praza catalunya - fundació vila casas · 2018. 9. 27. · os numerosos debuxos de gonzález...

9
Blogs Hoxe en Praza: Praza Catalunya O blog sobre Catalunya de Praza Pública Sobre o blog Debuxar o espazo. Os trazos de Julio González Hai quen di que o escultor Julio González unha persoa moi discreta e con escaso recoñecemento en vida. Posteriormente aceptouse que o seu traballo artístico fora esteo para a creación da escultura do século XX. Os seus logros sobre papel (e algunhas esculturas) inzan estes meses as salas da Fundació Vila Casas. González quería ser pintor. Que atopou no ferro para facer dese metal a materia das súas creacións? A proposta expositiva de Vila Casas complétase con dúas mostras máis. Lito Caramés

Upload: others

Post on 26-Jan-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • BlogsHoxe en Praza:

    Praza CatalunyaO blog sobre Catalunya de Praza Pública

    Sobre o blog  

    Debuxar o espazo. Os trazos de JulioGonzález

    Hai quen di que o escultor Julio González unha persoa moi discreta econ escaso recoñecemento en vida. Posteriormente aceptouse que oseu traballo artístico fora esteo para a creación da escultura do séculoXX. Os seus logros sobre papel (e algunhas esculturas) inzan estesmeses as salas da Fundació Vila Casas. González quería ser pintor. Queatopou no ferro para facer dese metal a materia das súas creacións? Aproposta expositiva de Vila Casas complétase con dúas mostras máis.

    Lito Caramés

    http://praza.com/http://praza.com/blogshttp://prazacatalunya.prazapublica.com/http://prazacatalunya.prazapublica.com/sobre-o-bloghttp://prazacatalunya.prazapublica.com/post/178309449996/debuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lezhttp://prazacatalunya.prazapublica.com/post/178309449996/debuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lez

  • Deseños de Julio González: debuxar oespazo

    Estes días vén de abrirse ao público a mostra de debuxos de JulioGonzález que programa a Fundació Vila Casas nas súas salas (EspaisVolart) da rúa Ausias March de Barcelona: JULIO GONZÁLEZ-Dibuixos,papers i �gures de la col·lecció de l'IVAM. A Fundació Vila Casas é unhainstitución nacida da iniciativa dun home, Antoni Vila Casas, que se puxopor obxectivo principal fomentar a arte contemporánea que se fai enCataluña. A tal �n a fundación deste farmacéutico xa ten abertos

    https://t.umblr.com/redirect?z=http%3A%2F%2Fwww.fundaciovilacasas.com%2Fca&t=YTg4N2UwNjNiNWYyMzk5NmEyZjI2NDNjODliMGFkN2Q5MjM5MDg2NCxGTW5JV05HSw%3D%3D&b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F178309449996%2Fdebuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lez&m=1

  • espazos expositivos en varias localidades catalás, así como museos etamén promove concursos artísticos.

    O escultor Julio González Pellicer –con devanceiros galegos pola ramapaterna– nace e críase nunha familia de ourives (C. González e Hijos,Rambla de Catalunya) e decide ser pintor, aínda que co tempo será aescultura a disciplina artística que máis o atrae e o de�na. Pesaría nel aaprendizaxe familiar? Foi amigo de Pablo Picasso e doutro gran escultor,Pablo Gargallo, outro renovador da escultura do século XX. As máis de70 pezas que se exhiben nas salas da Fundació Vila Casas veñen doInstitut Valencià d’Art Modern (IVAM), que desde 1985, xa por comprasen Francia –segundo a�rma o propio museo, a compra de obra dunartista español no estranxeiro máis grande que se ten feito ata agora–,xa por doazóns das herdeiras do artista (Carmen Martínez e maisViviane Grimminger), foi acumulando obra de Julio González ata chegarás 400 obras, a colección máis completa deste artista que ten unhainstitución. As obras de González que agora de poden ver nos EspaisVolart sonna súa maioría deseños, catro esculturas importantes, cartase outros documentos do artista.

