presentación cemit

15
Educación non formal e outras alternativas para a xuventude José Ramón Santos Dios (Axente TIC)

Upload: jose-ramon-santos-dios

Post on 19-Jul-2015

58 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Presentación cemit

Educación non formal e outras alternativas para a xuventude

José Ramón Santos Dios (Axente TIC)

Page 2: Presentación cemit

Rede CeMIT: Qué éA Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia que forma parte da Axenda Dixital 2014, enmarcada no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que ten como fin acadar a converxencia tecnolóxica con Europa no horizonte do ano 2020.

O obxectivo da Rede CeMIT é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital faise máis evidente, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega.

Page 3: Presentación cemit

Rede CeMIT: Distribución

Page 4: Presentación cemit

Rede CeMIT: Cursos e Actividades

Os cursos impártense en dúas modalidades: presenciais nas aulas da Rede ou en teleformación dende a túa casa.Para matricularte nos cursos presenciais e para acceder á teleformación unicamente é necesario que sexas usuario/a da Rede CeMIT.

•Formación presencial nas aulas da Rede CeMIT: cada aula conta coa súa propia programación formativa en alfabetización dixital.

•Formación on-line: dispoñible na plataforma de formación virtual EMA, o Moodle da Rede CeMIT. Esta formación permitirá aos cidadáns realizar actividades formativas dende calquera punto con acceso a Internet e complementar a formación impartida nas Aulas CeMIT.

Page 5: Presentación cemit

Rede CeMIT: Formación especializada

Esta rede permite unha formación especializada a través de dous centros, a

Escola Galega de Administración Pública (EGAP) cunha formación

específica para os empregados públicos e o

Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) cunha formación

específica para profesionais TIC.

Page 6: Presentación cemit

Espazo multimedia de aprendizaxe (EMA)

A Rede CeMIT pon a disposición dos usuarios e usuarias da Rede CeMIT un Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA) que complementa a formación presencial impartida nas 98 aulas da Rede, facilitando o acceso á alfabetización dixital á cidadanía.

A través de EMA, os usuarios e usuarias xa rexistrados da Rede CeMIT poderán acceder a un amplo catálogo de cursos de alfabetización dixital:

•Cursos gratuítos todo o ano

•Acceso desde calquera punto

•Sen matriculación nin reserva de praza

•Dispoñibles 24 horas todos os días

Page 7: Presentación cemit

CODIX ¿Qué é?

A Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

Page 8: Presentación cemit

CODIX ¿Qué é?Segundo o Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG nº 229 do

30/11/2011) polo que se regula a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática, existen varios xeitos de obter a certificación, unha delas é mediante a superación dunha proba convocada pola AMTEGA.

A Oficina CeMIT (AMTEGA) ofrece dúas posibilidades para obter a certificación:

• Presentarse a un curso de teleformación con exame presencial final (dúas convocatorias anuais: febreiro e setembro).

• Presentarse directamente a un exame libre (dúas convocatorias anuais: marzo e outubro)

Para facilitar o acceso aos coñecementos necesarios para superar o exame libre, a Oficina CeMIT publicou na súa plataforma de teleformación EMA os contidos do curso na modalidade de autoformación.

Page 9: Presentación cemit

CODIX: Obtención

Por medio desta certificación, a persoa titular pode acreditar, ante as instancias públicas ou privadas, as súas competencias en tecnoloxías da información e as comunicacións en materia de ofimática.

Así, as certificacións, coa vixencia que se determine, poderanse valorar como mérito ou establecer como requisito de participación nos procesos de provisión de postos de traballo ou de selección de persoal e como base obxectiva para a promoción profesional, sempre de acordo cos termos que estableza a normativa reguladora da función pública da Xunta de Galicia.

Obterán a certificación galega de competencias dixitais en ofimática as persoas que acrediten as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no Plan formativo ofimático de Galicia, mediante a superación dunha proba convocada para ese fin pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Actualmente, o contido dese plan coincide co do módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas) do Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade.

Page 10: Presentación cemit

CODIX: Obtención

Non obstante, non terán que superar esta proba para obter igualmente a certificación galega de competencias dixitais en ofimática as persoas que xa teñan acreditados os seus coñecementos en ofimática por calquera dos medios seguintes:

• Título oficial de formación profesional inicial ou certificado de profesionalidade que inclúa a unidade de competencia UC0233_2 «Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación», expedido pola autoridade competente.

• Certificación da autoridade competente que acredite estar en posesión da unidade de competencia UC0233_2 «Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación», obtida de acordo cos procedementos que se desenvolvan ao abeiro do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral ou de vías non formais de formación.

Page 11: Presentación cemit

CODIX: Obtención

• Certificación da autoridade competente que acredite ter superado algún dos seguintes programas de formación:

O módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 «Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación».

O módulo profesional MP0440 «Tratamento informático da información», incluído en títulos de formación profesional, ou cando menos as súas unidades formativas MP0440_23: «Ofimática» (160 horas) e MP0440_33: «Multimedia» (38 horas).

O certificado expedido pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, na modalidade presencial, teleformación ou acceso libre, desenvolvidas pola Escola Galega de Administración Pública ou en colaboración desta con organismos ou entidades de formación do persoal ao servizo das administracións públ icas.

Page 12: Presentación cemit

CODIX: ContidosAs cinco unidades formativas (190 horas lectivas) son:

UF0319 – Sistema operativo, procura da información: internet/intranet e

correo electrónico. (30 horas)

UF0320 – Aplicacións informáticas de tratamento de textos: LibreOffice

Writer (30 horas)

UF0321 – Aplicacións informáticas de follas de cálculo: LibreOffice Calc (50

horas)

UF0322- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais:

LibreOffice Base (50 horas)

UF0323- Aplicacións informáticas para presentacións: LibreOffice Impress

(30 horas)

Page 13: Presentación cemit

CODIX: AccesoIr á web do CEMIT https://cemit.xunta.es e darse de alta como novo usuarioRecibiredes un correo electrónico ca alta e a contrasinal e xa se pode acceder á Plataforma de Teleformacion (EMA)

Page 14: Presentación cemit

Recursoshttps://cemit.xunta.es/

https://cemit.xunta.es/ema

http://amtega.xunta.es/

https://cntg.xunta.es

Page 15: Presentación cemit

Recursos

[email protected]

http://ticportodoson.blogspot.com.es/

https://www.facebook.com/pages/Porto-Do-Son-Aula-Cemit/857352137657794