-la construción de aprendizaxes significativos:
buscara se, daquela, centrala atención en acadar aprendizaxes significativos fronte os aprendizaxes
simplemente repetitivos.
3) Tamén prioritario é o principio de posibilitar ca alumna ou alumno realice aprendizaxes
significativos por si mesmo: aprender a aprender, empregando unha memorización comprensiva, a
partires da cal se poidan realizar novos aprendizaxes.
4) Aprender significativamente supón modifica-los esquemas de coñecemento que a alumna ten
(e , porque non, algún que outro esquema de comportamento ou actitude, pois toda formación supón
un cambio de comportamento).
5) Aprendizaxe significativo suporá unha intensa actividade pola parte do alumno ou alumna e
que supoña unha profunda reflexión: esta actividade consiste en establecer relacións ricas entre os
novos contidos e os esquemas de coñecemento xa existentes.
A metodoloxía a empregar para acadar os obxectivos devanditos tendo en conta os principios de intervención
psicopedagóxicos anteriores será a seguinte:
1) Aplicar unha avaliación inicial, unha avaliación procesual e unha avaliación sumativa, no
traballo con cada unidade didáctica, sen prexuízo de outras avaliacións que se podan desenvolver.
Motivar e potenciar as calidades fundamentais que caracterizan a natural capacidade humana para
aprender. Educando ós alumnos a aprender a: estudar, analizar, sintetizar, facer; en termos positivos e
normativos, sempre desde unha concepción construtivista do coñecemento.
2) Potenciar a dinámica de traballo en equipo en búsquea da eficiencia, tendo en conta os
valores de tolerancia e solidariedade.
3) Partir dos conceptos e fundamentos básicos para ir introducindo os mais complexos,
insistindo na secuenciación lóxica dos temas e mostrando o fío condutor que os une nunha unidade
global.
4) Dar unha visión unitaria de cada unidade didáctica, sen menoscabo do anterior, para que o
alumno saiba integrar loxicamente os distintos conceptos estudados; sinalando, ó principio, os
obxectivos xerais referentes ó seu contido.
5) Presentar os conceptos coa máxima claridade posible, e acompañados de actividades
formativas, explicando e motivando a súa función.
6) Describir e expoñer exemplos teórico-prácticos que amosen e faciliten a capacidade asociativa
dentro dun coñecemento integrador.
7) Propor múltiples exercicios para asimilar os coñecementos adquiridos ou para descubrir
posibles erros de interpretación.
Facer comprender ó alumno da rapidez con que se actualiza nos coñecementos das novas tecnoloxías da
información e comunicación, sendo necesario establecer mecanismos e ferramentas didácticas que eviten
quedar desfasados.
A. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
Non se establecerá ningún libro obrigatorio para seguir a materia. O profesor entregará a modo de apuntes
todo o material necesario para a superación e cumprimento dos obxectivos amosados na presente
programación.
Para seguir a materia teremos á nosa disposición unha aula de informática cun ordenador por alumno con
todo o software necesario.
Tamén dispoñemos dun curso moodle na aula virtual do centro.
Como material de consulta e apoio:
LA BIBLIA DE HTML , de Charte Ojeda, Francisco. Anaya Multimedia-Anaya Interactiva, 2004
HTML CREACIÓN DE PÁGINAS WEB. Alonso Álvarez García. Editorial: Anaya Multimedia.
DOMINE HTML e DHTML , de Lopez Quijado, Jose. Ra-Ma, 2003
JOOMLA! 3.3: CREE Y ADMINISTRE SUS SITIOS WEB. Didier Mazier. Eni, 2015
Web do proxecto Pseint.
PYTHON: PASO A PASO. Hinojosa Guiterrez Angel Pablo. Ra-ma, 2016
A. CRITERIOS DE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO
ALUMNADO
É importante indicar que non se realizará avaliación continua, así, o alumnado deberá superar todas as
avaliacións de xeito independente para poder superar a materia.
Avaliación inicial
Ó inicio do curso realizarase unha proba tipo coa única finalidade de coñecer os coñecementos previos do
alumnado, coñecer ós alumnos que dispoñen de ordenador na casa con conexión a Internet para poder
realizar os traballos que se lles poidan mandar, etc.
Dita avaliación inicial ten unha finalidade informativa e non se terá en conta para avaliar ó alumnado, só para
ver a evolución ó longo do proceso de ensino-aprendizaxe.
Avaliación formativa
Ó longo do curso informarase ó alumno dos distintos resultados das probas escritas e orais, dos traballos e da
súa participación na aula.
A aula virtual do IES Espiñeira empregarase como ferramenta de corrección, información e comunicación
das notas dos traballos que alí se presenten, que conterá tanto prácticas de entrega obrigatoria como
traballo diario na aula. Tamén se entregarán outros traballos por correo electrónico ou presencialmente na
aula.
Eses traballos diarios, probas escritas prácticas e teóricas, serán os que se teñan en conta na avaliación do/a
estudante. Tamén se reflectirán nas fichas do profesor aquelas actitudes e traballos de especial interese para
o proceso de avaliación.
Faranse recuperacións das partes que o alumnado non teña superado, tanto na avaliación final como na
extraordinaria.
Procedementos para a avaliación
A principal técnica de avaliación (de maior peso no cálculo da nota) serán as probas individuais escritas ou en
ordenador, no caso de que se traten contidos eminentemente prácticos (na maioría dos casos). Na maioría
dos casos haberá unha proba teórica (tipo test e con pequenas cuestións) e unha parte práctica en presenza
do computador.
Os principais procedementos de avaliación serán, neste orde:
Probas individuais, escritas ou diante do computador.
Traballos individuais obrigatorios
Traballos en grupo obrigatorios
Comportamento e actitude debidamente cotexada no caderno do profesor.
Instrumentos de avaliación
Unha vez empregados procedementos de avaliación especificados no apartado anterior, empregaranse como
instrumentos de avaliación tódalas probas e traballos entregados polo alumnado e as anotacións sobre
comportamento e actitude reflectidas nas fichas dos alumnos.
De acordo con estes elementos de avaliación, estableceranse os criterios para determinar as cualificacións
parciais (avaliacións) e finais de acordo co seguinte apartado.
Criterios de cualificación
a) Cálculo da nota final: a nota final do curso establecerase como unha media das notas das tres
avaliacións, redondeando ó enteiro máis próximo.
Nota final = (nota 1º aval.+nota 2ª aval.+nota 3ª aval.)/3
É necesario que o alumno ou alumna teña superadas as tres avaliacións para superar o curso.
Aprobarase cunha nota igual ou superior a un 5.
b) Cálculo da cualificación parcial (trimestral) de cada avaliación: para o cálculo da nota da
avaliación teranse en conta os exames (escritos ou prácticos no computador), as prácticas
obrigatorias, os traballos diarios a entregar na aula virtual e o comportamento e actitude (sempre que
veñan reflectidos no caderno do profesor). A ponderación da nota segue a seguinte porcentaxe:
Probas e controis, escritos ou prácticos: 80%
Traballos de entrega obrigatoria: 10%
Actitude e comportamento, sempre que veña reflectido nas fichas do alumnado: 10%. No
caso de non ter en conta este punto esta porcentaxe pasará a formar parte do de traballos diarios.
Nota avaliación: Probas*0,8 + Traballos*0,1 + actitude*0,1
Para facer media sempre será necesario ter unha nota mínima de 5 en cada unha das probas escritas.
Tamén é necesario ter entregadas as prácticas finais obrigatorias (se existen)
Se, excepcionalmente, non se planean traballos de entrega obrigatoria, as probas e controis terán un
peso do 90%, fronte ó 10% de actitude e comportamento.
a) Para a avaliación das prácticas terase en conta o grado de complexidade, a presentación, o
traballo desenvolvido e o axuste ás especificacións en cada caso.
Cualificación da avaliación
De acordo coa normativa vixente, as nota da avaliación faranse de xeito numérico con valores entre 1 e 10.
Como as notas da avaliación presentarán valores decimais, axustarase ó valor enteiro máis próximo.
Promoción do alumnado
O cálculo da nota final farase facendo media sobre as tres avaliacións e non realizando avaliación continua,
polo que será necesario ter superadas as tres avaliacións para superar a materia e que a media aritmética
das tres avaliacións sexa igual ou superior a 5.
Probas de recuperación
Para aqueles/las alumnos/as que non teñan superada a avaliación realizaranse probas dos contidos non
superados. As probas faranse coa maior brevidade posible, a ser posible dentro dos primeiros quince días da
seguinte avaliación.
De non ter feito entrega das prácticas, estas consideraranse non superadas, polo que será necesario sexan
entregadas nos prazos estipulados para a recuperación.
A nota de cualificación substituirá á nota anterior sempre que esa sexa superior á non superada con
anterioridade.
A. INDICADORES DE LOGRO
Para realizar a avaliación da función docente do profesor empregaranse os seguintes instrumentos:
a) Enquisas ó alumnado.
b) Autoavaliación da propia función docente.
c) Recollida das impresións e comentarios do resto do equipo docente.
