presentación xogos populares
TRANSCRIPT
XOGOS POPULARES
Presentación dalgúns xogos popularesNivel: Educación Primaria e
Secundaria
Autor: Iván López Arias
Os xogos Populares posúen un compoñente lúdico e educativo e ademais do gran valor sociocultural que entre todas e todos debemos tratar de conservar.
Son os xogos dos nosos avós e os nosos pais, algúns deles son os seguintes:
(para saber algo máis de cada un deles pica nas fotos ou no nome).
- A Porca
Xogo con semellanzas co “golf” ou co “hokey”.
- A Billarda
Esencialmente consiste en darlle cun pao (panca) a outro máis pequeño (billarda), para que salte e golpealo enviándoo o máis lonxe posible.
- O Trompo
É unha peza de madeira dura de forma cónica rematada nunha punta de metal, sobre a que se lle fai xirar tirando dunha corda que se enreda arredor dela.
- As Chapas
Xogo de habilidade no que se fai unha carreira nun circuíto debuxado no chan e no que hai que respetar certas regras.
- O Turra-soga
Xogo de equipo, no que o importante é a forza e no que o obxectivo é turrar da corda máis que o equipo contrario.
- Tres en raia
É un xogo para dúas persoas, no que cada un xoga con tres fichas, tratando de colocalas en raia xogando por turnos.
- A Rá
É un xogo no que se trata de introducir as pezas metálicas nas diferentes ranuras que ten a caixa da rá.
- O Brilé
Xogo de dous equipos co mesmo número de xogadores. É necesario dividir o campo en dúas partes iguais e tamén unha pelota de goma de tamaño medio.
- O Pano
Xogo de equipo con número igual de compoñentes. É necesario un xuíz que se encarga de aguantar o pano polo que teñen que competir os participantes.
- O Aro
Xoguete no que normalmente se utilizaba un aro metálico dunha llanta de bicicleta e un ferro con forma de gancho para empurrar o aro.
Continuará…