programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 programa de vixilancia sanitaria das...

37
Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020

Upload: others

Post on 27-Jun-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020

Page 2: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

Programa de vixilancia sanitaria das piscinas2016-2020

Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da

Xunta de Galicia e estará vixente durante o período indicado, e en todo caso, estenderase a validez

ata a publicación do seguinte programa. O receptor deste documento comprométese a non realizar

ningunha reprodución total ou parcial e a non distribuílo a terceiros.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 2 de 37

Page 3: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

HISTÓRICO DE MODIFICACIÓNS

Edición Data Modificacións

1 26/01/2012 Redacción inicial (programa 2012-2015)

2 18/03/2014 Adaptación do programa ao novo Real Decreto

742/2013, do 27 de setembro

3 15/02/2016 Novo programa 2016-2020

4 28/10/2019 -Adaptación do programa ao novo Decreto

119/2019, do 19 de setembro

-Inclusión das instrucións I/SAM/01/16 e I/SAM/

02/16

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 3 de 37

Page 4: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

ÍNDICE

1. Introdución....................................................................................................................................

2. Obxectivos....................................................................................................................................

3. Estratexias....................................................................................................................................

4. Marco lexislativo...........................................................................................................................

5. Desenvolvemento do programa ...................................................................................................

5.1. Ámbito de Aplicación..............................................................................................................

5.2. Declaración responsable, comunicación previa e responsabilidades administrativas..........

5.3. Instalacións abertas ao público sen comunicación do inicio da actividade...........................

5.4. Control sanitario oficial ...........................................................................................................

5.5. Elementos construtivos ..........................................................................................................

5.6. Control da calidade .................................................................................................................

5.7. Socorrismo e primeiros auxilios .............................................................................................

5.8. Censo das piscinas en Galicia ...............................................................................................

5.9. Sistema de Información sobre Piscinas (SILOÉ) ...................................................................

5.10 Sistema de Notificación de Incidencias Acuáticas (AQUATICUS) ........................................

5.11 Actuacións ligadas ao control de produtos químicos.............................................................

5.12. Calidade do aire do recinto das piscinas cubertas..................................................................

6. Sistema de información do programa...........................................................................................

7. Documentos do programa............................................................................................................

8. Anexos..........................................................................................................................................

5

5

6

6

7

7

8

9

10

14

14

16

24

26

28

28

32

33

34

35

Anexo I. Modelo de resposta no que se acepta a solicitude de redución da frecuencia demostraxe no control periódico

35

Anexo II. Modelo de resposta no que se denega a solicitude de redución da frecuencia demostraxe no control periódico

36

Anexo III. Modelo de resposta no que se solicita máis información para avaliar a solicitudede redución da frecuencia de mostraxe no control periódico

37

A utilización neste escrito do masculino cando nos refiramos a mulleres e homes no traballo como

colectivo non ten intención discriminatoria algunha, senón a aplicación da lei lingüística da economía

expresiva, para facilitar a lectura co menor esforzo posible, dada a abundancia de datos.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 4 de 37

Page 5: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

1. Introdución

A utilización das piscinas pode entrañar un potencial risco para a saúde pública cando as

instalacións non reúnen as características e condicións hixiénico-sanitarias axeitadas, a

calidade da auga dos vasos non é correcta ou o tratamento desta é deficitario.

Dentro das actuacións da Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) inclúense accións sobre

factores ambientais específicos, polas que se trata de incidir sobre aqueles factores

ambientais que poidan supoñer un risco para a saúde da poboación.

No marco destas actuacións inclúese o Programa de vixilancia sanitaria das piscinas de

Galicia. Para desenvolver este programa é imprescindible o apoio das xefaturas territoriais

da Consellería de Sanidade (XTS) e do colectivo de farmacéuticos inspectores de Saúde

Pública (FISP).

O 11 de outubro de 2013 actualizouse a lexislación nacional pola que se establecen os

criterios técnico-sanitarios das piscinas. Isto supuxo a derrogación parcial da normativa

autonómica e a necesidade de publicar un novo decreto que se adapte a esta lexislación.

O 8 de outubro de 2019 publicouse o Decreto 119/2019, do 19 de setembro, polo que se

regulan os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas de Galicia (códigos de procedemento

SA431D, SA431C e SA431E), que deroga o Decreto 103/2005, do 6 de maio, polo que se

establece a regulación técnico-sanitaria das piscinas de uso colectivo.

Por todo isto, o programa de vixilancia adaptouse ao novo Decreto galego.

2. Obxectivos

2.1. Xeral

Reducir a niveis razoablemente posibles e aceptables o risco de contraer

enfermidades para os usuarios das piscinas.

2.2. Específicos

� Verificar e controlar que os titulares das instalacións cumpren a normativa

sanitaria vixente e garanten a calidade da auga de baño.

� Establecer criterios unificados e homoxéneos para verificar que os titulares das

piscinas cumpren a normativa sanitaria de aplicación.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 5 de 37

Page 6: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

� Facilitar información sobre a calidade sanitaria das instalacións das piscinas.

3. Estratexias

� Establecer un sistema de vixilancia que permita verificar se as piscinas cumpren

as condicións hixiénico-sanitarias indicadas na normativa vixente.

� Establecer un sistema de avaliación para determinar o risco sanitario das

piscinas de Galicia.

� Xestionar as actuacións pertinentes en función dos incumprimentos observados

nas piscinas.

� Manter ao día o censo de piscinas.

4. Marco lexislativo

� Real decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios

técnico-sanitarios das piscinas (BOE núm. 244, do 11 de outubro de 2013 ).

� Corrección de erros do Real decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se

establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas (BOE núm. 1561, do 27 de

xuño de 2014).

� Corrección de erros do Real decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se

establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas (BOE núm. 271, do 12 de

novembro de 2013).

� Decreto 119/2019, do 19 de setembro, polo que se regulan os criterios hixiénico-

sanitarios das piscinas de Galicia (códigos de procedemento SA431D, SA431C e

SA431E (DOG núm. 191, do 8 de outubro de 2019).

� Corrección de erros do Decreto 119/2019, do 19 de setembro, polo que se

establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas de Galicia (códigos de

procedemento SA431D, SA431C e SA431E) (DOG núm. 204, do 25 de outubro

de 2019).

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 6 de 37

Page 7: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

� Orde SSI/1376/2015, de 29 de xuño, pola que se modifica a Orde de 21 de xullo de

1994, pola que se regulan los ficheiros con datos de carácter persoal xestionados

polo Ministerio de Sanidade e Consumo (BOE núm. 163, do 9 de xullo de 2015) .

� Decreto 104/2012, do 16 de marzo polo que se fixa a formación mínima dos

socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas

Acuáticos de Galicia (DOG núm. 67, do 9 de abril de 2012).

� Decreto 35/2017, do 30 de marzo, polo que se modifica o Decreto 104/2012, do 16

de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e

regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia (DOG núm. 69, do

7 de abril de 2017).

� Orde do 14 de maio de 2012 pola que se regula o modelo distintivo dos socorristas

acuáticos na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 98, do 24 de maio de

2012).

5. Desenvolvemento do programa

5.1. Ámbito de aplicación

O ámbito de aplicación deste programa inclúe as piscinas seguintes:

� Tipo 1: públicas, de lecer, parques acuáticos e spas.

� Tipo 2: apartamentos e vivendas turísticas, hoteis, cámpings, terapéuticas

en centros sanitarios, clubs e centros de ensino.

� Tipo 3A: casas rurais, de agroturismo, colexios maiores e residencias

universitarias.

No caso das piscinas de uso privado tipo 3A de comunidades de persoas

propietarias, será o concello do municipio no cal se localice a piscina quen

exercerá a inspección e vixilancia no marco das súas competencias.

