portada guia cancro · mortalidade de galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa...

18
GUÍAS DE GUÍAS DE HIGEA Deusa da Saúde Serie II INFORMES DO ESTADO DE SAÚDE SERIE II: Sección CANCRO DE MAMA: Informe 7 PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1992-2005 (Data de edición: novembro de 2006)

Upload: others

Post on 03-Jan-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

G U Í A S D EG U Í A S D E

HIGEADeusa da Saúde

Serie

IIINFORMES DO ESTADO

DE SAÚDE

SERIE II: Sección CANCRO DE MAMA:Informe 7

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM).

RESULTADOS 1992-2005

(Data de edición: novembro de 2006)

PORTADA guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:25 Página 1

Page 2: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

SERIE II: Sección CANCRO DE MAMA: Informe 7

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZDO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1992-2005

(Data de edición: novembro 2006)

ÍNDICE

- INTRODUCIÓN . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .1

- PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DOCANCRO DE MAMA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .3

- ESTRUTURA ASISTENCIAL . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .4

- PROGRAMA DE GARANTÍA DE CALIDADE . . . . . . .6

- RESULTADOS DO PROGRAMA 1992 -2005 . . . . . . .6

- CONCLUSIÓNS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .12

- REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS . . . . . . . . . . . . . . .14

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

1

INTRODUCIÓN

O cancro de mama continúa sendo a causa máisfrecuente de cancro entre as mulleres nos paísesdesenvolvidos. No ano 1998 diagnosticáronse naUnión Europea 210.631 novos casos, o que repre-senta o 28,59% de todos os cancros na muller. Astaxas de incidencia máis altas encontrámolas enDinamarca, Bélxica, Suecia e Holanda (con taxassuperiores a 110 por 100.000 mulleres) e as máisbaixas nos países da área mediterránea: España,Grecia e Portugal (con taxas inferiores a 75 por100.000)1 (táboa 1).

Con respecto á mortalidade por cancro de mama,continúa sendo a primeira causa de morte porcancro nas mulleres dos países da Unión Europea,onde en 1998 se rexistraron 73.592 mortes poresta causa, cunha taxa de mortalidade estandari-zada por idade á poboación europea de 28,28 por100.000 mulleres1 (táboa 1) destacando paísescomo Dinamarca, Bélxica e Holanda con taxassuperiores ao 35 por 100.000 mulleres, sendoEspaña, Suecia e Grecia os que presentan unhataxa menor.

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:17 Página 1

Page 3: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

Durante 2002 rexistráronse en España 20,64 mortespor 100.000 mulleres2, cifra superior á observada enGalicia, onde para o mesmo ano foi de 17,673. Nográfico 1 podemos ver a evolución da mortalidade enEspaña e Galicia desde 1992 ata 2002.Segundo os últimos datos obtidos do Rexistro deMortalidade de Galicia3, o cancro de mama continúasendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres(táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia 388mortes por esta causa, correspondendo o 24,2% amulleres entre 50 e 64 anos e o 63,9% a mulleresiguais ou maiores de 65 anos.

Polo tanto, o cancro de mama segue constituíndo unproblema de primeira orde. Non obstante, non éposible contar, na actualidade, con métodos eficacesde prevención primaria, xa que os factores de risco

2

Táboa 1: Incidencia e mortalidade por cancro de mama axustadas poridade en mulleres da Comunidade Europea. 1998

Ano 1998 Incidencia * Mortalidade *

Alemaña 89,43 29,00

Austria 86,14 27,90

Bélxica 114,27 36,99

Dinamarca 115,45 37,76

España 66,81 22,23

Finlandia 102,02 23,01

Francia 107,70 27,81

Grecia 67,97 20,91

Holanda 112,04 35,85

Irlanda 91,01 32,30

Italia 87,87 26,04

Luxemburgo 89,24 21,72

Portugal 70,46 23,59

Reino Unido 94,66 32,95

Suecia 113,98 24,56

Comunidade Europea (15) 92,04 28,28

* Taxas por 100.000 habitantes axustadas á poboación europeaFonte: EUCAN 98 (último ano de datos dispoñibles con taxas axus-tadas á poboación europea).

Táboa 2: Mortalidade por tumores na muller. Galicia 2002

Tumores Nº casos Proporción

Mama 388 13,38

Colon 317 10,93

Estómago 231 7,96

Pulmón/bronquios 159 5,48

Páncreas 175 6,03

Ovario 135 4,65

Útero (corpo e non específico) 97 3,34

Colo uterino 47 1,62

Outros 1.352 46,61

Total 2.901 100 %

Fonte: Rexistro de Mortalidade de Galicia. DXSP.

15

18

21

24

27

30

España (1) 27,57 25,53 25,02 24,74 22,85 22,6 22,25 21,42 20,87 21,52 20,64Galicia (2) 21,23 22,38 21,38 22,16 19,4 18,98 19,39 18,27 18,91 18,94 17,67

1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002

Gráfico 1: Evolución da mortalidade por cancro de mama en Galicia eEspaña. Taxas por 100.000 mulleres*.

* Taxas estandarizadas á poboación europea.Fonte: (1) Mortalidad por cáncer en España. Centro Nacional

de Epidemioloxía. Instituto de Saúde Carlos III(2) Rexistro de Mortalidade de Galicia. Dirección Xeral

de Saúde Pública.

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:17 Página 2

Page 4: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

máis importantes (idade, antecedentes familiares decancro de mama, antecedentes de patoloxíamamaria, menarquia precoz e menopausa tardía)non son modificables. No momento actual, osesforzos diríxense a establecer un diagnóstico o máisprecoz posible (prevención secundaria), medianteprogramas poboacionais de detección precoz, parapoder ofrecer un tratamento con máximas expecta-tivas de curación, xa que a supervivencia está moiligada ao estadio en que se encontra a enfermidadecando é diagnosticada.A proba máis útil e accesible para realizar a deteccióndun tumor de mama antes de que se manifeste clinica-mente é a mamografía, que demostrou ser un métodoeficaz para acadar o obxectivo de reducir a mortali-dade por cancro de mama. Aínda que a mamografíanon é unha proba definitiva, a súa utilidade foi enaumento ao longo dos anos, ao incrementar a súasensibilidade e reducir a dose de radiación.En Europa, todos os programas poboacionais decribado de cancro de mama inclúen as mulleres de 50-64 anos, ampliándose actualmente, na maioría deles,o rango de idade cara a mulleres maiores, ata os 69anos, seguindo as recomendacións do Consello daUnión Europea4. As mulleres máis novas con factoresde risco deben ter unha atención individualizada.

