preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superiores

5

Click here to load reader

Upload: laraveiga

Post on 07-Jul-2015

287 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superiores

Páxina 1 de 5

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesionale Innovación Educativa

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

1. Preguntas frecuentes

1.1 Inscrición para as probas de acceso

A quen van dirixidas as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior?

Están dirixidas ás persoas que non posúan os requisitos de acceso a ciclos formativos. Es-tes requisitos son:

Título de bacharel establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenaciónxeral do sistema educativo.

Segundo curso de calquera modalidade de bacharelato experimental regulado pola Ordeministerial do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).

Curso de orientación universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).

Título de técnico especialista, de técnico superior ou equivalente para efectos académi-cos.

Titulación universitaria ou equivalente para efectos académicos.

Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Proba de acceso á ciclos formativos.

Quen se pode presentar ás probas de acceso a ciclos formativos de grao superior?

Quen non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos degrao superior e se atope nalgunha das seguintes situacións:

Ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

Cumprir ou ter cumpridos dezaoito anos no ano natural de celebración da proba, e dis-por dun título de técnico, no momento de inscrición á proba, que pertenza a algunhafamilia profesional incluída na opción á que opta, consonte a táboa do anexo III da re-solución (DOG do 15 de xaneiro de 2010).

Onde se pode presentar a solicitude de inscrición para as probas de acceso?

Nas secretarías dos institutos de educación secundaria (IES) e nos centros integrados deformación profesional (CIFP) onde se impartan ciclos formativos de formación profesio-nal (agás o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol).

Page 2: Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superiores

Páxina 2 de 5

Pódense presentar á proba as persoas que teñan cumpridos 18 anos, ou os cum-pran no ano natural de celebración da proba, e estean a cursar un ciclo formativode grao medio?

Non. Soamente se poderán presentar se, no momento da inscrición para a proba, remata-ron o ciclo de grao medio que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción áque opta.

As persoas que teñan superada unha proba de acceso á universidade para maio-res de 25 anos teñen que inscribirse para a proba de acceso?

Non. Estas persoas poderán participar no proceso de admisión a ciclos formativos presen-tando directamente o certificado acreditativo na secretaría do centro correspondente, nosprazos establecidos para a admisión. Para os efectos de baremación, nestes casos a cualifi-cación será de 5,00.

Cal e o prazo para presentar a solicitude das probas de acceso a ciclos de graosuperior?

O prazo de presentación será entre os días 18 e 29 de xaneiro de 2010, ambos os dous in-cluídos.

1.2 Estrutura da proba

Cal é a estrutura da proba?

A proba consta de dúas partes: unha común e outra específica.

A parte común organízase en tres probas: lingua galega, lingua castelá e matemáticas.

A parte específica organízase en tres opcións (A, B e C) segundo a familia profesionaldo ciclo formativo que se pretenda estudar. Véxase o anexo III da resolución de probasde acceso (DOG do 15 de xaneiro de 2010):

– Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía ecidadanía.

– Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.

– Opción C: ciencias da terra e ambientais, química, e bioloxía.

O alumnado elixirá unha única opción (A, B ou C) e, dentro da opción elixida, escollerádúas materias.

1.3 Cualificacións da proba

Como se calcula a nota da proba de acceso?

A cualificación de cada parte da proba (a común e a específica) será numérica, entre cero edez puntos.

A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación decatro puntos en cada unha das partes, e será a media aritmética destas, expresada con dousdecimais. Será positiva a cualificación de cinco puntos ou superior. En caso contrario, anota final cualificarase como “non apto” ou “non apta”.

Page 3: Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superiores

Páxina 3 de 5

Non é necesario ter unha nota mínima nas materias de cada parte (común e específica) pa-ra poder facer a media entre elas.

No caso de dispor de exención dunha das partes da proba, como se calcula a notada proba de acceso?

Para os efectos de cálculo da nota final da proba de acceso non se terán en conta as partesda proba das que a persoa participante fose declarada exenta. Así mesmo, no caso de exen-ción de todas as partes da proba, a cualificación final expresarase como “exento” ou“exenta”. Para os efectos de admisión en ciclos formativos, a exención total da proba equi-valerá a unha cualificación de cinco puntos.

1.4 Celebración da proba

En que data se celebrará a proba?

O día 27 de marzo de 2010.

En que horario se desenvolverá a proba?

Presentación: ás 9:00 horas.

Parte común da proba: das 10:00 ás 13:30 horas (matemáticas, lingua galega, e linguacastelá).

Parte específica da proba: das 16:00 ás 18:30 horas (materias específicas da opción vin-culada ao ciclo formativo).

Onde se celebrará a proba?