Asi mesmo, non serán obxecto de vixilancia sanitaria segundo este programa as

piscinas naturais e os vasos termais ou mineromedicinais que xa quedan excluídas

do ámbito de aplicación do Real Decreto 742/2013. O real decreto define estes

últimos como aqueles vasos cuxa auga de alimentación foi declarada

mineromedicinal ou termal pola autoridade competente e non está tratada

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 7 de 37

Page 8: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

quimicamente, situada nunha estación termal e utilizada exclusivamente para

tratamentos médico-termais.

Polo tanto, serán obxecto de vixilancia todos aqueles vasos con augas

mineromedicinais ou termais tratadas quimicamente, cuxos usos sexan distintos

dos terapéuticos.

As piscinas unifamiliares deberán cumprir única e exclusivamente o disposto para

as situacións de incidencia recollidas no artigo 17 do Decreto 119/2019.

5.2. Declaración responsable, comunicación previa e responsabilidadesadministrativas

A persoa titular dunha piscina de uso público ou de uso privado tipo 3A, excepto as

das comunidades propietarias, deberá declarar o inicio da actividade segundo o

modelo establecido no anexo I (código de procedemento SA431D) do Decreto

119/2019 nos seguintes casos: antes da súa entrada en funcionamento por

primeira vez, tras as obras de construción ou reformas e cando se produzan

variacións nas circunstancias ou datos previamente declarados.

Esta comunicación incluirá unha declaración responsable do cumprimento dos

requisitos establecidos na normativa vixente sobre piscinas. Na declaración

responsable recolleranse os datos da instalación, titularidade, existencia ou non de

empresa xestora, tipo de instalación, número de socorristas ou persoas tituladas en

primeiros auxilios, se procede, e datos da actividade. Tamén declararán os datos

da actividade relativos á data prevista de inicio da actividade, o período previsto no

que a instalación permanecerá aberta e o horario de apertura.

Tamén comunicarán o reinicio/peche da actividade, segundo o modelo establecido

no anexo II (código de procedemento SA431C) do Decreto 119/2019 nas

seguintes situacións: cando este teña lugar durante un período superior a dúas

semanas en piscinas de uso continuo e a reapertura nas piscinas de uso

descontinuo.

A presentación da declaración responsable e das comunicacións de reinicio da

actividade tras un peche superior a dúas semanas en piscinas de uso continuo e a

reapertura nas piscinas de uso descontinuo por parte das persoas titulares

considerase condición suficiente para o inicio da actividade e o seu exercicio por

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 8 de 37

Page 9: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

tempo indefinido, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e

inspección que se poidan levar a cabo con posterioridade.

A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato,

manifestación ou documento que se acompañe á declaración responsable e á

comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente,

determinará a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade afectada

dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das

responsabilidade penais, civís ou administrativas a que houbese lugar.

O titular da instalación deberá realizar esta comunicación á XTS correspondente

segundo a súa localización xeográfica obrigatoriamente por medios electrónicos a

través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de

Galicia https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.

Estas piscinas incluiranse no censo de entidades obxecto de vixilancia.

5.3. Instalacións abertas ao público sen comunicación do inicio da actividade

Se algún FISP detecta unha piscina aberta ao público sen telo comunicado,

deberá proceder á realización dunha inspección completa e poñelo en

coñecemento da XTS correspondente. Nesta situación, a XTS procederá a

actualizar o censo coa dita instalación. Nas piscinas que iniciaron a súa

actividade despois das obras de construción ou modificación da instalación e non

o comunicaron, terase en conta tal circunstancia como unha non conformidade e

actuarase conforme ao establecido no Procedemento xeral de actuación do

persoal de inspección (PX- 13-03) e no P rocedemento xeral de medidas ante a

detección de incumprimentos (P X -13-0 5 ) .

De xeito específico actuarase de acordo co establecido na nota que se recolle na

páxina 7 do Procedemento PX-13-05.

"En caso de que así sexa, emitirase unha resolución na que se determine

que o feito de non contar coa autorización ou coa notificación, imposibilita a

continuación da actividade mentres non se emende a non conformidade

(artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo

Común das Administracións Públicas (BOE núm. 236, do 02/10/2015)).

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 9 de 37

Page 10: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

Esta medida non ten carácter de medida provisional nin de sanción e

manterase mentres non se emende o trámite correspondente, sen

menoscabo de que se tomen outras medidas administrativas ou cautelares

de seren precisas".

5.4. Control sanitario oficial

5.4.1. Instalacións obxecto de vixilancia

Dentro das piscinas de uso público e privado que entran no ámbito de

aplicación deste programa de inspección inclúense tamén os flotariums e

os vasos de hidromasaxe.

5.4.1.1. Vasos de hidromasaxe

Inclúense aquí todos aqueles vasos con chorros de aire ou auga e con

recirculación da auga.

Nas inspeccións a estas instalacións, aplicaranse os criterios establecidos

no Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os

criterios técnico-sanitarios das piscinas, que prevalecerán sobre o

establecido no RD 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os

criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionelose,

que tamén será de aplicación por tratarse de instalacións nas que se

xeran aerosois e polo tanto con risco de propagar a lexionelose.

Como consecuencia, será de aplicación o establecido no Programa de

prevención e control da lexionelose 2016-2020 para este tipo de

instalacións.

5.4.1.2 Flotariums

Tamén serán obxecto de inspección os “flotariums”, entendidos como

aqueles vasos que dispoñan de recirculación da auga e aos que se

engaden cantidades elevadas de sales (sulfato de magnesio) para

conseguir unha elevada flotación.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 10 de 37

Page 11: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

5.4.2. Acta de control sanitario oficial

Aos efectos do control oficial e de cubrir os datos do responsable da

instalación na acta, como criterio xeral, o responsable da instalación será o

explotador desta.

O titular da instalación é o propietario pero, no caso de que a piscina sexa

explotada por unha persoa física ou xurídica diferente do propietario, esta

será responsable aos efectos da explotación da instalación.

En relación co código funcional deberá indicarse o 7008 cando se trate

dunha instalación de funcionamento descontinuo ou de tempada (aquelas

que interrompan o seu funcionamento durante un período superior a seis

meses) e o 7018 cando sexa unha instalación de funcionamento continuo.

5.4.3. Avaliación do risco e frecuencia do control sanitario oficial

Utilizaranse os documentos F-13T-02-05-02 e PE-13T-02-05-01 como

sistema de avaliación do risco para as piscinas. A finalidade desta

metodoloxía é establecer un sistema de avaliación obxectivo que determine

a prioridade sanitaria das piscinas de Galicia.

Realizarase unha avaliación para cada establecemento e para cada vaso.

Se ten máis dun vaso, o risco do establecemento considerarase o do vaso

con maior puntuación ou maior risco.

A avaliación realizarase despois de cada inspección ou de que se dispoña

de información que poida modificar a puntuación de calquera índice da

avaliación do risco.

Para as piscinas de funcionamento continuo, con carácter xeral e sempre

que non existan incidencias que obriguen a modificar esta frecuencia ou se

establezan visitas para comprobar a emenda das non conformidades, as

frecuencias mínimas de inspección estableceranse en función da prioridade

sanitaria da instalación obtida da avaliación do risco. A aplicación Herme

programará a frecuencia segundo o seguinte criterio:

� Instalacións con prioridade alta: 1 inspección cada 6 meses

� Instalacións con prioridade media: 1 inspección ao ano

� Instalacións con prioridade baixa: 1 inspección cada 2 anos

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 11 de 37

Page 12: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

No caso das piscinas de funcionamento descontinuo farase, polo menos,

unha inspección durante o período de apertura.