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRE-COZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM)

Co fin de abordar este problema, desde a DirecciónXeral de Saúde Pública, en colaboración coa Asocia-ción Española Contra o Cancro (AECC), púxose enmarcha en 1992 a primeira unidade de mamo-grafía5. Desde aquela, o programa foise estendendoata cubrir no ano 1998 o 100% da poboaciónobxectivo6.

Obxectivo xeral

Reducir a mortalidade por cancro de mama nasmulleres de 50 a 64 anos da nosa comunidade nunhaporcentaxe do 25% aos seis anos da implantacióncompleta do programa. No ano 2005 comezou a

ampliación paulatina do grupo de idade ata os 69anos, ampliación que rematará no 2009.

Obxectivos específicos

– Alcanzar unha participación do 70% das mullerescitadas.– Asegurar o acceso a un diagnóstico definitivo atodas as mulleres ás que se lles recomenda unha valo-ración clínica adicional.– Consolidar un adecuado sistema de información doprograma.

Poboación obxectivo

Ata o ano 2004 a poboación á que ía dirixida oprograma eran todas as mulleres residentes enGalicia de 50 a 64 anos. Seguindo as directrices daUE, a partir do ano 2005 o programa comezou aampliación progresiva do grupo de idade ata os 69anos, obxectivo que se alcanzará no 2009. Onúmero de mulleres deste grupo de idade, segundo opadrón de 2005, é de 334.994.

Proba de cribado

A proba básica de cribado é a mamografía. Realí-zanse dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudale oblicuamediolateral) en cada mama.

Frecuencia do cribado

O cribado realízase cunha periodicidade de dous anos.

Sistema de información

Ás mulleres obxectivo do programa envíaselles infor-mación do programa por carta, antes da citaciónpersoal para a realización da proba mamográfica.Desde as delegacións provinciais de Sanidade, oscoordinadores do programa manteñen reunións depresentación coas autoridades municipais, sanitarioslocais, prensa e radio local, etc. Así mesmo, ofrécensecharlas informativas a colectivos específicos e distri-búense carteis e folletos informativos a farmacias ecentros sanitarios e sociais da localidade.

3

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:17 Página 3

Page 5: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

Sistema de citación

A citación é persoal, envíase por carta de 10 a 15días antes da cita, e nela especifícase o lugar, día ehora en que debe acudir para a realización da probamamográfica. Na mesma carta facilítaselle unnúmero de teléfono para solicitar cambios de cita encaso necesario. Se a muller non acode, repítese acitación, tamén por carta.A relación de mulleres que hai que citar é obtida dorexistro de tarxeta sanitaria e dos padróns municipais.Exclúense os erros (idade, sexo) e as situacións damuller que fan imposible a cita (falecidas, incapaci-tadas ou de enderezo descoñecido). Os únicos crite-rios de exclusión para a realización da mamografíade cribado son ter padecido un cancro de mama outer realizado unha mamografía nos seis últimos meses.A programación das citas faise por concellos, deforma que se garante a periodicidade de dous anosdo cribado en cada concello (cun intervalo de ± catromeses). Esta programación pode consultarse napáxina web da Dirección Xeral de Saúde Pública:http://dxsp.sergas.es , que é actualizada cada seismeses.

Comunicación dos resultados da mamografíade cribadoSe o resultado é negativo, as mulleres reciben a infor-mación por carta personalizada, recomendándollesseguir no programa e convidándoas a repetir oestudo ao cabo de dous anos. No caso de que sexanecesario realizar unha valoración clínica adicionalpara chegar a un diagnóstico, infórmase por cartacertificada e con xustificante de recepción. Na mesmacarta, facilítaselles unha cita para seren atendidasnunha unidade hospitalaria de diagnóstico e trata-mento. O día anterior á cita, chámase por teléfono amuller para confirmala.

Información a usuarias

O programa conta cun teléfono de atención directapara as súas usuarias, ao que poden dirixirse parainformar sobre cambios de domicilio, recente empa-droamento, cambios de cita, solicitar información ...(Tel.: 981 14 14 14).

Todas as mulleres que precisan ir ao hospital para arealización da valoración clínica adicional, dispoñende dous teléfonos (981 54 18 95 e 981 54 18 97) cosque poden contactar no caso de precisar informaciónou cambio de cita no hospital.

ESTRUTURA ASISTENCIAL

A estrutura asistencial do programa está formadapolas seguintes unidades:

1.- Unidades de mamografía:

Nestas unidades é onde se realiza a mamografía.Cando as mulleres acoden á unidade son atendidaspor persoal administrativo ou por un técnico especia-lista en radiodiagnóstico (TER), que confirma os datosde filiación e realiza unha enquisa sobre factores derisco de cancro de mama. Posteriormente é un técnicoespecialista en radiodiagnóstico (TER) o responsablede realizar as mamografías. O programa iniciouse cunha unidade de mamografía,e progresivamente fóronse incorporando novasunidades ata alcanzar, en 2005, as 13 existentes(nove fixas e catro móbiles). A situación actual das unidades de mamografía fixasé a seguinte:

Na Coruña e en Vigo hai dúas unidades fixas namesma situación, que, xunto coa de Ferrol, come-zaron a súa actividade a principios do ano 2005.As nove unidades fixas están conectadas en liña aosistema informático do programa.Para mellorar a accesibilidade a estas unidades,ponse á disposición das usuarias do programa, que

4

LOCALIZACIÓN SITUACIÓN

A Coruña Delegación Provincial de Sanidade

Santiago de Compostela Hospital Gil Casares

Ferrol H. Novoa Santos

Lugo Hospital Provincial San José

Ourense Delegación Provincial de Sanidade

Pontevedra Delegación Provincial de Sanidade

Vigo Casa do Mar

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:17 Página 4

Page 6: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

residan nun municipio que diste máis de 25 km e condeficitarias vías de comunicación coa unidade demamografía fixa que lle corresponda, un sistema detransporte gratuíto en autobús.As catro unidades móbiles cobren aqueles concellosque están afastados das unidades fixas.