    Despois de pasar longas tempadas en París, onde coincide con tantosartistas españois no barrio de Montmartre, acaban sendo os anos trintaos de maduración expresiva para Julio González. Desde entón comezaun camiño que o leva a crear unha linguaxe escultórica e plástica moipersoal. No ano 1935 vende ao MOMA a única obra (Head, 1935) quevendeu en vida a un museo. González, coetáneo de escultores comoGargallo, Brancusi ou Calder, é quen de atopar o material apropiado (o

    https://t.umblr.com/redirect?z=https%3A%2F%2Fwww.ivam.es%2F&t=MWQ1MDVhNjZkOTY2MWZlOTQwMDU4ODBhYTgwMzNmNDk2Y2NhMTk3MixGTW5JV05HSw%3D%3D&b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F178309449996%2Fdebuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lez&m=1https://t.umblr.com/redirect?z=http%3A%2F%2Fvacioesformaformaesvacio.blogspot.com%2F2014%2F04%2Fjulio-gonzalez-pellicer-escultura.html&t=YThiMzExOGM0MDgzY2E0OGM1ZDViNmMxY2YzMzU0M2Q4MTI1NWQyYyxGTW5JV05HSw%3D%3D&b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F178309449996%2Fdebuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lez&m=1https://t.umblr.com/redirect?z=https%3A%2F%2Fwww.moma.org%2Fcollection%2Fworks%2F81251&t=MzI5YjE3OTEwYTEzZDg4ZTZjNjczODU1ZmNmYWI3ZTYyOGJkZGJkZSxGTW5JV05HSw%3D%3D&b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F178309449996%2Fdebuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lez&m=1

  • ferro) que lle permita re�ectir toda a expresividade propia. Xa en París,xa en Barcelona, pasa por varias etapas nas que semella que seaproxima máis ao cubismo ou ao surrealismo, pero ao �nal opta porfacer do espazo a única dimensión e a referencia exclusiva. Os seustemas -entre os que destaca sempre a �gura feminina (maternidades,labregas…)- van explorar as posibilidades do ferro no espazo. O ferrodebuxando liñas (variñas) de forte contido expresivo e poética sinxeleza;o ferro inventando volumes (pranchas) para suxerir a forza de corpos eobxectos.

    Dentro da súa evolución hai unha evidente tendencia da obra �gurativacara as pezas de gran contido abstracto. Todo parece indicar que estecamiño cara a abstracción (Monsieur cactus,Madame cactus) tenbastante que ver coa relación que González tivo con Picasso en París aolongo do ano 1928. Picasso quere facer unha escultura pública dehomenaxe a Apollinaire; quere que sexa en ferro, e sabe que quen sabediaso é Julio González. Así que lle pide axuda, e durante meses traballanxuntos no estudo de González sobre ese proxecto de monumento aopoeta Apollinaire.

    https://t.umblr.com/redirect?z=https%3A%2F%2Fwww.guggenheim.org%2Fartwork%2F1511&t=ZjRiZDRkNGJlMzRhZTU4NGMyZjI2ODJjMDk4Y2RmMjVmYTE2NTg3NixGTW5JV05HSw%3D%3D&b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F178309449996%2Fdebuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lez&m=1https://t.umblr.com/redirect?z=https%3A%2F%2Farte.laguia2000.com%2Fescultura%2Fhombre-cactus-de-julio-gonzalez&t=NGFhYTZiNGMyZjhkMGQyZDMxNGM5ODczMGIyYmYzMjYxNThjMTM4NSxGTW5JV05HSw%3D%3D&b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F178309449996%2Fdebuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lez&m=1

  • Debuxar o espazo. Maternité -Montserrat

    Os numerosos debuxos de González expostos pertencen aos primeirosanos do século XX e maiormente á década dos 30, anos do seuesplendor artístico. Tamén o asunto dos mesmos é variado: escenas,nus, máscaras (un dos seus temas preferidos) e por riba de todos a�gura feminina. E as maternidades. Os deseños tamén se atopan feitoscon lapis e tamén con lapis e con diversas tintas de cores. En todos elesdestaca o volume que os seus trazos e sombras logran impor ás �guras,xa sexa unha cabeza, xa un corpo enteiro, xa unha careta. Xa dicíaGonzález que o que quería era debuxar o espazo. E logrouno. Unha follade papel e un lapis son os útiles que González precisa para que ostrazos se ordenen no espazo e logren o efecto de profundidade contotal efectividade.