O resultado de dita avaliación se axuntará a Memoria desta materia.
Dimensións Indicadores 1 2 3 4 5
Planificación
Programa a materia tendo en conta os estándares de aprendizaxe
Programa a materia tendo en conta os plans e proxectos educativos do centro
Programa a materia tendo en conta o tempo dispoñible para o desenvolvemento desta
Formula os obxectivos didácticos de forma que expresen as competencias a acadar polo alumnado
Programa actividades e estratexias en función dos estándares de aprendizaxe e das necesidades do alumnado
Planifica as clases de modo flexible, preparando actividades e recursos axustados á programación da aula e ás necesidades e intereses do alumnado
Establece, de xeito explícito, os criterios, procedementos e instrumentos de avaliación
Coordínase co resto do profesorado do departamento e do centro que poidan ter contidos afíns
Desenvolvemento
Organiza os contidos dando unha visión xeral de cada tema (índices, esquemas, etc.)
Relaciona os conceptos novos cos xa coñecidos
Amosa predisposición para aclarar dúbidas e ofrecer asesorías dentro e fóra das clases
Promove o traballo colaborativo e mantén unha comunicación fluída co alumnado
Desenvolve os contidos dunha forma ordenada e comprensible para os alumnos e as alumnas
Elabora actividades que permitan a adquisición dos estándares de aprendizaxe
Presenta actividades de grupo e individuais
Facilita estratexias de aprendizaxe (como buscar información, resolver problemas, etc.)
Seguimento e
avaliación
Realiza a avaliación inicial ao principio do curso para axustar a programación ao nivel do alumnado
Detecta os coñecementos previos a cada tarefa de aprendizaxe
Revisa os traballos propostos na aula e fóra dela
Proporciona a información necesaria sobre a resolución das tarefas e como pode melloralas
Corrixe e explica de forma habitual os traballos e as actividades do alumnado e dá pautas para a mellora das súas aprendizaxes
Utiliza procedementos e instrumentos variados de recollida de información
Utiliza suficientes criterios de avaliación que atendan de xeito equilibrado á avaliación dos diferentes contidos e das competencias clave
Favorece os procesos de autoavaliación e coavaliación
Propón novas actividades que faciliten a adquisición de obxectivos cando estes non foron acadados suficientemente
Propón novas actividades de maior nivel cando os obxectivos foron acadados con suficiencia
Motivación do
alumnado
Proporciona un plan de traballo ao principio de cada tarefa
Emprega distintos recursos para introducir a unidade
Relaciona as aprendizaxe con aplicacións reais e coa súa funcionalidade
Informa sobre os progresos acadados e as dificultades atopadas
Relaciona os contidos e actividades cos intereses do alumnado
Estimula a participación activa dos estudantes na clase
Promove a reflexión sobre os temas tratados
Os indicadores de logro mediranse do 1 ao 5 do seguinte xeito:
Nunca (1)
Poucas veces (2)
A miúdo (3)
Case sempre (4)
Sempre (5)
A. AVALIACIÓN DE PENDENTES
Non existen alumnos pendentes con esta materia polo que non se contemplan.
B. PROCEDEMENTOS DE ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PARA
CURSAR A MATERIA
Non corresponde.
C. AVALIACIÓN INICIAL
Ó inicio do curso realizarase unha proba tipo coa única finalidade de coñecer os coñecementos previos do
alumnado, coñecer ós alumnos que dispoñen de ordenador na casa con conexión a Internet para poder
realizar os traballos que se lles poidan mandar, etc.
Dita avaliación inicial ten unha finalidade informativa e non se terá en conta para avaliar ó alumnado, só para
ver a evolución ó longo do proceso de ensino-aprendizaxe.
Tan pronto como se detecte que unha alumna ou alumno non pode seguir o normal desenvolvemento do
ritmo do curso a pesar de que se observa un esforzo axeitado por parte del ou dela, se lle proporán
actividades de reforzo especialmente deseñadas para a súa problemática e diversidade concreta. Ditas
actividades se manterán ata que se observe que pode seguir correctamente o ritmo medio do avance normal
do desenvolvemento do curso. En xeral, ditas actividades poderán consistir:
a) División en partes elementais, das actividades normais, posiblemente con explicacións
adicionais personalizadas.
b) Xogos de tests, preguntas, etcétera especialmente deseñados para o alumno/alumna
concretos.
A. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Todo o profesorado, con ou sen un mínimo de experiencia, son conscientes das diferenzas que existen entre
os seus alumnos; as características persoais de cada un deles, a súa forma de motivarse para optimiza-lo seu
proceso de ensino-aprendizaxe, a súas capacidades intelectuais ademais do seu entorno familiar son factores
que poden contribuír ó éxito ou fracaso en moitos casos.
Estes factores teñen que ser tidos en conta garantindo, na medida das nosas posibilidades, que tódalas
alumnas e alumnos acaden uns contidos comúns mediante a realización de distintas actividades, o emprego
doutros materiais didácticos e o apoio individual durante o desenvolvemento das mesmas, naqueles casos
necesarios.
Por outra banda, tamén teñen que ser atendidas as características que permiten co alumno ou alumna resalte
polas súas capacidades e habilidades superiores á media, fomentando igualmente o seu interese e
favorecendo unha ampliación dos conceptos e habilidades en todos os que teñan superado o nivel de
coñecementos comúns ou medios establecidos.
Considérase un obxectivo fundamental ca alumna e alumno efectúe os procedementos xerais e acade as
capacidades necesarias para amplialos e ser sustento doutros de maior complexidade ou singularidade. A
consecución deste obxectivo é facilmente alcanzable por medio do esquema de traballo das exemplificacións
das unidades de traballo cas que traballará o alumno ou alumna, realizándose a adquisición de conceptos
básicos mediante a exposición do profesor, promovendo durante a mesma a participación das alumnas e
alumnos propoñendo cuestións e preguntas que vaian creando a necesidade de describi-la cadea de
conceptos integrantes dun bloque de contidos. A súa asimilación, síntese e avaliación se realizará de maneira
participativa empregando as actividades propostas sen esquecer as diferenzas devanditas.
É importante insistir no uso dun guión escrito para a realización das actividades, xa que unha mínimas
modificacións do que se denomina “condicións iniciais “ permitirán, por unha banda, propor actividades de
reforzo para aqueles alumnos e alumnas cas necesiten, podendo ser desenvolvidas a nivel individual, e pola
outra, amplia-lo proceso de aprendizaxe mediante modificacións mais complexas para os mais avantaxados.
Igualmente, a entrega da resolución da actividade permitirá avaliar, de xeito individual, mesmo no caso de
que as actividades se teñan feito a nivel de grupo, xa co alumno ou alumna poderá reflectir e incluír tódalas
referencias e particularidades que estime oportuno. Compre que este documento sexa producido antes do
debate con obxectivo de constatar o nivel acadado por cada alumno nunha fase inicial. Posteriormente, o
profesor atenderá as particularidades das alumnas e alumnos de xeito que considere mais adecuado.
B. ELEMENTOS TRANSVERSAIS
Os temas transversais que se atopan en todas as unidades didácticas serán:
1) Coñecemento e respecto pola normativa TIC legal vixente; en especial:
a. Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD)
b. ALSSICE
2) Aprendizaxe permanente ó longo da vida.
A. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
1) Actividades Extraescolares: estas actividades figuran no Proxecto Curricular de Centro.
A. MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DA
PROGRAMACIÓN
Avaliación da programación didáctica
Para realizar a avaliación da programación e material didácticos empregaranse os seguintes instrumentos:
a) Enquisas ó alumnado. Para realizar a avaliación da programación e material didácticos
empregaranse os seguintes instrumentos:
Estudo comparativo dos obxectivos versus resultados acadados.
Recollida das impresións e comentarios do resto do equipo docente.
O resultado de dita avaliación xuntarase á Memoria desta materia.
A presente programación poderá sufrir pequenos cambios ó longo do curso. No caso de existir ditos cambios,
estes serán reflectidos na memoria final de curso, xunto co grado de cumprimento dos obxectivos xerais e
específicos. Estes datos irán acompañados dos resultados estatísticos da avaliación do alumnado.
ANEXOS
ANEXO I. Competencias clave
a) Comunicación lingüística (CCL).
b) Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT).
c) Competencia dixital (CD).
d) Aprender a aprender (CAA).
e) Competencias sociais e cívicas (CSC).
f) Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
g) Conciencia e expresións culturais (CCEC).
ANEXO II. Rúbricas
RÚBRICA PARA A AVALIACIÓN DUN EXAME
EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO
PRECISIÓN NAS
RESPUESTAS
Tódalas respostas desenvolven o
tema con claridade, precisión e
concisión.
Case tódalas respostas
desenvolven o tema con
claridade, precisión e concisión.
A maioría das respuotas
desenvolven o tema con
claridade, precisión e concisión.