2.- Unidades de avaliación radiolóxica:

A lectura das mamografías está centralizada nestasunidades, formadas, durante o 2005, por radiólogosdos Servizos de Radioloxía dos seguintes hospitais:Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo (ACoruña) con seis radiólogos e Complexo Hospitalariode Pontevedra con outros seis radiólogos. En todas elasrealízase unha dobre lectura das placas de forma inde-pendente por dous radiólogos. Os criterios de clasifi-cación radiolóxica das alteracións fanse seguindo asrecomendacións da American College of Radiology(ACR) referidas ao Breast Imaging Reporting and DataSystem (BI-RADS), o que permite a clasificación porcategorías en canto á probabilidade de malignidade:

Todas as mamografías son etiquetadas cun código debarras, o que facilita a súa identificación e informati-zación. Existe un arquivo centralizado de mamogra-fías, desde onde se facilitan sistematicamente asmamografías realizadas en exploracións anteriores,para a súa valoración polos radiólogos do programa.

3.- Unidades de diagnóstico e tratamento:

Estas unidades están integradas polas consultas decirurxía e/ou xinecoloxía dos hospitais da rede asis-tencial do Sergas. Todas elas contan cun comité demama no cal participan especialistas das diferentesáreas (radiólogos, xinecólogos, cirurxiáns, anatomo-patólogos, oncólogos, radioterapeutas, etc).A todas as mulleres que participan no programa eque precisan valoración clínica adicional para odiagnóstico definitivo, se lles oferta unha cita nestas

unidades da rede asistencial do Sergas, independen-temente do seu tipo de aseguramento. Se se precisasetratamento tras o diagnóstico, este realizarase acargo do seguro sanitario de cada muller.Os hospitais que participan no programa son osseguintes:

Provincia da Coruña:- Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejoda Coruña- Complexo Hospitalario Universitario de Santiago deCompostela- Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-NovoaSantos de Ferrol- Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira de Cee

Provincia de Lugo: - Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo- Hospital da Costa de Burela- Hospital Comarcal de Monforte

Provincia de Ourense:- Complexo Hospitalario de Ourense- Hospital Comarcal de Valdeorras- Fundación Hospital Verín

Provincia de Pontevedra: - Complexo Hospitalario de Pontevedra - Complexo Hospitalario Universitario de Vigo:- Hospital Xeral Cíes- Hospital do Meixoeiro - PovisaDesde os hospitais remítese información sobre asmulleres que acudiron á cita, as probas realizadas, odiagnóstico definitivo, o estadio dos cancros detec-tados e o tratamento instaurado.

Xestión e coordinación

A xestión das unidades de mamografía está centrali-zada na Unidade de Coordinación Central, situadana Delegación Provincial de Sanidade da Coruña,desde onde se coordina o persoal das unidades demamografía e o circuíto e almacenamento das mamo-grafías. Desde a Unidade de Coordinación Centralenvíanse as cartas de presentación do programa, asde cita ás unidades de mamografía, e por último ascartas ás mulleres con resultado negativo.

5

Mamografías negativas Mamografías positivas

1 – Normal 3 – Baixa probabilidade

2 – Benigna 4 – Media probabilidade

5 – Alta probabilidade

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:17 Página 5

Page 7: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

A coordinación das unidades de avaliación radioló-xica e das unidades de diagnóstico e tratamento estácentralizada no Servizo de Programas Poboacionaisde Cribado da Dirección Xeral de Saúde Pública,onde se xestionan as citas hospitalarias e se envían ascitas ás unidades de diagnóstico e tratamento porcarta certificada e se realiza a súa confirmación tele-fónica. Posteriormente grávase a información remi-tida polos hospitais.

Sistema informáticoA base de datos do sistema informático do programaestá centralizada. A ela accédese desde as distintasunidades, mediante un programa deseñado para oefecto con arquitectura cliente/servidor. O sistemagarante o cumprimento dos criterios establecidos polaLei orgánica de protección de datos de carácterpersoal (LOPD).O programa informático soporta todos aqueles proce-dementos de introdución e modificación de datos parao funcionamento do programa: proceso de citación,introdución de resultados, envío de cartas, asignaciónde citas a hospitais e diagnóstico. O acceso ás táboasde indicadores, que se actualizan semanalmente, éposible desde calquera PC conectado á rede da Xuntade Galicia que leve instalado este programa.

PROGRAMA DE GARANTÍA DE CALIDADE

Desde 1996, o Programa galego de detección precozdo cancro de mama está integrado na “EuropeanBreast Cancer Network” (EBCN)7, na cal participan amaioría dos países europeos.O control de calidade de imaxe foi o primeiroproxecto que se iniciou dentro do Programa degarantía de calidade, co obxectivo de conseguirimaxes de moi alta calidade coa dose máis baixaposible de radiación, e reducir os custos minimizandoas perdas de tempo e de material8, 9.Progresivamente foise ampliando a outras áreas doprograma para conseguir a máxima calidade:– Formación continuada: cursos, reunións e obra-doiros para TER, radiólogos, auxiliares administra-tivos, técnicos e outros profesionais implicados noprograma.

– No ano 1998, editouse a tradución para o castelándas European Guidelines for Quality Assurance inMammography Screening, 2nd edition10 . No ano2002 traducíronse as European Guidelines forQuality Assurance in Mammography Screening, 3nd

edition11, en formato electrónico.– Elaboración de procedementos normalizados detraballo (PNT).– Ademais, no ano 1999 elaborouse unha Guía parao diagnóstico e tratamento do cancro de mama12. Noano 2003 editouse unha nova Guía para o diagnós-tico e tratamento do cancro de mama. 2002, que tencomo finalidade servir como documento de referenciaa todos os profesionais implicados no diagnóstico etratamento desta patoloxía13.Para coñecer a opinión e o grao de satisfacción dasmulleres que participan no programa realízanseenquisas periódicas, e os seus resultados permitenintroducir posibles factores correctores co fin demellorar a calidade do programa14, 15, 16, 17. 18. 19.

