prensa escola
DESCRIPTION
traballo realizado o curso 2013/14 no cee a barcia (aula 5)TRANSCRIPT
PICTOGRAMA ARASAAC (http://catedu.es/arasaac/)
1- CONTEXTUALIZACIÓN
Este é o primeiro ano que o alumnado da aula 5 participa no programa de prensa - escola do
xornal "La Voz De Galicia". Decidimos participar nel xa que o consideramos como unha medida
de igualdade respecto aos centros ordinarios e como unha forma de acercar ao noso alumnado á
realidade que se vive cada día.
O noso centro, o CEE A Barcia, é un centro de educación especial que escolariza alumnado que
presenta Necesidades Específicas de Apoio Educativo relacionadas ou asociadas a diversas
discapacidades ou trastornos.
A estrutura dun centro de educación especial é diferente á dun centro ordinario, de modo que non
podemos especificar un ciclo ou nivel para o noso alumnado.
2- OBXECTIVOS:
Os obxectivos que buscamos acadar son os seguintes:
1. Identificar o xornal como unha fonte de información diaria.
2. Coñecer as principais partes nas que se divide un xornal.
3. Usar o xornal para traballar contidos relacionados co coñecemento do medio.
4. Mellorar a compresión e expresión oral e artística.
5. Mellorar os procesos cognitivos básicos.
6. Realizar actividades conxuntas respectando aos compañeiros e as normas establecidas.
3- CONTIDOS:
Tendo en conta as características do alumnado desta aula, establecemos 6 grupos de contidos a
traballar este ano. Buscamos actividades adaptadas ao noso alumnado e que fomentasen a súa
atención e motivación. Centrándonos en actividades onde todos puideran traballar
conxuntamente.
A. O xornal. Adaptamos as noticias.
Moitas das noticias que aparecen nun xornal son moi difíciles ou imposibles de entender
para o noso alumnado, polo que precedemos a súa adaptación para facilitar a comprensión
das mesmas (evitamos as noticias que amosan a peor das realidades - mortes, guerras,
accidentes, economía...-).
Cando chega o xornal os mércores, a mestra fai unha lectura adaptada co alumnado,
contándolle as principais noticias que aconteceron.
B. Manualidades.
Usamos os xornais para traballar as habilidades manipulativas e creativa do noso
alumnado.
C. O corpo humano.
Usamos as diferentes imaxes dos xornais para traballar as diferentes partes do corpo e
para concienciar ao alumnado das diferenzas entre a xente.
D. A data e o tempo.
Cada día indicamos a data na que estamos e o tempo que fai, para iso axudámonos do
xornal (ademais do material da aula).
E. Galicia.
Construímos un mapa de Galicia e traballamos con el.
F. Os deportes.
Coñecemos os diferentes deportes usando o xornal.
No ANEXO 1 están as principais actividades realizadas durante este curso. As fotos do alumando
están pixeladas xa que non pedimos autorización expresa para este fin (teñen autorización para o
blog do centro).
4- TEMPORALIZACIÓN
Traballamos co xornal 2 días a semana en sesións de 50 minutos (Mércores e Xoves) ata
mediados de Marzo (baixa posible da mestra)
5- RECURSOS
- Xornais.
- Material de aula.
- Material aula de informática (ordenadores e pantalla dixital interactiva).
6- ACTIVIDADES.
Cada Mércores a titora explicará as principais noticias que veñen no periódico e que se adapten o
máis posible o nivel de comprensión do alumnado, veremos as diferentes partes de que se
compón o xornal e que é o que máis lle chama á atención a cada neno e nena. Posteriormente
pasaremos a traballar os contidos máis específicos detallados no apartado 3 (que terán
continuidade o xoves).
7- CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
Para avaliar o programa prensa escola na aula 5, establecemos os seguintes criterios de
avaliación.
SI En
proceso NON OBSERVACIÓNS
O alumnado sabe que é un xornal. X Para eles o xornal conta cousas que
pasaron (noticias).
O alumnado recoñece as principais partes dun
xornal. X
Recoñece algunhas seccións.
O alumnado expresa algún comentario ou opinión
sobre as noticias. X
Os que teñen linguaxe oral si.
O alumnado, en función das súas posibilidades, e
quen de indicar algunha noticia traballada
previamente.
X
O alumnado está motivado cara as actividades
propostas. X
O traballo co xornal contribuíu a consecución dos
obxectivos propostos na programación de aula. X
O alumnado respectou as normas establecidas nas
actividades. X
A- O XORNAL. ADAPTAMOS AS NOTICIAS
► Elaboramos / Adaptamos algunhas noticias dos xornais.
B- MANUALIDADES
► Construción dunha árbore de Nadal con xornais.
► Construción dunha cara cos xornais.
► Construción dunha cabaza con xornais.
As cabazas estiveron expostas no centro xunto coas demais na celebración do Samaín.
► Decoramos caixas de cartón.
Rompemos en anacos pequenos un xornal e pegamos os anacos en caixas de zapatos.
Deixámolo secar e pintamos as caixas.
C- O CORPO HUMANO
► Os homes e as mulleres.
Buscar fotos de homes e de mulleres nos xornais. Pegar as fotos nun mural (nenos - nenas)
► As partes do corpo:
Buscarmos fotos de persoas nos xornais e indicamos as partes principais do seu corpo.
► As nosas mans!.
Debuxamos no xornal as nosas mans, recortámolas e pegámolas. Contamos os dedos e
buscamos diferentes cousas que podemos facer con elas.
Plasmamos as nosas mans en papeis de xornais.
D- A DATA E O TEMPO
► O tempo en Galicia.
Tódolos días indicamos o tempo que fai, comprobamos o tempo que indica o xornal (miramos
tamén pola fiestra) e pegamos o pictograma no panel da aula.
Recortamos e pegamos o mapa do tempo. A continuación pegamos os pictogramas.
Identificamos as imaxes do tempo.
Elaboramos un panel informativo do tempo.
► Os temporais (inundacións, caída de árbores....)
Elaboramos un mural coas noticias e fotos dos temporais que tivemos polo inverno.
► O calendario:
Miramos a data no xornal e indicamos nos calendarios o día que é (o que veu co xornal e o noso
da aula).
A continuación indicamos no panel da aula o día que é:
E- GALICIA
► Cada Mércores, explicamos que é un xornal, que é o que conta, que noticias nos chaman máis
a atención... (sempre tendo en conta as características do noso alumnado).
► Imprimimos, pegamos e pintamos un mapa de Galicia..
Con xornais facemos a base onde vamos a pegar o mapa enteiro.
Pintamos de verde a base (os nenos/as elixiron esa cor xa que Galicia ten moito verde).
Pegamos o mapa e indicamos as provincias de Galicia.
Colocamos as nosas fotos no mapa (tendo en conta o lugar onde vivimos).
F- OS DEPORTES
► O libro dos deportes:
Vemos a sección de deportes do xornal, buscamos fotos de diferentes deportes e recortámolas.
Pegamos nun folio a fotografía xunto co pictograma do deporte e escribimos o nome do deporte.
Ao final xuntamos todas as fotos e facemos un libro.