As inspeccións para a comprobación da emenda das non conformidades,

non se computarán como inspeccións programadas e serán consideradas

como parte da inspección de orixe.

Para as inspeccións, utilizaranse como ferramentas de traballo os protocolos

de inspección (F-13T-02-05-02) e a guía de axuda (GC-13T-02-05-01).

5.4.4. Controis in situ ou determinacións

Nas inspeccións de vixilancia periódica, realizaranse as seguintes medidas

in situ:

� Na auga do vaso: desinfectante residual (Cloro libre residual [CLR] e

Cloro residual Combinado [CRC]), pH, temperatura (en vasos

climatizados) e turbidez.

� No aire do recinto nas piscinas cubertas: humidade relativa, temperatura

e concentración de CO2 (CO2 interior-CO2 exterior, en ppm).

A auga do vaso deberá cumprir os requisitos que se especifican no Anexo I

do Real Decreto 742/2013 e o aire do recinto os do Anexo II do dito real

decreto. Nos vasos terapéuticos e de hidromasaxe, a auga destes poderán

ter unha temperatura superior a 30ºC, sen exceder os 36ºC.

O Decreto 119/2019 establece que, no caso das piscinas con varios vasos

climatizados, a temperatura de referencia para o cálculo da temperatura

ambiente será a Tª da auga do vaso cuxa lámina de auga sexa

predominante na instalación. No caso de non existir un vaso predominante,

terase en conta a Tª media da auga dos vasos que representen a maioría

da lámina de auga. Para este cálculo non se terán en conta nin os vasos

terapéuticos nin os de hidromasaxe (Ta auga ≤ 36ºC).

Os aparatos de medición utilizados para levar a cabo os controis de rutina

deberán calibrarse periodicamente, segundo as indicacións establecidas

polo fabricante.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 12 de 37

Page 13: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

Cando non se dispoña dos equipos ou reactivos necesarios para facer estas

medicións, tomarase nota dos valores que indican os equipos da instalación

e indicarase tal circunstancia no protocolo.

Neste caso, e como medida orientativa para verificar a concentración de

bromo, poderase utilizar o colorímetro e o reactivo DPD1 para a

determinación de cloro libre residual, multiplicándose a lectura obtida por

2,25.

5.4.5. Recollida de mostras

Como criterio xeral, non se recollerán e analizarán mostras da auga dos

vasos, salvo naqueles casos que, por sospeita debidamente xustificada, se

considere necesario verificar que os datos do autocontrol da instalación son

correctos.

Nestes casos, seguirase o Procedemento de xestión de mostras (PX-14-

01). Para obter resultados fiables e interpretalos con rigorosidade é

necesario ter en conta os seguintes aspectos na recollida e transporte das

mostras. Elixirase unha zona no vaso que se considere representativa da

auga deste e recolleranse dous botes de 500 mL, un deles con tiosulfato

sódico. As mostras deberán manterse en refrixeración ata a súa análise.

Remitirase a solicitude da mostra a través da aplicación Herme, que

implicará a selección como mostra non programada o perfíl (denominados

ensaios na aplicación): CONTROL LEXISLACIÓN (aguas piscina): Cloro

combinado, cloro libre, pH, turbidez, E. Coli, Pseudomonas aeruginosa.

E se ademais o vaso ten aerosolización, haberá que engadir o perfil

CONTROL OPCIONAL VASOS AEROSOLIZACIÓN (legionella).

5.4.6. Instalación sen actividade ou que o titular decide que quede fora doámbito de aplicación

No caso de que ao realizar a visita de inspección, a instalación se atope sen

actividade, o/a FISP levantará acta de tal circunstancia e a remitirá á XTS

correspondente.

Tamén se deberá dar de baixa a función no Herme.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 13 de 37

Page 14: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

Se o titular dun establecemento decide non ofertar o servizo de piscina aos

seus clientes e adicala exclusivamente á familia e ás persoas invitadas da

persoa propietaria ou ocupante (piscina tipo 3B) terá que colocar un peche

perimetral no vaso ou vasos e unha pechadura na porta de acceso, ademais

colocará un cartel visible onde se indique claramente que a piscina é de uso

privado.

Darase de baixa a función no HERME. Se o establecemento ten dada de

alta en HERME algunha instalación doutro código funcional, poderase

comprobar no marco da correspondente inspección programada que os

clientes do establecemento non fan uso da instalación. Así mesmo, por

sospeita e a criterio da XTS, poderase realizar inspección de comprobación.

5.5. Elementos construtivos

Cando na inspección se detecte que na instalación ou no vaso existen elementos

construtivos en mal estado e/ou que podan supoñer un risco para a saúde dos

usuarios, describirase a situación na acta de inspección e informarase ao titular ou

responsable da instalación.

Cando existan situacións nas que existe un risco inminente para a saúde dos

usuarios actuarase conforme ao establecido no Procedemento xeral de actuación

do persoal de inspección (PX- 13-03) e no P rocedemento xeral de medidas ante

a detección de incumprimentos (P X -13-0 5 ) .

5.6. Control da calidade

5.6.1. Protocolo de autocontrol

Nas inspeccións para a vixilancia revisarase que o protocolo de autocontrol

da piscina se axusta as características específicas desta, que contén toda a

información descrita na lexislación e que esta é axeitada para manter unhas

condicións hixiénico-sanitarias adecuadas. Porase especial atención no

apartado relacionado co control da auga. No protocolo de autocontrol

establecerase:

• O sistema para que as instalacións e todos os elementos e materiais

que conteña, incluído o material auxiliar, se atopen en condicións hixiénico

sanitarias axeitadas.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 14 de 37

Page 15: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

• Os procedementos de calibrado dos aparatos de medición e a súa

periodicidade, así como as datas de calibracións rexistradas.

5.6.2. Autocontrois e situacións de incumprimento

Revisarase que se cumpren as frecuencias mínimas de mostraxe nos

controis iniciais, de rutina e periódicos e os resultados destes.

Se na instalación houbo situacións de incumprimento do disposto nos

Anexos I, II ou III do RD 742/2013, comprobarase que existen rexistros nos

que se demostre que se investigou o motivo da situación e/ou se adoptaron

as medidas correctoras oportunas e, no seu caso, preventivas para que non

volvan a suceder. Ademais verificarase que o titular comprobou que os

motivos do incumprimento se corrixisen correctamente.

Asi mesmo, comprobarase que o titular da piscina pon a disposición dos

usuarios, nun lugar accesible facilmente visible, a información sobre

situacións de incumprimento do anexo I ou II, as medidas correctoras así

como as recomendacións sanitarias para os usuarios no caso de que

houbese un risco para a saúde.

5.6.2.1. Redución da frecuencia de mostraxe do control periódico

O anexo III do Real Decreto 742/2013 indica que se poderá reducir a

frecuencia do control periódico cando, tras dous anos de autocontrol, todos

os valores do control periódico e do control de rutina cumpriran cos valores

paramétricos dos anexos I e II deste real decreto.

As XTS avaliarán e contestarán ás solicitudes de redución da frecuencia

atendendo aos seguintes criterios:

1. A instalación deberá ser de risco baixo e estar dada de alta no SILOÉ con

todos os datos actualizados.

2. Nunha instalación na que exista máis dun vaso, avaliarase cada vaso por

separado.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 15 de 37

Page 16: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

3. Deberán revisarse os valores obtidos en todos os parámetros descritos

nos anexos I e II do Real Decreto 742/2013, e en todos os controis

periódicos e de rutina de, polo menos, dous anos de autocontrol.

4. Todos estes datos deberán cumprir cos valores paramétricos indicados

nos anexos I e II do Real Decreto 742/2013.

