premio ilustración 2012

1
VIII Certame Literario IES Sanxenxo. Biblioteca escolar 2011-12 PREMIO DE ILUSTRACIÓN 2mil12 A palabra como materia prima dunha obra de arte. VIII CERTAME LITERARIO IES SANXENXO Co obxectivo de publicar os textos gañadores seleccionados nas distintas categorías do VIII CERTAME LITERARIO, o IES de Sanxenxo, a través da Biblioteca do centro e en colaboración co Departamento de Plástica convoca o PREMIO DE ILUSTRACIÓN 2mil12 para a portada do libro, de acordo coas seguintes bases: Participantes : Estudantes dos centros do concello e zonas limítrofes. Categoría : única. Premios : 50 € (talón cambiable en librerías do concello ou tendas de artes plásticas.) Características da ilustración: Deseño da portada do libro do VIII Certame Literario IES Sanxenxo. Tema: A palabra como materia prima dunha obra de arte.” Técnica: libre. Será orixinal e inédita. Asinarase con pseudónimo incluíndo en sobre adxunto os datos persoais e académicos. Enviaranse ao enderezo postal: IES de SANXENXO. Premios ilustración 2012 Baltar s/n Portonovo 36970 Sanxenxo. Pontevedra ou ben ao enderezo electrónico: [email protected] antes do 20 de abril. Entrega de premios: terá lugar en acto público en Sanxenxo, no lugar e data dos que se informará. Xurado: A presidencia será asumida pola Directora do IES de Sanxenxo ou persoa na que delegue e actuará como secretaria a profesora encargada da Biblioteca do centro convocante. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, profesores de arte e humanidades. As súas deliberacións serán secretas e da súa decisión inapelable redactarase a acta correspondente. Orixinais seleccionados: Pasarán a ser propiedade do IES de Sanxenxo e formarán parte dos fondos da Biblioteca do centro. A obra premiada e as finalistas poderán ser obxecto de publicación. Aceptación das bases : A presentación ao Premio supón a aceptación das bases por parte dos participantes. O incumprimento dalgunha das mesmas dará lugar á automática descualificación. Estas bases poderán ser interpretadas polo Xurado e o órgano convocante en aqueles aspectos non previstos. Máis información: http://bibliotecaiesanxenxo.blogspot.com/ Teléfono: 986 724 108 Enderezos electrónicos: [email protected] [email protected]

Upload: bibliotecaiessanxenxo81

Post on 28-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

VII Certame Literario IES SANXENXO

TRANSCRIPT

Page 1: Premio Ilustración 2012

VIII Certame Literario IES Sanxenxo. Biblioteca escolar 2011-12

PREMIO DE ILUSTRACIÓN 2mil12

A palabra como materia prima dunha obra de arte.

VIII CERTAME LITERARIO IES SANXENXO

Co obxectivo de publicar os textos gañadores seleccionados nas distintas categorías do VIII CERTAME LITERARIO , o IES de Sanxenxo, a través da Biblioteca do centro e en colaboración co Departamento de Plástica convoca o PREMIO DE ILUSTRACIÓN 2mil12 para a portada do libro, de acordo coas seguintes bases:

Participantes: Estudantes dos centros do concello e zonas limítrofes.

Categoría: única.

Premios: 50 € (talón cambiable en librerías do concello ou tendas de artes plásticas.)

Características da ilustración:

• Deseño da portada do libro do VIII Certame Literario IES Sanxenxo. • Tema: “A palabra como materia prima dunha obra de arte.” • Técnica: libre. • Será orixinal e inédita. • Asinarase con pseudónimo incluíndo en sobre adxunto os datos persoais e académicos .

Enviaranse ao enderezo postal: IES de SANXENXO. Premios ilustración 2012

Baltar s/n Portonovo 36970 Sanxenxo. Pontevedra

ou ben ao enderezo electrónico: [email protected] antes do 20 de abril.

Entrega de premios: terá lugar en acto público en Sanxenxo, no lugar e data dos que se informará. Xurado: A presidencia será asumida pola Directora do IES de Sanxenxo ou persoa na que delegue e actuará como secretaria a profesora encargada da Biblioteca do centro convocante. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, profesores de arte e humanidades. As súas deliberacións serán secretas e da súa decisión inapelable redactarase a acta correspondente. Orixinais seleccionados: Pasarán a ser propiedade do IES de Sanxenxo e formarán parte dos fondos da Biblioteca do centro. A obra premiada e as finalistas poderán ser obxecto de publicación. Aceptación das bases: A presentación ao Premio supón a aceptación das bases por parte dos participantes. O incumprimento dalgunha das mesmas dará lugar á automática descualificación. Estas bases poderán ser interpretadas polo Xurado e o órgano convocante en aqueles aspectos non previstos. Máis información: http://bibliotecaiesanxenxo.blogspot.com/

Teléfono: 986 724 108

Enderezos electrónicos : [email protected]

[email protected]