Poucas respostas desenvolven o
tema con claridade, precisión e
concisión.
A maioría das respostas non
desenvolven o tema con
claridade, precisión nin
concisión.
PRESENTACIÓN
Tódalas respostas están
presentadas con limpeza e
pulcritude.
Case tódalas respostas están
presentadas con limpeza e
pulcritude.
A maioría das respostas están
presentadas con limpeza e
pulcritude.
Poucas respostas están
presentadas con limpeza e
pulcritude.
A maioría respostas non están
presentadas con limpeza nin
pulcritude.
NÚMERO DE PREGUNTAS
RESPONDIDAS
Tódalas preguntas están
respondidas.
Respondeu polo menos o 90%
das preguntas.
Respondeu polo menos o 80%
das preguntas.
Respondeu polo menos o 70%
das preguntas.
Respondeu un porcentaxe
menor do 70% das preguntas.
GRAMÁTICA
E ORTOGRAFÍA
Non hai erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación e
o texto lese con fluidez.
Case non hai erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación e
o texto lese con fluidez.
Existen dous erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación, e
o texto ten algunha dificultade
para entenderse.
Existen tres erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación, e
o texto enténdese con
dificultade.
Existen máis de tres erros
gramaticais, ortográficos ou de
puntuación, e o texto non se
entende.
RÚBRICA PARA AVALIAR MAPAS CONCEPTUAIS
EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO
EXPOSICIÓN DOS
ASPECTOS IMPORTANTES
Contén tódolos aspectos
importantes do tema ou temas,
expostos de forma clara e
ordenada.
Contén un 80% dos aspectos
importantes do tema ou temas,
expostos de forma clara e
ordenada.
Contén un 75% dos aspectos
importantes do tema ou temas,
pero non se encontran expostos
de forma clara e ordenada.
Contén un 50% dos aspectos
importantes do tema ou temas,
pero non se encontran expostos
de forma clara e ordenada.
Contén menos dun
50% dos aspectos importantes
do tema ou temas, pero non se
encontran expostos de forma
clara nin ordenada.
PRESENTA XERARQUÍAS
Presenta tódolos aspectos
importantes dos contidos en
xerarquías, polo menos ata un
terceiro ou cuarto nivel.
Presenta un 80% dos aspectos
importantes dos contidos en
xerarquías, polo menos ata un
terceiro ou cuarto nivel.
Só contén un 50% dos aspectos
importantes dos contidos en
xerarquías, polo menos ata un
terceiro ou cuarto nivel.
Non contén xerarquías de
terceiro nivel.
Contén xerarquías de primeiro
nivel e algunhas de segundo
nivel.
EXEMPLOS
Propón exemplos claros
relacionados co tema e
mencionados durante a
explicación deste, e aporta
algúns novos.
Propón exemplos claros
relacionados co tema e
mencionados durante a
explicación deste, pero non
aporta novos.
Propón exemplos pero non todos
están relacionados co tema.
Propón exemplos non
relacionados co tema.
Non propón exemplos.
TIPOS
DE UNIÓNS
E ENLACES
Tódolos conceptos que o
requiren teñen unións cruzadas.
Un 80 % dos conceptos que o
requiren teñen unións cruzadas.
Só un 60 % dos conceptos que o
requiren teñen unións cruzadas.
Menos do 50 % dos conceptos
que o requiren teñen unións
cruzadas.
Non hai unións cruzadas.
PROPOSICIÓNS
As ideas principais levan
proposicións.
O 80 % das ideas principais levan
proposicións.
Só o 60 % das ideas principais
levan proposicións.
Menos do 50 % das ideas
principais levan proposicións.
Ningunha idea principal leva
proposicións.
CONEXIÓN
DE CONCEPTOS
Tódolos conceptos presentan as
conexións adecuadas cos
seguintes.
Un 80 % dos conceptos
presentan unha conexión
adecuada cos seguintes.
Só o 60 % dos conceptos
presentan unha conexión
adecuada cos seguintes.
Menos do 50 % dos conceptos
presentan unha conexión
adecuada cos seguintes.
Non hai conexións adecuadas.
RÚBRICA PARA AVALIAR A REDACCIÓN E A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS ESCRITOS
EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO
REDACCIÓN
O traballo está ben estruturado
e cumpre na súa totalidade coa
estrutura de introdución,
desenvolvemento e conclusión.
O traballo encóntrase ben
estruturado nun 80% e cumpre na
súa totalidade coa estrutura de
introdución, desenvolvemento e
conclusión.
O traballo encóntrase ben
estruturado nun 50% e cumpre
na súa totalidade coa estrutura
de introdución, desenvolvemento
e conclusión.
O traballo encóntrase ben
estruturado nun 50% pero non
cumpre na súa totalidade coa
estrutura de introdución,
desenvolvemento e conclusión.
O traballo non está estruturado
e non ten introdución,
desenvolvemento e conclusión.
ORTOGRAFÍA
O texto non presenta erros
ortográficos (puntuación,
acentuación e gramática).
O texto ten menos de 3 erros
ortográficos (puntuación,
acentuación e gramática).
O texto ten entre 4 e 6 erros
ortográficos (puntuación,
acentuación e gramática).
O texto ten entre 6 e 10 erros
ortográficos (puntuación,
acentuación e gramática).
O texto ten máis de 10 erros
ortográficos.
EXTENSIÓN
O exercicio escrito adáptase á
extensión esixida (2, 3 ou 4
páxinas).
O exercicio escrito presenta media
páxina máis da extensión esixida. O exercicio escrito presenta unha
páxina máis da extensión esixida.
O exercicio escrito presenta
dúas páxinas máis da extensión
esixida.
O exercicio escrito presenta
máis de dúas páxinas da
extensión esixida.
CONTIDO
Abórdase o contido que se
pediu.
Nalgúns parágrafos non se aborda
nada do contido que se pediu.
Un 60% do texto non ten relación
co contido que se pediu.
Algúns parágrafos fan alusión ao
tema pedido.
Só se menciona o tema pedido,
pero non se aborda.
ARGUMENTACIÓN DE
IDEAS
Presenta ideas ben
argumentadas e sen erros.
Presenta ideas ben argumentadas
pero algún erro.
Presenta ideas que argumenta
con debilidade.
Presenta ideas sen argumentar. Non presenta ideas e as que
presenta non están
argumentadas.
PRESENTACIÓN
E LIMPIEZA
O traballo está presentado con
pulcritude e limpeza.
O traballo está presentado con
pulcritude pero ten algún borrón.
O traballo está presentado con
pulcritude pero ten dous ou tres
borróns.
O traballo ten dobreces e máis
de tres borróns.
O traballo está presentado cun
gran número de dobreces e
borróns.
TEMPO DE ENTREGA
A entrega realízase na data
indicada.
A entrega realízase cun día de
retraso.
A entrega realízase con dous días
de retraso.
A entrega realízase con tres días
de retraso.
A entrega realízase pasados máis
de tres días da data indicada.
RÚBRICA PARA AVALIAR A EXPOSICIÓN ORAL DE TRABALLOS
EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO
PRESENTACIÓN
O estudante preséntase de xeito
formal e da a coñecer o tema da
presentación e o obxectivo que
pretende.
O estudante preséntase de xeito
rápido e da a coñecer o tema da
presentación ou o obxectivo que
pretende.
O estudante preséntase de xeito
rápido e comeza a súa exposición sen
mencionar o tema do que trata.
O estudante preséntase sen dicir o seu
nome e menciona o tema de xeito moi
xeral.
O estudante empeza a
súa exposición sen facer
unha presentación
inicial.
EXPRESIÓN ORAL
Utiliza un vocabulario adecuado e
a exposición é coherente.
O vocabulario é adecuado e a
exposición é clara.
Fáltalle vocabulario e ten algún
problema para expresar
correctamente as súas ideas.
Manexa un vocabulario moi básico e ten
problemas para transmitir con claridade as
súas ideas.
Ten un vocabulario moi
básico e non logra
transmitir con claridade
as súas ideas.
VOLUME DE VOZ
O seu volume de voz é adecuado,
suficientemente alto como para
ser escoitado dende todas as
partes da aula, sen ter que gritar.
O seu volume de voz é adecuado e
alto para ser escoitado por todos,
aínda que, a veces, cando dubida,
baixa o volume.
Non é escoitado por toda a aula
cando fala en voz alta, excepto se se
sinte moi seguro e aumenta o seu
volume de voz por uns segundos.
O seu volume de voz é medio e ten
dificultades para ser escoitado por todos na
aula.
O seu volume de voz é
moi baixo como para ser
escoitado por todos na
aula.
EXPRESIVIDADE
As súas expresións faciais e a súa
linguaxe corporal xeran un forte
interese e entusiasmo sobre o
tema nos outros.
Expresións faciais e linguaxe
corporal que xeran en moitas
ocasións interese e entusiasmo,
aínda que algunhas veces pérdese e
non presenta toda a información.
