probas xincana do magosto 2012
DESCRIPTION
Modelo de probas que faremos na xincana do magosto 2012 no CPI Ponte CarreiraTRANSCRIPT
PROBA 1-. A chave da CAStaña
Similar ao xogo da chave, no canto de
tirar cunha pedra tiramos cunha castaña.
Hai que facer xirar a “chave”, tirando
unha castaña dende unha distancia
marcada.
Cada vez que fagamos xirar a chave
sumamos un punto
PROBA 2-. A botella
Neste xogo hai dúas modalidades, para os máis
peques e para os maiores.
Os maiores deberán poñerlle un
colar a unha botella empregando un
pau a modo de cana de pescar do que
colga a argola que hai que colocar no
colo da botella.
Os peques terán que pescar botellas
empregando un sistema similar. As
botellas teñen no tapón un gancho
polo que hai que pescala cun aparello
similar a unha cana de pescar.
Por cada botella conseguida sumarase un punto
PROBA 3-. castachapas
Consiste en guiar unha castaña
dándolle cos dedos como se dunha canica
se tratase por un camiño cheo de curvas.
Daralle dúas veces seguidas cada membro do grupo. Se
nos saímos do percorrido voltaremos a empezar.
Cada castaña que chegue ao final suma un punto.
PROBA 4-. Castañas a culleradas
Como o seu nome indica, trátase de
levar a unha caixa cantas máis castañas
mellor empregando, para elo, unha culler na
boca.
Cada castaña que depositemos na caixa
suma un punto
PROBA 5-. O trueiro da castaña
Colocados fronte a fronte dous
membros do equipo a unha distancia
sinalada, un deles lanza a castaña e o
outro ten que tentar pescala co trueiro.
Cada castaña pillada, un punto
PROBA 6-. Encestar castañas
Agora toca poñer a proba a nosa puntería.
Temos varios recipientes colocados a varias
distancias. Dende unha marca sinalada temos
que encestar a castaña nun deles.
Cada un terá unha puntuación diferente
en función da súa posición e tamaño
PROBA 7-. A castaña vai de viaxe
Esta proba consiste en levar a castaña por varios
lugares sen que nos caia. Conta de 10 probas
individuais, unha para cada membro do equipo, que
deben colocarse nos puntos sinalados antes do comezo
da proba.
1.- Comezamos buscando unha castaña nunha caixa
chea de bolas, que deberá buscar o membro
máis pequeno do equipo.
2.- Este daralla ao seu
compañeiro (de 4 anos) que terá
que collela nunha pá e levala
camiñando enriba dun banco.
3.- O seguinte colle a pá e terá que
levala camiñando enriba das rodas sen
caerse nin caer a castaña ata deixala
nunha carretilla para o seguinte.
Está prohibido meter o pé na roda.
4.- Unha vez na carretilla, a quen lle
toque ten que levala CORRENDO e
sorteando conos ata o seguinte
compañeiro e depositarlla nunha culler
que terá na boca (non serve coa man).
5.- Este terá levala sobre unha corda fina cun pé
diante doutro e pasarlla a outro
compañeiro, que terá outra culler. Hai
que pasala de culler a culler sen
tocarlle coa man.
6.- Agora temos que levala por un túnel
arrastrándonos. Ao final do percorrido
deixarémola no chan no inicio dun camiño.
7.- Outro compañeiro terá que desprazala por este
sendeiro, cheo de curvas e máis curvas, empregando un
pau moi longo e depositala nunha caixa que atopará ao
final do camiño.
8.- Será un novo campañeiro (de
4 ou 5 anos) o que , unha vez que a
castaña estea na caixa, terá que
tirar enrolando fío ata que caixa lle
chegue. Collerá a castaña e daralla a
outro compañeiro nunha pá.
9.- Este terá que levala SALTANDO de aro en aro
sen que lle caia e deixala no punto de
penalti que atopará ao final dos aros.
10.- Para rematar a súa viaxe, o
derradeiro membro do equipo terá que
meter CASTAÑA… nunha mini portería
a unha certa distancia.
FIN DO PERCORRIDO
Cando en calquera percorrido a castaña caia polo
camiño temos que volver a empezar. (*)
Se a castaña chega ao final sen ter que empezar
de novo, sumamos 10 puntos, restándose de 2 en 2 cada
vez que teñamos que retroceder, podendo restarse aos
puntos doutras probas se é preciso.
CON ESTA XINCANA ESPERAMOS QUE PASEDES E
DISFRUTEDES DUNHA TARDE DIVERTIDA PARA LOGO
ENCHER O BANDULLO COMENDO CASTAÑAS……