plan galego de investigaciÓn, desenvolvemento e … · actividades de investigación dos axentes...

166
PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA 2006-2010

Upload: vodien

Post on 28-Jan-2019

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

PLAN GALEGO

DE INVESTIGACIÓN,

DESENVOLVEMENTO

E INNOVACIÓN

TECNOLÓXICA

2006-2010

Page 2: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Edita: Xunta de Galicia

Consellería de Innovación e Industria

Dirección Xeral de Investigación,

Desenvolvemento e Innovación

Corrección lingüística: Reverso Servizos Lingüísticos S.L.

Deseño gráfico: uqui / cebra

Imprime: Litonor

Segunda edición

D.L.: C 1933-2007

Page 3: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

PLAN GALEGO

DE INVESTIGACIÓN,

DESENVOLVEMENTO

E INNOVACIÓN

TECNOLÓXICA

2006-2010

Page 4: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 5: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Innovación, Ciencia e Tecnoloxía

Page 6: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 7: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

O novo Plan galego de investigación, desenvolvemento e

innovación tecnolóxica 2006-2010 vai mais alá do piso básico

de actuación no que se configuraron os anteriores plans, que

se cinguían a incentivar dunha maneira xeral e segregada as

actividades de investigación dos axentes do sistema galego de

I+D+I. Configúrase neste novo Plan un piso estratéxico de

actuación que permita vertebrar o sistema e desenvolver

dunha maneira eficaz e completa o potencial investigador e

innovador do noso País de xeito que repercuta cualitativa-

mente e cuantitativamente no desenvolvemento económico e

no benestar social.

Para iso, dentro do obxectivo xeral que nos debe levar en

termos de indicadores a acadar, despois do remate deste Plan,

o 1,5% do PIB en gasto de I+D+I, do que o esforzo empresarial

debe constituír o 50%, deben de priorizarse os sectores

estratéxicos a través de apostas que incidan na articulación

do sistema galego de I+D+I, facendo fincapé nos recursos

humanos.

Deste xeito os programas horizontais definen os eixes cen-

trais de actuación: o Programa de recursos humanos, co que

se pretende aumentar o número de investigadores e investi-

gadoras en Galicia, ao tempo que define a carreira investiga-

dora e tecnolóxica ao desenvolver actuacións en todas as

etapas (formación, incorporación e consolidación); o Programa

de articulación que, a través da creación do mapa galego de

❙ PRESENTACIÓN

Fernando X. Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria

Page 8: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

centros tecnolóxicos, a constitución de plataformas tecnoló-

xicas e a promoción de solo tecnolóxico, busca a vertebración

global do sistema galego de I+D+I que permita o desenvolve-

mento de todo o seu potencial e o Programa de comunicación

e sensibilización social, como instrumento que facilite un maior

coñecemento da ciencia e a tecnoloxía na sociedade galega

en xeral.

Por outra banda, cos programas xerais apóstase polo co-

ñecemento e a súa valorización, cos programas sectoriais

defínense as prioridades nos distintos campos da I+D+I, e in-

corpórase ao Plan o Programa de innovación empresarial como

elo final da cadea que vai dende a creación dunha idea á súa

posta en valor.

Finalmente, para facelo posíbel, o Plan dótase dun orza-

mento global que non poderá ser inferior aos 800 millóns de

euros, cifra histórica que sitúa a Galicia nos niveis máis altos

no Estado en canto a investimento e defínese unha acción

estratéxica para a avaliación, seguimento e control que per-

mitirá o seu correcto desenvolvemento.

Page 9: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ AGRADECEMENTOS

O Plan galego de investigación, desenvolvemento e inno-

vación tecnolóxica tivo durante a súa elaboración a colabo-

ración dun gran número de axentes e persoas ás que lles

quero agradecer enormemente o seu interese, pulo, achegas

e xenerosidade.

En primeiro lugar, á comunidade científica que dun xeito

activo participou no foro social con centenares de opinións e

suxestións a través de correo electrónico cando, entre os

meses de xaneiro e abril, o borrador do Plan estivo exposto no

web da Consellería.

Ás universidades que, a través dos seus reitores e vicerrei-

tores, contribuíron decisivamente na súa elaboración.

Ás empresas que, dende un primeiro momento, amosaron un

grande interese por este Plan e brindaron a súa complicidade

no nivel de ambición que este pretende, sabendo que son elas

as protagonistas principais.

Ao CSIC, que a través dos seus centros en Galicia se impli-

cou máis ca nunca.

Aos centros tecnolóxicos e a todos os organismos de inter-

mediación que se implicaron e achegaron numerosas suxes-

tións e propostas que no Plan se ven reflectidas.

En xeral, a todas as persoas que colaboraron coas súas opi-

nións, propostas e críticas durante a elaboración do borrador

e durante a discusión social a través da web. En particular, foi

unha auténtica honra compartir as reflexións encol dunha nova

Salustiano Mato

Director Xeral de I+D+I

Page 10: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

política galega en I+D+I dos profesores Albino Prada e San-

tiago Lago, contar coa diagnose fina do profesor Xavier Vence,

coa riqueza e entidade conceptual das achegas que Javier

Riera me fixo chegar nas xornadas e conversas de traballo

que tiven a honra de compartir, co tino e finura con que José

Luis Fernández Carnero conseguiu facernos ver o que entre

liñas non se ve, co cariño e o rigor con que a profesora Tarsy

Carballas realizou a corrección do Plan. A través dela quero

expresarlle un especial agradecemento a todo o Consello Ase-

sor para a Ciencia e Tecnoloxía de Galicia polo grande inte-

rese, detalle na análise e opinións que permitiron unha mellora

substancial do Plan.

Finalmente, un agradecemento especial a todos os se-

cretarios e directores xerais membros da CICETGA que foron,

en definitiva, os principais actores no proceso de elaboración

do Plan.

A todos, grazas

Page 11: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 12: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ ÍNDICE

Introdución 15

Fundamento Normativo e Antecedentes 23

❙ Fundamento Normativo 24

❙ Antecedentes 27

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia 29

❙ Descrición Valorativa: Fortalezas e Debilidades 31

❙ Consideracións e Recomendacións Finais 61

Finalidade do Plan 67

❙ Misión 69

❙ Obxectivos Operativos 71

❙ Destinatarios 73

❙ Competencia 73

❙ Vixencia 73

Programas 75

❙ Programas Horizontais 78

Programa de Recursos Humanos 78

Programa de Articulación do Sistema

de Investigación e Innovación 84

Programa de Comunicación e Sensibilización Social 90

❙ Programas Xerais 93

Programa de Promoción Xeral da Investigación 94

Programa de Consolidación e Estruturación

do Sistema Público de I+D+I 97

Programa de Resultado-Valor 99

❙ Programas Sectoriais 102

Programa de Investigación Aplicada 105

Programa PEME I+D 106

Programa I+D Suma 106

Programa de Tecnoloxías Críticas Transversais 107

Programa de Innovación Empresarial 110

Programa de Proxección Exterior

do Sistema Galego de Innovación 116

Page 13: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Instrumentos 119

❙ Instrumentos para os Programas Horizontais 121

❙ Instrumentos para Promoción Xeral da Investigación 122

❙ Instrumentos para Programas Sectoriais 123

❙ Instrumentos para o Programa de Innovación Empresarial 124

Orzamento 127

Xestión do Plan Galego de Investigación,

Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010 131

Anexo I

Prioridades Para Os Programas Sectoriais

e Tecnoloxías Críticas 139

❙ Medio Rural (MRU) 141

❙ Medio Mariño (MMA) 142

❙ Recursos Enerxéticos e Mineiros (REM) 142

❙ Biomedicina e Ciencias da Saúde (CSA) 143

❙ Tecnoloxías da Alimentación (TAL) 144

❙ Medio Natural e Desenvolvemento Sostíbel 145

❙ Tecnoloxías dos Materiais e da Construción (TMT) 147

❙ Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) 148

❙ Sociedade da Información (SIN) 149

❙ Tecnoloxías de Deseño e Produción Industrial (DPI) 149

❙ Sociedade e Cultura (SEC) 150

❙ Consellerías que colaboran na Xestión dos

Programas Sectoriais do Plan 2006-2010 152

❙ Turismo 153

Anexo II

Tecnoloxías críticas detectadas no Prosiga 155

Referencias 161

Page 14: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 15: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ INTRODUCIÓN

Page 16: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 17: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

O desenvolvemento económico e social de Galicia debe pivotar sobre

un sistema de I+D+I forte e ambicioso. Para iso, o Plan que estableza-

mos hoxe debe mirar ao futuro e basearse nas tendencias sociais da

próxima década, isto é, que informe sobre as tendencias para elaborar

escenarios sobre futuros posíbeis e analice as mudanzas que están

tendo lugar na sociedade, e os retos que se terán que afrontar na pró-

xima década, o que tamén ha de servir para esclarecer e cualificar a

acción presente.

Está demostrada a existencia dunha correlación positiva entre o

nivel de renda per capita dos países e a porcentaxe de gasto en I+D+I

sobre o PIB. Este efecto positivo ten como premisa a eficiencia no

investimento, e non só o seu incremento, para o que é precisa unha

Administración e unha sociedade eficientes. Un sistema de I+D+I con-

solidado é aquel onde o sector empresarial asume o papel de liderado

no esforzo investigador e son as empresas as que converten os acti-

vos do coñecemento en innovación e crecemento económico.

Se o esforzo e os inputs (gasto, persoal) son deficientes non debera

sorprender que a avaliación dos resultados (por exemplo, patentes eu-

ropeas por mil habitantes) sitúe a Galicia na periferia tecnolóxica da Unión

Europea. A situación da I+D+I agrávase tendo en conta que a mobilidade

(Comisión Europea 1999) tecnolóxica dentro da Unión é moi inferior á

existente dentro dos Estados Unidos de América. Daquela, a súa trans-

ferencia dende a concentración tecnolóxica da “grande dorsal euro-

pea” cara ao tecido produtivo galego (Fundación COTEC 2005, Sánchez

Asiain) vai ser especialmente escasa e dificultosa na situación actual.

Existe un consenso crecente sobre o papel chave que desempeñan

os sistemas de I+D+I no desenvolvemento socioeconómico dun terri-

torio. A Comisión Europea así o ten entendido, e os últimos cumios eu-

ropeos téñenlle dedicado moita atención a este aspecto cando se trata

de discutir as estratexias de crecemento e emprego da Europa comu-

nitaria. Os informes Sapir (2004) e Kok (2004) son referencias chave

nestes debates e as súas conclusións previsíbeis orientadoras das po-

líticas comunitarias e estatais a medio e longo prazo.

Page 18: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Como fondo destes debates pode verse con

preocupación un mundo económico dividido en blo-

ques no que EUA inventa, Asia (China ou India) pro-

ducen con vantaxes en custos laborais e Europa

queda descolocada. Se isto é así para o conxunto

de Europa, a situación de Galicia require unha

atención moito máis especial.

A propia política rexional, que ten sido tan

importante para Galicia nos últimos vinte anos,

deulle máis pulo ao capital físico (infraestruturas

de transporte sobre todo) no que se teñen con-

centrado os esforzos no pasado. É o momento pois

do capital humano e tecnolóxico, do ensino e da

investigación, no marco dunha Europa que aposta

pola investigación segundo os criterios de repar-

tición establecidos no recente acordo sobre finan-

ciamento europeo para o período 2007-2013.

Nos países que máis teñen incrementado o seu

esforzo en I+D+I no pasado recente (Islandia, Sue-

cia, Finlandia e Dinamarca)1, a orixe dos fondos é

maioritariamente privada. Mais estes eran países

que previamente contaban con niveis de gasto

público xa moi elevados. É tentador pensar, xa que

logo, que o gasto público exerce a medio e longo

prazo un efecto dinamizador sobre a I+D+I privada.

O éxito dependerá do xeito no que se articulen as

relacións entre os axentes públicos de I+D+I e as

empresas.

Ollando cara ao caso de Galicia, como podería

darlle pulo o sector público á cultura da innovación

nas empresas e á súa integración no sistema

galego de I+D+I? Son, por unha banda, as empresas

grandes (con máis de 500 empregados) as que

acumulan o 80% do gasto no Xapón, Corea, Ale-

maña, Suecia ou EUA e, por outra, a maior parte do

1 Lideres no índice de adianto tecnolóxico elaborado polas Nacións

Unidas

Page 19: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

gasto procede dos sectores empresariais de alta tecnoloxía, como as Tecnolo-

xías da Información e as Comunicacións, responsábeis do crecemento en Suecia,

Dinamarca, USA, Irlanda, Bélxica e Canadá.

A estrutura produtiva actual de Galicia caracterízase por dúas condicións de

partida pouco favorábeis se atendemos as pautas amosadas naqueles outros paí-

ses: o reducido tamaño medio das empresas e unha especialización sectorial na

que, certamente, non destacan as actividades de alta tecnoloxía2. Nunha econo-

mía coma a galega, que parte dun PIB baixo e na que non se dan as condicións

anteriores, unicamente unha aposta decidida do Goberno, de xeito constante e

non cíclica, pode romper a tendencia actual.

Neste contexto estrutural, un rápido avance do gasto en I+D+I debe tomar pé,

sobre todo, naquelas actividades cunha forte especialización e orientación cara

aos mercados exteriores, tanto actual como potencial, definindo melloras tanto

de proceso como de produto. A acción gobernamental pode liderar o proceso con

fortes incrementos no financiamento só nun contexto no que se definan os sec-

tores polos que se pode e se debe apostar. Estes deben medrar en torno á crea-

ción de tecnoloxía, polo que se debe apostar por tecnoloxías transversais que

alimenten a distintos sectores produtivos para facelos menos dependentes tec-

noloxicamente. Ademais, nada impide facer apostas selectivas por actividades

para as que se conte cunha oferta formativa de capital humano competitiva e con

emerxentes iniciativas empresariais con vocación exportadora, mais que –polo de

agora– non sexan recoñecíbeis como actividades con peso exportador de seu.

Noutros casos poderíanse detectar nichos produtivos que se potencien con

esforzos selectivos de I+D+I naquelas actividades para as que se conta con recur-

sos, pero que, a día de hoxe, se cobren con importacións (p. ex., cárnicos, papel,

cerámica, auxiliar do automóbil, servizos a empresas, etc.). Todo iso mirando a rea-

lidade produtiva actual e potencial de Galicia.

Certamente, en Galicia non se dan as mesmas condicións (estrutura produtiva,

sectorial e tamaño das empresas) que fixeron posíbel que algúns países aumen-

taran extraordinariamente o seu gasto de I+D+I financiado pola empresa. Nin hai

grandes empresas que actúen como motor de I+D+I, nin a gran parte das activi-

dades produtivas se desenvolven nos sectores de alta tecnoloxía.

Con todo, esta análise non debería paralizar os esforzos para mudar a situa-

ción dende o eido público, máis ben o contrario. A fragmentación pódese superar

mediante a cooperación interempresarial (clusters) e a externalización das acti-

vidades de I+D+I cara a centros especializados. E todo iso (posta en funciona-

mento de clusters, prestación de servizos de I+D+I, incubadoras de empresas,

empresas de base tecnolóxica...) pode ser incentivado e animado polo sector

2 Sectores de alta tecnoloxía: Farmacéutico. Computadores e equipamento de oficinas. Equipamento de

radio, televisión e comunicacións. Instrumentación científica. Manufactura espacial. Neste caso Galicia supón

o 1,3% da cifra de negocios española (para o conxunto da industria é do 6,2%). Informe CGRL 2003: 95 con

datos do INE.

Sectores de tecnoloxía media-alta: Produtos químicos, maquinaria e equipamento. Fabricación de equipos

de transporte, automóbiles, trens… Neste caso acádase o 5,8% (grazas á automoción).

Mais debe actuarse con cautela coas agrupacións sectoriais porque a miúdo agregan actividades madu-

ras (p. ex., buques-tanque, roupa, etc.) con outras que non o son (p. ex., cruceiros, tecidos industriais, etc.).

Page 20: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

público. Canto á especialización produtiva, a proposta é mesmo

máis ambiciosa. No actual contexto presidido pola competencia

crecente no eido comercial, un país como Galicia debe apostar

por un modelo competitivo baseado na diferenciación e na tec-

noloxía, na calidade e seguridade dos produtos, máis ca na can-

tidade e no baixo custo.

Non se pode esquecer que a economía galega mostra un nivel

de produtividade baixo, máis marcado ca no caso español, que

non logra converxer nese indicador cos demais países europeos.

A mellora da produtividade é condición necesaria para a susten-

tabilidade do proceso de crecemento económico, xa que pon de

manifesto a eficiencia no uso dos factores de produción, isto é,

o capital, o traballo e o coñecemento. Ademais, unha produtivi-

dade baixa fai o territorio menos atractivo para o investimento.

A mellor maneira de incidir sobre a produtividade é o desen-

volvemento conxunto dos factores produtivos, que teñen o seu

principal resultado na innovación. Así, cómpre fomentar o inves-

timento empresarial, a calidade como factor transversal, o

emprego de calidade, a iniciativa empresarial, a I+D+I, o uso das

TIC e, sobre todo e como resumo dos anteriores factores, a

aposta polo coñecemento.

En todo este proceso faise necesario iniciar un cambio de cul-

tura empresarial para que se pase a considerar a I+D+I como

Page 21: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

estratéxica para o futuro dentro da cultura da calidade empresarial;

e na sociedade en xeral para facela máis coñecedora da ciencia e a

tecnoloxía, así como a promoción de medidas de igualdade na política

científica galega.

Finalmente, neste escenario, a investigación pública non é impor-

tante só como motor económico e impulsor do sector privado, senón

que hai algúns atributos que a fan insubstituíbel para unha maior cohe-

sión e desenvolvemento da sociedade galega, como son a súa impor-

tancia para o bo goberno dun país, para a necesaria imparcialidade e para o

coñecemento polo coñecemento.

Na práctica, o contorno máis activo, e en gran medida responsábel da xeración

de novo coñecemento en Galicia, é o sistema público de I+D+I, isto é, as universi-

dades e os OPI (organismos públicos de investigación). Aínda que na década dos

90 se insistiu moito sobre a necesidade dunha I+D+I aplicada, a partir de 2000, a

Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) e a

Comisión Europea comezaron a alertar sobre a importancia de ter unha investi-

gación básica saudábel, pertinente e ben focalizada, como único xeito de non hipo-

tecar a independencia científica e tecnolóxica e competir no desenvolvemento de

novo tecido económico. Por iso, todos os plans de I+D+I do contorno galego fan

un esforzo por equilibrar a investigación básica coa I+D+I aplicada.

Os esforzos en I+D+I esixen a participación conxunta do sector público e as

empresas. Non semella posíbel desenvolver un sistema potente de I+D+I sen o

concurso de ambos os dous. De feito, a implicación en España do Ministerio de

Industria nos programas busca esa implicación da I ao D e deste ao segundo I (á

innovación), e os acordos sobre competitividade poñen sobre a mesa como obxec-

tivo duplicar os esforzos público/privados en I+D+I que se ven triplicados cando

se contabilizan en termos de I+D+I. É nese contexto onde ademais da investiga-

ción básica (I), tradicionalmente liderada polas universidades e os OPI, e das ache-

gas da investigación privada en grandes empresas (D), acadan un papel crucial as

redes de transferencia tecnolóxica ou os centros de difusión tecnolóxica para a

incorporación de tecnoloxía –propia ou allea– ao sistema produtivo (I).

Page 22: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 23: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ FUNDAMENTO

NORMATIVO E

ANTECEDENTES

Page 24: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

24 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

❙ Fundamento Normativo

A Constitución Española de 1978, no seu artigo 44.2, obriga aos

poderes públicos a promover “a ciencia e maila investigación cien-

tífica e técnica en beneficio do interese xeral”. Así mesmo pro-

clama, no artigo 149.1.15.ª, a competencia exclusiva do Estado en

materia de “fomento e coordinación xeral da investigación cientí-

fica e técnica”. Previamente, no seu artigo 148.1.17.ª, sinala que as

Comunidades Autónomas poderán asumir atribucións para “o fo-

mento da cultura, da investigación [...] da comunidade autónoma”.

En virtude deste último precepto constitucional, o Estatuto

de Autonomía para Galicia (aprobado pola Lei Orgánica 1/1981,

do 6 de abril) dispón, no seu artigo 27.19.ª, que corresponde á

nosa Comunidade Autónoma a competencia exclusiva sobre o

“fomento da cultura e da investigación en Galicia”.

En cumprimento do mencionado artigo 149.1.15.ª, foi promul-

gada a Lei estatal 13/1986, do 14 de abril, de Fomento e Coordi-

nación Xeral da Investigación Científica e Técnica, que fixa os

instrumentos necesarios para definir as liñas de acción na inves-

tigación científica e tecnolóxica, programar os recursos dispo-

ñibles e coordinar as actuacións dos sectores produtivos, os

centros de investigación e as universidades. A devandita Lei e

mailo aludido artigo 44.2 da Constitución conforman o marco

legal básico para a elaboración da normativa sobre Investigación,

Desenvolvemento e Innovación das Comunidades Autónomas.

No caso de Galicia, o primeiro desenvolvemento lexislativo na

materia foi plasmado no Decreto 19/1987, do 14 de xaneiro, polo

que se creou a Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tec-

noloxía (Cicetga), dirixida a deseñar unha política científica de

coordinación dos sectores afectados. O Decreto foi derrogado

ao ano seguinte pola Lei 8/1988, do 18 de xullo, do Plan Xeral de

Investigación Científica e Técnica de Galicia.

Posteriormente, foi ditada a Lei 12/1993, do 6 de agosto, de Fo-

mento de Investigación e de Desenvolvemento Tecnolóxico de

Galicia, que revogou a Lei 8/1988, asumindo como obxecto pri-

mordial “o fomento da investigación científica, a innovación tecno-

lóxica, a normalización e homologación necesarias para acelerar

a integración de Galicia no mercado europeo”, ademais de promo-

ver a relación entre os centros de investigación e os sectores

implicados no desenvolvemento económico e produtivo.

Ao amparo desta norma, eixe legal da I+D+I na Comunidade

Autónoma, foi creado o Plan Galego de Investigación e Desen-

volvemento Tecnolóxico (hoxe Plan Galego de Investigación, De-

senvolvemento e Innovación Tecnolóxica-INCITE), o cal ten por

finalidade “a coordinación dos recursos, o fomento da investiga-

ción, o desenvolvemento tecnolóxico e a súa posible concertación

Page 25: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

con plans estatais e programas de carácter bilateral ou multila-

teral de comunidades autónomas”.

A Lei 12/1993 tamén prevé a creación de importantes órganos

estreitamente relacionados co Plan, como a citada Cicetga, e o

Consello Asesor de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico,

que é “o vínculo efectivo entre os axentes sociais, a comunidade

científica e os responsables de política científica e tecnolóxica”

e pode propor novos obxectivos e programas para o Plan.

En aplicación das disposicións legais descritas, a Xunta ditou

diversas normas de rango regulamentario que afectan a I+D+I

de Galicia. Estas son as máis destacadas:

� O Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece

a estrutura orgánica da Xunta de Galicia: o seu artigo 1.º reco-

lle os distintos departamentos que integran a Xunta, situando no

quinto posto á Consellería de Innovación e Industria, que se ocupa

das atribucións do goberno autonómico en materia de I+D+I.

� O Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a

estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Gali-

cia: segundo o seu artigo 6, letra a), a Consellería de Innovación

e Industria está composta por varios órganos superiores, entre

eles a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e

Innovación.

� O Decreto 231/2006, do 23 de novembro, polo que se esta-

blece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Indus-

tria: o seu artigo 7.º atribúe á Dirección Xeral de I+D+I “a ordenación,

planificación, coordinación, execución e seguimento das compe-

tencias en materia de fomento da investigación que ten atribuí-

das a Comunidade Autónoma de Galicia [...]”; “a elaboración, xestión,

coordinación e control do Plan Galego de Investigación, Desenvol-

vemento e Innovación Tecnolóxica”; “a planificación, coordinación,

execución e seguimento das competencias e funcións da conse-

llería nas materias de innovación tecnolóxica dos sectores in-

dustriais, de infraestruturas da calidade e tecnolóxicas, de deseño

industrial e de propiedade industrial,” así como “a xestión e utili-

zación da rede de ciencia e tecnoloxía de Galicia (Recetga)”.

� O Decreto 14/2006, do 26 de xaneiro, polo que se establece

a composición da Cicetga e a Orde da Consellería de Innovación

e Industria, do 7 de febreiro de 2006, pola que se nomean os seus

vogais.

� O Decreto 15/2006, do 2 de febreiro, polo que se establece

a composición do Consello Asesor de Investigación e Desenvol-

vemento Tecnolóxico de Galicia e Orde da Consellería de Innova-

ción e Industria, do 16 de xuño de 2006, pola que se dispón o

nomeamento deste Consello.

Fundamento Normativo e Antedecentes | 25

Page 26: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Asemade, os demais Departamentos ou Consellerías da Xunta

de Galicia poden participar no fomento da I+D+I dentro dos seus

correspondentes ámbitos sectoriais, consonte cos Decretos

reguladores da súas respectivas estruturas orgánicas:

� O Decreto 45/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece

a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade: segundo o seu

artigo 19, correspóndenlle á Subdirección Xeral de Docencia e

Investigación Sanitaria “a promoción, ordenación e coordinación

e avaliación dos plans e programas de investigación e docencia en

materia de: elaboración de propostas e do seguimento dos pro-

gramas de docencia e investigación [...]; a coordinación e fomento

da investigación no sistema sanitario; e coordinación, control e

avaliación das fundacións de investigación do sistema sanitario”.

� O Decreto 585/2005, do 29 de setembro, polo que se esta-

blece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Orde-

nación Universitaria: conforme ao seu artigo 8, correspóndenlle

á Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sis-

tema Universitario de Galicia “a promoción e xestión eficiente e

integrada dos recursos e capacidades do sistema universitario de

Galicia para a súa vertebración e posta en valor no marco do sis-

tema de innovación”.

� O Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo que se es-

tablece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural: en

virtude do seu artigo 9, a Dirección Xeral de Investigación, Tec-

noloxía e Formación Agroforestal ten asignadas “as funcións de

programación, coordinación e impulso da investigación, a innova-

ción tecnolóxica e a formación no sector agrícola, gandeiro, fores-

tal e alimentario galego”.

� O Decreto 500/2005, do 15 de setembro, polo que se esta-

blece a estrutura orgánica da Consellería de Pesca e Asuntos

Marítimos: o seu artigo 7 indica que a Dirección Xeral de Innova-

ción e Desenvolvemento Pesqueiro exercerá “a ordenación,

dirección e coordinación das atribucións da Consellería en mate-

ria de extensión pesqueira, ensino e titulacións náutico pesquei-

ras e de lecer, así como a investigación mariña”.

� Decreto 597/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece

a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desen-

volvemento Sostible: sinala o seu artigo 7 que a Dirección Xeral

de Desenvolvemento Sostible desenvolverá atribucións en mate-

ria de “impulso da investigación ambiental” e “xestionará o Cen-

tro de Investigacións Ambientais de Lourizán”.

� Decreto 36/2006, do 23 de febreiro, polo que se desenvolve

a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Deporte: de

conformidade co seu artigo 5, “correspóndelle á Dirección Xeral

de Creación e Difusión Cultural o establecemento de canles de

información e promoción da investigación no eido cultural” e á

26 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 27: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural “a conservación, o acre-

centamento, a difusión e o fomento do patrimonio cultural de Gali-

cia, así como a súa investigación”.

Por último, mencionar o Decreto 33/2007, do 1 de marzo, que

crea a Unidade de Muller e Ciencia de Galicia, un novo órgano

colexiado de asesoramento da Administración Pública Galega que

ten como finalidade “incrementar a presenza da muller nos ámbi-

tos científicos e tecnolóxicos”.

❙ Antecedentes

En resposta ao mandato establecido pola Lei 12/1993, a Secre-

taría Xeral de Investigación e Desenvolvemento elaborou entón

a proposta do Plan galego de investigación e desenvolvemento tec-

nolóxico (1999-2001) que, unha vez discutido e aprobado polos

órganos competentes, foi feito público mediante Resolución do

9 de febreiro de 1999 (DOG nº 38, 24 de febreiro de 1999).

O Plan galego de investigación e desenvolvemento tecnoló-

xico (1999-2001) contou cunha dotación orzamentaria de 132

millóns de euros. Desenvolveu a súa actividade en tres eixes

funcionais: formación de capital humano, dotación de infraes-

truturas científico-técnicas e execución de proxectos de in-

vestigación e desenvolvemento e innovación. Durante a vixencia

deste Plan avanzouse na ordenación dos grupos de investiga-

ción do sistema público de I+D+I e incentivouse a excelencia.

Posteriormente, a Secretaría Xeral de Investigación e De-

senvolvemento elaborou o Plan galego de investigación, desen-

volvemento e innovación tecnolóxica 2002-2005, que foi feito

público mediante Resolución de 15 de marzo de 2002 (DOG nº

65 de 4 de abril de 2002). Contou cunha dotación total de 285

millóns de euros. O devandito Plan respectaba a estrutura es-

tablecida pola Lei 12/1993. A filosofía do Plan consistiu en acre-

centar a importancia da investigación sectorial realizada polo

sistema público de investigación e potenciar o papel das em-

presas no proceso de I+D+I. Ademais, co Plan culminouse a in-

tegración de todas as liñas de apoio á I+D+I da Xunta de Galicia

nun só plan e nun programa orzamentario, o 432-A.

En 2003 creouse a Dirección Xeral de Investigación e Desen-

volvemento dentro da Consellería de Innovación, Industria e

Comercio. Esta Dirección Xeral asumiu as competencias da

antiga Secretaría Xeral, entre aquelas, a elaboración da proposta

deste novo Plan.

En 2005, a Consellería pasou a chamarse de Innovación e

Industria, dentro da cal está a Dirección Xeral de Investigación,

Desenvolvemento e Innovación, que ten como novidade a incor-

poración das competencias relativas a innovación.

Fundamento Normativo e Antedecentes | 27

Page 28: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 29: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ INVESTIGACIÓN,

DESENVOLVEMENTO

E INNOVACIÓN

EN GALICIA

Page 30: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 31: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ DESCRICIÓN VALORATIVA:

FORTALEZAS E DEBILIDADES

❙ Os Axentes do Sistema Galego de Innovación

O sistema galego de innovación está formado por catro

subsistemas:

� As empresas, nas que se materializa o proceso de inno-

vación tecnolóxica, e que desempeñan un importante

papel no proceso de xeración de coñecemento. A súa

misión final é a de converter os activos do coñece-

mento en crecemento económico;

� O sistema público de I+D+I, integrado polas universi-

dades, os centros de investigación e centros sanitarios

públicos que asumen funcións específicas no proceso

de produción, transmisión e almacenaxe de coñecemento;

� Os organismos de soporte á innovación, que son orga-

nismos que favorecen e catalizan as relacións dentro

do sistema e contribúen así a acelerar os procesos

innovadores;

� As administracións, que a través das súas políticas,

inflúen directamente sobre todas as etapas do proceso

de innovación e posibilitan o establecemento de condi-

cións do contorno favorábeis.

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 31

Page 32: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

32 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Organismo Público de Investigación do Ministerio de Educación e Ciencia:

� Instituto Español de Oceanografía (IEO), (centros da Coruña e Vigo).

Centros da Rede Pública Sanitaria Galega:

� Centros de atención primaria (5 xerencias e unha área sanitaria).

� Complexos hospitalarios e hospitais (7 complexos e 4 hospitais).

� Fundacións hospitalarias (4).

� Fundacións públicas sanitarias (6).

Universidades:

� Universidade da Coruña.

� Universidade de Vigo.

� Universidade de Santiago de Compostela.

Organismos Públicos de Investigación da Xunta de Galicia:

� Centro Experimental de Agricultura Baixo Miño.

� Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

� Centro de Investigacións e Información Ambiental.

� Centro de Investigacións Mariñas (CIMA).

� Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA).

� Centro de Investigación Lingüística e Literaria Ramón Piñeiro.

Centros de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas:

� Instituto de Investigacións Mariñas.

� Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia.

� Misión Biolóxica de Galicia.

� Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia).

Page 33: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Organismos de Soporte á Innovación:

� Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxía (Xunta de Galicia).

� Centro de Innovación e Servizos da Madeira (Xunta de Galicia).

� Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), (Xunta de Galicia e CSIC).

� Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación CETMAR), (Xunta de Galicia).

� Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura (CETGA).

� Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).

� Centro Tecnolóxico Armando Priegue –Asociación de Investigación Metalúrxica

do Noroeste (AIMEN).

� Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (CECOPESCA).

� Instituto de Cerámica de Galicia – AFICEGA (ICG).

� Centro Tecnolóxico da Pesca de Celeiro (CETPEC).

� Centro Tecnolóxico da Carne.

� Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT).

� Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC).

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 33

Laboratorios de Ensaio, Medida e Apoio á Investigación:

� Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (Xunta de Galicia).

� Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR),

(Xunta de Galicia).

� Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico (Xunta de Galicia).

� Laboratorio de Consumo de Galicia (Xunta de Galicia).

� Laboratorio de Metais Preciosos de Galicia (Xunta de Galicia).

� Laboratorio de Metroloxía de Galicia (Xunta de Galicia).

� Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Lugo (Xunta de Galicia).

� Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Deputación de Pontevedra).

� Laboratorio de Mouriscade (Deputación de Pontevedra).

� Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (privado).

Page 34: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Parques Tecnolóxicos:

� Parque Tecnolóxico de Galicia.

� Consorcio do Parque Científico–Tecnolóxico Universitario de Galicia.

Outros Organismos Fornecedores de Servizos de Apoio á Innovación:

� Centro de Empresas e Innovación BIC Galicia.

� Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA).

� Fundación Universidade da Coruña (FUAC).

� Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).

� OTRI das universidades e o CSIC.

� Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).

� Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

� Fundacións para a investigación sanitaria dependentes dos complexos hospi-

talarios.

34 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Administracións Públicas:

� Xunta de Galicia. Consellerías de:

Innovación e Industria,

Educación e Ordenación Universitaria,

Pesca e Asuntos Marítimos,

Sanidade,

Medio Rural,

Cultura e Deporte,

Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e

Vivenda e Solo.

� Ministerios de Educación e Ciencia, Industria, Turismo e Comercio, Sanidade,

Medio Ambiente e Agricultura e Pesca.

� Comisión Europea.

Page 35: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ As Empresas

En 2004 Galicia contaba con 180.977 empresas, das que 17.430 teñen máis de

cinco traballadores. Pola contra, só 67 tiñan máis de 500 traballadores. Existen

ademais varios clusters, como os de automoción, madeira, acuicultura, naval,

audiovisual e granito.

A meirande parte das empresas galegas compiten en sectores tradicionais e

de baixo contido tecnolóxico, polo que non lle dan prioridade ao valor da tecnolo-

xía como recurso competitivo. Non obstante, moitos destes sectores poderían

mellorar considerabelmente a súa posición competitiva grazas á I+D+I.

O gasto en I+D+I é aínda escaso, o número de proxectos empresariais que con-

tan con financiamento público presenta unha baixa envergadura e risco. Como se

verá nas estatísticas, as empresas galegas executan o 37% do gasto total en

I+D+I, cando a porcentaxe mínima recomendada é do 50%.

A presenza de investigadores nas empresas galegas é moi baixa. Mentres en 1999

só o 8% dos investigadores de Galicia traballaban en empresas, en 2004 o 18%

dos investigadores traballaron en empresas. Esta porcentaxe achégase ao 29% de

España, mais está aínda lonxe da media europea, o que supón un factor sintomá-

tico da debilidade das nosas empresas para facer unha aposta decidida pola I+D+I.

As empresas galegas acoden moi esporadicamente ás convocatorias nacionais

e europeas de financiamento da I+D+I. Aínda que a súa presenza nas convocato-

rias do Plan Galego de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico (PGIDIT) se foi

incrementando dende o ano 2002, non acontece o mesmo coas axudas estatais

(PROFIT e CDTI) e coas axudas europeas dos sucesivos programas marco, nas que

a participación galega é mínima.

En Galicia, ao revés que no resto de Europa, a creación de empresas de base

tecnolóxica non é unha práctica habitual, malia o seu valor como vía de moderni-

zación do tecido empresarial.

Page 36: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Nin a cooperación nin a subcontratación son estratexias habituais nos proce-

sos de innovación das empresas galegas, a pesar de que a cooperación, tanto no

sistema público de I+D+I como noutras empresas, pode proporcionar grandes

oportunidades de negocio. Neste senso, a creación de clusters empresariais pode

ser un instrumento determinante para o impulso da I+D+I e a posta en marcha

de instrumentos como as plataformas tecnolóxicas claves no desenvolvemento

da innovación nos sectores industriais.

O papel das grandes empresas como locomotoras do proceso de innovación é

aínda limitado. Segundo o Informe do sistema español de innovación da Fundación

COTEC: “As grandes empresas deben considerar entre as súas estratexias as

alianzas estratéxicas, a participación en pequenas empresas de base tecnolóxica

e a creación de spin-offs, co obxecto de aproveitar con máis eficiencia novas

oportunidades de negocio”.

As empresas deberían incluír na súa estratexia a xestión de tecnoloxía, basea-

da na vixilancia tecnolóxica, a xestión da I+D+I, a protección da tecnoloxía propia

e a explotación dos dereitos derivados dela, así como a adquisición de tecnoloxía

allea.

Os factores anteriores determinan que a empresa galega teña, en xeral, escasa

capacidade tecnolóxica e, xa que logo, importantes dificultades para inverter a

situación actual.

36 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 37: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ O Sistema Público de I+D

As tres universidades galegas, así como os centros que o CSIC e o IEO teñen si-

tuados en Galicia, contan cunha boa capacidade científica e tecnolóxica que, non

obstante, non está a ser suficientemente explotada polo conxunto do sistema.

Con independencia da influencia que poida ter o sistema de méritos na universi-

dade, que non propicia o achegamento entre estas institucións e o tecido produ-

tivo, o sistema ten aínda pendente un esforzo por completar o ciclo investiga-

ción-mercado, propiciando tanto a venda dos seus resultados de investigación

como a súa transformación en novas empresas (spin-offs).

Os grupos de excelencia científica carecen do apoio dunha infraestrutura

básica suficiente para dar o salto que lles permita competir en igualdade de opor-

tunidades no concerto internacional, debido sobre todo á estrutura universita-

ria actual que atende en gran medida as necesidades docentes.

Os centros de investigación da Xunta de Galicia realizan un labor non suficien-

temente aproveitábel polo tecido produtivo, malia que as súas áreas de espe-

cialización están moi próximas dos sectores produtivos galegos. Estes centros

teñen ademais dificultades para adaptar os seus cadros de persoal ás esixencias

da actividade investigadora xa que, ao non estar desenvolvida a Lei da escala de

persoal investigador da Comunidade Autónoma, gran parte do persoal destes cen-

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 37

Page 38: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

tros non cumpre cos requisitos para constituírse en grupos de investigación

e para participar como investigadores en proxectos financiados por convocato-

rias nacionais e europeas. Con todo, estes centros teñen en moitos casos unha

boa infraestrutura para facer investigación de calidade e bo coñecemento e re-

lacións cos sectores produtivos que lles permitirá desenvolver todo o seu poten-

cial cando se axilice a súa xestión e se mellore o sistema de recrutamento do

persoal investigador.

O sistema sanitario presenta unhas características específicas que deben

incorporarse no Plan, no que debe integrarse a I+D+I en saúde. Trátase dun sector

baseado no coñecemento, con áreas de alta tecnoloxía (farmacia, instrumentación

científica) e con crecentes eidos de innovación, tanto diagnósticos como te-

rapéuticos e de apoio. Os produtos sanitarios teñen un custo que representa unha

porcentaxe importante do gasto sanitario (9% en 2000), cunha balanza comercial

moi desfavorábel, polo que o investimento en I+D+I repercutiría favorabelmente

na competitividade do tecido empresarial. Os centros do sistema sanitario público

combinan a potencialidade de investigación básica orientada, investigación clínica,

epidemiolóxica, en resultados de saúde e investigación en tecnoloxías (colaboración

coa industria farmacéutica, desenvolvemento de novos instrumentos científicos,

etc.) nun mesmo ámbito. Con frecuencia é no eido dos centros sanitarios no que

se produce a xeración de coñecemento e a súa aplicación, coa conseguinte

innovación nos procesos asistenciais como resultado. Esta característica, moi

específica, require o seu recoñecemento na planificación dos instrumentos e

accións do PLAN. A consecución dunha posición máis competitiva de Galicia no eido

da biomedicina e ciencias da saúde só será posíbel se se potencian liñas de

investigación de alta calidade, globais, interdisciplinarias, coa participación e

integración de equipos de investigación básica e clínica próximos á realidade

asistencial e orientados ás necesidades sanitarias da poboación. Isto require o

establecemento de áreas temáticas prioritarias en torno ás que articular as

actuacións dos diferentes axentes de I+D+I.

A investigación pública no sistema galego de I+D+I debe ser fortalecida no senso

de que, en primeiro lugar, poida desenvolver axeitadamente a súa misión básica: a

xeración de coñecemento polo coñecemento (investigación básica), nun contorno

de excelencia científica e co horizonte de avanzar no coñecemento “Descubrir la

verdad, o su inverso, evidenciar un error” (Ortega y Gasset). Por outra banda, de-

berá propiciar e apoiar o desenvolvemento de tecnoloxías útiles á sociedade e aos

sectores produtivos.

Os grupos de investigación teñen, en xeral, dimensións reducidas, o que fai que

dificilmente poidan compatibilizar a excelencia científica coas necesidades do

tecido produtivo, nin tampouco liderar proxectos interdisciplinares de nivel inter-

nacional. Ademais, colaboran pouco entre si para acadar unha dimensión axei-

tada na súa especialidade e moito menos para o desenvolvemento de proxectos

multidisciplinares.

A colaboración dos axentes do sistema público de I+D+I con outros axentes é

limitada. O desenvolvemento de proxectos conxuntos con outros centros, funda-

mentalmente os máis próximos ao tecido produtivo (como os centros tecnolóxi-

cos) encontra aínda obstáculos. É necesario afianzar a complementariedade

38 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 39: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

de ambos tipos de institucións, xa que participan en distintas fases do proce-

so de innovación, uns na xeración de coñecemento, os outros no desenvolvemento

de innovacións para o mercado. Dado que algúns dos elementos do sistema (tales

como as universidades e os OPI) dispoñen dunha grande capacidade tecnolóxica

e científica, fronte ás carencias doutros axentes que están máis próximos ao

mercado, semella evidente que a única política posíbel é a colaboración entre os

axentes. Para optimizar os recursos dispoñíbeis no sistema é necesario outor-

garlles prioridade aos proxectos en colaboración, aos consorcios e ás redes.

O nivel de contratación entre as empresas e o sector público de I+D+I aumen-

tou nos últimos anos, tanto no número de empresas contratantes como na fre-

cuencia coa que recorren ao sistema público. Non obstante, a meirande parte dos

contratos atinxen a temas afastados da fronteira do coñecemento.

Os axentes do sistema público de I+D+I non recoñecen as diferenzas entre a

actividade investigadora e a actividade de servizo tecnolóxico. Os servizos tecno-

lóxicos son de vital importancia para o proceso de innovación. Pola contra, o sis-

tema público non valora suficientemente a súa importancia ou tende a encubrilos

baixo a forma de investigación aplicada. Ambas as dúas situacións contribúen a

xerar grande confusión e dificultan a adopción de medidas para consolidar os

devanditos servizos. Nas rexións máis desenvolvidas de Europa, estes servizos

merecen unha consideración e un apoio especial, namentres que en Galicia conti-

núan a ser vistos como un elemento de pouca importancia. É esencial que se

adopte unha política clara de definición e consolidación de servizos tecnolóxicos,

tanto por parte do sistema público de I+D+I como dos centros tecnolóxicos e os

laboratorios. Esta consolidación significa dotar estes servizos de medios huma-

nos e materiais suficientes, ademais de adoptar unha estratexia de comunicación

da oferta real existente en Galicia.

A proporción de persoal de apoio e auxiliar no corpo de traballadores do siste-

ma público de I+D+I, especialmente na universidade pero tamén nos OPI, é escasa.

Aínda que as cifras globais de persoal investigador no sistema público non son

malas, é necesario facer un esforzo por estimular a súa mobilidade e estabilidade.

O sistema público, en particular as universidades, comezou a asumir entre os

seus obxectivos, a creación de spin-off como mecanismo de transferencia dos

seus resultados de investigación, con repercusión na modernización do tecido

empresarial galego.

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 39

Page 40: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

40 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

❙ As Organizacións e Estruturas de Soporte

á Investigación e Innovación

As organizacións de apoio á investigación e innovación inclúen os centros tec-

nolóxicos, os laboratorios de ensaio e medida, os parques tecnolóxicos, as OTRI e

outros organismos fornecedores de servizos de oferta e difusión da tecnoloxía

e de axuda á innovación. En Galicia existe un bo número destas organizacións,

porén, as súas características son moi dispares. Para que o proceso de innova-

ción se desenvolva adecuadamente é necesario que na Comunidade Autónoma

existan servizos de apoio á innovación, fundamentalmente para as empresas. Malia

que tal demanda existe en Galicia hai anos, non se detecta unha resposta a esta

por parte da iniciativa privada, tal vez porque se trata dunha demanda moi frag-

mentada entre multitude de potenciais clientes ou ben porque as empresas aínda

non están dispostas a pagar por estes servizos. Sexa como for, é necesario dar-

lles resposta a estas necesidades, para o que se pode contar coa axuda das redes

de OTRI e de centros tecnolóxicos.

Os centros tecnolóxicos situados en Galicia mostran situacións moi diferentes.

De feito algúns deles non poden considerarse realmente como tales. Cómpre defi-

nir os estándares que deben cumprir todos os axentes do sistema, para así regu-

lar o mapa actual e constituír unha auténtica rede de centros tecnolóxicos e, ao

tempo, marcar o camiño para a creación dos novos centros que o sistema pre-

Page 41: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

cise. Todos eles, por definición, deben ter como principal preocupación aproxi-

marse e servir ao tecido produtivo. Salvo notábeis excepcións, a capacidade tec-

nolóxica mostrada por estes centros debe mellorar: case non contan con persoal

que teña o grao de doutor; a súa presenza en proxectos tecnolóxicos significa-

tivos é aínda limitada; a capacidade de resposta ás demandas das empresas non

sempre é suficiente; a oferta de servizos está pouco definida; e o coñecemento

que os centros teñen da oferta do sistema público de I+D+I é insuficiente, cousa

preocupante dado que as universidades e os OPI poden proporcionarlles recur-

sos científicos e técnicos de grande valor para a súa actividade.

Os laboratorios de ensaio e medida e apoio á investigación traballan adecua-

damente mais en áreas moi reducidas, o que os deixa en moitas ocasións fóra do

proceso de innovación tecnolóxica. Noutras ocasións son axentes importantes de

colaboración con grupos de investigación e empresas mediante a innovación e a

introdución de melloras nos protocolos de análises, e poñendo a disposición dos

equipos de investigación bases de datos para a realización de certos proxectos.

Os parques científicos e tecnolóxicos, son un instrumento esencial para facer

real a transferencia de coñecemento entre os axentes do sistema. Constitúen o

espazo físico de encontro entre o sistema público de I+D+I e o tecido privado, e

por tanto unha ferramenta esencial para enraizar e xerar I+D+I privado. Ata o de

agora non existe un parque científico e/ou tecnolóxico que realmente cumpra esta

misión. Os que teñen nestes momentos tal denominación, ou son en realidade

polígonos industriais ou son centros de excelencia científica. Por iso cómpre que

o Parque Tecnolóxico de Galicia se re-

conduza para acadar a súa verdadeira

misión e, a través do apoio do Consor-

cio do Parque Científico e Tecnolóxico

Universitario de Galicia, propiciar e di-

namizar a creación de auténticos par-

ques científicos e tecnolóxicos, os que

realmente Galicia necesita.

As OTRI das universidades e do CSIC

tratan de establecer un equilibrio en-

tre as tarefas de tipo administrativo

impostas polas súas propias institu-

cións e o seu labor de enlace cos de-

mais axentes do contorno. Nos últimos

anos téñense acometido importantes

proxectos como IDIPEME, Carteira Tec-

nolóxica, Empresa-Concepto, entre ou-

tros; non obstante, encóntranse con

importantes limitacións derivadas da

carencia e inestabilidade laboral dos

seus recursos humanos e do propio

tratamento que as súas respectivas

institucións lles dan a estas entidades,

ás que lles outorgan en moitas oca-

Page 42: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

sións papeis secundarios. Estas catro entidades traballan xa en rede e estudan

a posibilidade de que tal estrutura teña continuidade e elementos estábeis. Ade-

mais cómpre crear na Dirección Xeral de I+D+I un servizo OTRI que atenda todos

os centros de investigación da Xunta de Galicia. Esta aproximación entre as OTRI

das cinco maiores institucións investigadoras de Galicia é un requisito impres-

cindíbel para optimizar o uso dos recursos dispoñíbeis en Galicia.

As fundacións para a investigación sanitaria dependentes dos complexos hos-

pitalarios son estruturas orientadas á captación de recursos, apoio á investiga-

ción nos centros sanitarios e á transferencia de coñecemento. Existen neste

momento sete fundacións, unha en cada un dos complexos hospitalarios do Ser-

vizo Galego de Saúde que lles dan servizo a todos os profesionais do ámbito de

influencia de cada complexo. A súa actividade ten un relevante impacto na axi-

lidade e eficiencia da xestión de recursos. Para o axeitado desenvolvemento

das súas funcións é preciso garantir un traballo en rede, a capacitación dos

seus recursos humanos e unha maior relación coas organizacións de soporte da

innovación.

Outros organismos tales como BIC Galicia, FEUGA, FUAC e ITG adoptaron estra-

texias de especialización en certos nichos, sen que a súa actividade transcenda

ao conxunto do sistema.

Dado que as organizacións dedicadas á transferencia e sensibilización cara á

tecnoloxía teñen asignadas funcións que poden acadar dende a simple xestión

administrativa ata a completa promoción e comercialización das tecnoloxías, é

necesario que a súa estrutura e o perfil dos seus recursos respondan á respon-

sabilidade asumida.

As organizacións de soporte á innovación deben buscar unha estreita relación

co sistema público de I+D+I para dispoñer de coñecementos actualizados e acce-

der a recursos humanos e materiais cualificados, así como a instalacións tec-

nolóxicas de calidade. Deste xeito cómpre definir novas estruturas que respon-

dan e se axusten ás necesidades do sistema galego de I+D+I, evitando disfrazar

a realidade.

❙ As Administracións Públicas

A Xunta de Galicia é a principal fonte financeira da actividade de I+D+I en Gali-

cia a través do Plan. As consellerías competentes por razón da materia que con-

ten con centros propios de investigación desenvolverán as súas actuacións

directamente no marco xeral do Plan.

A Administración xeral do Estado, a través fundamentalmente do Ministerio de

Educación e Ciencia, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e o Ministerio

de Sanidade e Consumo, conta con instrumentos de grande relevancia, dos que o

sistema galego de innovación parece non ter sacado aínda suficiente partido. O

Plan nacional de investigación e desenvolvemento é o principal destes instrumen-

tos, e dentro deste, PROFIT (destinado a empresas e centros tecnolóxicos). Tamén

son moi relevantes as axudas prestadas polo CDTI (Centro de Desarrollo Tecno-

lógico Industrial) e recentemente os instrumentos deseñados no programa INGE-

NIO 2010. En xeral, a presenza galega nestas convocatorias é baixa; de feito é

42 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 43: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

bastante inferior ao retorno que cabería esperar polo peso que ten Galicia no

conxunto do Estado. Ademais, gran parte deses fondos que capta Galicia das con-

vocatorias do Estado non son para a realización de proxectos senón para a adqui-

sición de infraestruturas. Esta circunstancia, que ten como consecuencia que

Galicia capte menos financiamento externo do que debería, fai necesario contar

con medidas que impulsen aos axentes do sistema galego a acudir a convocato-

rias estatais e europeas.

A Comisión Europea conta actualmente co VI Programa marco da Comunidade

Europea para accións de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innova-

ción, e está preparando o VII Programa marco. Malia que a presenza galega nos

cinco programas marco anteriores foi mellorando progresivamente, o VI Programa

marco está a representar un retroceso debido á reorientación dada pola Comi-

sión Europea ás súas convocatorias, centradas agora en proxectos e redes de

moi grande dimensión. Este feito dificulta a presenza dos grupos de investigación

e empresas galegas de capacidade tecnolóxica máis reducida e de menor pre-

senza nos círculos internacionais da investigación. De feito, no terceiro encontro

COTEC-Europa sublíñase a necesidade de facilitar a participación dos países do

sur de Europa engadindo ás actuais políticas tecnolóxicas e científicas os seguin-

tes obxectivos:

(i) Darlle maior prioridade á transferencia de tecnoloxía cara ás empresas con

menor capacidade tecnolóxica, o que supón incluír a “todos” os sectores produti-

vos nas políticas e programas de apoio á innovación da Comunidade Europea.

(ii) Promover a xeración e aplicación empresarial de nova tecnoloxía para me-

llorar a competitividade dos sectores máis tradicionais a través da innova-

ción, o que implica tamén contar co sector servizos ata o de agora totalmente

ignorado.

(iii) Impulsar a modernización do tecido produtivo, dotándoo dunha maior pro-

porción de empresas nos sectores tecnoloxicamente avanzados, para irse

achegando á actual estrutura empresarial dos grandes países europeos, dos

que aínda estamos moi afastados (Sánchez Asiain 2006).

As administracións céntranse en financiar proxectos de I+D+I e a adquisición

de infraestruturas pero ademais deben asumir, como unha das principais finali-

dades das súas políticas de innovación, aspectos de articulación que, de non seren

acometidos ao mesmo tempo ca os esforzos adicionais de financiamento, resta-

ranlle posibilidades de crecemento ao sistema galego de innovación. Estas accións

articuladoras deberían tratar temas como o acrecentamento da colaboración

entre contornos, a estruturación de redes de apoio, a consolidación dunha oferta

de servizos tecnolóxicos coherente coa demanda, a creación de spin-off e, final-

mente, a aposta decidida pola xeración de resultados científicos e tecnolóxicos

de calidade e a constitución de auténticas plataformas tecnolóxicas en áreas nas

que Galicia poida marcar a diferenza.

A política científica e tecnolóxica debe promover os grandes proxectos de

investigación de iniciativa empresarial que mobilicen recursos públicos e priva-

dos, especialmente das grandes empresas e daquelas que sexan capaces de

arrastrar a participación dos seus subministradores e clientes.

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 43

Page 44: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ Indicadores de Situación

O Gasto en Investigación

e Desenvolvemento en Galicia

Á vista dos datos de gasto interno en I+D+I executado en Galicia apréciase un

incremento constante nos últimos anos. En 2004 cífrase en 366,29 millóns de

euros, o que representa un 0,86% do PIB, fronte á media española do 1,07%. O

gasto en I+D+I executado en Galicia foi no ano 2004 o 4,1% do gasto interno total

executado en España, que en comparación co 3,3% de 1996 mostra unha lixeira

melloría.

44 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Gráfica 1. Esforzo investigador

% Gasto/PIB no período 1997-2004

0,0

0,5

1,0

1,5

2,0

2,5

UE 25 UE 15 España Galicia

20042003200220012000199919981997

Fonte: INE

Gráfica 2. Evolución do Gasto

en I+D+I en Galicia (1997-2004)

0.000

50.000

100.000

150.000

200.000

250.000

300.000

350.000

400.000

Gasto Total en I+D

20042003200220012000199919981997

Fonte: INE

Fonte: INE

0,00

10,00

20,00

30,00

40,00

50,00

60,00

EspañaGalicia

Admón

Pública

Ensino

Superior

IPSFLEmpresas

Gráfica 3. Distribución do Gasto en I+D+I

por sectores de execución en %. Ano 2004Debe indicarse que a porcentaxe es-

tatal de gasto sobre o PIB no ano 2003

foi corrixido e o que inicialmente era

1,10% pasou posteriormente a ser o

1,05%. Por iso, o 1,07% supón un breve

incremento respecto do ano anterior.

Así e todo, o dato autonómico de 2003

non foi corrixido, aínda que cabe pensar

que foi máis baixo ca o 0,86% publicado.

Page 45: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Táboa 1.

Esforzo Investigador. % Gasto/PIB no período 1997-2004

Ano 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004

% Gasto/PIB en Galicia 0,52 0,53 0,54 0,64 0,70 0,80 0,86 0,86

Gasto en I+D en Galicia (M€) 142,08 152,89 165,09 209,46 240,27 293,20 338,45 366,29

% Gasto/PIB no España 0,82 0,89 0,88 0,94 0,96 1,03 1,10 1,07

Fonte: INE

A entrada en vigor do primeiro Plan galego de I+D+I en 1999 –que supuxo a con-

centración nun único programa orzamentario dos fondos autonómicos dedicados

a esta actividade– marca o inicio do crecemento do gasto: o gasto en I+D+I da

Xunta de Galicia era en 1997 o 0,47% do orzamento total e aumenta en 1999 ata

o 0,76%. A continuación, o comezo do segundo Plan galego de I+D+I no ano 2002,

cunha maior dotación orzamentaria, marca un novo salto do gasto en I+D+I res-

pecto do PIB. En 2005, a Xunta de Galicia destinou o 0,91% do seu orzamento á

I+D+I. En 2006 o orzamento asinado, dedicado a I+D+I, supón o 1,31% que supón o

gran salto coa entrada en vigor deste terceiro Plan (130,24 millóns de euros sobre

un orzamento de 9.911 millóns de euros.)

Táboa 2.

Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dedicados a I+D+I no período 1999-2005

(millóns de euros)

1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005

Dotación total 45,6 48,6 49,5 62,9 64 74,2 82,9

Importe distribuído en convocatorias públicas 23,9 23,8 29,2 44,1 51,2 46,6 48,9

Porcentaxe distribuída en convocatorias 52,4% 49% 59% 70% 80% 62% 59%

Fonte: Dirección Xeral de I+D+i. Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia

A diferenza esencial co conxunto do Estado radica na distribución do gasto por

sectores de execución e, en particular, no peso da responsabilidade empresarial

no esforzo en I+D+I. A nivel estatal as empresas executan o 54% do gasto en I+D+I

e as universidades executan o 30%, namentres que en Galicia a execución das

empresas acada tan só o 38% e o gasto principal concéntrase no ensino público

superior (universidades), que está no 46%.

Táboa 3.

Distribución do Gasto en I+D+I por sectores de execución en %

Sector Galicia 1999 Galicia 2004 España 2004M € % M € % M € %

Empresas 50,17 30% 137,6 38% 4.864,93 54%

IPSFL (Institucións privadas

sen fin de lucro)0,002 0% 0,07 0% 11,67 0%

Ensino superior 83,73 51% 170,01 46% 2.641,65 30%

Administración pública 31,18 19% 58,58 16% 1.427,50 16%

Total 165,08 100% 366,26 100 8.945,75 100%

Fonte: INE

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 45

Page 46: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

A OCDE recomenda que o gasto executado por empresas sexa polo menos do

50% do total do gasto interno. Este investimento mínimo empresarial é o que

garante que os investimentos en I+D+I realizados polo conxunto do sistema teñan

expectativas de chegar ao mercado ou de ser incorporados ao proceso produ-

tivo, é dicir, favorecen que a I+D+I se converta en innovación tecnolóxica. Ademais,

na medida en que o gasto en I+D+I das empresas acaba propiciando o gasto nos

demais sectores, un sistema de innovación dinámico require dunha participación

expresa do sector produtivo na súa actividade.

Recursos Humanos en Investigación

e Desenvolvemento

Outro dos indicadores básicos para avaliar a actividade e capacidade do sis-

tema de innovación é a intensidade dos recursos humanos dedicados a activida-

des de I+D+I.

A cifra total de persoal dedicado a I+D+I en Galicia ascendeu en 2004 a 8.285,70

persoas (en equivalencia a xornada completa), o que representa o 6,5‰ da poboa-

ción activa, fronte ao 8,4‰ que se re-

xistra no conxunto estatal. Os recursos

humanos dedicados a I+D+I, é dicir, per-

soal investigador e persoal auxiliar,

sitúan a Galicia nos últimos anos e de

forma variábel na sexta ou sétima po-

sición respecto das demais comuni-

dades autónomas. Esta posición dé-

bese a porcentaxe de persoal respecto

do total español, que flutúa entre o

3,7% de 1996 e o 5,1% de 2004.

46 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Fonte: IGE

0

1

2

3

4

5

6

GaliciaEspaña

2004200320022001200019991998199719961995

Gráfica 4. Investigadores en I+D+I (EXC)

por mil activos (1995-2004)

Page 47: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Fonte: IGE

0

1

2

3

4

5

6

7

8

9

EspañaGalicia

InvestigadoresPersonal I+D

Gráfica 6. Número de Investigadores

e Persoal en I+D+I por mil activos

Fonte: IGE

56

58

60

62

64

66

68

EspañaGalicia

20042003

Gráfica 5. Investigadores sobre

persoal dedicado a I+D+I

Se consideramos exclusivamente o persoal investigador, que en 2004 foi de

5.630 investigadores, Galicia flutúa tamén entre a sexta e a sétima posición res-

pecto das demais comunidades autónomas. Esta cifra de investigadores repre-

senta o 4,5‰ da poboación activa, fronte ao 8‰ que recomenda a OCDE. Para

acadar a devandita porcentaxe, e tendo en conta a poboación activa de 2004, Gali-

cia debería contar cuns 10.200 investigadores. En España son investigadores o

5,2‰ da poboación activa.

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 47

Táboa 4.

Comparación por CC.AA. do persoal investigador por sectores e do gasto medio por

investigador. Ano 2001

Galicia Valencia Cataluña España

Empresas 8% 15% 32% 23%

Ensino superior 80% 70% 54% 59%

Administración pública 11% 13% 13% 17%

Tanto por mil Persoal I+D+I sobre activos 5,3 5,7 9,5 7,7

Gasto medio/Investigador 56.493 € 71.302 € 91.032 € 77.761 €

Fonte: Informe COTEC 2003. Elaboración propia

Page 48: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

A evolución do persoal dedicado a I+D+I no período 1999-2004 permite apre-

ciar un cambio significativo. O persoal dedicado a I+D+I en empresas pasa de ser

o 19,4% do total en 1999 a ser o 32,5% en 2004, lonxe do 50% recomendado pola

OCDE. Ademais o persoal investigador en empresas pasa do 7,9% en 1999 ao 17,7%

en 2004. Ambos crecementos son positivos, pero pouco importantes pola brecha

existente en canto ao número de investigadores existentes sobre o obxectivo

desexábel (9.000-10.000 investigadores). É tamén significativo o reducido gasto

medio en Galicia por investigador, que en 2004 foi de 65.062 euros, fronte ao gas-

to medio por investigador en Estado español, que foi de 88.577 euros.

48 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Fonte: INE

Gráfica 7. Persoal dedicado á I+D+I

por sectores en %. Ano 2004

0,0

10,0

20,0

30,0

40,0

50,0

60,0

GaliciaEspaña

IPSFLAdm. PúblicaEmpresasEnsino

Superior

Fonte: INE

0,0

10,0

20,0

30,0

40,0

50,0

60,0

70,0

80,0

GaliciaEspaña

IPSFLAdm.

Pública

EmpresasEnsino

Superior

Gráfica 8. Investigadores

por sectores en %. Ano 2004

Táboa 5.

Persoal dedicado a I+D+I por sectores e gasto medio por investigador.

Comparación Galicia-España

Galicia 1999 Galicia 2004 España 2004Total Investigadores Total Investigadores Total Investigadores

Nº persoas (EXC) 4.535 3.303,7 8.286 5.630 161.933 100.994

Empresas 19,4 % 7,9 % 32,5% 17,7% 43,9% 31,7%

Administración

pública19,8 % 14,0 % 13,7% 11,1% 16,8% 17%

Ensino superior 60,8 % 78,0 % 53,7% 71,2% 39,1% 51,1%

IPSFL 0,0 % 0,0 % 0% 0% 0,2% 0,2%

Total 100% 100% 100% 100% 100% 100%

Gasto medio por investigador 49.972 € 65.062 € 88.577 €

Fonte: INE

Page 49: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 49

0

100.000

200.000

300.000

400.000

500.000

600.000

700.000

800.000

Miles de €

2004200320001998

Fonte: INE

534.366

305.249

418.963

685.491

Gráfica 9. Evolución do Gasto

en Innovación en Galicia

A Innovación Tecnolóxica

nas Empresas

As empresas son os axentes principais do proceso de innovación. Mentres que

a función dos outros axentes do sistema se centra en catalizar o proceso, as

empresas transforman o coñecemento en produtos de mercado ou aplícano na

mellora dos seus procesos produtivos. O protagonismo das empresas no proceso

de innovación vese ademais reforzado pola presión exercida por un contorno com-

petitivo globalizado e cambiante no que a supervivencia empresarial está practi-

camente supeditada á asimilación da cultura do cambio.

De acordo cos datos procedentes da Enquisa do Instituto Nacional de Estatís-

tica sobre innovación tecnolóxica nas empresas, o gasto total en innovación en

Galicia no ano 2004 ascendeu a 534,3 millóns de euros. Esta cifra supón o 4,28%

do total español e coloca a Galicia na sexta posición do ordenamento autonómico,

aínda que moi por debaixo das proporcións alcanzadas por Madrid e Cataluña, que

son do 28,44 e 24,61% respectivamente. En termos de dinamismo innovador o

tecido empresarial galego é aínda moi feble e, ademais, se atendemos á evolución

do gasto nos últimos tres anos, as diferenzas coas rexións máis innovadoras non

parecen diminuír.

Debe indicarse que o INE adopta unha definición ampla da innovación e, no que

atinxe ao esforzo, contémplanse os gastos que realizan as empresas en traba-

llos para o seu inmobilizado material –entre os que se encontra a I+D+I– ou na

contratación de servizos externos de investigación e tamén distintas modalida-

des de investimento en activos materiais que incorporan tecnoloxía.

Fonte: INE

Gráfica 10. Evolución do Gasto

en Innovación como porcentaxe do PIB

0,0

0,2

0,4

0,6

0,8

1,0

1,2

1,4

1,6

1,8

2,0

Gasto/PIB

2004200320001998

1,25

1,06

1,28

1,74

Page 50: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

50 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Táboa 6.

Gasto en innovación realizado por empresas por CC.AA. Ano 2004

Comunidade autónoma Gasto en miles € %

Madrid 3.552.955 28,44

Cataluña 3.073.661 24,61

País Vasco 1.186.154 9,50

Andalucía 1.182.776 9,47

Comunidade Valenciana 804.510 6,44

Galicia 534.366 4,28

Castela e León 487.700 3,90

Aragón 463.409 3,71

Navarra 255.368 2,04

Castela-A Mancha 235.108 1,88

Murcia 170.476 1,36

Asturias 142.259 1,14

Canarias 139.085 1,11

Baleares 80.729 0,65

Estremadura 59.383 0,48

A Rioxa 7.652 0,46

Cantabria 57.177 0,46

Ceuta e Melilla 8.045 0,06

Total 12.490.813 100,00

Fonte: INE

A evolución seguida polas empresas galegas na adopción de procesos innova-

dores está aínda lonxe das pautas seguidas polas empresas do conxunto do

Estado. Namentres que o gasto en innovación das empresas españolas se acre-

centou nun 51% no período 1998-2004, o gasto das empresas galegas só creceu

un 42,8%. A pesar deste incremento o maior crecemento do PIB galego no último

ano reduciu a porcentaxe do gasto en innovación.

Táboa 7.

Gastos en Innovación no período 1998-2004 (en miles de �)

1998 2000 2003 2004

Gasto en innovación en España 6.074.256 10.174.258 11.738.505 12.490.813

Gasto en innovación en Galicia 305.249 418.963 685.491 534.366

% gasto en innovación Galicia/España 5,03 4,15 5,84 4,28

% gasto innovación en Galicia/PIB 1,06 1,28 1,74 1,25

Fonte: INE

Page 51: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

As Patentes en Galicia

como Indicador de Innovación

As patentes solicitadas son un indicador moi útil para avaliar a capacidade de

innovación e, particularmente, a capacidade de investigación e xeración de coñe-

cemento dun sistema de innovación.

Táboa 8.

Solicitudes e concesións de patentes en Galicia e España no período 1999-2004.

Residentes en España

1999 2000 2001 2002 2003 2004

Solicitude de España 2.438 2.709 2.523 2.763 2.804 2.864

patente nacional Galicia 76 97 91 105 106 110

Patentes nacionais España 1.794 1.667 1.699 1.056 1.599 1.642

concedidas Galicia 48 46 53 30 46 59

Solicitude de España 258 268 299 276 323 346

patente europea3Galicia 4 0 3 3 4 7

Solicitude de España 416 504 513 624 673 687

patente PCT Galicia 15 9 7 15 26 24

Fonte: Oficina Española de Patentes e Marcas. Elaboración propia

A solicitude de patentes en Galicia é significativamente baixa. En 2003, solici-

táronse dende Galicia só o 3,78% das patentes do Estado, fronte ao 25,4% de

Cataluña, o 18,5% de Madrid e o 14%

da Comunidade Valenciana. Nese mesmo

ano, Galicia acadou un rateo de 39 pa-

tentes solicitadas por millón de habitan-

tes, fronte ás 112 de Cataluña, as 96 de

Madrid e as 94 da Comunidade Valen-

ciana. Os datos melloran moi lixeiramente

en 2004, ano no que as solicitudes feitas

en Galicia son o 3,84% do total estatal.

Resulta aínda máis significativo o baixo

número de rexistros de patentes a nivel

internacional. No período 1999-2004, das

3.417 patentes PCT solicitadas en España,

só o 2,8% corresponderon a Galicia. A

porcentaxe de patentes nacionais soli-

citadas en Galicia que se estenden pos-

teriormente a patentes internacionais é

moi baixa.

Igualmente chama a atención que a meirande parte das patentes son solicita-

das dende o sistema público de I+D+I, aínda que isto se explica polo feito de que

os custos de protección son inferiores no caso das universidades.

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 51

3 Os datos de patentes europeas atinxen só ás presentadas en España, é dicir, non inclúen as entregadas

directamente na OEP.

Fonte: Oficina Española de patentes e marcas.

Elaboración propia

0

20

40

60

80

100

120

Patentes concedidasPatentes Solicitadas

200420032002200120001999

Gráfica 11. Evolución do número de

patentes solicitadas e concedidas en Galicia

Page 52: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ A Execución do Plan Galego de Investigación,

Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica

O esforzo feito en Galicia en I+D+I nos últimos anos foi claramente insuficiente

e o papel da Administración autonómica, pouco dinamizador. O orzamento dedi-

cado a I+D+I nos distintos plans xa executados é moi inferior ao necesario para

acadar a media española, para o cal, e debido ao atraso acumulado, se debe facer

unha aposta moito maior (crecementos maiores do 30%) para poder iniciar a

converxencia.

Estes orzamentos foron distribuídos mediante tres tipos de liñas de actuación:

recursos humanos, proxectos de I+D+I e infraestruturas.

52 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

0

20

40

60

80

100

120

140

20062005200420032002200120021999

Fonte: Dirección Xeral de I+D+i

Consellería de Innovación e Industria

Xunta de Galicia

Gráfica 12. Evolución do orzamento da

Xunta de Galicia dedicado a I+D+I no período

1999-2006 (en millóns de euros)

Fonte: Dirección Xeral de I+D+i

Consellería de Innovación e Industria

Xunta de Galicia

Gráfica 13. Distribución do orzamento de I+D+I

sobre o orzamento total da Xunta de Galicia

no período 2002-2006 (millóns de euros)

0,0

0,2

0,4

0,6

0,8

1,0

1,2

1,4

20062005200420032002

0,90,85

0,91 0,91

1,31

Fonte: Dirección Xeral de I+D+i

Consellería de Innovación e Industria

Xunta de Galicia

Gráfica 14. Evolución do orzamento

do Plan (millóns de euros)

0

100

200

300

400

500

600

700

800

2006-20102002-20051999-2001

800

284

144

Page 53: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 54: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

54 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 55: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Recursos Humanos

No que se refire aos recursos humanos, o esforzo representou unicamente o

15% dos fondos do Plan no período 1999-2005, claramente insuficiente dado o

desfasamento con respecto aos rateos dos países máis avanzados, nos que se

alcanza ata o 60%. Ademais, os instrumentos utilizados foron inadecuados por

dirixirse fundamentalmente a bolsas e contratos precarios que ademais non con-

fluían coas necesidades reais e non obedecían á definición dunha carreira inves-

tigadora. Abrangueu fundamentalmente a subvención de bolsas para formación

de persoal investigador ou auxiliar, especialmente no sector público e nas univer-

sidades. Deste xeito, os plans anteriores adoecían dunha aposta específica polos

recursos humanos. A excepción do Programa Isidro Parga Pondal creado nos últi-

mos tres anos, todos os recursos se dirixiron a bolsas de carácter precario para

o período predoutoral e 3º ciclo, e a axudas complementarias para persoal xa

estabilizado nas universidades e OPI para viaxes a congresos e estadías. Cómpre

pois definir unha carreira tecnolóxica e científica e, a través do fomento de con-

tratos, incidir con actuacións decididas en todas as fases do proceso, así como

abrir canles cara ao sector privado para que resolvan o déficit de persoal inves-

tigador que existe na empresa.

Táboa 9.

Evolución do programa de Recursos Humanos no Plan (2004-2005)

Nº Concedidos TOTAL Concedido (�)

Recursos Humanos 2004 2005 2.004 2.005

Predoutorais novas 80 80 1.056.000 1.056.000

Predoutorais 1ª Prórroga 76 78 1.003.200 1.029.600

Predoutorais 2ª Prórroga 82 56 541.200 369.600

Terceiro Ciclo Prórrogas 93 75 535.680 432.000

FP-2 Novas 80 -- 518.400 --

Estadías 195 183 1.073.130 680.355

Investigacións Agrarias 13 19 7.930 22.750

Turismo 13 6 54.100 27.050

Isidro Parga Pondal 46 45 2.451.050 2.346.750

Bolsas Colaboración Novas 5 3 60.000 39.600

Investigadores/tecnólogos visitantes 64 55 201.975 208.860

Total 747 600 7.502.665 6.212.565

Fonte: Dirección Xeral de I+D+i. Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 55

Page 56: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

CentrosTecnolóxicos

EmpresasOrganismosPúblicos de Investigación

2005200420032002200120001999

Fonte: Dirección Xeral de I+D+i

Consellería de Innovación e Industria

Xunta de Galicia

Gráfica 15. Distribución do financiamento

do Plan por axentes receptores

(1999-2005)

Fonte: Dirección Xeral de I+D+i

Consellería de Innovación e Industria

Xunta de Galicia

Gráfica 16. Distribución dos proxectos

concedidos do Plan por axentes

receptores (1999-2005)

0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

CentrosTecnolóxicos

EmpresasOrganismosPúblicosde Investigación

2005200420032002200120001999

56 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Proxectos de I+D+I e Infraestruturas

Os fondos distribuídos para proxectos de I+D+I e para adquisición de infra-

estruturas representan a porcentaxe maior dos fondos distribuídos nos plans

anteriores.

Táboa 10.

Distribución de axudas do Plan para proxectos e infraestruturas por axentes receptores

de axudas en 1999, 2004 e 2005

1999 2004 2005Axudas Contía Axudas Contía Axudas Contía

concedidas (€) distribuída concedidas (€) distribuída concedidas (€) distribuída

OPI 329 13.833.114 306 13.475.002 351 12.074.523

Empresas 88 5.966.060 324 27.690.202 274 21.076.659

Centros tecnolóxicos 0 0 11 1.149.707 37 5.006.993

Total 417 19.799.174 641 42.314.911 662 38.158.115

Fonte: Dirección Xeral de I+D+i. Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia

Ollando a distribución destas axudas ao longo do período de execución dos plans

anteriores pódense constatar dúas variacións salientábeis: a incorporación dos

centros tecnolóxicos e o aumento nas axudas dedicadas ás empresas. Os cen-

tros tecnolóxicos deben ser uns dos motores e elementos tractores da activi-

dade investigadora no eido empresarial. No último tramo temporal dos plans

anteriores comezaron a ter cabida; se ben, tanto o número como a entidade en

xeral dos centros existentes non permitiron que exerceran o papel de liderado

desexado. O importante incremento de fondos destinados no último Plan ás

empresas non tivo o efecto desexado ou o que se podería agardar. Xa que logo,

cómpre modificar os instrumentos e canles para que o financiamento repercuta

Page 57: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

eficazmente na dinamización e o estimulo no gasto de I+D+I privado, achegándoo

ás demandas das empresas no senso de que as axudas reduzan o grao de risco

que os investimentos en I+D+I representan.

No período considerado, pódese apreciar un cambio importante de orientación

no Plan cara ao financiamento das actividades empresariais. En 1999 as empre-

sas acadaban o 21% dos proxectos e o 30% dos fondos, mentres que en 2005 as

empresas xa superaban o 40% dos proxectos e o 55% dos fondos. Entrementres,

o número de proxectos en organismos públicos de investigación mantense está-

bel, con pequenas variacións anuais á alza ou á baixa, como demostran os 329 pro-

xectos de 1999 fronte aos 351 proxectos de 2005. Como consecuencia, resulta

significativo comprobar como a porcentaxe dos fondos destinados aos proxec-

tos dos organismos públicos, fronte ao total dos fondos distribuídos, descende

do 69% en 1999 ao 31,6% en 2005.

A pesar do incremento do número de proxectos de I+D+I realizados por empre-

sas, estes non se traducen nun aumento claro nin nunha tendencia ao incremento

do gasto en I+D+I privado. Por iso, cómpre que as empresas muden de estratexia

de financiamento, no senso de aumentar o carácter investidor das axudas e redu-

cir o subsidio a fondo perdido. Pode observarse que a contía media dos proxec-

tos non é moi alta. En 2004 a subvención media por proxecto de empresa (290

proxectos excluíndo as dotacións de laboratorios) estaba arredor dos 90.000

euros. Tendo en conta que a subvención é aproximadamente o 40-50% do custo

total do proxecto, o orzamento medio dos investimentos asociados aos proxec-

tos pode estar entre 150.000 e 200.000 euros. Estas contías son baixas en rela-

ción aos orzamentos habituais dos proxectos empresariais desta natureza (entre

0,5 e 1,5 millóns de euros) e deixan entrever unha escasa ambición nos obxecti-

vos e no posíbel impacto dos resultados.

Estase a producir unha excesiva dispersión nos esforzos ao financiar un nú-

mero relativamente elevado de proxectos de baixo custo, se cadra coa incorpo-

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 57

0

100

200

300

400

500

600

700

800

Total

Centros Tecnolóxicos Empresas

Organismos Públicos de Investigación

2005200420032002200120001999

Fonte: Dirección xeral de I+D+i

Consellería de Innovación e Industria

Xunta de Galicia

Gráfica 17. Evolución dos proxectos

concedidos do Plan por axentes receptores

en convocatorias públicas (1999-2005)

pro

xe

cto

s c

on

ce

did

os

Fonte: Dirección xeral de I+D+i

Consellería de Innovación e Industria

Xunta de Galicia

0

5

10

15

20

25

30

35

40

45

50

Total

Centros Tecnolóxicos Empresas

Organismos Públicos de Investigación

2005200420032002200120001999

Gráfica 18. Distribución dos fondos do

Plan por axentes receptores en

convocatorias públicas (1999-2005)

Mill

ón

s e

uro

s

Page 58: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

58 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

ración ao Plan de empresas con capacidades e obxectivos en I+D+I aínda pouco

solventes, en detrimento doutras empresas ou centros tecnolóxicos que de-

mandan accións de maior peso para xerar maior impacto. Sen deixar de apoiar os

proxectos de pequena dimensión, debe comezarse a potenciar os proxectos de ob-

xectivos ambiciosos e liderados por consorcios procedentes dos diferentes con-

tornos do sistema. Estes proxectos son os que poden ter repercusión no gasto

galego en I+D+I e poderían darlle a Galicia visibilidade científica a nivel nacional e

internacional.

Tamén é significativo que os proxectos se repartan de maneira homoxénea

entre os programas sectoriais do Plan, sen que ningunha área científico-tecno-

lóxica destaque sobre as demais. Como excepción relevante pódese sinalar o Pro-

grama de deseño e produción industrial, dentro de tecnoloxías para a innovación,

que amosa un número significativamente maior de proxectos. Non obstante, este

feito non parece estar relacionado coa fortaleza de Galicia neste eido, mais si coa

variedade de sectores aos que se dirixe este programa. En consecuencia, polos

resultados do Plan non se poden detectar fortalezas en ningunha área científico-

tecnolóxica en particular. Todo isto indica a necesidade de establecer unha polí-

tica dirixida a sectores estratéxicos, dado que ata o de agora a repartición

resultou homoxénea e polo tanto o impacto difuso.

Táboa 11.

Distribución do Plan por programas de axuda (2002-2005)

2002 2003 2004 2005

Proxectos (€) Contía Proxectos (€) Contía Proxectos (€) Contía Proxectos (€) Contía

concedidos distribuída concedidos distribuída concedidos distribuída concedidos distribuída

Promoción xeral

da investigación239 7.010.373 267 6.927.023 377 10.591.022 342 5.299.002

Recursos naturais 100 7.413.977 91 7.194.411 64 6.594.578 76 6.285.221

Tecnoloxías

da innovación253 19.954.387 321 27.572.459 293 25.576.071 287 25.036.598

Servizos ao cidadán 73 4.858.433 61 3.023.870 57 3.577.107 64 3.705.959

Total 665 39.237.170 740 44.717.763 791 46.338.778 769 40.326.780

Fonte: Dirección Xeral de I+D+i. Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia

Page 59: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

O Plan Nacional de I+D+I

A nivel estatal, a responsabilidade de programación das actividades científico-

tecnolóxicas recae na Administración xeral do Estado, a través da Comisión Inter-

ministerial de Ciencia e Tecnoloxía, tal e como se establece na Lei 13/1986, de

fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica. Esta progra-

mación faise mediante o Plan nacional de investigación científica, desenvolve-

mento e innovación tecnolóxica (PN) que xestionan os Ministerios de Educación e

Ciencia, o de Industria, Turismo e Comercio, e o de Sanidade e Consumo. O Plan

nacional persegue, ao igual ca o Plan galego, incrementar o nivel da ciencia e a tec-

noloxía, así como acrecentar os recursos humanos dedicados a esta actividade,

para o que financia actuacións de formación de persoal investigador, proxectos

de I+D+I e innovación tecnolóxica e investimentos en infraestrutura.

O volume de subvención obtida por Galicia a través de convocatorias públicas

estatais foi de 32 millóns de euros en 2001 e 66 millóns de euros en 2002; no ano

2003 foi de 30 millóns de euros e para o 2004 a contía da subvención foi de 66

millóns de euros, aínda que debe considerarse que case a metade destes fondos

corresponden a investimentos en infraestruturas científicas financiadas con fon-

dos FEDER.

A participación dos distintos axentes do sistema de innovación galego no PN

amosa unha significativa diferenza de cultura e capacidade competitiva do sis-

tema público de I+D+I galego fronte ás empresas. Así, os retornos obtidos polos

organismos públicos de investigación galegos, e en particular as universidades,

duplican os xerados polas empresas.

Do mesmo modo ca no Plan, non existen claras fortalezas tecnolóxicas na par-

ticipación galega no PN. Coas excepcións da participación continuada dalgunhas

empresas dos sectores de acuicultura, alimentación ou materiais siderúrxicos, a

presenza empresarial é esporádica e en actuacións de alcance limitado en canto

a obxectivos de I+D+I.

O Programa Marco de I+D da Unión Europea (PM)

O Programa marco da Comunidade Europea para accións de investigación,

desenvolvemento tecnolóxico e innovación (PM) constitúe o instrumento esencial

da política de investigación e desenvolvemento tecnolóxico a nivel europeo. Trá-

tase dun programa altamente competitivo, no que a participación de investiga-

dores e empresas require a constitución de consorcios transnacionais nos que

participan socios de tres ou máis países comunitarios.

O quinto PM, correspondente ao período 1998-2002, xestionou un orzamento

de 14.960 millóns de euros e o sexto PM, vixente entre 2002-2006, ten unha dota-

ción de 16.300 millóns de euros.

España obtivo un retorno de 629 millóns de euros como resultado da partici-

pación de empresas e organismos públicos de investigación no V PM, o que repre-

senta un 6,4 % do programa. A contribución española ao orzamento no devandito

programa foi do 7,4%, o que en termos globais implica un saldo negativo para a

investigación española, malia que mellora a súa participación.

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 59

Page 60: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

60 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Non obstante, os resultados preliminares obtidos no VI PM non son favorábeis,

dado que amosan un forte descenso da participación galega respecto do V PM.

Esta diferenza débese aos cambios sufridos polas convocatorias, que priman cada

vez máis a participación en grandes redes e proxectos, nos que os investigado-

res galegos non sempre conseguen integrarse. Non obstante, haberá que agar-

dar á conclusión deste programa para poder comparar cos datos anteriores.

Táboa 12.

Participación galega nos programas marco de I+D+I da Unión Europea

Nº Proxectos Nº Liderados Nº Participacións Subvención Posición por CC.AA.

por Nº proxectos

III PM 15 0 19 2.338.441 9

IV PM 78 8 93 7.319.946 6

V PM 108 11 137 13.051.243 6

VI PM 58 0 68 11.249.524 9

Fonte: CDTI (actualizado a 16/05/06)

Se temos en conta os incrementos nos orzamentos da Xunta de Galicia dedi-

cados a I+D+I e a baixa capacidade dos axentes para captar fondos procedentes

dos programas nacionais e europeos, é evidente a necesidade de acometer un

esforzo por incrementar o retorno que obtén Galicia do Plan nacional de I+D+I e

do Programa marco da Comisión Europea, como mecanismo para atender a

demanda de recursos de todo o sistema. No caso concreto do Programa marco,

e doutros programas europeos, é fundamental incrementar a presenza dos axen-

tes galegos (xa sexan empresas, centros tecnolóxicos ou organismos públicos de

investigación) nas redes e foros internacionais, dado que a ausencia destes cír-

culos constátase como unha das causas da baixa participación en proxectos.

Igualmente, as limitacións de moitas empresas galegas na xestión de proxectos

de I+D+I dunha certa complexidade, como poden ser os de Programa marco, difi-

cultan a súa presenza en convocatorias nacionais e internacionais.

Page 61: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ CONSIDERACIÓNS E

RECOMENDACIÓNS FINAIS

A análise das fortalezas e debilidades do sistema de investigación e innovación

amosa que Galicia presenta un enorme atraso con respecto ao da Unión Europea

e unha significativa distancia con relación á media de España. Deste xeito, Galicia,

segundo todos os indicadores, caracterízase por un escaso esforzo en investi-

gación e innovación, o cal se reflicte na debilidade do sistema público, pero sobre

todo no limitado compromiso das empresas cos procesos de I+D+I e na limitada

capacidade das estruturas de mediación na transferencia de tecnoloxía e apoio

á innovación.

No sistema público de investigación, constituído polas universidades e os cen-

tros de investigación promovidos pola Xunta e polo CSIC e o IEO, as debilidades

principais son a falta de recursos humanos suficientes, a atomización das actua-

cións e unha dimensión insuficiente dos grupos e centros de investigación. Neste

senso, existen verdadeiras dificultades para a incorporación de científicos e para

o desenvolvemento da carreira investigadora dos investigadores e investigado-

ras máis novos, o cal dificulta a remuda xeracional e a consolidación de liñas emer-

xentes de investigación. Precísanse estruturas intermedias, centros mixtos e

laboratorios especializados que lles permitan dar un salto cualitativo aos grupos

competitivos, de xeito que poidan captar máis recursos externos.

No ámbito empresarial os principais puntos débiles son, en primeiro lugar, unha

estrutura produtiva na que predominan as pequenas empresas, cunha capaci-

dade moi reducida para levar a cabo estratexias innovadoras, ademais da falta de

especialización nos sectores de maior contido tecnolóxico; esta estrutura carac-

terízase tamén pola escasa presenza de empresas de alta tecnoloxía e de empre-

sas de base tecnolóxica. En segundo lugar, destacan a escasa cultura innovadora

empresarial e as debilidades en xestión da innovación, o que implica pouca inno-

vación de produto, unha utilización limitada de tecnoloxías avanzadas de produ-

ción e das TIC, e unha baixa frecuencia de adopción de relacións de cooperación

entre as empresas, en definitiva, dotadas dun estilo de xerencia pouco orientado

ás redes e ás alianzas, que impide o acceso aos recursos e ao coñecemento. Estas

debilidades acrecéntanse por un desenvolvemento insuficiente de infraestrutu-

ras de apoio á innovación, como os centros tecnolóxicos; en particular destaca a

escasa presenza de centros de carácter sectorial e a baixa presenza do sector

privado como impulsor destas iniciativas.

Para lograr unha axeitada articulación do sistema de investigación e innova-

ción e favorecer a transferencia de coñecemento e tecnoloxía, son necesarias

estruturas de mediación entre os diferentes axentes e particularmente entre os

organismos públicos de investigación e as empresas. Por iso é necesario redefi-

nir a rede de centros tecnolóxicos así como crear a rede de OTRI de Galicia e o

sistema de coordinación entre ambos os dous axentes. A creación de novos cen-

tros tecnolóxicos, a constitución de plataformas tecnolóxicas nos sectores

estratéxicos para Galicia, así como a creación de verdadeiros parques científicos

e tecnolóxicos son retos que se deben afrontar para lograr una auténtica arti-

culación do sistema galego de I+D+I.

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 61

Page 62: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

62 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Os axentes financeiros, os operadores públicos e privados de capital risco, in-

vestidores privados e bancos e caixas de aforro atópanse case que ausentes no

sistema galego de I+D+I e poden ser de vital importancia para a construción e o

impulso de novos proxectos de innovación empresarial, para a creación de em-

presas de base tecnolóxica e para a canalización do aforro privado á creación

de novo tecido empresarial. Así mesmo, a propia sociedade, ao esixir modelos de

sustentabilidade e evolucionar cara a novos paradigmas sociais de participa-

ción, coñecemento e creatividade, pode actuar como impulsora e catalizadora

do sistema.

Ademais, a pesar de que as mulleres constitúen máis da metade do conxunto

de licenciados universitarios, a súa presenza nos postos de dirección do mundo

da investigación científica é moi escasa. Esta circunstancia supón a infrautili-

zación dos recursos dedicados á súa formación e con frecuencia reflíctense

situacións de discriminación por xénero, polo que facer efectiva a igualdade de

oportunidades entre homes e mulleres é unha acción estratéxica fundamental

se se quere construír con éxito un espazo galego de investigación, que estea á

altura da construción do Espazo Europeo de Investigación.

Finalmente, os recursos destinados por parte da Administración autonómica e

do Estado á I+D+I foron insuficientes para impulsar o avance que require o sis-

tema. Ademais, a avaliación da súa eficacia e o seguimento dos seus resultados

foi unha práctica pouco frecuente. No marco necesario dunha real igualdade de

oportunidades cómpre favorecer unha mellor distribución territorial da I+D+I en

España, para paliar o efecto centrípeto cara ás megalópoles, que conduce a unha

excesiva concentración de centros e recursos humanos públicos e privados, de

xeito que isto non impida nin free o desenvolvemento de todo o potencial inves-

tigador de Galicia.

Descrita a situación do sistema galego de I+D+I e sentadas as bases concep-

tuais da nosa visión sobre o sistema, expóñense as seguintes consideracións

xerais encol dunha nova política galega de I+D+I.

No Eido Estratéxico:

� Definición de obxectivos con orientación ás posibilidades

reais, a medio e longo prazo, das empresas e sectores

galegos que son ou poden ser competitivos no contexto

do mercado global.

� Focalizar as prioridades, partindo da premisa de que a

dispersión e atomización promoven a ineficacia e tendo

en conta o tecido galego actual.

� Definir o papel das tecnoloxías emerxentes para o país,

identificando onde se é ou pode ser competitivo e onde

se quere estar no futuro.

� Fomentar iniciativas dinamizadoras de I+D+I en torno ás

agrupacións empresariais ou clusters.

� Identificar pequenas e medianas empresas que actúen

a modo de “PEME tractoras”.

Page 63: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

No Eido Organizativo:

� Protexer o coñecemento nas empresas: fomentar iniciati-

vas e accións estratéxicas para protexer o coñecemento

no conxunto do sistema (por exemplo, os incentivos espe-

cíficos á xeración de patentes).

� Transferencia de tecnoloxía a través de incentivos econó-

micos: novos mecanismos para a transferencia do coñece-

mento ás empresas (contratos programa, xestores da

innovación…).

� Acordos de colaboración estábel: incentivos económicos

para fomentar a colaboración estábel para o desenvolve-

mento de proxectos de I+D+I, entre as empresas e corpo-

racións e organizacións empresariais e o sistema público

de I+D+I.

� Creación de empresas de desenvolvemento tecnolóxico e

innovación: apoio ás iniciativas privadas orientadas ao

desenvolvemento tecnolóxico e innovación, que serían

xeradoras de coñecementos de I+D+I dispoñíbeis “chave na

man” para terceiros.

� Potenciación dos viveiros de empresa de base tecnolóxica

ou spin-off: creación de novas empresas a partir de ideas

xurdidas das actividades de investigación que levan a cabo

os centros públicos.

� Apoio especial ás entidades que prestan servizos tecnoló-

xicos, vitais para o proceso de innovación.

� Promover a articulación dos axentes do sistema de I+D+I,

sobre todo dos axentes dedicados á transferencia e di-

fusión de tecnoloxía, que a miúdo están fragmentados.

No Eido Financeiro:

A converxencia en financiamento público en termos de PIB

coa media española, nun primeiro momento, e coa comunita-

ria a longo prazo.

Pódese robustecer a I+D+I empresarial baseándose en

beneficios fiscais e axudas públicas. Pero isto a longo prazo

é raramente eficaz. España é un bo exemplo. A I+D+I que fan

as empresas españolas ten dende hai anos un tratamento

fiscal moi favorábel nunha perspectiva internacional (imposto

sobre sociedades e IRPF). A pesar disto, as empresas espa-

ñolas gastan moito menos ca a media europea, polo que cóm-

pre actuar con medidas de formación e información.

A I+D+I debe ser parte da cultura e estratexia dunha empre-

sa, non un elemento complementario sustentado por incenti-

vos ou subvencións públicas. A curto e medio prazo débese

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 63

Page 64: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

64 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

fomentar a conexión sistema público de investigación-

empresa, de xeito que se apoien as estruturas de interface

(centros tecnolóxicos, plataformas tecnolóxicas, OTRI,

parques científicos e tecnolóxicos...). A longo prazo débese

dispor de empresas cunha importante base tecnolóxica,

para o cal probabelmente se deberán mobilizar recursos

de capital risco.

A acción do Goberno amósase como central na dinami-

zación e polo tanto no aumento do gasto en I+D+I, xa que

non só as universidades e centros públicos de investiga-

ción dependen de xeito decisivo dos recursos goberna-

mentais, senón que pode ser decisiva para promover e

incentivar a cultura innovadora nas empresas. Por todo

isto se necesita maior financiamento público en I+D+I.

No Eido dos Recursos Humanos:

A diferenza da idea estendida do gasto de I+D+I asociada

a instalacións e centros moi complexos, o certo é que a

maior parte (≈ 60%) se destina a gastos salariais. É nos

recursos humanos onde debe facerse o maior esforzo.

Ollando as cifras, apréciase que sería necesario, cando

menos, duplicar o persoal investigador no longo prazo, se

se quere ser competitivo e facer posíbeis as políticas de

I+D+I que deben ser deseñadas. Fronte á situación actual,

na que o sistema galego non é quen, sequera, de integrar

o –relativamente baixo– número de doutores que produ-

cen as universidades galegas, pasaríase a unha situación

na que mesmo habería que captalos doutros países.

A recuperación de investigadores galegos no estranxeiro

semella a vía máis produtiva nun primeiro instante, por ser

estes os máis doados de captar polo interese persoal en

Galicia, de existir ofertas laborais razoábeis: aumento das

expectativas profesionais, condicións salariais atractivas

e recursos postos a disposición do persoal investigador.

Loxicamente, o criterio de selección destes investigadores

e investigadoras non pode renunciar a niveis elevados de

esixencia, para optimizar os recursos dedicados e incen-

tivar os novos candidatos e candidatas a facer esforzos

e carreiras ambiciosas. Outro dos obxectivos é promover

a incorporación da muller no desenvolvemento da carreira

científica e tecnolóxica.

En conclusión, o persoal investigador precisa no sistema

de I+D+I:

� Incrementar o seu número.

� Incrementar a súa cualificación.

Page 65: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

� Mellorar o sistema de selección.

� Crear condicións laborais atractivas, de xeito que se favo-

reza o seu aniñamento.

� Profesionalización da actividade de I+D+I (a investigación

non é unha vocación, senón unha opción profesional).

� Valoración axeitada no sistema público das actividades de

I+D+I, de xeito que se reequilibre o peso das publicacións

coas actividades de I+D+I en proxectos cooperativos con

empresas.

� Promoción de xestores de innovación nas empresas, a tra-

vés da formación de persoal propio ou da contratación

externa. Trátase de xerar líderes ou coordinadores de pro-

xectos de I+D+I nas empresas e por tanto interlocutores

ideais co sistema global de ciencia e tecnoloxía.

No Eido do Sistema Público de I+D+I:

Finalmente, pero non por iso de menor relevancia, é o feito

de que a investigación pública non é importante só como

motor económico e impulsor do sector privado. Algúns atri-

butos da investigación pública fana insubstituíbel para o bo

funcionamento da sociedade galega. A investigación pública

de calidade tamén é importante para:

� O coñecemento. Numerosas investigacións poden ser ren-

díbeis nun futuro moi afastado e moitas nunca o serán. A

investigación científica básica nunca será financiada de

xeito significativo pola empresa. A medio e longo prazo

serán os países que posúan un bo substrato científico e

técnico os que compitan polos novos mercados, e este

substrato só pode acadarse e consolidarse con axuda dos

investimentos estratéxicos do Goberno no sistema público.

� A necesaria imparcialidade e independencia fronte a inte-

reses privados que chocan entre si ou fronte ao choque

entre intereses privados e intereses sociais.

� O bo goberno do País. O sistema público de I+D+I debe ase-

sorar o Goberno de xeito permanente. O Goberno debe de

contar con todo o sistema e ter canles e estruturas está-

beis para a comunicación. Non debe caer no perigo de cons-

truílas de xeito conxuntural sobre situacións urxentes ou

catastróficas. Moitos destes traballos non repercuten a

curto prazo na competitividade empresarial e por tanto é

difícil pensar que serían financiábeis polas empresas.

Investigación, Desenvolvemento e Innovación en Galicia | 65

Page 66: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 67: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ FINALIDADE

DO PLAN

Page 68: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 69: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ MISIÓN

A misión do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación

tecnolóxica 2006-2010 (INCITE) é impulsar o crecemento económico e social

de Galicia mediante a mellora da súa capacidade científico-tecnolóxica faci-

litando, deste xeito, a participación das empresas no proceso de innovación

e a extensión dos beneficios da investigación ao conxunto da sociedade

galega.

En consecuencia, o Plan debe contribuír a situar a Galicia nunha posición

avanzada na Europa actual no que respecta ao sistema de investigación e

innovación, actuando como unha acción de política pública coordinada co

conxunto dos axentes públicos e privados que promova a sociedade do coñe-

cemento e a cultura emprendedora co fin de acadar un desenvolvemento

económico sostíbel que achegue benestar e cohesión social.

INCITE basearase nas seguintes directrices:

� É un plan que pretende desenvolver a capacidade do sistema galego de

innovación co obxectivo de acadar o desenvolvemento a medio e longo

prazo dos sectores económicos e sociais.

� É un plan deseñado para mellorar a calidade da I+D+I que se desenvolve en

Galicia, coa finalidade de lograr a excelencia naqueles segmentos en que

sexa posíbel e favorecer a internacionalización da investigación desenvol-

vida en Galicia.

� É un plan que pretende consolidar a actividade de I+D+I das empresas

galegas, coa finalidade de ter repercusión no sistema español de innova-

ción, nas áreas de maior potencial para Galicia.

Finalidade do Plan | 69

Page 70: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

� É un plan que persegue o ordenamento racional dos recursos de investigación

públicos, así como a articulación de todos os elementos do sistema galego de

innovación.

� É un plan que persegue dotar a Galicia dunha capacidade investigadora sufi-

ciente nos eidos que son clave para o seu desenvolvemento, dándolle prioridade

ao incremento do capital humano dedicado a I+D+I tanto no sector público

como no privado, así como mellorar as súas condicións laborais.

� É un plan que persegue dignificar e recoñecer o papel da muller na ciencia e

tecnoloxía galegas e promover a igualdade de oportunidades, así como favore-

cer a súa incorporación aos postos de decisión e xestión no sistema de I+D+I

galego.

� É un plan que lles dá prioridade ás áreas científico-tecnolóxicas que teñen

maior importancia para os sectores económicos e sociais de Galicia.

� É un plan que pretende actuar concertadamente co Plan nacional de investi-

gación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica e co Programa

marco da Comunidade Europea para accións de investigación, demostración e

desenvolvemento tecnolóxico, para aumentar os recursos dispoñíbeis no sis-

tema galego de innovación.

� É un plan que intenta aumentar en Galicia a conciencia social sobre a impor-

tancia que ten o coñecemento, a través da I+D+I, para xerar innovación e mello-

rar a competitividade empresarial, como base do crecemento económico e

social.

En resumo, dende os obxectivos xerais antes definidos e baixo as directrices

mencionadas, os obxectivos operativos do Plan galego de investigación, desen-

volvemento e innovación tecnolóxica 2006-2010 poden agruparse en cinco eixes:

financiamento; capital humano; fomento da investigación valorizábel; articulación

do sistema; cultura, comunicación e sensibilización.

70 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 71: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ OBXECTIVOS OPERATIVOS

❙ Financiamento

� Desenvolver unha maior implicación do sistema financeiro privado no financia-

mento da innovación.

� Acrecentar o financiamento público vinculado a indicadores de impacto e

desenvolvemento, con especial orientación cara á xeración de maiores niveis de

financiamento privado.

� Estimular o crecemento de novas formas de financiamento da innovación.

� Aumentar a captación de fondos procedentes de convocatorias nacionais e

europeas de axuda á I+D+I.

❙ Capital Humano

� Fomentar a captación, promoción e retención do capital humano orientado á

innovación, con especial atención ao persoal das empresas. Dimensionar axei-

tadamente o sistema de innovación, atraendo talento e potenciando a inser-

ción dos mozos investigadores e investigadoras. Para iso debe incrementarse

o número de investigadores nas universidades e centros públicos e privados de

investigación, potenciando a atracción de talento e asegurando a igualdade

entre homes e mulleres.

� Fomentar a formación continua dos recursos humanos de todos os axentes do

sistema como medio para facilitar a innovación.

� Impulsar as condicións para a mobilidade do capital humano entre as universi-

dades, os OPI, os centros tecnolóxicos e as empresas, para aproximar os per-

fís de formación e propiciar áreas de interese común en investigación, así como

para a organización de redes.

Finalidade do Plan | 71

Page 72: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ Fomento da Investigación Valorizábel

� Promover unha maior implicación do sistema na creación e desenvolvemento de

empresas de base tecnolóxica, de xeito que se favoreza o espírito empren-

dedor e se incrementen os proxectos conxuntos entre universidades, centros

de investigación e empresas.

� Incentivar a creación e desenvolvemento de tecnoloxías propias e incrementar

a utilización de ferramentas de protección da innovación.

� Desenvolver unha maior visión estratéxica da innovación dende o ámbito em-

presarial, aumentando a súa capacidade de innovación e favorecendo a inter-

nacionalización.

� Promover a creación de plataformas tecnolóxicas como un mecanismo para for-

talecer aquelas áreas científico-tecnolóxicas máis demandadas polo mercado.

� Fomentar a internacionalización dos grupos de investigación, coa dobre finali-

dade de acadar a súa integración en redes e proxectos do Espazo Europeo de

Investigación e de facer posíbel a transferencia de resultados nun ámbito supe-

rior ao rexional.

� Elaborar unha estratexia sectorial e tecnolóxica específica que actúe como

motor de desenvolvemento da economía e do cambio estrutural das activida-

des produtivas, en sectores cun elevado potencial de crecemento e baseadas

na creación de coñecemento e nunha alta intensidade tecnolóxica que facilite

a transformación da estrutura produtiva e a xeración de postos de traballo

altamente cualificados.

❙ Articulación do Sistema Galego de Innovación

� Fomentar a cooperación entre os axentes do sistema orientada á creación e

desenvolvemento de redes e estruturas estábeis de colaboración.

� Desenvolver o ordenamento, articulación e coordinación dos axentes do sis-

tema galego de innovación.

� Promover a participación dos clusters sectoriais nos centros tecnolóxicos do

seu sector, como punto e ponte de encontro entre a I+D+I e a innovación.

� Estimular a adaptación e o desenvolvemento de servizos avanzados de apoio á

innovación dende as administracións públicas e entidades de I+D+I.

� Favorecer a creación de novos centros tecnolóxicos e de investigación naque-

las áreas en que exista demanda suficiente.

❙ Cultura, Comunicación e Sensibilización

� Desenvolver unha maior cultura da innovación nos axentes do sistema (empre-

sas, entidades de I+D+I, administracións públicas), así como promover a divul-

gación científica como medio de achegamento á sociedade.

� Promover a comunicación e a difusión da ciencia e a tecnoloxía para que o con-

xunto da sociedade recoñeza a importancia da I+D+I.

72 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 73: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

� Sensibilizar o conxunto da sociedade da importancia da ciencia e da tecnoloxía

para o desenvolvemento económico e o benestar social de Galicia.

� Potenciar a visualización do papel da muller no campo da ciencia e da tecnolo-

xía en Galicia.

� Formación de xornalistas especializados en divulgación da ciencia e da tecnoloxía.

❙ DESTINATARIOS

A sociedade galega no seu conxunto, como beneficiario último dos resultados

da investigación, o desenvolvemento e a innovación. Máis alá son destinatarios

concretos:

� As empresas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, de todos os sec-

tores e con especial atención ás pequenas e medianas.

� Agrupacións e asociacións empresariais.

� Universidades do sistema universitario galego.

� Centros e fundacións do sistema sanitario de Galicia.

� Outros centros públicos e privados de investigación.

� Centros tecnolóxicos.

� Organismos de apoio á I+D+I, tales como as Oficinas de Transferencia de Re-

sultados de Investigación, as fundacións que desempeñan funcións de OTRI,

o Parque Tecnolóxico de Galicia e o Parque Científico-Tecnolóxico do Sistema

Universitario Galego.

� Investigadores e tecnólogos, universitarios e titulados de formación profesional.

❙ COMPETENCIA

A responsabilidade sobre o Plan é competencia da Xunta de Galicia e dentro

dela da Comisión Interdepartamental de Ciencia e Tecnoloxía (CICETGA) e da

Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, á que lle corres-

ponde a elaboración do proxecto. A xestión do devandito Plan é responsabilidade

da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, que terá que

exercer, en coordinación coas consellerías da Xunta de Galicia, naqueles progra-

mas sectoriais que lles afecten.

❙ VIXENCIA

A vixencia do Plan abrangue dende o 2006 ata o 31 de decembro de 2010.

Finalidade do Plan | 73

Page 74: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 75: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ PROGRAMAS

Page 76: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 77: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

De acordo coa Lei 12/1993, de 29 de xullo, de fomento da

investigación e o desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, o

Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación

tecnolóxica estrutúrase en tres tipos de programas:

os programas horizontais, os programas xerais e os

programas sectoriais.

Programas | 77

Programas horizontais:

Recursos humanos (RHS)

Articulación do sistema galego de investigación e innovación (ART)

Comunicación e sensibilización social (CSS)

Programas xerais:

Promoción xeral da investigación (PXI)

Programa de consolidación e estruturación do sistema público

de I+D+I

Programa resultado-valor (RV)

Programas sectoriais:

Investigación aplicada

PEME: I+D

I+D SUMA

Tecnoloxías críticas transversais

Innovación empresarial

Proxección exterior do sistema galego de innovación

Page 78: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ PROGRAMAS HORIZONTAIS

O Plan galego de I+D+I 2006-2010 conta con tres programas horizontais: o de

recursos humanos, o de articulación do sistema galego de innovación e o de comu-

nicación e sensibilización social.

Estes programas tratan de contribuír á mellora do sistema galego de innova-

ción incidindo na cooperación entre todos os axentes. Ademais, teñen un forte

obxectivo de mobilización e activación. Constitúen o corazón estratéxico do Plan,

e por tanto os alicerces nos que deben pivotar todas as actuacións que selecti-

vamente deben incidir no desenvolvemento dos sectores económicos nos que se

deben focalizar as prioridades.

❙ Programa de Recursos Humanos

Introdución

Este programa ten o propósito de definir unha carreira científica que posibi-

lite a formación e consolidación dos investigadores e investigadoras e lles per-

mita a integración estábel dentro do sistema galego de I+D+I.

A Unión Europea fixou como reto para o ano 2010 un incremento de 700.000

investigadores e investigadoras, o cal comporta a formación, promoción e con-

solidación de investigadores e persoal de apoio á investigación. Dos instrumen-

tos que hai que desenvolver neste ámbito, as actuacións que fomenten a

mobilidade constitúen un instrumento fundamental para a mellora cualitativa e

cuantitativa da investigación, mediante as que se lles ofrecen as mellores opor-

tunidades aos investigadores e investigadoras e ás institucións que os acollen. O

obxectivo que fixa a OCDE é de 8 investigadores por mil activos. Galicia dispón

duns 5.630 investigadores e para chegar ao 8 por mil fixado como obxectivo pola

OCDE deberase duplicar esa cifra.

Con todo, o problema máis grave no sistema de investigación, desenvolvemento

e innovación é a carencia de investigadores e investigadoras nas empresas. En

Galicia, a distribución do persoal investigador rexistra un profundo desequilibrio:

un 78,9% no sector público e un 21,1% no sector privado, polo que difire enorme-

mente da UE, onde se encontra un 50% en cada sector. As diferenzas acentúanse

máis se se compara este dato co dos Estados Unidos ou o Xapón, onde os inves-

tigadores e investigadoras nas empresas constitúen o 70% do total. Por esta

razón, a incorporación de investigadores ao sector privado debe ser un obxectivo

estratéxico deste programa, a través do reforzo dos vínculos e o intercambio de

experiencias entre as universidades e as empresas, dado que as primeiras son a

fonte primordial para a captación de recursos humanos. Con este fin, deben enga-

dirse á formación dos científicos, contidos de xestión das organizacións e fomento

do espírito emprendedor e planear as orientacións e estratexias que o sector

público debe asumir na formación e estabilización dos investigadores.

78 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 79: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Como elemento transversal definirase un contexto que fomente a igualdade de

oportunidades entre homes e mulleres, tal como establecen as novas políticas

europeas sobre a construción do Espazo Europeo de Investigación. Esta premisa

é esencial para aproveitar o potencial das investigadoras, mellorar a calidade e a

innovación, achegar a investigación á sociedade e promover a participación das

mulleres na investigación científica.

Por último, as políticas de mobilidade, cooperación e internacionalización deben

incidir de xeito transversal no conxunto do programa. No momento actual, a socie-

dade está cada vez máis internacionalizada, polo que resulta impensábel que os

científicos poidan facer investigación de xeito illado sen contacto co que se fai

noutros lugares do mundo. En consecuencia, deben favorecerse os intercambios

de xeito que se favoreza o establecemento de relacións de cooperación, motivo

central do chamado Espazo Europeo de Investigación (ERA). Para lograr estes

obxectivos é preciso que os investigadores e investigadoras participen plena-

mente na investigación europea e mundial e que Galicia incorpore ás súas estru-

turas de investigación persoal científico e tecnolóxico de prestixio recoñecido

que contribúa a impulsar o sistema de I+D+I do país para situalo na senda da

mellora da competitividade no ámbito internacional.

A atracción de investigadores e investigadoras de talento tamén supón unha

mellora da calidade das actividades de investigación desenvoltas en Galicia, polo

que resulta vital que as universidades, empresas e centros de investigación gale-

gos se preparen para acoller investigadores e investigadoras foráneos.

Obxectivos Específicos

� Acrecentar os recursos humanos dedicados a actividades de I+D+I tanto en

número como en especialización nas áreas de maior interese, para a súa incor-

poración aos axentes do sistema galego de innovación.

� Fomentar a formación de doutores e consolidar a formación posdoutoral.

� Fomentar a formación de tecnólogos e axentes de innovación.

� Permitir a permeabilidade entre a carreira científica, a carreira docente e a

incorporación de investigadores e investigadoras ás empresas, potenciando

a flexibilidade e a mobilidade entre os sectores público e privado.

� Favorecer a mobilidade e a integración do persoal investigador para fomentar

a carreira investigadora en todos os axentes do sistema, así como dos tecnó-

logos e do persoal de xestión da innovación.

� Recuperar investigadores e tecnólogos galegos consolidados que realizan a súa

actividade fóra da Comunidade Autónoma e que desexen continuar as súas

actividades en Galicia.

� Incrementar as estadías de investigadores e investigadoras de Galicia no

estranxeiro para a súa formación e desenvolvemento da carreira investigadora.

� Promover a formación da comunidade científica en habilidades de xestión.

� Formar técnicos de apoio á investigación, así como incorporar xestores de inno-

vación e técnicos de apoio ao sistema de I+D+I.

Programas | 79

Page 80: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

� Asegurar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres na carreira

investigadora.

� Fomentar a permanencia e promoción das mulleres na carreira científica.

� Poñer en marcha programas de reincorporación á carreira científica para

mulleres que a abandonaran total ou parcialmente por razóns familiares.

� Fortalecer o sistema público de investigación mediante a modificación e o

desenvolvemento da Lei 2/2001 de escalas para persoal investigador da Xunta

de Galicia.

� Establecer o Estatuto do persoal investigador nos centros de investigación

pertencentes á Xunta de Galicia que recolla as súas peculiaridades dentro da

Administración pública.

� Elaborar o Estatuto do persoal investigador en formación.

� Consolidación de unidades de I+D+I.

� Incentivar o perfil investigador na carreira docente universitaria.

� Absorber mozos investigadores dentro do sistema galego de I+D+I, especial-

mente nas novas redes e centros planeados e deseñados para o efecto.

Indicadores de Referencia do Programa

� Rateo de investigadores-técnicos de apoio á I+D+I.

� Teses doutorais lidas por ano en Galicia e tempo investido nestas, así como

publicacións de prestixio internacional derivadas destas.

� Número de beneficiarios nas diversas convocatorias de bolsas e contratos de

formación predoutoral, posdoutoral e de reincorporación e absorción dentro

do sistema de I+D+I de Galicia, clasificados por xénero.

� Número de investigadores e tecnólogos incorporados ás empresas.

� Número total e relativo de beneficiarios nas convocatorias estatais (FPI, Juan

de la Cierva, Ramón y Cajal, Parga Pondal, INIA, Torres Quevedo e outras) e euro-

peas (Marie Curie e outras).

� Número de investigadores e investigadoras galegos que fan estadías fóra de

Galicia.

� Número de investigadores e investigadoras posdoutorais de Galicia que, des-

pois de máis de dous anos de estadías fóra de Galicia, regresan para incorpo-

rarse ao sistema galego de ciencia e tecnoloxía.

� Número de profesores e profesoras visitantes e doutores que fan estadías de

investigación en Galicia.

� Número de investigadores e investigadoras de Galicia que participan en enti-

dades ou organizacións internacionais.

� Número de contratos laborais fixos de investigadores e investigadoras incor-

porados ao sistema.

80 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 81: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Actuacións

Este programa basea as súas actuacións e instrumentos no desenvolvemento

da carreira investigadora en todas as etapas. Deste xeito, define un itinerario

lineal dende a formación dos investigadores e investigadoras ata a súa conso-

lidación no sistema, e dota de instrumentos de axuda cada unha das etapas

(predoutoral, posdoutoral, incorporación e consolidación). Ademais, favorece a

mobilidade dos investigadores e investigadoras tanto entre sectores como entre

institucións. Dada a especificidade da xestión dos recursos humanos nos centros

públicos da Xunta de Galicia, promoverase un mecanismo de acceso que contem-

ple os pasos da carreira investigadora e os méritos acadados nesta. Finalmente,

o programa compleméntase con medidas que promoven a incorporación de per-

soal técnico de apoio á investigación e a igualdade entre homes e mulleres.

As actuacións son as seguintes:

Na Carreira Científica

Etapa de formación de posgrao:

� Axudas de terceiro ciclo e posgrao: bolsas de apoio para novos licenciados e

licenciadas que se incorporen á formación de terceiro ciclo ou posgrao oficial

co fin de iniciar unha carreira investigadora.

� Formación de investigadores e tecnólogos. Etapa de formación predoutoral.

Contratos predoutorais: axudas para a formación de doutores e doutoras tanto

no eido público como no privado.

Etapa de formación posdoutoral:

� Axudas á incorporación de mozos doutores ao sistema público de investigación:

contratos asociados a proxectos de I+D+I.

� Axudas á incorporación de mozos doutores ás empresas: contratos asociados

a proxectos de I+D+I empresarial.

Etapa de incorporación:

� Programa de incorporación de doutores e tecnólogos ao sistema público de

investigación. Recuperación de investigadores e investigadoras cunha forma-

ción posdoutoral solvente, que desenvolvan as súas actividades fóra de Galicia,

para contribuír a incrementar o número de investigadores do sistema público

galego.

� Programa de incorporación de doutores e tecnólogos ás empresas. Contratos

para investigadores e investigadoras de solvencia posdoutoral ou tecnolóxica

para contribuír a fortalecer o sistema galego de innovación en empresas e cen-

tros tecnolóxicos.

� Axuda á incorporación de doutores a centros públicos de investigación da Xunta

de Galicia: axuda complementaria para cofinanciar contratos asociados a con-

vocatorias públicas de doutores como o Programa Ramón y Cajal, Programa

INIA/CC.AA. e outros semellantes.

Programas | 81

Page 82: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Etapa de consolidación:

� Programa de consolidación: programa no que se financian os organismos públi-

cos de investigación e entidades de investigación sen ánimo de lucro que incor-

poren, en postos de traballo permanentes, investigadores e investigadoras de

excelencia científica.

� Axuda á consolidación do persoal investigador nas empresas. Actuación pola

cal se financiarán as empresas e centros tecnolóxicos cunha axuda para a

posta en marcha das liñas de investigación dos investigadores contratados

permanentemente.

Na Formación de Tecnólogos e Axentes de Innovación

Etapa de formación:

� Plan de formación de tecnólogos. Axudas que fomenten a formación de diplo-

mados, licenciados e doutores en técnicas e procesos especializados a través

de programas a medida, de cara a mobilizar recursos humanos en ámbitos cien-

tíficos e tecnolóxicos definidos ou sectoriais que permitan dotalos dos coñe-

cementos e destrezas que faciliten a súa incorporación a centros tecnolóxicos

ou unidades e servizos tecnolóxicos e de investigación avanzados.

� Plan de formación de axentes de innovación. Axudas que promovan programas

de formación e especialización en innovación e na xestión de proxectos de I+D+I.

Etapa de incorporación:

� Contratos de incorporación de tecnológos. Actuación dirixida a dotar os ser-

vizos e unidades tecnolóxicas existentes no sistema galego de I+D+I de técnicos

formados e capacitados para o desenvolvemento de equipamento e tecnolo-

xías singulares.

� Contratos de incorporación de axentes de innovación. Actuación coa que se

pretende incorporar doutores e tecnólogos formados como axentes de inno-

vación no sector público e nas entidades de investigación sen ánimo de lucro

(persoal capacitado para detectar as liñas estratéxicas na I+D+I e que teña

capacidade para liderar proxectos e facer de interlocutor válido cos distintos

axentes do sistema).

Etapa de consolidación:

� Incentivos para a consolidación de tecnólogos e axentes de innovación. Actua-

ción na que se financian os organismos públicos de investigación, centros de

investigación, centros tecnolóxicos, empresas e entidades de investigación sen

ánimo de lucro que incorporen, en postos de traballo permanentes, tecnólogos

e axentes de innovación.

� Intensificación da actividade investigadora. Consiste en liberar de docencia,

durante un período de tempo limitado, aqueles profesores universitarios que

participen en proxectos de investigación de relevancia. Este programa comple-

menta os de igual nome que xestiona o Ministerio de Educación e Ciencia. O pro-

grama cobre os custos derivados da substitución dese profesor. Igualmente,

poderase estender nos demais organismos públicos de investigación.

82 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 83: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Intensificación da actividade investigadora no sistema sanitario. Acción de alto

interese para potenciar a investigación translacional. Consiste en liberar da súa

actividade asistencial, durante un período de tempo definido, aqueles profesio-

nais sanitarios que participen en proxectos de investigación con financiamento

proveniente de convocatorias competitivas. O programa achega os custos

correspondentes á substitución do profesional sanitario no seu labor asisten-

cial. Este programa complementa o de igual nome que xestiona o Ministerio de

Sanidade a través do Instituto de Salud Carlos III.

� Reforzo da investigación en centros públicos da Xunta de Galicia. Ampliar o

número de prazas nos centros públicos da Xunta de Galicia para persoal inves-

tigador e de apoio á investigación de xeito que poidan cumprirse os obxectivos

de incorporación e consolidación de recursos humanos.

Programas | 83

Eta

pa

de

Fo

rma

ció

nE

ta

pa

de

In

co

rpo

rac

ión

Eta

pa

de

Co

nso

lida

ció

n

Ca

rre

ira

Cie

ntíf

ica

Fo

rma

ció

n d

e t

ec

log

os

e a

xe

nte

s d

e i

nn

ov

ac

ión

Programa de Recursos Humanos

Prórrogas ás axudas de

Posgrao oficial e 3º ciclo

Programa de axudas á formación de

Doutores/as noveis no:

❘❙ Sistema público galego de I+D+I

❘❙ Empresas e centros tecnolóxicos

Programa fomento da formación

e especialización de:

❘❙ Tecnólogos/as

❘❙ Axentes de innovación e xestión

de proxectos de I+D+I

Programa de contratos de

incorporación de:

❘❙ Tecnólogos/as ao sistema público

galego de I+D+I

❘❙ Axentes de innovación formados no sector

público ás empresas e/ou formar a técnicos

ou executivos das propias emresas para

que actúen como axentes de innovación

Programa incentivos á consolidación

de postos de traballo permanente de:

❘❙ Tecnólogos/as

❘❙ Axentes de innovación

Programa de incorporación de

Doutores/as noveis no:

❘❙ Sistema público galego de I+D+I

❘❙ Empresas e centros tecnolóxicos

Programa de incorporación de

Doutores/as e Tecnólogs/as no:

❘❙ Sistema público galego de I+D+I

❘❙ Empresas e centros tecnolóxicos

Programa de:

❘❙ Consolidación de investigadores/as no

sistema público de I+D+I

❘❙ Axudas a empresas e centros tecnolóxicos

para a consolidación de investigadores/as

formados no sistema público galego

Todo este conxunto de actuacións leva implícito o deseño dunha carreira inves-

tigadora e un contorno propicio e atractivo que favorece o retorno de investiga-

dores/as e tecnólogos/as galegos que desenvolven as súas funcións fóra de

Galicia e que desexen regresar para continuar o seu labor.

Page 84: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Mobilidade de investigadores/as e tecnólogos/as:

� Axudas a estadías de mozos doutores. Bolsas destinadas a doutores e dou-

toras para que se incorporen a grupos de investigación de prestixio re-

coñecido en centros distintos a aqueles onde desenvolveron a súa tese de

doutoramento.

� Axudas a investigadores e investigadoras visitantes.

� Axudas a estadías de investigadores, tecnólogos e xestores de I+D+I de empre-

sas, centros tecnolóxicos, organismos de interface, universidades e organis-

mos públicos de investigación noutras entidades. Favorecer a presenza

temporal deste persoal noutras entidades do sistema, xa sexan galegas, nacio-

nais ou internacionais, coa finalidade de favorecer o intercambio de experien-

cias e coñecementos entre os diferentes sectores.

� Axudas á mobilidade entre universidades e empresas. Axudas para investiga-

dores e investigadoras nas diferentes etapas da carreira investigadora para

levar a cabo labores de investigación e innovación nas empresas.

� Programa de axuda para a contratación de persoal auxiliar de investigación.

Programa que ten a finalidade de incorporar ao sistema galego de I+D+I téc-

nicos especializados en actividades auxiliares da investigación.

� Programa de doutorados en empresas e Centros tecnolóxicos, para facilitar a

incorporación de doutores a empresas dende a etapa formativa.

� Dotación de recursos humanos nas Oficinas de Transferencia de Resultados de

Investigación (OTRI) e unidades de xestión da investigación do sistema público

de I+D+I. Este programa ten por finalidade dotar as OTRI dos medios humanos

necesarios para desenvolver axeitadamente as tarefas que lles corresponden.

❙ Programa de Articulación do Sistema

de Investigación e Innovación

Introdución

O programa de articulación do sistema galego de I+D+I constitúe o centro neu-

rálxico do Plan galego de I+D+I e incide de xeito transversal en todas as accións

e programas do Plan. Aínda que as medidas de vertebración se atopan en todos

os programas, cómpre de xeito específico identificar nun programa os instru-

mentos vertebradores do sistema galego de I+D+I. En concreto, e de forma espe-

cial, ciméntase en tres eixes de actuación: a creación de centros de investigación

e innovación; a construción de plataformas tecnolóxicas, auténticos consorcios

de todos os axentes representativos dos sectores estratéxicos para Galicia; e a

posta en disposición de solo tecnolóxico que permita o nacemento de auténticos

parques científicos e tecnolóxicos.

Unha axeitada articulación do sistema galego de innovación baséase en favo-

recer a colaboración entre os distintos axentes do sistema, de maneira que a

posta en común dos seus recursos e as súas necesidades faga posíbel a comple-

84 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 85: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

mentariedade entre eles. Con este fin, debe favorecerse a creación de redes

entre os distintos axentes do sistema, como medio para optimizar o uso dos

recursos dispoñíbeis no sistema. Este é o camiño polo cal se debe lograr unha

efectiva e eficaz transferencia de coñecemento.

Nos países máis competitivos constátase que o tecido investigador está for-

mado por unha trama conformada por universidades, institutos e centros públi-

cos e privados de investigación. É innegábel que Galicia dispón dunha capacidade

científica elevada que pode superar os resultados acadados ata este momento,

mais para que se produza o desenvolvemento deste potencial científico e tecno-

lóxico e achegarse á media da Unión Europea, é vital a articulación do sistema de

investigación e innovación, potenciando os centros e as grandes instalacións e

equipamentos existentes, pero sobre todo regulando e ordenando as diversas

figuras que agora coexisten e creando novos instrumentos (centros, platafor-

mas, parques...) que actúen como axentes líderes e dinamizadores dos sectores

estratéxicos.

Un sistema de I+D+I ben articulado e fortalecido, permitirá crear un sistema

dinámico e interdependente de ciencia, tecnoloxía e empresa, que facilite a trans-

ferencia de tecnoloxía ao mercado e a subcontratación empresarial de tecnolo-

xía a centros de investigación. Por iso, en Galicia, débese coordinar e xestionar un

modelo de transferencia de tecnoloxía que facilite a integración dos coñecemen-

tos científicos e a tecnoloxía empresarial. Deste xeito pódese incidir decisiva-

mente no proceso de innovación, vital para os elevados niveis de concorrencia

económica actual e difícil de xestionar para calquera empresa, mais especialmente

complexa para as pequenas e medianas empresas que constitúen a maioría do

tecido empresarial galego.

Conclúese, por tanto, que a combinación do sistema público de I+D+I e os cen-

tros de investigación e innovación serán o gran laboratorio de I+D+I do tecido

empresarial galego.

Obxectivos Específicos

� Definir os distintos axentes do sistema de xeito que poida regularse o mapa

existente e marcar o camiño para a creación de novos instrumentos.

� Completar a oferta de centros tecnolóxicos e de investigación existente en

Galicia.

� Dotar a Galicia de espazos para actividades de I+D+I e para a creación de em-

presas de base tecnolóxica.

� Fomentar a creación de estruturas de rede e de cooperación como mecanismo

para articular o sistema, mellorar o uso dos recursos dispoñíbeis e favorecer

o acceso ao coñecemento.

� Favorecer as actuacións que propicien a creación de estruturas de colabora-

ción permanentes, isto é, protocolos de actuación conxuntos, intercambio de

persoal, formación conxunta, accións e ferramentas de xestión do coñece-

mento, etc.

� Lograr que os resultados de investigación do sistema público de I+D+I cheguen

ao mercado.

Programas | 85

Page 86: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

� Incrementar o número de patentes empresariais rexistradas e o número de

patentes do sector público de investigación transferidas ás empresas.

� Incrementar o número de empresas de base tecnolóxica que se crean en Galicia.

� Incrementar o volume de subcontratación de investigación e desenvolvemento

en centros de investigación, universidades e centros tecnolóxicos.

Indicadores Específicos

� Recursos competitivos obtidos por investigador e/ou investigadora.

� Número de contratos e convenios con empresas e administracións por inves-

tigador e/ou investigadora.

� Número de teses lidas.

� Número e calidade das publicacións.

� Recursos europeos e estatais captados. En termos absolutos, sobre a media

estatal e fraccionado por sectores públicos e privados.

� Número de patentes.

� Facturación dos centros de investigación e centros tecnolóxicos con empresas.

� Número de empresas creadas a través da investigación pública.

� Número de empresas de base tecnolóxica creadas.

� Número de empresas que participan en proxectos con centros de investiga-

ción e centros tecnolóxicos.

Actuacións

Enmárcanse dentro da definición, ordenación e potenciación dos axentes de

articulación do sistema galego de I+D+I. Crearase un rexistro das diferentes

estruturas e organismos que operan na I+D+I de Galicia, que se deberán adaptar

á definición e categoría de cada un dos axentes do sistema, establecidos na orde

de creación do Mapa do sistema galego de I+D+I (Galicia-I+D+I). A Dirección Xeral

de I+D+I regulará e homologará as condicións necesarias para que un centro ou

entidade sexa recoñecido dentro do mapa, para que teña acceso ás axudas e

actuacións específicas. Estas responden ás infraestruturas que compoñen a

cadea de valor entre os centros de xeración do coñecemento e o mercado exis-

tente, potenciando en todo momento a estrutura en rede, promovendo o consor-

cio entre as universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos e a

Administración co obxecto de identificar os resultados transferíbeis da investi-

gación en Galicia.

Co obxectivo de ordenar o sistema galego de ciencia e tecnoloxía identifica-

ranse polo menos as seguintes estruturas:

Centros de investigación e innovación: cualifícanse como tales todos aqueles

centros nos que participan diferentes axentes do sistema e están dotados de

investigadores e investigadoras especializados, así como as infraestruturas nece-

sarias para producir coñecemento científico e tecnolóxico de gran nivel, nun sec-

tor de actividade concreto ou en tecnoloxías transversais críticas que atenden a

86 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 87: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

distintos sectores produtivos. Cada un destes centros terá un modelo especí-

fico, o que mellor se adapte ao seu plan estratéxico; en calquera caso oscilará

entre estes modelos:

Centros de excelencia científica en determinadas áreas científicas, que acaden

o nivel institucional e científico-técnico que lles permita estar presentes e com-

petir con garantías de éxito no ámbito internacional, de xeito que aproveiten as

posibilidades que lles abre o novo Espazo Europeo de Investigación. Estes centros

rexeranse, fundamentalmente, por parámetros e indicadores de excelencia cientí-

fica que lles permitan ser referentes e obter recoñecemento a nivel internacional.

Centros de competencia e centros tecnolóxicos, que nacen da comuñón entre

os sectores público e privado do sistema de I+D+I, e que se constitúen coa par-

ticipación conxunta dun sector ou sectores empresariais estratéxicos para Ga-

licia, o sector público de investigación e a Administración pública, naqueles ámbitos

onde a masa crítica existente nos permita ser competitivos. Os centros de com-

petencia réxense de xeito combinado por criterios de suficiencia económica e

excelencia científico-tecnolóxica. Os centros tecnolóxicos, constituídos cun lide-

rado claro dun sector empresarial determinado, son os axentes dinamizadores da

transferencia de tecnoloxía por excelencia e principais xeradores de innovación.

Estes centros deben ser os responsábeis do impacto da I+D+I no tecido empre-

sarial e deben rexerse por criterios de autosuficiencia económica, xerada a tra-

vés de actividades claramente de I+D+I. Ambas as dúas modalidades poden atender

a tecnoloxías sectoriais ou transversais e deben prestarlles especial atención aos

servizos tecnolóxicos.

Laboratorios de servizos tecnolóxicos (ensaio, medida e apoio á investigación):

aqueles organismos oficiais de natureza maioritariamente pública, cuxa principal

actividade é prestarlles servizos de apoio sectorial ou transversal ás empresas,

entidades e institucións públicas.

A definición e recoñecemento destes centros será regulada nunha orde espe-

cífica promovida pola Dirección Xeral de I+D+I.

Plataformas tecnolóxicas: consiste na agrupación dunha serie de axentes, pro-

cedentes de diferentes contornos, tales como empresas, centros tecnolóxicos,

grupos de investigación da Universidade, institutos tecnolóxicos, organismos pú-

blicos de investigación, organismos de apoio á innovación, entidades financeiras,

etc. Estes axentes únense coa finalidade de acadar un salto significativo nunha

área científico tecnolóxica de importancia estratéxica para Galicia. A Administra-

ción pública actuará como dinamizador destas plataformas ou como membro,

pero non como líder. O liderado correspóndenlles, principalmente, ás empresas

e centros tecnolóxicos ou, en casos excepcionais, a grupos de investigación. As

plataformas deben contar con:

Axentes representativos dos diferentes contornos, é dicir, debe estar repre-

sentado tanto o contorno produtivo como o científico e o tecnolóxico.

Un plan de actuación, de polo menos tres anos, que inclúa:

� os obxectivos que se queren acadar coa plataforma,

� unha identificación das liñas estratéxicas nas que traballará,

Programas | 87

Page 88: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

� un programa de formación e incorporación de recursos humanos,

� un programa de ordenación dos servizos tecnolóxicos na área seleccionada,

� un programa de optimización do uso das infraestruturas existentes, así como

de dotación das que puideran ser necesarias,

� un plan financeiro da plataforma,

� un programa de comercialización da oferta científica e tecnolóxica dispoñíbel

nesta área así como dos seus resultados,

� un programa de internacionalización orientado á incorporación nas platafor-

mas tecnolóxicas europeas e á participación en proxectos europeos,

� unha estrutura organizativa que garanta o seu funcionamento, un protocolo de

incorporación de novos membros e un compromiso de continuidade.

Parques científicos e tecnolóxicos. Constitúen o elemento máis complexo do

sistema. Son espazos onde universidades, centros tecnolóxicos, empresas e todos

os axentes intermedios se combinan nun contorno autenticamente favorecedor

da transferencia de tecnoloxía. Nesta liña, promoverase a consolidación dos par-

ques existentes e a creación de novos espazos, sobre todo os que xurdan da ini-

ciativa do Consorcio do Parque Científico e Tecnolóxico Universitario de Galicia.

Dentro destas actuacións é importante definir os estándares que debe cumprir

un parque científico e tecnolóxico, fuxindo das operacións que derivan cara a sim-

ples polígonos industriais ou, no outro extremo, a contornos unicamente de exce-

lencia científica. Iniciativas válidas, cada unha delas para cumprir obxectivos

distintos e netamente diferentes dos que se pretende coa constitución dun Par-

que Científico e Tecnolóxico.

Organismos de interface. Intégranse baixo esta denominación todas aquelas

estruturas e organizacións que interveñen na difusión da oferta tecnolóxica,

detección de necesidades e da transferencia dos distintos axentes do sistema,

pero que por si mesmas non realizan actividades de investigación, desenvolve-

mento e innovación. Dentro desta acepción identifícanse as seguintes realidades

básicas:

� Unidades de servizos de oferta e difusión da ciencia e tecnoloxía e apoio á inno-

vación. Fundacións e entidades sen ánimo de lucro que deben detectar tecno-

loxías emerxentes e grupos de investigadores e investigadoras destacados na

capacidade de servizo ás empresas, seleccionándoos e potenciándoos a tra-

vés de estudos de prospectiva e traballos de campo. Están destinados a crear

economías externas de carácter tecnolóxico sectoriais ou transversais. As liñas

principais que se deben potenciar nestas unidades son: reducir a incerteza das

actividades de innovación mediante servizos de asesoramento e xerar novos

mecanismos para que a demanda empresarial sexa atendida optimizando os

recursos sectorialmente.

� Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI). Oficinas crea-

das polos axentes do sistema para proxectar a súa oferta tecnolóxica diante

do tecido produtivo. Tradicionalmente creadas polas universidades e máis

recentemente no CSIC. En todo caso só se recoñecerán aquelas que nacen dos

axentes do sistema que teñen no seu seo un colectivo de investigadores e

investigadoras.

88 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 89: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

� Axencias para a tecnoloxía e a innovación. Conxunto de especialistas sectoriais

e transversais privados situados no territorio, que buscan incrementar a com-

petitividade das empresas promovendo o desenvolvemento de proxectos de

investigación e innovación mediante servizos de asesoramento e/ou a creación

de empresas de base tecnolóxica dende a promoción e incluso a participación.

Constitúen verdadeiros asesores tecnolóxicos que cómpre potenciar e coor-

dinar co fin de consolidar e ampliar o alcance dos proxectos tecnolóxicos que

se promovan no país.

Instrumentos:

Para desenvolver esta liña de actuación levaranse a cabo as seguintes accións

e medidas:

Apoio á creación e desenvolvemento de centros tecnolóxicos, centros de com-

petencia e centros de excelencia científica. Inclúe tres posíbeis fases de apoio:

� Axudas destinadas a estudos de viabilidade para a creación de centros de

investigación (centros de excelencia científica, centros de competencia e cen-

tros tecnolóxicos, servizos e unidades tecnolóxicas) e plataformas tecnolóxi-

cas, que sexan de interese estratéxico en áreas emerxentes, sectores

competitivos ou na gama das altas tecnoloxías.

Contémplanse nesta actuación axudas para a creación, incluída a participación

directa da Administración, de centros avaliados como viábeis unha vez estudados

os seus proxectos executivos. Asemade inclúense axudas para o desenvolvemento

e potenciación dos centros xa creados.

� Axudas para a construción de centros e adquisición de equipamento científico

e tecnolóxico dos centros de articulación dos axentes do sistema de I+D+I

de Galicia. Estas axudas tentarán ser complementarias coas obtidas a partir de

convocatorias estatais e europeas.

� Contratos programa cos axentes de GALICIA-I+D+I: contratos para financiar

os distintos centros recoñecidos dentro do sistema galego de I+D+I, en fun-

ción de obxectivos previamente establecidos que incidan na mellora da compe-

titividade e calidade do noso tecido empresarial, para o cal serán avaliados a

través de indicadores específicos para cada un dos axentes antes descritos.

� Redes de centros: fomentar a actividade dos centros tecnolóxicos, de compe-

tencia e de excelencia científica, públicos ou privados, como axentes executo-

res e dinamizadores da I+D+I na Comunidade Autónoma de Galicia, de xeito que

se favorezan iniciativas de tipo conxunto entre eles e se integren na execución

deste Plan, así como potenciar o seu achegamento ás entidades xeradoras de

coñecemento, principalmente ao sistema público de investigación.

� Creación e xestión de espazos para a innovación. Este programa cobre a crea-

ción de espazos para a innovación que completen a oferta galega de servizos

avanzados e de solo para a I+D+I e a creación de empresas de base tecnoló-

xica. Promoverá, especialmente, unha liña de axudas ás universidades galegas

para o impulso dos parques científicos e tecnolóxicos, tomando en considera-

ción a distribución territorial e as liñas prioritarias do Plan.

Programas | 89

Page 90: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Axudas de apoio a organismos de interface:

� Proxectos de centros de interface: convocatorias competitivas dirixidas a

todos os axentes integrados dentro da definición de centros de interface, para

que poidan desenvolver proxectos propios dentro da misión de transferencia

de coñecemento e tecnoloxía.

� Rede de OTRI do sistema público de I+D+I: accións coordinadas entre as OTRI

do sistema universitario galego, da Xunta de Galicia e do CSIC en Galicia, de

forma que obteñan proveito de todas as súas potencialidades.

� Cooperación e coordinación entre as redes de centros de investigación e a rede

de centros de interface. Potenciaranse aquelas actuacións que contribúan ao

achegamento de ambas as dúas redes para crear unha rede de oferta cientí-

fico-tecnolóxica de Galicia, como mecanismo de articulación e posta en valor

das capacidades e resultados do sistema. Dentro dos programas de rede, pres-

táraselle especial atención á consolidación destas entidades como fornecedo-

ras de servizos de apoio á innovación.

� Consolidación de servizos tecnolóxicos: reducir a imperfección do mercado de

servizos tecnolóxicos en Galicia mediante a definición e comunicación dunha

oferta máis clara, así como facilitar o acceso dos demandantes a eses servi-

zos. O programa trata de facilitar a elaboración de planos de servizo tecnoló-

xico por parte das entidades fornecedoras, a dotación de recursos para a súa

prestación, o ordenamento en forma de plataformas de servizo e a comunica-

ción da oferta existente.

❙ Programa de Comunicación

e Sensibilización Social

Introdución

Para dispoñer dun sistema de ciencia e tecnoloxía avanzado é fundamental que

a sociedade no seu conxunto sexa consciente da súa importancia, tanto pola

incidencia que ten para o futuro económico do país como para a vida cotiá dos

cidadáns.

Para facelo posíbel, tense que fomentar unha cultura do coñecemento da cien-

cia e a tecnoloxía que posibilite que o conxunto da sociedade teña unha percep-

ción mellor das actividades de I+D+I e dos resultados que delas se derivan.

Asemade, debe promover a sensibilización social que faga posíbel un maior reco-

ñecemento das actividades de I+D+I e dos seus resultados na sociedade.

Este programa pretende dotar a Galicia dun conxunto de instrumentos e ini-

ciativas que posibiliten unha acción continuada de sensibilización social da impor-

tancia que a ciencia e a tecnoloxía teñen para as sociedades avanzadas. Neste

contexto, as actividades de divulgación e difusión da ciencia entre os cidadáns, e

en particular entre os nenos e os mozos, son elementos centrais deste programa.

É tamén un elemento central deste a concienciación da importancia do potencial

das mulleres no eido da investigación e das medidas de igualdade que é necesa-

rio implantar.

90 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 91: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Actualmente, o esforzo que comporta levar a cabo unha carreira investigadora

non está valorado axeitadamente polos sectores da poboación, o cal dificulta a

incorporación dos mozos ao ámbito científico. Por outra banda, a experiencia dou-

tros países indica que o estímulo da vocación científica debe facerse dende a

infancia.

En resumo, este programa ten como obxectivo dar a coñecer ao conxunto da

sociedade galega a importancia que ten a investigación, o desenvolvemento e a

innovación como motores do desenvolvemento económico e social, e promover

a investigación científica como unha alternativa profesional. Este labor de sensi-

bilización apoiarase en todos os medios dispoñíbeis e, de maneira fundamental,

nos que proporcionan as tecnoloxías da información e as comunicacións. Para iso,

hai que promover actividades de divulgación, xornadas de portas abertas nas uni-

versidades e centros de investigación, exposicións divulgativas e celebracións de

acontecementos como a Semana da Ciencia en Galicia.

Programas | 91

Obxectivos Específicos

� Concienciar o conxunto da sociedade galega sobre a importancia da I+D+I no

desenvolvemento económico e benestar social de Galicia, fomentando a cultura

científica.

� Facer da sociedade galega unha sociedade ben informada no ámbito da ciencia

e a tecnoloxía.

� Promover un maior recoñecemento social das actividades de investigación,

desenvolvemento e innovación.

� Promover o espírito científico e emprendedor e as profesións de científicos e

tecnólogos entre as mulleres e os mozos.

Page 92: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

� Achegar a todos os niveis da sociedade as actividades de investigación, desen-

volvemento e innovación tecnolóxica executadas ou promovidas na Galicia, as

actuacións da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento e Innovación

e todas as accións que se poñan en marcha no ámbito do Plan galego de I+D+I.

� Promover a participación dos cidadáns nas actividades de ciencia e tecnoloxía

a través de asociacións.

Indicadores Específicos

� Número de programas e publicacións dos diferentes medios de comunicación

dedicados aos temas de divulgación científica.

� Número de horas de emisión de programas nos diferentes medios de comuni-

cación dedicados á divulgación científica.

� Número de participantes na Semana da Ciencia e demais acontecementos do

Programa de sensibilización social.

Actuacións

� Semana da Ciencia en Galicia, en colaboración coa Fundación Española para la

Ciencia y la Tecnología (FECYT): consiste nun conxunto de acontecementos que

se celebran de xeito intensivo no mes de novembro e constitúe o punto culmi-

nante do Programa de sensibilización social.

� Programa de comunicación e divulgación científica: incluirá todas as actuacións

e axudas destinadas á edición e produción de publicacións, espazos na prensa,

programas de televisión e radio, organización de actos, conferencias e xorna-

das. Así mesmo, incluirá accións de formación e especialización en divulgación

científica dos profesionais dos medios de comunicación con sé en Galicia.

� Premios de Investigación e Innovación: para recoñecer e premiar o destacado

labor de investigación, tanto dos investigadores e investigadoras sénior como

o dos mozos e mozas. Asemade, premiarase o labor referente das pequenas e

medianas empresas innovadoras.

� Presenza en medios de comunicación: artellaranse os mecanismos e axudas

destinadas a que os medios de comunicación lle presten especial atención á

divulgación científica, creando espazos específicos para iso.

� Portal de ciencia e tecnoloxía de Galicia: crear un espazo virtual que permita

articular o sistema galego de innovación e favoreza a difusión e a comunicación

entre todos os axentes. Correspóndelle ademais un importante labor de sen-

sibilización social.

� Actividades en centros de ensino universitario: facilitar a cultura investigadora

nos estudantes universitarios, incidindo sobre todo nos alumnos dos últimos

anos de carreira.

� Actividades nos centros de ensino non universitario: axudas para levar a cabo ac-

tividades no ensino primario e secundario que, de xeito específico, sirvan para fo-

mentar a cultura científica dende idades temperás. Día da Ciencia nas escolas,

premios, concursos e actividades fóra da aula, carpas da ciencia ambulantes.

92 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 93: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ PROGRAMAS XERAIS

Introdución

A investigación xa non é unha actividade individual, como puido ser antano, nin

as organizacións (sexan públicas ou privadas) poden traballar de forma illada. O

sistema público de I+D+I é o contorno máis deficitario en estruturación debido á

liberdade de investigación, á protección outorgada polo carácter público, á auto-

nomía das institucións e a unha suposta flexibilidade na organización de grupos.

Outros contornos, como o produtivo e o financeiro, xa sufriron unha forte pre-

sión que os levou a xerar novas estruturas como único xeito de sobrevivir (clus-

ter, alianzas, fusións, e-business, etc.).

As análises económicas actuais coinciden en sinalar o papel estratéxico do

coñecemento como elemento diferenciador, cunha vantaxe competitiva nas estra-

texias do crecemento dos países europeos incorporados ás novas regras da

globalización. Esta nova realidade sitúa no núcleo dos procesos de innovación as

institucións encargadas de xerar novo coñecemento, en particular o sistema

público de I+D+I (universidades e organismos públicos de investigación). De feito,

estas institucións aparecen como axentes fundamentais nos sistemas rexionais

e nacionais de innovación e convértense nun dos eixes centrais das medidas que

hai que adoptar para adaptar as inercias e as políticas industriais clásicas a esta

nova situación.

O reto actual reside en establecer medidas axeitadas para propiciar un papel

activo do sistema público de xeración de novo coñecemento, especialmente nas

áreas asociadas aos ámbitos científicos e tecnolóxicos fronteira e máis innova-

dores, potenciando a súa capacidade de resposta, así como a súa axilidade e efi-

cacia diante das esixencias da nova situación.

Por outra parte, e como poñen de manifesto os expertos en innovación e re-

flicten as políticas europeas, a xestión do coñecemento xerado polo sistema

público de I+D+I, en particular o sistema universitario e os OPI, ademais do seu

papel formativo e divulgador, debe dirixirse a incrementar as capacidades tec-

nolóxicas e a competitividade empresarial. Fortalecendo o posicionamento da

economía local no mercado tecnolóxico global e o cada vez máis importante re-

xuvenecemento do tecido tecnolóxico e produtivo, contribúe á creación de novas

oportunidades empresariais e de negocio, a partir da xestión eficiente dos resul-

tados da investigación. Este dobre papel, promovido neste novo Plan galego de

I+D+I, define estratexias de apoio á xestión do coñecemento e dos resultados

de investigación, máis alá do recoñecemento das estruturas de interface ou apoio

á misión en si mesma.

Neste contexto, o Plan recolle tres programas xerais dirixidos particularmente

á promoción da actividade innovadora do sistema público de I+D+I, e dos centros

tecnolóxicos, e ao seu aliñamento coas estratexias e obxectivos do Plan galego

de I+D+I, ao tempo que incorporan conceptos que non teñen cabida noutros pro-

gramas. Estes programas son:

� Programa de promoción xeral da investigación (PXI), que ten como obxecto dar-

lles soporte aos aspectos básicos e xerais da actividade de I+D+I e da produ-

Programas | 93

Page 94: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

ción científica como elemento esencial no proceso de xeración de novo coñe-

cemento.

� Programa de consolidación e estruturación do sistema Público de I+D+I, que

deberá promover a consolidación e especialización competitiva das unidades

de investigación e a consolidación e articulación de servizos de apoio, en par-

ticular as infraestruturas e as unidades de xestión da innovación.

� Programa de resultado-valor, que promoverá a posta en valor das capacidades

e resultados da investigación pública, co obxectivo de potenciar o seu impacto,

a súa rendibilidade e unha óptima transferencia social e económica.

❙ Programa de Promoción Xeral da Investigación

Xustificación e Obxectivos

A promoción xeral do coñecemento, dende a base da liberdade de

investigación, ten que ser un activo irrenunciábel que debe ser guiado

polo sistema galego de I+D+I. Por iso, o Plan velará polo fomento da

investigación científica e tecnolóxica en calquera ámbito do saber.

Mentres que na I+D+I sectorial a demanda do mercado, a rendibilidade

económica e os requirimentos sociais e da propia Administración deben

saber orientar o esforzo, na investigación básica as prioridades non son

sempre tan evidentes, aínda que o devir das tecnoloxías a nivel mundial

ilustre o camiño. Isto significa que o Programa de promoción xeral da

investigación debe fomentar a investigación básica, tendo en conta cri-

terios de medio e longo prazo, mantendo unha visión prospectiva sobre

as necesidades da ciencia aplicada e da tecnoloxía nos vindeiros anos.

Isto require o esforzo dos axentes para identificar cales serán esas liñas

(prospectiva) e tamén para programar a súa investigación básica (crea-

ción de novos grupos, consolidación e especialización dos máis compe-

titivos, dotación de estruturas de investigación sostíbeis, formación de

persoal, etc.).

Doutra banda, complementaria ao sinalado máis arriba, o Programa

de promoción xeral debe definir as estratexias do papel do sistema

público de I+D+I para fornecer a Galicia de novas capacidades.

En consecuencia, neste programa apóstase polo fomento de todas as

áreas científico-tecnolóxicas e priorízanse criterios de calidade e de ex-

celencia, motivado pola necesidade do sistema de innovación galego de

xerar coñecemento a longo prazo sen os condicionamentos do mercado ou dunha

produtividade inmediata.

Neste senso, este programa debe basear a súa filosofía e obxectivos en:

� Sentar as liñas e os obxectivos da investigación xeradora de novo coñecemento

na Comunidade Autónoma, incentivando a excelencia científica na produción

científica propia.

94 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 95: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Programas | 95

� Facilitar o labor de investigación dos investigadores e investigadoras de exce-

lencia.

� Incentivar a mobilidade e internacionalización dos investigadores e grupos de

investigación.

� Xerar novos grupos de investigación en áreas deficitarias ou en novas liñas non

cultivadas.

� Aumentar o número de grupos de excelencia.

� Avaliar, incentivar e premiar de xeito diferencial os mellores proxectos e resul-

tados en calquera campo do saber.

� Promover e incentivar a cultura e a actividade de investigación nas diferentes

institucións con responsabilidade e funcións en materia de investigación en

Galicia.

� Propiciar os procesos e estruturas para a formación e incorporación de novos

investigadores e novas capacidades no sistema de innovación.

� Xerar un marco propicio para o desenvolvemento da carreira investigadora e a

produción científica de calidade no sistema de innovación en Galicia.

Ademais, e de xeito xeral, o programa debe contribuír a:

� Mellorar a calidade do sistema galego de I+D+I.

� Aumentar a competitividade dos grupos de investigación, incrementando a por-

centaxe de éxito dos investigadores e investigadoras nas convocatorias esta-

tais e europeas.

Page 96: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Actuacións

O obxectivo do Plan neste programa ten como finalidade identificar a investi-

gación básica de excelencia, esencial para o futuro do conxunto do proceso de in-

novación, investir na dotación dos recursos necesarios e propiciar unha activi-

dade investigadora de calidade e con capacidade para competir no ámbito estatal

e internacional, ao tempo que é necesario incentivar a mobilidade dos investiga-

dores do sistema público de I+D+I.

En consecuencia, e de acordo cos obxectivos específicos presentados, este

Programa deberá desenvolver liñas de acción encamiñadas a:

� Promover o desenvolvemento de proxectos e actividades de investigación que

procuren a excelencia na xeración do coñecemento, de xeito que se lle preste

especial atención ao desenvolvemento de novas liñas en ámbitos de produción

científica no sistema público de I+D+I.

� Favorecer o desenvolvemento das unidades e dos grupos de investigación con

capacidade para a formación de investigadores e investigadoras de calidade.

� Incentivar a participación competitiva dos grupos de investigación nas convo-

catorias do Plan nacional de I+D+I e nos programas europeos.

� Promover as actividades de difusión, promoción e internacionalización da acti-

vidade investigadora.

� Propiciar o desenvolvemento de novas liñas de investigación e capacidades

científicas na fronteira do coñecemento e en aqueles campos de investigación

con valor de futuro para Galicia.

� Constituír un marco estábel e organizado para a avaliación continua do sistema

público de I+D+I e para a orientación prospectiva da súa actividade.

Estas actuacións materialízanse a través dos instrumentos tradicionais de

fomento da investigación básica, entre outros, o financiamento de proxectos,

infraestruturas, participación noutros programas, mobilidade, publicacións perió-

dicas, etc.

Indicadores Específicos

� Número de publicacións científicas e calidade destas en función do seu impacto

e índice de citación.

� Número de teses de doutoramento dirixidas.

� Número de proxectos de investigación acadados en convocatorias estatais e

europeas, así como o volume de recursos obtidos.

� Número de investigadores e investigadoras en grupos de investigación conso-

lidados e de excelencia.

� Número de grupos de investigación de excelencia.

� Número de grupos de investigación en áreas emerxentes.

� Número de contratos de investigación, así como o volume de recursos obtidos

polos investigadores e investigadoras.

96 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 97: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ Programa de Consolidación e Estruturación

do Sistema Público de I+D

Xustificación e Obxectivos

O sistema público de I+D en Galicia, en particular no ámbito do sistema uni-

versitario galego (SUG), amosa unha marcada fragmentación, o que se traduce na

existencia de poucas unidades de investigación que teñan dimensión suficiente

para xerar resultados competitivos ou acceder aos recursos dispoñíbeis no ám-

bito nacional e internacional. Ao mesmo tempo, o sistema público de investigación

ofrece unha constatábel desestruturación e dispersión de capacidades que:

(a) reduce a súa dimensión real e, por conseguinte, a súa potencialidade cien-

tífica e tecnolóxica, e

(b) ondiciona a converxencia e a complementariedade de recursos en obxecti-

vos de alcance e en actuacións transdisciplinares.

Cómpre, pois, incentivar e promover un desenvolvemento organizativo do sis-

tema público de I+D+I, que facilite a consolidación de capacidades e unha estru-

turación sustentada na especialización, transnacionalidade e adquisición de masa

crítica. Por iso, e co obxectivo de estruturar, especializar e consolidar as unida-

des de investigación no sistema público de I+D+I, cómpre dispoñer de instru-

mentos que potencien a organización competitiva e a dotación dos recursos

necesarios para dar un salto significativo na calidade dos resultados e no alcance

e impacto da produción científica. E nesa liña:

� É necesario ordenar o mapa de grupos de investigación do sistema público de

I+D+I coa finalidade de promover e acadar unha dimensión suficiente, que

faga que os grupos sexan competitivos a nivel nacional e europeo. Isto debe fa-

cerse con criterios homoxéneos, sinxelos pero ambiciosos para fomentar a me-

llora continua dos grupos e a consolidación estrutural dos máis competitivos.

� É fundamental lograr a integración dos grupos de investigación en estrutu-

ras estábeis de maior dimensión: institutos de investigación multidisciplinar,

redes de ámbito superior á propia institución, centros de competencia tec-

nolóxica, etc. Nesta liña, o Plan deberá establecer como unha estratexia pro-

pia a implantación de centros de investigación (ou competencia) en aquelas

áreas que, polo seu interese socioeconómico ou a súa potencialidade cientí-

fico-tecnolóxica, sexa oportuno, para situar a Galicia no mapa da investiga-

ción española e europea.

� Igualmente, é esencial lograr a integración dos grupos en estruturas tempo-

rais de maior dimensión, como poden ser os proxectos nacionais ou europeos,

as plataformas tecnolóxicas, as sociedades internacionais, etc.

� A estruturación debe perseguir tamén a complementariedade das capacida-

des dispoñíbeis no sistema, así como satisfacer as áreas non cubertas, o que

permitiría desenvolver no sistema público de I+D+I ciclos científicos completos.

Fronte á actual especialización inconexa de grupos pequenos ou medianos, a

aposta debería facerse por grupos de maior dimensión, interdisciplinares e

especializados en liñas que encaixen entre si como pezas dun crebacabezas.

Programas | 97

Page 98: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Deste xeito, nos temas de maior relevancia para Galicia, estarían atendidas

todas as fases e áreas de coñecemento necesarias, dende a investigación

básica ata a transferencia ao tecido empresarial ou á sociedade.

En liña con todo o anterior, o Plan debe marcar como obxectivo unha maior

articulación do sistema universitario no seu conxunto e, como a grande infraes-

trutura autonómica que actualmente representa, propiciar a integración de

estratexias, obxectivos, infraestruturas e organización da investigación nas tres

universidades (e destas co CSIC e outros OPI), de cara a unha máis óptima xes-

tión de capacidades e recursos.

Actuacións

A materialización dos obxectivos presentados require da disposición de instru-

mentos que potencien a organización competitiva e a dotación dos recursos

necesarios para dar un salto significativo na calidade dos resultados e no alcance

e impacto da produción científica. Nesta liña, os obxectivos mencionados poden

plasmarse nas seguintes actuacións, que achegan novidade respecto dos instru-

mentos tradicionais dos programas xerais recollidos nos plans anteriores:

� Consolidación de unidades de investigación competitivas. Esta acción vai des-

tinada a financiar a estruturación, especialización e consolidación das unida-

des de investigación do sistema público de I+D+I.

� Estruturación de redes de investigación, para promover a agrupación de inves-

tigadores de diferentes grupos e institucións e permitir acadar capacidades

complementarias e, polo tanto, obter mellores resultados na investigación e no

acceso competitivo aos recursos.

� Promoción de grupos de investigación emerxentes creados por investigadores

mozos, que posibilite o inicio de liñas de investigación innovadoras no sistema

público de I+D+I, ao tempo que favorece o máximo retorno da formación reci-

bida polos investigadores que se incorporan ao sistema de innovación.

� Consolidación de unidades de servizos tecnolóxicos, que prestan servizos espe-

cíficos e de valor engadido derivados dos resultados de investigación xerados

no marco da súa actividade científica. A consolidación destas unidades consti-

túe unha importante vía de apoio á transferencia de tecnoloxía, así como un

xeito para facer rendíbeis as capacidades dos grupos de investigación públi-

cos no desenvolvemento de redes de servizos avanzados.

� Desenvolvemento sostíbel e consolidación dos servizos de apoio á investiga-

ción asociados a infraestruturas científicas e tecnolóxicas, co obxectivo de

materializar un mapa competitivo de infraestruturas científicas e tecnolóxicas

que preste apoio á investigación.

� Consolidación de servizos de apoio á investigación asociados á xestión, coa fina-

lidade de dotar o sistema público de I+D+I dos medios humanos, técnicos e

metodolóxicos que lles permitan desenvolver con eficacia e idoneidade as fun-

cións de xestión e promoción da actividade investigadora.

98 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 99: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Indicadores Específicos

� Número de grupos de investigación que participan no proceso de consolidación.

� Incremento dos resultados nos grupos que participaron no proceso de conso-

lidación.

� Número de redes creadas e número de investigadores agrupados nas redes.

� Número de novos grupos de investigadores mozos.

� Unidades de servizos tecnolóxicos creadas.

� Incremento na facturación das unidades de servizo tecnolóxico como conse-

cuencia do proceso de consolidación.

� Novos servizos de apoio á investigación (asociados a xestión ou a infraestru-

turas) creados.

❙ Programa de Resultado-Valor

Xustificación e Obxectivos

A transferencia de tecnoloxía dos organismos públicos de investigación e uni-

versidades ten sido asociada á realización de actividades de I+D+I, de consulto-

ría ou de servizos, ás veces de escaso valor engadido, contratadas por empresas.

Certamente, isto ten permitido unha maior interacción entre os investigadores e

as empresas, unha certa confluencia de obxectivos en investigación entre a inves-

tigación pública e a empresa e, incluso, o enraizamento nos OPI e universidades

de novas pautas de traballo influenciadas pola cultura empresarial.

Con todo, isto hoxe resulta insuficiente. Nun sistema caracterizado polo valor

do coñecemento, as institucións públicas de I+D+I necesitan dotarse de mecanis-

mos, ámbitos normativos e estruturas capaces de xestionar eficientemente

as capacidades e resultados xerados a partir da investigación desenvolvida,

que permitan a súa proxección, rendibilidade e xeración de externalidades no seu

contorno.

Neste obxectivo, a dificultade das universidades e OPI para desenvolver políti-

cas activas de valorización dos seus coñecementos e resultados pode conside-

rarse consecuencia, entre outros, dos seguintes feitos:

� Pola súa concepción académica ou pola propia estrutura disciplinar das orga-

nizacións e proxectos científicos sobre os que se materializa a actividade inves-

tigadora. A produción científica desenvolvida polo sistema público de I+D+I xera

capacidades e resultados que dificilmente adquiren unha formulación idónea

para a súa transferencia ou proxección produtiva no sistema de innovación.

� Doutra banda, a cultura e a política de méritos establecida no sistema de I+D+I,

máis orientada á necesaria difusión do coñecemento a través de publicacións

científicas de prestixio ca á avaliación da súa potencial aplicación no merca-

do tecnolóxico, favorecen a divulgación dos resultados producidos sen que

existan uns mecanismos normativos claros de protección (patentes ou outros

instrumentos) e sen propostas produtivas que favorezan a comercialización e

a conseguinte obtención de lícitos retornos á investigación pública.

Programas | 99

Page 100: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

� De feito, a materialización do proceso de transferencia de resultados require,

de forma xenérica, dunha serie de actuacións complementarias que posibiliten

a evolución dende a obtención dun resultado científico ata a súa posta en valor

para ser transferido. Estas actividades non son estritamente actividades

investigadoras, pero son necesarias para o desenvolvemento sostíbel e social-

mente útil da actividade científica pública.

� Por iso, cómpre establecer un programa que propicie e financie as diversas

actuacións que contribúan a engadirlle valor ao resultado xerado como conse-

cuencia da actividade investigadora do sistema público de I+D+I, potenciando

o seu papel e responsabilidade como axente xerador de novo coñecemento con

valor social e económico.

Actuacións

As actuacións incluídas neste programa son fundamentalmente catro:

� Apoio á organización produtiva de grupos de investigación: acción dirixida a dar-

lles apoio aos grupos de investigación máis competitivos para proceder á orde-

nación da súa actividade investigadora e dos seus recursos de investigación en

obxectivos e procesos orientados á valorización das súas capacidades e resul-

tados. Esta ordenación pódese traducir no desenvolvemento dun diagnóstico

e dun plan estratéxico do grupo, nunha reordenación das súas liñas de investi-

gación, nunha nova estratexia de xestión dos seus contratos de propiedade

intelectual e industrial, na normalización da situación do persoal do grupo, etc.

� Apoio á valorización de tecnoloxías: financiamento de proxectos dirixidos a

desenvolver resultados de investigación potencialmente valorizábeis, de xeito

que se poidan converter en produtos e procesos transferíbeis baixo a forma

de licenza, servizo tecnolóxico propio ou, circunstancialmente, empresa de base

tecnolóxica.

� Apoio á xestión de patentes: esta acción ten como finalidade facilitar a xestión

das carteiras de patentes de cada entidade do sistema público de I+D+I, pro-

piciando os estudos de avaliación de patentabilidade, a extensión internacional

dos mecanismos de protección ou os procesos de xestión de licenzas asociados.

� Desenvolvemento de servizos de xestión e promoción do coñecemento: co fin

de contribuír á potenciación, diversificación e consolidación estrutural das fun-

cións de apoio á xestión e promoción dos resultados de investigación, así como

promover no sistema público unha xestión eficaz e profesional neste ámbito.

Indicadores Específicos

� Número de grupos participantes no proceso de organización produtiva.

� Incremento nos resultados dos grupos que participan no proceso de organi-

zación produtiva.

� Número de tecnoloxías valorizadas e porcentaxe delas que son transferidas

con éxito.

100 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 101: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

� Número de patentes do sistema público de I+D+I.

� Tecnoloxías acollidas á análise de comercialización e porcentaxe delas que son

transferidas con éxito.

� Novos servizos de apoio á xestión e promoción da investigación.

Contrato Programa coas Universidades Galegas

O 29 de novembro de 2004 asinouse o Plan de financiamento das universida-

des de Galicia 2005-2010, que practicamente coincide no seu tempo de vixencia

con este Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica

2006-2010.

O Plan de financiamento establece que a dotación da Xunta de Galicia ao finan-

ciamento das universidades se realizará a través dos seguintes fondos:

� Fondo de financiamento incondicionado, que lle dá continuidade ao financia-

mento que as universidades xa recibían.

� Fondo de calidade, que ten como finalidade acadar a excelencia na investiga-

ción dentro do sistema universitario. Con este fondo fináncianse sexenios

e complementos retributivos, contratos programa e o apoio á investigación e

desenvolvemento universitarios. Este último inclúese dentro do Plan galego de

investigación e distribúese en función da produtividade científico tecnolóxica

das universidades.

� Fondo de participación no Plan galego de investigación, desenvolvemento e in-

novación tecnolóxica. Este fondo distribúese en réxime competitivo, adquire

perfís propios e queda segregado da investigación pública non universitaria e

da investigación empresarial.

� Fondo de investimentos, que financia tanto investimento novo como de repo-

sición, ampliación e mellora.

� Fondo de nivelación, coa finalidade de favorecer a converxencia interna dentro

do sistema universitario galego.

Programas | 101

Page 102: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ PROGRAMAS SECTORIAIS

Introdución

A I+D+I está unida, de forma incuestionábel, ao desenvolvemento económico

dun país, pero este feito ten que producirse mediante a aplicación do coñece-

mento adquirido aos sectores económicos e sociais. Aínda que está aceptado que

os plans de I+D+I non deben estruturarse en torno a sectores, senón en torno a

tecnoloxías, tamén é sabido que a planificación da investigación debe ter en conta

as políticas industriais da Comunidade Autónoma, na medida en que as empresas

serán as principais responsábeis de converter a I+D+I en innovación. Por iso,

cobran un peso importante os programas sectoriais, que favorecen a investiga-

ción aplicada que poida ser transferíbel aos principais sectores da economía

galega, así como as actividades de investigación e innovación tecnolóxica realiza-

das por empresas galegas.

Estes programas pretenden satisfacer as demandas procedentes da industria,

das empresas e dos novos sectores emerxentes na economía do coñecemento.

Pero debe terse en conta que non se trata dunha política de establecemento de

prioridades sectoriais, senón dunha política que prima o desenvolvemento de tec-

noloxías de calidade, competitivas, que entronquen coa nova política industrial de

Galicia.

Como consecuencia de todo isto, os programas sectoriais deste novo plan

teñen unha tripla orientación:

� En primeiro lugar, están centrados no apoio á I+D+I aplicada, isto é, á actividade

de investigación desenvolvida fundamentalmente polas empresas xunto co

resto dos axentes do sistema, coa finalidade de darlles resposta ás necesida-

des dos sectores económicos e sociais e contribuír á competitividade, moder-

nización e diversificación da economía produtiva.

� En segundo lugar, son programas priorizados, é dicir, nos que o carácter estra-

téxico dun proxecto, dunha tecnoloxía ou dun problema tecnolóxico determi-

nan o apoio que van recibir.

102 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 103: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Programas | 103

� En terceiro lugar, perseguen a concentración e o impacto do esforzo realizado,

o que significa que, lonxe de fragmentar os recursos e as capacidades, o obxec-

tivo é financiar actuacións articuladoras, nas que conflúan diversos axentes,

nas que se prima a calidade e que teñan por finalidade acadar resultados máis

significativos.

Esta tripla orientación queda plasmada en seis programas que teñen finalida-

des diferenciadas e que están dirixidos ás seguintes tecnoloxías sectoriais (as

súas liñas prioritarias detállanse no Anexo I):

� Medio rural

� Medio mariño

� Recursos enerxéticos e mineiros

� Medio natural e desenvolvemento sostíbel

� Biomedicina e ciencias da saúde

� Tecnoloxías da alimentación

� Tecnoloxías dos materiais e da construción

� Deseño e produción industrial

� Tecnoloxías da información e as comunicacións

� Sociedade da información

� Cultura e sociedade

� Turismo

Os Programas son:

1. Investigación aplicada

2. PEME: I+D

3. I+D SUMA

4. Tecnoloxías críticas transversais

5. Innovación empresarial

6. Proxección exterior do sistema galego de innovación

Page 104: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

104 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

O primeiro deles ten por finalidade apoiar a investigación aplicada nas tecno-

loxías sectoriais descritas no sistema público de investigación. O segundo, con-

tinuar co apoio e dinamización do proceso innovador e de I+D+I nas PEME. O terceiro,

en cambio, vai destinado aos proxectos de máis impacto desenvolvidos por diver-

sos axentes do sistema, nos que se prima a estratexia articuladora e o compro-

miso investigador antes referido. O Programa de tecnoloxías críticas transversais

debe servir para desenvolver novas capacidades necesarias para o desenvolve-

mento futuro do sistema de innovación en Galicia e a súa diversificación produ-

tiva. O Programa de innovación empresarial permite pechar o ciclo innovador,

propiciando unha óptima xestión deste proceso na empresa e a xeración dun mar-

co propicio que permita que os resultados da I+D+I cheguen ao mercado en forma

de novos produtos ou procesos. Finalmente, o Programa de proxección exterior

do sistema ten por finalidade mellorar a presenza da ciencia e tecnoloxía gale-

gas na esfera estatal e internacional.

No contexto da estratexia de articulación e vertebración do sistema de inno-

vación que propugna o Plan, nos programas sectoriais dáselles pulo a dous ins-

trumentos fundamentais: as plataformas tecnolóxicas e as accións estratéxicas.

Ambos os dous instrumentos terán particular relevancia no desenvolvemento dos

programas de I+D SUMA e tecnoloxías críticas transversais. En concreto, as

accións estratéxicas promoverán a agrupación de recursos financeiros en torno

a un proxecto ou obxectivo de gran dimensión –en termos de tempo, orzamento

ou axentes participantes–, de xeito que a disposición de recursos non limite a con-

secución dos obxectivos.

Obxectivos

� Incrementar o gasto agregado en innovación das empresas.

� Incrementar o esforzo empresarial en I+D+I.

� Incrementar o número de empresas innovadoras.

� Incrementar o desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas con aplicación sec-

torial.

Page 105: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

� Incrementar a actuación coordinada dos distintos tipos de axentes, isto é,

potenciar a cooperación entre axentes do contorno produtivo e dos contor-

nos científico e tecnolóxico, como mecanismo de articulación e de eficiencia do

proceso innovador.

� Incrementar o número de grupos de I+D+I públicos implicados en obxectivos de

I+D+I de interese empresarial.

� Incrementar o esforzo en accións de tipo estratéxico cun potencial de reper-

cusión alto para o desenvolvemento económico de Galicia.

� Incrementar o número de empresas de base tecnolóxica.

� Incrementar o número de spin-off universitarios e non universitarios.

� Incrementar o nivel de exportacións tecnolóxicas.

� Incrementar a participación dos axentes financeiros no capital risco galego.

� Multiplicar o número de investidores privados activos en innovación.

� Impulsar o acceso das empresas a préstamos participados e préstamos bran-

dos para posibilitar os procesos de innovación de produto e proceso.

� Incrementar o grao de colaboración exterior dos axentes do sistema de inno-

vación, así como a súa participación en programas e estruturas de coopera-

ción fóra de Galicia.

� Incrementar a participación de axentes do sistema de innovación na esfera

internacional e, en particular, no Programa marco da UE.

(1) Programa de

Investigación Aplicada

Dirixido ao sistema público de investigación, co fin de promover o desenvolve-

mento de proxectos de investigación aplicada nas distintas liñas de investigación

subliñadas nas tecnoloxías críticas sectoriais (Anexo I).

Está destinado a financiar proxectos dirixidos por investigadores e investiga-

doras do sistema público de investigación de Galicia, que desemboquen en resul-

tados aplicábeis e transferíbeis ao tecido empresarial.

Programas | 105

Page 106: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

(2) Programa Peme: I+D

Coa finalidade de promover a participación das PEME na actividade investiga-

dora e reducir o peso da xestión dos pequenos proxectos, que aportan pouco

impacto na ciencia galega, pero que teñen unha grande repercusión social, créa-

se un programa sectorial chamado PEME: I+D, para darlle carácter de ferramenta

de apoio e formación ás empresas que se inician na actividade investigadora.

Este fondo estaría destinado a financiar proxectos e actuacións das PEME, de

orzamento reducido e nos que normalmente é necesaria a colaboración externa.

Para estas accións e proxectos primarase a relación co sistema público de I+D+I

e os centros tecnolóxicos.

A temática destes proxectos non está preestablecida, sempre que sexa rele-

vante para a empresa e tecnicamente viábel. En todo caso deberase encadrar

nalgunha das áreas temáticas prioritarias dos programas sectoriais.

(3) Programa I+D Suma

É un programa destinado ao financiamento da I+D+I aplicada máis competitiva,

que promove proxectos de alcance e risco medio ou alto, desenvolvida por empre-

sas, centros tecnolóxicos, universidades e organismos públicos de investigación

que actúen baixo principios de cooperación. Será pois un obxectivo do Programa

chegar ao máximo de financiamento dos proxectos con mellor valoración.

Primarase a calidade tecnolóxica e científica da proposta (achegándose cada

vez máis a criterios de excelencia), así como a súa capacidade para articular dis-

tintos contornos do sistema.

Estes proxectos e actuacións deberán estar aliñados coas prioridades tecno-

lóxicas definidas de acordo coas consellerías sectoriais, que se definen no anexo

I de prioridades das áreas de actuación dos programas sectoriais.

Neste programa fináncianse as empresas, os grupos e os centros tecnolóxi-

cos, individualmente ou en coordinación con outros, e priorízase, en calquera caso,

a cooperación. Promoveranse especialmente os proxectos entre organismos

públicos de investigación –centros tecnolóxicos que xeren novo valor en secto-

res tradicionais e estratéxicos de Galicia.

Page 107: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

No anexo I recóllense as liñas prioritarias sobre as que deben orientarse as

actuacións do Programa I+D SUMA e poden servir de orientación no enfoque dos

proxectos e accións no Programa de PEME: I+D.

(4) Programa de Tecnoloxías

Críticas Transversais

O obxectivo deste programa é propiciar un marco idóneo de orientación e con-

centración das capacidades e recursos do sistema para o desenvolvemento,

durante os cinco anos de vixencia do Plan, da capacidade científica-tecnolóxica

en torno a tecnoloxías estratéxicas para Galicia.

A política de investigación e innovación galega debe fomentar a capacidade de

innovación das nosas empresas mediante actuacións transversais que doten de

competencias tecnoloxías específicas e que xeren vantaxes competitivas dife-

renciais nos distintos sectores económicos. Por iso, debe elaborarse unha estra-

texia tecnolóxica que concentre esforzos na excelencia tecnolóxica e o apoio

concreto a proxectos empresariais nos ámbitos emerxentes do coñecemento,

que sexan fundamentais en particular para a competitividade dos sectores estra-

téxicos e, en xeral, para a competitividade global a medio prazo no conxunto dos

sectores produtivos.

O Programa debe articularse definindo e priorizando a súa actividade, de

acordo coas seguintes estratexias complementarias:

� Crear tecido en torno a un ámbito ou campo científico-tecnolóxico estratéxico:

investindo en formación de persoal, dotación de infraestrutura, posta en mar-

cha de proxectos, etc. Por exemplo, crear un tecido de investigación en ener-

xías renovábeis, biotecnoloxía en agricultura, nanotecnoloxía...

� Desenvolvemento de “solucións” tecnolóxicas: reorientando capacidades inves-

tigadoras existentes en torno ao desenvolvemento dunha tecnoloxía estraté-

xica para Galicia. Por exemplo, atopar unha solución ás biotoxinas que afectan

o marisqueo.

Programas | 107

Page 108: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

108 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

É un Programa que, aliñado sobre ámbitos tecnolóxicos de futuro, dará cabida

a accións estratéxicas que lles darán resposta ás necesidades específicas (con-

sellerías, sectores, ámbitos científicos de excelencia...). Ao mesmo tempo, debe

ser un programa dinámico que terá que evolucionar ao longo da vixencia do Plan,

na medida en que os ámbitos de actuación vaian mudando. En concreto, sublíñanse

catro ámbitos sobre os que se debe actuar:

� BIOTECNOLOXÍA: enmárcase xa na era da posxenómica, caracterizada pola apli-

cación de metodoloxías de alto rendemento como as tecnoloxías da xenómica,

proteómica e bioinformática. Esta área de actuación ten por finalidade apoiar

actuacións que favorezan a súa aplicación tanto nos sectores primarios (agri-

cultura, gandaría, recursos mariños) como en sectores industriais (alimenta-

ción, ambiente, farmacia), como no sector sanitario (farmacoloxía, bioloxía

molecular, medicina clínica...) mediante proxectos que desenvolvan tecnoloxías

baseadas na utilización da xenómica e a proteómica para a resolución de pro-

blemas neses sectores. Todo isto encadrado nas liñas temáticas de biotecno-

loxía de microorganismos e bioprocesos, biotecnoloxía de plantas, biotecnoloxía

animal e humana, biotecnoloxía ambiental e desenvolvementos tecnolóxicos, nos

campos da xenómica e proteómica.

� NANOTECNOLOXÍA: o control da fabricación molecular revolucionará todos os

ámbitos da ciencia, economía e sociedade nas próximas décadas con aplicacións

que se prevén ilimitadas: transistores monoatómicos, ordenadores cuánticos,

vehículos farmacolóxicos, nanométricos ou o transporte telemático de ADN.

� TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E AS COMUNICACIÓNS (TIC): determinarán,

en gran medida, o comportamento das empresas e da sociedade en xeral

durante os próximos anos. As tecnoloxías de banda ampla, as comunicacións

ópticas, as novas aplicacións móbiles, os protocolos de seguridade informática,

o e-business, o e-learning e a e-ciencia, e-saúde son campos de coñecemento

fundamentais para os sectores produtivos e para o seu efecto nos hábitos

sociais inmediatos.

� TECNOLOXÍAS ENERXÉTICAS SOSTÍBEIS: esta área de actuación ten como

obxectivo o coñecemento e xeración das tecnoloxías necesarias para garantir

un sistema de subministración enerxética eficiente, respectuosas co medio

Page 109: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Programas | 109

natural e económico, que faciliten o desenvolvemento sostíbel e a calidade de

vida demandada socialmente. As enerxías renovábeis, a diversificación enerxé-

tica, o uso limpo dos combustíbeis fósiles ou a descentralización de sistemas

distribuídos de enerxía eléctrica constitúen ámbitos destinados a xerar novos

negocios altamente competitivos, debido ao déficit de hidrocarburos e, sobre

todo, á esixencia social respecto ao medio.

En todo caso, as áreas e prioridades concretas de actuación deben xurdir por

iniciativa pública (consellerías sectoriais ou a propia DXIDI) e/ou iniciativa privada

(clústers ou plataformas tecnolóxicas). Outros temas, a maiores destas áreas de

actuación, serán naqueles campos que os anteditos axentes consideren de rele-

vancia (accións estratéxicas) e que precisen compoñer grandes proxectos que

requiran a participación de todos eles. A partir da interacción coas universidades

e OPI, diagnostícase a capacidade real do sistema de I+D+I para darlles resposta

ás necesidades existentes, así como os recursos que serían necesarios para iso,

e a través da concorrencia pública financiar as agrupacións de grupos de inves-

tigación que no prazo de 4 ou 5 anos lle dean unha solución a cada un dos temas

propostos. A inclusión ou supresión de áreas de actuación será sometida a debate

no Consello Asesor.

O Programa de tecnoloxías críticas transversais non debe ter os mesmos ins-

trumentos ca os programas anteriores, xa que é en si mesmo un programa sec-

torial, pero que non está recollido baixo ningún dos programas particulares, de

maneira que se trata dun programa transversal a todos eles.

Estas agrupacións de capacidades son a base para a constitución das redes

de excelencia de grupos de investigación no contorno do sistema público de inves-

tigación e das plataformas tecnolóxicas, que constitúen a unión do sistema público

e o contorno produtivo en torno a un ámbito de actuación ou sector concreto.

Page 110: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

110 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

(5) Programa de

Innovación Empresarial

Este programa complementa e estende os obxectivos do Plan galego de inves-

tigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica, actuando preto da posta en

valor do coñecemento, e para o cal se dedica un programa de actuación e orza-

mentario específico, que contempla actuacións de sistematización da innovación,

apoio financeiro e emprendemento.

De xeito complementario aos programas sectoriais do Plan desenvólvese este

programa, dirixido aos axentes do sistema galego de I+D+I encargados de con-

verter o coñecemento en valor económico: as empresas.

O Programa de innovación empresarial comprende todas as accións e instru-

mentos destinados a incrementar a competitividade das empresas galegas

mediante o estímulo da innovación nas organizacións en calquera punto da cadea

de valor e en todos os procesos da empresa. Dado o seu papel estratéxico, este

programa terá un desenvolvemento máis detallado nun documento específico de

innovación empresarial.

As organizacións empresariais soen ser refractarias ao cambio e tenden á

inercia que proporciona o coñecemento tradicional de produtos, procesos, tec-

noloxías e mercados, que poden quedar obsoletos cada vez en menos tempo.

Para o desenvolvemento exitoso da actividade innovadora, son necesarias fe-

rramentas de reflexión estratéxica, ferramentas de xestión de equipos multi-

disciplinares, metodoloxías de desenvolvemento de produto, capacidade de in-

corporación de tecnoloxías de proceso, interconexión de cadeas de valor,

creación de novos contornos de colaboración con clientes, provedores e axen-

tes do contorno, hábitos de protección da propiedade intelectual, estratexias

tecnolóxicas ben definidas, protocolos de mellora e formación continua, unha

cultura corporativa flexíbel e emprendedora e habilidades directivas específicas

para xestionar o novo contorno empresarial. Este programa pretende, pois, fa-

cilitar a implantación destas ferramentas nas empresas co fin de incrementar o

esforzo e a eficacia innovadora.

Page 111: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Programas | 111

Obxectivos

� Incrementar o gasto agregado de innovación das empresas.

� Incrementar o esforzo empresarial en I+D+I.

� Incrementar o número de empresas innovadoras.

� Incrementar o número de spin-off universitarios.

� Incrementar o número de empresas de base tecnolóxica.

� Incrementar o nivel de exportacións tecnolóxicas.

� Incrementar a participación dos fondos de pensións no capital risco.

� Multiplicar o número de investidores privados activos.

� Impulsar o acceso das empresas a préstamos participados e préstamos bran-

dos para posibilitar os procesos de innovación de produto e proceso.

O Programa de innovación empresarial divídese en tres subprogramas:

Subprograma de Sistematización da Innovación

Aumentar o nivel competitivo do tecido empresarial galego require, entre

outras accións clave, unha sistematización da innovación. Neste senso, é impor-

tante traballar nos seguintes eixes: a xestión da innovación e a innovación estra-

téxica, a política de deseño e desenvolvemento de produto, a innovación na

produción e loxística e a calidade e produtividade.

Xestión da Innovación e a Innovación Estratéxica

Desenvolver un programa que promova a dinamización da cultura de innovación

nas empresas, que sensibilice o tecido produtivo galego da importancia de xes-

tionar a innovación como proceso estratéxico de negocio. A innovación é un pro-

ceso empresarial que vai mais aló da actividade de investigación, por iso inclúe

outras actividades como a xeración de conceptos, o desenvolvemento de produto

no tempo máis curto posíbel, a redefinición de procesos produtivos, loxísticos e

comerciais, e a xestión mesma da tecnoloxía e o coñecemento. Esta sistematiza-

ción da innovación leva consigo as seguintes actuacións:

Page 112: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

112 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

� Fomento da creatividade empresarial: coma a baseada na innovación corpora-

tiva e na emerxencia de modelos novos de negocio exitosos e orixinais.

� Innovación estratéxica: apoio específico para que as empresas se doten de es-

tratexias de innovación e tecnoloxía, polo que se crearán metodoloxías de aná-

lise da capacidade innovadora e reflexión estratéxica, da difusión de modelos

de referencia, de proxectos piloto, de ferramentas novas e asesoramento e fi-

nanciamento de ferramentas de xestión.

� Creación de redes de intercambio: de boas prácticas na xestión da innovación

e a tecnoloxía entre empresas innovadoras e a difusión de modelos de referen-

cia de empresas exemplares na planificación da innovación.

� Incremento do nivel científico da empresa: a través de equipamento e, sobre

todo, da incorporación e formación de doutores.

� Crecemento empresarial: elevando o nivel de aspiracións das empresas emer-

xentes e consolidadas pola vía de plans de negocio con vocación internacional.

Permitindo e facilitando o acceso aos caladoiros financeiros oportunos. Para

esta actuación será clave crear sinerxías entre as escolas de negocios e as

universidades, sobre todo co ámbito tecnolóxico.

Deseño e Desenvolvemento de Produto

O Programa desenvolverá ordes específicas para fomentar e apoiar o deseño

e a xeración de novos produtos, aproveitando a creatividade e o espírito empren-

dedor de Galicia para atraer investimentos estranxeiros de alto valor engadido.

O longo ciclo de vida dos produtos constitúe unha das debilidades máis importan-

tes para a competitividade empresarial. Por iso, é cada vez máis imprescindíbel o

desenvolvemento rápido dos produtos. Outros factores chave de diferenciación

estratéxica en mercados competitivos son a ergonomía, deseños relativos a esté-

tica, a funcionalidade, o deseño ecolóxico, o deseño loxístico, a enxeñaría conco-

rrente, o deseño para a manufactura e as tecnoloxías de simulación.

A política de deseño debe establecer actuacións para xerar metodoloxías de

deseño e de desenvolvemento do produto, cunha presentación destas no tecido

empresarial e cunha coordinación dos axentes do contorno (asociacións de dese-

ñadores, fundacións destinadas a promover o deseño e os centros tecnolóxicos)

Page 113: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Innovación na Produción e Loxística

Impulsar a innovación de procesos entre o tecido das manufacturas coa difu-

sión de novas tecnoloxías de produción, impulsando a innovación na organización,

nas novas técnicas de loxística rápida e nas melloras da xestión da cadea de for-

necementos, constitúe unha das actuacións centrais deste programa.

Esta actuación ten como misión recorrer ás ferramentas metodolóxicas de

apoio á innovación de proceso en tres ámbitos esenciais: xeración de tecnoloxía

loxística, excelencia empresarial na xestión loxística e política de infraestruturas.

Subprograma de Apoio Financeiro

Moitas veces, o empresario non os pode afrontar por si mesmo, de aí o risco

de incorporar novas tecnoloxías ou de lanzar novos produtos. Por iso, este sub-

programa pretende xerar instrumentos financeiros cos cales as empresas poi-

dan afrontar os riscos da innovación e fomentar contornos que faciliten unha

capitalización correcta dos proxectos de innovación.

Incentivos Fiscais

No Estado español atopamos un dos mellores marcos fiscais para a innovación

no contexto da OCDE. Este marco, que non está sendo suficientemente utilizado

polas empresas, foi recentemente redefinido polo Ministerio de Industria, de tal

xeito que se reduciu a incerteza xurídica asociada ás definicións fiscais da inves-

tigación básica, desenvolvemento tecnolóxico e innovación tecnolóxica. Este pro-

grama pretende impulsar o uso dos incentivos fiscais, mediante a formación para

aprender a usalos, cuestión urxente diante da próxima revisión que o Estado está

a facer do imposto de sociedades que probablemente afectará ás facilidades exis-

tentes para as deducións relativas ás actividades de I+D+I, de tal maneira que se

fomentan os seguintes instrumentos:

� Apoiar as empresas para que soliciten as exencións fiscais relativas ás activi-

dades de investigación e desenvolvemento tecnolóxico.

� Impulsar propostas que estimulen a mellora das condicións dos incentivos

fiscais.

Programas | 113

Page 114: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Ferramentas Financeiras

Esta actuación parte da constatación de que son sobre todo as PEME, que

esencialmente son empresas familiares, as que constitúen unha parte impor-

tante da nosa estrutura empresarial, as que dificilmente se dirixen ao mercado

de valores, feito que limita a súa capacidade de crecemento, fundamental para

competir no mercado global. Para iso, é importante reducir o custo ou risco das

entidades subministradoras de capital e favorecer a toma de posición dos fon-

dos de pensións nestas actividades. Por tanto, preténdese xerar instrumentos

financeiros que permitan afrontar os riscos que comporta a innovación e, para

iso é necesario fomentar contornos e instrumentos que faciliten unha capitali-

zación correcta dos proxectos de innovación. O capital risco, os préstamos par-

ticipados e de tipo de xuro brando, os beneficios fiscais e o capital semente son

ferramentas que asociadas ao aumento dos investidores privados activos poden

facer posíbel os obxectivos propostos. Para iso preténdese:

� Potenciar os fondos de capital risco, que cubran a brecha de financiamento que

existe nas fases máis arriscadas do proxecto e estimular o investimento dos

fondos de pensións en instrumentos de capital risco.

� Impulsar a concesión de préstamos participados aproveitando os instrumen-

tos existentes en Galicia e aumentando os niveis de colaboración con ENISA

(Empresa Nacional de Innovación S.A.), así como préstamos a tipo de xuro cero

e dous anos de carencia para actividades estratéxicas de I+D+I.

� Incorporar o sistema financeiro privado ao sistema de investigación e inno-

vación.

� Promover a liquidez nos mercados do capital, a través de mecanismos para o

desinvestimento das empresas de capital risco de xeito que actúen en distin-

tas fases do proxecto.

� Crear mecanismos de contragarantías públicas, para promover operacións de

sociedades de garantías recíprocas, que cubran con avais de crédito público o

risco destas operacións.

� Servizo gratuíto para ofertantes e demandantes de capital.

114 | Plan Galego de I+D+i 2006-2010

Page 115: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Subprograma de Emprendedores

O espírito emprendedor é un dos motores da innovación, da competitividade e

do crecemento económico en xeral. Existe unha correlación positiva entre a acti-

vidade emprendedora e o crecemento económico, en aspectos tales como o incre-

mento do PIB, a supervivencia de empresas e a innovación.

É imprescindíbel crear un contorno axeitado e estimular os piares culturais da

iniciativa emprendedora dende a base educativa, para contribuír á creación de

empresas. Para iso, é necesario crear un marco fiscal favorábel, acceso á forma-

ción de calidade, fomentar instrumentos de financiamento semente, interfaces

eficaces entre a investigación e o mercado (papel clave dos organismos interface

definidos no Plan), contorno administrativo amigábel e coordinación de todos os

axentes vinculados ao espírito emprendedor.

A misión fundamental deste programa é facilitar a creación de empresas a tra-

vés de actuacións directas de apoio a proxectos innovadores e da xeración do

contorno axeitado, de tal xeito que é importante:

� Xerar empresas de base tecnolóxica.

� Promover modelos innovadores de negocio.

� Estender programas específicos de formación para o fomento do espírito

emprendedor no SUG.

� Recoñecemento público da tarefa emprendedora.

� Fortalecer os organismos de interface para asegurar unha resposta eficaz no

proceso de desenvolvemento técnico e financeiro das novas empresas innova-

doras.

� Reducir o número de desaparición de empresas innovadoras a través de accións

de detección precoz de dificultades.

� Programa específico destinado ás mulleres emprendedoras.

Programas | 115

Page 116: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

116 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

(6) Programa de Proxección Exterior

do Sistema Galego de Innovación

O crecemento do sistema galego de innovación está neste momento condicio-

nado polo espazo xeográfico no que se desenvolve. Este espazo limita o acceso a

inputs como recursos financeiros e coñecemento, pero tamén limita a transfe-

rencia dos resultados. Por iso, é necesario que este Plan dea os primeiros pasos

cara á proxección exterior do sistema, aspecto que deberá tratarse con máis

profundidade cando outras carencias estean debidamente cubertas. Este obxec-

tivo plásmase nas seguintes actuacións:

� Promoción da cooperación internacional: ten por finalidade favorecer a presenza

dos axentes de Galicia en espazos supranacionais de maneira que se favoreza

a cooperación en materia de ciencia e tecnoloxía a través de iniciativas e pro-

xectos conxuntos, con especial atención aos casos nos que existen afinidades

produtivas, xeográficas e culturais. Así mesmo, a través desta liña de acción in-

centivarase a participación dos distintos axentes e instrumentos como pla-

taformas tecnolóxicas, redes de excelencia ou programas de mobilidade.

� Oficina de Apoio a Proxectos Europeos e Internacionais: o VII Programa marco

da Unión Europea 2007-2013 ten previsto dispor de 40.000 millóns de euros, o

que suporía un 7% do orzamento da UE. Estas cifras xustifican sobradamente

a vontade de utilizar os fondos europeos como estimuladores e dinamizadores

do investimento en I+D+I de Galicia, para o cal o Goberno galego debe actuar

como catalizador dos grandes proxectos a través de actuacións claras como

a promoción de plataformas tecnolóxicas que desenvolvan grandes proxectos

estratéxicos nos sectores industriais de alto potencial competitivo, onde se

integren actores públicos e privados; a creación de redes de excelencia capa-

ces de desenvolver proxectos integrados que permitan participar nos polos de

excelencia europeos; o apoio aos grupos de investigación e ás infraestruturas,

promovendo a complementariedade dos fondos de investigación e estruturais;

promover a participación das pequenas e medianas empresas; e fomentar a

participación activa dos nosos investigadores e investigadoras nos comités de

traballo e avaliación europeos, así como nos centros de investigación europeos

(CERN, EMBO, BRAGA, ESRO...).

Page 117: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Programas | 117

En consecuencia, e co obxectivo de promover e apoiar a participación dos

diferentes axentes do sistema neste marco competitivo, a Oficina de Progra-

mas Internacionais de I+D+I prestará servizos de apoio de xeito que, a través

da coordinación de todos os axentes, permita establecer un control axeitado da

intervención nos programas marco de investigación e desenvolvemento e do

seu efecto en Galicia. Esta oficina prestaralles servizos ás entidades externas

que forman parte do sistema galego de I+D+I e tamén asesorará internamen-

te á Xunta para incrementar a súa implicación nos programas europeos de

investigación.

� Coordinación cos plans estatais de I+D+I: promoción de convenios cos distin-

tos ministerios do Estado español para coordinar actuacións nas prioridades

científico-tecnolóxicas comúns de xeito que se poida, a través do cofinancia-

mento de distintos proxectos, optimizar os recursos existentes e promover o

retorno de recursos ao noso país.

� Promoción exterior da imaxe da ciencia e a tecnoloxía de Galicia.

Page 118: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 119: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ INSTRUMENTOS

Page 120: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 121: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Os instrumentos a disposición deste Plan

son os que se indican a continuación:

❙ Instrumentos para

os Programas Horizontais

Recursos Humanos

� Axudas á contratación de persoal, dende a fase de formación de posgrao ata

a incorporación e consolidación como persoal investigador, e tamén para tare-

fas de xestión.

� Axudas á formación.

� Axudas á mobilidade e á intensificación.

Articulación do Sistema

� Estudos de viabilidade de infraestruturas científico-tecnolóxicas.

� Axudas para a creación de infraestruturas científico-tecnolóxicas.

� Axudas ao funcionamento de organismos de apoio.

� Axudas para o fomento de redes de axentes do sistema.

Comunicación e Sensibilización Social

� Actividades de difusión e divulgación da ciencia e da tecnoloxía nos medios de

comunicación e na sociedade no seu conxunto.

Instrumentos | 121

Page 122: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ Instrumentos para Promoción

Xeral da Investigación

� Axudas a grupos de investigación: axudas ao funcionamento e incentivos para

acadar a cohesión dos grupos de investigación consolidados e de excelencia e

promover a formación de novos grupos, sobre todo en áreas emerxentes.

� Contratos programa e incentivos para grupos de investigación: apoio finan-

ceiro aos grupos de investigación para complementar os recursos obtidos en

convocatorias estatais ou europeas. Estes incentivos poderán renovarse en

función do cumprimento dos obxectivos fixados.

� Axudas para a formación de novos grupos de investigación: recóllense axudas

preparatorias para a formación de novos grupos, sobre todo en áreas emer-

xentes e axudas para proxectos precompetitivos.

� Axudas a centros de investigación: axudas ao funcionamento e incentivos, co

fin de dotar de apoio específico os centros cunha actividade investigadora que

poida cualificarse de excelencia. Estes centros son as estruturas organizati-

vas pertencentes aos distintos axentes do sistema (universidades, OPI e

empresas). Terán unha axuda directa en función dun programa por obxectivos,

que permita estimular a investigación para levar a cabo proxectos singulares,

estratéxicos e altamente competitivos. Deste xeito, establécese un marco de

cooperación mutuo no cal a Xunta avaliará as actividades de investigación co

fin de asegurar a execución das súas políticas públicas e o cumprimento dos

obxectivos establecidos.

� Axudas para redes de excelencia: conxunto de actuacións para favorecer a

creación de redes de grupos e de investigadores e investigadoras con obxec-

tivos comúns potenciando a multidisciplinariedade e interdisciplinariedade. A

finalidade é potenciar a dimensión da actividade investigadora naqueles temas

prioritarios dende a Administración pública ou dende o contorno produtivo.

� Contratos programa con redes de excelencia: axuda directa en función dun

programa por obxectivos, que permita estimular a cooperación dos axentes da

investigación para levar a cabo proxectos singulares, estratéxicos e altamente

competitivos. Deste xeito, establécese un marco de cooperación mutuo no cal

a Xunta avalía as actividades de investigación co fin de asegurar a execución

das súas políticas públicas e o cumprimento dos obxectivos establecidos.

� Axudas á formación de redes de excelencia: axudas para a organización, estru-

turación e consolidación de redes de referencia para sectores estratéxicos e

de excelencia científica e tecnolóxica. Consisten no financiamento da creación

e funcionamento da rede.

� Proxectos de investigación básica: para equipos de investigación de univer-

sidades e centros públicos de investigación. Os proxectos de investigación

básica só serán atendidos neste programa e non terán cabida nos programas

sectoriais.

� Incentivos para a participación noutros programas:

� Axudas á presentación de proxectos europeos.

� Incentivos a proxectos do Plan nacional ou de programas europeos.

122 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 123: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

� Adquisición de infraestruturas científico-técnicas e material bibliográfico:

� Institucionais (universidades, OPI e CIT).

� Para grupos de investigación consolidados e de excelencia.

� Dotación de equipos e instrumental para laboratorios de ensaio, medida e

apoio á investigación.

� Publicacións periódicas: axudas para a edición e publicación de revistas de

carácter científico lideradas polos axentes do sistema galego de investigación,

con especial atención a aquelas con proxección internacional.

� Organización de congresos e reunións científicas: axudas para a organización

de congresos e reunións científicas de especial relevancia, con especial aten-

ción a aqueles de carácter internacional.

� Asistencia a congresos e cursos: bolsas de viaxe para a participación en con-

gresos e cursos de carácter científico.

❙ Instrumentos para Programas Sectoriais

� Proxectos de investigación aplicada de equipos de investigación en universida-

des e organismos públicos de investigación, así como de centros tecnolóxicos.

� Axudas ás plataformas tecnolóxicas: axuda directa en función dun contrato

programa por obxectivos, que permita dinamizar o traballo das plataformas

tecnolóxicas en torno a proxectos singulares e estratéxicos nas tecnoloxías

sectoriais a nivel estatal e europeo. A finalidade é aglutinar axentes públicos e

privados para acadar un resultado innovador e de calidade.

� Proxectos de I+D+I en empresa, realizados pola propia empresa, coordinados

ou en colaboración con outros axentes (universidades, organismos públicos de

investigación, centros tecnolóxicos ou empresas).

� Dotación de laboratorios e departamentos de I+D+I en empresa. Serán sub-

vencionábeis: a adquisición de equipos para investigación, as instalacións

imprescindíbeis para estes equipos e os consumíbeis relacionados coa súa uti-

lización. Será imprescindíbel que a empresa teña recursos humanos dedicados

á I+D+I e deberá xustificar as actividades e proxectos que pretenden levar a

cabo. Terán prioridade aquelas empresas que acometeran proxectos de I+D+I

con anterioridade.

� Incentivos ás empresas para a participación en proxectos europeos e proxec-

tos nacionais. Os incentivos para a participación en proxectos europeos cons-

titúen unha contía fixa para cubrir os gastos de elaboración de propostas para

convocatorias do Programa marco da Unión Europea, tales como accións de

investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación, así como unha contía

variábel para cubrir gastos de xestión dos proxectos concedidos. Nos casos

que o requiran pola súa dimensión ou carácter, poderán establecerse instru-

mentos similares para proxectos nacionais.

� Accións estratéxicas: cando sexa necesario, poderanse articular accións estra-

téxicas ou especiais como mecanismo para financiar proxectos de carácter

Instrumentos | 123

Page 124: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

excepcional, que requiran un apoio intenso. Os proxectos estarán englobados

nalgunha das áreas de actuación definidas neste programa e deberán estar

liderados polas plataformas tecnolóxicas ou centros tecnolóxicos, ou pola pro-

pia Administración cando se consideren estratéxicos para o País. Neste senso,

ben a partir da iniciativa da Administración pública, consellerías ou DXIDI, ou ben

a partir do contorno produtivo, clusters e plataformas tecnolóxicas, delimita-

ranse temas concretos de actuación que poden encadrarse ou non dentro das

prioridades sectoriais e transversais marcadas polo Plan e que permitan abrir

novas liñas de investigación non representadas ou escasamente representa-

das en Galicia.

❙ Instrumentos para o Programa

de Innovación Empresarial

Proxectos de innovación empresarial: InnovaPeme (pequenas e medianas

empresas) e InnovaMais (grandes empresas).

� Axudas a proxectos de innovación loxística e produción industrial: dedicadas a

proxectos de innovación operativa, incorporación de tecnoloxías de proceso,

desenvolvemento de produto e incorporación de deseño en sectores de com-

plexidade industrial.

� Proxectos de desenvolvemento precompetitivo: prototipos non comercializá-

beis; plantas piloto non produtivas. Por actividade de desenvolvemento pre-

competitivo enténdese a materialización dos resultados da investigación

industrial nun plano, esquema ou deseño para produtos, procesos ou servizos

novos, modificados ou mellorados, destinados á venda ou á súa utilización, inclu-

ída a creación dun primeiro prototipo non comercializábel.

� Axudas a proxectos demostrativos e proxectos piloto: proxectos demostrati-

vos e piloto sectoriais, proxectos de test de metodoloxías en innovación estra-

téxica, innovación de produto e proceso.

� Proxectos piloto de crecemento empresarial: destinados a crear contornos e

mecanismos de adquisición de proxección internacional.

Incentivos para o rexistro de patentes: axudas convocadas e coordinadas polo

Servizo Galego de Propiedade Industrial (SEGAPI), específicas para as áreas de

actuación definidas neste programa.

Servizos de asesoramento: débense ofrecer servizos de asesoramento de aná-

lises en innovación, deseño e desenvolvemento de produto, innovación de proceso,

mellora continua, eficiencia telemática, vixilancia tecnolóxica, protección da pro-

piedade intelectual e uso dos incentivos fiscais na innovación e das ferramentas

financeiras, así como asesoramento no tratamento da igualdade entre homes e

mulleres na sociedade do coñecemento, a través da responsabilidade social das

empresas. Para iso a Dirección Xeral de I+D+I conta co SEGAPI e os CIS.

124 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 125: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Aula de investigación e innovación: programa de apoio á formación en diversos

ámbitos. Inclúe, por un lado, formación en xestión da I+D+I que permita a adecuada

capacitación dos xestores que traballan en Galicia en empresas, universidades,

OPI, organismos de interface, centros tecnolóxicos, administracións públicas...

para que se convertan en axentes da innovación. Por outra banda, inclúe o apoio

aos programas de posgrao e terceiro ciclo relacionados coa xestión da I+D+I e a

innovación. Finalmente, inclúe tamén actividades para o desenvolvemento profe-

sional, isto é, cursos e xornadas de formación para investigadores e investigado-

ras nas diferentes etapas da súa carreira investigadora, co obxectivo de xerar

novas habilidades que lles faciliten a inserción laboral e o coñecemento da xes-

tión das organizacións.

Programas específicos de Innovación:

Creación da rede de viveiros de empresas: co obxectivo de proporcionarlles aos

emprendedores o apoio necesario para facer realidade dun xeito organizado os

seus proxectos empresariais. Para isto, é vital a coordinación de todos os axen-

tes que interveñen na creación de empresas e servizos de incubación. Distribuí-

dos territorialmente pretenden dotar o emprendedor de espazo e dos servizos

necesarios nas primeiras fases do desenvolvemento empresarial.

Rede local de apoio á innovación: co obxectivo de involucrar os axentes de

desenvolvemento local, a Rede de Técnicos de Emprego, cámaras de comercio,

asociacións de empresarios de polígonos... nunha rede de apoio á innovación que

estea máis próxima ás empresas, sobre todo ás PEME. Esta rede encargaríase

de difundir información, prestar un asesoramento inicial, contribuír a divulgar a

cultura da innovación, etc.

Rede de organizacións para a iniciativa empresarial: constituída polos centros

e organizacións dedicadas ao asesoramento ao emprendedor e á detección e

selección de plans innovadores de negocio.

Club de investidores privados: para impulsar dende a Administración dinámicas

de traballo en rede dos distintos axentes de investimento privados.

Empresa-concepto: axudas que constitúen un sistema de catalización sinxelo

e áxil para a creación de empresas de base tecnolóxica. Estas axudas están des-

tinadas a emprendedores cunha importante formación tecnolóxica na fase de

conceptualización do modelo de negocio asociado a un proxecto xa capitalizado.

Empresas de Base Tecnolóxica (EBT) no contorno empresarial: apoio á creación

de empresas de base tecnolóxica que xurdan no contorno empresarial, especial-

mente aquelas que xurdan a partir de escisións sempre que leven a cabo activi-

dades que non son clave na empresa de orixe.

Formación de emprendedores: formación de formadores, participación de pro-

fesionais experimentados como titores, así como módulos de formación trans-

versais.

Circuítos de seguimento: axudas á oferta de análises preventivas de estrate-

xia e financiamento por parte de organismos intermedios e de interface e insti-

tucións de promoción económica, para facer un seguimento das empresas dende

a súa creación co fin de compensar o número de empresas que desaparecen.

Instrumentos | 125

Page 126: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 127: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ ORZAMENTO

Page 128: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 129: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Orzamento | 129

O orzamento do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación

tecnolóxica para o exercicio 2006 é de 130.243.456 euros. Este orzamento inclúe

basicamente os programas 432A Plan galego de I+D+I, 432B de investigación uni-

versitaria, así como, e para o exercicio 2006, as dotacións correspondentes aos

programas 322C, asociado á Consellería de Educación e Ordenación Universita-

ria, e 712B, asociado á Consellería de Innovación e Industria, de acordo á distribu-

ción reflectida na táboa seguinte:

Consellería 432-A 432-B 322-C 712B TOTAL

Innovación e Industria 56.235.497 29.241.225 0 23.454.119 108.930.841

Educación 0 0 9.397.874 0 9.397.874

Medio Rural 5.969.995 0 0 0 5.969.995

Pesca 4.174.690 0 0 0 4.174.690

Medio Ambiente 1.770.056 0 0 0 1.770.056

TOTAL 68.150.238 29.241.225 9.397.874 23.454.119 130.243.456

Plan Inv. Univ. Consellería Consellería de

de Educación Innovación

e Industria

O financiamento dos exercizos 2007, 2008, 2009 e 2010 incrementarase en fun-

ción das dispoñibilidades orzamentarias e en ningún caso será inferior ao esta-

blecido para o exercizo 2006. Establécese unha previsión global para o período

2006-2010 de 800 millóns de euros.

A distribución aproximada por programas indícase na táboa seguinte:

Porcentaxe do orzamento total por programa

PROGRAMAS HORIZONTAIS: 30%

Recursos humanos 22%

Articulación do sistema galego de investigación e innovación 7%

Comunicación e sensibilización social 1%

PROGRAMAS XERAIS: 15%

Promoción xeral da investigación 8%

Programa de consolidación e estruturación 5%

Programa resultado-valor 2%

PROGRAMAS SECTORIAIS: 30%

Programa de tecnoloxías críticas transversais 5%

Programa PEME: I+D 12%

Programa I+D SUMA 13%

PROGRAMAS DE INNOVACIÓN EMPRESARIAL 25%

Subprograma de sistematización da innovación 20%

Subprograma de apoio financeiro 2%

Subprograma de emprendedores 3%

Page 130: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 131: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ XESTIÓN DO

PLAN GALEGO

DE INVESTIGACIÓN,

DESENVOLVEMENTO

E INNOVACIÓN

TECNOLÓXICA

2006-2010

Page 132: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 133: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Para conseguir os obxectivos do Plan, é imprescindíbel garantir unha boa xes-

tión dos recursos e procedementos. O elemento fundamental, ademais dos pro-

cesos de control, avaliación e seguimento do Plan, é establecer os mecanismos

axeitados de coordinación de todos os departamentos da Xunta de Galicia, así

como coa política científica e tecnolóxica estatal e europea.

De acordo coa Lei 12/1993 de fomento da investigación e do desenvolvemento

tecnolóxico de Galicia, correspóndelle á CICETGA non só a elaboración e a apro-

bación do Plan senón tamén a supervisión da coordinación e o seu seguimento.

Neste espírito:

� Todos os fondos consignados ao Plan galego de investigación, desenvolvemen-

to e innovación tecnolóxica se inclúen nos programas orzamentarios 432-A,

432-B e 712B dos orzamentos xerais de Galicia. Ademais, inclúense os fondos

asignados a estes obxectivos pola Consellería de Educación e Ordenación Uni-

versitaria no Programa 322-C dos orzamentos xerais de Galicia, así como cal-

quera outros que, procedentes das consellerías con competencias na materia,

teñan, así mesmo, por obxectivo, a promoción da investigación, o desenvolve-

mento tecnolóxico e a innovación.

� Co obxecto de avanzar na coordinación entre programas, na homoxeneidade e

na simplificación dos procesos de xestión, a xestión administrativa, técnica e

económica do Plan e do seu correspondente programa orzamentario corres-

póndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e ás

consellerías afectadas en canto participen cos seus programas orzamentarios

en actuacións do Plan, en coordinación coa Dirección Xeral de I+D+I.

� Para os programas xerais e sectoriais recollidos no Plan, a Dirección Xeral de

I+D+I designará xestores, que serán consensuados coas consellerías compe-

tentes por razón da materia e que colaborarán nas tarefas de asesoramento

e seguimento de tales programas.

� Todos os proxectos presentados ás convocatorias públicas do Plan serán

sometidos a avaliación externa, mediante paneis de expertos. Con este fin, a Di-

rección Xeral de I+D+I disporá dun panel de expertos que actuarán como ava-

liadores externos das propostas presentadas.

Xestión do Plan | 133

Page 134: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

As consellerías sectoriais colaborarán na xestión do Plan, en coordinación coa

Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, nas seguintes

fases:

a) Definición de obxectivos e prioridades dos programas sectoriais e as súas

convocatorias.

b) Selección das propostas que serán financiadas, participando nas comisións

de concesión de axudas dos programas sectoriais que lles afecten.

c) Seguimento dos proxectos financiados con cargo aos programas sectoriais

da súa competencia.

d) Posibilidade de coparticipación na xestión de diferentes instrumentos e pro-

gramas.

Correspóndelle á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innova-

ción a redacción e publicación das convocatorias de axuda que recollen os pro-

gramas xerais e sectoriais do Plan, coas excepcións que se establezan atendendo

ao referido no parágrafo (d) do punto anterior. As convocatorias terán unha vixen-

cia de cinco anos, é dicir, ata a conclusión do presente Plan o 31 de decembro de

2010. Non obstante, en xaneiro de cada ano publicarase o prazo de presentación

de solicitudes, os orzamentos fixados para ese exercicio, así como as actualiza-

cións que procedan, de acordo co correspondente programa de traballo.

A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación avanzará na

tarefa de seguimento e control dos proxectos executados ao amparo do Plan ata

chegar a cubrir o 100% destes.

Todas as resolucións de concesión de axudas ao amparo dos programas xerais

e sectoriais serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Direc-

ción Xeral, sen prexuízo da difusión sectorial que poida facerse dende outras ins-

tancias que contribúan a unha óptima difusión das accións do Plan.

Nos casos en que sexa imprescindíbel para a boa xestión dalgún programa, a

Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación poderá encomen-

darlle algunhas tarefas a algunha entidade externa, baixo a modalidade de con-

venio de colaboración, polo que se lle dá entrada con isto á coparticipación

doutros axentes no desenvolvemento do Plan.

A Dirección Xeral de I+D+I porá en marcha un sistema de avaliación continua

dos resultados xerados polo Plan, coa finalidade de medir o seu impacto.

A partir destas cuestións xerais, a coordinación, avaliación e seguimento do

Plan/PGIDIT constitúe unha auténtica acción estratéxica en si mesma e desen-

volverase segundo a sistemática que de seguido se expón.

134 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 135: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ COORDINACIÓN, AVALIACIÓN,

SEGUIMENTO E CONTROL

DO PLAN

❙ Introdución

Para garantir unha boa aplicación do Plan Galego de Investigación, Desenvol-

vemento e Innovación Tecnolóxica, é necesario establecer os sistemas e estrutu-

ras axeitados para o seguimento, control e avaliación das accións previstas, así

como para a coordinación do conxunto do Plan. Perséguese como obxectivo lograr

a mellora das políticas de investigación e innovación en Galicia, a través do con-

trol sistemático, independente, obxectivo e profesionalizado a partir de indicado-

res que permitan determinar se os recursos públicos para o fomento da I+D+I se

empregan para cumprir os obxectivos establecidos no Plan e nos programas e

convocatorias específicos. Os esforzos investidos na produción e explotación do

coñecemento teñen que servir para cubrir as necesidades e os intereses da

sociedade e reverter efectiva e eficazmente nela. Deste xeito grazas a este pro-

grama poderase mellorar a política científica e tecnolóxica e reconducir ou corri-

xir os aspectos que se mostren mellorábeis ou ineficientes de acordo coas

necesidades do noso país.

A ausencia dun programa específico de avaliación nos anteriores plans foi unha

carencia que non permitiu detectar procesos e actuacións ineficientes, polo que

consideramos imprescindíbel dispoñer dun bo sistema de avaliación e seguimento

para levar adiante unha política científica transparente e rigorosa que sexa efi-

caz na satisfacción dos obxectivos particulares de cada programa e dos vincula-

dos ao conxunto do sistema de I+D+I.

Neste senso, impulsaranse tanto as actividades de avaliación como as de xes-

tión. Por unha banda, a xestión e avaliación de proxectos e recursos humanos

(recepción de solicitudes, avaliación da súa calidade, a concesión e comunicación,

comprobación do cumprimento, pagamento e seguimento a posteriori) e, pola

outra, a xestión e avaliación do Plan (medición do cumprimento dos obxectivos do

Plan a través dos indicadores xerais e específicos).

Para todo isto, crearase a Comisión Galega para a Avaliación da Ciencia e Tec-

noloxía que, en coordinación cos distintos organismos do sistema, permitirá lide-

rar e complementar a avaliación da política científica e tecnolóxica, sempre diante

do principio de mérito e capacidade nun contexto de concorrencia competitiva

aberta e pública que garanta a igualdade de oportunidades.

Garántese, así mesmo, un bo sistema de avaliación que permita determinar a

efectividade das medidas dirixidas a promover a igualdade real e efectiva de mulle-

res e homes nas áreas de intervención do Plan.

Xestión do Plan | 135

Page 136: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ Sistemática da Avaliación e Seguimento

A avaliación farase en diferentes niveis e momentos, dende os proxectos e con-

vocatorias ata os programas e o Plan no seu conxunto.

Avaliación de proxectos e convocatorias: o proceso comeza coa avaliación pre-

via das propostas de proxectos, mediante o establecemento dos criterios e indi-

cadores que permitan seleccionar aqueles que estean mellor situados con

relación aos obxectivos da convocatoria. Con esta avaliación determínase a per-

tinencia do proxecto a calidade dos obxectivos, o método de traballo e os resul-

tados previstos. Asemade, estableceranse indicadores de avaliación a medio prazo

que se analizarán durante a execución do proxecto, co fin de comprobar o cum-

primento das actividades previstas. Finalmente, realizarase unha avaliación final

para determinar o seu éxito e avaliar os resultados, efectos e repercusión que

tivera, o cal será crucial para a avaliación de futuros proxectos. Neste proceso

utilizaranse dous grupos de indicadores: uns de tipo cuantitativo que midan a

capacidade e calidade da investigación e innovación do investigador ou investiga-

dora, do grupo de investigación ou da empresa; e un segundo tipo de indicadores

que determinen a relevancia, carácter innovador e calidade do proxecto, que será

feita por expertos no campo específico da investigación correspondente, con

garantías de independencia.

Avaliación dos programas: para cada un dos programas definíronse uns ob-

xectivos específicos que terán uns indicadores de referencia, co fin de analizar a

evolución dos aspectos concretos do sistema de I+D+I sobre os cales incide o

programa.

Avaliación global do Plan: mediante o conxunto de indicadores subliñados para

o Plan, farase un seguimento da evolución e resultado final do conxunto do Plan,

para o cal se contará con comisións de expertos, coa participación dos distintos

organismos do sistema e co Consello Asesor e coa Comisión Interdepartamental

de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia.

❙ Estrutura e Instrumentos

Para levar adiante este programa, o Plan debe dotarse dos instrumentos nece-

sarios e suficientes para facelo posíbel. Para iso, conformarase un conxunto de

actores que operarán no contorno da CICETGA e da Comisión Galega para a Ava-

liación Científica e Tecnolóxica:

� Panel de expertos: conformarase unha base de datos que inclúa expertos

de todos os ámbitos do coñecemento, que serán invitados en función dos pro-

gramas e contidos concretos das accións para realizar a avaliación ex ante dos

proxectos e convocatorias. Cada avaliación será independente e anónima, como

mínimo feita por dous expertos. Tamén actuarán en comités de avaliación glo-

bal dos programas e estudos de seguimento destes, así como en grupos de tra-

ballo específicos.

� Xestión dos programas: cada programa terá un xestor ou xestora, que actuará

como coordinador do programa e determinará, apoiado por un grupo de tra-

136 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 137: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

ballo técnico asesor, as liñas mestras para a avaliación ex ante e ex post dos

proxectos e convocatorias do programa, así como a súa avaliación e seguimento

global. Este grupo de traballo asociado estará formado por expertos no campo

de actuación de cada programa, de xeito que reflictan a diversidade temática

deste. Asemade cada xestor terá asociado un grupo de traballo técnico de xes-

tión encargado da xestión do programa nos aspectos técnicos. Os xestores

serán nomeados pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Inno-

vación de acordo coas consellerías competentes por razón da materia.

� Comisión de xestores: componse por todos os xestores de cada un dos pro-

gramas, coa misión de coordinar as actuacións transversais que atinxen ao

Plan, así como de elaborar informes de síntese do seguimento e grao de cum-

primento dos obxectivos. Terá un presidente, designado polo director xeral de

I+D+I, e un secretario, que será un dos subdirectores da Dirección Xeral.

� Comisión Galega para a Avaliación da Ciencia e a Tecnoloxía: ademais das fun-

cións da actual Comisión de Selección de Investigación, encargarase de elevar

propostas e informes tanto específicos como globais á Dirección Xeral de I+D+I.

Terá unha comisión permanente e organizarase en comisións de selección espe-

cíficas para cada programa temático no que terán cabida expertos propostos

polas consellerías competentes en cada área de actuación. Actualmente as fun-

cións da Comisión de Selección de Investigación son:

� Elaborar propostas de resolución de todas as convocatorias de axudas que

realice a Consellería de Innovación e Industria para a promoción xeral do coñe-

cemento e do persoal investigador da nosa comunidade autónoma.

� Elaborar todos os informes que en materia de investigación lle solicite a Con-

sellería de Innovación e Industria para as súas accións.

� Consello Asesor: A Lei 12/1993, do 29 de xullo, de fomento de investigación e

desenvolvemento tecnolóxico de Galicia crea, no artigo 1.4, o Consello Asesor

de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. Entre as súas funcións está

propoñerlle á CICETGA obxectivos e programas para a súa incorporación ao

Plan galego de investigación e desenvolvemento tecnolóxico, así como emitir

informe sobre o anteproxecto do Plan.

� CICETGA: A Lei 12/1993, do 6 de agosto, de fomento da investigación e de desen-

volvemento tecnolóxico de Galicia, crea, no artigo 11.1º, a Comisión Interdepar-

tamental de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (CICETGA), como órgano encargado

da planificación, elaboración, coordinación e seguimento do Plan galego de

investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia.

Xestión do Plan | 137

Page 138: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 139: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ ANEXO I:

PRIORIDADES PARA

OS PROGRAMAS

SECTORIAIS E

TECNOLOXÍAS CRÍTICAS

Page 140: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 141: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Este apartado reflicte, a modo de anexo, as liñas prioritarias ás que deben

orientarse as actuacións do Programa I+D SUMA, que poden servir de orienta-

ción no enfoque dos proxectos e accións no Programa de PEME: I+D, así como de

marco de referencia para os proxectos de innovación empresarial.

O impulso das prioridades que deseguido se describen levarase a cabo mediante

a creación e consolidación de centros, financiamento de grupos e redes de inves-

tigación, investigadores, investigadoras e persoal de apoio. Este impulso com-

pletarase, nos casos que sexa necesario, co desenvolvemento de plataformas

tecnolóxicas e grandes infraestruturas.

A título orientativo, descríbense os ámbitos de actuación e os seus contidos:

❙ Medio Rural (MRU)

Este programa ten como finalidade desenvolver as actividades de I+D+I nos

sectores agrario, gandeiro e forestal. Neste senso, son de interese aqueles pro-

xectos que perseguen a diversificación e o aumento da eficiencia e calidade dos

sistemas da produción nos sectores agrario, gandeiro e forestal, mediante a

incorporación de novas especies propias atendendo a demanda de novos produ-

tos, ou mellorando as variedades e a calidade dos produtos vexetais e gandeiros

como lácteos e carne, e fixando, en definitiva, man de obra cualificada no medio

rural. Estas melloras poden derivar da utilización de técnicas de produción máis

avanzadas, de novos insumos (por exemplo fertilizantes orgánicos, forraxes, ali-

mentos gandeiros), dos avances da mellora das condicións sanitarias da produ-

ción animal e vexetal (por exemplo, novos métodos de diagnóstico e tratamento

de patoloxías, novas estratexias no control e erradicación de enfermidades e con-

trol integrado de pragas). Pode tamén orientarse a proxectos de I+D+I relacio-

nados coa mellora da organización produtiva. Serán de interese os proxectos de

desenvolvemento de novas tecnoloxías de mecanización e automatización de pro-

cesos produtivos, de aplicación de biotecnoloxías aos sistemas de produción, e o

desenvolvemento de produción sustentábel baseada na utilización dos recursos

naturais, así como o manexo e conservación do solo e a diminución do impacto

ambiental mediante o uso racional dos insumos. Son de especial interese as liñas

de investigación ligadas á agricultura ecolóxica e á agricultura de conservación.

Anexo I | 141

Page 142: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Este programa tamén ten como finalidade fomentar os recursos forestais de

Galicia, así como a súa mellor utilización, baixo criterios de xestión forestal sus-

tentábel. Son de interese os proxectos de composición, estrutura e funciona-

mento dos ecosistemas forestais, mellora da súa competitividade, conservación

da diversidade xenética forestal, técnicas de xestión forestal sustentábel, mo-

delización forestal, impacto do cambio climático nos ecosistemas forestais, ava-

liación e mellora da capacidade de fixación do carbono polas masas e os solos

forestais, mellora da saúde forestal, técnicas de protección contra incendios

forestais e recuperación de áreas queimadas, producións complementarias do

monte e avaliación económica da silvicultura e ordenación forestal, así como

o uso integral do medio rural e a multifuncionalidade dos sistemas agrícolas e

forestais.

❙ Medio Mariño (MMA)

Este programa persegue a utilización óptima dos recursos mariños renovábeis,

incluíndo as bases técnicas da xestión e ordenación e o estudo dos procesos bio-

lóxicos e ambientais con repercusión sobre os recursos. Son de interese aqueles

proxectos relacionados cos seguintes aspectos: a) o coñecemento do medio natu-

ral mariño como soporte da produción biolóxica explotábel e dos factores que

afectan a súa calidade, b) os recursos pesqueiros e marisqueiros, incluíndo a

obtención de coñecementos para a súa ordenación e xestión, c) a acuicultura,

incluíndo o cultivo de novas especies, a mellora das existentes, as patoloxías, o

desenvolvemento de tecnoloxías ou procesos de produción e manipulación desti-

nadas ao incremento da produtividade e a minimización do impacto ambiental, d)

o procesado industrial encamiñado a posibilitar a comercialización das especies

capturadas ou cultivadas, e) a trazabilidade dos recursos mariños e dos seus deri-

vados, incluíndo a identificación e autenticación da súa orixe.

❙ Recursos Enerxéticos e Mineiros (REM)

A finalidade deste programa é mellorar a utilización dos recursos enerxéticos

e mineiros. O sector enerxético presta un servizo imprescindíbel para a vida dos

cidadáns e cobre un amplo espectro da actividade económica, dende a explota-

ción dos recursos naturais ata a súa utilización final na industria, servizos e

transporte.

En relación aos recursos enerxéticos, son de interese os proxectos relativos á

produción de enerxía a partir de recursos fósiles mediante sistemas máis “lim-

pos” e eficientes. Teñen grande importancia os proxectos relacionados coa ava-

liación de recursos de enerxías renovábeis, investigación e desenvolvemento de

bioenerxías (en particular a relacionada co uso da biomasa e biocombustíbeis),

mellora de compoñentes e sistemas fotovoltaicos, mellora dos sistemas de xera-

ción de enerxía eólica, obtención de combustíbeis líquidos a partir de residuos

sólidos, desenvolvemento de tecnoloxías asociadas á enerxía do mar e a utiliza-

142 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 143: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

ción do hidróxeno como vector. En relación cos recursos mineiros o interese cén-

trase en proxectos relacionados coa mellora nos procesos de localización, extrac-

ción e elaboración de materias primas, fundamentalmente granito e lousa. E no

conxunto todas aquelas accións favorecedoras do aforro enerxético.

❙ Biomedicina e Ciencias da Saúde (CSA)

Este programa ten como finalidade potenciar a investigación de excelencia nos

diversos ámbitos do sector sanitario, co fin último de acadar unha asistencia sani-

taria da maior calidade e a mellora da calidade de vida relacionada coa saúde da

poboación. O eixe central é a investigación na saúde humana nos seus diferentes

niveis: investigación biomédica aplicada, investigación en medicina clínica, investi-

gación epidemiolóxica, en resultados de saúde, en saúde pública e en servizos de

saúde. Resulta tamén de grande importancia o desenvolvemento da investigación

en tecnoloxías na saúde (bioinformática, bioenxeñaría, biotecnoloxía, telemedicina,

tecnoloxía farmacéutica) tanto no desenvolvemento como no eido de avaliación

de tecnoloxías.

Para unha axeitada organización faise preciso formular as prioridades actuais

de investigación en saúde, identificando as necesidades, recoñecendo as forta-

lezas e debilidades, xerarquizando actuacións segundo o seu potencial beneficio

e a súa viabilidade. As prioridades establécense cunha ampla visión que incorpora

dende as bases moleculares e xenéticas ata a diagnose e tratamento clínico, a

avaliación de servizos de saúde e os aspectos comunitarios, de xeito preferente

naqueles casos de maior interese social e sanitario.

Tendo en conta as liñas establecidas no Plan de saúde de Galicia 2006-2009,

xunto coas prioridades do Plan nacional de I+D+I e o VII Programa marco da Unión

Europea 2007–2013, establécense as seguintes temáticas prioritarias de inves-

tigación en biomedicina e ciencias da saúde: envellecemento, enfermidades de nu-

trición e metabolismo (obesidade, diabetes), enfermidades respiratorias crónicas,

neurociencias, enfermidades cardiovasculares, terapia celular, enxeñaría tisular e

transplante de órganos, cancro, saúde mental, enfermidades osteomusculares e

do tecido conectivo, xenómica e proteómica, prevención e promoción da saúde,

servizos de saúde, tecnoloxías sanitarias e enfermidades infecciosas e SIDA.

O primeiro obxectivo deste programa é promover a investigación que permita

afondar no coñecemento de mecanismos moleculares, bioquímicos, celulares,

xenéticos, fisiopatolóxicos e epidemiolóxicos das enfermidades e problemas de

saúde máis relevantes da poboación, así como os factores que predín a resposta

ás estratexias de prevención, diagnose, tratamento e rehabilitación dos pacien-

tes. Polo seu impacto na saúde da poboación, será de interese a investigación en

estilos de vida, educación para a saúde e coidados. Serán preferentes as accións

de investigación orientada ás áreas prioritarias.

Nun segundo termo, preténdese fomentar o desenvolvemento de tecnoloxías

para a saúde e o benestar que contemplen os aspectos diagnósticos, curativos,

preventivos e de apoio, para incrementar a participación dos cidadáns na socie-

dade do benestar. O tratamento a través de liñas focalizadas das necesidades de

Anexo I | 143

Page 144: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

diferentes grupos de poboación e situacións vitais: infancia, adolescencia, per-

soas maiores, muller, discapacidade, inmigrantes, saúde laboral, debe permitir un

achegamento máis axeitado destas tecnoloxías na resposta ás diferentes nece-

sidades e expectativas.

Desenvolveranse actuacións de fomento da investigación farmacéutica, tanto

nos aspectos de biotecnoloxía farmacéutica como na predición da seguridade e

eficacia das terapias.

Prestaráselle atención específica á investigación desenvolta na atención pri-

maria, pola amplitude, impacto e relevancia dos problemas de saúde que atende.

O establecemento da carreira investigadora no sistema sanitario, xunto coas

accións para a intensificación da actividade investigadora dos profesionais con

liñas de investigación activas e financiadas e o apoio á constitución de redes coo-

perativas de investigación entre centros e institucións de I+D+I públicas e priva-

das, son instrumentos para o desenvolvemento do Plan.

As accións que anualmente se convoquen procurarán o progresivo desenvol-

vemento destas prioridades. Estas accións desenvolveranse a través de estra-

texias e instrumentos orientados a: incrementar os recursos humanos dedicados

á investigación en biomedicina (incorporación de investigadores, intensificación

da actividade investigadora, persoal de apoio técnico), desenvolver proxectos de

investigación da maior calidade, favorecer a diseminación do coñecemento aca-

dado e a súa incorporación á innovación no sistema sanitario e apoiar a colabo-

ración intersectorial dos grupos de investigación.

A actividade investigadora terá, en todo caso, unha perspectiva de investiga-

ción translacional, cooperativa e multidisciplinaria. Nas accións desenvoltas pres-

taráselle especial atención á colaboración co tecido empresarial galego a prol da

xeración dunha industria biotecnolóxica que atraia recursos á comunidade autó-

noma, e á diseminación e transferencia dos resultados acadados, coas debidas

garantías, de xeito eficiente á procura da mellora da saúde da poboación.

A consecución dunha mellor posición de Galicia no eido da biomedicina e cien-

cias da saúde esixe o establecemento de liñas de investigación de alta calidade

desenvoltas por equipos de investigación estábeis, integrados en estruturas coo-

perativas interdisciplinares coa colaboración da Universidade e a empresa, tra-

ballando próximos á realidade asistencial e orientados á resolución de problemas

de saúde. Neste senso, estableceranse accións para o fomento da investigación

translacional.

❙ Tecnoloxías da Alimentación (TAL)

O obxectivo deste programa é favorecer o desenvolvemento do sector galego

da alimentación, utilizando a I+D+I como vía para impulsar a investigación, a trans-

ferencia de tecnoloxía e a innovación nas empresas que permita o aproveitamento

da gran diversidade agrícola, gandeira, pesqueira e acuícola galega. Ademais, pre-

téndese xerar unha oferta variada e competitiva de produtos de gran calidade,

que lles dea resposta ás demandas da sociedade actual, relacionadas coa cali-

dade, saúde e seguridade, ao longo de toda a cadea de produción, e que ao mesmo

144 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 145: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

tempo permita o desenvolvemento do medio rural, costeiro e que potencie a com-

petitividade das empresas alimentarias, para acadar unha maior dimensión inter-

nacional. Con carácter xeral, son de interese os proxectos que teñan como

finalidade a diversificación e diferenciación na oferta de produtos de calidade,

seguros e saudábeis, novas formas de presentación, a caracterización e viabili-

dade de novas materias primas, a produción de alimentos e aditivos, a automati-

zación e robotización de procesos de produción e o desenvolvemento de novos

sistemas de envasado, coma os envases activos.

Co fin de asegurar a calidade dos produtos que chegan ao consumidor, é nece-

sario facer un seguimento dos produtos, establecendo a orixe das materias pri-

mas e aditivos, a detección de posíbeis contaminacións presentes nas materias

primas, durante o procesamento e nos produtos finais ata chegar ao consumi-

dor (trazabilidade). É de grande interese o establecemento de novas técnicas

moleculares rápidas para a determinación da orixe, autenticidade das materias

primas e produtos transformados, o desenvolvemento de novos métodos de aná-

lise de contaminantes ambientais, de substancias responsábeis de alerxias e into-

lerancias alimentarias, axentes canceríxenos, microorganismos patóxenos ou

substancias procedentes dos materiais que estean en contacto cos produtos.

Tamén debe facerse fincapé na valorización de subprodutos ou coprodutos, tanto

pola redución do impacto ambiental das empresas, como pola indubidábel fonte

de valor engadido que poden supor.

Merecen atención os proxectos relacionados con produtos de especial pre-

senza en Galicia como as conservas e outros transformados de produtos do mar,

o leite e os seus derivados, o viño, a carne e tamén outros produtos de alto poten-

cial como as castañas ou os cogomelos, grelos, etc.

❙ Medio Natural e Desenvolvemento Sostíbel

O Programa sectorial de medio natural e desenvolvemento sostíbel ten como

finalidade a investigación nos distintos ámbitos ambientais co obxectivo de mello-

rar a saúde dos ecosistemas e o benestar humano, acadar un desenvolvemento

sostíbel e avanzar cara a unha organización do territorio que favoreza a conser-

vación e a restauración da diversidade e funcionamento dos sistemas naturais.

As liñas de actuación son as seguintes:

a) Cambio ambiental global: modificación dos hábitats, especies invasoras exó-

ticas, sobreexplotación, contaminación e cambio climático.

b) Modelado de sistemas naturais.

c) Conservación e restauración da biodiversidade, dos ecosistemas e da paisaxe.

d) Sistemas de información ambiental.

e) Ecoinnovación.

f) Xestión integral da auga.

g) Xestión integral dos residuos.

h) Medio natural urbano.

i) Indicadores de sustentabilidade.

Anexo I | 145

Page 146: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Son de interese as investigacións que avalíen as evidencias e impactos dos

procesos de cambio ambiental sobre a organización e funcionamento dos sis-

temas naturais. Asemade, considérase relevante o desenvolvemento de técnicas

de mitigación e restauración (incluíndo o control e erradicación de especies

exóticas invasoras cando sexa posíbel) e a análise e desenvolvemento de al-

ternativas de xestión que permitan obter novas oportunidades, en termos de

uso sostíbel de bens e servizos dos ecosistemas a partir de novas condicións

ambientais.

Dada a necesidade de anticipar a xestión ambiental ante os procesos de cam-

bio climático, son de interese as investigacións que conduzan ao desenvolvemento

e validación de modelos que permitan mellorar a capacidade para predicir esce-

narios ambientais futuros e o seu impacto sobre o comportamento dos ecosis-

temas, así como a dispoñibilidade dos recursos e servizos que estes lle proporcionan

á sociedade. Estes modelos inclúen todos os niveis de organización dos sistemas

naturais e as súas escalas relevantes. Considérase de especial relevancia o desen-

volvemento de modelos que integren as interaccións entre os distintos niveis de

organización dos sistemas naturais.

O programa persegue o desenvolvemento de aspectos relacionados coa con-

servación da biodiversidade (dende a diversidade xenética até os ecosistemas e

a paisaxe) con especial interese sobre as especies existentes en Galicia que figu-

ren no Catálogo galego de especies ameazadas ou nos anexos das directivas

comunitarias 79/409/CEE e 92/43/CEE, así como mediante a execución de pro-

xectos de investigación relacionados coa análise da riqueza biolóxica dos espa-

zos naturais galegos, en especial os incluídos na Rede Natura 2000 e co impacto

das actividades humanas na biodiversidade.

Son de interese os proxectos encamiñados á captación, estruturación, actua-

lización, acceso e difusión da información ambiental, coa finalidade de favorecer

o maior aproveitamento da devandita información polo público en xeral, usuarios

expertos/investigadores, outras administracións e sectores sociais e industriais.

Inclúese o desenvolvemento de novas ferramentas informáticas relacionadas coa

construción de bases de datos, sistemas de información xeográfica ou bases

documentais.

Son tamén de relevancia os proxectos de investigación e desenvolvemento rela-

cionados coa incorporación das mellores técnicas dispoñíbeis e de tecnoloxías

“limpas” ao proceso produtivo das empresas para reducir o seu impacto ambien-

tal, co fin de obter unha maior eficiencia no consumo de materias primas e unha

redución de emisións e residuos xerados. Preténdese fomentar tamén o sector

dedicado á enxeñaría e desenvolvemento de equipos de uso ambiental.

Asemade, son de interese os proxectos relacionados coa xestión integral de

residuos. Atenderanse proxectos de redución e control das emisións á atmosfera

(incluíndo o relacionado co cumprimento do protocolo de Kyoto) e ás augas, así

como a protección das augas superficiais (doces e salinas) e subterráneas no

marco dunha xestión sustentábel integrada do ciclo hidrolóxico (cumprimento da

Directiva marco da auga 2000/60/CE).

Considéranse de interese as investigacións que contemplen aos seres huma-

nos como parte integral dos ecosistemas e, polo tanto, que valoren o seu papel

146 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 147: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

activo para acadar os obxectivos de sustentabilidade; en particular, as investiga-

cións en ecoloxía urbana.

As investigacións relacionadas co desenvolvemento e validación de novos indi-

cadores de sustentabilidade é outra das prioridades deste programa.

❙ Tecnoloxías dos Materiais e da Construción (TMT)

A finalidade deste programa é fomentar a investigación en relación cos novos

materiais, co obxectivo de atender as necesidades doutros sectores produtivos

nos que estas tecnoloxías teñen grande relevancia. En xeral, considéranse fun-

damentais a xeración de materiais compostos, o desenvolvemento de aceiros de

alta resistencia, as tecnoloxías de recubrimento e tratamento térmico superfi-

cial e a caracterización de novos procesos que dean lugar a materiais de carac-

terísticas específicas de dureza, resistencia, elasticidade, condutividade ou

transmisión térmica. Os proxectos de interese para este programa atinxen á

mellora e desenvolvemento de materiais cerámicos (por exemplo, cerámicas fun-

cionais, revestimentos cerámicos, novos tipos de tellas e tellados, biomateriais

cerámicos e cementos para cirurxía reconstrutiva); proxectos de desenvol-

vemento e mellora de polímeros e materiais compostos (por exemplo, para es-

truturas reforzadas, novas fibras poliméricas, illantes térmicos, acústicos e

ignífugos) e proxectos relacionados cos materiais metálicos en canto á súa resis-

tencia e vida útil e outras propiedades que lle confiren maior valor engadido (por

exemplo avances cara á purificación de metais e no desenvolvemento de aliaxes

especiais, técnicas contra a corrosión de metais, aliaxes lixeiras, etc.). Así mesmo,

terán especial interese os proxectos relativos a materiais semicondutores e

outros derivados do silicio, refractarios e acumuladores de calor, nanomateriais,

tratamentos superficiais de materiais metálicos (térmicos, bombardeo iónico,

etc.), recubrimentos superficiais poliméricos (pinturas, vernices, etc.), madeira e

tratamentos, rocas ornamentais e os seus sistemas de ancoraxe, tecnoloxías da

unión, sistemas construtivos acordes coa prevención de riscos laborais, formi-

gón e pavimentos de propiedades especiais.

No que se refire ao caso particular da construción, este programa ten un do-

bre obxectivo: por un lado pretende dotar o sector da construción de novas so-

lucións baseadas no uso de tecnoloxías avanzadas. Este programa diríxese, por

exemplo, a proxectos de minimización do consumo enerxético das construcións,

optimización da calidade da construción e maximización da súa vida útil, uso de

novos materiais e novos tipos de construción, métodos para a avaliación do es-

tado de estruturas e sistemas construtivos que faciliten o mantemento e a subs-

titución. Neste senso, é importante ter en consideración a xestión dos proxectos

construtivos para mellorar a toma de decisión en canto á súa sustentabilidade e

viabilidade.

Son liñas de especial interese: materiais semicondutores e outros derivados do

silicio, refractarios e acumuladores de calor, nanomateriais, tratamentos su-

perficiais de materiais metálicos (térmicos, bombardeo iónico...), recubrimentos

superficiais poliméricos (pinturas, vernices...), madeira e tratamentos, rocas or-

Anexo I | 147

Page 148: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

namentais (granitos e lousas), tecnoloxías de unión (soldadura, adhesivos...),

sistemas construtivos acordes coa previsión de riscos laborais, formigón e pa-

vimentos de propiedades especiais e sistemas de ancoraxe de rocas ornamen-

tais. Por outro lado, desenvolver técnicas procedentes da construción que poidan

ser aplicadas na rehabilitación de edificios e na conservación do patrimonio, e que

supoñan unha mellora significativa respecto das utilizadas na actualidade, é pri-

mordial tanto no eido da sustentabilidade como da preservación da singularidade

do territorio.

❙ Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC)

Este programa ten como finalidade estimular o avance no sector das tecnoloxías

da información e as comunicacións, pero tamén favorecer a incorporación de

solucións innovadoras xeradas por este sector aos demais sectores da economía

galega. Inclúe, dende a investigación básica en fotónica para a súa aplicación en

comunicación óptica, ata novas tecnoloxías audiovisuais en rede ou realidade vir-

tual, pasando por aplicacións concretas na biomedicina, no sector aeroespacial ou

no educativo. Son de interese os proxectos relacionados co desenvolvemento de

novos equipos baseados nas tecnoloxías da información e as comunicacións para

a aplicación nos sectores empresariais, sociais (a persoas con discapacidades)

ou para o uso cotián (pesca, transporte, automoción, audiovisual, teleensino, te-

lemedicina, etc.), e aqueles proxectos que se orienten a introducir melloras como

a automatización na produción e miniaturización de compoñentes, aumento das

posibilidades de interconexión entre equipos, aumento do tempo de autonomía

de aparatos portátiles, novas posibilidades da intelixencia artificial, etc. Acóllense

tamén a este programa os proxectos relacionados coa mellora das comunicacións

(equipos, sinais, transmisións, novos protocolos para redes, etc.).

Tamén os novos servizos multimedia baseados nas infraestruturas da televi-

sión dixital, da terceira xeración móbil, posicionamento global e outras, precisan

de novos equipamentos para operadores e usuarios empresariais e residen-

ciais, cuxo deseño, integración e explotación, requiren de proxectos avanzados

dentro do sector das TIC para acadar un maior valor engadido nos procesos e os

produtos.

Non son obxecto deste programa os proxectos que teñan por única finalidade

desenvolver aplicacións informáticas, xa que ditos proxectos teñen cabida no

Programa de sociedade da información.

Tecnoloxías Open Source de xeito que o investimento en tecnoloxías da infor-

mación permaneza na área xeográfica onde se producen.

148 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 149: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ Sociedade da Información (SIN)

A finalidade deste programa é atender proxectos de investigación, desenvol-

vemento e innovación tecnolóxica relacionados coa extensión da sociedade da

información en Galicia, fundamentalmente en tres áreas:

� Relacións coa Administración, é dicir, proxectos destinados á creación de

contidos dixitais ou audiovisuais e aplicacións informáticas relacionados coa

Administración pública e, en particular, coas relacións entre os cidadáns e a Ad-

ministración.

� Calidade de vida, é dicir, proxectos destinados á creación de contidos dixitais

ou audiovisuais e aplicacións informáticas en áreas tales como a sanidade, a

educación, o turismo, o lecer ou os deportes, co obxectivo último de mellorar

a calidade de vida da Comunidade e permitir o acceso de todos os cidadáns á

sociedade da información.

� Aplicacións a sectores económicos, é dicir, proxectos destinados á creación

de aplicacións informáticas, relacionados con todos os sectores económicos

da Comunidade Autónoma e, en particular, con aqueles nos que poidan contri-

buír en maior medida ao seu desenvolvemento, tales como transportes, pesca,

comercio, audiovisual... ou que teñan impacto en aspectos transversais como o

medio natural.

❙ Tecnoloxías de Deseño e Produción Industrial (DPI)

Este programa está dirixido a un número limitado de sectores de tipo indus-

trial que, pola súa natureza, necesitan das tecnoloxías procedentes de moi diver-

sas áreas científicas e tecnolóxicas. Incorporan, polo tanto, un conxunto de

ámbitos de coñecemento que conflúen para dar lugar a procesos competitivos,

fortes, flexíbeis e ambientalmente sustentábeis. A nova estratexia en infraestru-

tura esixe realizar operacións áxiles e integrar a cadea de subministración, sendo

imprescindíbeis no novo escenario o control informático, a intelixencia conco-

rrente, a automatización, a simulación, a visión por computador ou a elaboración

rápida de prototipos. Estes sectores son: madeira e móbel, téxtil e confección,

construción naval, bens de equipo e maquinaria, loxística, artes gráficas e químico.

Os proxectos de interese para este programa son os que teñen por finalidade

a mellora dos procesos produtivos ou de deseño, non mediante a adquisición de equi-

pos senón mediante a definición de procesos novos ou mellorados, desenvolvendo

novos equipos para incorporar a estes procesos ou adaptando outros xa exis-

tentes. Tamén son de interese os proxectos que perseguen a definición de no-

vos compoñentes para o proceso produtivo, o aproveitamento de subprodutos,

as melloras significativas do produto ou a definición de novos produtos, así co-

mo a incorporación do criterio ambiental na concepción e deseño de procesos e

produtos (por exemplo, uso eficiente da enerxía, ecodeseño, alternativas ao uso de

substancias químicas disolventes e lubricantes, desenvolvemento de plásticos e en-

voltorios biodegradábeis, monitorizar o uso de enerxía e a produción de residuos).

Asemade prestaráselle especial atención ao “deseño para todos” que garanta a ple-

na accesibilidade a produtos e servizos de todos os sectores da poboación.

Anexo I | 149

Page 150: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

En concreto, serán de interese os proxectos relacionados con sistemas de

corte (plasma, láser, chorro de auga, etc), ferramentas, útiles e moldes, siste-

mas de mecanizado en seco, mecanizados de precisión, métodos de ensaio e

inspección non destrutivos (raios X, holografía, ultrasóns, metroloxía óptica,

visión artificial, etc.), control intelixente de procesos, técnicas de simulación e

modelados aplicadas a produtos e procesos, biomecánica, ergonomía, interfa-

ces persoa-máquina, fabricación flexíbel e cambios rápidos e dispositivos loxís-

ticos de produción. Pola súa importancia estratéxica, establecerase unha

modalidade específica para as tecnoloxías de deseño e produción industrial

para a automoción.

❙ Sociedade e Cultura (SEC)

Este programa destínase á investigación, o desenvolvemento e a innovación no

ámbito das ciencias sociais e culturais e en relación aos temas que a continua-

ción se sinalan:

� Educación, é dicir, proxectos relacionados coa innovación e a investigación edu-

cativa e aplicación de novas tecnoloxías dirixidas, entre outros obxectivos, á

diminución do fracaso escolar e á integración de minorías.

� Mulleres. Investigación centrada na creación dun sistema de indicadores que

contribúan a cuantificar e medir as múltiples formas de violencia contra as mu-

lleres. É de interese tamén o desenvolvemento de estudos que contribúan a dar

a coñecer os custos sociais e económicos da violencia de xénero. Situacións de

violencia: desenvolvemento de dispositivos de localización.

� Benestar social. Identificación e caracterización socioeconómica e territorial

da exclusión en Galicia. Análise lonxitudinal e transversal dos grupos vulnerá-

beis. Elaboración dun sistema galego de indicadores de vulnerabilidade social e

de detección temperá da exclusión social e necesidades sociais emerxentes.

Análise comparada de intervención na inclusión social. Modelaxe de metodolo-

xías de intervención en función das características sociais, territoriais e demo-

gráficas.

� Protección integral dos dereitos da infancia e menores, reincidencia de meno-

res infractores, acoso escolar.

� Procesos e situacións de dependencia e discapacidade: aplicación de domótica,

robótica e teleasistencia.

� Accesibilidade universal e deseño para todos.

� Envellecemento da poboación.

� Dereito, economía e empresa, é dicir, investigación relacionada con materias

xurídicas, económicas e de xestión empresarial que afecten a calquera dos sec-

tores económicos e sociais relevantes na Comunidade Autónoma de Galicia,

facendo fincapé no mercado laboral, mellora das condicións de vida e desen-

volvemento económico sustentábel, así como a adaptación, incidencia e aplica-

ción das políticas europeas en Galicia e as consecuencias da globalización

económica sobre a economía galega.

150 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 151: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 152: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Áreas de actuación prioritarias:

Recursos agropecuarios e forestais ◆ ◆ ● ★

Recursos mariños ◆ ◆ ★

Recursos enerxéticos e mineiros ◆ ◆ ★ ● ■

Ciencias da saúde ◆ ◆ ● ★

Tecnoloxías da alimentación ◆ ◆ ▲ ■ ▲

Tecnoloxías ambientais e desenvolvemento sostíbel ◆ ● ◆ ■ ■ ■

Tecnoloxías dos materiais e da construción ◆ ▲ ◆ ▲ ●

Tecnoloxías da información e das comunicacións ● ◆ ◆ ★ ●

Sociedade da información ● ■ ◆ ● ◆ ★ ● ■ ● ●

Deseño e produción industrial ◆ ◆ ★ ●

Deseño e produción industrial para automoción ◆ ◆ ★

Sociedade e cultura ★ ● ◆ ◆ ◆ ● ★ ■ ●

Turismo ◆ ◆ ★ ● ■ ●

★ Programas que lle son propios polas súas competencias.

▲ Programas con competencias compartidas.

■ Programas con liñas de actuación complementarias.

● Programas de interese transversal.

◆ Sen competencias específicas en ningún programa pero con actuación e interese no seo da súas competencias en todos eles.

152 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Dir

ec

ció

n X

era

l

de

I+

D+

I

Vic

ep

res

ide

nc

ia d

a I

gu

ald

ad

e

e d

o B

en

es

tar

Co

ns

elle

ría

de

Pre

sid

en

cia

Ad

n.P

úb

lica

e X

us

tiz

a

Co

ns

elle

ría

de

Ec

on

om

ía e

Fa

ce

nd

a

Co

ns

elle

ría

de

Po

lític

a

Terr

ito

ria

l,O

.P.e

Tra

ns

po

rte

s

Co

ns

elle

ría

de

Ed

uc

ac

ión

e O

rde

na

ció

n U

niv

ers

ita

ria

Co

ns

elle

ría

de

Inn

ov

ac

ión

e I

nd

us

tria

Co

ns

elle

ría

do

Me

dio

Ru

ral

Co

ns

elle

ría

de

Cu

ltu

ra e

De

po

rte

Co

ns

elle

ría

de

Sa

nid

ad

e

Co

ns

elle

ría

de

Pe

sc

a

e A

su

nto

s M

arí

tim

os

� Xestión da I+D+I, é dicir, traballos destinados a coñecer e mellorar a situación

da I+D+I e a innovación en Galicia, dende o punto de vista da xestión.

� Patrimonio artístico e cultural: son de interese os proxectos que melloren as

tecnoloxías de restauración, os de inventario e estudo de elementos históri-

cos, artísticos, arqueolóxicos e paleontolóxicos e os proxectos de procura de

novas fórmulas para rendibilizar de modo sustentábel o patrimonio cultural.

� Coñecer os procesos culturais, sociais ou económicos que definen as claves da

sociedade galega actual e os seus problemas cara ao futuro. Demografía, des-

poboamento e envellecemento da poboación, os procesos migratorios, proce-

sos de industrialización. A historia de Galicia, a memoria da sociedade actual e

construción da sociedade civil.

� Desenvolvemento de industrias culturais.

� Estudos da lingua galega e o multilinguismo.

� A cultura galega e a investigación multicultural. O sistema cultural galego-por-

tugués e a súa universalización.

❙ Consellerías que

colaboran na Xestión

dos Programas

Sectoriais do Plan

2006-2010

Page 153: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ Turismo

Turismo, lecer e deporte, é dicir, proxectos relacionados co estudo da demanda

turística e de motivación do ocio, relación entre o turismo e a conservación da

paisaxe e do patrimonio, saturación, novos destinos turísticos e espazos turísti-

cos emerxentes. A análise, a diferentes escalas, de centros turísticos, diversifi-

cación da oferta turística, etc. Impacto paisaxístico e social das formas masivas

de turismo e lecer e o deseño de fórmulas que garantan o uso sustentábel dos

recursos turísticos, co obxectivo de deseñar unha oferta turística co modelo pai-

saxístico e o desenvolvemento sustentábel.

Dada a enorme diversidade de temáticas e áreas de coñecemento que abran-

gue a investigación no turismo, destácanse as liñas de traballo que se conside-

ran fundamentais para o Plan galego de I+D+I:

� Novas metodoloxías de estudo e produción de estatísticas no turismo. Propos-

tas e experiencias prácticas de creación de observatorios de turismo.

� O turismo na sociedade actual: diversidade e fragmentación das prácticas

turísticas. Os novos produtos turísticos: novidade e propostas de tipificación.

� A análise territorial do turismo. O impacto da actividade a escala local. Desen-

volvemento rural e turismo. O turismo e a polarización do crecemento espacial.

� A especificidade da empresa turística. A organización, agrupamento e alianzas

das compañías de viaxes e do turismo.

� Imaxe territorial e turismo. Novas tendencias de mercadotecnia turística no

presente. Promoción turística e novas tecnoloxías da comunicación.

� A regulamentación legal en materia turística: unha perspectiva comparada. A

administración e inspección turísticas: estudo das organizacións públicas.

� O turismo e o patrimonio cultural: degradación e recuperación do legado his-

tórico. A paisaxe, a historicidade e os recursos culturais na nova promoción do

turismo.

■ ◆

■ ◆

● ◆

● ◆

★ ◆ ●

● ◆ ▲

● ◆

● ◆

Anexo I | 153

Co

ns

elle

ría

de

Me

dio

Am

bie

nte

e D

es

en

vto

.So

sti

ble

Co

ns

elle

ría

de

Tra

ba

llo

Co

ns

elle

ría

de

Viv

en

da

e S

olo

Page 154: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 155: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ ANEXO II:

TECNOLOXÍAS CRÍTICAS

DETECTADAS NO PROSIGA

Page 156: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 157: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Ciencias da Vida para os Sectores Agrícola e Gandeiro

� Tecnoloxías para a mellora de especies vexetais e animais

� Desenvolvemento de metodoloxías e sistemas de detección de patóxenos

vexetais

� Modelización e optimización de sistemas agropecuarios

� Manexo e conservación dos recursos de auga e solo

� Tecnoloxías para o estudo de patoloxías animais

� Deseño e produción de vacinas específicas

Ciencias da Vida para os Sectores Mariños e Acuicultura

� Modelos de predición de mudanzas nas condicións oceanográficas e nos

recursos mariños

� Investigación biotecnolóxica de especies acuícolas

� Tecnoloxías xenómicas e proteómicas para o estudo de patoloxías en peixes

en cultivo

Ciencias da Vida para os Sectores Forestais

� Novos métodos e técnicas para o uso sustentábel

� Tecnoloxías para o diagnóstico e control de organismos prexudiciais para os

recursos forestais

� Tecnoloxías de reprodución forestal

Recursos Enerxéticos e Mineiros

� Tecnoloxías de eficiencia enerxética

� Desenvolvemento de tecnoloxías relacionadas coa enerxía eólica

Tecnoloxías Ambientais

� Tecnoloxías para a valoración, predición e prevención de incendios forestais

� Sistemas de modelización ambiental

� Tecnoloxías de tratamento de residuos

� Tecnoloxías de tratamento de auga

� Tecnoloxías de reciclaxe e mellora do ciclo de vida de materiais e compoñentes

Anexo II | 157

Page 158: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Ciencias da Saúde

� Xenómica e proteómica aplicadas ao ser humano

� Bioinformática, diagnóstico pola imaxe e telemedicina

� Enxeñaría tisular: transplante de órganos, tecidos, terapia celular

� Deseño molecular: química computacional, modelización e síntese de novas

moléculas

� Cribado de novas moléculas e validación de novas dianas con interese tera-

péutico

Tecnoloxías da Alimentación

� Procesos de conservación e transformación na industria de alimentos

� Deseño de novos produtos nutricionais e/ou funcionais adaptados a necesi-

dades nutricionais específicas

� Calidade e seguridade alimentaria

� Tecnoloxías de nutrición

Tecnoloxía dos Materiais

� Desenvolvemento de materiais máis lixeiros e con prestacións equivalentes

ou melloradas

� Desenvolvemento de novos materiais para aplicacións especiais

� Tecnoloxía de polímeros/plásticos

� Tecnoloxía de metais e materiais tradicionais

� Tecnoloxía de materiais cerámicos

� Tecnoloxías de unión

� Semicondutores e materiais de silicio

Tecnoloxías da Construción e da Conservación do Patrimonio

� Illamento de edificios

� Materiais de construción

Tecnoloxías da Información e as Comunicacións

� Tecnoloxías de redes locais con e sen fíos

� Redes e servizos móbiles

� Redes de grande capacidade

158 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 159: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

� Tecnoloxía de TV dixital interactiva

� Sistemas de monitorización e control dos sistemas distribuídos

� Tecnoloxías de novos ordenadores e periféricos

� Tecnoloxías para o desenvolvemento de organizacións virtuais

� Simulación numérica e interfaces intelixentes

� Tecnoloxías para o desenvolvemento de modelos de xestión innovadores

� Tecnoloxías para o desenvolvemento multimedia de contidos

� Metodoloxía para a organización da información e o coñecemento

� Tecnoloxías de seguridade informática

� Tecnoloxías hardware para o deseño e desenvolvemento de sistemas e apli-

cacións

� Comunicacións e teleobservación por satélite

Tecnoloxías de Deseño e Produción Industrial

� Ferramentas avanzadas de deseño, cálculo, simulación e modelado virtual

� Sistemas avanzados de fabricación e xestión da produción

� Enxeñaría concorrente

� Prototipado rápido e rapid tooling

� Deseño avanzado da arquitectura do vehículo

� Transporte sustentábel

� Sistemas de seguridade

� Ergonomía, “deseño para todos”

� Tecnoloxías de mecanizado e conformación

� Nanofabricación e microfabricación

� Automatización de vehículos de transporte naval e outros medios de trans-

porte

� Robots autónomos e para medios hostís

� Técnicas de ensaio e inspección, incluíndo ensaios non destrutivos

� Sensores

� Xestión da cadea de subministración

Anexo II | 159

Page 160: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 161: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

❙ REFERENCIAS

Page 162: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara
Page 163: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Acción CRECE (2005): Comisiones de Reflexión y Estudio de la Ciencia en España.

COSCE, 168 pp.

COTEC (2001): Gestión de la Innovación y la Tecnología en la Empresa. COTEC, 303 pp.

COTEC (2003): Tendencias Tecnológicas en Europa. Análisis de los procesos de

prospectiva. COTEC, 128 pp.

COTEC (2004): El Sistema Español de Innovación. Situación en 2004. Libro Blanco.

COTEC, 295 pp.

COTEC (2004): Nuevos papeles de los Centros Tecnológicos: Empresas, Redes y

Desarrollo Regional. COTEC, 110 pp.

COTEC (2004): Papel de las Administraciones en la Gestión Empresarial de la

Innovación. COTEC, 128 pp.

COTEC (2004): Transferencia a las Empresas de la Investigación Universitaria.

Descripción de Modelos Europeos. COTEC, 251 pp.

COTEC (2005): Informe COTEC 2005, Tecnología e Innovación en España. COTEC,

262 pp.

COTEC (2005): Panel de Innovación Tecnológica PITEC. COTEC, 111 pp.

COTEC (2006): II Encuentro Cotec Europa. Los discursos de COTEC Europa. 16 de

Febrero de 2006. COTEC, 60 pp.

COTEC (2006): Informe COTEC: Tecnología e Innovación en España 2006. COTEC,

272 pp.

COTEC (2006): Biotecnología y Alimentación. COTEC, 173 pp.

COTEC (2006): Innovación en servicios financieros. COTEC, 173 pp.

COMISIÓN EUROPEA (2002): La política industrial en la Europa ampliada, COM (2002).

712-final.

COMISIÓN EUROPEA (2003): Invertir en investigación: un plan de acción para Europa,

COM (2003), 226-final.

Referencias | 163

Page 164: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

COMISIÓN EUROPEA (2004): Acompañar los cambios estructurales: una política

industrial para la europa ampliada, COM (2004), 274-final.

CONCEIÇAO, P. e outros (2003): Relaçoes Universidade-Industria em Portugal e nos

Estados Unidos da América, Lisboa. Gradiva Ed.

DE MOYA LEÓN, F. (2005): Indicadores científicos de Galicia. ISI, Web of Science, 1990-

2003. Xunta de Galicia, 216 pp.

DIRECCIÓN XERAL DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO (2004), Proxecto PROSIGA: Análise

prospectiva de tendencias científico-tecnolóxicas relevantes para Galicia. Xunta

de Galicia, 87 pp.

DIRECCIÓN XERAL DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO (2005): Plan estratéxico de

innovación de Galicia-2010. Xunta de Galicia, 335 pp.

FECYT (2005): Percepción Social de la Ciencia y la Tecnología en España 2004. FECYT,

350 pp.

FECYT (2005): Un modelo genérico de protocolo para la evaluación de centros de

I+D. FECYT, 102 pp.

FERREIRA, P. e TAVARES, J. (2004): Tres Universidades. Publico, 12-4-2004.

FERRERES, E. (2004): “Promesas electorales y el futuro del sistema público de I+D”.

El País, 15-12-2004.

FUNDACIÓN CAIXA GALICIA (2004): “Sistema ciencia-tecnoloxía-industria”, n’A Economía

Galega. Informe 2003.

FUNDACIÓN CAIXA GALICIA (2006): A Economía Galega. Informe 2005. Fundación Caixa

Galicia, 448 pp.

GENERALITAT DE CATALUNYA (2005): “Acord estrategic per a la internacionalizació, la

qualitat del l’ocupació i la competitivitat de l’economía catalana”. Mimeo.

HERNÁNDEZ ARMENTEROS (2004): La Universidad española en cifras 2002. Madrid. CRUE.

KOK, M. W. (coord.), (2004): “Relever le defi: la stratégie de Lisbonne pour la

croissance et lémploi”. Novembro 2004. (http: // europa.eu.int/comm/lisbon

strategy/pdf/2004-1866-FR-complet.pdf.).

JUERGES, H.; RICHTER, W. F. e SCHNEIDER, K. (2004): “Teacher Quality and Incentives:

Theoretical and Empirical Effects of Standards on Tacher Quality”. CESifo

Working paper, 1296.

INE (2005): Estadísticas de I+D (www.ine.es).

JUNTA DE ANDALUCÍA (2000): III Plan Andaluz de Investigación 2000-2003. Junta de

Andalucía, 144 pp.

LAFUENTE, A. (2005): “I+D+i: Tiempos de mudanza”. Economistas nº 104, pp. 309-312.

LAGO, S. e MARTÍNEZ LÓPEZ, D. (2005): “Convergence and public Investiment: Regional

Policies Revisited”. Documento de trabajo E2005/05, CEMTRA, (http://public.

centro deestudiosandaluces.es/pdfs/E200505.pdf.).

164 | Plan Galego de I+D+I 2006-2010

Page 165: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

LEONARD, D. (2005): Capacidades empresariales para la innovación. Su gestión.

COTEC, 460 pp.

MATO S. (2005): “I+D+I en Galicia. Misión Imposible?”. Febreiro 2005. Mimeo.

PACI, R. e USAI, S. (2000): “Technological Enclaves and Industrial Districts, an Analysis

of the Regional Distribution of Innovative Activity in Europa, Regional Studies”,

34(2):97-114.

PARDO, J. L. (2005): “La dudosa modernización de la educación superior”. El País,

21-03-2005.

PRADA, A. (2004): “Economía de Galicia: situación actual y perspectivas”. Santa

Comba: 3C3.

PRADA, A. e GARCÍA VÁZQUEZ, X. M. (2005): “Definición dunha estratexia galega para a

I+D+I. Documento cero”. Informes DXIDI. Xunta de Galicia. Outubro 2005.

PRADA A. e TEIXEIRA, J. F. (2005): “Sector Naval: sobre estratexias para un sector

estratéxico”. Economistas, 104: 101-109.

RTA (2005): “Transferencia de tecnoloxía e innovación: claves de la cooperación

para las regiones del Arco Atlántico”. (www.rta-atn.org).

SÁNCHEZ ASIAIN, J. A. (2005): “El sistema español de innovación”. Economistas, 104:

295-298.

SÁNCHEZ ASIAIN, J. A. (2006): La Tecnología y la Innovación como soporte del De-

sarrollo. COTEC, 206 pp.

SEBASTIÁN, J. e MUÑOZ, E. (2006): Radiografía de la Investigación Pública en España.

Biblioteca Nueva, 542 pp.

XUNTA DE GALICIA (2002): Galicia Innovación: Plan Galego de Investigación, De-

senvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005. Xunta de Galicia, 106 pp.

WEST, A. (2003): Estrategia de Innovación. COTEC, 342 pp.

Referencias | 165

Page 166: PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E … · actividades de investigación dos axentes do sistema galego de ... Se o esforzo e os inputs (gasto,persoal) ... pea”cara

Dirección Xeral de Investigación,Desenvolvemento e Innovación