programa semana do libro

1
Actividades para realizar durante a semana do libro. 1. A árbore dos libros: Faremos entre todos unha árbore cos vosos contos ou libros favoritos. Para iso, cada un fará un debuxo ou escollerá unha foto, portada, ilustración, etc. do seu conto ou libro preferido para poñer nunha folla da árbore (as follas terán forma de libro aberto), engadíndolle o título e o autor. Esta árbore formará parte da decoración da nosa biblioteca. 2. Confeccionar marcapáxinas. Para conmemorar o Día Internacional do Libro (23 de abril) realizaremos marcapáxinas homenaxeando aos escritores Cervantes e Shakespeare, xa que o Día do Libro corresponde coas datas dos seus falecementos. Pola parte de atrás do marcapáxinas, escribiredes unha frase ou cita que vos guste relacionada co día do libro, coa lectura, etc., que escolleredes dun listado. Temos a plantilla do marcapáxinas que posteriormente plastificaremos. 3. Libro con citas e frases célebres relacionadas coa lectura e cos libros. Realizaremos entre todos un libro que recompile as diversas frases, citas do listado que vos imos pasar. Ola amiguiños! Lede atentamente o que vos vou propoñer: actividades para celebrar no colexio a semana do libro! Animádevos a participar … unha sorpresa vos agarda ao final. Pronto se porá á vosa disposición o material que necesitaredes. .pa.realizaestas

Upload: ceip-soutelo

Post on 07-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Programa Semana do Libro

TRANSCRIPT

Page 1: Programa Semana do Libro

Actividades para realizar durante a semana do libro.

1. A árbore dos libros:

Faremos entre todos unha árbore cos vosos contos ou libros favoritos. Para iso, cada un fará un debuxo ou escollerá unha foto, portada, ilustración, etc. do seu conto ou libro preferido para poñer nunha folla da árbore (as follas terán forma de libro aberto), engadíndolle o título e o autor. Esta árbore formará parte da decoración da nosa biblioteca.

2. Confeccionar marcapáxinas.

Para conmemorar o Día Internacional do Libro (23 de abril) realizaremos marcapáxinas homenaxeando aos escritores Cervantes e Shakespeare, xa que o Día do Libro corresponde coas datas dos seus falecementos. Pola parte de atrás do marcapáxinas, escribiredes unha frase ou cita que vos guste relacionada co día do libro, coa lectura, etc., que escolleredes dun listado. Temos a plantilla do marcapáxinas que posteriormente plastificaremos.

3. Libro con citas e frases célebres relacionadas coa lectura e

cos libros.

Realizaremos entre todos un libro que recompile as diversas frases,

citas … do listado que vos imos pasar.

Ola amiguiños! Lede atentamente o que vos vou propoñer: actividades para celebrar no colexio a semana do libro! Animádevos a participar … unha sorpresa vos agarda ao final.

Pronto se porá á vosa disposición o material que necesitaredes. .pa.realizaestas