plan pastoral de centro 2011-12

23
COLEXIO CALASANCIAS A CORUÑA PLAN PASTORAL DE CENTRO PLAN PASTORAL DE CENTRO PARA O CURSO 2011-2012 CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 1 de 23

Upload: rafael-c-casas-salgado

Post on 07-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Plan Pastoral do Colexio Calasancias Coruña para o curso 2011-12

TRANSCRIPT

Page 1: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

PLAN PASTORAL

DE CENTRO

PARA O CURSO

2011-2012

Elaborado porEquipo de Pastoral

Revisado porCoordinador de

PastoralAprobado por

Dirección

Data: 22/09/11 Data: 17/10/11 Data: 7/11/11

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 1 de 16

Page 2: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

...Vós que enxalzades ó Señor,erguede a voz con tódolos azos,pois sempre será pouco;os que entoades renovade os folgossen darvos cansos, que non o esgotaredes...

(Sal.43,30)

...A miña comida é face-la vontadedaquel que me mandoue levar a remate a súa obra…

(Xoán 4,34)

... ¡Ánimo! ¡Valientes! ¡Ánimo! A quién temeréis,si lleváis a Jesús en vuestro corazóny fuerais así cumpliendo su Santísima Voluntady ganándoles almas.¡Ánimo! que cuanto mayor fuere la Cruz,más cerca estaréis del cielo....

(B.P.Faustino Míguez Ep.20)

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 2 de 16

Page 3: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

ÍNDICE

A. PRINCIPIOS 4

B. MEDIACIÓNS 6

C. EQUIPO 16

D. ANEXOS 16

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 3 de 16

Page 4: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

A. PRINCIPIOS.Preténdese toma-las liñas-forza da misión pastoral a partir dalgúns dos

documentos, que son marco e referencia, e concretalos na nosa realidade.Enténdese que todos estes documentos son importantes na súa

totalidade; pero só se sinalan algúns aspectos deles: que son esenciais, ou que teñen especial relevancia, ou que se queren destacar, ou que cómpre recordar, ou que iluminan o traballo pastoral concreto.

Proponse este conxunto de texto como material de reflexión para tódolos axentes de pastoral, de xeito que o plan que se estableza a continuación estea en consonancia (no posible) con estes principios.

DOCUMENTOS PROPIOS.

o Estilo educativo do ICHDP á luz dos Docs. fundacionais. “Espiritualidade mariana.” “A persoa, como principio e meta.” “Valores nos que educar.” “Educar na fe.”

o Proposta Educativa do ICHDP. “7.Centro da Igrexa.” “8.Centro calasancio.” “13.A escola calasancia.” “IV. A EDUCACIÓN DA FE NA NOSA ESCOLA.”

o Plan Xeral de Pastoral do ICHDP. “I.A acción pastoral na Igrexa.” “II.Liñas fundamentais da nosa acción pastoral.” “III.Realidade na que evanxelizamos.” “IV.A nosa opción de escola.” “V.O axente de pastoral e a súa formación permanente.” “VI.Dimensión comunitaria eclesial.” “VII.Incorporación de leigos na nosa acción pastoral.” “VIII.Grupos de compromiso cristián e maduración na fe.”

o Plan de Pastoral Vocacional do ICHDP. o Proxecto de Acompañamento Vocacional do ICHDP. o Manual do Movemento Calasancio. o Regulamento de Réxime Interior ICHDP. o Programación pedagóxico-pastoral do curso 2011-2012.

LEMA.A misión é de todos e para todos.

OBXECTIVOS.Potencia-lo traballo en equipo. Descubrir que ser cristián é ser continuador da misión de Xesús. Favorece-la misión comunitaria da fe: crer-vivir-celebrar-testemuñar.

o Programación Xeral Anual do centro (organización pastoral).

DOCUMENTOS DO MAXISTERIO.