5. Se existe un control no que se incumpra cun parámetro, denegarase a

solicitude.

6. Se se cumpren todas estas condicións, aceptarase a solicitude e

poderase reducir a frecuencia da mostraxe do control periódico á metade (é

dicir, pasará a ser unha frecuencia de mostraxe do control periódico de, polo

menos, unha vez cada dous meses). Esta redución está condicionada a

seguir cumprindo con todos os valores paramétricos nos controis. Se nalgún

momento se incumpre un dos valores paramétricos de calquera control

realizado, tanto periódico como de rutina, deberá retomarse a frecuencia de

mostraxe establecida no real decreto.

Os anexos I, II e III deste programa recollen os modelos de resposta para

aceptar a solicitude de redución, denegala ou solicitar máis datos.

En cada visita de inspección realizada á instalación na que se concedeu a

redución da mostraxe deberá revisarse que se cumpriron os valores

paramétricos en todos os controis e para todos os parámetros desde a

concesión da redución ou desde a última visita de inspección. Se non se

cumpriron estes valores, indicarase na acta e desde a xefatura territorial

comunicarase ao titular que deberá retomar a frecuencia de mostraxe do

control periódico establecida no Real Decreto 742/2013.

5.7. Socorrismo e primeiros auxilios

5.7.1. Número de persoas socorristas

Como regra xeral, todas as piscinas de uso público e de uso privado tipo

3A, excepto as piscinas das comunidades de propietarios, deberán ter polo

menos unha persoa socorrista con titulación suficiente en materia de

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 16 de 37

Page 17: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

salvamento e socorrismo acuático, que permanecerá nas instalacións

durante todo o tempo que estas se atopen abertas ao público.

No caso das piscinas con lámina de auga entre 500 e 1000 metros

cadrados, o número mínimo de persoa socorristas será de dúas. A partir de

1000 metros cadrados de lámina de auga, a xefatura territorial da

consellería competente en materia de sanidade correspondente segundo a

súa localización xeográfica fixará en cada caso o número de persoas

socorristas necesarias.

No suposto de que a separación física entre os vasos que conforman a

instalación da piscina non permita a súa vixilancia eficaz, será obrigatoria a

presenza dunha persoa socorrista en cada un dos vasos ou en cada área

de vixilancia.

Para o cálculo do número mínimo de socorristas que deben existir nun

establecemento, sumaranse as superficies de lámina de auga dos distintos

vasos existentes en cada área de vixilancia. En cada área de vixilancia

aplicaranse os criterios de tipo de establecemento e as características do

vaso ou vasos para definir o servizo de vixilancia que se precisa.

Da obrigatoriedade de ter socorrista quedarán exceptuadas unicamente

aquelas piscinas con superficie de lámina de agua igual ou inferior a 200

metros cadrados e profundidade máxima da auga igual ou inferior a 1,60

metros. Non obstante:

a) Nas piscinas de uso público tipo 2 de aloxamentos turísticos e tipo 3A

deberán colocar inescusablemente nun lugar visible a indicación expresa da

ausencia do servizo de salvamento.

b) No resto das piscinas con estas características deberá existir como

mínimo unha persoa titulada en primeiros auxilios, que deberá ter formación

acreditada e actualizada en Soporte Vital Básico.

Na seguinte táboa faise un resume da clasificación das piscinas e da

exixencia de servizo de vixilancia.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 17 de 37

Page 18: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

Tipos Decreto 119/2019 (art. 2) Decreto 119/2019 (art. 15)

> 200 m² e prof.:>1,60 m ≤ 200 m² e prof.: ≤1,60 m

Tipo 1 Piscinas públicas, de lecer, parques

acuáticos ou spas

Socorrista art. 15.1

Titulado en primeiros auxilios

Tipo 2 Hoteis Ausencia de servizo salvamento

Apartamentos e vivendas turísticas Ausencia de servizo salvamento

Cámpings Ausencia de servizo salvamento

Outros establecementos turísticos se-

gundo a Lei 7/2011, de 27 de outubro

de turismo de Galicia: pensións, hospe-

darías rurais, pazos e outras edifica-

cións singulares, aldeas de turismo ru-

ral, albergues turísticos

Ausencia de servizo salvamento

Terapéuticas en centros sanitarios Primeiros auxilios

Clubs Primeiros auxilios

Centros de ensino Primeiros auxilios

Tipo 3A Casas rurais, agroturismo, colexios

maiores, residencias universitarias ou

similares

Socorrista art. 15.1 Ausencia de servizo salvamento

5.7.2. Titulación das persoas socorristas

Segundo o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, considerarase que a

titulación é suficiente cando o/a socorrista estea inscrito no Rexistro

Profesional de Socorristas de Galicia.

A DXSP remitirá periodicamente ás XTS os listados de solicitudes

aprobadas, denegadas e declaradas desistidas que envíe a Academia

Galega de Seguridade Pública (Agasp). Deberase comprobar que a persoa

socorrista está inscrita no rexistro profesional, na sección correspondente a

instalacións acuáticas.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 18 de 37

Page 19: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

Ademais, segundo o indicado na Orde do 14 de maio de 2012, a persoa

socorrista deberá portar, de forma visible, o distintivo que acredita a súa

habilitación (agás durante as operacións de rescate na auga). Nestes

distintivos (carnés) pódese comprobar se o/a socorrista está inscrito na

sección do rexistro que corresponde ás instalacións acuáticas.

Non se aceptarán as inscricións na sección de espazos acuáticos naturais.

Se non está inscrito no rexistro, pero solicitou a inscrición neste, deberase

comprobar que a solicitude se fixo nos tres meses anteriores á data de

inspección.

Se pasaron tres meses desde a data da solicitude e a persoa socorrista non

está inscrita no rexistro, non poderá exercer a súa actividade profesional

nas piscinas de Galicia e terá a consideración de incumprimento.

A Agasp ten un prazo de tres meses para ditar a resolución, ampliable no

caso de que haxa que requirir documentación á persoa interesada, polo

tempo que medie entre o requirimento e a resposta da persoa interesada ou

o transcurso do prazo concedido.

Se a solicitude cumpre todos os requisitos, a Agasp envía no prazo máis

curto posible unha comunicación de que todo está correcto, indicando que

con posterioridade se procederá á notificación da resolución e á remisión da

correspondente habilitación. Se a solicitude non cumpre todos os requisitos,

envíase o correspondente requirimento de documentación.

Se a persoa socorrista realizou a solicitude de inscrición no rexistro de

socorristas e no momento da inspección aínda non recibiu ningunha

comunicación da Agasp, a persoa inspectora, para valorar a idoneidade da

súa capacitación, aplicará os criterios de formación mínima establecidos no

Decreto 104/2012, do 16 de marzo e no Decreto 35/2017, do 30 de marzo,

polo que se modifica o Decreto 104/2012, polo tanto aceptaranse:

• os certificados de profesionalidade de socorrismo en instalacións

acuáticas (RD 711/2011, do 20 de maio),

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 19 de 37

Page 20: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

• os títulos de técnico deportivo en salvamento e socorrismo (RD

878/2011, do 24 de xuño),

• os títulos de técnico deportivo superior en salvamento e socorrismo

(RD 879/2011, do 24 de xuño),

• calquera outro título de grado medio ou superior de formación

profesional que inclúa os módulos formativos asociados a todas as

unidades de competencia da cualificación de socorrismo en

instalacións acuáticas do Catálogo Nacional de Cualificacións

Profesionais,

• as acreditacións de ter superado as catro unidades de competencia da

cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas

obtidas a través do procedemento de recoñecemento das

competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral e

• os títulos de Licenciado ou Graduado en Ciencias da Actividade Física

e o Deporte e os de Técnico Superior en Animación de Actividades

Físicas e Deportivas (TAFAD) que vaian acompañados do curso de

adaptación que se establece no anexo V e VI do Decreto 35/2017, do

30 de marzo, polo que se modifica o Decreto 104/2012, do 16 de

marzo.

