programa formativo aceleratic para a · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de...

16

Upload: others

Post on 15-Mar-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción
Page 2: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción

PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A

TRANSFORMACIÓN DIXITAL DAS PEMES

ÍNDICE

ACELERATIC

Obxectivo

Destinatarios e enfoque

Sesións de formación

Profesorado

Onde e cando

Selección de participantes

Page 3: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción

PRESENTACIÓN

Programa formativo Aceleratic

para a transformación dixital das pemes

Na actualidade, a transformación dixital non é unha opción. As empresas de hoxe en día

non poden dubidar sobre a adaptación a este novo contorno, pois xa non hai outra maneira

de renovarse e competir que a través dela.

Calquera organización, independentemente do seu tamaño, debe interiorizar, explotar e

adaptarse á canle dixital para converterse nunha empresa que poida aproveitar todas as

súas potencialidades. A transformación dixital é un proceso no que toda empresa debe

pensar, pois é imprescindible para poder competir no mercado actual.

Todos sabemos que nunha peme nunca sobran recursos, formación nin tempo. Por estas

razóns este programa está creado a medida das pequenas e medianas empresas galegas,

pensado desde as necesidades básicas da transformación dixital da peme e buscando

aproveitar ao máximo recursos e tempo para lograr unha formación e uns coñecementos

adecuados ás súas necesidades.

Trátase dun programa de transformación dixital con catro módulos que abordan as

temáticas fundamentais para afrontar a transformación dixital e un plan de

asesoramento/titorización dixital para cada participante, que persegue un alto impacto para

a transformación dixital de calquera peme galega.

Page 4: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción

OBXECTIVOS O programa Aceleratic permitiralles aos participantes reflexionar sobre os aspectos e as

novidades tecnolóxicas que poden ser de utilidade no día a día das súas empresas e

descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para

pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción de novas ferramentas de

transformación dixital. Trátase de proporcionar unha folla de ruta a cada participante que lle

permita afrontar este desafío na súa empresa. O programa achégalles as novas estruturas

organizativas, os novos modelos de relación coa clientela e a xestión do cambio, e outorga

ferramentas estratéxicas, tácticas e operativas para avanzar nese eido.

O programa presenta unha serie de accións que serven de difusión, sensibilización e

formación para o persoal directivo das pemes galegas e están encamiñadas a que os

asistentes reflexionen sobre os aspectos e as novidades tecnolóxicas que poidan ser de

utilidade no día a día nas súas empresas.

En definitiva, trátase de construír un perfil directivo que manexe o dixital dende un punto de

vista estratéxico, que coñeza a contorna dixital, adquira as habilidades necesarias para

entender que valor pode achegar a tecnoloxía ao negocio e impulse os cambios necesarios

na empresa para unha verdadeira transformación dixital.

Page 5: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción

DESTINATARIOS

Un total de 25 xerentes, con empresas en propiedade ou mandos intermedios de carácter

directivo con capacidade de decisión e influencia na empresa de sectores, preferentemente

non tecnolóxicos.

ENFOQUE

A transformación dixital dunha empresa implica un cambio a todos os niveis: cultura,

persoas, produción, clientes e provedores. Este programa formativo céntrase en formar

nestes aspectos cun enfoque práctico e operativo.

O programa ten as seguintes características:

Consta de catro sesións formativas de transformación dixital de 8 horas cada unha en

temas relativos a ferramentas de transformación dixital cun relator experto na materia.

Para dotar de maior impacto a acción formativa e obter un efecto máis práctico nos

proxectos participantes, realizaranse dúas sesións de titorización (unha ao inicio do

programa e outra a modo de peche, ao finalizar este). Trátase de dúas sesións de 2

horas de titorización/consultoría personalizada para cada asistente co fin de establecer

a ruta para seguir en cada materia abordada na sesión formativa por parte de cada

proxecto.