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 4 de 16

Page 5: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

o Plan Diocesano de Pastoral 2011-2014. OBXECTIVO XERAL: A Palabra de Deus anunciada, celebrada e

testemuñada no seo da comunidade diocesana fonte para a nova evanxelización.

LEMA 2011-2012: A Palabra de Deus anunciada. OBXECTIVO DESTE CURSO: Resalta-lo posto central da Palabra de

Deus na vida eclesial… …lograr que as actividades habituais das comunidades cristiás, as parroquias, as asociacións e os movementos, se interesen realmente polo encontro persoal con Cristo que se comunica na súa palabra.

o Concilio Vaticano II. Gravissimum educationis (1,4,5,8).

o Evangelii nuntiandi. (20)o Catechesi tradendae. (16,18)o Novo Millennio Ineunte. (43,49)o CIC. (c.778)o Concilio Pastoral de Galicia. (11)o Directorio Diocesano dos Sacramentos da Iniciación Cristiá.

MEMORIA DE PASTORAL DO CURSO ANTERIOR.Na memoria de pastoral do curso anterior recolléronse moitas

indicacións, que se empregaron para elaborar este plan.De entre as propostas decidimos abordar este ano as seguintes: Comunicarlle ó claustro que o equipo de pastoral fixará no PPC un

“responsable” de prepara-las titorías de pastoral. Isto significa que esa persoa pedirá colaboración a varios titores para elabora-las diferentes titorías, adaptadas a cada ciclo.

Reunirse a principio de curso cos pais dos nenos de Primeira Comunión, para explicárlle-las esixencias de inscribirse na catequese: material para os nenos, catequese para pais, aportación económica única a principio de curso,…

Reunirse cos PP.Escolapios, fotógrafo, catequistas,… para planificar unha celebración axeitada das Primeiras Comunións.

Incluí-los grupos de catequese na Plataforma Educamos ou buscar outro método, para que poida haber unha comunicación familias-axentes de pastoral.

Ter reunión dos grupos de Mov.Calasancio ate o final do maio. Programar reunións de catequistas de Confirmación, oracións

conxuntas dos distintos grupos,… Unifica-lo día de tódolos grupos. Propoñer formación cristiá e espiritual básica para os grupos de

misión compartida. Ter unha celebración mensual aberta a axentes de pastoral,

profesores,… coa comunidade relixiosa. Responsabilizar da entrega de alimentos da “Operación Kilo” ós

representantes de pastoral dos Consellos de Aula, para que poidan contarlles de primeira man ós seus compañeiros o destino do recadado.

B. MEDIACIÓNS

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 5 de 16

Page 6: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

Preténdese plasma-la estructura do traballo pastoral no centro, marcando en cada actividade:

a) a finalidade ou razón de ser,b) o obxectivo concreto para este curso,c) o compromiso da coordinación de pastoral para este curso,d) as accións e os axentes de pastoral que se responsabilizan.

1. FORMACIÓN “PIEDADE E LETRAS”.

1.1. Docencia.

1.1.1. ERE.a) Proporcionar formación relixiosa académica ós alumnos.b) Revisar en equipo as programacións, unificando criterios.c) Buscar accións formativas posibles para este profesorado.d) A materia ten distinta carga horaria e profesor segundo o

nivel e o grupo-clase.Coordina: Rafael Casás.

1.1.2. Titorías de pastoral.a) Forma-los alumnos en valores cristiáns.b) Facer que o profesorado perciba o material enviado polo

Equipo de Titularidade como unha mellora no eido do traballo en equipo.

c) Realizar para os temas do PAT con contido evanxélico, uns esquemas de apoio para os titores.

d) Prepararanse os seguintes temas:Titoría Horas ResponsableLema e valores 2 Rafael CasásDomund 1 Rafael CasásS.Xosé de Calasanz 2 MªLuisa GonzálezOperación Kilo 1 Beatriz PousoPaz–Misións Calasancias 2 Catequistas ConfirmaciónB.P.Faustino Míguez 2 Verónica Rego

1.1.3. Contidos transversais.a) Asesorar a calquera profesor do centro sobre os temas da

súa materia que entran en diálogo crítico fe-cultura, de xeito que saiba explicar positivamente a posición eclesial.

b) Amplia-la oferta deste servicio.c) Preparar guións para tódolos que o soliciten.d) Prepara os materiais, cando sexa preciso: Rafael Casás.