Expresións faciais e linguaxe corporal
que xeran en algunhas ocasións
interese e entusiasmo, aínda que
moitas veces pérdese e non presenta
toda a información.
As súa expresións faciais e a súa linguaxe
corporal mostran unha actitude pasiva e
non xeran moito interese, pero algunhas
veces, cando fala de algo que lle gusta
moito, é capaz de mostrar algo de
entusiasmo.
Moi pouco uso de
expresións faciais ou
linguaxe corporal. Non
xera interese na forma
de falar.
INCLUSIÓN
DOS ASPECTOS
RELEVANTES
Expón claramente o traballo e
aporta referencias aos
coñecementos traballados.
Expón claramente o traballo, pero
non relaciona toda a exposición cos
coñecementos traballados.
Expón claramente o traballo, pero
non o relaciona cos coñecementos
traballados.
Ten dificultade para expoñer o traballo
porque non entende os coñecementos
traballados.
Non expón o traballo nin
coñece os conceptos
traballados necesarios
para a súa realización.
EXPLICACIÓN
DO PLAN
DE TRABALLO
Explica cada paso con detalle, con
lóxica e cronoloxicamente na orde
en que o realizou.
Explica tódolos pasos claramente,
pero liouse un pouco ca orde. Explica tódolos pasos claramente,
pero liouse na orde e foi necesario
reorganizarlle a través de preguntas.
Presenta dificultade á hora de diferenciar
os pasos que deu e necesita axuda para
explicarllos con claridade.
Non identifica os pasos
que deu nin é capaz de
reconducir o discurso de
forma guiada.
RECURSOS
DIDÁCTICOS
A exposición acompáñase con
soportes audiovisuais en diversos
formatos, especialmente
atractivos e de moita calidade.
Soporte visual adecuado e
interesante na súa xusta medida.
Soporte visual adecuado. Soporte visual non adecuado. Sen soporte visual.
TEMPO
O alumno utilizou o tempo
adecuado e cerrou
correctamente a súa
presentación.
O alumno utilizou un tempo
axustado ao previsto, pero con un
final precipitado ou excesivamente
longo por falta de control de tempo.
O alumno utilizou o tempo
adecuado, pero faltoulle pechar a
súa presentación; ou ben non
utilizou o tempo adecuado, pero
incluíu todos os puntos da súa
presentación.
Excesivamente longo ou insuficiente para
poder desenvolver o tema correctamente.
O alumno esqueceu por
completo o tempo que
tiña e saíuse do tema.
RÚBRICA PARA AVALIAR O RESUMO DUNHA LECTURA CRÍTICA
EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO
CLARIDADE
DE EXPOSICIÓN DAS
IDEAS
As ideas están ben estruturadas
en parágrafos claramente
definidos e acordes coas ideas
máis importantes do texto.
A estrutura dos parágrafos está
acorde coas ideas do texto.
A estrutura dos parágrafos é
sinxela, pero correcta, acorde
coas ideas do texto.
A estrutura está pouco definida. O texto non ten estrutura lóxica
nos seus parágrafos ou
simplemente non se fai
separación de ideas mediante
parágrafos; é un só parágrafo
sen estrutura.
CRÍTICA
Analiza todas as ideas que expón
o autor, establece comparacións
con outros autores e textos, e
proporciona a súa opinión
acerca do tema, fundamentada
no coñecemento deste e
documentada con outras
lecturas.
Analiza todas as ideas que expón
o autor, establece comparacións
con outros autores e textos, e
proporciona a súa opinión acerca
do tema, pero non está ben
fundamentada no coñecemento
deste nin documentada con
outras lecturas.
Identifica as ideas do autor,
analízaas e desenvólveas pero sen
comentarios.
Identifica as ideas do autor, pero
non as analiza e non as
comprende con claridade.
Non identifica as ideas do autor
e mostra confusión de ideas.
FONTE
A fonte está citada
correctamente.
A fonte está citada, pero falta un
dato.
A fonte está citada, pero faltan
algúns datos.
A fonte está citada, pero de xeito
incorrecta: inclúe datos que non
corresponden e omite outros que
si son importantes segundo o
establecen as metodoloxías.
A fonte non está citada ou está
mal citada, de tal forma que é
imposible acceder a ela coa
información proporcionada.
GRAMÁTICA
E ORTOGRAFÍA
Non hai erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación.
Case non hai erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación.
Existen dous erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación.
Existen tres erros gramaticais,
ortográficos ou de puntuación.
Existen máis de tres erros
gramaticais, ortográficos ou de
puntuación.
EXTENSIÓN
A extensión do texto é a
adecuada, pois presenta a
totalidade de ideas importantes
do contido lido, ademais dunha
reflexión do alumno ou da
alumna.
A extensión do texto é adecuada,
pois presenta case a totalidade
de ideas importantes do contido.
A extensión do texto é pouco
adecuada, pois é lixeiramente
curto ou lixeiramente extenso.
A extensión do texto é
inadecuada, pois non trata a
totalidade das ideas do contido
ou ben é máis extenso do
conveniente.
A extensión do texto é
completamente inadecuada: é
demasiado breve ou demasiado
extenso.
RÚBRICA PARA AVALIAR UN DEBATE
EXCELENTE MOI AVANZADO SATISFACTORIO BÁSICO ESCASO
DEFENSA
DA SÚA POSTURA
Mantén a defensa da súa
postura ao longo de todo o
debate.
Mantén a defensa da súa
postura nun 80% do tempo de
debate.
Mantén a defensa da súa postura
nun 60% do tempo de debate. Mantén a defensa da súa postura
menos do 60% do tempo de
debate.
Non mantén a defensa da súa
postura durante o debate.
CAPACIDADE DE
ESCOITAR A SEUS
COMPAÑEIROS E
COMPAÑEIRAS
Escoita aos seus compañeiros e
compañeiras atentamente e
analiza os seus argumentos.
Escoita aos seus compañeiros e
compañeiras e analiza os seus
argumentos.
Escoita aos seus compañeiros e
compañeiras, pero distráese en
ocasións e non analiza os seus
argumentos.
Escoita aos seus compañeiros e
compañeiras, pero distráese a
metade do tempo e non analiza
os seus argumentos.
Non escoita aos seus
compañeiros e compañeiras e
non analiza os seus argumentos.
RESPECTO DO USO DA
PALABRA E DAS IDEAS
DOS DEMÁIS
Sempre espera a súa quenda
para facer uso da palabra o
solicítao con respecto e con
orde. Respecta as opinións dos
demais.
Sempre espera a súa quenda
para facer uso da palabra o
solicítao con respecto pero non
con orde. Respecta as opinións
dos demais.
En máis de tres ocasións non
espera a súa quenda para facer
uso da palabra e, cando o solicita,
faino con respecto pero non con
orde. Respecta as opinións dos
demais.
En máis de tres ocasións non
espera a súa quenda para facer
uso da palabra e, cando o
solicita, non o fai con respecto
nin con orde. Non respecta as
opinións dos demais.
Sempre interrompe para facer
uso da palabra e non respecta as
opinións dos demais.
VOCABULARIO
Utiliza un vocabulario adecuado
e a exposición é coherente coas
ideas expostas.
O vocabulario é adecuado e a
exposición é clara na
presentación das ideas expostas.
Fáltalle vocabulario e ten algún
problema para expresar
correctamente as súas ideas.
Ten un vocabulario moi básico e
problemas para transmitir con
claridade as súas ideas.
Ten un vocabulario moi básico e
non logra transmitir con
claridade as súas ideas.
ARGUMENTACIÓN
Tódalas ideas expostas están
ben argumentadas.
Unha das ideas non está ben
argumentada.
Dúas das ideas non están ben
argumentadas. Máis de tres ideas non están ben
argumentadas.
Ningunha idea está ben
argumentada.
DOMINIO
DO TEMA
Mostra coñecemento profundo
e dominio total do tema.
Mostra coñecementos e dominio
do tema.
O coñecemento e dominio do
tema é regular. O coñecemento e dominio do
tema e malo.
Non mostra coñecemento nin
dominio do tema.
REFERENCIAS
A AUTORES
Cita máis de tres referencias
relevantes durante a súa
participación.
Cita tres referencias relevantes
durante a súa participación.
Cita dúas referencias durante a
súa participación e só unha foi
relevante.
Cita só unha referencia durante a
súa participación e non foi
relevante.
Non cita referencias durante a
súa participación.
VOLUME
DO TON DE VOZ
O seu volume de voz é
adecuado, suficientemente alto
como para ser escoitado dende
todas as partes da aula, sen ter
que gritar.
O seu volume de voz é adecuado
e alto para ser escoitado por
todos, aínda que, a veces, cando
dubida, baixa o volume.
Non é escoitado por todo a aula
cando fala en voz alta, excepto se
se sinte moi seguro e aumenta o
seu volume de voz por uns
segundos.
O seu volume de voz é medio e
ten dificultades para ser
escoitado por todos na aula.