  • Julio González presentou para o Pabellón da República Española(Exposición Universal de París, 1937) unha peza soberbia:Montserrat, agora no Stedelijk Museum de Amsterdam. O artista,verdadeiro innovador da escultura do século XX, escolle unha �gurafeminina para evocar a traxedia da Guerra Civil. Unha campesiña, unhapagesa. A forza expresiva da �gura metálica nace das pranchas de ferro,bastas e que semella que non están traballadas. A forza emerxe daposición retadora e tensa da maternidade, do paso en diante: nada adetén; da fouce que brande na man dereita. A determinación desamuller concéntrase mormente na maternidade. Montserrat carrexa o�llo no brazo esquerdo –tapado por roupa– que se volve escudo contraos inimigos. A Montserrat, símbolo de loita, resistencia contra ofascismo. Desde non hai moito a cidade de Barcelona dedica unha prazaa Julio González, no Poblenou. Sería unha excelente iniciativa que esapraza tivese unha copia da escultura Montserrat, a peza máis simbólicade González.

    Pois ben, moitos dos deseños que agora se poden ver nas salas daFundació Vila Casas xiran arredor desa peza. Algunhas dasMaternité que o escultor debuxa son dos anos anteriores (1936, porexemplo); tal se diría que o artista anda á procura das formas de�nitivasda súa escultura. Outras, por contra, son posteriores, o que indica que amaternidade éra unha iconografía que lle interesaba moito a González.

    https://t.umblr.com/redirect?z=http%3A%2F%2Fwww.cervantesvirtual.com%2Fservlet%2FSirveObras%2F12937510889184852976846%2Fp0000001.htm&t=NmRjMDAyOWYyYWY0OGU5NDMxYzllNjczMmJmN2FlMTIyNTViMmQ4OCxGTW5JV05HSw%3D%3D&b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F178309449996%2Fdebuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lez&m=1https://t.umblr.com/redirect?z=https%3A%2F%2Fwww.stedelijk.nl%2Fen%2Fcollection%2F16628-julio-gonzalez-la-montserrat&t=ZDA1YmY0YjI3YzEzNThjYWNkZDQ4ODQ5YTEwOTk3YTE4Njk4MGRmNSxGTW5JV05HSw%3D%3D&b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F178309449996%2Fdebuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lez&m=1

  • A carón das maternidades tamén se repiten as cabezas femininas, quetamén en moitos casos van na liña da súa coñecida Tête de Montserratcrient (1942), obra posterior na que o artista retoma o mesmo tema, amesma preocupación pola situación que se vivía en España. Símbolosde loita antifascista, de loita feminista.

    No ano 2009 houbo no MNAC unha antolóxica de Julio González, conmáis de 200 pezas, unha verdadeira homenaxe da cidade ao seu artista.Xa daquela había moita obra do IVAM.

    Manuel Duque. Soñando una posibilidad

    As outras dúas propostas que Vila Casas envolve nos Espais Volart paraeste outono son unha antolóxica sobre o pintor Manuel Duque, poucocoñecido, e a combinación de obra da colección de DKV e mais da VilaCasas.