1.2. Catequese.

1.2.1. Primeira Comunión.

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 6 de 16

Page 7: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

a) Prepara-los alumnos para recibir convenientemente os sacramentos da Reconciliación e da Eucaristía.

b) Establecer un método de comunicación entre axentes de pastoral e familias.

c) Organiza-los grupos, celebracións, catequese de pais,... Preparar reunións cos pais para lles explica-las normas e cos axentes litúrxicos para planifica-las celebracións.

d) Os grupos de catequese reúnense os venres de 17’30 a 18’30. Son catequistas: Remedios Santín (coordinadora), Lorena Suárez, Catuxa Villamarín e Yolanda Outeiral.Encontros de formación para pais: primeiros luns lectivos de mes de 20’00 a 21’00; catequista: Rafael Casás; temas:10 outubro O compromiso bautismal7 novembro A Oración5 decembro Organización9 xaneiro As Sagradas Escrituras6 febreiro A Lei de Deus5 marzo O ano litúrxico16 abril Os sacramentos

A celebración comunitaria do Sacramento da Reconciliación será o día 4 de maio, ás 17’30. As celebracións da Primeira Comunión serán cinco: 6, 13, e 26 de maio, e 2 e 3 de xuño, sempre ás 12’00.

1.2.2. Movemento Calasancio.a) Transmitir ós alumnos unha formación cristiá harmónica

como proceso de desenvolvemento integral da persoa.b) Establecer un método de comunicación entre axentes de

pastoral e familias.c) Organiza-las tarefas administrativas.d) Coordina: MªLuisa González. Os grupos semanais serán os

venres. O horario e os monitores son os seguintes:4º E.P. 17’30 – 18’30 Silvia Mantiñán e Ariana Figueroa5º E.P. 17’30 – 18’30 Ana García, María Barreiro e Fabiola Castro5º E.P. 17’30 – 18’30 Laura Palleiro e Lara Gerpe6º E.P. 17’30 – 18’30 Olaya Reimúndez e Alba Lamas6º E.P. 17’30 – 18’30 Santiago Pampín e Abraham Santiago1º ESO. 16’30 – 17’30 Sergio Cacheiro e Pablo López2º ESO. 16’30 – 17’30 Noemí Santiago e Antía Vázquez

Actividades conxuntas:16-set Reunión de monitores. Organización.30-set Reunión responsables do Mov.Cal. de España en Getafe.1/2-out Encontro formación bíblica monitores de España - Getafe.14-out Grupos: Celebración de inicio de tódolos grupos.15-out Encontro formación monitores do noso colexio.22-out Marcha trimestral para tódolos grupos.5/6-nov Convivencia intercolexial para 6º de Primaria en Dorrón25-nov Grupos: Gran xogo de Calasanz.26/27-nov Convivencia intercolexial para 1º ESO en Dorrón2-dec Grupos: Celebración de Advento.3-dec Retiro axentes de pastoral e profesores do noso colexio.

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 7 de 16

Page 8: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

17-dec Marcha festiva "Sementadores de estrelas".21-dec Festival de Nadal.27/28-xan Convivencia para 4º e 5º de Primaria no noso colexio.28/29-xan Convivencia intercolexial para 2º ESO en Dorrón.3/4-feb Xornadas de Pastoral Escolar en Santiago.24-feb Grupos: Celebración de Coresma.25-feb Marcha trimestral para tódolos grupos.3-mar Encontro formación monitores do noso colexio.9-mar Grupos: Gran xogo do P.Faustino.22/25-mar Reunión responsables de España campamento de verán.30-mar Grupos: Via Crucis.13-abr Grupos: Celebración de Pascua.20/21-abr Convivencia de tódolos grupos no noso colexio.21-abr Celebración de imposición de símbolos.5-mai Marcha Mariana: organiza o colexio de Ourense.1-xuñ Grupos: Celebración de fin de curso de tódolos grupos.