Ademais terase en conta que:

• o título de Técnico Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva

(RD 653/2017, do 23 de xuño) é equivalente ao título de Técnico

Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas (TAFAD).

Polo tanto, esta titulación deberá ir acompañada do curso de

adaptación que se establece no anexo V e VI do Decreto 35/2017, do

30 de marzo.

5.7.3 Inscrición provisional no Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia

Coa publicación do Decreto 35/2017, do 30 de marzo, polo que se modifica

o Decreto 104/2012, do 16 de marzo, prorrogouse ata o día 10 de abril de

2021 o período transitorio establecido no Decreto 104/2012 no relativo á

inscrición provisional no rexistro de socorristas, polo que para esa data

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 20 de 37

Page 21: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

serán dados de baixa automaticamente aqueles socorristas que fosen

inscritos provisionalmente e que non obtivesen a inscrición que podemos

chamar “definitiva e renovable” baseada nalgunha das titulacións recollidas

no artigo 6 do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, modificado polo Decreto

35/2017, do 30 de marzo. Durante a visita de inspección, poderase informar

deste feito aos socorristas e aos titulares das instalacións.

Naqueles casos nos que os socorristas presentasen a solicitude de

inscrición provisional no rexistro e que, no momento da inspección, dita

solicitude non estivese resolta nin recibisen comunicación da Agasp, terase

en conta, para avaliar a capacitación, se o solicitante cumpre, con

anterioridade á entrada en vigor do Decreto 104/2012, algún dos seguintes

criterios (disposición transitoria única do Decreto 104/2012, do 16 de

marzo):

a) Estar en posesión dun diploma que acredite a realización dun curso

de 80 horas de formación de salvamento e socorrismo acuático impartido

pola Academia Galega de Seguridade Pública.

b) Estar en posesión dun diploma que acredite a realización dun curso

de formación en materia de socorrismo impartido por entidades con

experiencia na formación de socorristas.

Neste aspecto a titulación do/a socorrista considerarase suficiente se foi

obtida nalgunha das seguintes entidades: Federación de Salvamento e

Socorrismo de Galicia (FESSGA), Cruz Vermella, Academia Galega de

Seguridade, CESFORM-Vigo, Real Federación Española de Salvamento e

Socorrismo (RFESS), Fundación para la investigación, desarrollo e

innovación en salvamento acuático, socorrismo y actividades acuáticas

(IDISSA), SADEGA, S.L., Universidade da Coruña e Consellería de

Economía, Emprego e Industria.

Tamén se considerarán suficientes para a inscrición provisional os títulos

de Licenciado ou Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte

e Técnico Superior en Animación de Actividades Físicas e Deportivas.

En todo caso, no momento de valorar unha titulación para a inscrición

provisional no rexistro de socorristas, débese comprobar:

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 21 de 37

Page 22: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

• a data de realización do curso (será anterior ao 10 de abril de 2012,

podéndose admitir cursos iniciados antes desa data aínda que

rematasen con posterioridade a ela),

• o número de horas (mínimo 80 horas),

• contido do curso (será similar ao do curso de salvamento e socorrismo

acuático de 80 horas ofertado naquel momento pola Agasp) e

• a entidade que a impartiu.

Se aínda se teñen dúbidas sobre a súa aceptación, o/a inspector/a poderá

enviar a consulta á DXSP que lla remitirá á Academia Galega de

Seguridade Pública.

c) Estar en posesión dun diploma que acredite a superación con

avaliación positiva do Curso de formación profesional para o emprego de

socorrista acuático (AFDB10, de 240 horas), expedido por unha

Administración pública competente en materia de formación profesional

para o emprego.

d) Acreditar unha experiencia laboral superior a 12 meses antes da

entrada en vigor do Decreto 104/2012, do 16 de marzo. A experiencia

deberá acreditarase mediante certificado de vida laboral e fotocopia

compulsada do contrato de traballo como socorrista ou certificación de

empresa onde figuren a duración dos períodos de prestación do contrato,

as actividades desenvolvidas e o intervalo de tempo en que se realizaron

as devanditas actividades.

5.7.4. Titulación en primeiros auxilios

O Decreto 119/2019 establece que a persoa titulada en primeiros auxilios

deberá ter formación acreditada e actualizada en Soporte Vital Básico.

Para a valoración dos títulos de primeiros auxilios utilizaranse como

referencia os contidos establecidos no módulo formativo de primeiros

auxilios (MF0272_2) que forma parte do certificado de profesionalidade de

socorrismo en instalacións acuáticas (Anexo II do Real decreto 711/2011,

do 20 de maio) en canto á capacidade C3: aplicar técnicas de soporte vital

segundo o protocolo establecido que inclúa polo menos os seguintes

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 22 de 37

Page 23: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

criterios de avaliación: describir os fundamentos da reanimación cardio-

pulmonar básica e instrumental e as técnicas básicas de desobstrución da

vía aérea, aplicar as técnicas básicas e instrumentais de reanimación

cardiopulmonar sobre maniquís e as técnicas básicas de reanimación

cardio-pulmonar sobre maniquís utilizando equipo de osíxenoterapia e

desfibrilador automático.

Ademais tamén podería ser válido un título de prevención en riscos

laborais, se no programa do curso os contidos do módulo de primeiros

auxilios axústanse ao establecido no parágrafo anterior.

5.7.5. Vixilancia eficaz do persoal de salvamento

A persoa socorrista ou titulada en primeiros auxilios deberá exercer unha

vixilancia eficaz dos usuarios para actuar inmediatamente se fose

necesario. Por este motivo, o exercicio desta actividade é incompatible

coa realización doutras actividades ao mesmo tempo, tales como ser

monitor de natación, atención sanitaria en instalacións anexas (o tempo no

desprazamento pode ser vital para o accidentado, polo que a vixilancia

nunha instalación anexa non se considera eficaz), labores de mantemento

na instalación, etc.

Polo tanto, nas piscinas que deban dispoñer de persoal socorrista ou de

primeiros auxilios, considérase que a vixilancia é eficaz cando a persoa

socorrista ou de primeiros auxilios realiza unicamente esta actividade, de

maneira que non poderá compaxinar a súas actuacións de vixilancia coas

de monitor ao mesmo tempo.

So se podería exceptuar deste cumprimento a unha piscina na que o vaso

se peche ao baño libre para a realización dun curso de natación e o

número de alumnos sexa baixo.

Nas inspeccións que se realicen ás piscinas, verificarase que non se

comprometen os labores de vixilancia e socorrismo en ningún momento do

horario de apertura, incluíndo as fins de semana. Para iso, se é necesario,

revisaranse os calendarios laborais dos socorristas e a programación de

actividades da piscina de varias semanas de traballo.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 23 de 37

Page 24: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

5.8. Censo das piscinas en Galicia

5.8.1. Elaboración do censo de piscinas

A información sobre as piscinas existentes na nosa comunidade autónoma

baséase nos datos que figuran no Herme, polo que deberá manterse

actualizada neste sistema. As novas instalacións ou cambios que sucedan

ao longo do ano serán actualizadas en Herme. Esta información das

instalacións sometidas a vixilancia sanitaria poderase publicar na páxina

web, no enlace https://www.sergas.gal/Saude-publica/Control-oficial-

Piscinas.

Nas piscinas de uso descontinuo, que son as que interrompen a súa

actividade durante máis de seis meses ao longo do ano, unha vez

rematada a tempada, non se darán de baixa no Herme.