RESULTADOS DO PROGRAMA 1992-2005

A implantación do programa foi progresiva, polo quesimultaneamente se realizan a primeira e sucesivascampañas de cribado, segundo as áreas xeográficas.Por primeira campaña enténdese a primeira vez queson citadas as mulleres dun municipio. Cando aosdous anos volven citar as mulleres dese mesmo muni-cipio considérase segunda campaña e así sucesiva-mente. A primeira campaña finalizou en outubro de1998, data en que se conseguiu a cobertura do 100%da poboación obxectivo do programa nese momento,as mulleres de 50 a 64 anos 6. Isto debe diferenciarse das roldas de cribado. Consi-dérase primeira rolda a primeira exploración decribado que realiza unha muller dentro do nosoprograma, con independencia da campaña en que amuller é examinada e independentemente de previasinvitacións ou recordatorios, e roldas sucesivas todasas exploracións de cribado sucesivas, realizadas noprograma, despois dunha exploración inicial, inde-pendentemente da campaña.A base de datos do PGDPCM é unha base dinámica,polo que no labor de mellora continua e para

6

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:17 Página 6

Page 8: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

adecuala á obtención dos indicadores propostos nasGuías europeas de garantía de calidade en cribadomamográfica (3ª edición), actualizamos periodica-mente a base de datos das mulleres invitadas, o quefai que algúns datos poidan cambiar con respecto aospublicados con anterioridade 20, 21, 22. Os resultados obtidos varían moito segundo sexa arolda de cribado. Na primeira rolda detéctanse todosos casos existentes nese momento (casos prevalentes),nas roldas sucesivas unicamente os casos novos(casos incidentes); por iso, os resultados exprésansepor roldas.

a.- Participación

Neste informe recóllese a actividade e os datos departicipación desde o inicio do programa ata o ano2005.

Depurados os datos obtidos da tarxeta sanitaria e dospadróns municipais detectáronse os seguintes erros emotivos polos cales as mulleres non puideron sercitadas: 0,64% fóra do rango de idade, 0,57%mulleres falecidas, 0,07% incapacitadas, 4,88% habíamenos de 6 meses que realizaran unha mamografía,0,26% estaban diagnosticadas de cancro de mama e2,64% estaban ilocalizables (táboa 3). Tras excluírestas mulleres, realizáronse 1.086.350 invitacións.Realizáronse 803.577 exploracións, das cales310.307 corresponden a mulleres que acudían enprimeira rolda á unidade de mamografía e 493.270corresponden a exploracións feitas a mulleres queacudiran en roldas sucesivas.A participación global obtida foi do 73,97% (táboa4). A participación foi un pouco inferior no grupo de60 a 65 anos (gráfico 2).

7

Invitacións Exploracións Taxa de participación*

1992-97 245.473 174.351 71,031998 88.729 64.966 73,221999 101.398 72.643 71,642000 105.046 77.299 73,542001 103.041 77.584 75,292002 107.040 80.202 74,932003 109.502 82.752 75,572004 95.030 77.820 81,89

2005 ** 131.047 95.956 73,22GLOBAL 1.086.350 803.577 73,97

Táboa 4: Evolución da participación. Resultados globais

*Porcentaxe de mulleres exploradas sobre o total de mulleres convidadas a participar

** Neste ano comezaron a súa actividade tres novas unidades de exploración mamográfica.

Táboa 3: Evolución dos motivos que impiden a cita.

Fóra idade Falecemento Incapacidade Ilocalización Mamografía Cancro derecente mama

1992-97 2,37 0,51 0,13 7,47 4,30 0,20

1998 0,24 0,72 0,08 3,14 5,51 0,20

1999 0,08 0,49 0,06 0,73 6,09 0,33

2000 0,06 0,46 0,06 0,62 5,24 0,38

2001 0,04 0,72 0,04 0,28 5,39 0,34

2002 0,04 0,88 0,02 0,44 4,20 0,32

2003 0,04 0,50 0,05 0,59 4,62 0,31

2004 0,04 0,74 0,04 0,51 3,81 0,18

2005(*) 0,03 0,19 0,03 1,47 4,81 0,18

GLOBAL 0,64 0,57 0,07 2,64 4,88 0,26

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:17 Página 7

Page 9: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

Na táboa 5 móstrase a evolución da participación porprovincias, destacando a alta participación en todaselas desde a posta en marcha do programa. Na actua-lidade o programa parece consolidado e no ano 2005,a participación foi superior ao 75% nas provincias daCoruña Lugo e Ourense, destacando a provincia de

Lugo que acadou máis dun 82%. Ademais, a participa-ción global alcanza case o 90% en roldas sucesivas.

b.- Resultados da exploración e lecturamamográfica

A exploración mamográfica foi negativa no 95% dasmulleres exploradas, aínda que nun 0,28% das explo-racións realizadas foi necesario repetir a mamografíapor problemas técnicos, e a un 0,98% recomendóuse-lles unha mamografía intermedia de control aos 9-12meses (táboa 6).A un 3,82% das mulleres recomendóuselles unhavaloración clínica adicional. A proporción demulleres con valoración clínica adicional redúcesecoa idade, como se pode ver no gráfico 3, e coasroldas (táboas 7 e 8).

8

Gráfico 2: Participación por grupos de idade no período 1992-2005

75,5 71,9

0

20

40

60

80

50-54 55-59 60-65

Global: 73,97 %

∞%

74,9

Táboa 5: Participación por provincias. Anos 1992-2005

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Total

1992-97 73,62 69,10 69,09 68,94 71,03

1998 76,31 72,64 69,57 71,35 73,22

1999 74,32 69,73 71,22 68,84 71,64

2000 77,36 76,88 73,39 68,06 73,59

2001 77,28 72,74 71,20 75,97 75,29

2002 74,56 78,28 74.83 74,39 74,93

2003 78,47 75,66 74,02 72,55 75,57

2004 83,60 78,16 79,83 82,19 81,89

2005 75,42 82,56 78,27 65,17 73,22

* Inclúe todas as mulleres citadas nas unidades de diagnóstico e tratamento

Exploracións Negativas % Control 9-12 Repeticións por Valoraciónmeses % motivos técnicos % clínica adicional %*

