presentación foto denuncia

10
¿Son vertedoiros os montes galegos? Foto/Denuncia: Estrada Comarcal Castro de Beiro Iria Vázquez González

Upload: iria-vazquez-gonzalez

Post on 28-Jul-2015

186 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Presentación foto denuncia

¿Son vertedoiros os montes galegos?

Foto/Denuncia:Estrada Comarcal Castro de Beiro

Iria Vázquez González

Page 2: Presentación foto denuncia

Ubicación

o Lugar: Montes situado á beira da estrada comarcal de Castro de Beiro

(Ourense)o Día: 24 de marzo de 2012

Page 3: Presentación foto denuncia

Análise do Impacto Ambiental

Moi próximo a Ourense, pola estrada de Vigo, temos a oportunidade de escapar do ruído e do estrés da cidade para trasladarnos a unha zona periférica cunha forma de vida máis tranquila, que non por iso máis doada. Dita zona coñécese como Castro de Beiro.

Recentemente, pasei pola estrada que leva a este lugar. Nas beiras da mesma, de camiño ao Castro, tiven a posibilidade de apreciar vistas fermosas con moitas árbores e plantas e, ao lonxe, a cidade de Ourense.

Sen embargo, tamén observei algunha zona ennegrecida polos incendios do ano pasado e a gran cantidade de lixo que había depositado en determinadas zonas. É o caso dun monte situado á beira da estrada, no que se formou un “pequeno” vertedoiro.

Page 4: Presentación foto denuncia

Análise do Impacto Ambiental

Nesta zona, as persoas foron depositando bolsas con lixo, sacos con restos de materiais de obras e demais materiais de construción, caixas de bebidas, cubos rotos, roupa, pezas de vellos televisores, plásticos, sacos e ata mobles estragados.

O impacto ambiental que xeran estes vertedoiros naturais tradúcese na contaminación do solo, nas dificultades de crecemento das especies vexetais, nas doenzas da poboación próxima á zona e na contaminación do aire.

As fotografías presentadas a continuación poñen de manifesto o lixo como a consecuencia dunha sociedade consumista baseada en produtos de usar e tirar.

Page 5: Presentación foto denuncia

Análise do Impacto Ambiental

Se nos queremos desfacer de aparellos e instrumentos que non empregamos, en todas as cidades hai zonas coñecidas como “puntos limpos” onde as persoas encargadas recollen os materiais e deposítanos alí para o seu posterior reciclaxe.

Nin a natureza nin os montes teñen que sufrir as consecuencias das nosas accións. Non son vertedoiros.

Axúdanos a denunciar situacións coma esta!!

Page 6: Presentación foto denuncia
Page 7: Presentación foto denuncia
Page 8: Presentación foto denuncia
Page 9: Presentación foto denuncia
Page 10: Presentación foto denuncia