Ao inicio de cada tempada, e de xeito xeral na primeira quincena de xuño,

comprobarase se as piscinas de uso descontinuo ou de tempada que

figuran no censo do ano anterior, teñen solicitado o reinicio da actividade.

De non constar a comunicación correspondente ao procedemento

SA431C, comprobarase pola xefatura territorial se a piscina está a

funcionar ou non e actuando en consecuencia, ben facendo un

requirimento de subsanación ou, pola contra, dando de baixa a instalación

no caso de non presentar actividade.

Co obxecto de que non haxa piscinas fora do programa de vixilancia,

desde as XTS farase busca activa das instalacións obxecto de vixilancia

polos medios que considere oportunos (nas inspeccións programadas

noutros programas, internet, publicidade, solicitude de datos a outras

administracións, etc).

5.8.2. Codificación das instalacións

En Herme, considérase que un CEI (piscina) pode ter unha ou varias

instalacións (vasos). Deberase ter en conta esta circunstancia e introducir

os vasos como instalacións na aplicación.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 24 de 37

Page 25: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

A codificación de cada instalación realizarase seguindo o establecido no

Procedemento xeral de xestión dos censos (PX-15-02) e terá a seguinte

estrutura:

nº CEI / nº de código funcional / XXYY

a) nº CEI: o CEI asignado polo Herme

b) nº código funcional: 7008 para as piscinas de tempada e 7018 para as

piscinas de funcionamento continuo

c) XX:

En función do tipo de vaso a primeira letra será:

• (P) Polivalente, vaso para a práctica e o adestramento da natación e

onde se celebren competicións de natación en niveis básicos

(definición das normas NIDE).

• (E) Ensino, vaso adicado á educación física e o ensino da natación,

así como aos xogos libres ou vixiados na auga dos nenos de 6 a 11

anos (definición das normas NIDE).

• (C) Chapoteo, vaso adicado aos xogos libres ou vixiados na auga

dos nenos de ata 5 anos (definición das normas NIDE).

• (R) Recreo, vaso adicado ao recreo, esparexemento e ao baño de

mozos e adultos, sobre todo non nadadores (definición das normas

NIDE).

• (N) Natación, vaso para a práctica da natación onde se celebren

competicións nas súas modalidades de carreiras (definición das

normas NIDE).

• (F) Foso de saltos, vaso para a práctica de saltos e onde se celebren

competicións nas súas modalidades de saltos de trampolín e de

plataforma (definición das normas NIDE).

• (H) Hidromasaxe, vaso con chorros de aire ou auga (definición do

Real Decreto 742/2013).

• (T) Terapéutico, vaso destinado a usos médicos ou rehabilitación

(definición do Real Decreto 742/2013).

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 25 de 37

Page 26: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

A segunda letra será:

• (C) se o vaso é cuberto

• (D) se o vaso é descuberto

• (M) se o vaso é mixto

d) YY: equivale aos números correlativos segundo o número de

instalacións existentes.

Exemplo: No establecemento de CEI 41645 cunha función 7018 e 2 vasos

polivalentes e cubertos, os códigos de cada instalación serían:

41645/7018/PC1 e 41645/7018/PC2.

5.9. Sistema de Información sobre Piscinas (SILOÉ)

Para cumprir o artigo 15 do Real Decreto 742/2013, o Ministerio de Sanidade

deseñou o SILOÉ, Sistema de Información sobre Piscinas. Trátase dun sistema de

información sanitario que recolle os datos sobre as características das piscinas de

España e a calidade da auga dos seus vasos.

O SILOÉ está sustentado por unha aplicación informática a través de Internet. Esta

aplicación contén tres accesos segundo o usuario a quen vai dirixida a información:

� Administrador autonómico, con acceso para o persoal da Administración e

precisa de certificado dixital.

� Notificador de datos, para o acceso dos notificadores -xestores das piscinas- e

precisa de certificado dixital de persoa física.

� Información SILOÉ, que contén os datos xerais da aplicación.

As persoas titulares das piscinas incluídas no ámbito de aplicación do Decreto

119/2019 deberán introducir no SILOÉ, antes do 30 de abril, os datos

correspondentes o autocontrol da tempada anterior indicados no Anexo IV do RD

742/2013, do 27 de setembro. Para isto non é necesario rexistrarse na aplicación,

pero si ter o certificado dixital instalado.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 26 de 37

Page 27: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

As instrucións para o acceso dos usuarios e para a aceptación da solicitude por

parte da autoridade sanitaria autonómica recóllense no documento GC-13T-02-05-

02. Guía do usuario para o acceso ao SILOÉ.

Desde as XTS informarase ás persoas titulares das piscinas que comuniquen a

súa apertura que a Guía do usuario para o acceso ao SILOÉ. GC-13T-02-05-02.

está dispoñible na páxina web da Consellería de Sanidade.

A nivel autonómico, o SILOÉ será xestionado principalmente polas XTS, porque

son as que coñecen as instalacións polo miúdo. As persoas dadas de alta como

administradores da aplicación en cada XTS deberán realizar as seguintes tarefas:

� Asesorar aos titulares das instalacións sobre o funcionamento da aplicación.

� Aceptar as solicitudes de alta das instalacións despois de revisar e comprobar

que a información introducida é correcta (isto ocorrerá unha única vez).

� Revisar que os datos introducidos periodicamente polos titulares ou xestores

das instalacións son correctos.

� Os inspectores habilitados para entrar no SILOÉ consultarán os datos das

instalacións (xestor, instalación, vaso tratamento) antes de realizar a inspección

da piscina para comprobar se están correctos. Tamén teñen que comprobar se

están subidos os boletíns analíticos do ano anterior antes do 30 de abril de

cada ano.

Como norma xeral, a Parte A. Instalacións e a Parte B. Tratamento da auga

dos vasos da piscina do Anexo IV do RD 742/2013, non será necesario

revisalas máis que cada cinco anos, a non ser que se teña coñecemento de

que se produciron modificacións substanciais nestes apartados.

Se detectan non conformidades, recolleranas na acta e comprobarán se se

emendaron na próxima visita programada á instalación.

� As non conformidades relacionadas cos datos das instalacións serán

emendadas polos titulares e outras, como poden ser duplicidades de

instalacións, polos administradores autonómicos de cada Xefatura Territorial.

Desde a DXSP darase apoio aos administradores da aplicación das XTS e

contactarase cos responsables da aplicación no Ministerio de Sanidade.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 27 de 37

Page 28: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

5.10. Sistema de Notificación de Incidencias Acuáticas (AQUATICUS)

Pola Orde SSI/1376/2015, de 29 de xuño, créase un novo ficheiro, automatizado,

denominado «Sistema de notificación de incidencias acuáticas (AQUATICUS)».

A finalidade e os usos previstos deste sistema son os de facilitar o cumprimento da

obrigatoriedade de notificar as situacións de incidencia en piscinas e permitir o

rexistro das situacións de incidencia que se produzan nestas.

O artigo 13 do Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen

os criterios técnico-sanitarios das piscinas, fai referencia ás situacións de

incidencia en piscinas e no artigo 13.4 refire que a autoridade competente deberá

notificalo, no prazo máximo dun mes, ao Ministerio de Sanidade. A notificación

realizarase por medio electrónico ou comunicación electrónica a través da páxina

web do Ministerio de Sanidade e conterá a información descrita no anexo V.

No Anexo III (código de procedemento SA431E) do Decreto 119/2019 recóllese o

modelo normalizado de comunicación de incidencias, que está dispoñible na sede

electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-

servizos.

As notificacións recibidas na DXSP comunicaranse ao AQUATICUS polos

administradores autonómicos autorizados para acceder ao sistema.