1992-97 174.351 91,73 1,82 0,68 6,021998 64.966 93,52 1,58 0,18 4,811999 72.643 93,93 1,34 0,29 4,522000 77.299 95,16 0,82 0,31 3,782001 77.584 95,44 0,63 0,21 3,762002 80.202 96,52 0,43 0,13 2,962003 82.752 97,09 0,47 0,12 2,352004 77.820 97,15 0,44 0,16 2,272005 95.956 97,46 0,49 0,05 2,00

GLOBAL 803.577 95,00 0,98 0,28 3,82

Táboa 6: Resultados da proba de cribado. Datos globais. Anos 1992-2005

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:17 Página 8

Page 10: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

c.- Resultados da valoración clínica adicional

Os datos relativos ao diagnóstico e tratamentopreséntanse unicamente ata decembro de 2003,debido a que desde a data da exploración ata aconfirmación diagnóstica dos cancros detectados nos

controis intermedios pode existir un período de tempode máis dun ano. Co fin de facilitar unha información fiable sobre oscasos detectados, unicamente se presentan datos defi-nitivos ata decembro de 2003, debido a que hai unperíodo de tempo desde a data da mamografía ata aconfirmación diagnóstica dos cancros detectados noscontrois intermedios. No período 1992-2003, entre as pacientes remitidasao hospital para estudo, diagnosticáronse 2.219cancros, o que supón un valor predictivo positivo de8,34% e unha taxa de detección de 3,52 por 1.000mulleres exploradas (táboa 9). A taxa de detecciónmostra un incremento coa idade, como se observa nográfico 4. Entre as mulleres que acudiron porprimeira vez ao programa, a taxa de detección (4,34por mil) é máis elevada que en roldas sucesivas (2,89

9

0,00

2,00

4,00

6,00

8,00

50-54 55-59 60-65

% Global: 3,82 %

5,24

3,23 3,08

Gráfico 3: Proporción de mulleres con valoración clínica adicional por gru-pos de idade no período 1992-2005

* Inclúe todas as mulleres citadas nas unidades de diagnóstico e tratamento

Exploracións Negativas % Control Repeticións por Valoración9-12 meses % motivos técnicos % clínica adicional %*

1992-97 142.568 90,79 2,04 0,69 6,771998 30.520 90,03 2,83 0,25 7,041999 24.799 88,47 3,35 0,46 7,932000 23.112 90,33 2,48 0,36 6,982001 19.107 90,19 2,28 0,39 7,262002 18.906 91,62 1,70 0,20 6,612003 17.219 92,69 2,10 0,15 5,172004 14.443 92,22 2,24 0,30 5,322005 19.633 93,24 2,24 0,08 4,44

GLOBAL 310.307 90,84 2,28 0,47 6,62

Táboa 7: Resultados da proba de cribado. Primeira rolda. Anos 1992-2005

* Inclúe todas as mulleres citadas nas unidades de diagnóstico e tratamento

Exploracións Negativas % Control Repeticións por Valoración9-12 meses % motivos técnicos % clínica adicional %*

1992-97 31.787 95,95 0,81 0,63 2,731998 34.446 96,61 0,47 0,11 2,841999 47.844 96,77 0,30 0,21 2,762000 54.187 97,21 0,11 0,29 2,422001 58.477 97,15 0,10 0,15 2,612002 61.296 98,03 0,04 0,10 1,842003 65.533 98,25 0,04 0,11 1,612004 63.377 98,27 0,03 0,13 1,582005 76.323 98,54 0,04 0,04 1,37

GLOBAL 493.270 97,62 0,16 0,17 2,07

Táboa 8: Resultados da proba de cribado. Roldas sucesivas. Anos 1992-2005

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:18 Página 9

Page 11: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

por mil) (táboa 10), o mesmo que sucede co VPP quese incrementa coa rolda e coa probabilidade asig-nada segundo a clasificación BI-RADS (gráfico 5).

Durante o período 1992-2003, desde as unidades dediagnóstico e tratamento notificáronse as seguintesexploracións complementarias: 1.526 puncións aspira-ción con agulla fina (PAAF), un 20,31% das cales foronpositivas e 3.870 biopsias (616 biopsias core e 3.254cirúrxicas), das cales un 43,31% foron positivas. Arazón entre o número de biopsias cirúrxicas con resul-tado negativo e resultado positivo é máis favorable enroldas sucesivas, tendo como obxectivo aceptable o deser ≤1 (táboa 11).

10

0

1

2

3

5

50-54 55-59 60-65

4

Global: 3,52 por mil∞%

2,85 2,853,68

Gráfico 4: Taxa de detección por grupos de idade no período 1992-2003

0

20

40

60

80%

1º Ronda 1,52 9,43 59,72

Rondas suc. 4,06 16,87 64,32

Pocaprobabilidad

Moderadaprobabilidad

Altaprobabilidad

Gráfico 5: Valor predictivo positivo segundo BIRADS e rolda de explora-ción. Anos 1992-2003

1ª Rolda Roldas sucesivas

Cancros Taxa VPP

Cancros TaxaVPPdetectados detección * detectados detección *

1992-97 662 4,64 7,01 97 3,05 11,48

1998 139 4,55 6,63 96 2,79 9,99

1999 105 4,23 5,43 128 2,68 9,81

2000 91 3,94 5,74 165 3,05 12,78

2001 71 3,72 5,14 183 3,13 12,09

2002 69 3,65 5,60 165 2,69 14,91

2003 61 3,54 6,91 187 2,85 18,10

GLOBAL 1.198 4,34 6,54 1.021 2,89 12,67

Táboa 10: Cancros detectados. Anos 1992-2003

* Por 1.000 mulleres exploradas

* Por 1.000 mulleres exploradas

Cancros Taxa VPPdetectados detección *

1992-97 757 4,34 7,36

1998 235 3,62 7,36

1999 233 3,21 7,68

2000 256 3,31 7,20

2001 254 3,27 8,90

2002 234 2,92 8,78

2003 248 3,00 10,00

GLOBAL 2.219 3,52 8,34

Táboa 9: Cancros detectados. Datos globais. Anos 1992-2003

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:18 Página 10

Page 12: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

Dos cancros detectados, 306 foron carcinomas ductais“in situ” e 1.831 tumores invasivos, non constando a

estadificación en 82 cancros (táboa 12). De todos ostumores con estadificación, case o 39% estaban clasi-ficados en estadio II ou superior. Esta porcentaxe émáis elevada en mulleres en primeira rolda (táboa13). En canto á afectación ganglionar, o 73,6% doscancros non tiñan invasión ganglionar, chegando ao77% nos casos detectados en roldas sucesivas.

