presentación de powerpoint...minerais, de fragmentos doutras rochas ou de restos de seres vivos que...
TRANSCRIPT
Rochas e
Minerais
Adaptado de: A Xeosfera (Salvador Folgar).
Rochas e Minerais
A codia terrestre está composta
principalmente por rochas e minerais.
Pirita Granito
Rochas e Minerais
As Rochas:
Están constituídas por minerais.
Algunhas teñen un só tipo de mineral,
chamadas rochas monominerais.
Pero a maioría están formadas por varios
minerais diferentes e incluso outras rochas.
Rochas
Rochas
Pedras de gra
Rochas
Conglomerados
Tipo Brecha Tipo Pudinga
Os Minerais
Minerais
Os minerais son substancias naturais, sólidas,
de orixe inorgánica, cunha composición
química fixa e de estrutura cristalina (os seus
átomos están ordenados).
Minerais Non poden considerarse minerais:
as substancias sintéticas (plásticos);
nin os líquidos (auga);
nin substancias propias ou derivadas das accións
dos seres vivos (ósos, dentes, cunchas, azucre).
Minerais
É frecuente que na composición dun mineral
haxa impurezas que poden alterar algunhas
características, como a cor.
Dicimos entón
que ese mineral
ten variedades.
Calcita
Calcita
Laranxa
Calcita
Amarela
Calcita
Vermella
Calcita
Azul
Calcita
Verde
Calcita
Minerais
Para identificar un mineral podemos observar
algunhas das súas propiedades características:
Cor
Brillo
Exfoliación
Dureza
Ouro
Minerais
Cor:
A que mostra a súa superficie cando
é iluminada con luz branca.
Azurita
Rodocrosita Berilo
Minerais
Brillo:
É a forma en que reflicte a luz.
Tipos
Vítreo
Mate
Metálico
Terroso
Rodocrosita con pirita
Brillo
Metálico: pirita Vítreo:
cuarzo
Terroso:
Olixisto
Mate:
Limonita
Adamantino:
Jarosita
Nacarado:
Moscovita
Minerais
Dureza:
É a resistencia a ser riscado.
Para determinar a dureza dun mineral
utilízase a escala de Mohs , que vai do 1 ó 10.
Baséase na dureza de dez minerais de referencia.
Cada mineral risca a todos os que teñen un número
igual ou inferior a el, e é riscado polos que teñen un
número igual ou maior que o seu.
Friedrich Mohs
1773 - 1839
Minerais
Exfoliación:
É a facilidade para separarse en láminas ou
para romperse orixinando formas xeométricas.
Mica
Halita
Minerais
Minerais cristalizados
Os minerais están cristalizados cando posúen
caras planas que orixinan formas xeométricas
(cristais), como cubos, prismas, láminas, etc.
Escolecifa
Pirita
Minerais
Minerais amorfos:
Non están cristalizados.
Non presentan caras planas.
Nunca forman cristais.
Presentan formas irregulares.
Ópalo
Limonita
Alofana
Arxila
A cova dos cristais xigantes de xeso.
Naica (México)
Clasificación dos Minerais
Clasificación dos minerais
Actualmente coñécense máis de 5000 minerais
a cada ano descóbrense varias decenas máis, a
maioría deles do grupo das arxilas.
Os minerais presentan
unha gran diversidade
de propiedades, o que
lles da unha importancia
fundamental na nosa
sociedade.
Wolframio
(tungsteno)
Tipos
de
Minerais
Clasificación dos minerais
A súa clasificación realízase baseándose na
súa composición.
Non Silicatos
Silicatos Conteñen silicio (Si)
e osíxeno (O)
Non conteñen silicio (Si)
Minerais Silicatos
Son minerais silicatos:
o cuarzo
o grupo
das arxilas
as micas
Ortosa
os feldespatos
Minerais
Son minerais non silicatos:
hematita (óxido)
anhidrita (sulfato)
halita (cloruro)
pirita (sulfuro)
calcita (carbonato)
Minerais
Os minerais compostos por un único elemento
denomínanse elementos nativos.
Cobre
Ouro
Xofre Prata
Diamante
As rochas
Rochas
As rochas son agregados naturais dun ou varios
minerais, de fragmentos doutras rochas ou de restos
de seres vivos que compactaron debido a diferentes
procesos xeolóxicos: especialmente presión e
temperatura.
Os minerais que forman as
rochas poden estar en
diferentes proporcións.
É moi pouco probable atopar dúas rochas que teñan
exactamente os mesmos minerais e na mesma
proporción.
Rochas
Clasificación das rochas segundo
a súa orixe:
Rochas Sedimentarias
Rochas Metamórficas
Rochas Magmáticas
Tipos
Rochas
Rochas Sedimentarias:
Fórmanse a partir de partículas de diversos tamaños
que son transportadas pola auga, o xeo ou o aire,
formando sedimentos que se acumulan,
compáctanse e son cementados ao quedar
enterrados a gran profundidade.
Pedra de gra Brecha
As rochas sedimentarias poden formarse
nas beiras dos ríos, no fondo de
barrancos, vales, lagos, mares,
e nas desembocaduras dos ríos.
Están dispostas formando capas
ou estratos.
Rochas sedimentarias
As rochas sedimentarias cobren
máis do 75 % da superficie
terrestre.
Rochas sedimentarias
Rochas
Rochas Metamórficas:
Fórmanse a partir de outras rochas xa existentes
mediante un proceso chamado metamorfismo.