1.2.3. Confirmación.a) Prepara-los alumnos para recibir convenientemente o

sacramento da Confirmación, en continuidade co proceso de formación do Movemento Calasancio.

b) Establecer un método de comunicación entre axentes de pastoral e familias.

c) Organiza-las tarefas administrativas.d) Tódolos grupos semanais serán os venres de 16’30 a 17’30.

Os grupos e catequistas son os seguintes:1º ano 3ºESO Catequistas: Elvira Padrón (coordinadora), Ana López

e Concepción López.2º ano 4ºESO Catequistas: Manuel Freire, Elena Parada e Rebeca

Rodríguez.Terase unha reunión cos pais, o 10 de outubro, ás 19’00.A celebración comunitaria do Sacramento da Reconciliación será o día 11 de maio, ás 16’30. Solicitarase ó arcebispado como data da celebración da Confirmación: o sábado, 12 de maio, ás 12’00.Actividades conxuntas:1 vez ó mes Oración conxunta preparada por un grupo cada vez1 vez ó mes Participa un grupo na “Tienda del Encuentro”14-out Formación: “Orar coa Biblia”17-dec Marcha festiva "Sementadores de estrelas"21/22 xaneiro Convivencia para 3º ESO30 xaneiro Organización Día da Paz e Bocata Solidario28/29 abril Convivencia para 4º ESO5 maio Marcha Mariana

1.3. Formación pastoral.a) Manter unha formación actualizada de axentes de pastoral.b) Intentar que asistan máis axentes de pastoral.c) Facilita-las ofertas formativas e coordina-las inscricións.d) Coordina:Elvira Padrón. Ademais da formación específica de

cada acción e á espera doutras convocatorias que xurdan: Sábados Teoloxía para entende-la vida

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 8 de 16

Page 9: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

Luns e mércores Grao/Máster en Ciencias Relixiosas1 mércores ó mes Escola de catequistas do arciprestado de Riazor2º mércores Formación permanente de adultos-P.RosalesVenres Formación bíblica-P.Rosales17 setembro Asamblea Diocesana de Pastoral8/12 novembro Semana da Familia da Coruña3/4 febreiro Xornadas de Pastoral Escolar

2. VIVENCIA COMUNITARIA.

2.1. Misión compartida. (Coordina: Elvira Padrón)

2.1.1. Grupos de cooperación na acción.a) Potencia-la comunión, a formación e a animación da

comunidade educativa.b) Reforza-la formación cristiá e espiritual básica.c) Introducir reflexións carismáticas sobre o traballo en equipo

e a vivencia comunitaria da fe.d) Reunión dos grupos de profesores, seguindo o material do

equipo de titularidade e empregando textos propios da nosa identidade carismática.Tamén: Xornada de formación de profesores calasancios de Galicia, en Poio, o 8 de setembro; e Xornada de retiro para tódolos profesores e axentes de pastoral, o 3 de decembro.

2.1.2. Grupo de participación na misión.a) Crecer na fe persoal, na relación fraterna e no compromiso

coa misión calasancia.b) Dar pasos cara unha comunidade calasancia.c) Apoia-las reunións buscando materiais ou persoas idóneas.d) Reunirase o último luns lectivo de cada mes, de 18’00 a

19’00, para a formación e a celebración.O encontro de toda España será en Getafe, o 12/13 de nov.

2.1.3. Integración carismática no Instituto.a) Vivi-lo carisma calasancio como vocación particular.b) Esperamos que dende o instituto se abra esta modalidade.c) Deixar obrar a Deus, que para mellor será.d) Responsable: Elvira Padrón, superiora da comunidade.