O seu volume de voz é moi baixo
como para ser escoitado por
todos na aula.
IES Espiñeira
Espiñeira s/n 15930 Boiro
881 866630 881 866638
www.espinheira.es
Programación de
TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN
4º ESO IES ESPIÑEIRA
Curso 2018-2019
PROFESOR: Luis Araújo Rodríguez
A. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN3
B. CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE4
C. OBXECTIVOS9
D. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES10
E. METODOLOXÍA DIDÁCTICA12
Principios de intervención psicopedagóxica12
F. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS13
G. CRITERIOS DE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO13
H. INDICADORES DE LOGRO16
I. AVALIACIÓN DE PENDENTES18
J. AVALIACIÓN INICIAL18
K. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE18
L. ELEMENTOS TRANSVERSAIS19
M. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES19
N. MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DA PROGRAMACIÓN19
ANEXO I. Competencias clave22
ANEXO II. Rúbricas23
A. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN
As Tecnoloxías da Información e Comunicación constitúen unha ferramenta decisiva para axudar ó alumnado a
acceder a grandes recursos de información e coñecemento, a colaborar con outras compañeiras e
compañeiros, consultar a persoas expertas, compartir coñecemento e resolver problemas complexos,
representar e expresar as súas ideas e as súas inquedanzas en diferentes formatos (textual, sonoro, icónico e
audiovisual...) e a través de diferentes dispositivos.
A materia Tecnoloxías da Información e Comunicación é unha materia optativa impartida durante o 4º curso
da ESO. O obxectivo principal é introducir ó alumnado nas novas tecnoloxías da información e Internet, de
xeito que as manexen con fluidez e responsabilidade, tomando as medidas de seguridade e de protección
necesarias en cada caso.
A materia ten unha carga lectiva de 3 horas semanais, establecida no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, no que
se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e o bacharelato na Comunidade Autónoma de
Galicia.
Na presente programación establecese o proceso de ensinanza e aprendizaxe a seguir para a adquisición por
parte dos alumnos e alumnas dos coñecementos, competencias e actitudes establecidas en dita orde,
indicando as estratexias que se utilizan para acadalo, os criterios de avaliación e técnicas que se seguirán ó
longo do curso.
Aínda que a programación é un elemento que pretende eliminar a improvisación e establecer polo miúdo
tódolos criterios que se levarán durante o curso, é necesario advertir que o que aquí se presenta é unha parte
dun proceso máis longo (dentro dunha planificación máis ampla do curso escolar), polo que existen relacións
co desenvolvido con anterioridade e o que posteriormente se traballará cos alumnos. Dita programación
podería sufrir modificacións no caso de existir complicacións derivadas da imposibilidade técnica de realizar
certas actividades ou non se estableza o contorno inicialmente planeado.
Temos entón que lembrar que unha programación non é un fin en si mesmo, senón soamente unha
ferramenta, e debemos relativiza-la súa importancia (nunca negala), máis aínda, se temos en conta que no
momento da súa elaboración descoñecemos a que alumnos debemos aplicala (coñecementos previos, grao de
madurez, contexto social,…).
Serán pois as propias circunstancias as que determinen a metodoloxía máis axeitada, o ritmo de traballo e
mesmo a ampliación dos obxectivos, ou pola contra, unha reconsideración dos mesmos recortando aqueles
máis ambiciosos en función da obtención dos que se consideren prioritarios. Non obstante, convén expoñe-los
distintos elementos do currículo nas súas liñas xerais para poder contar cunha primeira orientación do que
queremos desenvolver cos alumnos.
Os alumnos os que vai dirixida a materia son alumnos de 4º ano de ESO. No presente curso son 14 os alumnos
matriculados na materia.
B. CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE
O carácter integrador, a amplitude e diversidade dos seus contidos e contornas de traballo fan que a materia
de TIC contribúa ao desenvolvemento e adquisición das seguintes competencias clave:
Competencia en comunicación lingüística
A materia de TIC contribúe á adquisición da competencia en comunicación lingüística empregando a expresión
oral e escrita en múltiples contextos, desenvolvendo habilidades de procura, adquirindo vocabulario técnico
relacionado coas TIC e analizando, recompilando e procesando información para desenvolver posteriormente
críticas construtivas. Permite desenvolver vínculos e relacións cos demais e a súa contorna, incluso traballar
en linguas estranxeiras. A publicación e difusión de contidos, xa sexa a través da web ou dos diferentes
programas tamén contribúen á adquisición desa competencia.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
TIC tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia matemática e competencias básicas en ciencia e
tecnoloxía mediante o tratamento de información numérica en follas de cálculo, xa que o alumno traballará
con porcentaxes, estatísticas e funcións matemáticas, representando os resultados mediante gráficos. A
análise do funcionamento dos dispositivos, instalación e configuración de aplicacións incide notablemente
nesta competencia así como o propio estudo e análise das TIC e a súa evolución, repercusión e impacto na
sociedade actual.
Competencia dixital
A contribución desta materia á competencia dixital está presente ao longo e ancho do proceso de ensino-
aprendizaxe da mesma. A análise do funcionamento dos distintos dispositivos, a utilización e configuración
das diversas ferramentas e aplicacións software para xestionar, tratar, procesar e presentar a información
incidirán notablemente na adquisición desta competencia. Debido á cantidade e variedade de TIC, outra
forma de traballar na adquisición da competencia dixital é a de favorecer o desenvolvemento, por parte do
alumnado, da capacidade de elección da tecnoloxía da información e a comunicación máis axeitada aos seus
propósitos.
Competencia de aprender a aprender
A contribución á adquisición da competencia de aprender a aprender está relacionada co coñecemento para
acceder e interactuar en contornas virtuais, que fomentan a aprendizaxe de forma autónoma, unha vez
finalizada a etapa escolar. A este empeño contribúe decisivamente a capacidade desenvolvida pola materia
para obter información, transformala en coñecemento propio e comunicalo aprendido poñéndoo en común
cos demais, propiciando que os alumnos sexan protagonistas principais do seu propio aprendizaxe.
Competencias sociais e cívicas
O uso das redes sociais e plataformas de traballo colaborativo preparan ás persoas para participar dunha
maneira eficaz e construtiva na vida social e profesional e para resolver conflitos nunha sociedade cada vez
máis globalizada e aprender a discernir a información. O respecto á leis de propiedade intelectual que marca a
LOPD, a posta en práctica de actitudes de igualdade e non discriminación e a creación e o uso dunha
identidade dixital axeitada ao contexto educativo e profesional contribúen á adquisición desta competencia.
Competencia de sentido de iniciativa e espírito emprendedor
A adquisición desta competencia conséguese a través da participación dos alumnos e alumnas no
desenvolvemento de pequenos proxectos nos que teñan que propor ideas e defendelas, xestionar prazos e
recursos e amosar certa capacidade de liderado á hora de tomar decisións en relación co proxecto. Tamén
fomentando a iniciativa e o estudo de diferentes plataformas para impulsar os proxectos e convertelos en
realidade.
Competencia de conciencia e expresións culturais
A materia de TIC favorece o desenvolvemento desta competencia, fomentando a imaxinación, estética e
creatividade nos diferentes proxectos. Tamén á hora de valorar a liberdade de expresión, o interese, aprecio e
respecto polos traballos dos demais. A globalización das TIC permite un intercambio e acceso a coñecementos
de diferentes culturas e sociedades.
- TICB1.1.1. Interactúa con hábitos adecuados en contornos virtuais.
Competencia dixital.
Competencias sociais e cívicas.
- TICB1.1.2. Aplica políticas seguras de utilización de contrasinais para a protección da información
persoal.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
- TICB1.2.1. Realiza actividades con responsabilidade sobre conceptos como a propiedade e o
intercambio de información.
Competencia dixital.
Aprender a aprender.
Competencias sociais e cívicas.
Conciencia e expresións culturais.
- TICB1.3.1. Consulta distintas fontes e navega coñecendo a importancia da identidade dixital e os
tipos de fraude da web.
Competencia dixital.
Aprender a aprender.
Competencias sociais e cívicas.
- TICB1.3.2. Diferencia o concepto de materiais suxeitos a dereitos de autoría e materiais de libre
distribución.
Competencia dixital.
Competencias sociais e cívicas.
Conciencia e expresións culturais.
- TICB2.1.1. Realiza operacións básicas de organización e almacenamento da información.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
- TICB2.1.1. Configura elementos básicos do sistema operativo e de accesibilidade do equipamento
informático.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
- TICB2.2.1. Resolve problemas vinculados aos sistemas operativos e ás aplicacións e os programas
vinculados a estes.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
- TICB2.3.1. Administra o equipamento con responsabilidade e coñece aplicacións de comunicación
entre dispositivos.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
- TICB2.4.1. Analiza e coñece diversos compoñentes físicos dun computador, as súas características
técnicas e as conexións entre eles.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
- TICB2.5.1. Describe as formas de conexión na comunicación entre dispositivos dixitais.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Competencia lingüística.