O día 3 de marzo farase público o lugar ou os lugares onde se vaian realizar as probas. Es-ta listaxe publicarase nos centros de inscrición e no seguinte enderezo web:

http://www.edu.xunta.es/fp.

Que documentación cómpre levar o día da celebración da proba?

O documento oficial de identidade (DNI) e copia da folla da solicitude de inscrición.

Que materiais se poderán empregar na realización das probas?

Bolígrafos de tinta negra ou azul.

Calculadora non programable.

Para a proba de debuxo técnico, materiais básicos de debuxo: lapis, compás, regra, es-cuadra e cartabón.

Advertencias para o alumnado

Non se poderá acceder ao recinto con teléfonos móbiles nin ningún outro dispositivoelectrónico, agás as calculadoras permitidas para a realización das probas.

O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas.Non seguilas será causa de exclusión.

Page 4: Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superiores

Páxina 4 de 5

1.5 Exencións

Que exencións se poden solicitar?

Para ver todas as exencións que se poden solicitar, consúltese a seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas10/Nota_informativa_probas_2010.pdf

Que documento cómpre presentar xunto coa solicitude de inscrición, para que selle conserve a parte exenta na convocatoria do 2009?

O certificado da proba de acceso de 2009 onde figure a parte da proba como exenta.

Pode solicitar a exención condicional da parte específica o alumnado que estea encondicións de posuír, na convocatoria de xuño de 2010, un título de técnico quepertenza a algunha das familias profesionais incluídas na opción pola que se pre-senta?

Si. A solicitude de exención condicional farase xunto coa solicitude de inscrición para asprobas, segundo o modelo do anexo V da Resolución do 11 de xaneiro de 2010. O certifi-cado de superación da proba emitirase o 23 de xullo, sempre que se teña aprobada a partecomún da proba e se superara o ciclo medio correspondente.

A superación do ciclo de grao medio xustificarase mediante a certificación de pagamentodos dereitos de expedición do título de técnico, que se presentará no centro de inscriciónentre os días 12 e 16 de xullo, ambos os dous incluídos, e irá dirixida á presidencia do tri-bunal único. As certificacións de superación da proba estarán dispoñibles a partir do día23 de xullo.

En todo caso, poderán presentarse á parte específica da proba o día 27 de marzo.

Logo de solicitada a exención dalgunha das partes, poderase presentar ao examedesa parte?

Se a exención está concedida, non.

Que documentación cómpre presentar no caso de traballadores que soliciten aexención da parte específica por ter como mínimo un ano de experiencia laboral enxornada completa en campos profesionais que se correspondan cos estudos quese pretenda cursar?

No caso de traballadores por conta allea:

– Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboralque corresponda.

– Certificación da empresa ou das empresas onde se adquirira a experiencia laboral,segundo o modelo do anexo VI da orde publicada no DOG de 16 de xaneiro de2008. Non confundir co certificado de empresa emitido polas oficinas de emprego(TC2).

No caso de traballadores por conta propia:

– Certificación do período de cotización no réxime especial de traballadores autóno-mos.

– Certificación da inscrición no censo de obrigados tributarios.

Page 5: Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superiores

Páxina 5 de 5

– Memoria descritiva das actividades desenvolvidas durante o exercicio profesional,segundo o modelo do anexo VI da orde publicada no DOG de 16 de xaneiro de2008.

Quen ten que cubrir a certificación das empresas (anexo VI da orde publicada noDOG de 16 de xaneiro de 2008)?

As empresas onde se adquirira a experiencia laboral, e deberá estar asinada por unha per-soa responsable da empresa.

Que ten que figurar na certificación das empresas?

Teñen que constar especificamente as actividades laborais desenvolvidas pola persoa inte-resada relacionadas co campo profesional que corresponda cos estudos que pretenda cur-sar, así como o número de días e horas dedicadas a elas. Por cada actividade laboral debe-rá figurar o seguinte:

Máquinas, equipamentos e ferramentas que se empregaran, e grao de destreza no seumanexo.

Materiais utilizados para o traballo.

Información manexada (planos, esquemas, información telemática, instrucións diarias,etc.).

Resultados da actividade desenvolvida.

1.6 Conservación das partes aprobadas

Durante canto tempo se conservan as partes aprobadas da proba?

Durante dous anos consecutivos.

Que documento cómpre presentar xunto coa solicitude de inscrición, para que selle conserve a parte aprobada na convocatoria do 2009?

O certificado da proba de acceso de 2009, onde figure a parte da proba aprobada.

En que centros se poden solicitar os certificados das probas de acceso a ciclosformativos de grao superior do ano 2009?

No enderezo que se indica deseguido pódense atopar os centros emisores de certificadosdas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, cos seus centros adscritos deinscrición:

http://www.edu.xunta.es/fp/probasCS.htm