2.2. Vida comunitaria.

2.2.1. Convivencias de inicio de curso.a) Crear entre os alumnos un clima de fraternidade e espírito

positivo cara ó novo curso.b) Emprega-la temática do lema e valores do curso.c) Preparar materiais formativos e celebrativos.

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 9 de 16

Page 10: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

d) Hai unha convivencia conxunta por curso no primeiro trimestre. Son responsables os dous titores de cada curso.

2.2.2. Campamento de verán.a) Practica-los valores aprendidos, interactuando na natureza.b) Asumir que o campamento é unha continuación dos valores

aprendidos no movemento calasancio.c) Colaborar na unificación co resto dos colexios de España.d) Haberá unha reunión conxunta en marzo, para prepara-los

campamentos de toda España.

2.2.3. Espacios de encontro coa comunidade relixiosa.a) Propiciar espacios de encontro entre os membros da

comunidade educativa e a comunidade relixiosa.b) Buscar momentos para compartir, orar e convivir.c) Comezar por preparar unha Eucaristía mensual xunto co

grupo de cooperación.d) Responsable: Elvira Padrón, superiora da comunidade.

2.3. Acompañamento pastoral.

2.3.1. Acompañamento cristián de familias e mestres.a) Acompaña-la maduración e o crecemento persoal dende a

cercanía e a amizade, mostrando interese pola vivencia da fe e dando apoio nas posibles dificultades.

b) Acompañamento cristián calasancio.c) Programar un servicio de acompañamento espiritual.d) Responsable: comunidade dos PP.Escolapios.

2.3.2. Acompañamento vocacional a alumnos.a) Axudar ós nenos e mozos a descubrir e responder ó

proxecto de Deus sobre eles.b) Dar a coñece-los materiais vocacionais da institución. c) Planificar cos titores transversalmente a cultura vocacional.d) Teranse titorías con tódolos cursos, segundo o PAT.

Coordina: Dorinda Mato.A Comisión Vocacional Nacional convoca convivencias en Getafe, para 4ºESO (18/20-nov.) e Bac. (16/18-dec). Tamén, unha xornada no colexio para 4º de ESO (23-abr).

3. CELEBRACIÓN LITÚRXICA.

3.1. Oración.

3.1.1. Oración diaria nas aulas.a) Crear e mante-lo hábito de oración nos alumnos.b) Facer un seguimento da realización efectiva desta acción.c) Proporcionar materiais.

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 10 de 16

Page 11: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

d) Coordínaa o mestre da 1ª hora da mañá en cada aula.

3.1.2. Oración semanal na capela.a) Crear e mante-lo hábito de oración nos alumnos, dando

importancia á presencia no espacio sagrado.b) Aumenta-la presencia da Palabra de Deus nas oracións. c) Proporcionar materiais tódalas semanas para secundaria.d) Cada curso vai conxuntamente á capela unha vez á

semana, durante quince minutos. Preparan esta oración os profesores correspondentes a esa hora de clase:

8’30-8’45 9’45-10’00 11’30-11’45 12’15-12’30Luns 4ºESO 5ºPrimaria 2ºPrimariaMartes 2ºESO 3ºPrimaria 1ºPrimariaMércores 1ºESO 1ºBacXoves 3ºESO 6ºPrimariaVenres 2ºBac 4ºPrimaria

3.1.3. Oratorio calasancio.a) Introducir ós máis pequenos nun xeito sinxelo, integrador

da vida, positivo e calasancio de facer oración.b) Propoñelo nun curso máis de Educación Infantil.c) Prepara-los materiais e os lugares.d) Cada clase asiste en semanas alternas. Comeza en nov.

Curso Día Hora Monitoras (Coordina: Beatriz Pouso)EI.4anos Mérc. 15’30 Carmen Valcárcel e Ana Belén

BarreiroEI.5anos Xoves 16’30 Verónica Rego e Lourdes Guillán1º Prim. Martes 16’30 Pilar Veiga e Gema Freire2º Prim. Mérc. 16’30 Mercedes Pereiro e Yolanda Alonso

3.2. Celebración.

3.2.1. Días escolares.

3.2.1.1.Inicio de curso.a) Celebrar en unidade a gracia dun novo curso.b) Anima-la participación de máis persoas.c) Coordinarse co colexio dos PP.Escolapios.d) Temos unha Eucaristía xunto coa comunidade do colexio

dos Escolapios o 5 de out., ás 19’00.Coordina:Rafael Casás.3.2.1.2.Día da paz.

a) Orar xuntos pola paz.b) Facer un verdadeiro momento de oración pola paz.c) Coordina-la participación activa de cada curso.d) Hai unha oración-acto de sensibilización, o día 30 de

xaneiro, ás 12’00. Únese este día coa campaña do Bocata Solidario. Coordinan: catequistas de confirmación.

3.2.1.3.Fin de curso.

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 11 de 16

Page 12: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

a) Dar gracias a Deus polos beneficios recibidos no curso.b) Prepara-los textos para esta celebración.c) Coordina-la participación de toda a comunidade educativa.d) Celébrase cunha Eucaristía na mañá do domingo das festas

de fin de curso no mes de xuño. Coordina: Rafael Casás.Tamén se celebra especialmente cunha Eucaristía a graduación dos alumnos de bacharelato.

3.2.2. Calendario propio.

3.2.2.1.S.Xosé de Calasanz.a) Dar gracias a Deus por entregárno-lo carisma da nosa

escola a través da santidade de S.Xosé de Calasanz.b) Prepara-la Eucaristía na escola dos PP.Escolapios.c) Coida-la participación de toda a comunidade educativa.d) En EI. e no 1º ciclo de EP. preparan unha oración especial.

Dende 3º de primaria celébrase cunha Eucaristía conxunta, o 28 de novembro, ás 10’30. Coordina: Rafael Casás.Procurarase ter unha celebración para profesores.

3.2.2.2.B.Padre Faustino Míguez.a) Dar gracias a Deus por entregárno-lo carisma da nosa

institución a través da santidade do B.P.Faustino Míguez.b) Prepara-la Eucaristía na parroquia dos Rosales.c) Coida-la participación de toda a comunidade educativa.d) En EI. e no 1º ciclo de EP. preparan unha oración especial.

Dende 3º de primaria celébrase cunha Eucaristía conxunta, o 8 de marzo, ás 10’30. Coordina: Verónica Rego.Procurarase ter unha celebración para profesores.

3.2.2.3.Divina Pastora.a) Loar a Deus por darnos a María, Divina Pastora, como nai.b) Preparar unha celebración con ofrenda floral.c) Coida-la participación de toda a comunidade educativa.d) Tódolos días de maio, ás 10’00 terémo-la oración especial

por megafonía. A ofrenda floral conxunta á Divina Pastora, será o día 31, ás 10’30. Coordina: MªLuisa González.

3.2.3. Tempos fortes.

3.2.3.1.Advento-Nadal.a) Prepararse para recibi-lo Nadal do Señor nas nosas vidas.b) Organizar celebracións sacramentais atractivas.c) Proporciona-los materiais necesarios para as celebracións.d) Prográmanse celebracións especiais, distribuíndose por

cursos ou ciclos, dende 4º de primaria, entre o 14 e o 25 de novembro. Responsable: comunidade dos PP.Escolapios.

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 12 de 16

Page 13: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

O 21 de decembro faranse as ofrendas ó Belén vivinte e o Festival de Nadal. Coordina: MªLuisa González.

3.2.3.2.Coresma-Pascua.a) Prepararse a senti-la resurrección do Señor na propia vida.b) Organizar celebracións sacramentais atractivas.c) Proporciona-los materiais necesarios para as celebracións.d) Prográmanse celebracións especiais, distribuíndose por

cursos ou ciclos, dende 4º de primaria, entre o 23-febreiro e o 2-marzo. Responsable: comunidade dos PP.Escolapios.

4. TESTEMUÑO CRISTIÁN.

4.1. Campañas solidarias.

4.1.1. Domund.a) Sensibilizar á comunidade educativa sobre a labor de

propagación da fe nas misións.b) Explicar máis polo miúdo a qué se refire esta campaña.c) Proporcionar materiais para as catequeses, oracións,...d) Prepáranse titorías sobre o tema e ambiéntase o colexio.

Faise unha colecta polas clases. Os cartos recadados envíanse ás OMP. Coordina: Rafael Casás.Como complemento para as OMP, promociónase a revista Gesto. Coordina: Verónica Rego.

4.1.2. Operación Kilo.a) Sensibilizar á comunidade educativa sobre a xente que

pasa necesidade no noso barrio e na nosa sociedade.b) Implicar ós membros dos Consellos de Aula.c) Facer que sexa unha verdadeira experiencia educativa de

contacto con realidades de pobreza do entorno cercano.d) Prepáranse titorías sobre o tema e ambiéntase o colexio.

Faise unha colecta de alimentos non perecedoiros, que se envían ó Albergue P.Rubinos, a Caritas, a algunha familia do entorno,... Coordina: Beatriz Pouso.

4.1.3. Bocata solidario.a) Sensibilizar á comunidade educativa sobre a xente que

pasa fame no mundo.b) Destaca-las presencias solidarias da nosa institución.c) Proporcionar material sobre as misións calasancias.d) Prepáranse titorías sobre o tema e ambiéntase o colexio.

Compaxínase co acto de sensibilización do Día da Paz.Ofrécese a posibilidade de comparti-la comida dese día no centro, mercando un bocadillo.

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 13 de 16

Page 14: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

Os fondos do bocadillo destínanse a un proxecto solidario das misións calasancias.Coordinan: catequistas de confirmación.

4.1.4. Misións Calasancias.a) Sensibilizar á comunidade educativa sobre a situación das

nosas escolas nos países empobrecidos.b) Participar na rede de centros calasancios solidarios.c) Traslada-la información que nos chegue das nosas misións.d) Os profesores e colaboradores xuntan as súas becas

persoais no primeiro trimestre. Escollemos un proxecto solidario propio das misións calasancias e realizamos colectas en cada aula para sufraga-lo seu custe.A asociación de pais tamén contribúe, organizando unha acción solidaria na festa de fin de curso.Coordina: Rafael Casás.

4.2. Compromiso misional.

4.2.1. Grupo Xuvenil Calasancio.a) Encher de sentido cristián calasancio a vida dos nosos

xóvenes, dende un compromiso real coa sociedade.b) Camiñar cara un maior compromiso calasancio.c) Programar os contidos das reunións.d) O GXC ten unha vida propia, organizando a súa actividade,

participando na vida do centro e corresponsabilizándose de variadas accións evanxelizadoras do proceso pastoral.Coordinan: os órganos de goberno da asociación.As reunións ordinarias teñen lugar os venres de 18’30 a 20’00. Son de catro tipos: formativas, de convivencia, de oración e de acción solidaria.Os segundos venres de cada mes, de 20’30 a 21’30, na parroquia de San Antonio, o GXC organiza a vixilia de oración xuvenil, chamada “A Tenda do Encontro”, para os mozos de toda a vicaría da Coruña, por encargo da Delegación Diocesana de Pastoral Xuvenil.Algunhas datas extraordinarias poden ser as seguintes:23-IX Asamblea de inicio de curso7-X Procesión de Nosa Sra. do Rosario22-X Xornada Interdiocesana de Pastoral Xuvenil7-XII Vixilia da Inmaculada17/18-III Convivencia en Dorrón30-III/8-IV Celebracións de Semana Santa5-V Marcha Mariana15/17-VI Asamblea de fin de cursoagosto Actividade de verán

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 14 de 16

Page 15: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

Hai posibilidade de organizar outras iniciativas de máis compromiso para aqueles que o desexen.

4.2.2. Voluntariado Misioneiro Calasancio.a) Levar accións misioneiras directas en colaboración con

outras institucións calasancias.b) Promociona-lo VMC e impulsa-la creación dun grupo.c) Favorece-la presentación do proxecto do VMC.d) O Equipo de Titularidade presentará no bienio 2010-2012 o

ideario e proxecto de vida do VMC no noso centro.

4.2.3. Guitarra e Coro Calasancio.a) Servir á comunidade educativa, axudándolle a loar a Deus

por medio de oración musicada.b) Preparar un clases de guitarra e coro para primaria, e outro

coro diferenciado para secundaria.c) Organiza-la inscrición e coordina-las celebracións.d) Os coros dinamizan as festividades e celebracións relixiosas da escola. Tamén

participan en concursos,…Día Hora Monitores

Guitarra Mércores

8’30 Cristina López

Coro Prim. Venres 8’30 Cristina LópezCoro Secun. Martes 15’30 Alfredo García

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 15 de 16

Page 16: Plan Pastoral de Centro 2011-12

COLEXIO CALASANCIAS

A CORUÑA

PLAN PASTORAL DE CENTRO

C. EQUIPO.A súa definición, composición, competencias e réxime de

funcionamento está recollido no “Regulamento de Réxime Interior ICHDP”. Intentaremos ir achegándonos á composición recollida neste documento.

Reúnese ordinariamente: a principio de curso para elabora-lo Plan Pastoral de Centro, no fin do 1º e 2º trimestre para avalia-las accións pastorais e propoñer melloras (estas reunións poden ser substituídas por cubri-los “modelos de avaliación trimestral de actividades de pastoral”, para facilita-lo traballo), e a fin de curso para face-la avaliación final da acción pastoral e elabora-la Memoria de Pastoral. En principio, as reunións están fixadas para os días: 22 de setembro, 1 de febreiro e 27 de xuño.

O Coordinador de Pastoral debe ter especial coidado, segundo o exposto no RRI e demais documentos eclesiais citados, de:

Manter unha boa coordinación cos estamentos diocesanos e eclesiais, non deixando de:o Reunirse co párroco do centro e do barrio, e cos equipos de

traballo pastoral do arciprestado, zona pastoral,...o Coordinar, co rector e o responsable de pastoral do Colexio

dos PP.Escolapios, as actividades nas que poidan colaborar.o Participar na presentación do Plan Diocesano de Pastoral, do

curso catequético diocesano, do curso das OMP,…o Coordina-la nosa participación en accións pastorais das

distintas delegacións diocesanas ou en celebracións na cidade nos tempos de advento, pascua,...

Presentar á comunidade educativa o presente plan. Coordinarse convenientemente co Departamento de Orientación. Coida-lo desenvolvemento das directrices de calidade pastoral.

D. INFORMES DE CALIDADE. Documentos de pastoral.

o Procedemento Clave 08 Pastoral.o Fluxograma do funcionamento da pastoral.o Panel de actividades de pastoral.o Plan Pastoral de Centro.o Memoria Pastoral de Centro.

Rexistros de pastoral.o Modelo de Acta do Equipo de Pastoral.o Modelo de Acta do Seminario de ERE.o Modelo de Autorización e inscrición en actividades de pastoral.o Modelo de Acta de reunión de axentes de pastoral.o Modelo de Avaliación trimestral de actividades de pastoral.o Modelo de Control de sesións do Movemento Calasancio.o Modelo de Programación do Movemento Calasancio.o Modelo de Listado de avaliacións trimestrais de pastoral.o Modelo de Orde do día para reunións de pastoral.o Modelo de Inscrición en actividades pastorais.

CCC-PPC Plan Pastoral de Centro v.1 Páxina 16 de 16