Así mesmo, se houbo situacións de incidencia na instalación, na inspección

programada correspondente comprobarase que existen rexistros nos que se

demostre que se realizaron as xestións oportunas para coñecer as causas e se

adoptaron as medidas correctoras e preventivas oportunas.

5.11. Actuacións ligadas ao control de produtos químicos

Coa entrada en vigor do Real Decreto 742/2013, os desinfectantes e algicidas

empregados para o tratamento da auga do vaso (ata o momento homologados

segundo a Orde do 31 de maio de 1960), considéranse biocidas tipo 2 e deberán

inscribirse no Rexistro Oficial de Biocidas (ROB), sendo a normativa de aplicación

o Regulamento (CE) nº 528/2012 relativo á comercialización e uso de biocidas. O

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 28 de 37

Page 29: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

resto de produtos químicos empregados deberán cumprir o establecido no

Regulamento (CE) nº 1907/2006 relativo ao rexistro, avaliación, autorización e

restrición de sustancias e preparados químicos (REACH).

Como consecuencia, todas as empresas fabricantes, envasadoras, almacenistas

ou comercializadoras de biocidas para o tratamento da auga das piscinas pasan a

considerarse comprendidas no ámbito de aplicación da Orde SCO/3269/2006, de

13 de outubro, pola que se establecen as bases para a inscrición e o

funcionamento do Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas

(ROESB), e por tanto, deberán inscribirse no dito rexistro.

Así mesmo, en cada resolución de inscrición dos biocidas para o tratamento da

auga das piscinas determinarase o tipo de usuario ao que vai dirixido, distinguindo

inicialmente entre persoal profesional e non profesional, entendendo por persoal

profesional o definido no artigo 2 do Real Decreto 830/2010, de 25 de xuño, en

tanto se determinen os requirimentos formativos para o persoal profesional

especializado.

5.11.1. Actuacións no control oficial

Dentro do Programa de vixilancia sanitaria das piscinas de uso colectivo,

examinarase in situ ou recollerase a información relativa aos produtos químicos

empregados no tratamento da auga das piscinas (etiqueta orixinal, fotocopia ou

fotografía dixital desta e FDS ou, no seu defecto, deberase cubrir a ficha de

recollida de datos que figura no anexo I). Na correspondente Zona de Inspección

Farmacéutica (ZIF), analizarase, se procede, a conformidade da información

recollida e comprobarase se o produto cumpre a lexislación vixente.

No caso de que o responsable da piscina non dispoña das etiquetas ou das FDS

actualizadas, requiriráselle na acta de inspección para que remita a dita

documentación á correspondente ZIF no prazo máximo de 48 horas.

Durante este período transitorio no que aínda hai produtos homologados, nas

inspeccións revisarase se o desinfectante / algicida (biocidas TP2) ten número de

homologación ou está inscrito no ROB. Aceptaranse calquera das dúas opcións.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 29 de 37

Page 30: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

Para isto, seguiranse as actuacións indicadas no Programa de control sanitario de

produtos químicos (PR-13T-02-03) ou no Programa de control sanitario de

establecementos, servizos e produtos biocidas (PR-13T-02- 02), segundo o caso.

Para o resto de produtos químicos empregados no tratamento da agua do vaso

seguiranse as actuacións indicadas no Programa de control sanitario de produtos

químicos (PR-13T-02-03).

Nas piscinas onde se revisan os biocidas para o tratamento da auga do vaso

obxecto dos programas de biocidas e produtos químicos, sinalarase o código

funcional correspondente 7008 ou 7018, o motivo de control correspondente e o

alcance 49 (Produtos químicos/biocidas).

5.11.2 Fabricantes, envasadores, almacenistas ou comercializadores de biocidas

TP2 para o tratamento da auga das piscinas.

Os fabricantes, envasadores, almacenistas ou comercializadores de biocidas TP2

para o tratamento da auga das piscinas que poñan no mercado produtos novos,

deberán inscribirse no ROESB e rexistrar os seus produtos no ROB.

Dentro do Programa de control sanitario de produtos químicos, no caso de detectar

irregularidades nos produtos químicos empregados para o tratamento da auga das

piscinas, actuarase segundo o establecido no Procedemento xeral de actuación

do persoal de inspección (PX- 13-03) .

Levaranse a cabo, tanto nas instalacións como nas empresas fabricantes ou

distribuidoras, as correspondentes actuacións de inspección, notificación e

apercibimento necesarias para a emenda de non conformidades nos produtos

químicos empregados para o tratamento da auga das piscinas

5.11.3 Sal común como precursora de cloro

O cloruro sódico para electrólise salina, xerador de cloro activo, atópase en

revisión e aínda non foi aprobado e incluído na lista da ECHA, e por tanto, os

produtos que están no mercado con esta finalidade non se rexistran, xa que o

Rexistro Oficial de Praguicidas (ROP) non contemplaba os biocidas in situ.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 30 de 37

Page 31: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

Os requisitos que deben cumprir estes produtos son seguintes:

• Estar notificados de acordo coa DT 2ª do RD 1054/2002.

• Cumprir co artigo 95 do Regulamento de Produtos Biocidas (BPR); e dicir, os

provedores das sustancias activas para a fabricación destes produtos deben

atoparse na lista de provedores da ECHA.

5.11.4 Hipoclorito/Cloro

A UE aproba o uso das seguintes sustancias activas:

• Rgto. de Execución (UE) 2017/1273 da Comisión de 14 de xullo de 2017,

polo que se aproba o cloro activo liberado de hipoclorito de sodio como

sustancia activa existente para o seu uso en biocidas dos TP 1, 2, 3, 4 e 5.

• Rgto. de Execución (UE) 2017/1274 da Comisión de 14 de xullo de 2017,

polo que se aproba o cloro activo liberado de hipoclorito de calcio como

sustancia activa existente para o seu uso en biocidas dos TP 2, 3, 4 e 5.

• Rgto. de Execución (UE) 2017/1275 da Comisión de 14 de xullo de 2017

polo que se aproba o cloro activo liberado de cloro como sustancia activa

existente para o seu uso en biocidas dos TP 2 e 5.

A data de aprobación de todas elas é o 1 de xaneiro de 2019.

Segundo o artigo 89, medidas transitorias, do BPR, trala aprobación dunha

sustancia activa para un TP concreto, dáse un prazo máximo de 3 anos (a partir da

data de aprobación da mesma) para que o EM conceda, modifique ou anule as

autorizacións de biocidas dese TP.

Por elo, se o hipoclorito é a única sustancia activa biocida do produto, o seu titular

deberá solicitar a autorización ou recoñecemento mutuo do biocida en paralelo a

máis tardar o 01/01/2019 (se non é a única, na data de aprobación da última

sustancia activa que conteña o produto), podendo seguir comercializándose ata a

súa inscrición no ROB. No caso de non solicitala, o biocida deixará de

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 31 de 37

Page 32: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

comercializarse e utilizarse aos 180/365 días de dita data de aprobación,

respectivamente.

5.12. Calidade do aire do recinto das piscinas cubertas

O Real Decreto 742/2013 modificou os criterios de calidade do aire das piscinas

cubertas, establecendo o límite de humidade relativa no 65% en vez do 80% da

normativa anterior. Así mesmo, establece que non se superará un nivel de

concentración de CO2 de 500 ppm respecto ao nivel do aire exterior.

Tendo en conta os datos do Instituto Geográfico Nacional, a humidade relativa

media do aire en Galicia se atopa entre o 75-80%, polo que se considera que se

se cumpre o criterio de concentración de CO2 do aire, é moi difícil cumprir tamén o

valor límite de humidade relativa.