- TICB3.1.1. Elabora e maqueta documentos de texto con aplicacións informáticas que facilitan a
inclusión de táboas, imaxes, fórmulas, gráficos, así como outras posibilidades de deseño, e
interactúa con outras características do programa.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Conciencia e expresións culturais.
- TICB3.1.2. Produce informes que requiren o emprego de follas de cálculo, que inclúan resultados
textuais, numéricos e gráficos.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
- TICB3.1.3. Elabora bases de datos sinxelas e utiliza a súa funcionalidade para consultar datos,
organizar a información e xerar documentos.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
- TICB3.2.1. Integra elementos multimedia, imaxe e texto na elaboración de presentación,
adecuando o deseño e a maquetaxe á mensaxe e ao público obxectivo a quen vai dirixido.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Conciencia e expresións culturais.
Competencias sociais e cívicas.
- TICB3.2.2. Emprega dispositivos de captura de imaxe, audio e vídeo, edita a información mediante
software específico e crea novos materiais en diversos formatos.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
- TICB4.1.1. Analiza e coñece dispositivos físicos e características técnicas, de conexión e de
intercambio de información entre eles.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
- TICB4.1.2. Coñece os riscos de seguridade e emprega hábitos de protección adecuados.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
- TICB4.1.3. Describe a importancia da actualización do software e do emprego de antivirus e de
devasas para garantir a seguridade.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
- TICB5.1.1. Realiza actividades que requiren compartir recursos en redes locais e virtuais.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Aprender a aprender.
Competencias sociais e cívicas.
- TICB5.2.1. Integra e organiza elementos textuais e gráficos en estruturas hipertextuais.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Aprender a aprender.
- TICB5.2.2. Deseña páxinas web e coñece os protocolos de publicación, baixo estándares
adecuados e con respecto aos dereitos de propiedade.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Conciencia e expresións culturais.
Competencias sociais e cívicas.
- TICB5.3.1. Participa colaborativamente en diversas ferramentas das TIC de carácter social e
xestiona os propios.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Competencias sociais e cívicas.
- TICB6.1.1. Elabora materiais para a web que permiten a accesibilidade á información
multiplataforma.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
- TICB6.2.1. Realiza intercambio de información en distintas plataformas nas que está rexistrado/a e
que ofrecen servizos de formación, lecer, etc.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Aprender a aprender.
Competencias sociais e cívicas.
- TICB6.1.3. Sincroniza a información entre un dispositivo móbil e outro dispositivo.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
- TICB6.2.1. Participa activamente en redes sociais con criterios de seguridade.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Aprender a aprender.
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor.
Competencias sociais e cívicas.
- TICB6.3.1. Emprega canles de distribución de contidos multimedia para aloxar materiais propios e
enlazalos noutras producións.
Competencia dixital.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
Comunicación lingüística.
Competencias sociais e cívicas.
C. OBXECTIVOS
a) Coñecer e valorar a realidade tecnolóxica na que se desenvolve, identificando os cambios que os
avances das TIC producen en tódolos ámbitos da vida cotiá.
b) Buscar e analizar a información como elemento esencial da súa formación.
c) Mellorar as habilidades creativas, comunicativas e colaborativas, valorando o papel que
desempeñan estas tecnoloxías no ámbito persoal do alumnado e nos procesos produtivos,
industriais e científicos cas súas repercusións económicas e sociais.
d) Coñecer os principais compoñentes de hardware e software, e familiarizarse coa interface "home-
máquina".
e) Coñecer as diferentes formas de conexión entre ordenadores remotos e as vantaxes e
inconvenientes de diferentes sistemas operativos.
f) Administrar con seguridade e eficacia sistemas operativos de uso común, tanto baixo licenza
como de libre distribución.
g) Coñecer as diferencias entre o software libre e o software propietario.
h) Coñecer os fundamentos físicos e lóxicos dos sistemas ligados a estas tecnoloxías.
i) Adoptar as conductas de seguridade activa e pasiva que posibiliten a protección dos datos e do
propio individuo nas súas interaccións en Internet e na xestión de recursos e aplicacións locais.
j) Manexar programas específicos de deseño gráfico, para producir con eles documentos sinxelos e
poder, así, ampliar as súas posibilidades de expresión e comunicación.
k) Utilizar periféricos para capturar e dixitalizar imaxes, textos e sons, e manexar as funcionalidades
principais dos programas de tratamento dixital da imaxe fixa, o son e a imaxe en movemento e a
súa integración para crear pequenas producións multimedia con finalidade expresiva,
comunicativa ou ilustrativa.
l) Coñecer e empregar as ferramentas necesarias para integrarse en redes sociais, aportando as súas
competencias ao crecemento das mesmas e adoptar as actitudes de respecto, participación,
esforzo e colaboración que posibiliten a creación de producións colectivas.
m) Coñecer, usar e valorar as estratexias e ferramentas de colaboración a través da rede,
especialmente as relacionadas coas redes sociais, como instrumento de traballo cooperativo e
colaborativo para realizar proxectos en común.
n) Utilizar os servizos telemáticos axeitados para responder a necesidades relacionadas, entre outros
aspectos, coa formación, o lecer, a inserción laboral, a administración, a saúde ou o comercio;
valorar en que medida cobren ditas necesidades e se o fan de xeito axeitado.
o) Buscar e seleccionar recursos dispoñibles na rede para incorporalos ás súas propias producións,
valorar a importancia do respecto á autoría dos mesmos e a conveniencia de recorrer a fontes que
autoricen expresamente a súa utilización.
p) Integrar a información textual, numérica e gráfica obtida de calquera fonte para elaborar contidos
propios e publicalos na web, empregando medios que posibiliten a interacción (formularios,
incidencias, bitácoras, etc.) e formatos que faciliten a inclusión de elementos multimedia e
permitan decidir a forma na que se poñen a disposición do resto de usuarios.
q) Coñecer os distintos programas de uso xeral e manexalos axeitadamente, co fin de producir con
eles materiais útiles, coas características necesarias e como instrumentos de resolución de
problemas específicos.
r) Empregar as ferramentas informáticas axeitadas para editar e maquetar textos.
s) Empregar ferramentas propias das Tecnoloxías da Información para presentar información de
xeito claro e sinxelo.
t) Resolver problemas de cálculo, e analizar a información numérica, construír e interpretar gráficos
mediante follas de cálculo.
u) Xestionar unha base de datos extraendo dela todo tipo de consultas e informes.
v) Manexar axeitadamente programas de cálculo simbólico e programas interactivos en xeometría e
funcións.
w) Coñecer linguaxes de programación estruturada e orientada a obxectos.
x) Crear aplicacións sinxelas de software estruturado empregando unha contorna de
desenvolvemento integrada.
D. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES
Estándar de Temporalización Grao mínimo de Procedementos e instrumentos
aprendizaxe (sesións) consecución de avaliación
TICB1.1.1 2 50% 1.1. Realiza compras de forma segura 1.2. Navega pola rede de forma segura
TICB1.1.2 1 50% 1.3. Crea contrasinais seguras
TICB1.2.1 1 50% 1.4. Obtén un certificado dixital
TICB1.3.1 2 50% 1.5. Realiza unha presentación sobre os tipos de fraude na rede
TICB1.3.2 2 50% 1.6.Elabora un informe sobre as licenzas e os dereitos de autor
TICB2.1.1 2 50% 2.1. Asigna cotas de disco e permisos
TICB2.1.2 4 50% 2.2. Instala e configura Windows creando contas e grupos de usuarios
TICB2.2.1 1 50% 2.3. Instala, configura, amplia e desinstala diferentes aplicacións de escritorio
TICB2.3.1 1 50% 2.4. Protexe o teléfono móbil e instala algunha aplicación de intercambio de documentos
TICB2.4.1 2 50% 2.5. Realiza un presuposto para configurar un ordenador de sobremesa
TICB2.5.1 2 50% 2.6. Configura unha rede con acceso a Internet 2.7. Describe os elementos fundamentais necesarios para a comunicación en rede
TICB3.1.1 10 50% 3.1. Elabora e imprime unha carta 3.2. Elabora unha táboa periódica dos elementos químicos 3.3. Inserta ecuacións e gráficas nun documento de texto
TICB3.1.2 10 50% 3.4. Elabora un climograma nunha folla de cálculo 3.5. Representa unha parábola cunha folla de cálculo
TICB3.1.3 10 50% 3.6. Crea unha base de datos sinxela sobre contactos telefónicos 3.7. Realiza consultas e realiza informes sobre a base de datos anterior
TICB3.2.1 10 50% 3.8. Elabora unha presentación sobre o teléfono móbil 3.9. Idea un xogo de preguntas e respostas
TICB3.2.2 10 50% 3.10. Escanea unha imaxe 3.11. Crea unha pelicula sobre as saídas educativas do curso 3.12. Engade audio e créditos á película anterior
TICB4.1.1 2 50% 4.1. Realiza operación para a protección dunha rede inalámbrica
TICB4.1.2 1 50% 4.2. Configura o navegador en materia de seguridade
TICB4.1.3 2 50% 4.3. Instala, configura e emprega un antivirus 4.4. Realiza a actualización de varios programas informáticos
TICB5.1.1 1 50% 5.1. Crea unha carpeta compartida en Windows
TICB5.2.1 2 50% 5.2. Crea unha páxina web sinxela cun editor de texto que integre algunha imaxe
TICB5.2.2 10 50% 5.3. Realiza unha páxina web con BlueGriffon insertando imaxes, audio e vídeo.