Estas rochas estiveron expostas a altas presións
(uns 1.500 bares) e altas temperaturas (entre 1.500 e
2.000 °C) que provocaron cambios na composición
da rocha e aportaron novas sustancias a esta.
Gneis Mármore
Rochas metamórficas
Rochas
Rochas Magmáticas (ígneas):
Fórmanse polo enfriamento e consolidación
dunha masa de rocha fundida chamada magma.
Se o arrefriamento se produce lentamente baixo a
superficie fórmanse rochas con cristais grandes
denominadas rochas plutónicas ou intrusivas,
mentres que se o arrefriamento se produce rapidamente
sobre a superficie, por exemplo, tras unha erupción
volcánica, fórmanse rochas con minúsculos cristais,
coñecidas como rochas volcánicas ou extrusivas.
(volcánica)
Pumita (volcánica)
Obsidiana
Utilidade
dos minerais
e
das rochas
Utilidade dos minerais:
Extráense deles gran cantidade de metais
(chumbo, ferro, mercurio, etc.) e outros
materiais.
Cuarzo: para elaborar vidro.
Xeso: para obter escaiola.
Calcita: producir cal.
Minerais
Algúns dos seus principais usos son:
Extraer deles os metais.
Fabricar materiais (cemento,
cerámica, etc.).
Utilizalos na industria química,
farmacéutica e alimentaria para
obter numerosas substancias.
Cobre
Plata
Usos dos minerais
Usos dos minerais
A industria da xoiaría e da bixutería utiliza xemas
(diamante, rubí e esmeralda) e pedras semipreciosas
(ónix, turquesa).
Tamén utilizan metais nativos como
o ouro, o platino e a prata.
Utilidade das rochas:
Rochas
As rochas teñen un papel fundamental na
construción:
As rochas calcarias úsanse
para a fabricación de cemento.
Como pezas de cachotaría
para construcións de pedra
(muros ou rochas ornamentais
en fachadas).
Usos das rochas
Rochas magmáticas (mármore e granito)
úsanse na elaboración de encimeiras,
mobiliario urbano, lápidas, esculturas, etc.
Rochas arxilosas na fabricación de ladrillo,
cerámica, baldosa, azulexo, tella, elementos
decorativos, etc.
Usos das rochas
Usos das rochas
As areas e gravas utilízanse como áridos.
Ao mesturarse con cemento en po e auga
obtense o formigón.
Usos das rochas
As rochas poden ser fonte de enerxía.
O carbón e o petróleo son rochas
formadas a partir de materia orgánica.
Usos das rochas
O petróleo é a materia prima esencial para obter
gran cantidade de produtos: combustibles, fibras
sintéticas, disolventes, fertilizantes, plásticos, etc.
Explotación
de
minerais
e
rochas
Explotación de minerais e rochas
A extracción dos minerais e rochas realízase en
explotacións chamadas minas, que poden ser
subterráneas ou a ceo aberto.
Mina subterránea
Explotación de minerais e rochas
Mina a ceo aberto
Impactos
ambientais
producidos
pola minería
Impactos ambientais
A minería produce un conxunto de impactos
negativos sobre o medio natural.
Antes de iniciar a súa apertura e explotación
é necesario tomar unha serie de medidas para
evitar eses impactos, minimizar os que son
inevitables e corrixir os que se produzan.
Rochas
e
Minerais
de
Galicia
Rochas e minerais de Galicia
O territorio de Galicia é un dos máis antigos
da península ibérica.
Poden atoparse rochas de todo tipo, excepto
volcánicas.
En función do tipo de rocha predominante
temos 3 zonas diferenciadas:
Zona silícea Zona calcaria Zona arxilosa
Rochas e minerais de Galicia
Mapa xeolóxico de Galicia
Zona Silícea
Ocupa a maior parte do territorio, destacando
o granito e a lousa.
Máis dun terzo da superficie
galega está ocupada por
rochas graníticas,
destacando os depósitos de
Porriño.
As lousas abundan en Lugo
e Ourense.
Zona Calcaria
A maior parte das rochas
son sedimentarias
(calcaria) e tamén as hai
metamórficas (mármore).
Ocupan só o 1% da superficie
galega.
Encóntranse na zona leste, desde
Mondoñedo ata Valdeorras.
Zona Arxilosa
Formada por rochas
sedimentarias como a arxila.
Están moi ligadas a
depósitos de carbón (lignito)
como os de As Pontes e
Meirama (A Coruña)
ou Xinzo de Limia (Ourense).
Uso das Rochas
As rochas utilízanse principalmente como fonte de
enerxía e como materia prima para a construción.
Actualmente en Galicia non hai extracción de combustibles
fósiles (carbón, petróleo) con uso enerxético.
Uso das Rochas
Rochas como materia prima
na construción:
Rochas Ornamentais:
Somos un dos maiores
produtores mundiais
de granito, mármore e
lousa.
Uso das Rochas
Elementos da construción:
A arxila é un dos
materiais máis
usados para
pavimentos,
revestimentos
e ladrillos.
Rochas como materia prima
na construción:
Uso das Rochas
Aglomerantes:
Substancias para unir uns elementos con
outros (xeso, cemento, formigón).
Rochas como materia prima
na construción:
Os recursos
minerais
Os recursos minerais
Galicia ten unha gran riqueza de recursos
minerais.
Cuarzo (seixo):
Na metade norte de Galicia.
Utilízase na fabricación de
células fotovoltaicas, chips
electrónicos, vidro e áridos
para a construción.
Os recursos minerais
Caolín:
Na fabricación de cerámica.
Os recursos minerais
Magnesita:
Na fabricación de cemento.
Fin