Todas as sesións combinarán coñecementos avanzados sobre a materia con

metodoloxías eminentemente prácticas que impliquen a realización de casos e

exercicios de utilidade para a posterior adaptación aos seus proxectos.

Page 6: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción

SESIÓNS

FORMATIVAS

Cada unha das catro sesións formativas de transformación dixital

desenvolverase en xornadas de día completo co seguinte horario:

As sesións de titorización para o desenvolvemento do plan de

transformación dixital personalizado realizaranse por medio de

videoconferencia.

09:30 Primeira parte da

sesión formativa

14:30 Fin da primeira parte

16:00 Segunda parte da

sesión formativa

19:00 Fin da xornada

Page 7: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción

Sesión 1. Transformando dixitalmente a estratexia da nosa peme. Big data,

cloud computing, AppEconomy, IoT, robotización e industria 4.0:

A sociedade da información, a era dixital, a economía en rede… son termos que

constantemente aparecen nos medios de comunicación. A sociedade está a transformarse

a unha velocidade vertixinosa e os cambios nas relacións económicas tradúcense en

novos modelos de negocio e en novas formas de competir. As tecnoloxías da información e

as comunicacións (TIC) convertéronse en ferramentas básicas para as organizacións deste

novo escenario económico.

Contidos principais:

1.Empresas que xeran valor e riqueza no novo escenario do sector TIC

2. Breve análise dos principais cambios tecnolóxicos e sociais

3. Robotización hardware e software, e impacto no emprego

4. Cambios no comportamento dos consumidores e economía colaborativa

5. A AppEconomy

6. ERP, cloud computing e big data

7. Novas tecnoloxías de gran potencial para o futuro: realidade aumentada, wearables,

interner of the things…

8. Consellos para competir na economía dixital

Page 8: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción

Sesión 2. Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme. Novas

canles de comunicación co cliente. Ferramentas de marketing dixital.

Introducirémonos no mundo do marketing dixital e abordaremos os principios do inbound

marketing ou marketing de atracción. A partir deste contexto, máis próximo ao cliente,

trataremos cuestións operativas e estratéxicas que nos axuden a alcanzar os obxectivos

que perseguimos. Xa definidas as pautas para a comunicación no ámbito dixital,

exploraremos as diferentes ferramentas operativas.

Contidos principais:

1. O marketing non cambia… cambia a contorna e as ferramentas

2. Evolución do marketing e a publicidade dixital

3. Ferramentas de marketing dixital para a transformación dixital: medios dixitais propios,

de pago e gañados; inbound marketing; analítica web

4. Medios propios: web, e-comerce, blog, canles propias RRSS, boletíns, posicionamento

orgánico en buscadores

5. Medios de pago: SEM, publicidade dixital, email marketing, social ads

6. Medios gañados: eventos con influencers, microinfluencers

Page 9: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción

Sesión 3. Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme. Novas

canles de comunicación co cliente. Social Media:

Contidos principais:

1.Social Media Marketing

2.Contorna actual do marketing en liña

3.Estratexia e plan de marketing dixital

4.Canles e medios dixitais para comunicarnos cos clientes/persoas usuarias: -Estado actual do social media

-Optimización, como xerar alcance e crear oportunidade

-Community management, funcións, tarefas, operativa e ferramentas

5.Análise de uso das principais redes sociais: Facebook, Instragram, Twiter, Linkedin

6. Contido e planificación

7. Social ads: -Introdución a social ads

-As plataformas implicadas

-Analizando propostas efectivas

-A segmentación

-Crear anuncios en Facebook, Twiter, Linkedin e Instagram

-Estatística

-Tips e claves

Page 10: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción

Sesión 4. Transformando dixitalmente a canle de venda da nosa peme. O

comercio electrónico como unha alternativa estratéxica

Nesta sesión perséguense como principais obxectivos os seguintes:

