programa educativo curso 2013-2014 · ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) actividade na que os...
TRANSCRIPT
![Page 1: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra](https://reader033.vdocumento.com/reader033/viewer/2022042013/5e73244259d9ff2e4b0640ac/html5/thumbnails/1.jpg)
PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014
M u s
e
O d
e P o
n t
e v
e d
r a
G a
b i
n e
t
e D
i d á c
t i
c
o
![Page 2: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra](https://reader033.vdocumento.com/reader033/viewer/2022042013/5e73244259d9ff2e4b0640ac/html5/thumbnails/2.jpg)
1. Percorridos xerais: (Para todos os niveis de EP, ESO e BACHARELATO)
Visitas guiadas nas que se percorren varias das nosas coleccións para que os alumnos e alumnas teñan unha primeira toma
de contacto co Museo. Estas visitas, segundo o nivel, poden ir acompañadas de fichas didácticas, coas que se pretende
unha maior autonomía do alumno e a dinamización do itinerario.
• Descubre o Museo 1. Os edificios da Praza da Leña. “O primeiro Museo”: Pintura dos ss. XV-XVIII, pratería
internacional, acibechería compostelá e salas navais.
• Descubre o Museo 2. O Edificio Sarmiento. “Da Prehistoria á Revolución Industrial”: Prehistoria, Arte Antiga, Arte
Medieval e Sargadelos.
• Descubre o Museo 3. Sexto Edificio. “Do gótico á contemporaneidade”: retablo de Belvís (s. XIV), a Xeración Doente,
Manuel Quiroga, Castelao, os Renovadores, a Abstracción.
• Descubre o Museo 4. As Ruínas de San Domingos*. “Historia e coleccións”: Historia do convento, arquitectura
gótica, colección de laudas e sepulcros e colección de heráldica.
*Debido ao peche temporal das Ruínas de San Domingos, esta actividade non se pode realizar nestes momentos.
![Page 3: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra](https://reader033.vdocumento.com/reader033/viewer/2022042013/5e73244259d9ff2e4b0640ac/html5/thumbnails/3.jpg)
2. Visitas temáticas:
Aínda que as coleccións do Museo son moi variadas, catro son os temas principais sobre os que xiran as
nosas actividades:
•Prehistoria e Historia Antiga
• Idade Media
•Artes plásticas
•Salas navais
As diferentes modalidades de visita temática que vos ofertamos para este curso escolar preséntanse
organizadas por niveis e, á súa vez, por temas.
![Page 4: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra](https://reader033.vdocumento.com/reader033/viewer/2022042013/5e73244259d9ff2e4b0640ac/html5/thumbnails/4.jpg)
SALAS NAVAIS
As historias de Nuno e Viki (2º ciclo)
Visita dinamizada onde se combina un conta contos e un percorrido polas salas navais. Os protagonistas son un
pirata viquingo, Viki, e un capitán de fragata, Nuno. Con eles traballaranse conceptos como: a paz, a amizade, o
respecto, a hospitalidade… ademais de facer unha achega distinta e lúdica ós fondos navais do Museo e á
cociña tradicional galega, lugar de xuntanza dos dous amigos.
![Page 5: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra](https://reader033.vdocumento.com/reader033/viewer/2022042013/5e73244259d9ff2e4b0640ac/html5/thumbnails/5.jpg)
PREHISTORIA E HISTORIA ANTIGA
Da pedra á moeda (2º ciclo)
Visita ás salas de arqueoloxía que pretende o contacto directo cos
restos da Prehistoria e a Historia Antiga. Trabállanse aspectos
como o paso do tempo, a evolución dos materiais, a creatividade
humana, o mundo funerario ou a vida doméstica.
![Page 6: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra](https://reader033.vdocumento.com/reader033/viewer/2022042013/5e73244259d9ff2e4b0640ac/html5/thumbnails/6.jpg)
Heráldica e cabaleiros* (6º de E.P.)
Aproximación ó mundo da heráldica e ó seu uso como distintivo das liñaxes
a través da colección de escudos labrados expostos nas ruínas de San
Domingos, empregando como recurso dinamizador unha ficha didáctica.
* Debido ó peche temporal das ruínas de San Domingos, esta actividade non
se pode realizar nestes momentos.
IDADE MEDIA
![Page 7: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra](https://reader033.vdocumento.com/reader033/viewer/2022042013/5e73244259d9ff2e4b0640ac/html5/thumbnails/7.jpg)
Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo)
Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha
obra pictórica, traballando conceptos sinxelos como a cor, a
luz, o tamaño, as figuras ou a temática.
Axudantes de Catalogación (3º ciclo)
Actividade de achega ó mundo da pintura que pretende unha
reflexión sobre o devir das obras de arte, o seu pasado e o seu
presente. A través dunha selección de obras renacentistas e barrocas, das que os rapaces buscan pequenos fragmentos, trabállase coas historias que
ocultan algún aspecto compositivo e o xénero.
ARTES PLÁSTICAS
Un rei no Museo (1º ciclo)
Percorrido polos edificios do Museo da Praza da Leña na
que os rapaces, ademais dunha toma de contacto co
Museo, aproximaranse ó retrato cortesán a través
dunha pequena dramatización.