TICB5.3.1 4 50% 5.4. Realiza un traballo por parellas sobre o traballo colaborativo empregando o paquete ofimático web de Gooogle
TICB6.1.1 4 50% 6.1. Crea un blog
TICB6.1.2 2 50% 6.2. Sube e comparte un vídeo en youtube 6.3. Participa en wikiloc
TICB6.1.3 1 50% 6.4. Intercambia unha imaxe entre o teléfono móbil e o ordenador
TICB6.2.1 2 50% 6.5. Participa nun foro de carácter educativo 6.6 Rexístrase nunha rede social e controla a privacidade da mesma
TICB6.3.1 1 50% 6.7 Publica fotos en flickr
E. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
Principios de intervención psicopedagóxica
Os principios psicopedagóxicos que marcarán a liña metodolóxica a seguir, implican unha concepción
construtivista do aprendizaxe e da intervención pedagóxica, sendo os eixes clave os seguintes:
1) Terase en conta a necesidade de partir do nivel de desenvolvemento actual do alumno. Ter en conta o
nivel do alumno ou alumna na elaboración e desenvolvemento do currículo, esixe atender
simultaneamente a dúas compoñentes: o nivel de competencia cognitiva (o nivel de desenvolvemento
do alumno ou alumna) e, ademais, os coñecementos que teña construídos anteriormente (a “zona de
desenvolvemento próximo”). Para acadar, na medida do posible este obxectivo, xogará un papel
principal a avaliación inicial.
2) Outro principio refírese a necesidade de asegura-la construción de aprendizaxes significativos: buscara
se, daquela, centrala atención en acadar aprendizaxes significativos fronte os aprendizaxes
simplemente repetitivos.
3) Tamén prioritario é o principio de posibilitar ca alumna ou alumno realice aprendizaxes significativos
por si mesmo: aprender a aprender, empregando unha memorización comprensiva, a partires da cal
se poidan realizar novos aprendizaxes.
4) Aprender significativamente supón modifica-los esquemas de coñecemento que a alumna ten (e ,
porque non, algún que outro esquema de comportamento ou actitude, pois toda formación supón un
cambio de comportamento).
5) Aprendizaxe significativo suporá unha intensa actividade pola parte do alumno ou alumna e que
supoña unha profunda reflexión: esta actividade consiste en establecer relacións ricas entre os novos
contidos e os esquemas de coñecemento xa existentes.
A metodoloxía a empregar para acadar os obxectivos devanditos tendo en conta os principios de intervención
psicopedagóxicos anteriores será a seguinte:
1) Aplicar unha avaliación inicial, unha avaliación procesual e unha avaliación sumativa, no traballo con
cada unidade didáctica, sen prexuízo de outras avaliacións que se podan desenvolver. Motivar e
potenciar as calidades fundamentais que caracterizan a natural capacidade humana para aprender.
Educando ós alumnos a aprender a: estudar, analizar, sintetizar, facer; en termos positivos e
normativos, sempre desde unha concepción construtivista do coñecemento.
2) Potenciar a dinámica de traballo en equipo en búsquea da eficiencia, tendo en conta os valores de
tolerancia e solidariedade.
3) Partir dos conceptos e fundamentos básicos para ir introducindo os mais complexos, insistindo na
secuenciación lóxica dos temas e mostrando o fío condutor que os une nunha unidade global.
4) Dar unha visión unitaria de cada unidade didáctica, sen menoscabo do anterior, para que o alumno
saiba integrar loxicamente os distintos conceptos estudados; sinalando, ó principio, os obxectivos
xerais referentes ó seu contido.
5) Presentar os conceptos coa máxima claridade posible, e acompañados de actividades formativas,
explicando e motivando a súa función.
6) Describir e expoñer exemplos teórico-prácticos que amosen e faciliten a capacidade asociativa dentro
dun coñecemento integrador.
7) Propor múltiples exercicios para asimilar os coñecementos adquiridos ou para descubrir posibles erros
de interpretación.
Facer comprender ó alumno da rapidez con que se actualiza nos coñecementos das novas tecnoloxías da
información e comunicación, sendo necesario establecer mecanismos e ferramentas didácticas que eviten
quedar desfasados.
F. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
Non se establecerá ningún libro obrigatorio para seguir a materia. O profesor entregará a modo de apuntes
todo o material necesario para a superación e cumprimento dos obxectivos amosados na presente
programación.
Para seguira materia teremos á nosa disposición unha aula de informática cun ordenador por alumno con
todo o software necesario.
Tamén dispoñemos dun curso moodle na aula virtual do centro.
Como material de consulta e apoio:
Tecnologías de la información y la comunicación. Ed. Santillana.
Tecnologías de la información y la comunicación. Ed. Anaya.
Diversos manuais online.
G. CRITERIOS DE AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO
ALUMNADO
É importante indicar que non se realizará avaliación continua, así, o alumnado deberá superar todas as
avaliacións de xeito independente para poder superar a materia.
Avaliación inicial
Ó inicio do curso realizarase unha proba tipo coa única finalidade de coñecer os coñecementos previos do
alumnado, coñecer ós alumnos que dispoñen de ordenador na casa con conexión a Internet para poder
realizar os traballos que se lles poidan mandar, etc.
Dita avaliación inicial ten unha finalidade informativa e non se terá en conta para avaliar ó alumnado, só para
ver a evolución ó longo do proceso de ensino-aprendizaxe.
Avaliación formativa
Ó longo do curso informarase ó alumno dos distintos resultados das probas escritas e orais, dos traballos e da
súa participación na aula.
A aula virtual do IES Espiñeira empregarase como ferramenta de corrección, información e comunicación
das notas dos traballos que alí se presenten, que conterá tanto prácticas de entrega obrigatoria como
traballo diario na aula. Tamén se entregarán outros traballos por correo electrónico ou presencialmente na
aula.
Eses traballos diarios, probas escritas prácticas e teóricas, serán os que se teñan en conta na avaliación do/a
estudante. Tamén se reflectirán nas fichas do profesor aquelas actitudes e traballos de especial interese para
o proceso de avaliación.
Faranse recuperacións das partes que o alumnado non teña superado, tanto na avaliación final como na
extraordinaria.
Procedementos para a avaliación
A principal técnica de avaliación (de maior peso no cálculo da nota) serán as probas individuais escritas ou en
ordenador, no caso de que se traten contidos eminentemente prácticos (na maioría dos casos). Na maioría
dos casos haberá unha proba teórica (tipo test e con pequenas cuestións) e unha parte práctica en presenza
do computador.
Os principais procedementos de avaliación serán, neste orde:
Probas individuais, escritas ou diante do computador.
Traballos individuais obrigatorios
Traballos en grupo obrigatorios
Comportamento e actitude debidamente cotexada no caderno do profesor.
Instrumentos de avaliación
Unha vez empregados procedementos de avaliación especificados no apartado anterior, empregaranse como
instrumentos de avaliación tódalas probas e traballos entregados polo alumnado e as anotacións sobre
comportamento e actitude reflectidas nas fichas dos alumnos.
De acordo con estes elementos de avaliación, estableceranse os criterios para determinar as cualificacións
parciais (avaliacións) e finais de acordo co seguinte apartado.
Criterios de cualificación
a) Cálculo da nota final: a nota final do curso establecerase como unha media das notas das tres
avaliacións, redondeando ó enteiro máis próximo.
Nota final = (nota 1º aval.+nota 2ª aval.+nota 3ª aval.)/3
É necesario que o alumno ou alumna teña superadas as tres avaliacións para superar o curso.
Aprobarase cunha nota igual ou superior a un 5.
b) Cálculo da cualificación parcial (trimestral) de cada avaliación: para o cálculo da nota da avaliación
teranse en conta os exames (escritos ou prácticos no computador), as prácticas obrigatorias, os
traballos diarios a entregar na aula virtual e o comportamento e actitude (sempre que veñan
reflectidos no caderno do profesor). A ponderación da nota segue a seguinte porcentaxe:
Probas e controis, escritos ou prácticos: 80%
Traballos de entrega obrigatoria: 10%
Actitude e comportamento, sempre que veña reflectido nas fichas do alumnado:
10%. No caso de non ter en conta este punto esta porcentaxe pasará a formar parte
do de traballos diarios.
Nota avaliación: Probas*0,8 + Traballos*0,1 + actitude*0,1
Para facer media sempre será necesario ter unha nota mínima de 5 en cada unha das probas escritas.