-Comprender as claves da estratexia de vendas en liña

-Coñecer como se está integrando a canle en liña coa canle física tradicional en

diversas industrias

-Aprender a discernir cales das estratexias de prezo e servizo en liña cadran co

negocio do asistente e cales non

-Ser capaz de recoñecer os principais procesos e escollos no desenvolvemento dun

proceso de integración da tenda en liña con outros asistentes da compañía

-En definitiva, entender que competencias e organización son necesarias para

comandar a canle en liña

Contidos principais:

1. Importancia do comercio electrónico en España

2. Estratexia en liña no sistema de valor

3. A creación de ingresos da canle en liña

4. Estratexia de xeración de tráfico, de mellora da taxa de conversión, de mellora do carriño

medio, estratexia de aumento de recorrencia

5. A ecuación de marxe bruta da canle en liña

Page 11: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción

SESIÓNS DE

TITORIZACIÓN

Dúas sesións de titorización por proxecto, co obxectivo de

que cada sesión personalizada lle sirva de axuda e de guía

ao asistente na súa transformación dixital. Unha das sesións

realizarase ao inicio do programa, para trazar os retos que se

deben seguir, e a outra desenvolverase ao final do programa,

coa finalidade de avaliar os avances e as accións de futuro

que se poden implementar no ámbito da transformación

dixital de cada proxecto.

As sesións realizaranse por videoconferencia, co obxectivo

de avanzar en dúbidas concretas sobre a temática exposta

nas sesións formativas.

Page 12: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción

PROFESORADO

Álvaro Gómez Vieites

Enxeñeiro técnico Superior en Telecomunicacións

pola Universidade de Vigo. Doutor en Administración

de Empresas. Diploma in Business Administration e

Executive MBA pola Escola de Negocios

Afundación. Foi responsable de Sistemas da Escola

de Negocios Afundación, socio-consultor de EOSA

Consultores e director de SIMCE. Actualmente é

profesor asociado de IESIDE.

Gonzalo Garre Rodas

Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña.

MBA pola Escola de Negocios Caixanova. Foi

consultor de EOSA Consultores. Actualmente é

CMO de Livelopic e profesor colaborador de IESIDE

nas áreas de marketing e de dirección de empresas.

Page 13: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción

PROFESORADO

Javier Varela González

Consultor de marketing, estratexia e comunicación

en Toctocmedia. Interim Marketing Manager en

Gradiant e administrador de Theorangemarket.com.

Mestrado en Dirección de Marketing pola Escola de

Negocios Afundación. Licenciado en Administración

e Dirección de Empresas pola Universidade de

Santiago de Compostela.

Carlos Otero Barros

Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade

Autónoma de Madrid. MBA pola Escola de Negocios

Afundación. Foi director xeral e co-fundador de

Fractal Info Enxeñeiros. Actualmente é director de

Marketing de Alotofus e profesor colaborador de

ESIC, ESEUNE e IESIDE.

Page 14: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción

ONDE E CANDO:

30 de outubro

Titorías: do 5 ao 9 de novembro

13 de novembro

20 de novembro

27 de novembro

Titorías: do 28 de novembro ao 5 de decembro

Sala 1 da Biblioteca e Arquivo de Galicia

Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

PREINSCRICIÓNS:

Prazas dispoñibles: 25 Do 10 ao 21 de outubro (ás 18.00 h):

https://cdtic.xunta.gal/aceleratic2018

ou no correo electrónico [email protected]

Page 15: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción

PROCESO DE SELECCIÓN PARTICIPANTES:

Os solicitantes ordenaranse alfabeticamente polo primeiro apelido

segundo letra establecida mediante sorteo público.

Requírese unha fianza de 300 €. Recupérase no caso de acreditar o

aproveitamento do 85% das horas de formación e titoría.

Documentación xustificativa:

Xustificante bancario da copago

Cabeceira da nómina

Último recibo de autónomo/IAE

Listaxe de asistentes de reserva

Page 16: PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción