poemas

8
Con mar rizado veñen motoras mariñeiras deixando atrás os tombos das horas máis amargas, as de Malpica buscan o sinal das Sisargas, as de Fisterra queren abrazar as Lobeiras, outras, de Camariñas, escrutan as cimeiras por veren, entre nubes escuras ou descargas, cabo Vilán e as luces, protectoras adargas, todas a procuraren o abeiro das ribeiras. Non é tempo de loita senón de moratoria, de mollarse en cervexa triscando algunha historia, simplemente agardando que vire para o norte, que o vendaval amaine. Do vendaval herdamos a afouteza, do norte nace a fala que amamos, fillos deste mar somos, Costa da Morte.

Upload: hoxesabes

Post on 11-Aug-2015

17 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Poemas

Con mar rizado veñen motoras mariñeirasdeixando atrás os tombos das horas máis amargas, as de Malpica buscan o sinal das Sisargas,as de Fisterra queren abrazar as Lobeiras,

outras, de Camariñas, escrutan as cimeiraspor veren, entre nubes escuras ou descargas,cabo Vilán e as luces, protectoras adargas,todas a procuraren o abeiro das ribeiras.

Non é tempo de loita senón de moratoria,de mollarse en cervexa triscando algunha historia,simplemente agardando que vire para o norte,

que o vendaval amaine. Do vendaval herdamosa afouteza, do norte nace a fala que amamos,fillos deste mar somos, Costa da Morte.

Miro Villar, do libro Equinoccio de primavera

Page 2: Poemas

Aquel mar fíxose irremediabelmente océanoe andamos xasen o vaivén das ondasa debuxarnos o sorriso.Ás estremecidas augasdas tardes de outroraentregámosllesen xesto de despedidaos bicos dos primeiros beizos.Esa escumaé a que aínda hoxese anda a insuarna cintura das marés.

Rafa Villar, do libro O tributo da tarde

Page 3: Poemas

así doen as moas apretadas contra ti, coma un barco,unha traxedia para un poboou o recordo dun menbro fantasma. doeporque non te das ido aínda que marcharas,e non hai bálsamos para o baleiro dun amputado.nin sequera doses xustificadas de codeínacontestan as miñas mensaxes.nunca preguntas.por min. nunca preguntas por min.así doe a praia na que nos coñecemos.toda ela cábeme espesa nos petos do abrigoe entérranse as mans entre as cunchiñas, facéndome cortes.sabes que sangro polas mañáns?pequenos cortes invisibles que deixou todo o que vén despois da marea.así doe novembro,e máis.inmenso.onde o mar rompe contra as rochasnovembro doe inmenso.alí é onde máis mancaque non che sexanin sequera un recordo

María Lado, do libro Nove

Page 4: Poemas

A misión (días de Cipralex)

Non sei hai canto tempo aconteceu…Dez anos? cincuenta? cinco mil millóns….?lembro como saímos das profundidades do mar…a nosa especie… ti e mais eupara habitar o baleiro que tiñamos no peitopara atoparnos e fusionarnos.Lembro aqueles tempos…vivimos no verán daquela praiasen movernos do sitioe como polas noitestodas as estrelas do universoeran remprazadas por fogos de artificio.Había festas no planetae máis alá do pinar, aquela noria era o noso faro,e todas as voces distanteso límite da fronteira do noso amor.toda unha vida coa area de diario para nósDespoisa túa pel mudou,xa non querías ver o marnin as constelaciónso que para ti era unha evoluciónpara min foi a devastación…

e non houbo máispor todos os díasque un exércitoaniquilandoa expansión.Non houbo un motivopara saberme especie de tiera isotan sóun recordo teuen min…millóns de anos esquecidos….e nin a túa sombra nas miñas mañásnin o teu olor nas tatuaxes dos meus brazosningún mapaningún camiñosabía de timáis que a espiralque todas as noitesme levaba de voltaata o núcleo mesmoda soidade.E a derrotaesta derrota de diariofoi peorque todas as batallasde todos os séculosque non vivimos nos tempos.

Suso Bahamonde, do libro Expansión

Page 5: Poemas

A praia é enorme coma un deserto de area e no centro a chatarra. Eu camiño de vagar seguindo as marcas das plumas das gueivotas. Levo un cormorán prendido da camisa e a arquitectura dun arao silencioso. Pero non hai tenrura das miñas mans saco nubes perfumadas e adéntrome no mar dou de beber ós aeroplanos.

Estevo Creus

Page 6: Poemas

Tóma o teu tempoviste a modo o teu traxe de buzoachégate a beira da praiatoca a augacomeza a nadar lonxemar adentroata que haxa uns 6 ou 7 metros de caladosumérxetecando toques o fondocando toques a areasenta e mira cara arribavé filtrar a través da auga os raios de solesa superficie en movementocristalina

entóncomprenderás

David Creus