![Page 8: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra](https://reader033.vdocumento.com/reader033/viewer/2022042013/5e73244259d9ff2e4b0640ac/html5/thumbnails/8.jpg)
As salas navais do Museo
Visita guiada polas salas navais do Museo,
traballando aspectos como: a Pontevedra
mariñeira, as invasións viquingas e sarracenas, a
nao Santa María e o descubrimento de América,
Méndez Núñez e a fragata Numancia e os
aparellos de pesca e marisqueo.
SALAS NAVAIS
![Page 9: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra](https://reader033.vdocumento.com/reader033/viewer/2022042013/5e73244259d9ff2e4b0640ac/html5/thumbnails/9.jpg)
PREHISTORIA E HISTORIA ANTIGA
Galicia: do Paleolítico á Romanización
Actividade na que se pretende unha achega ó mundo da Prehistoria traballando nas salas de Arqueoloxía. Consiste nunha visita guiada polos
educadores do Museo que comeza nas vitrinas dedicadas á Idade de Pedra, para seguir cos inicios da metalurxia, a Idade do Bronce, a Idade
do Ferro (cultura castrexa) e a Romanización.
Trabállanse aspectos como o paso do tempo, a evolución dos materiais, a creatividade humana, o mundo funerario, a agricultura, a gandería, o
adorno persoal, a vida doméstica ou a división do traballo.
O mundo galaicorromano: aras, estelas e miliarios
Visita guiada ás salas dedicadas ó mundo galaico-romano, partindo do fenómeno castrexo para continuar coa súa evolución en contacto xa co
mundo romano. A visita complétase cunha proxección multimedia sobre a epigrafía romana.
![Page 10: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra](https://reader033.vdocumento.com/reader033/viewer/2022042013/5e73244259d9ff2e4b0640ac/html5/thumbnails/10.jpg)
IDADE MEDIA
Os fondos medievais no Sarmiento
Percorrido comentado polos fondos medievais expostos no edificio Sarmiento desde a Alta Idade Media, partindo da Cultura Visigótica do século VI, ata a Baixa Idade Media. Traballarase elementos dos estilos
prerrománico, románico e gótico.
As ruínas de San Domingos*
Ficha didáctica na que se profunda na historia do antigo convento dominico,
na súa arquitectura gótica, e nas súas coleccións de laudas, sepulcros, escudos e restos escultóricos e arquitectónicos.
* Debido ó peche temporal das ruínas de San Domingos, esta actividade non
se pode realizar nestes momentos.
![Page 11: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra](https://reader033.vdocumento.com/reader033/viewer/2022042013/5e73244259d9ff2e4b0640ac/html5/thumbnails/11.jpg)
Castelao no Museo de Pontevedra Actividade con ficha didáctica na que os alumnos
se aproximan á figura do polifacético artista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Permite un
percorrido dende as súas primeiras obras ata as últimas producións durante o exilio. Algunhas
das facetas que se traballan son: Castelao caricaturista, pintor, ilustrador e escritor.
O significado das imaxes
Visita con material didáctico na que se traballa, a través da colección de pintura
renacentista e barroca, o tema da codificación das imaxes na pintura, é dicir, a súa
representación simbólica e o seu significado.
Coméntanse conceptos como: iconografía, xéneros, arte sacra, retablo, atributos,
abstracción e figuración.
Os Renovadores da Arte Galega
Visita guiada pola historia recente das vangardas da arte galega, partindo do
grupo coñecido como Os Novos ou Renovadores, dos que o Museo posúe
unha representación significativa.
Analizaranse tanto aspectos xerais do grupo como persoais de cada artista, así como a súa repercusión na historia da
arte galega e nas xeracións futuras. Autores destacados: Maside, Colmeiro,
Torres, Laxeiro, Souto e Eiroa.
ARTES PLÁSTICAS
![Page 12: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra](https://reader033.vdocumento.com/reader033/viewer/2022042013/5e73244259d9ff2e4b0640ac/html5/thumbnails/12.jpg)
As salas navais do Museo
Percorrido comentado polas salas navais nas que se tratan
temas vinculados co mundo do mar: as incursións viquingas e
sarracenas, o antigo porto de Pontevedra, a nao Santa María e
o descubrimento de América, a batalla de Rande, Méndez
Núñez e a fragata Numancia.
SALAS NAVAIS
![Page 13: PROGRAMA EDUCATIVO Curso 2013-2014 · Ollando, mirando, vendo… (2º ciclo) Actividade na que os rapaces se converten en detectives da arte, aproximándose á análise dunha obra](https://reader033.vdocumento.com/reader033/viewer/2022042013/5e73244259d9ff2e4b0640ac/html5/thumbnails/13.jpg)
INFORMACIÓN E RESERVAS
www.museo.depo.es
Tfno.: 986 804 100 ext. 42413
de luns a venres de 8.30 a 14.30 h.
PARA FACER A RESERVA
Nome do centro
Nº de alumnos e nivel escolar
Data e hora preferente
Modalidade de visita
ATENCIÓN Ó DOCENTE
Ademais do programa aquí recollido,
asesoramos ó profesorado sobre a
posibilidade de adaptar os recursos do
Museo ós programas curriculares.