11

1ª RoldaRoldas

Totalsucesivas

1992-97 1,64 1,04 1,56

1998 1,98 1,16 1,61

1999 1,85 0,78 1,26

2000 1,90 0,82 1,20

2001 1,94 0,89 1,17

2002 1,90 0,76 1,11

2003 1,63 0,64 0,89

GLOBAL 1,75 0,83 1,31 Obxectivo

aceptable ≤ 1 ≤1

Táboa 11: Razón de biopsias cirúrxicas benignas/malignas. Anos 1992-2003

* 82 tumores sen estadificación, (50 en primeira rolda e 32 en rol-das sucesivas)

** por 1.000 mulleres exploradas

* Porcentaxe sobre os casos estadificados.** O estadio IIIC incorporouse no ano 2002 á nova clasificación TNM (Sobin LH, Wittekind CH, editors. TNM Clasification of Malignant Tumours. UICC (6ª ed). New York: Wiley-Liss: 2002)

1ª RoldaRoldas

Globalsucesivas

Cancros “in situ” 172 133 306

Cancros invasivos 976 855 1.831

Tumores detectados * 1.198 1.021 2.219

Taxa detección** 4,34 2,89 3,52

Táboa 12: Resultados diagnósticos. Anos 1992-2003

Táboa 13: Porcentaxe de estadificación* dos casos declarados segundo roldas. Anos 1992-2003

0 I IIA IIB IIIA IIIB IIIC** IV

1º rolda 15,0 42,8 22,9 12,8 3,9 1,2 0,5 0,9

Roldas sucesivas 13,4 51,9 21,5 7,0 3,7 1,4 0,2 0,7

GLOBAL 14,3 47,0 22,3 10,1 3,8 1,3 0,4 0,8

Táboa 14: Tempos entre procesos segundo o período. Anos 1992-2003

Mediana en días

Observada Obxectivo

1992-97 1998 1999 2000 2001 2002 2003

Mediana entre exploración e resultado 8 11 15 13 8 6 6 15

Mediana entre exploración e cita hospital 27 29 35 28 26 27 28 30

Mediana entre diagnóstico e tratamento 28 24,5 20 27,5 22 22 26 21

A partir do ano 1999 dispoñemos de información sobreo tratamento cirúrxico desagregado en mastectomía ecirurxía conservadora da mama. Nos anos 2000-2003,o 55,7% das mulleres que recibiron tratamento cirúrxicoforon sometidas a cirurxía conservadora da mama.

d.- Tempo entre procesos e custos

Outro dos indicadores do programa son os temposentre os principais procedementos: a mediana entre

a realización da mamografía de cribado e a grava-ción de resultados foi de 9 días, e de 28 ata a citaao hospital. Nos casos con diagnóstico de cancro,a mediana de tempo entre o diagnóstico e o iniciodo tratamento no centro hospitalario de referenciafoi de 26 días. Estes tempos son os acumuladosdesde novembro de 1992 ata decembro de 2003.A súa evolución neste período móstrase na táboa14.

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:18 Página 11

Page 13: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

En canto aos custos acumulados ata decembro de2005, como se pode observar na táboa 15, o custoacumulado por muller explorada durante este períodofoi de 30,81 . Os maiores custos do programacorresponden a persoal e mantemento.

CONCLUSIÓNS

A realización periódica de mamografías de cribadoa mulleres de 50 a 69 anos é unha proba recomen-dada polo Consello da Unión Europea 4. Actualmentetodas as comunidades autónomas dispoñen deprogramas de cribado de cancro de mama23.Non está claro o beneficio en mulleres máis novas,pero existe evidencia científica que apoia o beneficiono grupo de idade ata os 69 anos, polo que existiuun importante consenso para ampliar o programa aeste grupo de idade cando se alcanzou a coberturado 100% no grupo de 50-64 anos.A porcentaxe de mulleres que participaron naprimeira campaña do PGDPCM e que manifestaronter realizada algunha mamografía con anterioridadefoi do 27,6%, porcentaxe inferior á correspondente ásmulleres españolas (31,9 %) e europeas (38 %) Coa implantación do programa na nosa comunidadeconseguiuse alcanzar unha situación similar á dapoboación española. Nunha enquisa realizada enEspaña no ano 2003, o 87,8% das mulleres espa-ñolas con idade comprendida entre os 50 e os 64anos realizaron algunha mamografía previa e destas

o 93,3% fixérona nos últimos tres anos. Os datos deGalicia indican que estas porcentaxes son asseguintes: o 94,5% das mulleres dese grupo de idaderealizaron unha mamografía previa e destas o 95,9% realizárona nos últimos tres anos.

a.- Indicadores de procesos

A curto prazo a avaliación realízase a través de indi-cadores de calidade do proceso. Como estándares dereferencia neste documento utilizamos os indicadorespropostos pola European Guidelines for Quality Assu-rance in Mammography Screening, 3th edition, doPrograma Europa contra o cancro11.A taxa de participación global desde o comezo doprograma é de 73,97%, o que a sitúa en niveis acep-tables de participación (>70%). Na evolución temporalvemos o aumento progresivo da participación, querolda o 75% no 2001, 2002 e 2003, chegando o81,9% no ano 2004. Non obstante, é importantesubliñar que existe unha participación lixeiramenteinferior no grupo de 60-65 anos, aínda que nestegrupo de idade é no que existe unha taxa de detecciónde cancros maior. En roldas sucesivas alcánzase unhaparticipación global de case o 90%, o que indica unhaelevada adherencia das mulleres ao programa.No período 1992-2003, se comparamos os resul-tados obtidos cos estándares europeos (táboas 16,17, 18), obsérvase que case todos os valores estándentro dos niveis considerados aceptables, tanto na1ª rolda como nas sucesivas.

