programa do festifolk costa da morte 20 de xuÑo de … · o seu último traballo é fogar de...

3
PROGRAMA DO FESTIFOLK COSTA DA MORTE 20 DE XUÑO DE 2015 11 h. Ensaio e proba de son de Luar na Lubre na Praza do Concello. 16.30 h: Desfile dos grupos de gaiteiros polas rúas do centro de Carballo. Interpretaranse tres pezas consensuadas con todos os grupos participantes. 18.30 h: Ao remate do desfile, na Praza do Concello, entrega do premio ao Gaiteiro do Festifolk. A continuación, todos os gaiteiros interpretarán de novo os tres temas realizados no desfile e, para finalizar, a marcha do Antigo Reino de Galicia. 22 h: Festival nocturno. Actuación de Birimbao. 23 h: Concerto de Luar na Lubre. PEZAS QUE SE INTERPRETARÁN: - 1ª Na rúa Gran Vía: Muiñeira de Lugo (3 voltas). - 2ª Na rúa Doctor Fleming e Vázquez de Parga (estación de autobuses). Pasodoble de Pastoriza. (3 voltas). - 3ª Desde a Estación de Trolebuses-Praza de Galicia-Rúa Coruña-Praza. Buxos verdes. (3 voltas). Na Praza do Concello volveranse a interpretar as mesmas pezas, na mesma orde, e rematarase co Himno do Antigo Reino de Galiza. FESTIVAL NOCTURNO Luar na Lubre (23.00 horas) Foto: Paco Rodríguez © La Voz de Galicia. Nace no ano 1986 en A Coruña. Co paso dos anos acabouse convertendo no grupo de referencia da música feita en Galicia. A través do seu traballo, Luar na Lubre quere transmitir que a música é un dos factores culturais máis importantes para a afirmación do dereito á diferenza enriquecedora do pobo galego, sumando ademais outras influenzas que melloren a súa proposta sen deturpar o carácter central do seu proxecto. Hoxe en día é a banda máis internacional de Galicia, xa que percorreron todo o planeta levando a

Upload: others

Post on 03-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PROGRAMA DO FESTIFOLK COSTA DA MORTE 20 DE XUÑO DE … · O seu último traballo é Fogar de Breoghán (Warner Music, 2015), gravado en directo con máis dun cento de músicos da

PROGRAMA DO FESTIFOLK COSTA DA MORTE 20 DE XUÑO DE 2015 11 h. Ensaio e proba de son de Luar na Lubre na Praza do Concello. 16.30 h: Desfile dos grupos de gaiteiros polas rúas do centro de Carballo. Interpretaranse tres pezas consensuadas con todos os grupos participantes. 18.30 h: Ao remate do desfile, na Praza do Concello, entrega do premio ao Gaiteiro do Festifolk. A continuación, todos os gaiteiros interpretarán de novo os tres temas realizados no desfile e, para finalizar, a marcha do Antigo Reino de Galicia. 22 h: Festival nocturno. Actuación de Birimbao. 23 h: Concerto de Luar na Lubre. PEZAS QUE SE INTERPRETARÁN: - 1ª Na rúa Gran Vía: Muiñeira de Lugo (3 voltas). - 2ª Na rúa Doctor Fleming e Vázquez de Parga (estación de autobuses). Pasodoble de Pastoriza. (3 voltas). - 3ª Desde a Estación de Trolebuses-Praza de Galicia-Rúa Coruña-Praza. Buxos verdes. (3 voltas). Na Praza do Concello volveranse a interpretar as mesmas pezas, na mesma orde, e rematarase co Himno do Antigo Reino de Galiza. FESTIVAL NOCTURNO Luar na Lubre (23.00 horas)

Foto: Paco Rodríguez © La Voz de Galicia. Nace no ano 1986 en A Coruña. Co paso dos anos acabouse convertendo no grupo de referencia da música feita en Galicia. A través do seu traballo, Luar na Lubre quere transmitir que a música é un dos factores culturais máis importantes para a afirmación do dereito á diferenza enriquecedora do pobo galego, sumando ademais outras influenzas que melloren a súa proposta sen deturpar o carácter central do seu proxecto. Hoxe en día é a banda máis internacional de Galicia, xa que percorreron todo o planeta levando a

Page 2: PROGRAMA DO FESTIFOLK COSTA DA MORTE 20 DE XUÑO DE … · O seu último traballo é Fogar de Breoghán (Warner Music, 2015), gravado en directo con máis dun cento de músicos da

cultura e a música da nosa terra a través da súa proposta. 14 traballos discográficos, 11 deles editados por Warner España, máis de 300.000 discos vendidos, 2 discos de ouro, 9 Premios da Música e 1.000 concertos en máis de 23 países confirman a Luar Na Lubre como a proposta musical máis estable e consistente de Galicia. A Costa da Morte está presente de xeito constante na obra de Luar na Lubre. O dolmen de Dombate na portado de O Son do Ar (1986), o faro do Roncudo en Beira Atlántica (1990) Balarés e o Monte Branco en Beira Atlántica (1998) ou o cabo Vilán en Camiños da fin da terra (2011). A zona tamén aparece en temas como Camariñas, Corme, Costa da Morte ou A Barca de Pedra. O seu último traballo é Fogar de Breoghán (Warner Music, 2015), gravado en directo con máis dun cento de músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia. Ademais dalgún dos temas deste álbum, tamén presentarán por primeira vez en Carballo as cancións de Mar Maior, publicado en 2012. Compoñentes: Paula Rey Torreiro (voz), Xan Cerqueiro (frautas), Xulio Varela (bouzouki, trompa, tarrañola y pandeireta), Patxi Bermúdez (bodhran, tambor e djembé), Bieito Romero (gaitas, acordeón diatónico y zanfoña), Eduardo Coma (violín), Pedro Valero (guitarras) e Xavier Ferreiro (percusións latinas e efectos). Birimbao (22.00 horas)

Birimbao fundouse no ano 1999 na cidade de A Coruña. Comezou centrándose na música popular galega, movéndose en pezas e cantigas puramente tradicionais e sen moitas aderezos. Co paso do tempo o grupo sentiu a curiosidade de investigar e fusionar os sons galegos con outros estilos de música con raíces parecidas como a irlandesa, escocesa ou a portuguesa. Mesturan os instrumentos galegos, como a gaita ou a pandeireta, con outros modernos coma a batería e o baixo eléctrico. Así, forman unha riqueza de sons que transmiten nos seus concertos,

Page 3: PROGRAMA DO FESTIFOLK COSTA DA MORTE 20 DE XUÑO DE … · O seu último traballo é Fogar de Breoghán (Warner Music, 2015), gravado en directo con máis dun cento de músicos da

incluíndo ritmos tan diversos e alonxados da música popular galega como o rock ou o jazz. O seu último álbum é Nena do Mare, publicado a comezos do ano 2013. Compoñentes: José Mato Pet (acordeón diatónico e acordeón piano), Manuel Gesto (guitarra eléctrica e acústica), Mabel López (voz, frauta traveseira, frautas de pico, whistle e pandeiretas), Chema Lorenzo (contrabaixo, baixo eléctrico e teclados), Alberto Camba (batería e percusión) e Manuel Caridad (gaita e violín). PERCORRIDO DO DESFILE DIURNO Enlace: En Google Maps. Pulsa AQUÍ

Desiderio Varela-Gran Vía-Doutor Fleming-Vázquez de Parga-Camiño Novo-Praza de Galicia-Coruña-Praza do Concello.