    A retrospectiva de Manuel Duque titúlase De la llum al món e xuntaunhas vinte obras pictóricas que percorren os anos de creación. ManuelDuque viviu anos en París (traballando de camareiro e outros o�ciosafastados da arte) e case sempre en Sabadell onde tivo que trasladarseao morrer o seu pai. Duque é un pintor do que se fala pouco e conescaso recoñecemento; proba diso é que moita da súa creación segue aestar no seu estudo de Sabadell nunha condicións de conservaciónpésimas, segundo comentou na presentación a comisaria, Inma Prieto.O interese de Duque sempre estivo na luz, e como ese fenómenocondiciona a percepción da natureza das cousas, o movemento dosobxectos e mesmo as paisaxes. Pero non a representación �gurativa da

    https://t.umblr.com/redirect?z=https%3A%2F%2Farte.laguia2000.com%2Fescultura%2Fcabeza-de-montserrat-gritando-de-julio-gonzalez&t=NTM4ZWQyOWUwN2M3YTBiYTFjMWI1NTBkMTMwMDMxNjdjZDVkOTMxNSxGTW5JV05HSw%3D%3D&b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F178309449996%2Fdebuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lez&m=1https://t.umblr.com/redirect?z=http%3A%2F%2Fwww.vieiros.com%2Fnova%2F70517%2Fjulio-gonzalez-o-gran-mestre-da-escultura-en-ferro&t=YzAzZWYxNTMwYjUyNGU5NGZlZmVkNjcyZGZjN2FlZGVlMGM1Yzg5MixGTW5JV05HSw%3D%3D&b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F178309449996%2Fdebuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lez&m=1

  • apisaxe, senón a captación da idea de paisaxe. A súa pintura non é�gurativa. As súas procuras lévano máis ben da abstracción áxestualidade da action painting do expresionismo abstracto.

    Soñando una posibilidad, pola súa parte, é una exposición comisariadapor Natàlia Chocarro e mais por Alicia Ventura que procura o diálogoentre obras moi variadas da arte contemporánea, tanto das colecciónsde DKV, a mutua de seguros médicos e mais da propia Fundación VilaCasas. Unha das premisas da proposta é o denominador común dasaúde, do benestar social e mais ambiental. Cada institución prestaunhas vinte pezas, e expóñense por parellas ou grupos máisnumerosos, segundo a�nidades e temas. O benestar visto polos artistasnun mundo en crise, nun mundo que convive co terrorismo, co cambioclimático, etc. Os temas son tratados desde diversos substratosartísticos. Hai fotografía, pintura, vídeos, esculturas, instalacións.

  • Lito Caramés

    EXPOSICIÓNS: JULIO GONZÁLEZ-Dibuixos, papers i �gures de lacol·lecció de l'IVAM, Soñando una posibilidad, De la llum al món

    Fundació Vila Casas

    ata o 30 de decembro de 2018

    Posted 4 days ago por: santiagra 0 Comentarios

    Me gusta 0 Tweet

    https://t.umblr.com/redirect?z=http%3A%2F%2Fwww.fundaciovilacasas.com%2Fca%2Fexposicio%2Fdibuixos-papers-i-figures-de-la-colleccio-de-livam&t=NjVlNzczMzEyZTYxZGY5MThjOWMxMzdhNzNkZmQxYzRjY2JiZGVlNixGTW5JV05HSw%3D%3D&b=t%3Apj6OK-MqtRiLD2d-FZFZbw&p=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F178309449996%2Fdebuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lez&m=1http://prazacatalunya.prazapublica.com/post/178309449996/debuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lezhttp://santiagra.tumblr.com/https://twitter.com/intent/tweet?original_referer=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F178309449996%2Fdebuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%25C3%25A1lez&ref_src=twsrc%5Etfw&text=Praza%20Catalunya%20%E2%80%94%20Debuxar%20o%20espazo.%20Os%20trazos%20de%20Julio%20Gonz%C3%A1lez&tw_p=tweetbutton&url=http%3A%2F%2Fprazacatalunya.prazapublica.com%2Fpost%2F178309449996%2Fdebuxar-o-espazo-os-trazos-de-julio-gonz%C3%A1lez&via=praza_oped