12

Custos totais acumulados % Custo

Investimento 2.735.021,54 11

Mantemento 10.231.311,86 40

Persoal 12.320.597,39 49

Total 25.286.930,92 100 %

Custo acumulado por muller explorada 30,81 €

Custo anual por muller explorada 30,86 €

Táboa 15: Custos do Programa de cancro de mama, acumulados atadecembro de 2005

Aceptable Desexable PGDPCM

Taxa de participación >70% >75% 73,97%

% exploracións con repetición técnica

<3 <1 0,28

Mamografías <1 0 0,98intermedias

% Carcinoma ductal in situ

10% 10-20% 14,3

Táboa 16: Comparación dos resultados do PGDPCM cos estándares pro-postos por Europa contra o cancro no período 1992-2003

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:18 Página 12

Page 14: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

O incremento progresivo do tempo de inicio do trata-mento fai necesaria a adopción de medidas correc-toras para poder alcanzar o obxectivo do programa(táboa 14).No ano 2003 empezouse un estudo dos casos novosde cancro de mama nos hospitais do Sergas, quepermitirá sistematizar a análise dos cancros de inter-valo1, e facilitará o control de calidade do programa.Nestre momento, dispoñemos de datos preliminarescorrespondentes ao período 1996-200024. A inci-

dencia de cancros de intervalo foi de 6,6 casos por10.000 mulleres cribadas nos 24 meses seguintes áexploración, sendo a incidencia proporcional2 nosonce primeiros meses de 12,9% (estándar desexable<30%) e de 34,3% nos 12-23 meses seguintes(estándar desexable <50%).

b.- Indicadores de resultados a longo prazo

Para analizar o impacto do PGDPCM sobre a morta-lidade por cancro de mama, no ano 2001 oprograma iniciou un estudo en colaboración coCentro Nacional de Epidemioloxía do Instituto deSaúde Carlos III25. Nos últimos datos actualizados deque dispoñemos, constátase unha redución do 18,8%de mortes observadas con respecto á mortalidadeesperada por esta causa no grupo de idade de 50 a64 anos e para o período 1998-2002. De calqueramaneira, dada a longa supervivencia das mullerescon cancro de mama, aínda é pronto para coñecer oimpacto global do programa sobre a mortalidade.Realizouse tamén no ano 2005 un informe sobre asupervivencia das mulleres diagnosticadas poloPGDPCM de 1993 a 200226, no cal se conclúe que asupervivencia das mulleres diagnosticadas poloprograma é nitidamente superior á das mulleres diag-nosticadas con cancro de intervalo e á das mulleresdiagnosticadas fóra do programa, diferenza que seconcreta nun risco de falecer por cancro de mama de,respectivamente, 2,8 (IC95%: 1,9 a 4,1) e 3,1 (IC95%:2,3 a 4,1) veces inferior aos 9 anos de seguimento. A previsión do programa é seguir mantendo a activi-dade actual das unidades de mamografía paragarantir a cobertura e frecuencia adecuada destaactividade preventiva, continuando coa ampliaciónprogresiva do rango de idade ata os 69 anos dasmulleres que xa están no programa.Outro obxectivo é conseguir incrementar e manter aparticipación por riba do 75%. Para isto é necesarioseguir promovendo a participación desde atenciónprimaria e especializada, contando co apoio detodos os profesionais sanitarios implicados.

13

Aceptable Desexable PGDPCM

% Valoración clínica adicional

<7 <5 6,62

Taxa de detección por mil mulleres 4,2 >4,2 4,34exploradas*

Razón biopsias cirúrxicas <1:1 <0,5:1 1,75benignas/malignas

Cancros sen afectación ganglionar 70 >70 70,46

Estadio II+ 25 <25 42,25

Táboa 17: Comparación dos resultados do PGDPCM cos estándares pro-postos por Europa contra o cancro en primeira rolda no período 1992-2003

Aceptable Desexable PGDPCM

% Valoración clínica adicional

<5 <3 2,07

Taxa de detección por mil mulleres 2,1 >2,1 2,89exploradas*

Razón biopsias cirúrxicas <1:1 <0,2:1 0,83benignas/malignas

Cancros sen afectación ganglionar 75 >75 77,20

Estadio II+ 20 <20 34,58

Táboa 18: Comparación dos resultados do PGDPCM cos estándares pro-postos por Europa contra o cancro en roldas sucesivas no período 1992-2003

1 Os cancros de intervalo defínense como cancros de mama que aparecen tras un episodio de cribado negativo (que pode incluír valoraciónclínica adicional) e antes da seguinte rolda de cribado programada.2 A incidencia proporcional é a incidencia de cancro de intervalo expresada como proporción da incidencia basal de cancro de mama.

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:18 Página 13

Page 15: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

1 Ferlay J, Bray F, Sankila R, Parkin DM. EUCAN:Cancer Incidence, Mortality and Prevalence in theEuropean Union 1998 [en liña]. Versión 5.0. IARCCancerBase no. 4. Lyon: IARCPress; 1999. [Data deacceso: 31/03/06]. URL dispoñible en: http:www-dep.iarc.fr/eucan/eucan.htm2 Centro Nacional de Epidemiología. Instituto deSalud Carlos III. Mortalidad por cáncer en España.Mujeres 2002 [en liña]. Madrid: Centro Nacional deEpidemiología. Instituto de Salud Carlos III. [Data deacceso: 30/03/2006] URL dispoñible en:http://193.146.50.130/cancer/mort2002.txt3 Dirección Xeral de Saúde Pública. Servizo de Infor-mación sobre Saúde Pública. Mortalidade en Galicia2002. Santiago de Compostela: Consellería de Sani-dade. Documento interno.4 Recomendación del Consejo de 2 de diciembre de2003 sobre el cribado del cáncer. (2003/878/CE).(Diario Oficial de la Unión Europea, L 327/34, de16-12-03).5 Dirección Xeral de Saúde Pública. Programa galegode detección precoz do cancro de mama. Santiago deCompostela: Consellería de Sanidade e ServizosSociais;1992.6 Dirección Xeral de Saúde Pública. Resultados da 1ªcampaña e actualización do Programa galego dedetección precoz do cancro de mama. Santiago deCompostela: Consellería de Sanidade e ServizosSociais; 2000.7 European Network of Reference Centers for BreastCancer Screening. The Galician Programme for theEarly Detection. Euref News 1996 Nov.8 Dirección Xeral de Saúde Pública. Control de calidadeen mamografía. Guía práctica. Santiago de Compos-tela: Consellería de Sanidade e Servizos Sociais; 1995.9 Dirección Xeral de Saúde Pública. Control de cali-dade en mamografía. Guía práctica 2000. Santiagode Compostela: Consellería de Sanidade e ServizosSociais; 2000.10 Guías europeas de garantía de calidade encribado mamográfico. Santiago de Compostela:Consellería de Sanidade e Servizos Sociais; 1998.11 Perry N, Broeders M, de Wolf C, Törnberg Seditores. European guidelines for quality assurance in