Por este motivo, de momento, nas inspeccións soamente se indicará en acta como

non conformidade cando o valor de humidade relativa sexa superior ao 80%.

Nunha análise previa das instalacións das piscinas cubertas que non conseguen

acadar os niveis esixidos polo Real Decreto 742/2013, atopamos piscinas,

maioritariamente de titularidade municipal, que contan con equipos dunha

antigüidade en torno aos 20 anos, polo que no período de aplicación do presente

programa realizarase unha avaliación individualizada de cada instalación e o titular

terá que presentar un plan de mellora do seus equipos, de xeito que permitan

cumprir cos valores paramétricos de humidade e CO2 recollidos na normativa.

Por este motivo, indicarase na acta como non conformidade cando o valor de

humidade relativa sexa superior ao 65%. Neste caso, se lle fará un requirimento

ao titular para que presente un plan de mellora do seus equipos, de xeito que

permitan cumprir cos valores paramétricos de humidade e CO2 recollidos na

normativa. No caso de os valores superen o 80%, terá a consideración de risco

inminente, polo que se deberá aplicar a correspondente medida cautelar.

Sempre que se dispoña dos equipos necesarios, medirase a humidade relativa e a

concentración de CO2 do aire do recinto nas piscinas cubertas e anotarase no

apartado específico do Protocolo de inspección das piscinas (F-13T-02-05-02).

Cando non se dispoña destes equipos, tomarase nota dos valores que indican os

equipos da instalación e indicarase tal circunstancia no protocolo.

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 32 de 37

Page 33: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

A concentración de CO2 do aire medirase en ppm.

6. Sistema de información do programa

A avaliación do programa farase cada ano desde esta dirección xeral. Para elo, a

información sobre o programa recompilarase do sistema Herme. A información non

dispoñible no sistema solicitarase ás XTS.

Nesta avaliación calcularanse os seguintes indicadores:

Instalacións censadas inspeccionadas (ICI)

N.º CF/instalacións con inspeccións realizadasICI= —————————————————————————————x 100

N.º CF/instalacións censadas

Instalacións programadas inspeccionadas (IPI)

N.º CF/instalacións con inspeccións programadas realizadasIPI= —————————————————————————————--------------------x 100

N.º CF/instalacións con inspeccións programadas

Instalacións non programadas inspeccionadas (INI)

N.º CF/instalacións con inspeccións non programadas realizadasINI= ——————————————————————---------------------------------------------------------------------------------------x 100

N.º CF/instalacións con inspeccións programadas e non programadas realizadas

Instalacións con avaliación da prioridade sanitaria (IAP)

N.º CF/instalacións con avaliación da prioridade sanitariaIAP= ————————————————————————————————x 100

N.º CF/instalacións totais

Instalacións con prioridade sanitaria alta (IPA)

N.º CF/instalacións con prioridade altaIPA= —————————————————————————————x 100

N.º total de CF/instalacións avaliadas

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 33 de 37

Page 34: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

Instalacións con prioridade sanitaria media (IPM)

N.º CF/instalacións con prioridade mediaIPM= —————————————————————————————x 100

N.º total de CF/instalacións avaliadas

Instalacións con prioridade sanitaria baixa (IPB)

N.º CF/instalacións con prioridade baixaIPB= —————————————————————————————x 100

N.º total de CF/instalacións avaliadas

Grado de incumprimentos nas instalacións (INC)

N.º CF/instalacións con incumprimentosINC= —————————————————————————————x 100

N.º total de CF/instalacións inspeccionadas

Grado de tramitación de expedientes por incumprimentos (GTE)

N.º expedientes iniciadosGTE= —————————————————————————————x 100

N.º expedientes propostos

Grado de propostas de expedientes por incumprimentos (GPE)

N.º expedientes propostos finalizadosGFE= —————————————————————————————x 100

N.º de instalacións con incumprimentos

7. Documentos do programa

F-13T-02-05-02 Protocolo de inspección das piscinas

GC-13T-02-05-01 Guía para cubrir o protocolo de inspección das piscinas

GC-13T-02-05-02 Guía do usuario para o acceso ao SILOÉ

PE-13T-02-05-01 Sistema de avaliación do risco sanitario nas piscinas

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 34 de 37

Page 35: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

8. Anexos

ANEXO I. Modelo de resposta no que se acepta a solicitude de redución da frecuencia de

mostraxe no control periódico

Asunto: redución da frecuencia de mostraxe do control periódico

En resposta á súa solicitude de redución da frecuencia do control periódico descrito no Real

Decreto 742/2013, de 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das

piscinas, infórmoo de que no anexo III deste real decreto indícase que poderá reducirse a

frecuencia do control periódico cando, tras dous anos de autocontrol, todos os valores do control

periódico e do control de rutina cumprirsen cos valores paramétricos dos anexos I e II.

Unha vez revisada toda a información recibida e tendo en conta que se cumpriron os valores

paramétricos en todos os controis realizados, comunícolle que se acepta a súa solicitude e

poderá reducir á metade a frecuencia de mostraxe do control periódico (é dicir, realizará a

mostraxe do control periódico, polo menos, unha vez cada dous meses). Esta redución está

condicionada a seguir cumprindo con todos os valores paramétricos nos controis. Se nalgún

momento se incumpre un dos valores paramétricos de calquera control realizado, tanto periódico

como de rutina, deberá retomarse a frecuencia de mostraxe establecida no real decreto e

comunicalo a esta xefatura territorial.

Data

O/A xefe/a territorial de Sanidade en _________

(Sinatura)

Nome Apelido Apelido

DESTINATARIO/A

ENDEREZO

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 35 de 37

Page 36: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

ANEXO II. Modelo de resposta no que se denega a solicitude de redución da frecuencia de

mostraxe no control periódico

Asunto: redución da frecuencia de mostraxe do control periódico

En resposta a súa solicitude de redución da frecuencia do control periódico descrito no Real

Decreto 742/2013, de 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das

piscinas, infórmoo de que no anexo III deste real decreto indícase que poderá reducirse a

frecuencia do control periódico cando, tras dous anos de autocontrol, todos os valores do control

periódico e do control de rutina cumprisen cos valores paramétricos dos anexos I e II.

Unha vez revisada toda a información recibida comunícolle que non pode reducir a frecuencia de

mostraxe do control periódico polos seguintes motivos: (describir os incumprimentos

detectados).

Data

O/A xefe/a territorial de Sanidade en _________

(Sinatura)

Nome Apelido Apelido

DESTINATARIO/A

ENDEREZO

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 36 de 37

Page 37: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas...2016-2020 Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2016-2020 Este documento foi elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública

Edificio Administra�vo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp

Programa de vixilancia sanitaria

das piscinas

2016-2020

ANEXO III. Modelo de resposta no que se solicita máis información para poder avaliar a

solicitude de redución da frecuencia de mostraxe no control periódico

Asunto: redución da frecuencia de mostraxe do control periódico

En resposta a súa solicitude de redución da frecuencia do control periódico descrito no Real

Decreto 742/2013, de 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das

piscinas, infórmoo de que no anexo III deste real decreto indícase que poderá reducirse a

frecuencia do control periódico cando, tras dous anos de autocontrol, todos os valores do control

periódico e do control de rutina cumprisen cos valores paramétricos dos anexos I e II.

Por este motivo, para poder estudar a súa solicitude, é necesario que nos remitan todos os

controis periódicos e todos os controis de rutina de todos os parámetros indicados nos anexos I

e II de, polo menos, dous anos de autocontrol.

Data

O/A xefe/a territorial de Sanidade en _________

(Sinatura)

Nome Apelido Apelido

DESTINATARIO/A

PR-13T-02-05 Edición 4, 28/10/2019 37 de 37