Tamén é necesario ter entregadas as prácticas finais obrigatorias (se existen)
Se, excepcionalmente, non se planean traballos de entrega obrigatoria, as probas e controis terán un
peso do 90%, fronte ó 10% de actitude e comportamento.
c) Para a avaliación das prácticas terase en conta o grado de complexidade, a presentación, o traballo
desenvolvido e o axuste ás especificacións en cada caso.
Cualificación da avaliación
De acordo coa normativa vixente, as nota da avaliación faranse de xeito numérico con valores entre 1 e 10.
Como as notas da avaliación presentarán valores decimais, axustarase ó valor enteiro máis próximo.
Promoción do alumnado
O cálculo da nota final farase facendo media sobre as tres avaliacións e non realizando avaliación continua,
polo que será necesario ter superadas as tres avaliacións para superar a materia e que a media aritmética
das tres avaliacións sexa igual ou superior a 5.
Probas de recuperación
Para aqueles/las alumnos/as que non teñan superada a avaliación realizaranse probas dos contidos non
superados. As probas faranse coa maior brevidade posible, a ser posible dentro dos primeiros quince días da
seguinte avaliación.
De non ter feito entrega das prácticas, estas consideraranse non superadas, polo que será necesario sexan
entregadas nos prazos estipulados para a recuperación.
A nota de cualificación substituirá á nota anterior sempre que esa sexa superior á non superada con
anterioridade.
H. INDICADORES DE LOGRO
Para realizar a avaliación da función docente do profesor empregaranse os seguintes instrumentos:
a) Enquisas ó alumnado.
b) Autoavaliación da propia función docente.
c) Recollida das impresións e comentarios do resto do equipo docente.
O resultado de dita avaliación se axuntará a Memoria desta materia.
Dimensións Indicadores 1 2 3 4 5
Planificación
Programa a materia tendo en conta os estándares de aprendizaxe
Programa a materia tendo en conta os plans e proxectos educativos do centro
Programa a materia tendo en conta o tempo dispoñible para o desenvolvemento desta
Formula os obxectivos didácticos de forma que expresen as competencias a acadar polo alumnado
Programa actividades e estratexias en función dos estándares de aprendizaxe e das necesidades do alumnado
Planifica as clases de modo flexible, preparando actividades e recursos axustados á programación da aula e ás necesidades e intereses do alumnado
Establece, de xeito explícito, os criterios, procedementos e instrumentos de avaliación
Coordínase co resto do profesorado do departamento e do centro que poidan ter contidos afíns
Desenvolvemento Organiza os contidos dando unha visión xeral de
cada tema (índices, esquemas, etc.)
Relaciona os conceptos novos cos xa coñecidos
Amosa predisposición para aclarar dúbidas e ofrecer asesorías dentro e fóra das clases
Promove o traballo colaborativo e mantén unha comunicación fluída co alumnado
Desenvolve os contidos dunha forma ordenada e comprensible para os alumnos e as alumnas
Elabora actividades que permitan a adquisición dos estándares de aprendizaxe
Presenta actividades de grupo e individuais
Facilita estratexias de aprendizaxe (como buscar información, resolver problemas, etc.)
Seguimento e
avaliación
Realiza a avaliación inicial ao principio do curso para axustar a programación ao nivel do alumnado
Detecta os coñecementos previos a cada tarefa de aprendizaxe
Revisa os traballos propostos na aula e fóra dela
Proporciona a información necesaria sobre a resolución das tarefas e como pode melloralas
Corrixe e explica de forma habitual os traballos e as actividades do alumnado e dá pautas para a mellora das súas aprendizaxes
Utiliza procedementos e instrumentos variados de recollida de información
Utiliza suficientes criterios de avaliación que atendan de xeito equilibrado á avaliación dos diferentes contidos e das competencias clave
Favorece os procesos de autoavaliación e coavaliación
Propón novas actividades que faciliten a adquisición de obxectivos cando estes non foron acadados suficientemente
Propón novas actividades de maior nivel cando os obxectivos foron acadados con suficiencia
Motivación do
alumnado
Proporciona un plan de traballo ao principio de cada tarefa
Emprega distintos recursos para introducir a unidade
Relaciona as aprendizaxe con aplicacións reais e coa súa funcionalidade
Informa sobre os progresos acadados e as dificultades atopadas
Relaciona os contidos e actividades cos intereses do
alumnado
Estimula a participación activa dos estudantes na clase
Promove a reflexión sobre os temas tratados
Os indicadores de logro mediranse do 1 ao 5 do seguinte xeito:
Nunca (1)
Poucas veces (2)
A miúdo (3)
Case sempre (4)
Sempre (5)
I. AVALIACIÓN DE PENDENTES
Non existen alumnos pendentes con esta materia polo que non se contemplan.
J. AVALIACIÓN INICIAL
Ó inicio do curso realizarase unha proba tipo coa única finalidade de coñecer os coñecementos previos do
alumnado, coñecer ós alumnos que dispoñen de ordenador na casa con conexión a Internet para poder
realizar os traballos que se lles poidan mandar, etc.
Dita avaliación inicial ten unha finalidade informativa e non se terá en conta para avaliar ó alumnado, só para
ver a evolución ó longo do proceso de ensino-aprendizaxe.
Tan pronto como se detecte que unha alumna ou alumno non pode seguir o normal desenvolvemento do
ritmo do curso a pesar de que se observa un esforzo axeitado por parte del ou dela, se lle proporán
actividades de reforzo especialmente deseñadas para a súa problemática e diversidade concreta. Ditas
actividades se manterán ata que se observe que pode seguir correctamente o ritmo medio do avance normal
do desenvolvemento do curso. En xeral, ditas actividades poderán consistir:
a) División en partes elementais, das actividades normais, posiblemente con explicacións adicionais
personalizadas.
b) Xogos de tests, preguntas, etcétera especialmente deseñados para o alumno/alumna concretos.
K. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Todo o profesorado, con ou sen un mínimo de experiencia, son conscientes das diferenzas que existen entre
os seus alumnos; as características persoais de cada un deles, a súa forma de motivarse para optimiza-lo seu
proceso de ensino-aprendizaxe, a súas capacidades intelectuais ademais do seu entorno familiar son factores
que poden contribuír ó éxito ou fracaso en moitos casos.
Estes factores teñen que ser tidos en conta garantindo, na medida das nosas posibilidades, que tódalas
alumnas e alumnos acaden uns contidos comúns mediante a realización de distintas actividades, o emprego
doutros materiais didácticos e o apoio individual durante o desenvolvemento das mesmas, naqueles casos
necesarios.
Por outra banda, tamén teñen que ser atendidas as características que permiten co alumno ou alumna resalte
polas súas capacidades e habilidades superiores á media, fomentando igualmente o seu interese e
favorecendo unha ampliación dos conceptos e habilidades en todos os que teñan superado o nivel de
coñecementos comúns ou medios establecidos.
Considérase un obxectivo fundamental ca alumna e alumno efectúe os procedementos xerais e acade as
capacidades necesarias para amplialos e ser sustento doutros de maior complexidade ou singularidade. A
consecución deste obxectivo é facilmente alcanzable por medio do esquema de traballo das exemplificacións
das unidades de traballo cas que traballará o alumno ou alumna, realizándose a adquisición de conceptos
básicos mediante a exposición do profesor, promovendo durante a mesma a participación das alumnas e
alumnos propoñendo cuestións e preguntas que vaian creando a necesidade de describi-la cadea de
conceptos integrantes dun bloque de contidos. A súa asimilación, síntese e avaliación se realizará de maneira
participativa empregando as actividades propostas sen esquecer as diferenzas devanditas.
É importante insistir no uso dun guión escrito para a realización das actividades, xa que unha mínimas
modificacións do que se denomina “condicións iniciais “ permitirán, por unha banda, propor actividades de
reforzo para aqueles alumnos e alumnas cas necesiten, podendo ser desenvolvidas a nivel individual, e pola
outra, amplia-lo proceso de aprendizaxe mediante modificacións mais complexas para os mais avantaxados.
Igualmente, a entrega da resolución da actividade permitirá avaliar, de xeito individual, mes- mo no caso de
que as actividades se teñan feito a nivel de grupo, xa co alumno ou alumna poderá reflectir e incluír tódalas
referencias e particularidades que estime oportuno. Compre que este documento sexa producido antes do
debate con obxectivo de constatar o nivel acadado por cada alumno nunha fase inicial. Posteriormente, o
profesor atenderá as particularidades das alumnas e alumnos de xeito que considere mais adecuado.
L. ELEMENTOS TRANSVERSAIS
Os temas transversais que se atopan en todas as unidades didácticas serán:
1) Coñecemento e respecto pola normativa TIC legal vixente; en especial:
a. Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD)
b. ALSSICE
2) Aprendizaxe permanente ó longo da vida.
M. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
1) Actividades Extraescolares: estas actividades figuran no Proxecto Curricular de Centro.
N. MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DA