plantas carnívoras

23
PLANTAS PLANTAS CARNÍVORAS CARNÍVORAS

Upload: iesasorey

Post on 19-Jun-2015

191 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Plantas carnívoras

PLANTASPLANTAS

CARNÍVORASCARNÍVORAS

Page 2: Plantas carnívoras

Obteñen parte ou a maioría do seu alimento mediante a captura de pequenos animais (xeralmente insectos, arañas e anfibios), protozoos... Producen enzimas dixestivas que disolven as presas ou axúdanse de bacterias.

Page 3: Plantas carnívoras

Adoitan vivir en lugares co solo pobre en nitróxeno como as brañas e turbeiras ou sobre as rochas.Coñécense unhas 625 especies de plantas carnívoras e 300 de plantas protocarnívoras (que amosan parte das características).

Page 4: Plantas carnívoras

Atraen ás súas presas polo olor, pola cor ou polo néctar que producen e empregan distintos sistemas para atrapalas:-trampas móbiles-superficies pegañentas-formas que facilitan a entrada e dificultan a saída: con pelos, espiñas, superficies lisas e esbaradizas...

Page 5: Plantas carnívoras

VENUS ATRAPAMOSCAS (Dionaea muscipula)As presas, atraídas por un néctar dóce, rozan uns peliños que fan que a folla se peche. As espiñas das beiras impiden que escapen. Unha vez dixerida a presa, a folla cae e nace outra nova.Orixinaria de Carolina (EE.UU).

Page 6: Plantas carnívoras

Aldrovanda vesiculosa Vive en charcas de auguas ácidas. Mide de 15 a 20 cm de lonxitude. Ten unhas vexigas para aboiar na auga.A trampa está formada por dous lóbulos con dentes nas beiras.É unha planta rara que se pode atopar en Europa, Asia, África e Australia.

Page 7: Plantas carnívoras

RORELAS ou ORBALLIÑAS (Droseras)Capturan e dixiren as presas empregando unhas glándulas da superficie das súas follas que segregan unha substancia pegañenta. Coñécense 194 especies, distribuídas por todo o mundo.

Page 8: Plantas carnívoras

Drosera derbyensis

Page 9: Plantas carnívoras

RORELA (Drosera intermedia)Atópase en turbeiras por toda Galicia.

Page 10: Plantas carnívoras

RORELA (Drosera rotundifolia)Atópase en turbeiras por toda Galicia, especialmente en zonas altas.

Page 11: Plantas carnívoras

Byblis... Coñécense seis especies que se atopan en Australia, Nova Guinea e Indonesia.

Page 12: Plantas carnívoras

Drosophyllum lusitanica As follas teñen dúas clases de glándulas; unhas que producen substancias pegañentas e outras dixestivas.Atópase en Portugal, no sur de Andalucía e en Marrocos.

Page 13: Plantas carnívoras

PINGUICOLASCapturan as presas coas substancias pegañentas que segregan uns pequenos pelos das follas e logo fabrican enzimas para dixerilos. Coñécense 80 especies.En Galicia hai tres especies: P. lusitanica, P. grandiflora e P. vulgaris.

Page 14: Plantas carnívoras

UTRICULARIASViven en lagos e brañas. Capturan pequenos animais que succionan cunhas vexigas cando estes contactan cos peliños da entrada. Coñécense 215 especies e viven en case todo o mundo.En Galicia aparecen Utricularia australis e Utricularia menor.

Page 15: Plantas carnívoras

Sarracenia As follas forman un recipiente con forma de tompeta onde quedan atrapadas as presas que son atraídas por unha combinación de olores e cores.Son orixinarias de Norteamérica. Coñécense nove especies.

Page 16: Plantas carnívoras

Darlingtonia californica (lirio cobra)Almacena auga no interior das súas follas tubulares bombeándoa desde as raíces. Non produce enzimas dixestivas. Ten nas trampas células absorbentes semellantes ás da raíces e bacterias simbióticas.É orixinaria de Norteamérica.

Page 17: Plantas carnívoras

Heliamphora Teñen follas tubulares que enchen con auga para capturar insectos. Algunhas producen enzimas dixestivas e outras empregan bacterias simbióticas.Viven nas áreas pantanosas de América do Sur. Coñécense 18 especies.

Page 18: Plantas carnívoras

Nepenthes (xerras, copas de mono)Teñen trampas en forma de xerra con tapa, cun fluído no seu interior producido pola propia planta, que atrae e dixire ás presas. As paredes lisas do interior e a forma da boca impide a saída das presas.Son orixinarias das áreas tropicais. Coñécense 116 especies.

Page 19: Plantas carnívoras
Page 20: Plantas carnívoras
Page 21: Plantas carnívoras

CephalotusTen follas en forma de xerro que atrapan pequenos animais.Orixinaria de Australia. Coñécese unha única especie.

Page 22: Plantas carnívoras

CURIOSIDADES.Charles Darwin escribiu o primeiro tratado sobre as plantas carnívoras en 1875.

Page 23: Plantas carnívoras

Montaxe: Adela LeiroFotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Wikipedia