mammography screening. Third edition. Luxembourg:Office for Official Publications of the EuropeanCommunities; 2001. 12 Dirección Xeral de Saúde Pública. Guía para odiagnóstico e tratamento do cancro de mama.Santiago de Compostela: Consellería de Sanidade eServizos Sociais; 1999.13 Dirección Xeral de Saúde Pública. Guía para odiagnóstico e tratamento do cancro de mama. 2002.Santiago de Compostela: Consellería de Sanidade;2003.14 Dirección Xeral de Saúde Pública. Enquisa de satis-facción das usuarias do Programa galego de detec-ción precoz do cancro de mama 1996. Santiago deCompostela: Consellería de Sanidade e ServizosSociais; 1997.15 Dirección Xeral de Saúde Pública. Enquisa de satis-facción das usuarias do Programa galego de detec-ción precoz do cancro de mama 1998. Santiago deCompostela: Consellería de Sanidade e ServizosSociais. Documento interno.16 Dirección Xeral de Saúde Pública. Enquisa de satis-facción das usuarias do Programa galego de detec-ción precoz do cancro de mama e derivadas ásunidades de diagnóstico de hospitais do Sergas econcertados 1998. Santiago de Compostela: Conse-llería de Sanidade e Servizos Sociais. Documentointerno.17 Dirección Xeral de Saúde Pública. Enquisa deopinión das usuarias do Programa galego de detec-ción precoz do cancro de mama 2002. Informe deresultados. Santiago de Compostela: Consellería deSanidade. Documento interno.18 Dirección Xeral de Saúde Pública. Enquisa deopinión das usuarias do Programa galego de detec-ción precoz do cancro de mama 2005. Informe deresultados. Santiago de Compostela: Consellería deSanidade. Documento interno.19 Dirección Xeral de Saúde Pública. Enquisa de satis-facción das usuarias do Programa galego de detec-ción precoz do cancro de mama e derivadas ásunidades de diagnóstico de hospitais do Sergas econcertados 2005. Santiago de Compostela: Conse-llería de Sanidade. Documento interno.20 Dirección Xeral de Saúde Pública. Guías de SaúdePública. Serie II: Sección Cancro de Mama: Informe 1.

14

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:18 Página 14

Page 16: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

Programa galego de detección precoz do cancro demama (PGDPCM). Santiago de Compostela: Conse-llería de Sanidade e Servizos Sociais; 1997.21 Dirección Xeral de Saúde Pública. Guías de SaúdePública. Serie II: Sección Cancro de Mama: Informe2. Programa galego de detección precoz do cancrode mama (PGDPCM). Santiago de Compostela:Consellería de Sanidade e Servizos Sociais; 1999.22 Dirección Xeral de Saúde Pública. Guías de SaúdePública. Serie II: Sección Cancro de Mama: Informe 3.Programa galego de detección precoz do cancro demama (PGDPCM). Santiago de Compostela: Conse-llería de Sanidade; 2002.23 Dirección Xeral de Saúde Pública. Guías de SaúdePública. Serie II: Sección Cancro de Mama: Informe 4.Programa galego de detección precoz do cancro demama (PGDPCM). Resultados 1992-2001. Santiagode Compostela: Consellería de Sanidade; 2002.24 Dirección Xeral de Saúde Pública. Guías de SaúdePública. Serie II: Sección Cancro de Mama: Informe 5.Programa galego de detección precoz do cancro demama (PGDPCM). Resultados 1992-2002. Santiagode Compostela: Consellería de Sanidade; 2003.

25 Dirección Xeral de Saúde Pública. Guías de SaúdePública. Serie II: Sección Cancro de Mama: Informe 6.Programa galego de detección precoz do cancro demama (PGDPCM). Resultados 1992-2003. Santiagode Compostela: Consellería de Sanidade; 2004.26 Programas de detección precoz de cáncer demama. [en liña]. [Data de acceso: 04/05/2006]. URLdispoñible en:http:www-programascancerdemama.org.27 Dirección Xeral de Saúde Pública. Cáncer de inter-valo en el Programa Gallego de Detección Precoz deCáncer de Mama. 2005. Santiago de Compostela:Consellería de Sanidade. Documento interno.28 Pollán Santamaría M. Evaluación del impacto en lamortalidad mediante modelos edad-periodo-cohorte.Gac Sanit 2003; 17(Supl 2): 148.29 Dirección Xeral de Saúde Pública. Supervivenciadas mulleres diagnosticadas polo Programa galegode detección precoz do cancro de mama (PGDPCM)de 1993 a 2002. [en liña]. Santiago de Compostela:Consellería de Sanidade-Sergas. Dirección Xeral deSaúde Pública [Data de acceso; 30/03/2006] URLdispoñible en: http://dxsp.sergas.es/default.asp

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA (PGDPCM). RESULTADOS 1922-2005

15

Se desexa máis información sobre as actividades do programa, pódese dirixir a:

PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMAServizo de Programas Poboacionais de Cribado

Dirección Xeral de Saúde PúblicaEdificio Administrativo da Consellería de Sanidade.San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela

Tel: 981 547 465 Fax: 981 546 571

EE: [email protected] Páxina web: http://dxsp.sergas.es

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:18 Página 15

Page 17: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

6009825-guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:18 Página 16

Page 18: PORTADA guia CANCRO · Mortalidade de Galicia 3, o cancro de mama continúa sendo a primeira causa tumoral de morte nas mulleres (táboa 2). No ano 2002 rexistráronse en Galicia

Edita: XUNTA DE GALICIAConsellería de SanidadeDirección Xeral de Saúde PúblicaServicio de Programas Poboacionais de Cribado

D.L.: C 0209-2007

PORTADA guia CANCRO.qxd 24/1/07 10:25 Página 2